A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMO SON OS NOSOS POLITICOS?
Cómo son os vosos politicos?, era a pregunta ¨dun amigo curioso que aposenta as súas posadeiras ó outro lado do triángulo dos montes que nos separan de Castela e de outras terras que están alén da “terriña”. E a miña resposta foi , non se podía esperar menos, moi retranqueira, “Son como parecen, nin máis nin menos. O meu amigo quedou patidifuso, con cara entre perplexo e parvo.
O certo é que agora que lle din voltas a teima, non o teño tan craro, aquí nestas terras do norte galego temos tamén abondosamente politicos que non son como parecen e outros que non parecen como son, a miña resposta sufreu unha maior elaboración a que lle engadin unhas “pizcas” de sentidiño común e outras de “politica incorrecta”.
A miña reflexion inclue dous apartados , o primeiro seria A APARENCIA e o segundo A REALIDADE, sáenme asá catro tipos de politicos mariñans: Os politico estrela, os políticos ásombra, os politicos fachada e os politicos de telón de fondo.
Os POLITICOS ESTRELA son os politicos que semellan ser brillantes e , de certo, sono, son politicos que saben ver as suas accións, que pensan, que escriben, que actuan e fan cousas para a mellora dos seus veciños sin mirar cores e ideoloxias dos mesmos; ademais teñen unha imaxen pública moi atractiva, en resumen, son os locomotores da maquina politica.
Os POLITICOS FACHADA son aqueles que manteñen unha excelente imaxe publica, que son coñecidos e recoñecidos, Agora ben, cando escriben, cando pensan, cando actuan ou cando falan daste conta que a sua imaxen é moito mais solida que cá realidade.
A antitese son OS POLITICOS Á SOMBRA, actores relevantes da maquinaria politica que non aparecen nos mitines, nin nas comidas organizadas, que non teñen apenas visibilidade, pero que son moi competentes. Eu distinguiria aquí dous grupos: Os que saben resolver problemas de maneira eficaz e os que crean coñecemento e ideoloxia.
Para acabar tamen temos un grupo de politicos que teñen unha imaxe publica moi discreta, que se corresponde coa realidade. Son os POLITICOS TELON DE FONDO, con frecuencia son os que demostran unha maior capacidade de supervivencia. Miras imaxes ou periodicos de fai vinte anos e ali estan eles con a cara de “panoio”sonrrente, quizabes con mais quilos e menos pelo, pero aí están, como en un telon de fondo, amarrándose ó poder no que antes tiñan silla e hora tan so lles queda unha “banqueta” pero seguen anque sexa pasando de puntiñas.
En resumidas contas o lector pode facer un exercicio para manter en forma os seus “miolos” e clasificar os nosos politicos, alcaldes concelleiros, deputados e senadores da bisbarra seguindo o parámetro que lles suxiro.
Quizabes a pregunta do millón sexa .Cal é o concepto de Democracia que teñen os nosos políticos? .Pensan que democracia é soamente que se lles vote cada catro anos?
A resposta: un día destes
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
POLITICOS, PORTOS E AUGA
Unha vez mais confirmamos que tanto entre os departamentos das administracións tomanse decisións ignorando totalmente as competencias das outras. Esta vez trátase do dichoso proxecto para a remodelación do porto de Viveiro, un proxecto tan alabado por algúns pero repudiado por outros, e eso que ate este momento o nivel de escoñecemento das obras para a cidadania en xeral pódese calificar de nulo, posto que como de costume ningunha das administracións parece ter a ben expoñer públicamente o devandito proxecto
Só sabemos o que o alcalde dixo ou vendeu á prensa logo dunha visita ós mandamais de Santiago.
E como “O decir non ten cancelas” e xa estamos ate o moño de dimes e diretes que si museo para maña ou pala mañaciña ceo, que si non un sinon catro museos, que si edificio da Seguridade Social aquí ou acola, que si bienal de Maruxa Mallo, que si esculturas, que si obras aquí ou acola, pois eso que un xa non cre nada de nada.
Neste caso, despois de ser anunciado polo alcalde a dichosa remodelacion na que voltase a ocupar a veiraria, e voltase coa mania de furar perto da mesma, co caro e dificil que e facelo ben, mira que temos terreos donde furar, fálasenos de outro aparcamento suterráneo, de locais para alugar a nivel comercial e un montón de cousas máis ali , xunto donde nos paises civilizados deixan libre a vista ó mar, no noso caso a ria.
Tera que aprobar o dichoso proxecto por parte de Portos de Galicia, e de adxudicar a sua construcción por os millons necesarios, resulta que un dos organismos que ten que informar esta obra, Patrimonio, debiase negar en rotundo á volta a construir mamotretos a o ladiño mismo de un monumento nacional, A PORTA DE CARLOS I das Españas e V das Alemanias.
O mais curioso de todo esto é que o concello, como cos de antes e igual que cos de ahora segue caladiño, como os da procesion, non informa, non admite suxerencias , nin consellos e eso que “menuda tropa” nos goberna, craro que como sempre “por os feitos os coñeceras”.
Asi as cousas soio nos queda meternos na guerra da auga de tanta “sona” na actualidade e de paso pedir que xa que no Mediterraneo non teñen auga, os pobriños, pois que os investimentos en desenrolo , eso si, racional se fagan por estas terras de aquí, seguro que podiamos producir en invernadeiros tanto e tan boa verdura e legumes como en Valencia e Murcia, aquí podiamos gastar os miles de m3 de auga que fan falla cada dia para manter campos de golf, e aquí a bo seguro e por un precio razoable, non como sucede co enerxia electrica posdemoslles vender cisternas cheas de auga os da mediterrania, eso si soio poara beber os cidadan que xa viven alñi, non podian medrar nin seguir co especulacion urbanistica, xa que non teñen o ben primordial necesario para elo a auga, sairiamos ganando, a ben seguro Aragón e a España verde, pois aquí si temos auga, somos solidarios, e como dice o catecismo dos cristians dariamos de beber o sedento.
Si os nosos politicos foran “listos” estarian por esta labor e deixarian de vendernos lerias, para elo terían que mirar ben a hora de contratar asesores, e compañeiros de viaxe que sacaron o carnet do partido a pasada seman, entre outras “cousiñas” , esta craro, mais ainda como a lua chea.


Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2008 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA DE AREA PARA VIVEIRO
En Viveiro levamos 20 anos sen Plan Xeral de Ordenación Urbana, e o que che rondarei morena, ata fai pouco seguiamos rexéndonos por normas dunha época socioculturalmente superada, 1987, pero que foron moi útiles nos tempos que corren e moi propicias para especular artellando modificacións puntuais en función dos intereses do momento, marxinando os intereses xerais como se pon de manifesto nos convenios urbanísticos, mansardas que por arte de maxia se converten nuha “planta” mais, autorizacións de recheos na ría, utilización do litoral como lugar de asentamento de industrias molestas e contaminantes, carencia total de polígonos industriais e proxectos de estradas que suporán a demolición de núcleos rurais.
A pesares das directrices e dos fondos económicos recibidos pola Unión Europea, o saneamento inda non chegou a tódolos habitantes de Viveiro. A Estación Depuradora de Augas Residuias Urbanas non esta en funcionamento e os alcantarillados seguen facendo periódicamente verquidos á ria poñendo en risco a saúde da poboación e os xacementos naturais de marisco, moluscos e peixes da Ensenada da ria de Viveiro.
Ó mesmo tempo, empréganse cuantiosas sumas de diñeiro de fondos públicos para levantar edificios con supostos fins sociais que, ademais de permanecer valeiros de contido durante a maioría dos días, semellan efímeros monumentos ó narcisismo caciquil que nos mergulla por todas partes.
En época de contratos precarios no mundo laboral, neste concello apróbase a renovación da concesión da Aguagest por 30 anos, feito que se convirte na seña da identidade das privatizacións dos servicios públicos.
Viveiro, con tódalas súas contradiccións económicas, sociais e políticas, é unha vila asentada nun lugar privilexiado, tan importante que non é patrimonio exclusivo dos viveireses.
A Unión Europea ten recoñecido legalmente o espacio da desembocadura e cauce do rio Landro, como Lugar de Importancia Comunitaria i está incluído na Rede Natura 2000 como zona a conservar.
A este feito ten que corresponderlle a esixencia dun novo comportamento, dunha nova ética dos cidadáns baseada na obriga de conservar por riba de todo o espacio natural para exercelo dereito a disfrutalo e aproveitar a riqueza natural por medios exclusivamente tradicionais.
As autoridades de Viveiro, que teñen a obriga de garantir o dereito prevalente da conservación do medio ambiente, tal e como establece o noso ordenamento xurídico, permiten que o estuario do Landro e a propia ria de Viveiro estean nun proceso interesado de degradación rápida, para convertir as suas cualidades nun negocio privado de altísimo rendemento económico.
En Viveiro parece non ter vixencia a Lei de Costas, parece que os dereitos dos cidadáns semellan dádivas das autoridades nunha práctica cotián e permanente que trata de impoñer un estado de sumisión intolerable.
Dende aquí quero chamar a atencion os cidadans para que impidan que Viveiro, non seña convertido nuha esterqueira, un suburbio marxinal, ou mellor dito, nun paraiso da especulación.

Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
¿ACOSO LABORAL?

O alcalde constitucional de Viveiro, Señor Melchor Roel acaba de ser condeado por acoso laboral, o concello que recurreu a sentencia terá que pagar unha ducia de miles de euros a o acosado, que era ata fai pouco o enxineiro do concello, que facia labores de arquitecto municipal, cousa que nunca cheguei a entender, e menos despois de ter o desgusto de coñecer a o susodito persoaxe.
A verdade é que despois de ler a nova a un non lle queda claro nada desto que veñen a chamar xusticia, tampouco coñezo exactamente que feitos que se estaban a xulgar, pero coñecendo a forma de pensar e actuar do señor enxineiro, reconvertido en arquitecto polo último goberno do PP, a cousa cheirame a chamusquina.
As fechurias do técnico municipal son abondosas, os expedientes sin visar eran abondosos, as queixas mais abondosas ainda, e para mais cabreo dos usuarios tiña, o bendito home a mania de imiscuirse nos diseños arquitectonicos ata caer no ridiculo.
Recordo eu unha reunión de dúas horas no despacho da alcaldía na que estaba o alcalde, o enxineiro e o meu arquitecto, para tratar de razoar os cambios no proxecto de REGALXUNQUEIRA que impoñia o tecnico, aquello era o conto de “Queres que che conte o conto de boa pipa”, o curioso e que el poñia por diante sempre a patrimonio da xunta, tratabase de derruir unha fachada pouco digna que pora un apaño obrigado pola costrución do ponte novo de Xunqueira e sustituila pola actual , aquello non acababa e o alcalde, supoño que para xustificar o asunto dixo “Eu defendo os tecnicos do concello, entre outras cousas porque son os únicos que teño, o final decidimos que xa que patricio era quen tiña que decidir pois recurririamos a el, pero a desidia ou as maniobras do tecnico impidiron que os papelis chegaran a Santiago a donde os tiven que levar eu persoalñmente para que entraran antes das vacacions de verán, fallaron a meu favor, pero daballe a posibilidade ao concello de exixir outra modificacion do pepri, a donde tamen tardou en chegar os papeis, o quie orixinou que me pararan as obras, ainda asi no seu dictamen remachaba a cousa cunha imposición encol dos colores a utilizar, tiven mais agarradas co devandito señor que un dia, teño testigo, me espetou que el era moi rixido e exigente co urbanismo e coas obras, eu dixenlle que “Erelo conmigo, porque o 10% das buhardillas que se estan a visar en Viveiro son ilegais” el afirmou e meteuse no despacho”
Dende logo a sentencia , que foi moi aireada por o exalcade de Burela pidindo dimisions e todo, non na entendo,nin comparto, si se sigue a pe de letra esa teoria os concellos convertirianse non cuartelñillo de4 mangantes e folgazáns sin responsabilidade algunha, o alcalde ten que exercer como xefe de persoal e exixirlle aos funcionarios e persoal contratado que gañen o seu salario co sudor da sua frente, ou polo o menos que non pasen o día tomando café e sin dar golpe.
O rifirafe continuo que dende cinco anos vense a denrrelor en Viveiro entre o PP e O goberno municipal, con denuncuias e acusacions varias ten nesta sentencia o primeiro dos despropositos que quedan ainda nos xulgados de mais dunha ducia.
Neste primer capitulo parece que a chamada “xusticia”, quizás mais axeitado decir “in-xusticia”, púxose do lado de quen fixo a vista gorda tanto tempo. Agardemos que os casos que están no xulgado deixen a cada quen no lugar que debe estar, e ao final os culpables paguen por tanto despropósitos.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal