A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A historia e pendular e sobre todo no mundo da politica donde como si de modistos de fama se tratara tamen existen tendencias pos-elecions municipais...donde a pesares de que tres homes bos do PSdeG e outros tantos do BNG estan a facer as contas en Santiago para pactar os gobernos entre progreso e nacionalismo....parece ser que si antes se estilaba o de pactar...xa saben ustedes si os mais votados son dos socialistas...pois alcalde sociata e tenente de alcalde do BNG...e asi no resto dos cargos...por o contrario si eran os nacionalistas os mais votados eses terian a alcaldia.....asi as cousas perante estes catro anos os do BNG listos e traballadores fixeronse co alcaldia que perdeu o PSOE, caso de Ribadeo por exemplo...e incluso arrasaron como en Monforte...por o contrario donde os nacionalistas eran unhos indocumentados, folgazans e torpes...que de todo temos na vide do señor.....pois vaixaban mais de mil votos e de tres pasan a un concellal....pero seguen a ser burros de carallo os jichiños e agora dicen que foi por pactar e gobernar co psoe....outros dicen por aqui que de pactar na de na.....Enton, asi as cousas ponse de moda entre uns e outros o de non pactar...ahora o que esta de moda e gobernar en minoria con pactos puntuais.......asi o deixou caer Melchor Roel..hoxe mesmo...tamen o suxereu Orozco en Lugo...en Foz a moda tamen pode ir adiante
Mondoñedo tamen poderia ser..e incluso Ribadeo......Nos sitios donde un partido de esquerda e o mais votado esa podia ser a forma de gobernar.... modas .....
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2007 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
E TODOS GAÑARON
Todos gañaron estas eleccions, naide as perdeu, ninguen equivocouse, e o que e peor, naide vai a depurar responsabilidades ou asumir errores. O que quedou craro e que o importante e o candidato ou candidata,diria mais, o sentido populista do "leader" por encima das siglas as que representa, que non son un aval. Incluso a veces os candidatos gañan sin contar con o aparato oficial do partido. E eso e o bo e o perverso da democracia, a xente vota a quen cree que vai a solucionar mellor os seus problemas, non a un programa de partido político que lle prometa o ouro e o mouro. Un pouco máis de humildade non nos viria mal a todos, eu metome no saco, a hora de facer os análisis dos resultados. A participación, sin ser un desastre tampouco e para tirar foguetes e luminarias, sin duda algo terá que ver a permanente crispación dende os comenzos da lexislatura. Felicito a todos os que gañaron , e sintoe por os que perderon, craro que penso que alguns xa perderan dende a sua designación como candidatos. As cousas hai que facelas ben dende o principio e os apaños de última hora pasan factura.
De todas formas non temos que olvidar que tratabase de eleccions municipaes, xa sei que alguns soñan despertos con o mais aló. Pa eso ainda queda un ano. Un ano no que e necsario que alguns espabilen....si non queren encontrarse de supeto con sorpresas......
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2007 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑAN OS COLORADOS
A Mariña, ese norte galego que vai dende o Eo a o Sor e de esquerdas....Ribadeo, A Pòntenova, Mondoñedo, Lourenza, Riotorto, Foz, Burela, Ferreira, Xove e Viveiro non están en mans da dereita, terase que pàctar, chegar a un acordo pero predomina a esquerda e nacionalistas que teran que chegar a entenderse, en total perto de 60.ooo veciños da bisbarra estartan gobernados por a esquerda… ainda non 20.000 seran os da dereita en Trabada, Barreiros, Alfoz, Cervo, Vicedo e Ourol....Dende logo unha boa desfeita do PP nestas latitudes.....e en Viveiro PSOE:8 , dende logo unha sorpresa eu daballe de 6 a 7...PP: 7...Aguantou moi ben Leal....outra forma de facer politica municipal que premiaron os seus....que dure...BLOQUE: 1...Dende logo unha desfeita electoral...mil votos menos e gobernando en concellerias que si se traballa vendense soias . cultura, deportes, servicios sociais, turismo, industria.....pero non se traballou e para ficar escolleron o mais inepto dos candidatos posibles....Guerreiro e o culpable, primeiro por manter un partido marxional e sectario en Viveiro, despois por ser o decano dos aspitrantes a alcaldia e ahora por escoller a quen escolleu...quizabes pensando aquelo tan mediocre de "Despois de min terra queimada" ......EU...subeu en votos, aina asi non chegou a o seu teito electoral que estaba en casi mil votos...e quedouse con un...
Unha vez dito esto, a mínlo que máis me chama a atención e que alá donde gana o PP, normalmente o fae moi sobradamente, mientras que donde e o PSOE o vencedor, para gobernar deberá formar pactos en todolos casos. Basándome en elo e extrapolando, permitome facer unha advertencia: O bipartidismo comenza a irse o carallo, no que a parte de esquerdas do binomio respeta. sorpresas que da a vida...a vida que da sorpresas...En Ribadeo...gaña o Bloque que terá alcalde...na cidade Episcopal igualiño....por eso precidsamente o de Viveiro e culpa deles mesmos que se queden so en testimonio....En xeral o BNG subeu significativamente nestas eleccions, mais ala dos independentes...o fin do bipartidismo ven da sua exclusiva man, e non só son bisagra, senon que seran poder e alcaldes....E a un, que non lle gustan nadiña as maiorias absolutas e absolutistas esta feliz....espero eso si que o sentidiño comun impere desta vez nesta bisbarra....Cuidadiño en Foz...a o candidato do bloque que xa saleu dicindo que non pacta con Ribera...que lle recorden o que pasou en Cervo no seu momento...espero que dende arriba se impoña a cordura...e eso si se pacte con luz e taquigrafos collendo, si se pode a Pepito por as suas partes pudendas......e en Viveiro, donde de esta vez eu non tiben nada que ver na cousa a non ser o meu voto...que o Señor Roel pacte con as duas forzas de esquerda....que entren a gobernar...e que traballen por Viveiro,,,ahora, ademais que vai a ter unha oposicion mais contrutiva.......
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2007 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA O FANATISMO

Nos tempos que corren o fanatismo, ese mal histórico da humanidade, amplamente disfrazado de cousas tan confusas como o patriotismo, a relixión, o localismo, a guerra etc… segue a estar perto de nosoutros, convive con nos e mostrase vivo e coleando en cousas como o deporte, a política, e a forma de entender a convivencia entre nos.
Quizais si nos paramos un pouco a pensar no asunto do fanatismo, podemos fácilmente recoñecer que non e boa cousa para unha convivencia cidadan exemplar. Pero como todo mal esto tamén ten remedio.
O certo é que a esencia do fanatismo reside no desexo tan extendido de obrigar a os demáis a cambiar. nesa tendencia tan común de mellorar a o veciño, para a nosa causa.
O fanático é unha criatura do máis xenerosa. O fanático e un gran altruista. A miudo, está máis interesado nos demáis que en sí mesmo. Quere salvarte, redimirte. liberarte do pecado, da equivocación, do camiño equivocado, do erro, da ideoloxia equivocada, de fumar. liberarte da tua fe ou da tua carencia de fe. Quere mellorar os teus hábitos alimenticios, lograr que deixes de beber ou de votar. O fanático desvivese por un, quizabes o mais importante para erradicar este mala costume da nosa sociedade sexa aportar esperanza, porque onde existe a esperanza, o fanatismo, aínda que se instale, estará freado desde dentro. Non podes derrotalo, pero está freado dalgún xeito. Logo: lembrar sempre que non podes loitar contra o fanatismo con outro fanatismo diferente.
O escritor israelí Amos Oz recomenda no seu libro de ensaios “Contra o fanatismo” dous camiños contra esta lacra, que ainda que son adicados a extremo oriente, podemos moi ben copialos e adaptados para estos lares e as suas realidades: “Non podes derrotar a yihad cunha cruzada, porque a cruzada é xusto o mesmo que a yihad. Velaí o diccionario: a cruzada é o termo cristián co que se designa á yihad. O que hai que intentar facer é aproximarme á dor con compaixón, con humor, con empatía. A única maneira de defenderte contra o xene fanático é ter sentido do humor, porque o humor, o relativismo, é un antídoto: a habilidade para poder ver as dúas caras dun problema, dunha disputa. E ler boa literatura. Porque na boa literatura sempre descobres que non todo é branco ou negro”.
Cada maestriño ten o seu libriño como di o refrán e fanatismos temos de todas crases, varios e variopintos pero incruso no caso de o fanatismo extremo que deriva por o terrorismo , ¿Cómo curalo? Perseguir a un puñado de fanáticos polas montañas de Euskaleria es una cosa, pero loitar contra o fanatismo, que orixiña esas posturas radicais é outra cousa moi distinta .
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2007 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
ESLOGANS ELECTORAIS
ESLOGANS ELECTORAIS
Mitins, carteis, pancartas, coches facendo ruido anunciando o asunto, musiquiñas varias, as sonrrisas dos candidatos, programas, folletiños. Con todo, o que máis me chama a atención no florido pensil dos carteis electorais sonche os eslogans, eses lemas destinados a lamberlle o ego ao votante e a os que, con un minimo de humor podeselles sacar moito partido.
O eslogan e un dos elementos mais complexos da redacción publicitaria, unha peza clave de calquer campaña. Teodoro Luque definio como “A posta en marcha de ideas e plantexamentos que conten a oferta politica que compromete o porvir colectivo”.
Vamos, pois, observar a campaña das catro forzas políticas que se presentan en Viveiro tendo en conta os seus lemas electorais: Empezamos por a forza mnais votada, o PP que utiliza “Centrados en Viveiro” , pois, dende logo alegrome que o partido da dereita se centre en Viveiro, ademais , engado, e certo, Leal, o candidato a alcalde e un home moderado, dialogante, tranquilo, nada que ver con lideres anteriores, partidarios do insulto, da descalificación e sobre todo da crispacion politica que nos saturou perante os ultimos catro anos. Ademais o eslogan tamen e acertado en outro senso xa que escoitando a Zaplana e a Acebes o centro brila por a sua ausencia, esta pois ben que por o menos o PP centrese en Viveiro, e un alivio.
Tamen ven utilizando o PP outro eslogan “Confianza e futuro” Dende logo a min pareceme mais que está pensado desde unha optica de estandarización na que non distinguen os concellos onde gobernan daqueles onde non gobernan e son oposición como no caso de Viveiro.
O PSOE de Viveiro, que obstentou a alcaldía apoiado por o BNG e “empuxado” por EU, o eslogan que utiliza non e o mais acertado “Faremos mais”, mais que unha promesa de que seguiran a traballar arreo por Viveiro, sona a disculpa inmisericorde, algo asi como: “Home, non e que fixeramos moito nestes catro anos, primeiro por que encontramos o concello feito unhos zorros, despois porque dende Santiago cortousenos o grifo e mais adiante porque xa non deu tempo, pero votenos que nos proximos catro anos “Faremos mais”. Estas frasecitas a bo seguro que esta pensadas dende Madrid, sin ter en conta as caracteristicas diferenciais dos lugares donde se utilizan, e craro, despois pasa o que pasa o pobo saca retranco a cousa e a oposición mais ainda, “Ata eles recoñecen que nestes catro anos non fixeron nada” o que non e certo pero si cola, cola.
O BNG, que foi o mais madrugador a poñer carteis co retrato longo e mirando a dereita do seu alcaldable Goas , utiliza o de “Viveiro pensado para ti”, pois ben, a algunos os seus potenciais votantes pareceralles ben que Goas e os seus lle den pensado o que eles entenden que debe de ser Viveiro, a un que por o tempo, por os anos e sobre todo por as zancadillas, disparates e outras caralladas que viveu, pensa qua e democracia, precisamente consiste en que a xente axude a facer o Viveiro que queren, dende a diversidade ideoloxica, cultural e de entendedeiras, mais ainda diria aquelo de “Deixeme equibocarme e non me o dean xa todo cocido e asado”
EU que, como os outros utiliza o busto do seu lider local Orlando Espoxito ten como eslogan a palabra Honestidade , , non vou eu ser aquí o que dude da honestidade de Orlando, nin dos seus, nin moito menos, pero unha palabra tan definitoria, tan compacta e crara pode darsae a diferentes interpretacions, os da dereita xa dicen aquelo de “Presume do que non tes e che direi do que careces” ou a outrta de “Chufa carrizo que tamos no inverno”
Fiixen aquí unha aproximación a os eslogans nestas eleccions municipais na cidade do Landro, loxicamente, dende unha perspectiva moi persoal e dende o combencemento de que o tema non se agota nestas catro lineas.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2007 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA SOBRE CAMPAÑA
Campaña sobre campaña e sobre campaña, unha......Rapaces todos...non vos deixedes enganar...ainda existe luz mais alá das pancartas e carteis de bustos....das sonrrisas de dentifrico dos candidatos... da porta a porta para deixar a papeleta....alguns nunca por a aldea foran.... do poido prometer e prometo....esta campaña e ainda, se cave.. mais triste e repititiva que as anteriores...as ideas, sobre todo as boas e orixinais brilan por a sua existencia...faltan novas ideas....
Pero como a alegria vai por barrios e os cinco sentidos do ser human son sete. o sexto sentido e a intuición, e o séptimo e o sentido común. A intuición, na realidade, tratase de unha mezcla dos cinco primeiros colaborando a o unísono na anális a velocidade da luz.
Sigo marxinado da campaña electoral....nunca fixen tal cousa....ainda asi o outro dia intentei escoitar o debate na telelujo...dos catro candidatos a o sillon en Viveiro....cheguei a cando falaban da circumbalacion de Viveiro.....decian o mismiño que fai catro anos.....non se deran conta que a cousa esta solucionada...seguian co mesma teima...enton apaguei o televexo e sigo apatico.......




Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2007 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
CABEZAS PENSANTES

Xa o decia o poeta bó e xeneroso, D. Antonio Machado : “En España, de cada dez cabezas, nove embisten e unha pensa”, e esto notase na realidade cotian destes días, cando por ruas e corredoiras aparecen os carteis dos candidatos, non das candidaturas, que aspiran a gobernarnos ou a desgobernarnos perante os próximos catro anos.
Todos mostran exclusivamente a o cabeza de lista ou sexa o alcaldable, ningun deles da a coñecer o resto das candidaturas que o acompañan, un non sabe si a razón desto é que o resto dos homes e mulleres non valen para ver ou que simplemente son comparsas e meros “caladiños” no organigrama do lider, o certo é que non me estraña cos casos de chaqueterismo e revirabolta que se dan nas listas de marras, entendoi, a min tamén me avergoñaria semellante compañía.
Unha vez defenestrada a autentica unidade administrativa da xeografia social, cultural e histórica de Gallicio, falo da Aldea, da que nin Tiros nin Troianos se recorda, os concellos, no noso caso unidade de aldeas e parroquias nunha especie de conglomerado non sempre acertado, son os gobernos democráticos que nos cae mais perto os cidadáns, por eso seria lóxico que se coñecera a cada unha das persoas que pretenden levar o do alumado, o da recollida da merda, o de servicios socias, cultura facenda, xuventude, etc.
Como hoxe por hoxe e casi imposible identificar a todolos veciños polo seu nome e apelidos, o lóxico é que puideramos ver nun retrato a faciana, polo menos, o ideal seria corpo enteiro dos mesmos, de todos e cada un deles, como soien redactar os xuices nas suas sentencias, desta forma saberiamos mellor a quen votar, ou a quen poñemos nos sillóns dos nosos concellos cando votamos a este ou o outro partido.
Non sempre foi o mesmo, recordo carteis donde, en foto de carnet aparecian todolos candidatos dos partidos, recordo outras donde apoiados na ponte da Misericordia aparecian todolos candidatos de corpo enteiro, daquela o pobo, que é moi socarron, apelidaba a candidatura aquela como “A orquesta”, pero os tempos seguen a cambiar, e non sempre para ben, hoxe o que podemos ver nos carteis onde nos piden o noso voto son bustos ou cabezas, bastante retocadas, por certo gracias a o “Fotoshop” dos numero un de cada candidatura, nin sequera no los poñen de corpo enteiro, un, si é da aldea, coma min, nin pode seber pola información grafica si un é coxo, ou lle falta unha perna, é xorobado, ou si calza o 40 ou o 45 de pe ou si se fixera como nunha candidatura de Cataluña que mostraba o candidato en bolas, si esta ben dotado ou peca de escasez no asunto.
E isto é importante, pois según a configuración física do futuro alcalde asi teremos que pagar do erario publico as consiguentes modificacións do mobiliario e usos e costumes.

O problema da nosa política municipal, salvo algunhas excepcións é que e totalmente piramidal, na parte de arriba da pirámide, arriba de todo, está soio unha cabeza pensante. E como dice o refrán sempre é mellor que varios opinen e traballen que que todo xire en torno a unha soia persoa, as distintas delegacións deberian ser independentes, co seu presuposto real e efectivo, esto hoxe en día reloce pola sua ausencia, e perxudica enormemente o cidadán que se ve obrigado a facer colas e esperar días para a manida entrevista co alcalde, sexa para pedir o rebacheo dunha corredoira, ou solucionar a licencia dunha pequena obra. Un pai non puede atender por igual a dez rapaces que a un. Esto é o que pasa a os lideres locais, que moitas veces, según pasa o tempo, a sua cabeza queda moi lonxe do chan.
Por suposto non poño en dubida ni por un momento o liderazgo dentro dos seus, dos cabezas de listas, nin que estén ahí por méritos propios. Por suposto tamén recoñezo que son os que parecen estar maís preocupados polo futuro dos seus cidadáns, pero non estaría de mais un pouquiño maís de dialogo empezando co dos carteis.
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2007 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
INQUISAS EN VIVEIRO
Descolgosenos a destempo o calor de agosto e as oportunidades de xanero, a xente anda sofocado e a punto de que lle de un patatús, entre tantos sudores, coibas de veran e promesas electoraes, carteis, mitines, e coches anunciando o asunto. Os partidos políticos, xa sexan os de moita e interesada clientela ou ben dos de pouca, pero abnegada militancia, cando chega a temporada da recollida do voto...poñense en campaña, igualiño que nos supermercados e nas grandes superficies comerciaes ou nas promocions do centro comercial do casco historico, xa sei que non che ofrecen nin un suxetador nin un nordico...eles falan de mais paseos maritimos no litoral, un centro de congresos, unha pista de esquí artificial, un campo de golf, con centro de saude e balneario maritimo, un trasvase do Landro, caldeiro a caldeiro transportados épicamente por o alcaldable de turno acompañado dos chaqueteros e demais comparsas....ou sexa unha gran perspectiva soterrada, E todo elo, parafraseando a cancionciña de marras...por un so voto. Tamos no tempo para as quinielas de tertulia ou os sondeos a pe de cerveza, e cada un cré o que quere, sin baixarse do burro.
Alguen me manda os resultados de unha enquisa...esto de ter un sitio donde pregonar cousas ten esas cousas a enquisa de marras di que en Viveiro o PP segue a ser a forza mais votada.....e pronosticalle de 7 a 8...o PSOE pono de 6 a 7...o bloque de 2 a 3 e IU de 1 a 2.....eu como o gardiña aquel digo...POIS XA O DECIA EU...para tal enquisa sobran alforxas...o certo e que en estas cousas hasta algunhas caras son de cemento, ben armado e mellor pagado. Si os que fan as inquisas foran infalibles como dicen que son os Papas, apaga e vámonos.
Asi as cousas, podemos deducir que Melchor Roel seguira de alcalde outros catro anos ben en bipartito ou con un tripartito, podia pactar con IU E BLOQUE ou con un deles soio...e o PP seguira a estar na oposicion eso si sona a flauta como debe sonar.

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2007 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
MAIS CHAQUETEIROS NA MARIÑA
Estou un pouco saturado estos días e a cousa non ten pinta de mellorar demasiado! Eso do tempo libre ten pinta de ser algo que lles pasa a outros.
A verdade e que a cousa lleva así fae máis ou menos un mes e non pudin actualizar o blog todo o que quixera.... Cuando estou no meu traballo, sempre surxen mil temas para darvos a lata e logo, cando chego o ordenador, olvidanse moitas das ocurrencias que iba a contar. disculpas.
A veces, esto do trabajllo fica absorbendo más horas do día do que un desearía e, sin embargo, un non pode deixar de facer cousas, pendente de non decepcionar a os demáis e non traicionarse a sí mesmo. Cousas da ética e da estetica, supoño.
Por eso...por o menos cando acudo a cita...tratarei de que o que diga sexa xugoso.......
Despois da medica que era do PP ata o dia antes de presentarse de 4 nas listas do PSOE...agora teño outra sabrosisima......outro medico.......e digo eu...¿O chaqueterismo e os medicos ira todo xunto?....como decia... outro medico....que nas anteriores municipais presentouse no seu pobo de orixe por o PSOE encabeza a lista para a alcaldia nun concello, dos mais pequenos da Mariña, por o PP......Manda carallo cos chaqueteiros.......e non lles cae a cara de bergoña toreira nin nada de nada........esto e todo por hoxe....ah e mentras tanto, ¡seguiréi na trincheira!
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-05-2007 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
ESTOU APATICO POLITICAMENTE
Confeso que estou APATICO politicamente falando....nunca antes me pasara esto nunhas elecions locaes...
“Apatía” en térmos xeraes anticipa cal pode ser o comportamento cando teñamos que decidir nas eleccions municipaes deste mes de Maio. Estou absolutamente de acordo con que o sentemento xeneralizado e o da apatía, cansancio e non creerse as cousas. As catro forzas políticas actuaes no concello son as causantes da desilusión ciudadan, ou por o menos da miña disilusin particular: dende o goberno monopolizante de Socialistas e bloque a Unida axudados por Esquerda Unida en todo momento...que, presumo que siñificaron un cambio, non son unhos chorizos, pero si unhos ineptos en moitas ocasions. Hasta la oposición do Partido Popular, creo que son demasiado xeneroso definindoe como “oposición”, porque francamente non fixeron nestes catro anos nada nin bo nin malo, pasaron de “puntillas” e rinse de nos.

Agora todos salirán a rua, farános a pelota a os vecinos y si non nos espabilamos volveremos a confabularnos con eles, a votarlles e a queixarnos de novo perante catro anos de mais do mesmo.
Chegados aqui...preguntaranse ¿Cal e a mediciña para que eu non sufrira esta APATIA electoral?
Pois, tampouco pido tanto. Unha candidatura nova, non so en anos, non corrupto, transparente e que no se case con naide...quiza enton xurdira o medicamento que necesitamos para curar a apatía na que estamos sumidos.
Xa está ben de tanto vapuleo, de tanta mentira conscente, de tanta ideoloxía mal asimilada e imposta.
Si non e asi pode que desta vez me asteña....a non ser que alguen me faiga cambiar de opinion nestes proximos 15 dias...asi que a traballar mangantes do carallo.......
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2007 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal