A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTRO TURISMO
OUTRO TURISMO NA MARIÑA
Tendo constancia do peso específico do sector do turismo nesta bisbarra,todo partido, que se precie e candidato a alcalde que se aprecie fai estos dias acto de promesa de fomentar as capacidades dos seus respectivos concellos no sector de atraer a veraneantes, prometendo conquerir un desenvolvemento do agroturismo, turismo de praia, cultural, monumental e todo o que faiga falla. Alguns , incluso, se meten en “palleiros de once baras” prometendo un campo de golf para o lugar e tamen un parque de atracions, supoño que con Zaplana de xerente e todo.
Temos tamen alcaldables que dicen que crearán tamén, novos productos turísticos que fagan máis atractiva a oferta e mellorará a calidade do producto turístico para conquerir unha maior competitividade.
A ordenación, valorización e comercialización dos recursos turísticos en na bisbarra serán pilares básicos a ter en conta. Asemade, e, como a cousa esta de moda, tamen se nos recorda que estan dispostos a aplicar o deseño de políticas de protección do medios ambiente para ter un turismo sostible , sin faltar a elaboración dun plan local ou comarcal de promoción do turismo que fixe as bases do posicionamento estratéxico da promoción turística .
Os posibles elexidos falanos tamen de fomentar a formación e ampliará a capacidade dos servicios turísticos ao impulsar convenios de colaboración con hostaleiros.
Falaranos tamen da diversificación da imaxe turística e de que a actividade turística deberá respectar e protexer a riqueza cultural e o patrimonio histórico artístico. Volverase a decir que se procurará a desestacionalidade da oferta turística, Ademais buscaráse medidas de recuperación do patrimonio cultural, así como de respecto da identidade do destino turístico, que permita a integración da actividade turística co resto das actividades económicas e sociais.
Todo, como vedes moi, pero que moi bonito, so falta que os alcaldables baixen mais a o so e propoñan rutas e atractivos turisticos diferenciais, unicos nesta bisbarra, gratis algunhos exemplos: Ruta dos cabanotes e cortellos, podia ser dende Ribadeo ata O Vicedo, centos de estes peculiares adefesios por doquier, outra podia ser a Ruta das casas sin encalar, a que podiamos engadira dos edificios pintados dos cores mais dispares, verde fosforito, rosa, roxo etc… Outra ruta peculiar donde as haxa e a de os Vetedeiros incontrolados as veiras das carretas e corredoiras, sin faltar tamen as mostras do noso peculiar urbanismo esnaquizado dende as torres de Foz, pasando por os chales da Areoura que xa son arquoloxia inacabada, amplas zoas de Burela, Covas en Viveiro e un largo etc…..e podía seguir pero para estas elecions eu creo que chega, ¿Ou non?

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2007 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
O PROUST DE REGAL
O principal rasgo do meu carácter?
timido e hipersensibel
A calidade que prefiro nun home?
Que sexa , como decia o poeta "Bo e xeneroso"

A calidade que desexo nunha muller?
As mesmas que nun home.

O que máis aprecio nos meus amigos?
A franqueza e sinceridade.

O meu principal defecto?
Que todo me afecta...a que dixen de "hipersensibilidade"

A miña ocupación preferida?
Moitas: o meu traballo....transformo a terra en obxetos fermosos....axudame o lume, a auga e o aire...
O meu soño de dicha?
O certo e que non teño...son feliz como estou..
Cal sería a miña maior desgraza?
Non poder, por causas fisicas o de outro senso dedicarme o meu.

Que quixera ser?
O que son.

Onde desexaría vivir?
O certo e que eu decidin vivir neste recuncho do norte galego...e segueme a gustar Viveiro.

A cor que prefiro?
O azul.

A flor que prefiro?
A saraiba...ou fror de toxo.
O paxaro que prefiro?
A garza real...e eso que non son monarquico...teñoas aqui o lado no humedal do Landro.

Os meus autores preferidos en prosa?
Depende ...todo depende....Suso de Toro. Manolo rivas...Montalvan....e moitos mais.....son un maniaco dos libros....


Os meus poetas preferidos?
Blas de Otero, Machado, Xoan Neira,e moitos mais.....

Os meus heroes de ficción?
Non teño...pero de neno quizas fora O CAPITAN TRUENO.
As miñas heroínas de ficción?
Non teño... de neno INGRID

Os meus compositores preferidos?
Na clasica:Beethoven, Bach, Vivaldi....No outro Sabina.... sen dúbida.

Os meus pintores predilectos?
Tropecentos..,.Bacon...picasso , Miró, etc etc etc ......

Os meus heroes da vida real?
Tampouco teño...o certo e que incluso a palabra heroe me desagrada...pero meu pai, e meu abó Xesus.

As miñas heroínas históricas?
A pesares de que non me gusta a palabra... a miña nai, a miña muller e a miña filla.

Os meus nomes favoritos?
Alen e Leo...os dos meus netos....
Que detesto máis que nada?
Que sempre gañan os malos...disfrazados de bos e perden os autenticos bos e xenerosos.

Que caracteres históricos desprezo máis?
As dictaduras e similares...

Que feito militar admiro máis?
O certo e que ningun....

Que reforma admiro máis?
Algunha das que levo feito rehabilitando edificios historicos.....
Que dons naturais quixeras ter?
Estou ben como estou.

Como me gustaría morrer?
Sen dor.

Estado presente do meu espírito?
Inqueto e creativo

Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os herros que se fan pretendendo facer o ben.

O meu lema?
Non facer os demais o que non quixera que me faigan a min.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2007 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
FRORECE O MAIO DE FACENDA
Xa está aquí. refirome a o temido Imposto encol a Renta das Persoas Físicas. Pagar impuestos e un deber ciudadan. Pagar como se está pagando algunhas veces, fai que nos sintamos gilipollas (perdón, pero non encontro outra palabra que o exprese mellor).

De certo que facenda non somos todos. Nin con Aznar nin con Zapatero nin con Tiros nin con Troianos. E si non, OLLO O DATO....aquí está o dato:
Ingresos medios que declaran os asalariados, antes chamabanse proletariado, craro que aqui tamen estan os altos executivos de telefonica e similares.....: 18.000 €
Ingresos medios que declaran os empresarios: 9.000 €...craro que aqui esta desde Botin e similares a os que como eu son unhos autonomos do carallo.
¡Qué barbaridad! Sí. Na ultima actualización de impostos, seique baixaron os impostos das SOCIEDADES ANONIMAS cinco puntos....ou sexa as grandes...os pequeniños ou o temos nominal ou sociedades limitadas de merda.....E eu con estos pelos........
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2007 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal