A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESCOLA DE LEO E ALÉN
Creo que hai unha cousa peor que non cambiar aquilo que funciona mal: Cambiar o que funciona ben. E ás veces en tempos convulsos, de diagnósticos rápidos e receitas milagrosas, corremos o risco de querer cambialo todo, ata o que non teriamos que cambiar. É como aquelas operacións estéticas en que o resultado é a eliminación de calquera indicio de estética, xa me entenden vostedes.

A escola de Leo e Alen: Eu non sei se a educación en Galicia funciona ou non. Parece ser que non. Isto din os que dicen que entenden, ou como mínimo quen máis falan de entre os que entenden. E, polo tanto, non opino sobre a Educación, así en maiúsculas e con voz grave, case acabada con do sostido. Falareilles do que si coñezo: A escola dos meus netos Leo e Alén, que esta en Vite, un barrio con mala fama pero moita zoa verde.

Leo ten oito anos. Ás veces fálame das montañas da comarca de Santiago e dos cumes que ve no horizonte. Ou distingue as nubes que cortan a liña do mar, cando ven a Viveiro: Sabe escribir con algunhas faltas e e un neno vivaracho e con moita imaxinación, un dia confesoume que el seria presidente da España para axudar a xente, pero a vez seria astronauta que e o que lle gusta. Fala mis castelán que galego pois os seus compañeiros de Vites son todos castelán-falantes e e o único da sua crase que non da relixion. Non fai falta que lles explique que domina todo tipo de artiluxios mecánicos coma se fose un parente afastado de de Bill Gates.

Alén é mais pequerrecho, casi 5 anos e vai contento á escola. Goza dos intres do patio. E si tu lle dis unha palabra el diche rápidamente cantas as ten, cantas b, cantas ces, e o seu truco de maxia e e un gran comediante.
Creo que non esaxero se lles digo que a metade dos compañeiros de Leo e Alen son estranxeiros, e o resto de etnia xitana. E non hai nin o máis leve indicio de problema. Todo iso funciona cunha disciplina ordenada, que non se impón a berros, pero que se fai respectar. As horas pasan dentro dos corredores do vello colexio de Vite, coa serenidade do conto “Teo vai á escola” que eu e sua avoa lles regalamos no seu momento.

Non entendo de educación infantil, pero creo que a escola de Leo e Alen ensina ben, educa, entretén, socializa, prepara, integra e cantos verbos transitivos máis. Debe de ter moito que ver as súas mestras, que coñecen o seu oficio como os ourives venecianos fan soprar o vidro ou como eu facendo cerámica. E que fixeron da súa profesión unha vocación. Ou a dirección. Ou a APA. Ou o edificio. Non lle lo sabería explicar con detalle.

Só permito dicirlles, sen querer facer da anécdota categoría, que me gusta a escola dos meus netos. Que se cambie todo aquilo que se considere que se ten que cambiar. Pero que non entremos na escola como elefante en unha cacharreria. Eu xa asinaría que a escola de Leo e Alen funcionase no futuro como funciona agora.

Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2011 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
CARA, INXUSTA E PERIGOSA
Para empezar, déixame dicirlles que a verdade, dígaa Agamenón ou a diga o seu porqueiro, nunca é absoluta. Ten máis arestas que un icosaedro. En cambio, a mentira adoita ser máis plana.
A enerxía nuclear é, MOI CARA, INXUSTA e PERIGOSA. Non necesitamos accidentes para asegurar que é perigosa: os riscos son evidentes e duradeiros. Uns científicos estadounidenses fixeron un estudo sobre a enerxía nuclear neste estupendo libro: Ciencias Ambientais. Se é tan cara? por que se usa esta enerxía? Moi fácil: Porque está subvencionada polos governos, e porque gran parte dos custos non os pagamos agora, senón que os pagarán outros, os nosos fillos, netos, bisneetos.
Recordemos que os residuos nucleares, e as centrais nucleares (aínda que se pechen), son contaminantes durante miles de anos (o Plutonio-239 ten 24000 anos de vida media). O cal lévanos ao CARÍSIMO que é “gardar” residuos nucleares durante miles de anos, Pagaremos por moito máis tempo ca vida dunha central nuclear, que debería ter unha vida máxima de apenas uns 50 anos, sempre se se mantén ben e se parchean os danos Non quero que os meus descendentes paguen pola electricidade que usamos AGORA. Aínda así, se alguén aínda ten a indecencia de afirmar que a enerxía nuclear non é cara, que poña prezo ao que están pasando a multitude de xaponeses desprazados das súas casas, ou obrigados a non saír delas. Ninguén vai pagar por iso, non hai seguro que o cubra.
O sucedido en Xapón demostra, de novo, que as centrais nucleares non son seguras. Con todo, para a industria nuclear, todo o que non sexa como Chernóbil non é nin sequera un accidente. En Xapón dicir que a situación está controlada é temerario. Ata se temos sorte e os técnicos logran refrigerar o núcleo, e oxalá sexa así, teremos unha serie de reactores cheos de auga de mar. O desmantelamento será extremadamente complexo. E xa temos moitas persoas que sufriron a radiación, moitas delas en tratamento. Hai vítimas das explosións. Non sabemos como está a estrutura das centrais. "Tsunami" é unha palabra xaponesa. Creo que é lóxico pensar que as centrais de Xapón debería estar preparadas fronte aos tsunamis.
Fai agora 34 anos, 10 de Abril do 77 trouxo a primeira grande mobilización cidadán da comarca, mais de 8000 persoas, desfiando o goberno post franquista camiñamos de Viveiro a Xove, baixo unha intensa choiva, cargados de ilusións e de consignas para transmitir ás autoridades que a maioría da poboación rexeitaba os plans nucleares. Contra a intención de Fenosa, e outras empresas eléctricas, de instalar unha central nuclear en Xove.
Aquela loita foi longa, máis de 3 anos, e houvo outra manifestación e camiñata, esta acabo na praia de Esteiro enfrente de Regodela donde sobre a “Faia do Aleman” querian poñer a nuclear, pero a perseveranza trouxo unha vitoria que permitiu salvar á esta terra da praga nuclear.
A labor de toda aquela xente aínda hoxe non é recoñecida públicamente como merecen. Temos unha débeda pendente.
Otero Regal
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-03-2011 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
SE EU FOSE DIPUTADO DIRIA NON

Se eu fose deputado,cousa que nunca serei, sen dúbida votaría en contra da intervención en LIBIA. Pero non porque non estea de acordo con que se free a Gadafi pola forza.
Apoio as revolucións que se están producindo nos países árabes, e espero que occidente non consiga o que busca desesperadamente desde que empezaron: manter o control do que sexa que resulte delas, desexo que explica a súa actitude pacata, cambiante, ambivalente e rastreira. Ademais, desexo que das revolucións árabes xurdan verdadeiras democracias, e fago notar que coa expresión «verdadeiras democracias» non quero dicir «democracias occidentais», senón democracias nas que a participación sexa algo real, nas que os partidos políticos e as institucións non representen ás elites, e nas que a relixión quede relegada ao ámbito que lle corresponde, que é o privado. , senón porque non me fío dos que están intervindo, e de cales son as súas verdadeiras intencións. E dunha hipocrisía espectacular que Gadafi sexa ata fai semanas «o noso amigo», ao mesmo tempo que de Francia, Italia.......

Pero ollo, non discrepo da idea da intervención militar: non quixésemos en España, durante a guerra contra o fascismo, apoio armado das democracias occidentais? Non fixemos cidadáns españois ao sbrigaistas internacionais que o desexaron, en agradecemento ao seu heoica inxerencia nos nosos asuntos internos? Pois iso.
Pero o mais fodido e que para darme a razón "Díxoo o Congresista Norte Americano Ed Markey á cadea MSNBC: "Estamos en Libia a causa do petróleo. E creo que tanto Xapón e a tecnoloxía nuclear como Libia e esta dependencia que temos sobre a importación de petróleo, pon unha vez máis de manifesto a necesidade dos Estados Unidos de ter un programa de enerxía renovable no futuro".
Pois so queda decir "amen" ou como lle decia a un amigo fai unhos dias que caeu do burro ideoloxico "Direiche como o garda de Betanzos: EU XA O SABIA.
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
NON XOVE NUCLEAR
O sucedido en Xapon demostra, de novo, que as centrais nucleares non son seguras. Con todo, para a industria nuclear, todo o que non sexa como Chernóbil non é nin sequera un accidente. En Xapón xa se detectou radiactividad a 150 quilómetros dos reactores afectados. Dicir que a situación está controlada é temerario. Ata se temos sorte e os técnicos logran refrigerar o núcleo, e oxalá sexa así, teremos unha serie de reactores cheos de auga de mar. O desmantelamento será extremadamente complexo. E xa temos mais de 200000 persoas que sufriron a radiación, unha parte delas en tratamento. Hai vítimas das explosións. Non sabemos como está a estrutura das centrais. "Tsunami" é unha palabra xaponesa. Creo que é lóxico pensar que as centrais de Xapón debería estar preparadas fronte aos tsunamis.
Pero como por aqui segue haber "parvos" que como fai 30 anos pedian que instalasen unha central destas en Regodela Xove, a saida da riua de Viveiro, daquela eu vivia en Xove e conanse cos dedos os que participamos naquela manifestación, e o mesmo en Viveiro, os politicos da epoca e posteroiormente choraban para que viñera, e o mais fodido e que os tecnicos mintireiros e vendepatrias decian, como ahora que esto era moi seguro, cando debaixo regodela pasa a "FALLA DO ALEMAN" que parte Galicia e orixina seismos de cando en cando.
Pero hoxe poño aqui unha entrevista feita fai unhos anos a PENCHA SANTAMARINAS encol de como sucedeu aquelo.

Petra Kelly apareció muerta hace quince años con un tiro en la sien
Galicia, ¿nucleares? Non, gracias
El Correo Gallego14.10.2007
La UPG se arroga el mérito de pararle los pies a Fenosa en Xove hace 30 años, pero se olvida de Pencha Santasmarinas, que lideró y coordinó la contestación social contra la central nuclear, proyecto desechado por las hidroeléctricas al saberse que la Mariña es zona de riesgo por sus fallas geológicas.
Por ROBERTO QUMATA

Chernóbil supuso el fin del mito nuclear. "Las centrales nucleares son auténticas ruletas rusas que juegan con el medioambiente y con la salud de generaciones enteras", subraya Adega, asociación que propugna a través de la reforma del Estatuto la declaración de Galicia como territorio desnuclearizado.

Pero antes de la catástrofe de la central ucraniana hubo un tiempo, un lugar y unas gentes que batieron el cobre para "termos unha terra libre do pesadelo nuclear".

En 1973, una funcionaria de Extensión Agraria de Viveiro, la compostelana Prudencia (Pencha) Santasmarinas, recibe una carta de su sobrino sin más señas que éstas: "Pencha, Viveiro".

Para entonces, Pencha se ha ganado una enorme reputación en virtud de su trabajo de campo con los labradores. Nuevos establos, silos modernos, invernaderos, traída de aguas, cursillos... La funcionaria aplica sus métodos docentes de maestra, explica, seduce y convence. Tiene prestigio, la Mariña se beneficia de sus innovaciones.

Como dicen quienes la conocen "está a agromar unha muller de acción", la Petra Kelly gallega que lo dio todo para abortar la instalación de la central nuclear de Xove, hace 30 años. Ésta es la historia de una mujer de izquierdas, la musa de Xove, "absoluta, profundamente desencantada".
El movimiento pacifista y ecologista mundial tiene el rostro de una mujer de acción, la monja alférez, la madre coraje: Petra Kelly. El martes pasado, 2 de octubre, coincidió con el quince aniversario de su muerte.

A los 32 años fundó el partido alemán Los Verdes. En 1983 organizó protestas antinucleares y por los derechos humanos en Berlín y Moscú. Ese mismo año participó en varios mítines y bloqueos en las bases militares norteamericanas hasta terminar con sus huesos en la cárcel.

En la playa de Morás, lugar de Regodela, municipio de Xove, iría el emplazamiento de la central nuclear. Fenosa desistió por fallas geológicas FOTO: ECG
En la playa de Morás, lugar de Regodela, municipio de Xove, iría el emplazamiento de la central nuclear. Fenosa desistió por fallas geológicas
FOTO: ECG
En los años 70, Alemania abusó de la energía atómica, cuando los desechos radiactivos eran –lo siguen siendo– un riesgo inasumible. En Suecia, recibió el Right Livelihood Award, conocido como el Premio Nobel alternativo.

En EEUU amplió estudios y a su regreso a Alemania con siguió reunir cinco millones de firmas contra la instalación de los misiles Pershing II.

En su idea inamovible de una Europa libre de armas nucleares, buscó soluciones no violentas entre la OTAN y el Pacto de Varsovia. Durante esta campaña se enamoró de Gert Bastian, alto mando del Ejército alemán, que abandonó su puesto, en protesta por la decisión de la Alianza de asentar más euromisiles.

Petra Kelly, que desde el Bundestag consiguió que la RFA se disculpara por el bombardeo de Gernika, apareció el 2 de octubre de 1992 con un tiro en la sien junto al cadáver de Bastian.

Casi al mismo tiempo, en Galicia, Pencha Santasmarinas participa de los mismos ideales de Kelly, pero sin apenas resonancia. Los artefactos caseros que estallan al pie de los repetidores de Fenosa como advertencia de una incipiente "loita armada" incluso no existen. El Régimen, todavía en dictadura, tiene un omnímodo poder censor.

Nuestra musa de Xove recuerda que hay un atisbo de Exército de Liberación Nacional, "pero yo no me veo haciendo cócteles molotov para estamparlos contra los postes de Fenosa".

Pencha estudia en el colegio de las monjas de San Pelayo, donde "me enseñan una forma de religión absolutamente culpatoria. Más de lo mismo, después en Emma. Bailar era pecado o, cuando menos, yo era objeto del pecado para él", o sea, para el muchacho de turno que le pedía un mambo en las fiestas de Sar , de Conxo o de la Trisca.

Gana las oposiciones de funcionaria y en su vida se cruza un sociólogo de la UPGA, Ramón Muñiz de las Cuevas, que le presta Sempre en Galiza. "Un libro que me toca el corazón y que me hace reflexionar sobre cómo puede haber un mundo diferente en cuanto a solidaridad, coherencia, justicia. Castelao me hace saltar desde la comunión casi diaria al marxismo".

Ramón Muñiz será su mentor político y quien la sumerge en las aguas bautismales de la ­Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG), formación que se nutre de Comisións Labregas –o sea, del trabajo de campo hecho a conciencia por Pencha– y de algunos curas de la Mariña.
Moncho Valcárcel, conocido por o crego de Sesamo, es uno de los religiosos más decididos en oponerse a la central nuclear de Xove porque, como insiste en sus homilías fuera del púlpito, "Galiza non é unha colonia".

La vertebración del nacionalismo, independentismo y ­frentismo gallego no es fácil al comienzo de los años 70; se hace proselitismo a base de ­panfletos y del boca a boca; su ­representación cuantitativa es apenas irrelevante.

Entre 1971 y 1972, los afiliados a la UPG no rebasan el centenar. "Eran Jesús López Suevos, Cuqui Fraguela, Paco Rodríguez, Bautista Álvarez, Beiras, que estaba en el PSGA, y pocos más".

Oculta a la novia de Reboiras en un período de loita armada
El 12 de agosto de 1975, la Policía del Régimen ensaya uno de sus últimos ataques de artillería: matar moscas a cañonazos. Moncho Reboiras, que trata de organizar la UPGA en el todavía Ferrol del Caudillo, es descubierto en un piso franco. Pese a escapar por el tejado, será un blanco fácil de los escopeteros de la dictadura.
Entre la muerte de Reboiras y la de Franco, el 20 de noviembre, Pencha pasa por los peores momentos de su vida. Ella no está comprometida con la lucha armada, pero se la obliga a buscar escondite para Elvira Souto, compañera sentimental de Reboiras. Antes, recibirá un encargo no exento de riesgos: encontrar acomodo para Ignacio, un militante que forma parte del brazo armado de la UPG, aunque no está fichado.
Pencha cree que, tal vez, alguna casa rectoral de los cregos levantiscos sea el escondrijo más adecuado. Finalmente, Ignacio se oculta en una casa escuela de Ribadeo, donde come a diario gracias a una mujer que, “sin comerlo ni beberlo”, se juega su empleo, su futuro y su linda cara. Todavía los policías de la Brigada Política y Social no han erradicado de sus manuales los métodos de tortura, pero doblan la vigilancia en las fronteras, sobre todo en la portuguesa posterior a la revolución de los claveles.
El domicilio de Ignacio por su condición de ‘talde’ (no fichado) es utilizado por Elvira Souto hasta que el grupo organiza su ‘muga’ (paso de frontera) a Portugal.
“¿Y estos libros?”, pregunta el teniente de la Guardia Civil. ­‘Operación ogro’ (Carrero) y ‘O pensamento político de Castelao’ ponen a Pencha contras las cuerdas. “Los compré este verano en Londres”. “Pues quémelos”, ordena el seducido oficial.

Mal de amores, los hombres que le gustan están casados
Pencha Santasmarinas lleva una doble vida. Proba funcionaria del servicio de Extensión Agraria de Viveiro, niega la imputación de “agitadora social”. Con el fin de descabezar el movimiento “¿Nucleares? non graciñas”, la Guardia Civil detiene a una de sus líderes. Pencha es trasladada al cuartelillo en cumplimiento de las órdenes del gobernador civil de Lugo. Un teniente llegado para la ocasión desde la capital no concibe que una chica tan guapa y tan bien vestida sea la muñidora del movimiento de contestación social a la central de Xove. El juez está en Mondoñedo, de modo que transcurren tres horas, tiempo sobrado para que el teniente le recomiende el matrimonio y la calceta.
“Pero es que tengo mala suerte en el amor; ¿no ve?, los hombres que me gustan ya están casados”. El halago impacta con tal fuerza en el militar que la situación de retención se relaja. Pencha llama a casa por teléfono para advertir en clave a la bióloga Pilar Delgado, compañera de piso, para que se deshaga de la propaganda clandestina.

Presencia, belleza y empleo selectivo del castellano salvarán a Pencha Santasmarinas de situaciones críticas. "¡Ei ti, ves ou non ves, joder!" es el estereotipo de la mujer radical en pantalones y jerséis hasta las rodillas", asegura. "Pero yo soy la antítesis, una chica muy mona, que va a todas partes muy arregladita".

Ante los poderes público y jefes policiales, Pencha pasa por ser una joven de ideas avanzadas, una ecologista que habla de salvaguardar la tierra, lo cual no entra en contradicción con las ideas del gobernador civil.

Precisamente, en una demostración antológica de frialdad, Pencha se presenta en el ­Gobierno Civil para amonestar a su titular: "Vengo a llamarle la atención". Después de recomendarle la lectura de la Biblia y de hacerle ver la división científica mundial acerca de la energía nuclear, "el gobernador, descolocado, me dice: ´Bueno, pero si usted ve algo raro, me llama".

Dos años después, en 1979, el engatusado regido comprueba que la número uno de las listas de Bloque por Lugo es Prudencia Santasmarinas, sin que ésta haya coreado "Esta terra é nosa, non de Fenosa" o "Galiza Ceibe, poder popular".

Pero hay que volver a 1977, al 10 de abril de 1977, curiosamente un día después de la legalización del PCE. Comisións Labregas, que es el sindicato que domina Pencha, aplica el sentido común: "Galicia exporta energía eléctrica en abundancia", por tanto, los planes de Fenosa, ­Eléctrica del Viesgo e Hidroeléctrica del Cantábrico de explotar una central que actuaría con uranio enriquecido, cuatro generadores de 900 megavatios y un reactor de agua ligera pueden convertir la zona de Regodela, en la llamada playa de Morás, en un ­basurero.

El grupo cultural Sementeira, que asimismo maneja la maestra compostelana, es una formidable plataforma de sensibilización popular. Tan pronto el ingeniero Pedro Costa Morata toca las campanas a rebato, es decir, en cuanto descubre el plan de las hidroeléctricas y coloca en el fiel de la balanza los inconvenientes de la energía nuclear, casi dos mil personas se reúnen en la sala de Os Verxeles.

Será la asamblea más multitudinaria del nacionalismo ­gallego que desembocará en la famosa marcha sobre Xove el 10 de abril de 1977 y en la que ­intervienen los catedráticos de la ­Universidade de Santiago ­Bermejo y Beiras, el citado ­Costa Morata y los ingenieros de Fenosa.

Un mes atrás, Pencha, camino de París, se rompe una pierna. Conduce escayolada durante los once kilómetros de una marcha que, convocada por Comisións Labregas, es apoyada por la ANPG, los Comités de Axuda á Loita Labrega y Erga.

Es buen momento para entonar el We shall overcome de Joan Baez que Xosé Luis Grande traduce como el Venceremos nós, pero ocurre lo imprevisto. El PCG, con Rafael Pillado a la cabeza, trata de robar protagonismo a los auténticos promotores de la manifestación, que no son otros que los sectores del nacionalismo gallego. Pese a todo, los enfrentamientos y empujones no pasan a mayores.

El PCG, eufórico por la legalización, se arroga un protagonismo que no encaja en el doctrinario del PCUS. Hoy, la Rusia heredera, sigue ostentado el tercer puesto mundial en número de centrales nucleares (31), es el primer basurero nuclear del planeta, su tecnología peligrosa y obsoleta quedó al descubierto en Chernóbil y se afana en construir 60 centrales más en los próximos 25 años.

Lo más doloroso, según apuntan a EL CORREO participantes en la marcha, es que "Pillado chupó cámara" de televisión, más proclive al hecho de la legalización del PCE que al parón del proyecto nuclear.

Pencha Santasmarinas arroja ese 10 de abril la toalla ideológica porque percibe que ni siquiera un hecho de tal relevancia – "Nucleares. Non, gracias"– es capaz de unir a las distintas facciones del nacionalismo gallego, probable y taimadamente disgregado por la izquierda estatal. Por eso, y desde Xove más que nunca, se enfatiza en que la UPG es el partido de los coroneles.

En definitiva, la central de Xove no existe treinta años ­después gracias a loitadoras ­como ­Pencha y a que Fenosa, vista las fallas geológicas de la zona, nunca se hubiera atrevido a culminar el proyecto nuclear.

Reproche a la izquierda gobernante: “Jamás he visto tantas trapalladas”
La Agencia Internacional de la Energía elevó sus previsiones de consumo mundial de productos pretolíferos. Esta semana, el precio del barril de crudo ha batido récords estadísticos. China y la India se beberán las pocas reservas que quedan. El panorama energético es catastrófico. En este contexto, más Kioto (cambio climático) las nucleares vuelven por sus fueros.
Pencha Santasmarinas, sin embargo, repetiría lo hecho en Xove en 1977. Para ella sobran argumentos: la seguridad, el riesgo de accidentes, de sabotajes y de atentados terroristas, el medioambiente y la salud, las emisiones gaseosas radiactivas, en modo alguno las nucleares evitan la emisión de dióxido de carbono, el problema de los residuos que están socializados y corren por cuenta del Estado.
Las convicciones ideológicas de la musa de Xove han ganado, pero en las personales se siente derrotada, pese al innegable avance de las conquistas de la mujer (mariscadoras) cuando el campo del feminismo estaba en barbecho.
“Estoy absoluta, profundamente, desencantada. A partir de ahora votaré en blanco”. Jefa de Servicio de la Xunta en Pesca, Agricultura e Igualdade e Benestar, se cree “rota”. “¿Este es el cambio que (las mujeres de izquierda) hemos propugnado?”.
Para esta funcionaria que se jubilará en febrero, “el favoritismo, amiguismo, incompetencia y sectarismo rayan niveles intolerables. Jamás he visto tantas trapalladas. Empiezo a dudar si en las actuales izquierdas hay gentes de izquierdas. Ya no creo en los partidos políticos, y sí en las listas abiertas, los movimientos solidarios, en la sociedad civil. Co sectarismo non se fai nada polo país, é o seu peor inimigo”.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-03-2011 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
NON SOMOS IGUAIS ANTE A LEI
Xa sabemos que, de feito, non somos todos iguais ante a lei, que hai privilexios, prevendas e tratos de favor segundo o nivel económico, a posición social, a profesión, o parentesco e outras circunstancias, que establecen diferenzas, preferencias, clases e, en suma, unha vexatoria e inxustificable desigualdade entre uns seres humanos e outros.

Sin embargo o artigo 14 da Constitución establece que todos os españois de a pé, son iguais ante a lei e non pode haber discriminación por razón de nacemento, raza, relixión, sexo ou opinión. Pois ben, non é esa a impresión que teñen os cidadáns. O 68,8% cre que ese precepto constitucional non se cumpre; é máis, o 82,6% di que os xuíces favorecen máis a unhas persoas que a outras. Entre os mellor tratados están os ricos, segundo o 48,6%, e os políticos, de acordo ao 26%. Son datos da sondaxe do Centro de Investigacións Sociolóxicas de febreiro.
Dende logo si eu fora xuiz ou xuiza caeriame a faciana de vergoña, por como opinan de min e da miña profesion os paganos que cos seus impostor pagan o meu salario.
O retrato que debuxa o último estudo do CIS é demoledor. Os tribunais non son a institución peor valorada, reciben unha nota de 4,6, moi por baixo dos 6,3 e 6,1 que reciben a Garda Civil e a Policía, e por encima do 3,3 do Goberno e o 3,9 do Parlamento, pero cando se consulta aos cidadáns sobre as súas actuacións saen bastante mal parados. Apenas o 14,3% afirma que os xuíces tratan por igual a todos os que acoden a eles.

De cando en vez, teño a rara costume de follear na rede o Boletín Oficial do Estado, ao final do mesmo e sen ningunha publicidade, (non vaia ser que a xente decátese), aparecen publicados os indultos que as autoridades pertinentes teñen a gracia de conceder. Pois velaquí que na relación deses indultos. (Polo si ou polo non, aínda que son datos públicos porque están no BOE, omito os nomes pero poden velos ustedes, como fixen eu, aparecen os cargos polos que estaban condenados e as penas que tiñan).

Algúns casos, chaman a atención poderosamente, que non vedes a ninguén que estea inculpado por atracar nunha tenda ou por cousas desas que adoitan facer o común dos mortais que están en prisión agora mesmo?.
Está claro que todas as persoas non somos iguais, hai xente que sae na tele todos os días inculpada de defraudar, de roubar, de suborno, de prevaricacións, de mentir, de enganar a miles de persoas ou miles de millóns, de atentar conta a saúde dos demais ou contra o dereito dos “currantes”, e seguen saíndo na tele mentres gastan a súa fortuna, van ás súas douradas festas nos seus luxosos coches ou cos seus choferes oficiais?
AH, ESTES INDULTOS ESTÁN ASINADOS POR JUAN CARLOS DE BORBÓN, REI DE ESPAÑA E O MINISTRO DE XUSTIZA FRANCISCO CAAMAÑO DOMÍNGUEZ e en todos eles, a condición para ser indultados é durísima da morte: "a condición de que non volva cometer delito doloso no prazo de cinco anos desde a publicación do real decreto" .
Otero Regal
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
MEDRA O DESVARIO

“Pecha a oficina medra o desvarío, os peixes amotinanse contra o dono do río...”. Que ben o escribe Sabina a puro huevo espido. Describe punto por punto un virus xenético, contaxioso, expandido, arraigado e que cada dia que pasa asentase en toda a veciñanza. Pero isto da crise non vai só de pasta gansa, empregos da Diputación en tempos de eleccións, nin lista do INEM ou como chamen agora a ese departamento inútil donde dicen que encontran emprego os parados e que e unha das mais burdas mentiras do século XXI.
Vai de solucións a marteladas, como a deses negocios donde o dono ollándote con cara de “mameluco napoleonico” che crava un diñeiral, por unha cervexa, unhas aceitunas que levan abertas unha seman e unha crara donde a gaseosa tampouco ten gas, en unha rua, de pe e decindo que e unha terraza e donde un tipo decia que xa podía fumar...

Vai de princesas de barrio televisivas con tetas de plástico pagadas pola avoa que van a un casting de presentadora sen estudos pero con escote. De pequenas empresas que sobreviven a base de ética e de negocios que perden a estética e ata a cara porque non teñen vergoña. Crise no taxi, que a sofren e moito, pero algún non se preocupa de ventilar. Crise na voz dunha oficina que che responde que suspende unha semana o servizo porque se lle estragou o ordenata ou o fax. Non sei que é peor. Se a súa resposta sen ruborizo ou a do taller que tarda unha semana en arranxarllo. Porque pechan pobres empresarios que caen en desgraza e outros se manteñen con vida por unha graza que debe ser divina.

E máis desordes que me atopo entre lusco e fusco. A crise dun mundo de auga ligado á miña infancia e á miña vista desde a fiestra.
Está terra esta tan enferma de crise que xa non ten sorriso. Cortáronllo e esta seman de Antroido lardeiro, as facianas de plastico que alguns poñen sobre a careta diaria que manteñen todo o ano serán de tristura grisenta . Porque hai que aforrar, pero en todos os concellos levantan os chans que pecharon onte por unha obra para levantar os que pecharán mañá pola seguinte. E entre levanto e levanto, tiro porque me toca aínda que non teña permiso nin decencia para tirar (ou levantar, que aí está a questión). O aforro en combustible e o malgaste de tinta co que se asinarán as multas de máis de 110. Crise de valores, crises de ideais, crise do carallo, e sobre todo crises de políticos de todo a cen.

Pero o Sabina e quen o mellor o di: No vencindario á hora do rosario nin carne nin pescado, dáme outra pastilla de Apocalipse/Apocalipse now mentres apolilla o libro vermello de Mao.. crise no ego, todos ao talego, crise no adoquin. Crise de valores, funeral sen flores, dólares de calcetín. Crise na escola, quen non corre vola, sexo, drogas, rock and roll. Crise nos ósos, fotos de sucesos, cotos de caza menor.
Século XXI, desesperación, este ano os reis meigos deixan carbón. Crise no ceo, crise no chan, crise na catedral. Crise na cama, cada soño un drama, un euro é un dineral.
Crise na lúa, a deusa fortuna debe un ano de aluguer. Crise con ladillas, manchas amarelas, pánico do día despois. Crise na moda, firma e non me fodas.
Otero Regal



Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
¿TEN SENTIDO UNHA CANDIDATURA INDEPENDENTE?

Claro que si, e mira si teñen que coñezo a xentes que sosteñen que as candidaturas locais non deberian ser apoiadas ou patrocinadas polos partidos políticos. Os Alcaldes son figuras locais, que constrúen redes e confianzas máis aló dos partidos nos seus concellos. Aínda que o apoio partidario é útil no proceso de campaña, principalmente en termos de financiamientno, tamén ten desvantaxes no sentido que divide á comunidade, que apela ao compromiso partidarios máis que á persoa do candidato.
No contexto legal en estamos as candidaturas independentes, Viveiro, O Valadouro, Foz, Barreiros e Ribadeo, por ahora son un mega desafío, porque o sistema está feito para impidir que estas existan. Por iso, a aventura que emprenden é tremenda e é unha aposta (das poucas que hai) que abren camiño cara a unha lei electoral máis aberta e máis inclusiva.
O mundo está cambiando e a crise dos partidos políticos é mostra diso, hoxe estamos chamados/as a re-encontrarnos como persoas .
En termos da necesidade de contar cunha lexislación que permita maiores posibilidades ás candidaturas independentes. Tal vez esta é unha oportunidade para sacar aprendizaxes concretas a os partidos e os presuntos lideres locais, comarcais e provinciais, que coa sua prepotencia e mal facer originaron divisions nos seus partidos.
O apoio dos partidos políticos entrega financiamiento e temas grosos, globais, que se sitúan en axendas locais. As candidaturas independentes poden ser máis fieis aos intereses que as fan nacer, unha oportunidade de levantar temas locais e intereses colectivos dos territorios en que xorden. Agora ben requiren dunha seria condución e apoio organizacional de sectores, membros da candidatura e xente simpatizante.
A chegada das candidaturas independentes e na práctica, á "real politic" como lle din, onde claramente o contexto de poder, político e social é determinante para o éxito dunha campaña independente. E outra cousa é que pasa unha vez que se gaña como expós, é dicir, como se governa.
As candidatura independentes (casi prefiro chamala candidatura extra-partidaria) é unha resposta a un crise. Creo que estamos fronte a un conflito global de participación cidadá.
Hai moitos que queren participar no “publico, pero a institucionalidad deixou isto para os partidos políticos na lóxica de "conquistar o poder". A construción da ETICA PUBLICA, como aquel lugar onde converxen intereses colectivos. (da sociedade civil, as empresas e o Estado) e asi o posible exito dunha candidatura extra partidaria, seia canalizar a converxencia dos intereses colectivos da comunidade en vista a un anhelo ou visión colectiva, baseada no respecto eá dignidade human de todos e cada un dos habitantes do concello. Iso implica facerse "condutor" dos intereses colectivos. Isto require un traballo inmenso de base social.
Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2011 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
ARREMANGATE MARIA ARREMANGATE

Ala por finais do 70 sae un disco de Petapouco, un grupo pachangueiro e divertido que facia música de bailongo en galego, no disco tiñan unha cancionciña de ritmo tropical que empezaba cantando: “Eu veño de Uruguay falando inglés ninguén me entende……..arremángate Maria, arremángate…..”. Este motivo ven que nin posto para empezar o sermón de hoxe, que xira entorno a unha noticia saida nos papeis esta semana na que Melchor Roel, alcalde de Viveiro volta ás andadas co Interventor municipal o que volta a acusar de poñer a zancadilla que mantén bloqueados os cartos comprometidos con a Xunta de Cofradías de Semana Santa, tratase de 32.458 euros que ten pendientes do ano pasado e que estaban adicados a sufragar a edición do “libro-Pregon de Seman Santa do 2010
As pegas do Interventor veñen dadas por que o Concello non pode desembolsar ese diñeiro dado que se incumplen un dos apartados do convenio subscrito entre as partes. En concreto, o que establece que a Xunta de Confrarías debe empregar a lingua galega na publicacón.
O alcalde que veu de Uruguay falando un chapurreado, e en tantos anos como leva aquí non foi capaz de falar o idima de Rosalia, di que eso son caralladas e que o libriño de marras, donde colabora a flor e a nata dos literatos, historiadores e outras herbas de Viveiro, “fora editado en lingua castelá porque se distribúe en todo o territorio español e o seu principal obxectivo é difundir a Semana Santa de Viveiro”. Intervención tamén pon reparos porque a Xunta de Cofradías non entregaron toda a documentación requerida.
Un na sua infinita inocencia, cria que os convenios son para cumplirse, e si dice en lengua galega, ten que ser en lingua galega e si non leelo antes e poñer en lengua castelá, romani ou flamenca ou balona, por outra parte o libriño-pregón en questión non pasaria nada si fose en galego, e un idioma facil de comprender por quen queira facelo e, diga o que diga o rexidor a maioría dos que o folleamos e coleccionamos somos indíxenas e falamos a lingua indixena por naturaleza, o galego.
E aproveitando que o Landro pasa por debaixo de Xunqueira, quixera pedir ao alcalde constitucional de Viveiro, que entre cervexa e cervexa vaia a algunha crase nocturna para expresarse ben na nosa fala, xa vai séndolle hora de facelo, e ademais ese asunto vai incluido no soldo e no cargo, ademais quen humildemente llo pide e un votante, crarificando que e xerundio, que co seu voto ustede ten o poder e o cargo que ten.
E, para acabar deixille un anaco de un romance de Dario Xoan Cabana:
Xa se fala nos lugares onde lle era antes vedado, inda que hai quen a discute porque hai moito desleigado. Inda hai pais que son contrarios a que a aprendan os seus fillos sexa porque non o pensan ou que os movan catro pillos. Este noso antigo idioma é unha lingua de cultura e é vergoña pra un galego non falala con soltura. "O galego que non fala na lingua da súa terra, nin sabe o que ten de seu, nin é merecente dela".
Otero Regal

Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2011 07:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal