A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CARTA A UN ENSINANTE

Coñecido ensinante: Ante a formulación de revisar os currículos desde Primaria até a Selectividade pregúntome eu se o ministro de Educación e o Conselleiro do ramo coñecen a importancia que ten o que a Comunidade Educativa sexa a protagonista en calquera debate e en calquera cambio de lexislación.

Neste país estamos condenados a unha continua transformación da ordenación do sistema, froito do xogo partidista que se fai da Educación; xa que cada vez que cambia o cor o Palacio da Moncloa, cambian as leis educativas. A ferramenta básica de toda sociedade que é a educación, non pode estar sometida a intereses políticos, senón que debe ser a comunidade educativa e os profesionais quen configuren o sistema.

Creo que somos moitos os cidadans de ben que temos moi claro o sistema que queremos: Un sistema que permita dar respostas ás necesidades do presente e anticípese aos cambios do futuro. Pero somos pouco ou nada consultados, e cando si o somos de cando en cando nin se nos ten en conta. Neste sentido, consideramos que debe haber un debate sereno e profundo sobre o currículo educativo, sobre se efectivamente a educación dá aos estudantes as ferramentas para converterse en cidadáns autosuficientes, libres, críticos e preparados para incorporarse a un mercado laboral globalizado.

As condicións laborais da poboación dependen da eficacia do sistema educativo. A probabilidade de que un mozo acceda a un emprego estable e adecuadamente remunerado depende, entre outros aspectos, da cantidade e calidade da educación recibida. É por iso, que o primeiro que debemos facer é cambiar o concepto gasto polo de investimento en Educación.

É necesario que tanto os responsables políticos como a sociedade asuman o financiamento en educación como un investimento social prioritario, que non debe verse afectada pola actual conxuntura económica, xa que diso dependen non só necesidades sociais presentes senón tamén o desenvolvemento futuro. En calquera caso, o debate non debe estar en se se inviste máis ou menos; a clave está en investir mellor.

Os currículos e programas permanecen alleos ás necesidades de formación, tanto persoais como das comunidades ás que están destinados. Os currículos educativos están sobrecargados e non preparan a un estudante para enfrontarse á vida e a un mercado laboral competitivo e en constante cambio.

As análises sobre o sistema están feitos, agora hai que pararse a pensar na educación que queremos; construír entre todos a sociedade que queremos. Tendo un claro obxectivo: «Se a educación non axuda ao espertar das potencialidades de cada individuo, desde as súas diferenzas e desde a súa identidade, non é educación» e simplemente unha trapallada.

A escola é a fábrica da sociedade, e iso é unha realidade; da escola saen formados os profesionais que nos atenderán nun futuro nun centro de saúde ou os que formarán ás próximas xeracións. Debemos fomentar a igualdade e o respecto entre os estudantes, a emprendeduría, a cultura do esforzo, a do consumo e da estetica e o desenvolvemento persoal. O único remedio contra as enfermidades sociais é a Educación, só a través dunha Educación igualitaria, democrática e participativa poderemos construír unha sociedade mellor.

A educación está formada por tres alicerces fundamentais: a familia, sen elas non habería fillos que educar. O profesorado, colectivo sen o cal sería imposible a educación. E os estudantes, usuarios directos do sistema. Para solucionar calquera problema sobre educación débese ter en conta a este tres axentes, e existir un compromiso entre estes e o resto de axentes que interveñen na educación.

O compromiso, definido como obrigación contraída, é o que necesita a educación. Un compromiso da sociedade pola mellora da educación. O profesorado necesita asumir o compromiso dunha formación continua, de innovar na aula. A familia necesita comprometerse a valorar a función do docente, a non considerar a escola como un espazo gardaría. O estudante debe recoñecer ao docente como facilitador de coñecemento e ter unha implicación activa no seu proceso educativo.

O alumno debe deixar de selo, para pasar a converterse en estudante. Debe pasar de ser tratado como un mero receptor de coñecementos que debe memorizar para plasmalos nunha proba; a ser un elemento activo dentro do proceso de ensino-aprendizaxe, que dispoña das ferramentas necesarias non para memorizar, senón para comprender e desenvolver os coñecementos que os profesores van transmitindo.

Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2012 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA SOLUCION ESTA EN EUROPA
Ala por os séculos XVIII e XIX cando Francia estornudaba Europa arrefriábase. Ditos á marxe, non se trata de anhelar un novo ciclo. Francamente, estamos lonxe diso. Pero as eleccións presidenciais francesas, mellor dito, o cambio de mandatario, poden brindar outras oportunidades.
Nos últimos meses Angela Merkel está discreta. Non se lle ve. Non se exhibe publicamente como garante da austeridade que, sen dúbida, ségueo sendo. De feito, a doutrina alemá segue pesando, e moito, sobre o Banco Central Europeo, o goberno de Rajoy, o de Feijóo e incluso en cada un dos concellos da Mariña.
O que ocorre é que as receitas xermanas poden ser, e así resulta até o momento, contraproducentes para os países do sur do continente.
Os prognósticos de crecemento que manexa a chanceler para o seu país non serán do todo o desexables que quixese. Pero afástanse de ter que someterse aos apuros do resto.
É máis, Nicolas Sarkozy está a saldar nestes días de campaña a súa particular factura tras anos apegado aos designios de Berlín. Unha brecha económica que recupera o concepto da Europa a dúas velocidades. Coa peculiaridade de que esta vez non é para referirse ao proceso de construción do proxecto comunitario senón da orde de saída da crise iniciada no outono do ano 2008.
Á súa vez, isto incide no nivel de europeísmo que segue descendendo. É fácil asumir o postulado de Bruxelas cando serviu de pagador de subvencións e infraestruturas: Paseos maritimos, infrestructuras, subencions mal aproveitadas, bailes de salon e outras “caballadas” varias,que supuxeron un alento á nosa economía durante décadas.
Con todo, agora é diferente. Ante a ausencia de fondos europeos destaca, entre outras cousas, o temor á inmigración. Especialmente a proveniente dos países do leste. Un rexeitamento coñecido en Francia como a síndrome do fontaneiro polaco.
E se en España non chegamos a final de curso a reducir o déficit público ao 5,3% do Produto Interior Bruto? Existen límites á tendencia de recortes? Poida que as decisións do Goberno de Mariano Rajoy non sexan suficientes para alcanzar dubidosa meta. Pero é a crúa travesía que Bruxelas segue sen ganas de suavizar.
As noticias por cegar a Xunqueira do noso contorno avivan ou extinguen as nosas esperanzas . De paso,seguen sin faacer recapacitar a Mariano Rajoy que se cingue a cumprir o trazado europeo. A continuación desta xestión fronte á crise ou a súa revogación a favor doutras medidas só pode consolidarse con variacións políticas previas en París e Berlín. O demais, todo o demais, queda en simulacros incapaces de proseguir, ou como fai o noso presidente autonomico en seguir botanlle a culpa de todo a Zapatero.
Otero Regal
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
A CRISIS PAGAE O CIDADAN
A CRISIS PAGAE O CIDADAN
Aos cidadáns tócanos os narices calquera subida de impostos. Moléstanos, ademais, os políticos mentireiros, que din unha cousa en campaña e fan o contrario un ano despois. Pero cabréanos excesivamente que, encima, os reitores municipais desta Mariña dos nosos pecados, se tomen as cousas coa frialdade e 'descojono' co que moitos aproban unhas medidas de 'garrote vil económico' contra os cidadáns aos que prometeron, cando lles medigaban o voto, non incrementarlle os impostos. Non creo que haxa mala fe, porque eles son así de fantásticos e risueñamente chachis, pero deberían pór en funcionamento os tres dedos de fronte que teñen para non aparecer mortos de risa cando ían dar unha gran puñalada aos cidadáns que fixeron posible a súa chegada ao poder.
Imposto de vehículos, vaos, o lixo, o IBI... todo para arriba. A maior subida de impostos na historia por unha xentiña que prometeu non facelo.
Non sei como non se lles cae a cara de vergoña. Non teñen máis imaxinación para resolver os problemas que cargar contra o cidadán. Buscan a saída fácil. Máis impostos nun paraíso de desempregados, o que pode derivar nunha colección de embargos ante a imposibilidade material de facer fronte a tanto gasto. A indignación é maior cando se observa que os alcaldes e concelleiros non se baixaron os seus soldos e que están a tentar confundir cun capítulo de 'asignacións'; é dicir, que para manter o benestar dos mandatarios (algun dos cales ten soldo de tenente de alcalde por non facer nada) o máis operativo é asfixiar ao cidadán.
Imaxino que a oposición fará algo máis que oporse no pleno. Así mesmo, espero ouvir aos colectivos cidadáns, que non se queixen só se lles van a pechar as cantinas. Os Mariñáns deben reprobar, repulsar e protestar ante este abusivo comportamento institucional de quen dirixen uns servizos cada día menos públicos e máis privados. E conste que estou a falar de A Mariña en xeral, dende Ribadeo e Pontenova, pasando por Mondoñedo, Foz, Burela, Cervo, Viveiro, Ourol e todos os demais……..Aqui non se salva nin o apuntador.
Otero Regal
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
AFORRAR SI; PERO EN OUTRAS COUSAS
A POSIBLE SOLUCIÓN

Aforrar non ten que significar unha perda de dereitos para o cidadan , dentro dun estado hai diversas formas de reducir o déficit sen recortar en benestar e dereitos. Aquí van unhas cantas medidas que o estado podería sumir para aforrar varios miles de millóns de euros Eliminación do senado (266 senadores) . Eliminación de 50 deputados (a constitución marca un mínimo de 300 e hai 350). Supresión de dietas a políticos (medidas de austeridade) . Supresión de dietas a directivos de entidades públicas. Eliminación de concellos (España ten máis de 8000 municipios dos cales o 80% son de menos de 3000 habitantes, pódense xuntar competencias e aforrar economicamente. Supresión de coches oficiais e de vos en primeira clase para políticos. Eliminación de pagas multimillonarias para políticos e ex-ministros (cobran por parte do estado e por empresas privadas) . Acordos con empresas farmacéuticas (Normon, Bayer...) para que a Seguridade Social abastézase unicamente dunha a cambio de reducir o custo dos medicamentos. Revisión de pagas concebidas por incapacidade (moitas obtidas de maneira irregular). Endurecer a política fiscal, control exhaustivo sobre grandes patrimonios e penalizar a deslocalización empresarial. Maior autoxestión das rexións autónomas e descentralización estatal. Retirada das subvencións á casa de Alba e nacionalización do patrimonio histórico do estado que está no seu poder. Subida dos impostos sobre o alchol e o tabaco. Retirada de tropas no estranxeiro. Investimento en I+D. Control sobre entidades bancarias para facilitar a concesión de créditos. Redución do IVE un 12% para estimular o consumo (a perda queda compensada pola subida dos impostos sobre alcohol e tabaco). Redución do orzamento destinado ao ministerio de defensa. Propulsión de enerxías alternativas. Promover o producto autóctono para fortalecer o comercio interior. Cobrar a débeda de entidades deportivas con facenda. Intervir contas de legalidade dubidosa. Supresión da casa real (economicamente unha República resulta máis barata se o financiamento é correcto) e por ultimo Retirada da subvención á igrexa (13 millóns de euros/mes).
Xa sei que predico no deserto, pero leano outra vez e veran que esta opción miña ten moito mais tino que a dos “Chicos de Rajoy”.
Otero Regal

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal