A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SENDEIROS PARA O VIXEIRO
Coñécese como libro de viaxe a publicación das experiencias e observacións realizadas por un viaxeiro. A literatura sobre viaxes en realidade non é nova, existe desde fai bastante tempo e foi cultivada por moitos autores.
A literatura enriqueceuse permanentemente ao longo dos tempos mediante o achegue da narrativa de viaxe, aparecendo un novo xénero: a literatura de viaxes. Existen moitos exemplos que ilustran o anterior. Entre eles podemos citar escritores como Joseph Conrad, Herman Melville, Santiago Rusiñol, Ernest Hemingway, Alberto Moravia, André Gidel, Javier Reverteetc..
Pablo A. Mosquera sacou do prelo fai uns dias un fermoso e ameno libro de viaxes, apadriñado por OS AVENTADOS que se di “SENDEROS PARA EL VIAJERO” e no que recolle unhas cantas rutas de viaxe, so ou acompañado polo Norte de Lugo.
Empeza por un percorrido pormenorizado das prais que el ama, disfruta e non se cansa de ensalzar, a este respeto contarei que uns profesionais do hospital que tan ben dirixe en Asturias quixeron facerlle un agasallo e encargárome unha peza de cerámica, eu fixenlle un cadriño ceramico cunha npaisaxe mariñan e cun faro pero na parte inferior da caixa-marco que o sostiña puxenlle area, cunchas, pedriñas e caracoliñas collidas nas paraias que el amais eu amamos e estimamos.
A Santa Compaña do mar e obxeto de outra ruta dende San Andres de Teixido ata as desgracias mariñeiras de galernas e Cason, son outras rutas, outros sitios distintos que diria Reixa.
Non poderian faltar os faros eses “Vixias do Norte” que dende a illa Pancha ata Bares, pasando por San Ciprian, A Roncadoira, A Coelleira e un sinfín de “barreiros” que nos levan a mais dunha ducia de señais maritimas en sitios como “A Testa de Ferro na saida da Ria de Viveiro ou o Monte Faro.
Non poderia faltar nun libro de viaxes de Mosquera a sua aventura con outro “aventado de pro” por a ruta do norte de Santiago, lavoura na que esta mas dun para a sua oficialidade como camiño do mar.
A ruta dos Valeeiros e outra das que esboza un proxecto coñecido o libro que acaba cun lar percorrido pola vida e obra de Ibañez.
Fai tempo collino costume de presumir de ser de unhas terras donde os santos non son santos e os marqueses tampouco son marqueses pero o povo puxelles os apelidos per se e ante se e nin o poderoso Vaticano nin a realeza foron capaces de sacarllo, os “susoditos son SAN GONZALO tamén chamado o Bispo Santo, O Conde Santo de Lourenzá, con festa rachada como o anterior, que non figuran en ningun santoral do Vaticano e o marques que nunca foi tal e o Ibañez que pasou á lenda e historia como Marqués De Sargadelos.
Con estras verbas de Pablo Mosquera recén saidas do prelo vostedes poden adquirir coñecementos da nosa historia miuda, pasar un rato agradable e sobre todo adoptala como guia para camiñatas e senderismo que ademais da Ledicia de contemplar paisaxes e paisanexes e boa para o colesterol e outras dolencias non en vano o autor ademais de amigo é un prestixioso doctor en medicina.
Otero Regal
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2010 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
A FE DO CONVERSO
COLLIDO DE Tag: Estrategias oblicuas — Ignacio Escolar.
Astorga, xuño de 1490. A Santa Inquisición detén a un tal Benito García, xudeu converso, cristián bautizado desde facía 35 anos, que regresaba dunha peregrinación a Santiago. Benito leva no seu equipaxe unha hostia consagrada, ou iso contan os inquisidores; é torturado durante seis días ata que á sétima conta o que súas torturadores queren oír. Di formar parte dunha conspiración con outros cinco conversos e dous xudeus máis da súa vila, La Guarda (Toledo). Benito confesou que crucificaron a un neno cristián en Venres Santo, a que despois arrincaron o corazón para mesturaro coa hostia nun conxuro máxico que mataría todos os cristiáns para que así os xudeus herdasen as súas posesións.

A pesar de que na vila da Guarda non consta ningún neno asasinado, nin sequera desaparecido, Benito e os seus supostos correlixionarios son condenados a morte. Arden na fogueira o 16 de novembro de 1491, mentres que a sua inexistente vítima é canonizada. Aínda hoxe hai ermidas que rezan ao Santo Neno da Garda. O inquisidor xeral, Tomás de Torquemada, dá publicidade ao caso para pedir aos reis a expulsión dos xudeus. Só uns meses despois, en marzo de 1492, Isabel a Católica comprace a Torquemada, o seu confesor persoal, e decreta o desterro de todo xudeu que non renegue da súa fe.

A anécdota máis sinistra desta vella historia é que o propio Torquemada, o gran inquisidor, proviña dunha familia de xudeus conversos. Non lle culpo por iso. O converso, por medo, para facerse perdoar, adoita ser sempre o máis devoto, o máis fervoroso nas súas demostracións de fe. Tal vez sexa esta unha das razóns históricas por que o último recuncho de Europa en converterse ao cristianismo, é hoxe o lugar do mundo onde con máis paixón celébrase a Seman Santa
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2010 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal