A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CAINISMO POLITICO
A Asociacion cultural Os Aventados entregou onte os seus premios anuales, no apartado de ARDELLE O CARRO “Adicado a aquelas persoas, animais ou cousas do norte galego que se distinguiran ao cabo do ano pola sua nefasta xestión no ambito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio”. Acordou a concesion do premio en o : CAINISMO POLITICO
Definido como: Actitude vengativa contra os propios familiares, compatriotas ou amigos:
Prescindir da xente válida e deixala tirada no camiño converteuse no auténtico deporte da política en A MARIÑA. Non hai partido que ao achegarse uns comicios non desperdicie unha parte do seu capital humano por vendetas orgánicas que tanto confunden ao elector e, a longo prazo, tanto dano fan á propia organización.. Este ano levouse a palma o PP de Viveiro, Ribadeo, Foz…., aínda que o PSOE tamén fixo méritos a estallo e o mesmo sucede no BNG. Donde a UPG segue a gardar o timon con vento e marea.
Non se trata de debuxar aos arrumbados como héroes, os partidos políticos están máis que necesitados de persoas con proxección e con nome propio. Xentes traballadoras, con coñecementos cultura e bon facer e que proxecten ó exterior unha militancia popular moderna e renovadora.
Sen embargo prefírese a xente mansa, con poucos escrúpulos e que saiban doblar a rodilliña ante o “lider” de turno, cando non trasfugas e chaqueteiros do cal temos unha boa colleita entre Tiros eTroianos.
Nesta MARIÑA NORDESIA os debates politicos , arránxase, entre escuridades, malos cheiros e prevencións, por exemplo, Igual ocorre coa sensibilidade que domina a análise da escena electoral. Polo fenómeno antes descrito, case todos renegan da práctica que medios e 'expertos' chaman "bipartidismo ou tripartidismo aquí en Galicia". ¡Pero se non existen os partidos! Existen cúpulas con capacidade de movilización electoral e, dentro delas, minorías clientelares que fan da administración pública o seu botín.
E o vicio compartido é que os concellais non teñen liña ideolóxica porque se designaron co dedo por xefazos, xefitos e xefones da hedionda clase
política que todos, menos os devanditos, quixesen ver enterrada. Que exista liña ideolóxica e selección directa. Iso habería que esixir. E non enredarse nas ramas da fragmentación ou do regulamento.
A cultura política cainista do país ten tanto peso e carga tanta culpa de o que somos e seremos no eido socio economico que de non cambiar esta desfeita cada vez a xente de ape, cansarase de que lle tomen o pelo e cada mañaciña cedo recordaranse dos antepasados dos nosos politicos, como rito e devoción.
Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-03-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
GRACIÑAS A TODOS; POIS DE BEN NACIDOS E SER AGRADECIDOS
Os Aventados distinguiron a Alfonso Otero Regal como “Aventado de honor” pola súa “traxectoria artística e socio cultural, que culmina coa declaración da Xunta, para o seu complexo industrial, como Museo Regal Xunqueira”
El Homenaje a Sito Otero Regal, en el MUSEO PROVINCIAL DEL MAR, declarándole AVENTADO DE HONOR, por su trayectoria artística y socio cultural, que culmina con la declaración de la Xunta, para su Complejo Industrial, como MUSEO REGAL XUNQUEIRA. Glosó su figura, Pablo Mosquera. Entregaron, al artista, una reproducción de plata de la primera página de A Maliña de Lugo, el Diputado de Cultura y el Alcalde de Cervo, y cerró el acto, el vicepresidente de Os Aventados, OTERO REGAL.
De ben nacidos e ser agradecidos, por eso subo aqui o que foi o meu agradecento a dito homenaxe:
Como Pablo Mosquera, a quen eu bauticei, mellor dito rebauticei fai tempo como o “home que se adica a dar o golpe adecuado na espalda no momento máis oportuno” anduvo decindo por aí que a Otero Regal os Aventados ímoslle dar o sábado o que se merece….Un ..coa mosca trala orella…pensou…non vaia ser que me den unhas labazadas…non seria a primeira vez, un contructor unha vez intentouno, descontento el por as miñas informacions encol dun edificio, mellor dito bodrio que ainda pervive no conxunto histórico de Santa Maria de Viveiro…. Outro, un dia nun bar da travesia escoitou que lle dera un infarto a SITO, era outro Sito, non eu, e soltou pola súa boca de piñon aquelo de Alegrome oxalá morra de unha vez ese fillo de……..
Pero como Pablo e bó e xeneroso, amigo dos amigos penséis que nada malo me ía a dar, por eso preparei un agradecemento, por si acaso.
Non vou a decir aquello tan cheo de tópicos de que non o merezo, non o esperaba etc etc…..asi que graciñas polo que ten de golpe na espalda, morreu un amigo, mellor dito quixo morrer e eu estou convencido de que foi por falta dun golpe na espalda, un empuxonciño deses que suben a moral do que os recibe, e fácil, moi fácil aquí nestas comidas anuales vímolo, adular e pelotear a xente cando esta arriba, cando cae poucos, moi poucos se recordan del.
"Decia Isaac Diaz Pardo que cando empezan a entregarlle a un medallas, títulos e recoñecementos e que un está xa para o arrastre, un está bello. Nesta, cansado e un pouco vello -avó de verdade, diría eu-, e a recoñecer este agradecemento , sinto que os ollos se me rasgan e a voz queda detida nalgún lugar da miña memoria, ese espazo no que escondemos as cousas boas, as mellores".

Cre que a honra depende máis do que outorga o mérito que do que o recibe, polo que expreso a miña gratitude a quen propuxeron o galardón, personalizados en Pablo Mosquera.

Considérome unha persoa afortunada, amigo dos seus amigos" e "amante deste país que se chama A Mariña, a min xa o sabedes gústame mais chamarlle RIAS ALTAS-NORTE e das súas xentes", e sentome feliz vivindo e laborando aqui.
Quero por ultimo dar gracias a toda a xente que dunha ou outra forma me axudaron a chegar ata aquí, amigos, compañeiros en mil falcatruadas e especial a miña compañeira Fina Ramallal Bouso, xa vamos para 40 anos amiga tirando do mismo xugo, a miña filla Renata, gran artista, licenciada en Belas Artes por a San Jorge de Barcelona e doctora en HISTORIA DO ARTE por a Uniersidad Centrtal de Barcelona con CUN LAUDEN, profesora e nai de Leo e Alén os nosos netos, a meus pais( a él soterrámolo antes do Nadal, ela Anxela vive en Nois donde eu nacín perto de 60 anos), xentes que trabilla cada dia con nós e a vosoutros…moitas gracias , alí na Xunqueira tedes a vosa casa, os vosos museos, as vosas exposicións a vosa biblioteca e a min por si queredes votar unha parrafada ou tratar de arrancar o mundo mundial. Gracias.
Otero Regal


Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
OS NIN-NIN E O SENTIDIÑO COMUN
Nin entendo nin me explico que exista unha xeración de críos que nin estuda nin traballa. Nin comparto nin aplaudo que unha cadea convértaos en protagonistas dun programa de televisión (aínda non saio do meu asombro ao ver que no telexornal desa cadea ofrecían como noticia un revolcón de dous destes adolescentes). Nin comprendo nin perdoo que uns pais permitan que a súa filla se levante da cama a diario á unha, acenda o ordenador, se poña diante e non mova o cu da cadeira mercada en Ikea co soldo de papá ata que xa non queda ninguén con quen chatear. Un día, e outro, e outro máis... Sete de sete.
«Nin estudo, nin traballo...», dinlle ao psicólogo ao que lles levan cando xa non poden con eles. Nin achego, nin sumo, nin vivo, nin sinto... Pero saio na tele fumando os porros que me pasan a cambio da paga da avoa, teño coche que me mercaron os abós e tamén me dan cartos frescos para a gasiofa. «Ninguén me entende», protesta ante a audiencia un mozo detido por condución temeraria. É unha vítima. Vítima de que esta sociedade acomodouse fai tempo. Vítima de telo todo. Vítima de perder a capacidade de esforzo. Do fácil. Do asqueroso concepto do éxito. De gañarse o aplauso por dicir vulgaridades gritando moito... Agora os héoes non manexan máis de dez palabras.
Somos unha terra chea de novos ricos, de merdáns sin memoria e asi nos vai. «É unha idade difícil», di a mami que lle daba ao crío todo o que pedía se choraba moi alto. Claro que o é. Unha idade de andar perdido. Foino para a miña avoa, criada sen televisión. Para ese pai que deixou de estudar e aprendeu un oficio. Pero non foron 'ninis'. Nin idiotas nin vagos. E agora algúns manteñen a parásitos sociais pensando que así fan ben a súa tarefa.
O peor de todo e que índa non nos damos conta de que estes mozos son o resulatdo da súa educación. Que a rabecha de pequeno pedindo un cochecito, que lle daban sempre porque así ao neno daba menos a lata, converteuse nunha agresióm en toda regra cando se lle nega un capricho.
Que o permitirlle de pequeno deixar todo tirado porque facerllo recoller levaba moito tempo, converteuse nun caos en casa co que non se pode convivir.
Que o xustificar todas as suas feitorías porque o neno era moi salado e supuña moito esforzo enfrontarse a el cada día converteuno nun tirano que está convencido de que a súa familia está aí para satisfecer todos os seus caprichos sen necesidade de dar nada a cambio.

Otero Regal

Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2010 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
MAIS DO CLERO
Como a miña cliantela, parte dela, ponse moi toreira con o tema do abuso de curas a nenos-as, pois volvo a o tema para elo collo o post de Escolar:
Polas súas palabras coñecerédelos
Tag: Estratexias oblicuas ? Ignacio Escolar 7:33 am | [Menéalo]

Palabra de Deus e, no seu nome, dos seus representantes na Terra.

Bernardo Álvarez, bispo de Tenerife: "Hai adolescentes de 13 anos que son menores e están perfectamente de acordo e, ademais, desexándoo. Ata se che descoidas, provócanche. Isto da sexualidade é máis complexo do que parece".

Walter Mixa, bispo de Augsburgo: "Os abusos son en parte froito da revolución sexual". "Os cargos responsables na Igrexa adaptáronse demasiado ao espírito da época, que propagaba a resocialización en lugar do cárcere".

Silvano Tomasi, arcebispo e observador permanente do Vaticano na ONU: "Dentro do clero católico, só entre o 1,5% e o 5% dos relixiosos cometeu actos deste tipo?. ?Non se debería falar de pedofilia senón de homosexuais atraídos por adolescentes. Non son pedófilos, senón efebófilos".

Antonio Cañizares, cardeal e presidente da Congregación do Culto. "Atácannos para que non se fale de deus; peor é o aborto?. Do mesmo teórico: ?Non é comparable o que poida pasar nuns cantos colexios cos millóns de vidas destruídas polo aborto".
E sorpresa....O sobriñisimo de Rouco Varela, non somente os Borgia metian a bispos os parentes....

Afonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo. "A natureza humana é débil, fráxil e tende ao pecado?. O seu tío, Rouco Varela, non di nada, pero unha sentenza do Tribunal Supremo, si: o Arcebispado de Madrid, que dirixe monseñor, foi condenado por encubrir a un cura pederasta.

Pero a cita que o resume todo é de onte e chega de Roma. Do propio Papa, Benedito XVI: "O que estea libre de pecado, que tire a primeira pedra?. E ten razón. Quen non abusou sexualmente dun menor algunha vez? Quen non dirixiu unha organización que encubriu a pederastas no seu seo durante séculos?
Comentarios (26) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2010 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
O CREGO E OS NENOS
Bueno..xa temos un bueno mais........
VAMOS A CAMBIAR un pouco, un chisco o blog, este servira como exemplo, mais carnaza, mais leña a o lume...
Primeiro poñeremos o post normal, como sempre aderezado con ilustración, como sempre, despois un apartado novo REFRANS, os refrans son como os Haikus xaponeses, en catro palabras dise moitas cousas, son a ideoloxia do povo mais sabido e por ultimo outro novo apartado OS RUMOROSOS unha especie de aquelo de DICESE, COMENTASE etc etc .
E Ahora un craro exemplo para empezar.
POST DE HOXE:
O CREGO E OS NENOS
Collido e traducido de blogs.publico.es/trabajarcansa/2010/03/20/que-le-dice-un-bro...

"Como proba da miña profunda preocupación escribín unha carta pastoral sobre esta dolorosa situación dos abusos de menores." -Benedito XVI, Papa da Igrexa católica.

Contareino como un chiste, aínda que non dá risa: Isto é un executivo de Wall Street que entra nun bar. senta xunto á barra e descobre ao seu lado, nun taburete e cabizbajo ante un whisky, a un cardeal do Vaticano, co seu sotana, solideo e todos os adornos habituais.

¿Monseñor, atópase ben??, pregunta o broker ao purpurado, que suspira e fala en voz baixa: Regular, fillo, regular. Non levantamos cabeza cos casos de pederastia. Cada vez saen máis denuncias, e non fixo máis que empezar. O Santo Pai está desesperado, non sabe que facer para salvar a imaxe da Igrexa. Estamos en crise.?

¿Crise??, responde o executivo, sorrindo. ?Diso eu se moito. ¡Crise! Fai un ano estaba eu como vostede, afundido e pensando que era o final. E míreme agora. Tan tranquilo. Se quere, podo darlle algúns consejillos.? O cardeal vírase e tómao polos ombreiros: Por favor, fillo, cóntame como o fixestes.

Explicareillo con sinxeleza, di o executivo, que saca o seu blackberry para mostrarlle un powerpoint. O primeiro é deixar claro que se trata de casos illados, individuais, que nada teñen que ver co funcionamento do sistema. Nós culpamos á cobiza duns cantos; vostedes poden denunciar a luxuria duns poucos. Pero que os fieis teñan claro que non hai nada no sistema católico que favoreza eses abusos. Nin o celibato, nin o segredo, nin as relacións de dominación, nin a homofobia, nada. Todo é culpa duns poucos pecadores, mazás podrecidas que hai que apartar.?

Segundo, propósito de emenda. Xa me entende. Prometan algo grande, xeren expectativas: digan que van a refundar a Igrexa, que aprenderon a lección, que non volverá pasar.?

Cres que funcionará??, pregunta o cardeal, cun brillo nos ollos. Claro, pai. Nós xa conseguimos que a culpa da crise sexa dos traballadores, dos seus soldos e a súa baixa produtividade. Se me fai caso, nun ano acabarán botando a culpa aos nenos, por ir provocando. Pedimos outra copa??

AHORA O REFRAN:
SARNA CON GUSTO NON PICA.

AHORA OS RUMOROSOS:
Din de un concellal de facenda de un concello do norte de Lugo, tamen dita A MARIÑA, que ten o concello moi, pero que moi endeudado, son casi todos. o que lle chaman MISTER 30% ¿Por que sera?
Bueno picariños Que vos aproveite a nova A MALIÑA DE LUGO
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
A CULPA E DO CHA CHA CHA

“No ano 2010 o sistema de pensións do estado español crebará senón facemos nada” esta era a afirmación categórica que facían os gurús da economía nos anos 90, e chegamos xa ao 2010 e resulta que o pronóstico converteuse nunha gran mentira, polo tanto que credibilidade nos merecen as opinións que hoxe din o mesmo que máis de 10 anos atrás?
Nada, nadiña do que pasa e culpa déles e menos dos que máis teñen, senón dun obxecto pernicioso chamado popularmente condón e polos científicos cultos de alta voó: preservativo.
Aquel dispositivo de tacto suave, que de dependendo de con quen se vai ten que ser pequeño, mediano ou grande, pois si non pode esbarar e facer o efecto contrario o que pretendiamos a o utilizalo. É o grande responsable dos grandes males da humanidade, e en algúns lugares do mundo por non utilizalo noutros por utlizalo en demasia, como casi sempre si vai por que vai e si non vai…..

Xoan Paulo II xa tiña razón cando nos dicía das súas maldades e nósoutros, dalle que che pego, veña e veña a utilizalos cantas máis veces mellor, algúns ata os gardan para ensinar aos amigos os que utilizaron nun fin de semana. Pero non só Xon Paulo II tiña razón, tamén en D. Manuel Fraga cando nos dicía que tiñamos que facer máis galeguiños e galeguiñas.
Iso de levar a contraría aos que saben ten os seus perigos, agora resulta que iso de tanto fornicar por puro pracer obseso e non polo que é natural, que vimos a o mundo para procrear e ir a misa de 12, nos ha chegar a maldición divina, non como raio trasparente sinon en forma de chantaxe, se seguimos utilizando o condón quedámonos sen pensión.
O berro ás manifestacións do 23 F era unánime “menos condóns e máis pensións”, nos medios, os grandes analistas económicos din que aínda estamos a tempo se nos pomos a iso , enméndase fornicar a destaxo, todo o mundo, se deixemos de utilizar o condón, e tampouco val facer trampas e menos a tan socorrida da de dar marcha atrás, senón comezamos agora o 2040 acabaráse a pesadelo que só nos quedarán os condóns pero non as pensións.
A pesar de todo, os que teñen que seguir utilizando condóns son os economistas, banqueiros, poderosos e cagabandurrias en xeral, a ver si temos sorte e se así desaparece a súa descendencia, coma mínimo intelectual, por decatarnos das mentiras que todos os días nos explícan e que se algún perigo teñen as pensións son esta xente que todo se vale para recortar dereitos sociais.
Otero Regal
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2010 07:30
# Ligazón permanente a este artigo
CHAQUETERISMO E CARA DURA NO PSOE
Resulta difícil atopar seguidores de equipos de fútbol que por moi mal que funcione o seu equipo, sexan capaces de cambiar a camisa para facerse do equipo rival.

En política todo é diferente, chama a atención o chaqueterismo ideolóxico, que algúns xustifican contándonos algo así como que cando un é novo, está ben ser progresista, pero aos corenta se as cousas van ben toca facerse de dereitas, pero o máis curioso é que o afirman cun desprezo manifesto á condición humana, como ríndose de quen non é capaz de facerse conservador cos anos.

Resulta sinxelamente repugnante; evidentemente un pode evolucionar como lle plazca e votar como mellor convéñalle, pero a ideoloxía é outra cousa, os principios elementais que un ten e sitúanlle como persoa, teñen maior fundamento que o diñeiro e a posición que un sexa capaz de conseguir traballando ao longo dos anos. Os problemas sociais e a desigualdade non son os mesmos mentres existen?.

Outra cousa é pasarse alén, sen máis argumento ideolóxico que a posición social, pero aquí non hai nin principios nin ideoloxía, o que pasa é pura mezquindad humana, que é a que prima nesa forma de vivir contemplándose o ombligo a si mesmo. Puro narcisismo ou onanismo simplón, incapaz de sentir que a vida e os problemas son parte dunha colectividade que precisa de sentimentos e compromiso.

Consecuencia deses cambios temos un vaivén permanente de politicuchos sen escrúpulos incapaces de defender unha posición dentro do seu partido, e como cando non se ten nin vergoña nin máis interese que o persoal, xorden eses personaxes chamados tránsfugas capaces de traizoar aos seus compañeiros, ao seu partido, e aos cidadáns que depositaron a súa confianza, con tal de propiciar un cambio que lle beneficie a titulo persoal. Trátase de mal nacidos sen escrúpulos.

Atopamos estes personaxes de todas as cores, os mais soados Tamayo e Sáez, posibilitaron un golpe antidemocrático na Comunidade de Madrid, pero resulta e a cousa sigue esta seman e noticia A "fichaxe" do vicesecretario xeral do PSOE de Ourense, Eladio Fernández, por Xosé Manuel Baltar é un golpe de efecto en toda regla, tanto para os socialistas, como para a dirección do PPdeG.
Pero estes nefastos ejemplos temolos aquí na nosa casa o PSOE de Viveiro que un craro ejemplo de “mezcladillo” politico e amparo de chaqueteros de todo signo e condición, recordemos a concelleira que era do PP ata o dia despois de presentala como numero dous da candidatura dos socialistas “fixeme do PP para que lle deran un traballo o meu marido” seique xustificou o persoaxe, pois o marido que segueu a ser do PP e ahora o Secretari o de organización da agrupación local , o “chaquetero” chamase Oscar Gonzalez Piedra e ahora foi elegido representante de Viveiro no comité provincial xunto con a peor concelleira de cultura dos gobernos democraticos de Viveiro a Señora Concepcion Toral.
Un supón que un personaxe é elixido dentro dunha lista en representación do partido que lle presenta, pero non, se é elixido pode actuar como mellor convéñalle e o seu partido como Don Tancredo mirando o mar.
Se cambiar de ideoloxía pode resultar grotesco e deleznable, defender o contrario do que sente, sentir o fascismo nas veas e aplaudir a democracia, ten que estreñir unha chea, iso non se cura nin rezando; que cara teñen algúns.
Comentarios (26) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
O PP DE VIVEIRO ANDA REVOLTO
Pódese ser bo, pero non bobo. Pódese ser amable, pero non pardillo. Pódese ser solidario, pero non inxenuo. E polo visto, pódese ser do mesmo partido politico, pero non amigo.
A pesar de que o evanxelista Mateo deixóunolo dito fai case dous mil anos, e de que o bo de Abraham Lincoln recordóunolo hai pouco máis dun século e medio ao iniciar a súa primeira campaña para o Senado, no Partido Popular parecen empeñados en non quererse decatar diso que calquera escolar estadounidense minimamente aplicado sabe recitar de corrido: “que todo reino dividido contra si mesmo será devastado; e toda cidade ou casa dividida contra si mesma non permanecerá”.

E así lles van as cousas en Viveiro, Foz, Ribadeo e o que che cantarei morena: con Cesar Aja e Leal rivalizando na arte do esperpento político, mentres unha suposta candidatura independente móstrase disposta a irromper no escenario para converterse na terceira pista deste surrealista circo; e cos seus electores ?en realidade: todos os mariñans? desayunandose cada mañá cun novo despropósito que desafía a súa capacidade de asombro, mentres a vantaxe nas enquisas que a proverbial torpeza económica de Roel puxera en bandexa aos populares vaise disolvendo como un azucarillo nunha pota de auga fervendo.

O máis sorprendente de todo é, con todo, a escasísima entidade desas letais disputas. Servidor leu, cunha dedicación digna de mellor causa, ducias e ducias de informacións, comentarios en este blog reportaxes e artigos de opinión sobre a crsis dos populares en Viveiro sen que deles logre extraer a menor brizna de información sobre en que difiren os proxectos políticos duns e outros, e sobre cales sexan as insalvables diverxencias ideolóxicas e programáticas que a día de hoxe están fracturando ao Partido Popular e que poderían en boa medida xustificar eses odios sarracenos entre os seus líderes. O que abona a tese de que detrás do obvio ?que as disputas entre uns e outros, non obedecen senón a rifas persoais? non hai senón o máis absoluto dos baleiros.

Aínda que ben mirado, tamén asombra, e non pouco, a impericia coa que o lider popular a nivel provincial, o sr. Barreiro que ademais, en teoria e o numero dous do PP, despois de Feijoo estivo manexando esta perigosa espiral de enfrontamentos no seo do partido que en principio debería encumbrarle á Presidencia da Diputación Provincial. Sorprende excesivamente que alguén que ao longo de toda a súa carreira política afanouse en labrarse unha imaxe pública de home sensato, fiable, previsible e cheo de sentido común, manexe tan mal este rosario de crise que se estende por toda a provincia, A Fonsagrada, Chantada, Sarria….. Porque se equivocada estivo esa política de deixar facer, deixar pasar coa que intentou durante meses esquivar as distintas crises do partido na provincia de Lugo, máis errónea aínda parece esta nova estratexia de disparar primeiro e preguntar despois que nas últimas semanas parece haberse imposto enViveiro.
Otero Regal

Comentarios (43) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
REGALXUNQUEIRA: XA SOMOS MUSEO

A Xunta recoñece como colección visitable a compilación etnográfica e de cerámica Regal-Xunqueira en Viveiro
SANTIAGO .- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pretende revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.

O Consello da Xunta recoñeceu, autorizou e cualificou como colección visitable a compilación etnográfica e de cerámica Regal-Xunqueira, que garantirá a permanencia dun proxecto innovador na recuperación do patrimonio industrial galego. Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pretende revalorizar unha mostra destacada da arqueoloxía industrial galega no ámbito dos curtidos e, pola súa vez, converter o complexo nunha plataforma de difusión da historia do proceso de elaboración da cerámica.

Este proxecto contribuirá a difundir unha das partes menos coñecidas actualmente do noso patrimonio cultural en todo o relacionado coa arqueoloxía industrial, creando un punto de referencia nunha futura rede centralizada en Sargadelos. Esta iniciativa é un elemento de vertebración na comunidade en que se insire, a Mariña de Lugo, por mesturar a tradición artesanal na elaboración de cerámica e a reación dunha plataforma de dinamización cultural. Deste xeito, búscase diversificar a oferta turística da comarca, permitindo desestacionalizar o turismo e achegar visitantes aos concellos do interior.

Os fondos do complexo son de tres tipos: fondos museográficos, (que inclúen dúas coleccións, a artística e a etnográfica), biblioteca especializada en arte e fondos documentais da antiga curtiduría. A colección artística dos fondos musegráficos está formada por obras pertencentes ás arts aplicadas (cerámica) e ás belas artes (debuxo, pintura, escultura…) expostas, na súa maior parte, no Centro de Arte Cerámica incluíndo moldes, matrices e estudos sobre a creación dalgunha das obras expostas. A colección etnográfica está formada por pezas procedentes da fábrica de curtidos expostas no antigo muíño e documentos da antiga curtiduría.

Con estes fondos téntase dar a coñecer, por unha banda, tanto a historia da fábrica de curtidos como o proceso industrial que se levaba a cabo, desde a materia prima que se utilizaba ata o produto elaborado, e por outra, o proceso de elaboración das pezas cerámicas.

Fábrica-museo

O complexo Regal-Xunqueira comprende unha área aproximada duns 2.140 metros cadrados distribuídos en diversas edificacións e dependencias, así como unha zona central dedicada a xardín. Nesta parcela desenvolveuse ata o ano 1962 a actividade industrial dunha fábrica de curtidos que chegou a ser a máis grande de Galicia.

Despois dunha intervención arquitectónica que permitiu tanto a rehabilitación total da parcela como a dos edificios que a compoñen, as antigas instalacións convertéronse nun complexo onde se mesturan a elaboración de pezas cerámicas e a actividade museística e cultural. Dentro do taller de cerámica están incluídos o obradoiro de pezas orixinais, o obradoiro de barros, de decoración e retocado, de xerigrafía, de invitados e bolseiros, fornos, secadoiro, almacén de moldes, almacén de serigrafía e de matrices. Xunto á area de cerámica está a área comercial que consta de tenda, oficina e almacéns.

As instalacións que abranguen a área cultural son o Centro de Interpretación da Fábrica de Curtidos, o Centro de Arte Cerámica Regal, unha biblioteca especializada en arte e cerámica, a editorial, sala de actos, sala de exposicións temporais, zona de exposición de escultura no xardín central, taller e residencia de bolseiros.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2010 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
SON FEDERALISTA
Son federalista. O federalismo sempre foi unha das palabrasa clave da historia da politica liberal contemporánea.
O principal problema do termo “Federalismo” é que os independentistas e os soberanistas (Diriase dos independentistas light) temen que a sua adcripcion a o federalismo leve consigo unha renuncia a o “Estado”. Por eso nos últimos tempos produceuse unha curiosa mutación : Os nacionalistas comvertíronse en estatalistas galegos e por tanto abertamente antifederalistas. Neste tema o problema non é de arquitectura, sinon de arquitecto.

O principio rector do federalismo e a organización do territorio e a sua administración:. Todo o que se poida facer a nivel inferior na administración que non se faga a nivel superior.
Por eso o átomo do federalismo son os concellos ou no seu defecto de minifundismo, como pasa en Galicia, a agrupación dos concellos. E non só porque no ADN da democràcia encontramos a polis, a cidade, sinón porque a escala ideal para conectar a administración e os administrados e a escala local.
Envexo o modelo escandinavo no que os cidadáns xestionan os seus modelos escolares, a política lingüística o as políticas activas laborales i, por eso, destinan, sete veces mais recursos per càpita que os nosos concellos.

É moi importante en un futuro racional de Galicia as comarcas. O Goberno de Galicia xestiona agora a maior parte da despensa pública do país. Però os despachos da xunta en San Caetano encóntranse moi lonxe de A Mariña de Lugo, de O Caurel, do Ortegal , do Entrimo. O modelo escolar da Costa da Morte non pode ser o mesmo ca dos Ancares ou do Ribeiro. No se pode fomentar a inversión na Àrea Metropolitana de Vigo da misma forma que en Ferrolterra o una comarca de Santiago. O concepto de seguridad en A Coruña non é o mesmo que na zona de Mondoñedo. Existen moitas Galicias e esta pluraridade e unha riqueza, un patrimonio pereo merece xestonarse de forma plural .

As comarcas son o goberno mais preto do cidadán, son os cantóns de outros paises, quizas por eso mais desenrolados, son a xestion da diversidade, o primeiro paso de un pais vertebrado . Tanto si a capital da comarca se situa en a Vilaarriba o Vilaabaixo; tanto si a fronteira se situa a unha ou outra banda do rio Kwai. Perderemos dioptrias si nos adicamos todo o dia a leer a letra pequena. O que realmente importa e que en Galicia retomemos a idea de comarcalizacion .
Otero Regal
PODEN LEER MAIS DE Otero Regal esta seman en CRONICA3 A MARIÑA http://www.cronica3.com/2010/02/xente-que-fala-soa-pola-rua/.

Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal