A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E TU DE QUEN VES SENDO?
Din que e duro ser funcionario. É moi duro. E non o digo de broma, non. É moi difícil conseguir un posto na Administración. Moi difícil. Boten a conta: hai que preparar oposicións, estudar temas inverosímiis, esperar a que se convoquen prazas, acumular puntos como interino, competir contra miles de candidatos, ter sorte no exame... En fin, hai que facer todo iso ou, que carallo, cada vez que un acude a un concello de A Mariña encontrase con novo persoal contratado a dedo, a pregunta que eu me fago e “E tu de quen ves sendo?” Foros Tiros ou Troians quen te meteron aquí?. Hai que dispor dun bo enchufe. Pero é que ata isto ultimo, dispor dun bo enchufe, tamén é moi complicado: hai que coidar os contactos, non significarse demasiado, facer política sen que se note, levarse ben cos cuñados (que nunca se sabe), soltar indirectas aos enchufadores, non comprometernos nin comprometer a ninguén, esperar o momento, ter paciencia, ter moita paciencia... Imos, que se mire por onde se mire, isto de traballar para a Administración é moi, pero que moi complicado.
Se cadra por iso, porque é tan difícil entrar, resulta igual de difícil saír. Pouco importa o ben ou mal que se faga o traballo. Pouco importa, ata, que nin sequera haxa un traballo efectivo que realizar. E pouco importa, en definitiva, que, realmente, estéase achegando valor engadido o pais. Hai que armala moi gorda para perder unha praza de funcionario. Fagan vostedes mesmo o cálculo: A cantas persoas coñecen que deixen de ser funcionarios? A unha? A ningunha? E a cantos funcionarios coñecen que merezan deixar de selo? Pois iso. Non digo máis.
Fai anos, coñecín a algun funcionario-a que era un desatre, estaba ida, non facia nada e cando facia era o que a el- ela lle…... Un desastre. Non ía a o traballo e a metade dos días, 'pasaba' de todo, non se podía contar con el-ela para nada... Si. Pero ninguén o botaba. Ninguén se atrevía a facelo. Ninguén se atrevía a pór o cascabel a ese gato. Si era interin ou tiña a praza en propiedade, non sei si entrara por enchufe ounon. Non o sei. O que si sei é que pasaban os meses, e os anos, e mantiña o seu posto de traballo. Era evidente que non o exercía ben. Estaba claro que había persoas mellor capacitadas que para facelo. Ninguén discutía que había xentes claramente prexudicados pola súa incompetencia. Todo iso era evidente, incontestable. Si. Pero ninguén lle quitaba o posto de traballo porque, claro, como era unha praza fixa...
Que non é normal que dispoñamos duns sistemas de entrada tremendos para acceder á profesión de funcionario e que non dispoñamos case de sistemas de saída para deixar de selo. E que en definitiva, non é normal, que, por medo a non tomar decisións valentes que poñan no seu sitio aos funcionarios que non funcionan, esteamos facéndolles a puñeta á inmensa maioría de funcionarios que si funcionan.
E é que, ao final, as vítimas de todo isto somos eles, vostede e eu.
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2010 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal