A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PILLOS E MENTIREIROS
“Non hai ningún risco de diminución da autonomia da área sanitaria da Mariña; está
Asentada, ten base poboacional moi grande, e non hai diferencias coa a de Lugo, son duas çareas distintas” Dito en lourenza o 3 de Outubro do 2009, por o Presidente de galica Rodríguez Feijóo. “A área da Mariña se mantén como está. O que facemos é unha área para coordinar todos os hospitais e toda a atención primaria da provincia de Lugo, como en Ourense” dito este venrres por a misma persoa en Santiago, trais o consello da Xunta”
Onde dixen digo, digo Diego. Prometer unha cousa e facer xusto a contraria. Mentir, por concentralo todo nun verbo que por estas terras nordesias conxúgase constantemente e con total impunidade, sen reproche social. Os Galegos temos, sen dúbida, outras virtudes; pero a de non recorrer á mentira non é o noso forte. Aquí o embuste, a pillería e a picaresca non teñen mala prensa. Son percibidas por moitos máis como virtudes que como defectos. Por suposto que nesta parte do mundo tamén hai persoas que non menten (ou que amenten pouco); pero é notorio que en restes lares a mentira, incluída a do subxénero político, é admitida e tolerada como o máis natural do mundo. De cando en cando recibe o rexeitamento e castigo que merecería. Evidentemente, a mentira é unha realidade universal, pero a docilidade e naturalidade coa que son encaixadas as mentiras máis notorias dos nosos políticos polo pobo é escandalosa. Mentir sae gratis e iso, claro, fomenta que o que recorre a iso reincida en valerse das mentiras indefinidamente, en vista de que mentir sáelle gratis.

Todos sabemos que en tempos de eleccións prométense moitas cousas que difícilmente poderán ser cumpridas, do mesmo xeito que todo vendedor esaxera os méritos da súa mercancía. E por si algún despistado non o sabía, o Vello Profesor, Enrique Tenro Galván, aquel memorable Alcalde de Madrid, deixóunolo ben claro: "as promesas electorais están feitas para non ser cumpridas". Iso din que dixo nalgunha ocasión, pero quizá tamén iso sexa mentira.
Eu desde estas parrafas dirialles a os politicos mentireiros: Caládevos. Caládevos dunha vez. Deixade de contaminar os medios, as noticias e o noso estado de ánimo. Deixade de facer comunicados e rodas de prensa, disolvede todos os chanchullos, depoñede os vosos privilexios e saíde coa cabeza ben baixa e as mans no alto.
Otero Regal

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2013 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
POR A NOSA SANIDADE
“A veces me duelen fieros los hígados y el riñón” Esta é unha frase do cantautor e poeta Jorge Cafrune cando cantaba as penurias dos peóns da pampa arxentina aos que tanto defendía. Pois a min pásame o mesmo, doenme feros os fígados e o riñón, revólvenseme as entrañas, ao ver e sentir como, dunha plumada (pluma contundente pero pouco a pouco, de forma doce, como para que non nos decatemos) se desmantela a nosa sanidade pública, conseguida perante anos co esforzo de moitos e para todos os cidadáns con iguais dereitos e garantías.
Teño mais de 60 anos e recordo cando na miña casa alguen enfermaba habia que buscar a Candia a fazouro ou a Foz e pagar por elo e si non habia el quedabase cos mellares terras por atender o enfermo, ou habia que recurrir o prestamista de turno para conquerir os cartos que costaba unha operación . Na miña familia eran labregos e non pagaban o “susidio” pois os poucos cartos que cegaban a casa eran para abonar a renta a Señorita de Covas, e comprar o imprescindible, a disyuntiva era ou comias ou pagabas o subsidio.
Con máis ou menos dificultades meu pai compaxinaba a agricultura con a carga de barcos e outros menesteres no porto de Burela e enton entrou a Seguridade Social na nosa casa, e desta forma puiden ver como se cambiaba a atención primaria desde os iniciais modelos de cupo, ao modelo actual dos centros de saúde onde profesionais especialmente formados para iso conseguiron altos niveis de calidade de atención aos diferentes problemas de saúde complementado despois con a chegada a bisbarra do Hospital de Burela que trouxo consigo mais e mellor atención e comopdidade a os habitantes mariñans.

Este modelo ademais e para todos os cidadáns, sen discriminación algunha pola súa condición social ou económica. Todos os cidadáns han ter ata agora dereito equitativo e xusto á atención de todas as súas enfermidades, sen límites, ou ao mantemento do seu saúde..
E creo que todo isto púidose facer porque o único interese ata agora era realmente o paciente e, en todo caso, si existía algún interese persoal era o de quedar ben, sentir o agradecimiento ou a satisfacción de ser algún día recoñecido por facer ben a cousas.
Pois ben, todo isto vai desaparecer a ideoloxia “ultra liberal” que nos goberna esta a rachar co conquerido, primeiro con o copago de medicamentos e ambulancias, despois co volta a ter que ir a Lugo, cruzar a Gañidoira e A Xesta para ver o especialista ou operarte, con as consavidas dificultades economicas e sociais de estes desplazamentos, sobre todo en unha población embellkecida como a nosa e o que vira logo….

Pois quero que as cousas sigan sendo como ata agora. Que hai que aforrar porque estamos en crise pois buscamos o xeito, pero que a crise non sexa unha escusa para cambiar un modelo que ata agora nos foir tan ben e que é un exemplo para toda Europa e posiblemente, aínda que ás veces soa a coña, dos mellores do mundo.
Otero Regal


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2013 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
OS CARTIÑOS E OS ALCALDIÑOS
OS CARTOS DOS ALCALDES
Alcaldes do PP de A Mariña manifestaron esta seman "absoluta oposición" á proposta de reforma da administración local impulsada polo Goberno, sobre todo no apartado que "recorta e por límites" aos salarios de concelleiros e rexidores. Reivindican a súa "entrega 24 horas" aos veciños e advirten, nalgúns casos, que haberá que "evaluar si volver presentarse".
Xa manifestei, en algunhas ocasions, que como unha maldición, esta a xurdir, nos ultimos anos unha nova crase de politicos na bisbarra que acuden as eleccions como tabla de salvacion economica, xa que non contan con un traballo estable para gañarse a vida, esto pareceme a min, moi perigoso xa que esta “xentiña” fara e acatara todo o que os seus “xefes” disctaminen, sin poñer ningun “pero” xa que de elo depende o seguir no banqueto do poder.
Si a ley que propon Montoso, ten éxito, concellos como Muras non poderán dispor de cartos para pagar a o alcalde, e o de Ourol só dispara de 20.000 euros o ano para este fin, os de Viñedo Alfoz, Ferreira, lourenzá, Barreiros, Xove, Mondoñedo, Cervo e Pontenova disporán de unhos 25.000 euros para os seus alcalde.
Foz, Burela e Ribadeo disparan de perto de 40.000 euros e Viveiro unhos 50.000euros, Asi as cousas moitos teran que voltar a o arado, buscarse un choio e abandonar a adicación exclusiva da que hoxe disfrutan.
Esta cuestión provocou malestar en alcaldes galegos de todas as cores políticas, con especial intensidade no caso dos populares, que non entenden a proposta do Executivo que lidera o seu xefe de filas, Mariano Rajoy. E é que, ao seu xuízo, esta é unha lei feita "de face á galería" e que denota "un aberrante descoñecemento" da realidade local galega.
Os nosos alcaldes tamen tamén opinan que non se pode meter man" só aos concellos, senón tamén ao resto das administracións. Poño como exemplo que os soldos propostos estan todos eles moi lonxe dos mais de 1116.000 euros netos, que cobra hoxe en dia Cesar Aja por mandar nos camineros do estado en Galicia.
A vida publica, chamada tamen Politica, terase que adicar a xente que este desposta a facelo sin mirar a carteira, sinon o servicio publico, e os concellos teran que funcionar mais en base a os funcionarios e os cargos directivos dos mesmos, e certo que moitos dos nosos concellos non precisan de tanta adicacion de alcaldes e concellais e si mais politica plural, de base e mais democratica.
Otero regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2013 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal