A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN MUSEO EN AREA?
Melchor Roel Rivas alcalde constitucional de Viveiro, voltaba esta semán a anunciar a bombo e platillo a creación dun“museo” no barrio de Area, pertenecente á parroquia de Faro, di el, que será un museo arqueoloxico donde se recolla as pezas que se rencontren nas escavacións do poboado alí existente,e que aínda non se fixo. Recordamos que a berborrea do alcalde neste senso non ten fronteiras nin limites pois antes dixo que faria outros museos da semana Santa en San Francisco, Etnografico no Pazo da Misericordia e incluso con motivo da visita do ex ministro Molina a Viveiro anunciou un museo de Maruja Mallo na casa, que el chama “pazo” dos Malates.

Os tres elementos básicos dun museo son unha colección que expoñer, un edificio onde expoñer a colección e unha proposta de exhibición, é dicir, unha organización expositiva determinada das obra.

Cronolóxicamente, o primeiro que hai que ter é a colección e só despois de tela habería que pensar nun posible edificio para aloxala, xa que dependendo do tipo de obras os espazos que se necesiten serán uns ou outros. Unha vez que teñamos colección e edificio poderemos pensar na proposta de exhibición. Deste xeito e seguindo esta lóxica xurdiron tódolos museos tralas revolucións burguesas ao apropiarse das antigas coleccións reais e nobiliarias que levaran séculos en producirse. Expoñer estas coleccións de forma pública era necesario para demostrar que a emerxente democracia ilustrada era "verdade".
Pero , a o parecer, en Viveiro no século XXI a orde destes factores cambia . Polo tanto, cando se anucia que primeiro escabamos e logo xa veremos, cando o importante é ter un museo independentemente do seu contido, é cando debemos preguntarnos cales foron os posibles motivos e intereses da súa creación de tanta berborrea e iñorancia na materia.
Poñamos un exemplo. En 1982 a familia do escultor Julio González, , ofrece á Generalitat de Catalunya toda a colección que conservaban do artista. A administración decide non aceptar a doazón, polo que a familia a ofrece á valenciana que, tras aceptala, comeza a pensar nun museo para acollela. Deste xeito, seguindo a lóxica antes descrita, en 1989 inaugúrase o IVAM.
En Viveiro existen poucos pero bos colecionistas que agachan nas súas casas obras de Diaz Pardo, Pillado,Seoane, Maria Antonia Dans, Laxeiro, centos de pezas de louza de Sargadelos... alguns de estes, non todos quizaves, si se lles propón adecuadamente cederan ben en depósito ou doandoas esas obras a un museo local, creando as primeiras salas do mesmo, o demais son cantos de sirena, caralladas, centros de interpretación e perdedas de tempo e esforzo.
Otero Regal
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto da ciencia contra a ofensiva do dogmatismo relixioso
Os abaixo asinantes, pertencentes ás ciencias naturais, ás ciencias sociais e ás ciencias humanas, dende as matemáticas ata a filosofía, pasando entre outras pola física, a bioloxía, a psicoloxía e a socioloxía, queremos manifestar o seguinte.

Cando ao final da idade media, a razón e a ciencia conseguiron desprenderse do dogmatismo da fe co xurdimento da ilustración e da modernidade, a relixión, acantoada pola racionalidade e a ciencia, actuou á defensiva e aceptou certa independencia entre fe e razón para protexer á primeira do descrédito con que a sinalaba a segunda.

Os científicos volveron aos seus quefaceres e esqueceuse a relixión, cuestión que creron definitivamente pechada dada a evidencia da súa falta tanto de base empírica coma de fundamento filosófico.

A relixión, non obstante, nunca aceptou de bo grao a separación entre fe e razón, e intentou sempre que puido someter as evidencias científicas ás súas concepcións dogmáticas. E así asistimos hoxe en día a unha nova cruzada da fe, na que a relixión pretende terxiversar os feitos científicos e invadir o espazo público impoñendo aos demais unhas crenzas que non deberían saír en ningún caso do ámbito privado. Despois de decenios nos que a relixión permanecía en segundo plano debido a certo complexo de inferioridade ante os éxitos dunha ciencia que lle sacaba as cores, hai saída do seu retiro forzado cun entusiasmo tan desbordante como dogmático coa intención de dirixir a sociedade cara a unhas posicións sen fundamento científico, nunha especie de regreso a un pasado medieval.

Sentimos un profundo respecto tanto polos crentes coma polo seu anhelo subxacente de encontrar respostas vitais á pregunta polo sentido da realidade. Non obstante, non podemos aceptar que un tipo de pensamento arcaico como o relixioso que, en moitos aspectos, pode cualificarse de pensamento máxico, pretenda dirixir a sociedade coma se aínda nos achásemos nunha idade media sometida ao fundamentalismo dunhas crenzas alleas á evidencia científica e a un integrismo inmune a calquera razón filosófica.
Da mesma forma que no pasado a relixión atacou á xeoloxía porque as súas datacións estaban en contradicción coas datas que aparecían na Biblia e rexeitou a teoría da evolución das especies por selección natural porque negaba o creacionismo do Génesis, defende agora a ocorrencia do deseño intelixente o mesmo que pretende que creamos que existe unha persoa nun óvulo recén fecundado coma se estivésemos ante algún tipo de suceso máxico repentino, cando todos os datos científicos mostran que a aparición dunha persoa é un proceso gradual a medida que madura o seu sistema nervioso central. As crenzas relixiosas non serían tan criticables se non fose porque pretenden impoñerse aos demais, condicionando cuestións prácticas como, por exemplo, a investigación con células nai, a interrupción voluntaria do embarazo, o dereito a unha morte digna ou os matrimonios entre persoas do mesmo sexo. A súa defensa sen fundamento científico de que existe unha lei natural, un dereito natural, que está por enriba das persoas non é máis que un intento de impoñer os seus dogmas fundamentalistas aos demais.

Acusouse á ciencia de ser só unha crenza máis, pretendendo así poñela á mesma altura que calquera crenza relixiosa. Non obstante, isto non é así dado o carácter autocrítico da ciencia e da razón. A razón foi examinada e criticada exhaustivamente, tanto dende o ámbito filosófico coma dende o científico, e os cambios que se produciron nos dous últimos séculos mostran ata que punto se corrixiu a metodoloxía científica. A razón é inherentemente crítica consigo mesma e sempre se pon en cuestión mentres que a fe só pretende defender o dogma relixioso contra calquera evidencia ou argumento que se lle presente. A ciencia e a razón saben que as súas verdades son sempre provisionais mentres que a relixión se cre en posesión da Verdade absoluta.

Por todo isto, consideramos que, ante esta ofensiva en toda regra do dogmatismo relixioso, a ciencia ten que volver levantar a voz, dende as ciencias naturais ata as ciencias humanas pasando polas ciencias sociais, e deixar claro que a terxiversación á que somete a relixión a evidencia científica e os sofismas nos que enreda os argumentos filosóficos resultan inaceptables en pleno século XXI.
Estamos dispostos a entendernos cos crentes e a comprendelos dende posicións psicolóxicas, sociolóxicas e antropolóxicas, especialmente aos crentes de base que non participan nesta cruzada da relixión institucional e conservadora; pero resulta inadmisible que os dogmáticos pretendan sinalarlles aos demais cara a onde debe camiñar a sociedade e queiran facelo, ademais, cunha suficiencia tan prepotente como fose de lugar, e máis propia dun fundamentalismo medieval que dunha persoa racional e moderna.

Así, pedímoslle á relixión que regrese ao ámbito privado do fogar de cada cual, de onde nunca debeu saír, e aos poderes públicos que defendan á sociedade desta ofensiva integrista trasnoitada que pretende invadir o espazo público substituíndo a racionalidade e a ciencia polo dogmatismo relixioso e retrotraernos a unha época medieval que xa criamos superada.
Adhesiones al Manifiesto (244):
- Roberto Aguirre Guiochín (licenciado y miembro de Consejo Universitario)
- Eugenia Biurrun Arraiza (MBA en mercadotecnia y administración de empresas)
- Juan Antonio Gabaldón Domínguez (licenciado en ciencias químicas, vocal del Consejo Social Universidad de Valencia y ex decano del Ilustre Colegio de Químicos de la Comunidad Valenciana)
- Rosa M. García Lopera (licenciada en química y profesora de la Universidad de Valencia)
- Javier Gimeno Perelló (doctor en filología y lingüística, master en filosofía de la ciencia y director de calidad de la biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid)
- Juan Manuel Carrillo García (doctor en medicina)
- Félix Cesáreo Gómez de León e Hijes (ingeniero industrial, doctor y profesor de la Universidad de Murcia)
- Yenissei Hernández Castañeda (ingeniera química y profesora universitaria)
- Alfonso Hernández Lara (doctor en medicina)
- Juan Ernesto Hernández Sandoval (ingeniero y profesor universitario)
- Pilar Iglesias Aparicio (doctora en lengua inglesa y catedrática)
- Luis Manuel Ledo Regal (licenciado en ciencias físicas y en filosofía, DEA en filosofía y redactor del Manifiesto)
- Miguel López Castro (doctor en pedagogía)
- Pedro López López (doctor en psicología, licenciado en ciencias políticas y sociología, exdirector de la Escuela de Biblioteconomía y Documentación de la Universidad Complutense de Madrid)
- Bernardo Máiz Vázquez (doctor en historia contemporánea y catedrático)
- Antonio Martín González (licenciado en psicología y profesor de universidad)
- José Martínez López (doctor en medicina)
- Juan Francisco Menárguez Puche (doctor en medicina y profesor en la Universidad de Murcia)
- Juan José Merino Carrillo (licenciado en ciencias sociales, master en salud pública)
- Hugo Mora Poltronieri (profesor de ciencias y química, profesor de metodología de las ciencias Facultad de Educación)
- Manuel Pulido Mendoza (doctor en filología hispánica)
- Juan Ramirez Puche (doctor en medicina y cristiano de base)
- David Remondo Bueno (doctor en ingeniería electrónica, licenciado en ciencias físicas y profesor universitario)
- Jorge Rinaldi (licenciado en psicología y profesor universitario)
- Luis Rodero Merino (doctor en informática e investigador)
- José Rodríguez Pimentel (licenciado en filosofía, psicología y teología, profesor de la Universidad de Salamanca)
- Felipe Sánchez Martínez (doctor en informática)
- Miguel Sanz Alix (catedrático de matemática aplicada de la Universitat de València)
- María Fernanda Serrano Carrasco (licenciada en pedagogía y psicóloga clínica, profesora de la Universidad de Salamanca)
- José Ramón Soriano Reig (licenciado en teología, en filosofía y en psicología)
- Narcís Subils i Pagès (doctor en ciencias económicas)
- Luis Varela Ortiz (licenciado en derecho y profesor universitario)
- Angel Villagrá Rubio (sociólogo y documentalista científico en ciencias sociales, CSIC)
- Ana Viñuela Rodriguez (licenciada en biologia, master en bioinformática y biologia computacional, doctoranda en genética)
- Mario N. Zonis (ingeniero y profesor universitario)

- José Javier Albor(anestesista)
- Beatriz Alcaide Arenales (licenciada en economía y profesora)
- Albeto Amortegui
- María Jesús Arana Valverde (licenciada en biología y directora de la ONG Zorro Negro)
- Sergio Aranda Klein (licenciado en ingeniería)
- Esther Arbones Fernández-Vega
- Gloria Arbones Fernandez-Vega
- Mª José Arbones Fernández-Vega (diplomada universitaria en enfermeria)
- Fernando Arenas Mena (enfermero)
- Jurgi Areizaga Casares (licenciado en ciencias del mar)
- José Miguel Arranz Sanz (licenciado en filosofía y profesor)
- Luis María Arredondo Díez (administración y dirección de empresas)
- Emiliano Astasio Granado (informática de gestión)
- Eduardo Balanza Martínez
- María Balanza Martínez (licenciada en filosofía y profesora)
- César Barrantes Bolaños (periodista y secretario Asociación Costarricense de Humanistas Seculares)
- Isabel Alejandra Béjar (profesora)
- Araceli Beltrán Cuesta (bibliotecaria)
- Juan José Cartón Villarino (Programa de Convivencia Intergeneracional, Servicio de Asuntos Sociales, Universidad de Salamanca)
- Julio Bautista Liébana (licenciado en matemáticas)
- María Eugenia Bengolea (psicóloga social)
- Yolanda Bernárdez Morales (licenciada en psicología)
- Arnaldo Berrios Matus
- Jeudy Blanco (ingeniero en computación y presidente de la Asociación Costarricense de Humanistas Seculares)
- Jordi Boloix i Romero (ingeniero informático)
- Francisco Boluda Montoyo (ingeniero técnico de obras públicas)
- Marina Boluda Terol (estudiante de ciencias)
- Coral Bravo
- Mª Dolores Bravo Lara (licenciada en geografía e historia)
- Carmen Buiza Sánchez (licenciada en biología y catedrática)
- Norma Beatriz Cajal (profesora de sociologia y psicopedagoga)
- Laura Callizo Villagrasa (estudiante de geología)
- Arnau Cangròs i Alonso (ingeniero de caminos)
- Pablo Carbonell Alonso (arquitecto)
- Álvaro Carretero Luna (ingeniero)
- Pedro Carrillo Rubio
- José Carrión Beltrán
- Mónica Caballo Baldominos (licenciada, bibliotecaria y documentalista)
- Pablo Carrillo Reyes (licenciado en biología y doctorando)
- Santiago José Cartamil Bueno (estudiante de física y de ingeniería electrónica)
- Osvaldo Daniel Del Castello (investigador)
- Jaime Andrés Castro (licenciado en ciencias del mar)
- Jesús Javier Chaves Declara (licenciado en derecho)
- Carlos Cidoncha Rodríguez (aparejador)
- Luis María Cifuentes (catedrático de filosofía)
- Vicent Climent Llorca (licenciado en ciencias químicas y profesor)
- Andrés Correa Casablanca (estudiante de matemáticas e ingeniería informática, soporte a la investigación de CEPHIS)
- Itamar Covarrubias (estudiante de matemáticas)
- Vicente Daniel Crespo Roures (licenciado en biologiay paleontólogo)
- Mónica Laura Creus Ureta (licenciada en psicología y fundadora de A.S.I. NO -Abuso Sexual Infantil NO)
- Adán Cuamatzi Cuamatzi (licenciado en psicología y educador sexual)
- Vicent Cubells Peña (ingeniero técnico en informática de sistemas)
- Daniel de Culla (estudios superiores)
- Juan Antonio Delgado Fernández (ingeniero industrial)
- Carlos Raúl Díaz
- Andrés Manuel Díaz Prieto (licenciado en matemáticas y profesor)
- Josep Maria Encuentra Martínez (licenciado en psicología)
- José María Espada Calpe (antropólogo y coordinador de Heterodoxia, Red de Hombres por la Igualdad)
- Gerardo Cruz Esparza Monsiváis (psicólogo clìnico)
- Antonio Estevez Dieguez (perito químico)
- Samar Fayad Herreras (licenciada en ciencias del mar)
- Elisenda Font Campdelacreu (licenciada en matemáticas y catedrática)
- Albert Febrer Moral
- Borja Fernández Gauna (ingeniero en informática y profesor de la Universidad del País Vasco - EHU)
- Alvaro Fernández Gómez
- Ricardo Forcat González (bachiller superior)
- José Luis Freire (jefe de Servicio de Programación Ministerial)
- María Freyre Sánchez (estudiante de biología)
- Alexander Gamboa Benavides (administrador de proyectos de T.I.)
- Jorge García Gil
- Adriana García Moreno (llicenciada en antroplogía)
- Carlos García Moreno (licenciado en psicología)
- Zeltia Gato Mato (tecnica superior en quimica ambiental)
- Javier de Hoz Monge (estudiante de derecho)
- Oscar Noel Gavira Romero (licenciado en biología)
- José Luis Giménez (diplomado en ciencias empresariales y escritor)
- Carlos Ginés Vázquez (estudiante de biología)
- Aldo Juan Gil Crisóstomo (ingeniero y matemático)
- Mª Virtudes Gil Micó (profesora de inglés)
- Laura Gil de Santos (formación profesional)
- Alejandra Gómez
- Ernesto Gómez (profesor)
- Eusebio Gómez Bautista (bibliotecario)
- Miguel Ángel González Alonso (licenciado en ciencias geológicas)
- Mª Isabel González de Canales Cerisola (profesora de biología)
- Adriana Gonzalez Duran (licenciada en biología)
- Matteo Guainazzi (investigador astrónomo)
- Antonio Guerra Vega (licenciado en filología hispánica y profesor)
- Guillermo Guevara Pardo
- Fernando Gutiérrez (profesor de matemáticas y filosofía)
- Angela Gutiérrez López
- Claudia Y. Gutiérrez Reyes (estudiante)
- David Herrera Fernández (estudiante de informática)
- Antonio Javier Herrera Sánchez (licenciado en traducción e interpretación)
- Fernando a. Huacuja Medina (licenciado en turismo, profesor e investigador)
- Santiago Iglesias Barrenechea (licenciado en ciencias del mar)
- Marco Inghilleri (psicólogo presidente de la Associazione Italiana di Psicologia e Sociologia Interattivo-Costruttivista)
- Rosa Maria Julián Quílez (auxiliar de enfermería)
- Máximo Kinast Avilés (licenciado y vicepresidente de CyberAteos)
- Manuel Roberto Leonís Ruiz (estudios medios tecnológicos y mercadotecnia)
- Jaime Laz Bey (ingeniero técnico)
- Silvia Lázaro Díaz (escritora, ex-docente y editora de Escritoras Andaluzas)
- Ana Lezcano Pastor (licenciada en bellas artes)
- José Joaquín López García (ingeniero técnico de telecomunicaciones y profesor)
- Julio López Guillén (estudiante universitario y presidente de Pecaminata)
- Alberto López Vela
- María Jesús Lozano París (licenciada en psicología y profesora)
- Jossie Malis (realizador e ilustrador)
- Juan Ignacio Manrique Berki (diplomado universitario en trabajo social)
- Rita Mañús Rayos (estudiante de psicología, directora de www.revista-ellas.com, presidenta de la asociación Mujeres para la Libertad y la Vida)
- Mª José Marín Vico (profesora de geografía e historia, asesora de coeducación CEP de Córdoba, Unidad de Violencia sobre la Mujer)
- Francisco Mariño Domínguez (licenciado en ciencias químicas)
- Agustín Martija Marijuan (formación profesional, técnico superior industrial)
- Andrés Martínez García
- Andrea Martínez González (licenciada en psicología)
- Rafael Martínez-Miralles (licenciado en derecho)
- Xavier Martínez y Sánchez de Neyra (licenciado en biología, profesor y director IES)
- Victoria Martínez Sogorb
- Ascensión Matilla Elices
- Pepe Mejía (periodista)
- Francisco Mercader Rubio (licenciado en bellas artes)
- Concha Merchán hernández (profesora)
- Francisco Miñarro
- Juan Molina Porras (catedrático de lengua y literatura, miembro del Proyecto de Investigación I+D+I Plan Nacional 2008-2010)
- Norberto Mollo (profesor de ciencias naturales)
- Carlos Enrique Montoya González (músico)
- Inés María Montoya González
- José Antonio Montoya Sánchez (estudiante de filosofía)
- Eva Moral Cabrero (pedagoga y técnica en discapacidad)
- Ubaldo Morales Álvarez (licenciado en química, profesor)
- Sonia Morales del Valle(escritora, poeta y estudiante de humanidades)
- Alejandro Moreno Sánchez (licenciado en historia)
- Joan Morera Arbones (licenciado en bellas artes)
- Raúl Jimeno Mouzo (ingeniero de telecomunicación)
- Tania Muñoz Navarro (artista e investigadora)
- Ramón Antonio Murillo Alfaro (licenciado en ciencias económicas y sociales)
- Ángel Naranjo del Peso
- Federico Noriega Gonzalez
- Roberto Núñez (estudiante de informática)
- Antonio O. G. (funcionario)
- Isidora Olivera Avezuela (profesora de inglés)
- Pedro F. Orduna Serón (licenciado en ciencias de la educación)
- Ana María Palos de Foronda
- Rafael Pastor Fuster (ingeniero agrónomo y profesor de tecnología)
- Rolando Alonso Peña Casas (ingeniero químico)
- Silvana Perazo Silvani (profesora de educación especial)
- Angel Jesús Pérez Jiménez (licenciado en filosofía y profesor)
- Luis Manuel Pérez Llera (ingeniero)
- Miguel Angel Pineda Jauregui
- Enrique Armando Quisto Rosas (profesor de ciencias)
- José María Ramírez Ortega (ingeniero técnico forestal y profesor)
- Óskar Rómmel Piragaüta Rivera (diseñador gráfico)
- Luis R. Ramos Rodriguez (presidente de la Sociedad de Escépticos de Puerto Rico)
- Francisco Ranea Munill (diplomado universitario en enfermería)
- José Rayos Menárgez
- Alejandro Reina Conde (estudiante de astrofísica)
- Pascuala Reina Garcia (tecnica superiora en educación infantil)
- Ana Maria Requejo (licenciada en derecho y especialista en violencia familiar)
- Emili Ricou Barceló (ingeniero químico y economista)
- Milagros Riera
- Ricardo Rodríguez del Río (licenciado en derecho)
- Adrián G. Rodríguez Solórzano (licenciado en ciencias económicas y sociales)
- Azucena Rodriguez Yebra (estudiante de químicas)
- Beatriz Rojo Sánchez (licenciada en filosofía y profesora)
- Felipe Román Requena (licenciado en ciencias biológicas y profesor)
- Antonio Romero Hernández (técnico documentalista)
- Gabriel Héctor Rubinstein (psicólogo social)
- Pedro Rubio Cruz
- Ignacio Rubio Romero (ingeniero de montes)
- Raquel Ruiz (estudiante de antropología)
- Carlos Ruiz Escudero (ingeniero y coordinador de la Comisión de Servicios Públicos de ATTAC)
- Beatriz Ruiz de Hoyos (ingeniera agrónoma)
- Ricardo Salaya Monsell (licenciado en geografía)
- Emilio Salcedo Martínez
- Silvia San Martín Aparicio (licenciada en ciencias físicas)
- Alejandro Sánchez (ingeniero superior de montes y técnico superior en prevención de riesgos laborales)
- Ricardo F. Sánchez (ingeniero y vicepresidente de Universo Digital - universo.liada.net)
- Francisco Javier Sánchez Conde (licenciado en ciencias biológicas)
- Guadalupe Sánchez Guinart (licenciada en ciencias del trabajo)
- Raúl Sánchez Herranz
- José Manuel Sánchez Mesejo
- Marta Santos Náñez (licenciada en periodismo)
- Carmen Secades (licenciada en psicología y fundadora de la Asociacion Argentina de Sexología y Educación Sexual)
- Sofia Segura Herrera (artista plástica)
- Rose-Marie Serrano (lingüista y profesora)
- Montserrat Sierra Hernández (estudiante de psicología)
- Lízbeth Solano Alpízar (licenciada en psicología)
- Marta Stefanic (psicóloga social)
- María José Teruel López (estudiante de filosofía)
- José Luis Tirado
- Lidia Torres Carmona (educadora social)
- Eduardo Traversa (licenciado en quimica y editor del magazine VIVE TIERRA)
- Claudia Truzzoli (licenciada en psicología)
- Juan Urrios Alonsoe (estudiante de ingeniería técnica)
- Fernando Valdés Muñoz (técnico superior en sanidad ambiental)
- Carmen Valverde Guerrero (administrativa)
- Jean-Claude Vanhille Lite (profesor)
- Montserrat Vargas Urquizu (licenciada en filosofía y en psicología, jefa de departamento de orientación)
- Luis Vega Domingo (ingeniero aeronáutico y presidente de AMAL)
- José Juan Vegá Pérez (estudiante de biología)
- Rodrigo Ventura (estudiante de filosofía)
- Mar Vidal Carreras (estudiante de historia)
- Jordi Vilanova i Torrent (licenciado en economía)
- Antonio Villaescusa Soriano (licenciado en derecho y administración de empresas)
- Álvaro Villoslada Peciña (estudiante de ingeniería técnica industrial
- Gabriela Karina Zanger Rial
- Brahim Zamora Salazar (educador sexual y escritor)
- Dolores Zarza Alabanda (licenciada en filología y profesora)
- José Luis Zerón Huguet (director de la revista Empireuma)
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2009 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
E LOGO.....VOLTAN OS DA FALANXE A XUNTA
O novo director xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia, José Norberto Uzal Tresandi, concorreu nunha candidatura de Falanxe Española Independente ás eleccións ao Parlamento Europeo en 1994. Uzal Tresandi, ata agora director da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), é unha das fichaxes de Alfonso Rueda para a Consellería de Presidencia.
A polémica acompañou este alto cargo do Goberno galego en cada un dos seus nomeamentos á fronte das institucións. Cando foi designado como asesor xurídico do Concello de Cambados, xa tivo que dar explicacións e aclarar que o alcalde que o contratara descoñecía o seu pasado falanxista.
DE "EL PAIS" DE HOXE

O novo Director Xeral de Administración Local a un ultradereitista candidato de Falange en varios procesos electorais. O xornal "El País" fala de cando foi candidato de Falange as eleccións europeas do 1994, pero con posterioridade foi candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra, por outra rama da mesma organización responsable da morte de milleiros de galegos. Podes ver aquí o enderezo do seu facebook: fr-fr.facebook.com/people/Jose-Norberto-Uzal-Tresandi/1460651816
DE CHUZA DE HOXE:
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2009 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
RENOVACION NO PSOE?
Non fai falla ser un gran observador para percibir a deterioro da política nestas terras onde vivimos, sexa esta, autonómica ou municipal. No debate político escasea a confrontación de ideas e o debate racional, que se substitúen pola frase enxeñosa ou a mera descualificación do contrario.

Agora que se anuncia batifondo e congresos nos partidos politicos que perderon as elecions e hora de decir catro verdades encol do funcionamento dos mesmos : No interior dos partidos impera un ríxido acatamento sen crítica ningunha ao líder ou ben, ás veces, unhas loitas de faccións polo poder onde todo vale e na que as diferenzas ideolóxicas non adoitan existir. A corrupción, a arbitrariedade e o abuso avanzan ao mesmo paso que a perda de credibilidade das institucións, sen que parezan existir mecanismos que poñan freo a esta deterioración. Os gobernantes manifestan unha tendencia á adopción de medidas rechamantes, demagóxicas ou clientelistas, máis dirixidas á imaxe e ás emocións que á razón e, xeralmente, centradas nun miope cortoplacismo no que poucas veces se adiviña un proxecto serio de longo prazo. Poño como exemplo o que sucede en Viveiro co PSOE, donde a xente elexida, e un decir, para “Cambiar o partido a darlle un novo pulo son todos concellais, a o parecer non existe partido fora do concello e esta composta por un trasfuga que fai dous anos era militante do PP, o alcalde que pasa do partido olimpicamente, Rafael Amor, quizabes o politico, e un decir mais impopular de Viveiro, posto que gañou a pulso e a rapaza que exerce como teniente alcalde que carece de toda formacion politica, eso si ,ten moi boas intencions.
¿Cales son as causas deste estado de cousas? Existe remedio a esta situación? Na miña opinión a causa hai que buscala nun erróneo deseño do noso sistema político e, sobre todo, na ausencia de vontade de reforma cando comezaron a manifestarse as súas deficiencias.

Quizais un dos erros máis graves consista en crer que, para que un sistema democrático funcione correctamente, abonda con que os cidadáns poidan votar e exista un réxime multipartidista. É certo que estas dúas características son imprescindibles pero tamén resultan, evidentemente, insuficientes: o voto constitúe un control último dos electores aos gobernantes contra a tendencia ao abuso e á arbitrariedade pero este control resulta moi indirecto e o seu exercicio demasiado dilatado no tempo. Unha democracia necesita, ademais, outros elementos que impoñan uns límites claros ao exercicio do poder e establezan uns mecanismos de control permanentes á actuación dos gobernantes. Entre estes elementos pode citarse: a) unha Separación de Poderes efectiva entre partidos e concellos b) un sistema directo de representación e esixencia de responsabilidades, c) uns mecanismos adecuados de selección das persoas que se dedican á política.
Otero Regal


Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
A MAFIA DO LADRILLO SEGUE A DESTRUIR O PATRIMONIO.
DE VIEIROS:
UN CONSTRUCTOR; SEIQUE O MESMO DA DESFEITA DE LODEIRO EN VIVEIRO; PASASE A LEI POR O FORRO DOS COLL....CO COLABORACION DE ARQUITECTOS; ARQUEOLOGOS; POLITICOS E DEMAIS XENTE DO CARALLO
A COUSA SUCEDE EN En San Cibrao, na Mariña
Como destruír, ás caladas, un xacemento castrexo e pórlle unha urbanización por riba

Os veciños loitan por parar a construción de tres edificios de cen vivendas por riba dun castro. Vídeo no interior.
Texto: A. Rodríguez / Vídeo: Isabel G. Couso - 09:00 15/04/2009
Tags: A Mariña Atalaia castro Cervo Mariña Patrimonio patrimonio San Cibrao
A península da Atalaia entrando no mar, na vila de San Cibrao (clique para ampliar)

A península da Atalaia entrando no mar, na vila de San Cibrao (clique para ampliar)

San Cibrao é unha pequena península que entra de cheo no Cantábrico, abaneada polo vento do nordeste día si, e día tamén. Na Atalaia, a carón do Faro, unha zona aberta pegada ao mar e as rochas, só hai pequenas casas brancas, situadas nas rúas tortas do vello barrio mariñeiro, e, ben pegadas, as chamadas "casas baratas", vivendas de protección oficial de máis de 20 anos, centos de fendas e cores pastel. Son predios altos de máis que, porén, son superados por un enorme edificio irregular: unha mole grisalla que nunca se chegou a habitar por non ter as licenzas en regra, e que leva en pé máis dunha vintena de anos.

A carón deste coloso do feísmo, un construtor mariñán, pinchado nas cachas polo boom inmobiliario que acugulou A Mariña de ferros, ladrillo e piscinas sen auga, decidiu erguer tres edificios de cen vivendas. O peor disto non é que vaian erguer estes tres predios a poucos metros da costa, nunha zona ben fermosa, senón que a construción vai por riba dun castro.

Tres edificios que ameazan un importante xacemento arqueolóxico
A promoción 'Faro de San Ciprián' -non sei que pasa na vila, que non hai quen lle chame San Cibrao, aínda que é o nome oficial-, anúnciase nas inmobiliarias madrileñas como unha inmellorábel situación "en primeira liña de praia". E é xusto onde estará, se as obras que comezaron en 2007 continúan, pegada aos cantís que baixan da Atalaia cara o mar. Cunha altura que superará o predio nunca habitado a carón da que medran, estes tres edificios ameazan un dos xacementos castrexos máis importantes de Lugo: o Castro da Atalaia.

A importancia non é que a supoñamos, é que o seu tamaño; a peculiaridade e morfoloxía das súas construcións; as pezas que se acharon nas prospeccións; e os gravados e o cuncheiro atopados a poucos metros xa falan por si sós da magnitude deste castro.

Porén, aínda ninguén, agás uns poucos veciños, se moveu para poñelo en valor. Detrás do silencio dos delegados da Consellaría de Cultura, do lanzamento de acusacións do Concello de Cervo e do esbandallamento, á calada, do construtor, están intereses pequeneiros e mesquiños, do tamaño dun pequeno cuarto nun edificio, ou dunha partida ao tute nun bar da vila; un deses sitios onde, por veces, se decide, nunha man, soterrar a historia e o patrimonio por baixo de toneladas de ferro, cemento e ladrillo.

O que aconteceu co castro de San Cibrao é que todas aquelas Administracións que tiñan que velar pola herdanza de todos -a Xunta, dende Cultura, e o propio Concello de Cervo- deshinibíronse das súas obrigas, e as arelas individuais, as dos veciños -que foron os únicos que se preocuparon pola preservación do xacemento-, quedaron esquecidas e apartadas das axendas diarias. Uns contestaron que hai moitos xacementos desta época na costa lucense, tentando xustificarse, cando ter moito non te exime de abandonar o que tes. Outros non souberon valorar o patrimonio que se ergue por baixo do seu solo, e obviaron por completo a sensibilidade dos seus cidadáns. E logo está o construtor, que non tivo sensibilidade ningunha, e viu só un enclave marabilloso no que poñer a vivir a xente do século XXI por riba dos alicerces prehistóricos.

Un castro do que todo o mundo sabía a existencia
Da existencia do castro todo o mundo tiña noticia, dende hai moitos anos. Mais, coma antes apenas se furaba na terra para introducir nela os bicudos ferros dos alicerces, non aparecían os vestixios do pasado, en forma de muros de pedras ou pezas de cobre. Nos poucos movementos de terra que houbo en décadas acháronse anacos de barro de olas e cuncas, ferros e moedas da Idade Media. No 1974 apareceu, a poucos metros do xacemento agora inventariado, o que parece ser unha sauna castrexa, mais aínda non está comprobado. Trátase dun edificio subterráneo que aínda segue sepultado, mais no caso de ser unha sauna, sería unha das poucas coñecidas nos castros de Galiza, Asturias e Portugal.

No ano 2005 (vexan, aquí, o seguimento cronolóxico da destrución do castro) o Concello elaborou o informe do PXOM no que se sinalaba que na zona había un xacemento castrexo que cumpría preservar. Envioullo á Consellaría de Cultura, e a delegación provincial mandou técnicos inspeccionar a zona, que constataron, "fundamentalmente", a "existencia de muíños circulares de tipoloxía castrexa ou romana, en diversas fachadas dedicadas a horta situadas na área das Rúas do Chope, Travesa da Rúa Chope e Rúa dos Mixillóns, ao suroeste da Atalaia". Este é o argumento no que se basea o alcalde cervense, Alfonso Villares (PPdeG), para tirar o morto de enriba: que en Cultura sabían da existencia do xacemento, e que son eles os que tiñan que preservalo, e non a Administración local que el dirixe.

En 2006 e 2007, o Concello concedeulle as licenzas pertinentes á construtora para que comezasen a erguer os tres edificios de cen vivendas na zona. No verán de hai dous anos as pas entraron, meteron os seus dentes na area e esbandallaron unha parte importante do castro.

O boom inmobiliario que esbandalla a cultura e a historia
Non se afondou de abondo na idiosincrasia de certos galegos para poder saber que lle fai á xente pensar que un petróglifo queda ben a carón dun aeroxerador de varios metros e varias toneladas, zumbando, e que un castro queda de marabilla arrodeado de columnas sobre as que se ergue un edificio de 40 vivendas "en primeira liña de praia". Algo parecido deben pensar os actores desta historia. O construtor pensou en vender as vivendas; a agrupación municipal algúns intereses tería para posicionarse a favor do construtor, e esquecer as súas obrigas de protexer o patrimonio que se atopa no seu solo; e a Xunta, e, nomeadamente, a Consellaría de Cultura, pouco se implicou na defensa dun ben que debera ter salvado da destrución. Porén, cando souberon do que acontecía era tarde, porque as licenzas de construción estaban concedidas, por parte do goberno municipal, e habería que indemnizar o construtor cunhas cantidades desorbitadas para calquera peto.

Arestora, hai unha causa aberta nos Xulgados de Viveiro contra o alcalde de Cervo, por non dar a tempo a orde de paralizar as obras; e hai un requerimento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ao Concello de Cervo no que se lle pide información sobre as obras que se realizan na zona da Atalaia, en San Cibrao. Esta última petición foi motivada polos veciños, que presentaron 527 sinaturas e unha denuncia ante a Dirección Xeral de Urbanismo, sinalando que as licenzas de obra foron outorgadas "con manifesto incumprimento da lexislación urbanística e lexislación do patrimonio". Ademais, segundo lle contaron a Vieiros dende a asociación Mariña Patrimonio, as obras poderían carecer dun estudo de detalle, preciso neste tipo de construcións. O mesmo construtor xa erguera uns edificios na zona de Lodeiro, en Viveiro (A Mariña), que carecían deste estudo, sobre os que agora, após un procedemento xudicial, pesa unha orde de derrubo, precisamente por este motivo. Os veciños e Mariña Patrimonio confían en que o caso dos predios de Lodeiro sente un precedente xurídico que poida empregarse para paralizar e botar abaixo o que xa se construíu por riba do castro en San Cibrao, mais eles carecen dun apoio económico para seguir adiante pola vía xudicial.

A historia dun castro destapado, esbandallado, cuberto e descuberto no mesmo ano
Cando comezaron as obras de construción do primeiro dos tres edificios, na zona da Atalaia, en San Cibrao -no verán de 2007-, a construtora pechou toda a zona con paneis de plástico opaco, a través dos que non se podía ver. Porén, os veciños xa avisaran o Concello e a Cultura do que alí había, e foron á zona tentar parar as obras e ver o que xa fora estragado. Cultura enviara, así soubo da entrada das máquinas no predio, unha orde de paralización das obras ao Concello de Cervo, que o a corporación municipal tardou catro días en tramitar.

O tempo que os operarios estiveron movendo a pa retroescavadora, sen que o Concello de Cervo lles mandase a orde de parar as obras, a zona foi quedando desfeita. Os camións ían sacando area e pedras, que logo foron deitar nunha entulleira na vila de Xove. Até alí se tiveron que desprazar os técnicos da Delegación Provincial de Cultura para inventariar o que xa fora estragado. Pedras das murallas, pedras de muíño e outros restos arqueolóxicos apareceron no vertedoiro. A obra mantívose parada, así chegou a orde, un tempo, mentres un arqueólogo, contratado polo construtor, facía prospeccións na zona. Mais logo volveu comezar nunha primeira parcela na que entraran as pas.

Cómpre salientar que no informe do mentado arqueólogo sinálase, en todo momento, que as escavacións foron feitas con "medios manuais", cando nas imaxes (véxaas na Galería de MP) se aprecia como foron entrando as pas retroescavadoras. Alén diso, nalgunhas zonas obsérvase como as pas entraron a unha profundidade considerábel, arrasando a zona arqueoloxicamente fértil -area escura. Máis tarde, cando se fixeron as prospeccións, apréciase que algunhas delas foron feitas en zonas que xa foran escavadas polas pas, e recubertas con area branca. Nas zonas que se cubriron con area branca, os dentes das pás quedaron marcados nalgunhas rochas, que volveron saír á luz días despois, cando se fixeron as catas, como unha mostra da desfeita que produciron as máquinas, e que se quixo ocultar. Estes feitos tamén foron denunciados pola asociación Mariña Patrimonio, que sinala que só é preciso ollar algúns documentos gráficos para constatar como foron desfacendo os muros do castro. Mesmo nunha imaxe na que se ve a rampla feita polos operarios para que saísen os camións con terra, pode apreciarse como as alturas do muro do castro van mudando: na zona alta da rampla son altos, na zona baixa, máis ben baixos. Unha proba coa que se constata que os muros foron estragados nas primeiras incursións das máquinas.

Nas primeiras escavacións, feitas polos operarios cando aínda non chegara a orde de paralizar as obras, dos 1.600 metros cadrados que ocupaba o predio mercado pola construtora, escaváronse 1.000, co que só quedaron a salvo 600 metros cadrados. Porén, estes tamén foron afectados en obras posteriores, segundo denunciaron dende Mariña Patrimonio.

Cancelas metálicas para obrar ocultos, paseniño
Cando os arqueólogos chegaron á zona, os operarios, mandados pola construtora, sabedora do interese dos veciños por parar as obras, colocaron, por diante da malla de plástico, unha cancela metálica de máis de dous metros de altura, que, agora si, impedía ver totalmente o que pasaba dentro. Porén, coa chegada do Klaus, que zoou con forza na Mariña, as cancelas metálicas quedaron deitadas e esparexidas por toda a zona do Faro.

No tempo que as cancelas estiveron postas, seguiuse sacando terra e pedras da zona, e construíndo á calada. As denuncias que chegaban dende Mariña Patrimonio foron constantes, e falaban da afectación das dúas parcelas que aínda non foran tocadas na primeira incursión das pas. A asociación ecoloxista Adega tamén fixo unha súa denuncia, cando comprobou que había unha outra entulleira, a carón da gasolineira de Cervo, na que se deitaran refugallos das obras da Atalaia, entre as que se atoparon, por baixo de moreas doutra terra, muíños de pedra e pezas de cerámica.

Arestora, as obras do primeiro edificio, erguido na primeira parcela, continúan, mentres a protección do castro está nun estraño limbo. Aínda non se coñece a resolución final da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pero o futuro do xacemento pasaría porque a Consellaría de Cultura, o Concello de Cervo e mesmo o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Costas, chegasen a un acordo, no que se resolvería se se van ampliar as escavacións e as prospeccións arqueolóxicas; se se integran os dous edificios que aínda se han construír no proxecto arqueolóxico -erguéndoos sobre piares-; ou se se lle expropia ao construtor o predio, pagándolle unha indemnización. Daquela, a solución pasaría por un acordo entre Administracións, nun período de cambio político no Goberno galego. Aínda fica por saber que medidas ha tomar a nova administración Feijoo en materia de preservación do patrimonio cultural.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
UN EX-EMBAIXADOR DO VATICANO CHEO DE RAZÓN
En Viveiro o poder civil, representando un estado laico preside procesions, e eso que eran comunistaGonzalo Puente Ojea saltou á escena pública ao ser ateo convencido e ser nomeado por Felipe González embaixador no Vaticano entre 1985 e 1987.Ya xubilado acaba de publicar o libro titulado La relixión vaia engano!
La Voz de Asturias publica unha entrevista con este motivo, estractamos algunhas das “cousiñas” que GONZALO PUENTE OJEA dice na misma:
“A Igrexa ten os mesmos privilexios da época ditatorial xa que os sucesivos gobernos foron ampliando os acordos e hoxe a reforma de Zapatero multiplícao ao subir a cota do IRPF. O aparato da Igrexa ten financiamento público sen excepcións e un poder político como nunca soñou.”
“A Igrexa é unha asociación civil como a de filatélicos. Non obstante, en lugar dun estatuto de dereito civil teno de dereito público. O imposto relixioso é un diñeiro da renda pública que se vai á Igrexa. Por que eu teño que co meu diñeiro contribuír a iso? “
“Esta Iglesia es más desobediente y pone al Gobierno contra las cuerdas. Zapatero trata de asegurar el voto católico y el Estado está sometido a la Iglesia. Ahora el aborto es su cuadrilátero sagrado.”
“Rouco Varela é un maximalista vaticanista ultramontano que quere conservar os poderes de Gregorio VII, mobilizou o electorado e a pegada de Juan Pablo II espertou ese sentimento de reorganización da máis pura teocracia. O resto da conferencia é máis morna porque ten sentido do que non se debe traspasar.”
E para final esto e o que opina de PACO VAZQUEZ: É unha vergoña cando di que o Goberno ataca á Igrexa, é deshonesto e creo que é ridículo que un goberno socialista manteña un embaixador que procede do Opus Dei e que protexe os dereitos da Igrexa. É unha deslealdade.
Por certo engado unha foto da procesion de Xoves Santo en Viveiro donde os representantes do poder civil, e de o estado laico presiden a procesión, e eso que eran Comunistas e Socialistas, seique.
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
OS AVENTADOS HOMENAXEAN A SUSO FERNANDEZ
SUSO FERNANDEZ LOPEZ ou Suso do Bahia, como se coñece na bisbarra é un home como o que describe Primo Levi, no seu libro “Esto é un Home”: íntegro, sinxelo, humano, servizal, humilde, firme, flexible e agarimoso. O seu sorriso rompe os xeos máis duros. Dotado dun natural instinto, axudado polo seu paso adicado o mundo da prensa , resolve difíciles conflitos políticos cunha sinxeleza abraiante. Nunca lle interesou o poder, pero cando o tivo, fíxoo con mestría.
Pero hai en Suso unha faceta que é a que se me fai máis patente cando o recordo (e é compartida por todos os seus amigos): ten un sentido do humor exquisito. As reunións de traballo fumos templagaitas xuntos das respectivas asociacions de empresarios de Viveiro e Foz eran interrompidas frecuentemente por bromas e gargalladas. Traballábase baixo gran tensión, pero nun ambiente moi ledo.
Coñecer o Suso e saber da existencia dun home bo. Créanme, non é igual un "home bo" que un "bo home". Ao primeiro adoitamos gabalo dende a distancia, pero sen rematar de comprender o seu grao de bondade, considerándoo mesmo de actitude estúpida. Ao segundo nin o valoramos nin o gabamos, simplemente aceptámolo.
O bo home é o home que acata e non relata. O bo home é un home doado, e son individuos doados o que necesita esta pesada sociedade que se desmonta e monta segundo os antollos desa clase de homes que habitan na cúspide. Refírome aos "homes virtuosos". Escribiu o poeta Blake: "Todos os homes virtuosos mostraron os seus traseiros".
Un "home bo" é distinto. O home bo ten a mirada limpa e o paso suave. Só un home bo aconsella a rebelión ante a inxusticia. Só un home bo sorrí dende dentro cara a fóra. Só un home bo rexeita as dádivas do emperador de turno. Un "bo home" non o faría nunca. Suso do Bahia é un home bo. E un home bo ben vale - dende a humildade sempre - unha boa homenaxe.
Agora, só quero facer o mesmo, en nome de todos os que o coñecemos. Grazas Suso, pola túa amizade, pola túa agarimosa compañía, por axudarnos a ser mellores persoas, polo tua fé, por deixarnos un recordo tan limpo, polo teu sorriso amplo e transparente, pola túa risa doada e intelixente, polos teus libros, polas túas clases encol da vida, polas tuas iniciativas de estudo e traballo, OS AVENTADOS danche hoxe gracias e ata sempre compañeiro.
Otero Regal


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
ESTES CATOLICOS NON SON OS DAS PROCESIONS
Un total de 300 membros relevantes do mundo eclesial, así como figuras da esfera pública, difundiron unha carta que expresa unha severa crítica contra a Igrexa e a súa xerarquía. No manifesto, impulsado por destacados teólogos, censúrase a cerrazón interna da institución católica aludindo, aínda que sen explicitalo, a temas como a eutanasia. Os que subscriben esta declaración critican, así mesmo, a incapacidade da xerarquía para escoitar, referíndose ao controvertido asunto do aborto, e reproban a actitude da Curia romana por polémicas como as suscitadas por Benedicto XVI respecto a condenar o uso do preservativo.

O documento de censura, dado a coñecer en plena Semana Santa, tivo importantes adhesións (en torno a un centenar de firmas destacadas) de figuras que pertencen a todas as ideoloxías políticas e representan a distintas correntes progresistas.

Así, aparecen como asinantes desta iniciativa Imanol Zubero, socialista cristián e profesor de Socioloxía da UPV; José Aguirre, teólogo e profesor da Universidade de Deusto, e Anxo Toña Guenaga, economista especialista en conflitos laborais. Tamén figura entre os que subscriben este manifesto quen fora secretario do Consello Pastoral Diocesano de Bizkaia, Bittor Uraga, quen dimitiu tras o nomeamento do Bispo Auxiliar de Bilbao, Mario Iceta.
A perda de credibilidade Conscientes do inusual do procedemento, os asinantes consideran que se facía necesaria a difusión pública dun documento destas características debido á "perda de credibilidade que sofre a institución católica".

Unha das principais críticas que se desprenden deste texto fai referencia ao "inxusto poder da Curia romana que deriva nunha serie de nomeamentos á marxe das igrexas locais e que busca non os pastores que cada igrexa necesita, senón peóns fieis que defendan os intereses do poder central.

Neste punto pódese ler o desgusto expresado pola Igrexa cos nomeamentos de Monseñor Ricardo Blázquez e de Mario Iceta, á marxe da opinión vertida no Consello Pastoral. "Estes nomeamentos de bispos -continúa o documento- teñen unha consecuencia, a man tendida cara a posturas lindantes coa extrema dereita autoritaria,".

Así mesmo outro dos aspectos que se censuran máis duramente é o autismo social que manifesta a Igrexa, pronunciándose totalmente á marxe dos asuntos máis candentes na sociedade. A incapacidade para escoitar -dise literalmente- fai que a institución estea cometendo ridículos maiores que os do caso Galileo... xa que hoxe a ciencia parece subministrar datos que a Curia prefire descoñecer, por exemplo en problemas referentes ao inicio e á fin da vida,".

eutanasia Los críticos fan así mención ás inflexibles posturas mantidas pola Conferencia Episcopal Española sobre o aborto, evidenciadas nas manifestacións do pasado 29 de marzo, ou ao posicionamento defendido polo Vaticano no caso da eutanasia practicada á italiana Eluana Englaro.

De feito, os asinantes do manifesto son teólogos, sacerdotes, diocesanos ou cristiáns de base dominados polo compromiso social e por levar unha pesada carga: a de comprobar como a Igrexa se manifesta, percíbese, enténdese e proxéctase á sociedade de forma errónea.

En canto ás rúbricas de procedencia estatal que sustentan este manifesto, destacan pesos pesados do mundo cristián: figuras como o xesuíta José Ignacio González Faus, cunha enorme produción teolóxica, ou como Juan José Tamayo, fundador da Asociación de Teólogos Juan XXIII.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRA SEMANA SANTA
Xa saben vostedes que os brutos dos romanos, en estraña alianza coa oligarquía e o pobo xudeu, liquidaron por estas datas, fai mais de 2000 anos, ao mesmo Fillo de Deus, ao que cravaron os moi salvaxes nuns madeiros e aí lle deixaron ata que se morreu -aínda que ben é certo que por poucos días-, segundo din, por asfixia, xunto a dous pobres mendas aos que acusaban de ser uns mangantes de tomo e lombo. Ben, pois os cristiáns, que son raros de narices, dividense nestas datas en dous bandos, uns póñense a escenificar o cabodano, ben en vivo e en directo, ou con imaxes, como no caso de Viveiro, donde medio povo se vota á rúa nun sinfin de actividades dirixidas mais para a galeria que para o espiritu e outros en lugar de estar negros polo evento que conmemoran, oian, que lles mataron ao pai fundador impunemente, pois vanse de vacacións.
A min, todo isto, nin me vai nin me vén, porque ademais todos os anos é igual, moito Xoves Santo, moito Venres Santo, e un faise ilusións, crendo que por fin temos un mundo sen deuses, reis nin tribunos, pero vai o Xesus de Nazaret -non sei como o fai- e resucita todos os anos ao terceiro día, que non sei por que o chaman terceiro, porque en realidade é o segundo, como calquera que saiba contar pode comprobar.
Ben, o caso é que os cristiáns, agnósticos e ateos que optan por coller unhos dias de asueto teñen na conmemoración do nacemento de Cristo unha ocasión como calquera outra para encherse de centolas, nécoras e moluscos bivalvos da máis variada índole, ou poñerse morado como a franxa da bandeira da república con churrasco, entrecot de terneira galega, porco celta ou ibero e demais delicias gastronomicas da bisbarra.
A conmemoración da morte e resurección é tamén unha magnífica oportunidade para votar unha man a o sector do turismo, hosteleria e afins que como moitos outros, sin contar co do ladrillo estan a pasalas tamen moradas neste norte galego.
Mais ala do respeto que profeso polas crenzas de calquera veciño,un a pesares de que foi a unha escola publica e ben educado, e de que acoquino relixiosamente, e nunca mellor dito, as esmolas correspondentes para que tanto os franciscanos da terceira orde como os de Santa Maria poidan sacar os santos á rua, quero dende aquí agradecer a “Xunta de cofradias” que non secundaran a intención dalgunhas confrarías de outras terras de levar algún signo visible ante o seu rexeitamento contra a chamada "lei do aborto". Unha vez mais as boas xentes de Viveiro non caeron na demagoxia e recordaron aquelo tan manido pero tan evanxelico de “ A DEUS O QUE E DE DEUS E O CESAR O QUE E DE CESAR”
Otero Regal
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
ASI E A POLITICA HOXE
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal