A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS TÓPICOS DOS NOSOS POLÍTICOS
OS TÓPICOS DOS NOSOS POLÍTICOS
A política é, na actualidade, un mundo cheo a reberquer de tópicos e palabras raras e moi alonxadas da linguaxe do cidadán.¿Alguén oeu algunha vez palabras como laminar competencias,substanciar, transaccional, uso da palabra ou invocar Algún de vostes utiliza habitualment laminar (competències), substanciar, transaccional, uso da palabra ou invocar?
E en tempos de eleccións cando se produce unha maior concentración de tópicos no idioma dos poíticos, agora, cando as municipais estáná volta da esquina e semán tras semán se presentaron as listas electorais, escóitanse cousas como "A nosa candidatura combina experencia e renovación". O 99% das candidaturas inciaron a súa presentación con este manido tópico, e de supoñer que estarán covencidos da súa absoluta orixinalidade. "O noso concello afronta nos próximos anos retos históricos". Esaxeran un pouco os nosos poíticos, evidentemente hisóricos son a toma da Bastilla, a primeira guerra púnica, Trafalgar, a Revolución dos Claveis ou a guerra contra os franceses, A mellora das corredoiras e unha cousa importante, pero non é un reto histórico, outra perla recollida dos papeis "A nosa é unha aposta de futuro".Imaxínase unha aposta polo pasado?. "Serei o alcalde de tódolos viciños, de aqueles que me voten e dos que voten outras opcións políticas ". Afortunadamente, o voto é segredo. Escóitase moito "En maiúscuaes". Perante a campaña todo e en maiúsculas. A política en maiúsculas, a cultura en maiúsculas, a participación en maiúsculas as parroquias en maiúsculas…e a política das letras grandes.
"Si os veciños me dan a sua confianza". Esta e unha das 69 formas diferentes de decir “ si me votan” , eso si, non utilizando a palabra votar, a cousa sucede por os efectos da normativa vixente encol das precampañas que impide pedir o voto.
Outro dos tópicos mais recurrentes nestos días de Marzo e o de "Os veciños piden un cambio". Esto soio o dice a oposición, os que detentan o poder non queren oir nada de cambio, eles preferen "Os veciños queren que continuen os proxetos que se puxeron a andar perante estos catro anos " A realidade crítica é que os viciños están mirando Cambio radical ou House.
Outra frase preciosa é a de "O noso concello ten que entrar no seculo XXI". A primeira vez que se utilitzou esta frase era alo por o ano 1980. ou sexa fai xa 7 anos que levamos no século XXI e seguen co mesma historia, e seguiremos escoitándoe o que queda ata as elecions, e un clásico que durará como as pilas esas do anuncio."Temos que dar resposta ós problemas dos viciños". O que teñen que facer non é dar despostas. O que teñen que facer é solucionalas.
Quizabes toda a poliítica, non soio a máis preta está chea de tópicos "Tiven un soño". Martin Luther King pronunciou estas palabras nun discurso no ano 1963; Quizabes seña hora de renovar o vestuario da dialéctica dos nosos políticos, tan aburridos eles, poño alguna idea encol da mesa, e sin coste, altruista que e un, “Ata cando seguirás abusando da nosa pacencia”, "No preguntes que pode facer o candidato por ti, pregúntate que podes facer ti polo candidato” ou esta "Antes de estas eleccións, 2.000 anos de història nos contemplan".
Ademáis, por os mesmos cartos tamén dou consellos ós candidatos mariñáns como: Escoitar més que falar. Esta é o quiz da question, é máis difícil do que parece. Non existe electorado, existen electores, son moi diferentes e queren diferentes respostas.
A realidade é complexa, a dialéctica poítica non pode ser simple, Abaixo os eslogans.
A democracia non ten que ser participativa, sinón deliberativa: A chave está en participar na construcción da solución e non na elección das alternativas.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2007 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
27 PARTIDOS POLITICOS MAIS
Xa esta...xa se acabou esta Semana Santa, de novo, con a constatación de que a pesar dos esforzos de Xudíos e Romans, o Nazareno voltou a vida o terceiro día, deixándonos con a famosa estrofa na boca: “…nin en deuses, reises, nin tribunos está o supremo salvador…”
E a outra cousa.....xa estan a volta da esquina as festas das aleccions a os concellos, no caso da Galicia, sorprendeme a noticia de hoxe no Progreso de Lugo...CREADOS NO QUE VAI DE ANO 27 NOVOS PARTIDOS POLITICOS.....TRES DE ELES EN LUGO....A o parecer tratse, na maioria dos casos de escisions do Partido Popular....entre os de aqui destaca UNION DEL PUEBLO RIBADENSE...manda carallo co nome...de un orixinal subido,,,INDEPENDIENTES DE BARREIROS.....ESTA HISTORIA..¿Non será unha trampa?...tempo o tempo....e a os politicos....a poñerse as pilas de unha vez...que o lobo esta asomando a orella detrais da fiestra.........
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2007 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
MAIS DE SEMAN SANTA
o pasar dos anos as cousas acaban cambiando o seu sinificado, festas que eran e xa non son, aqui o corpus tiña moita sona tanto no eido espiritual como no cultural, tiña danzas propias diante do santisimo para cada gremio, musicas...o mismo pasou cos maios, aparecen outras festas como O Naseiro.
Na miña nenez, visitabanse todas as igresias e capelas do lugar, na miña casa cociñabase peixe. Na miña memoria estan grabadas cousas como o silencio nas ruas,recollemento, tristura e meditacion, mais aló das procesions e a sua parafarnalia, viviase aquelo con mais seriedade. Agora, a realidade e totalmente diferente. Seman Santa, ou Seman Zángana -como alguns lle chaman-, converteuse en cualquer cousa menos unha data de recollemento espiritual, e se non pasen e bexan a noite de Viveiro, borracheiras a destaxo, berros cantigos bomitonas, calimocho....
Non son para nada relixioso, pero pareceme
extrano como unha data como esta, que non debería estar suxeta a moda, perdera tanta popularidade nos últimos anos.
Seman Santa e necesaria para descansar, pero pouco sentido lle vexo a unha efeméride para cultivar a alma que acaba como o rosario da aurora, e nunca mellor dito,desarrollando a vagancia e os vicios. As cifras de mortos disparanse, o consumo de alcohol aumenta..., no séi, definitivamente xesús nos queria demasiado... demasiado. Séi que Deus non inventóu aquela cousa de comer peixe, visitar iglesias, rezar e gardar axuno.... sea o fillo de Deus ou non, sufreu as mais terribles penurias por o ben da humanidade. Sea divino ou nou, creo que Xesús merece a sua efeméride. Despois de todo, morreu por un ideal e esto o eleva automáticamente por encima da maioría dos homes.

Está craro que ter sexo en Seman Santa no condenará a naide a o inferno; de igual forma ningún ser humano foi preso por cuestions éticas como rír nun enterro ou cousa parecida. Pero como a ética e algo tan individual, queda de parte de cada quen qué está bien facer e que non. Eu non vou a iglexa, esto faigoe por convicción, pero tampoco iréi a un Burger King ou cousa parecida,nin intentarei perderme bailando reguetton. Utilizo estos días para organizar o meu traballo deseñar pezas novas facer cousas . Ese e o meu regalo para Deus -ou quen sexa que esté alá arriba ou abaixo- e para aquél señor que fae tropecentos anos levou máis golpes que Rocky para que o noso decadente futuro llle paga desta maneira... ¿Ustedes que farán? (ou ¿qué fixeron?)






Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2007 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA CO CINE RELIXIOSO
Aunque no son o que se dice unha persoa creente, tampouco me levanto cada mañanan pensando en cántos curas vou a comer hoxe. Sempre que as circunstancias o permiten, o principio de “vive e deixa vivir” pareceme de mui saudabe aplicación, o de “vive y deixa morrer” dexamolo a 007.
Quero decir con esto que tampouco se me pode contar entre os oligofrénicos que en Nadal abogan por a eliminación dos belens das escolas, ou por sustituir a os Reises Magos da cabalgata por representantes de ONGs. En conxunto, gustame pensar que trato a Iglesia católica bastante mellor do que ela trata a os que pensan como eu.

Así que, unha vez deixado as cousas cras e o chocolate espeso, ¿Por qué narices cada Seman Santa temos que aguantar a mesma programación cinematográfica? Ben-Hur , Os dez Mandamentos ,Quo Vadis , Currito de la Cruz….. E un largo etc, e no no entendo.
Antes, pero moito, moito antes, cando o de Ferrol pasaba debaixo palio por as catedraes…. eran obligatorias estas cousas, musica crasica, cine religioso, nada de bailes, boites e discoteques, era obrigatorio non rirse e chorar moito, como obligatorio era ser católico practicante neste país … ¿Pero en 2007? ¿En un estado oficialmente laico? ¿Con seis canaes de TV nacionaes, unhos cantos autonómicos? ¿E seguimos recurrindo as películas de sempre? Porque, vamos, si se trata de exhibir cine católico, por o menos podrían facerlo con obras maestras, como Ordet, A Pasión de Cristo, a de Pasolini , A vida de Brian…..Pois non, da igual quen goberne neste pais seguimos a ter que ver cine religioso e encima malo.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2007 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
¿CRISPACION?
Agora o Partido Popular decideu que Polanco e o anticristo e, vaia que vaia, no e que a mín Don Jesús e os seus socios, unha delas me chimpou fora da Ser tras as presions do politico de turno, do PP, por certo, me faigan tilin tilin, non me parezen embaixadores da boa vontade. PRISA e un macrogrupo empresarial que nunca foi "enemigo de todos los poderes económicos", como dixo o seu xefazo, pero tras a persecucion do PP a un entranlle gañas de comprar un par de accions e xuntar catro perras para pagarse una páxina completa de publicidade no País.
E que estos da Gaviota están rozando o absurdo. Logo dicen que España estáse rompendo: pois craro. Eles mesmos están dinamitando España -non como ente cultural, sinon como sacrosanta unidade nacional,sinon a España deles, como estampa común de pandereta e 12-0 contra Malta: Están cargándose as institucions e as suas reglas de xogo.
Por sorte, o mundo mundial non e tal e como o ven e proclaman. E certo que temos un ambiente de crispación que como a merda esta chegando a rua e empeza a colarse por as tapas das alcantarillas , entra na cola da seguridade social,no cafetiño a media maña, pero....ademais do chascarrillo máis o menos abroncado, a vida real, a que e como a vida mesma no es nin de lonxe a que testifica Rajoy. estos estanse quedando soios na sua propia nube.

A realidade e que PRISA importame un carallo, e Polanco nin vo lo conto . Non e que me importe tanto a mezcla de frustración, indignación, vergonza e pena que siento cando o segundo partido estatal fae ostentación da sua falta de sentidiño comun da realidade. Dende aquí vo lo digo, amigos peperos: odiar no e estar vivo. Vivir e outra cousa.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2007 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRA SEMAN SANTA
Unhos acarrean os santos por as ruas e outros entenden e viven a relixion catolica de outra maneira.....a parroquia de San Carlos Borromeo, escenario de todos os horrores morais, segun o cardenal de Vilalva Rouco e os seus secuaces.
O ultraconservador cardenal-arzobispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela, mandou pechar a parroquia de San Carlos Borromeo, un dos poucos reductos da Iglexa comprometida que, alumada perante o Concilio Vaticano II, emprendera unha línea doctrinal e eucarística que a levaba a o lado dos que sufren, do sufrimento mesmo na realidade. a labor de curas como Enrique de Castro, ou o padre Llanos, supuxo dende o comenzo, unha incomodidade para a Iglesia dos pazos, luxo, despilfarro e aparencia .
Son xentes con unha novo e anterga fe, o mesmo tempo, que e a do servicio a os pobres e marxinados.
Trais anos de tiras e afloxas, a Iglexa feroz do Opus, Lexionarios de Cristo, Numen Dei, Camiño Neocatecumenal e outros, venceu a iglexa de Enrique, Xosé María, Pepe, María o de Mohamed si a Mohamed lle fae falta.
Desde fae moitos anos xa, e por diversas razons que van dende a vida mesma a evolución ideolóxica, o certo e que vivo mui lonxe da fe cristian; pero cada vez que teño noticia de un feito de estas características, sientoe como unha derrota. Entre esos curas roxos poido identificar a os meuos, a os que, como eu, pensan que a pobreza e a iñorancia son os maiores obstáculos para a felicidade del ser human. E que a felicidade e o gran obxetivo vital de calqueira de nosoutros, a nosa e a dos que nos rodean.
Por todo esto brindolles o meu apoio.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2007 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
COUSAS DA SEMAN SANTA EN VIVEIRO
Xa esta aquí a Seman Santa e un xa ten a sua penitencia (o mellor me levo un tirón de orellas por esto, pero sin resgo non hai Gloria). Escoitei unha chirigota de Cádiz que decía que o da Seman Santa e inexplicabel, non cambia de repertorio pero todos os anos e un pelotazo. Dende logo hai moitas cousas inexplicables da Semana Santa, non soio eso. Aquí en Viveiro temos unha Seman santa de sona, retrasmitena por TVG, esta declarada de interes turistico e move moita xente e cartos.
Por exemplo, sorprende esa manía de ir vestidos como los personaxes de aquela deplorable película 'Los Caraconos'. Buscando polo orixe dos capirotes encontrei que a cousa ten o seu orixe na Inquisición, cando as persoas que estaban castigadas por motivos religiosos impoñianlles a obrigación de usar unha pezaa de tela quelles cubriera o peito e a espalda e un cucurucho de cartón en senal de penitencia. Vamos, como cando poñías na escola "mi perro es muy Vonito" colocabanche as orlljas de burro. Igual, pero con un cirio.
Outra cousa, a cera, as ruas de Viveiro quedan todas chorreando de cera sintetica, na rua Zapateria, e raro o dia que non cae alguen espaturrado, igual que en os outros itinerarios procesionaios, dende logo os fabricantes de escaiola fan o agosto cos pes e brazos rotos, por as caidas.
Mais cousas, os tambores e cornetas, con tradición en Viveiro, e ahora mais, xa que copiaron outra cousa, esta de Teruel a tamborada de luns, e xa van duas a outra o da queimada en Agosto. Sinceramente a corneta e para min o instrumento máis desagradable que existe, sientoe por quen lle guste, pero e que me sae da alma. E un instrumento que ten un efecto retroceso moi perxudicial, principalmente para os pobres pais. E decir, o pai leva a o neno a procesión, o neno escoita as cornetas, o nenoo quere unha corneta, a ol pae ilusionalle que o seu fillo toque a corneta e comprilla, pero o pai non pensa no momento en que o neno perante. varias xornadas non para de facer soar a corneta, día e noite, por a maña e por a tarde con ese chillido afogado dla cornetita de marras, igual ou cousa parecida sucede cos tambores.
De perdidos a o río Landro, craro, xa que seguro que me rifan por esto vamos a sentencialo. A Seman Santa e unha excusa para emborracharse, como todas as festas de gardar, tanto pagans como relixiosas. Xa e sospeitoso que a sangre de Cristo que da o cura sexa viño, así que xa empezas a intuir por donde van os tiros e os troianos. Así que podíamos considerar as cofradías como asociaciones de botellón, máis ou menos.
Vale, admito que tamén teñen a sua parte de fe e todo eso, pero no nos enganemos, todas estas festas diseñaronse inicialmente para a inxesta masiva de alcohol, máis tarde o máis tempran. ¿Ou acaso me van a negar que a subida a San Roque dedicase básicamente a eso? Sí, o día grande a xente saca en procesion o santiño, pero ¿e antes? ¿Todos abstemios? Pa min que non.
Pero este ano ademais a Seman santa de Viveiro ten a gañar o record de “horteradas a esgallo”, antes lles poño a definición de horterada: Acción ou obxeto vulgar e de mal gusto, tratase da xenial idea de encher as facianas de Viveiro de grandes marcos con fotos de imaxenes de Seman santa, praza mayor incluido, dende logo o autor ou autores da idea deveron quedar calvos, dende logo tapar as fachadas das casas e Viveiro, invadir a estetica da arquitectura local cxon fotos de dudoso gusto da seman santa que se vive na rua na sua realidade e unha autentica hoterada.
Bueno, creo que despois de esto alguhnos me deixarán de falar e outros sacaráme en procesión... para tirarme a fogueira.

Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2007 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal