A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TESTAMENTO DE OTERO REGAL
Si ustedes me len cada semana darianse perfecta conta que nos últimos tempos estou desmoralizado, deprimido e disilusionacon do entorno donde nacin e vivo actualmente, este estado das cousas agrabouse cos resultados das ultimas eleccions e os anuncios dos que gañaron de que queren desfacer o pouco que se fixo ben por os anteriores gobernantes.
O amigo desaparecido en combate Chichi Campos, cando se encontraba en situacion parecida a miña solia anunciar “Voume nacionalizar portugues” ben eu ando buscando o sitio ideal para ser de alí, unha vez encontrado cambiarei de nacionalidade, craro que sera un sitio donde gañen os meus mais a miudo e lles dure mais o prato de sopa de goberno que aquí.
Lendo o testamento do comico arxentino Enrique Pinti ocurreuseme facer un testamento público e notorio, por ver se me vou o “Fico en vora”, pois ahí vai:
Eu, home do medio-pelo, o outro medio xa me caeu e o que teño tende a o igual que a barba a blanquear , galego e mariñan, nos meus cabais e absolutamente responsable do momento que me toca vivir... deixo todo o meu agradecemento ás forzas vivas, moi vivas, eu diría avivadas, que me gobernaron con total falta de respecto e identidade profesional.

A os de dereitas de toda a vida, conservadores e similares , déixolles un bo manual de historia pero non de ese estafa que perante medioséculo nos falaron de reis catolicos unidade de non sei que e imperio do mais ala, un manual donde a historia non seña un conto reacionario e manipulado para dar razón a os que non a teñen, que o relean a ver onde di que nun pais libre e democrático alguén poida crerse superior aos demais por cuestións de liñaxe e casta, sobre todo, sendo fillos de de su pai e sua nai, como calquer fillo de veciño .

Aos que crein correlixionarios , progres e xente cercá a esquerda déixolles un compás para que, ao saber onde está o Sur e onde está o Norte, se saiban tamén definir entre a esquerda e a dereita ou o centro en vez de ser alternativamente pseudo esquerdiastas para pedir o voto e de dereitas de toda a vida cando gobernan.
E en particular a os camaradas da esquerda galega déixolles un manual "titulado" ¿Que é a clase obreira e labrega? , a ver se así poden explicarse que lles faltou para lograr un puto voto do currante que, ante a confusión voltou a votar á dereita de toda a vida.
A os nacionalistas galegos, poñan vostedes mesmos as siglas que comveña a cada cal, deixolles o manual da contradición perpetua e fanática onde se explica como un movemento populista que loitou contra a dictadura e a dereita que en catro dias que oleu o poder pode chegar a ser un movemento conservador, copiando en populismo e caciqueria a quen tiña como modelo de enemigo.
E a os militares pedirialles que teñan menos espírito de corpo e aos curas que teñan menos corpo e máis espírito.
E ás xeracións vindeiras saiban que houbo unha vez un país rico, grande, cheo de boa xente ao cal uns poucos pícaros avivados tratan de fundilo sen remedio.
Otero Regal


Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-03-2009 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
....A TRABALLAR, COÑO! de JUAN JOSÉ MILLÁS
JUAN JOSÉ MILLÁS
A traballar, coño!

JUAN JOSÉ MILLÁS 27/03/2009 en "EL PAIS" E TRADUCIDO.

No que a acción política ten de relato, comeza a dar mostras de esgotamento insoportables. Non se pode ofrecer aos espectadores (a iso quedamos reducidos os votantes) o mesmo guiso narrativo, requentado ao microondas, durante dúas semanas (véxase, por exemplo, o asunto de Kosovo). Póñanse vostedes, os actores (a iso quedaron reducidos os políticos), nos zapatos dun cidadán no paro que leva escoitando sete días que se Kosovo si, que se Kosovo non, que se as formas, que se o fondo, que se agora estamos de acordo, que se agora discrepamos. E así un día e outro, unha hora e outra. Parece unha serie de TV atascada, unha serie de repetición, unha merda. Se iso acontece nun asunto no que están de acordo, que tortura non inflixirán cando disentan? Non hai nada peor para un relato que a previsibilidade e son vostedes máis previsibles que un mal chiste.
Tan previsibles son que nos acaban de confirmar o que sospeitabamos: que de 350 deputados só 34 teñen dedicación exclusiva (o resto vai cando hai votacións). Polo visto, corenta e seis millóns de cidadáns non merecen 350 representantes a xornada completa. Resulta que o escano é unha chave para abrir portas, para sacarse un sobresoldo. Iso si que é un escándalo, iso si que merecería dúas semanas de debate. Aí teñen a Michavila forrándose, a Pizarro forrándose, a López-Amor forrándose, a Anxo Acebes forrándose... Comprende un que lles falte tempo para construír o noso benestar, que (falando de incompatibilidades) é incompatible co seu. Pero vostedes coñecen a situación? Están ao tanto do que nos pasa? Teñen idea do que é o medo a quedar sen traballo, o pánico á cola do paro, o terror a que o caixeiro automático che devolva a tarxeta de crédito? Xa está ben, coño, póñanse a traballar
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2009 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
OS BOS ANUNCIOS TAMÉN FAN CHORAR

Cos anos un chegou a conclusión de que o tempo manexa as súas propias contradicións. A medida que te fas maior, corre moito máis rápido, como unha centella. O verán que nunca chegaba agora está sempre á volta da esquina e o cumpleanos parece ter présa en aparecer para recordarte que cada minuto vivido empeza a formar parte do pasado.
O tempo, os anos, o ánimo, aproveitar cada anaco, ser feliz... Estou reflexivoesta mañá mentres soa a miñas espaldas o regato de Xunqueira. Non me escondo. Sobre a mesa repousan papeis, libros, apuntes, debuxos, todo forma parte da biografia diaria de un, decia o mestre e amigo ademais de compañeiro de oficio Arcadio Blasco que “Unha vez acabada a obra esta convirtese en arqueoloxia”, eso non soio pasa con as cousas do arte, a vida cando pasa tamén a recordala é arqueoloxia a o fin e o cabo.
Prefiro unha boa conversación que unha noite de copas. Son máis tolerante e teño menos medo a dicir o que sinto. Mesmo póñome triste ante o televisor. E de iso vai este artigode hoxe, despois de tantas voltas. De chorar ante a pantalla e da última historia que conseguiu facer rodar unha bágoa polo meu salón. E non foi un bico de película, nin o final feliz do 'fillo da noiva'', nin a duodécima morte de Lorcho. Nin sequera a última estatística desta crise que, unida ao ceo gris, invita a mirar cara ao chan. Foi un anuncio. Foi o relato dun ancián centenario con pouso na voz que lle di a unha recén nacida que é «un suertudo» por vivir, por seguir aquí, por poder abrazar a súa muller... «Non te entreteñas en parvadas, que as hai, e vaite buscar o que che faga feliz». Ao carallo cos que din que non é bo momento para vivir, para aproveitar un tempo que «corre moi á présa», para espertar e pensar que pode ser un grande día malia o que diga o telexornal de turno.
Foi un anuncio. Si. Un anuncio fíxome chorar. Noventa segundos que pretenden conseguir que beba máis Coca Cola. Na era do consumismo, neste tempo no que a televisión é o refuxio para centos de persoas que viven sólas no medio de moita xente, resulta curioso que nun anuncio quede un oco para recordar determinados valores e os obxectivos reais de todo isto. «Estás aquí para ser feliz». Chorei e sentinme ben.
Manda carallo con estes publicistas, que para vender ese refresco americano con cor de xurro, nos poñan tiernos, nos recorden que somos máis que un numero de DNI, un nome con dereito a voto cada pouco tempo, somos persoas vivas , con sentementos, con sensibilidade, bueno esto último non todos, pero esta é outra historia.
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2009 07:45
# Ligazón permanente a este artigo
¿ADIOS A JIMENEZ LOSANTOS?
Un amigo dende Madrid mo rumoreou :O Comité Executivo do Episcopado estudou fai unhos dias o futuro do locutor Federico Jiménez Losantos na cadea Cope. Aínda que non se tomou unha decisión definitiva -será despois Semana Santa-, o meu amigo, sempre ben informado no oficio de embadurnar papeis, a o que pertece, mostroume a súa impresión de que, nesta ocasión, os bispos non apoiarán a renovación do seu contrato, que finaliza en xuño. E as pescudas indican a que o seu substituto será o director de informativos de CÓPE, Nacho Villa.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
A POLITICA EN UN POBO PEQUENO
Parafraseando a Canosa vamos a esbozar a situación politica en Viveiro duas semans despois das eleccions, donde o PP, que segue no dia a dia liderado por Cesar Aja Mariño voltou a ser a forza politica máis votada, gañou por goleada en Celeiro, a pesares da marea de axudas e millóns que o bipartito regalou dende as consellerias do BNG e PSOE, e en Viveiro, donde a pesares de que Melchor Roel segue a facerlles a pelota ás forzas vivas estas non lle fan poñetero caso. En Covas a cousa estuvo mais igualada , pero soio en Xunqueira e Galdo gañou o PSOE.
Asi as cousas teremos que formularnos a manida pregunta de ¿E ahora que?. Pois ben por parte do PP as cousas estan moi revoltas, nas filas de Leal existen duas excisions unha a senadora Gueimunde e o outro Celestino, que van por libre e soio aceptan como dono e señor do partido en Viveiro a Cesar Aja, uns e outros lévanse como o can e o gato, os de Aja din que logo era mellor ter dous concellais sós que tantos e tan ineficaces e tildan a Leal de “compañeiro de viaxe” de Melchor Roel.
Por parte do PSOE a cousa esta igual de revolta, Viveiro e a unica localidade galega donde non se renovou a agrupacion local do partido trais o “Afaire” protagonizado por Guisasola e “Peanso” , o primeiro, parente cercano de Ricardo Varela, quer volver a area poltica a pesares que xa foi candidato a alcalde, por certo o de peores resultados para o PSOE nos anos de democreacia, rodeado de vellas glorias e algun despistado, seique intentouse chegar a un acordo entre os dous candidatos, pero a Melchor Roel sublevouselle Rafael Amor que xunto a Guisasola queren seguir adiante en busca da poltrona, no goberno municipal seique Amor e Cal nin se falan e o alcalde e o concellal de facenda casi o mesmo, os demais actuan de “comparsitas” como na canción, asi as cousas Melchor Roel, que decia que se ia para casa e non repitia de candidato, e incluso chegou a nomear heredeira a Maria, pode que se quede e volta a disputar a alcaldia a Cesar Aja Mariño, que si non lle dan un “choio” en Santiago, seique aspira a unha direcion xeral,din os rumorosos, voltara a querer ser alcalde.
O BNG segue sin amarras e dentro de unha nordesia, o “Mitas”non sabe nin contesta, segue a mandar o que foio socio meu en aventuras do papel impreso, “Paco Luis” que e o que lle fai a “Mitas” os cominicados e mocions varias, segue a perder votos, seguen a ser catro e a caixa, casi os mesmos que fai 25 anos, e asi non se vai a ningunha parte, claro esta que si dentro de dous anos o PP non ten a maioria faran falla os seus votos, e esta vez , com menos folgazoneria e eficiencia pode voltarse a subir.
Queda EU, ou o partido de Orlando, que segue a ser o unico concellal deste partido na provincia, deciase que a media lexislatura ía a dimitir e deixar paso o numero dous o neto de Gabeiras, pero non se ve crara a cousa, mais ainda eu creo que si non volta a ser el candidato EU desaparece do mapa politico local, segue a apoiar a o seu antiguo “Camarada” o que lle resta critica e facer valer do seu decisivo voto.
Asi as cousas dentro de dous anos o tempo darame ou sacarame a razon, como sempre.
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2009 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
ESTE SERA O GOBERNO DE FEIJÓO
Os rumorosos estan estes dias de nordesia, tertulia que se precie, tasca, rua e descanso do traballo son boas ocasions para botar a quiniela de quen seran os novos conselleiros do goberno de Galicia.
Vaia pois a nosa quiniela:
Emilio García Gallego como novo conselleiro de Política Territorial. Este home, cunha ampla experiencia no mundo das infraestructuras que o levou, entre outros cargos, a ser presidente do Portos de Galicia, do ente público Gestor de Infraestructuras Ferroviarias (GIF) ou de Augas de Galicia é, ao noso entender, a persoa escollida por Feij009 para facerse cargo dunha "SuperConsellería" de Política Territorial que se ocuparía de todo o que ten que ver coas infraestructuras en Galiza (e se cadra algo máis).
A betanceira María Faraldo que obtivo para o PP a alcaldía de Betanzos tras anos e anos de goberno socialista e o do alcalde popular da Serra de Outes, o señor López Crespo, que tamén aparece en moitas quinielas.
Pola cuestión territorial, alomenos dous destes conselleiros teñen que ser das provincias de Lugo e Ourense .No tema da cuota ourensana as cousas parecen disputarse entre un par de candidatos principais entre os que, Enrique Novoa "Poly". Este home, empresario, voceiro do grupo municipal do Partido Popular e presidente da xunta local de Ourense do Partido Popular, foi xa vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Ourense, e é unha clara aporta para ocupar a Consellería de Medio Rural, outra opción ourensana, pola que como digo non aposta Xornal Aberto, é a de Rosendo Luis Fernádez Fernádez (Fernádez ao cadrado) un home cunha formación máis que axeitada para ser conselleiro de Sanidade ( licenciado en Medicina e Ciruxía, diplomado en Sanidade, Master en Xestión Sanitaria, directivo diplomado da Xunta, etc)
Canto á cuota lucense as cousas están pouco claras pero, Susana López Abella unha aposta forte por unha muller licenciada en Dereito e Empresariais que, a pesares de ir no número cinco das listas na provincia, ten moito peso no Partido Popular desta provincia galega. Din dela que é dura e ten experiencia parlamentaria abondo para poder optar a unha Consellería no novo goberno .
Pedro Arias, que xa foi candidato antes de IU e do PSOE, un trasfuga de pro, número dous da lista popular na Coruña e profesor de Teoría Económica na Facultade de Económicas da USC, é unha aposta evidente para ocupar a carteira do ramo na Xunta. Feijóo dixo que algún conselleiro non tería o carnet popular. A cousa parece clara.
Quedan dous. Unha para ser conselleira de Pesca. Trátase de Rosa María Quintana (non confundir con Ana Rosa Quintana). Esta muller, licenciada en Ciencias Biolóxicas e doutorada en Bioloxía pola USC, estivo dende o ano 1997 e ata o 2005 ocupando diferentes cargos dentro da Consellería de Pesca dos gobernos Fraga, entre eles o de directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Ten 59 anos, experiencia no sector e, segundo contan.

Pilar Rojo. É a única conselleira/o do goberno Fraga, xunto con Corina Porro, que parece clara candidata a formar parte do novo goberno (algúns falan dela como conselleira de Cultura e Deportes) ou inclusive para ser a próxima presidenta do Parlamento Galego.
Alfonso Rueda, o actual número dous popular en Galiza, é tamén unha das candidaturas claras para formar parte do novo goberno. E unha persoa cunha ampla experiencia na Administración Autonómica da que xa formou parte, durante o último Goberno Fraga, como Director Xeral de Administración Local. Podería compaxinar o seu cargo de conselleiro co de secretario xeral do PPdG aínda que, a súa excelente labor como secretario xeral podería xogar na súa contra para ser conselleiro.
Outra das aposta que parecen claras é a de Pedro Puy Fraga. Foi o coordinador do programa electoral do PPdG para estes comicios e xa ten experiencia na Administración xa que formou parte do equipo de Pita durante a súa estancia na Consellería de Presidencia. De feito, o "sobrinísimo" estivo ata os últimos momentos optando a ser número un pola lista do PPdG na Coruña..

Carlos Negreira é a todas luces outro dos "fixos" . A súa labor ao fronte da presidencia provincial do PPdG na Coruña foi clave para que o partido gañase un dos escanos cos que Feij009 logrou a maoría absoluta e iso, xunto coa súa estreita relación co futuro presidente, poden ser claves.

E Diego Calvo. Este ferrolán, que durante os últimos meses foi unha das voces habituais en canto tertulia houbo nos medios para defender as téses populares, é un estreito colaborador do presidente electo e a súa labor no Parlamento, especializada nos temas relacionados con Vivenda, o podería levar a unha carteira na que estivese presente este tema que tanto preocupa aos galegos.

Os datos foron recollidos por un bó numero de blogs e opinions varias, existen modificacion pero admitense apostas.Por certo, para disilusion de algunhos de Viveiro non entra na quiniela Cesar Aja Mariño ¿sera quizabes por o de Lodeiro, A Insua e o Pazo da Misericosdia?
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2009 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
EMPEZAMOS DE CARALLO
O presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, utiliza dende hai tres anos o coche que a factoría PSA Peugeot Citröen de Vigo lle presta de xeito gratuíto. Feijóo non declarou o vehículo a Facenda xa que foi "un empréstito a unha institución", segundo xustificou unha voceiro do líder da dereita en Galicia.

Ao erixirse en "institución" o Parlamento, pero non os seus deputados, voceiros ou grupos-, Feijóo converteu de forma implícita en usufructuario do seu coche oficial o PP galego. A Lei sobre Financiamento de Partidos Políticos, non obstante, non recolle a aludida figura do "empréstito" e é moi estrita ante operacións como a que beneficiou ao próximo presidente da Xunta dende hai tres anos, como adiantou Público o mércores. Os requisitos que impón non se cumpriron neste caso.

O artigo 4.2 do citado texto establece que os partidos "poderán recibir doazóns, non finalistas, nominativas, en diñeiro ou en especie, procedentes de persoas físicas ou xurídicas, dentro dos límites, e de acordo cos requisitos e condicións establecidas nesta Lei". O seu articulado obriga a que as doazóns teñan "carácter irrevogable", concepto que é incompatible "co empréstito" co que se escusa Feijóo. Ademais, as doazóns procedentes de persoas xurídicas -como é a factoría Citröen de Vigo- requiren sempre "acordo adoptado en debida forma polo órgano social competente ao efecto, facendo constar de forma expresa o cumprimento das previsións da presente lei". Tampouco se fixo así.
Mercadotecnia con Feijóo

Nesta ocasión, o empréstito do vehículo que utilizou Feijóo, un Peugeot 607 -o coche que utilizan a maioría de ministros- realizouse no marco dunha "acción de relacións públicas e promoción de produto", segundo asegurou este luns a este diario un voceiro da factoría.

Este mesmo interlocutor admitiu que non mediou contrato ningún na operación. Simplemente asinouse "un papel de autorización para a utilización do vehículo". O trámite é, non obstante, bastante máis complexo. A lei especifica que "cando se trate de doazóns en especie, a efectividade das percibidas se acreditará mediante certificación expedida polo partido político no que se faga constar, ademais da identificación do doador, o documento público ou outro documento auténtico que acredite a entrega do ben doado, facendo mención expresa do carácter irrevogable da doazón". A lei de financiamento de partidos non considera, polo tanto, a opción elixida por Feijóo: o "empréstito" gratis total.
"Interese de Feijóo, non do PP"

O líder do PP galego non quixo aclarar o luns estas circunstancias. "Non imos falar máis deste tema", resolveu o seu voceiro. A locuacidade exhibida por Feijóo contra o Audi do seu antecesor na Xunta apagouse así á hora de explicar os detalles que envolven o seu vehículo gratuíto, un empeño persoal de Feijóo. Foi el quen, hai tres anos, recén elixido presidente do PP galego, mostrou o seu interese aos responsables da factoría de Citröen de Vigo para facerse cun coche grazas ao seu favor.

"Máis que o PP, foi un interese específico de Alberto Núñez Feijóo por probar o vehículo, el non expresou o seu interese por compralo", explicou o luns o voceiro da factoría. "Manifestou o seu desexo de coñecer os nosos vehículos e fíxoselle un empréstito", xustificouse. O empréstito durou máis de tres anos.

Feijóo substituíu este vehículo por un Citröen C6, tamén gratis, antes de comezar a campaña electoral galega. Este modelo -o mesmo que usa o presidente francés- é o que elixiu finalmente como coche oficial, a pesar de prometer que se serviría dun dos modelos fabricados na factoría galega. A limusina que encargou prodúcese unicamente en Francia.
Recollido de PUBLICO de hoxe.
PARA MAIS INFORMACION: http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=57589
Non ten desperdicio.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
TODA UNHA XENERACIÓN ESPERANDO
O sucedido o pasado domingo deixa, según a miña opinion, fora do goberno da Xunta, aos cidadans progresistas de este nordeste da peninsula iberica durante toda unha xeración, xa que, tras escoitar o que se di por os “rumorosos” previsiblemente, na tres ou catro próximas lexislaturas será tan difícil que algunhas das forzas (PSOE ou BLOQUE) obteña a maioría absoluta como que se atrevan a repetir unha fórmula de goberno de coalición, rexeitada de forma contundente pola maioría do electorado, según dicen os opinadores.
Asi que na noite do domingo ademais de perder o Barcelona perdeuse, quizais por moito tempo,moitos xa non chegaremos a velo, unha posibilidade para que a esquerda encabezase a profunda rexeneración democrática pendente no país de caciques e cacicadas, que como se veu nestes catro anos, exerceron tamen dende o bipartito.
Estes resultados tan negativos abren nos membros do bipartito unha crise profunda e un descontento de aqueles que queriamos outra cousa, outro goberno, outro entendemento e sobre todo unha rotura con os tempos pasados da politica que se facia en Galicia.
Ao longo destes catro anos nin Touriño nin Quintana conseguiron entusiasmar nin os deles nin os alleos que, como se veu ahora, seguen a votar a dereita, demasiado amarrados os seus sillons, xogando a ser e parecerse a Fraga, aillados do mundo da rua e das corredoiras seguendo posturas que xa sufriramos antes, como as comidas e romerias para os mais bellos, os xogos a dereita, o nomeamento de cargos da mesma, o depotismo, a intolerancia e outras gaitas varias.
Polo contrario o que saeu a luz foi a sensación de un goberno con pouca cohesión interna as pelexas feroces entre os seus membros por mor do reparto de competencias e cartos e escasa ambición e ganas de acometer os grandes retos do país. Ademais estes non foron un goberno austero, nin xogaron a baza da participación cidadá que permiten as novas ferramentas da comunicación dixital. Polo contrario creouse o seu arrededor unha corte de adulons e chupooteros que miraban o galego por encima do hombro.
Unha oportunidade perdida, Galcia e os galegos somos como somos, terá que chover moito, ventar arreo e pasar moito tempo para que Galicia poida ter outra oportunidade de cambiar as cousas, a o fin e o cavo a democracia e, entre outras cousas alternancia no poder.
PODEDES LEER MAIS EN COL DO TEMA EN: http://www.cronica3.com/2009/03/non-ganaron-os-outros-perderon-estes/
Otero Regal
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2009 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
AQUI NON SE PODE FUMAR
Dende o 1 de xaneiro de 2006, está prohibido fumar en espazos públicos pechados: oficinas, bares, restaurantes, discotecas, existen escepcions, demasiadas, diria eu, pereo polo menos cando entras en un local e ves que ali si se pode fumar, sempre podes dar a volta e ir a outro, si e que existe... Uns anos despois, aínda hai moito “año grande” que non se decatou, que fai ver que non se decatou ou que, simplemente, se pasa as leis polo forro das entretelas. E por elo cada vez como se incumple a lei poñeme dun cabreo superlativo

Primeiro, cabreame os parvos. ou inconscientes, como os queirades chamar. Son tipos que viven no seu mundo ideal. Hai anos que non len un xornal e cren que ZP é un personaxe de cómic. Non se decatan de en qué mundo viven e, egoístas como son, pensan que poden facer o que lles dea a gana alí onde vaian. Se lles recriminas algo, míranche estrañados, porque non entenden que alguén poida molestarse en lembrarlles que fumar nun tren de Feve está prohibido.

Segundo, cabreame os listillos. Teño que recoñecer que algunha vez finxeme o tolo para saír airoso de situacións complicadas. Sempre pensei que facerse o parvo é o xeito máis intelixente de ser listo. Iso non impide que me molesten os listillos. "Verás, é que isto é a sala de espera de urxencias; aquí non se pode fumar". "Uy, perdoa, non me decatara. Agora mesmo o apagarei". ¡ Serán caraduras! Situacións así déixanme perplexo, cunha sensación mestura de ira, porque sei que non queren cambiar; resignación, porque non van cambiar; e envexa, porque, a pesar de todo, lles van ben as cousas aos xodidos.

E terceiro, cábreanme os gilipollas. Estes son os peores: os cínicos. Saben perfectamente que non se pode fumar no aeroporto, na discoteca ou onde sexa. Saben que existen zonas reservadas para fumar. Achéganse a elas. E cando están preto de facer as cousas como é debido, póñense a fumar a tres metros da zona reservada. Imaxino que o fan por foder a o persoal. Non pode haber outra explicación. "Mirade, sei que debería estar a fumar aí, pero fágoo aquí porque me sale dos collons. ¿Pasa algo "? ". ¿Pois que vai pasar? Que es un gilipollas e un consentido. Pero non dubides que, ao final, o tempo coloca cada un no seu sitio, mamón.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2009 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
¿POR QUE GAÑOU ALBERTO NUÑEZ FEIJÓO?
Onte, fronte ao resultado das urnas, Emilio Pérez Touriño habería de recordar o día en que non quixo adiantar as eleccións. A crise era entón tan recente que para Zapatero aínda carecía de nome, e para mencionala se limitaba a sinalala co dedo.

Alberto Núñez Feijóo aproveitou ambos os dous erros: o de Zapatero e o de Touriño. E do peor momento da crise económica, e dos problemas dun bipartito divorciado, foi capaz de construír o seu momento.

A vitoria de Feijóo é tamén a vitoria de Mariano Rajoy, que non só se xogaba todo nestas eleccións senón que se empregou a fondo para gañar. Fíxoo por partida dobre: en Galicia e en Génova. E tamén demostrou que non fai falta ser o candidato máis valorado para vencer.

A pesar de que nunca estivo en dúbida que o PP sería o partido máis votado, as enquisas sempre daban a Feijóo unha peor nota que ao seu rival.

Touriño era o presidente de Galicia; Feijóo, o rapaz dos recados de Fraga. O PP e o seu coro mediático foron moi hábiles á hora de zorregar a imaxe do seu rival coa crise como pano de fondo.

Que o coche de Touriño é máis caro que o de Obama é unha mensaxe que entende todo o mundo. Que o Tribunal de Contas investiga a xestión do cabeza de lista do PP en A Coruña é moito máis difícil de dixerir.

Pouco importa que o famoso coche oficial sexa igual ao que usan outros altos cargos de todos os partidos, o mesmo modelo que gasta outro Alberto, hoxe tamén un pouco derrotado: Alberto Ruiz-Gallardón.
Comentarios (32) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2009 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal