A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTRA SEMANA SANTA

Xa a piques de pechar as celebracións da Semana Santa, cada vez menos santa e máis ociosa que outra cousa. chega un a plantexarse que o mundo soio ten interés en tirar adiante, de abaixo para arriba , a publicidade segue marcando as pautas do comportamiento colectivo. Cada un sabe do seu. As axencias de viaxes, de a pé ou dixitais, organizaron tamén esta semana a estilo laico, e decir, sin feiras nin festexos cristians, xudíos ou musulmáns, preparando unha escapada para compensar a forza do santo, en terras de moito sol e exotismo, en prais abigarradas e en hoteis supercheos.
A Semana Santa, en Viveiro actúa como fenómeno atraente para distribuir traballos moi ben estandarizados., porque os de abaixo coñecen a sua misión, teñen oficio. A música sacra da banda, e o rebumbio das cornetas e tambores , actúa de catalizador para conducir as masas que se trasladan en clave de “bulla” a algunha parte. Familias enteiras dos barrios do boom inmobiliario que voltan en esta Semana Santa ao seu lugar de orixen para recuperar as señas de identidade que lles arrancou a emigración e un mellor nivel de vida, ainda que polo camiño perderan o valor do contacto familiar e da vida compartida nas cantinas e beirarrúas, porque viven en estado de alerta nos novos adosados que nin sequiera teñen parroquia ao lado, blindados pola inseguridade ciudadan.
Coa excusa da “Semana Santa”, da sua cofradía de toda a vida, volven para recuperar soio por unhas horas, as súas tendas, os seus colexios, as suas prazas, as súas rúas de sempre, onde se facía eso, a vida. E decir, os seus días laicos, as súas semanas laicas, onde soio ten sentido ese Xesús da agonía que era a fe dos seus maiores, como decía Antonio Machado.
Esta semana as ruas de Viveiro, funcionan como soporte de interaccións sociais vendo as procesións. A un sempre lle gustou crer que Xesús de Nazareth, no seu ataque continuo de humildade, cansabase, como calquera outra persoa, e durmiese, cando estaba feito polvo, no cabezal do barco. (Mc 8,23). caladiño.
Seña un crente ou non, dunha relixión ou doutra, agnóstico ou ateo, parece indudable que Xesus existeu e para moitos dos nosos veciños a sua vida e morte foi como dicen os evanxelios, seña ou non seña o creador e redentor da Humanidade.
Intentando entender o valor de cada dia laico e o que costa vivir tranquilo cun mesmo e cos demais, un dase de conta que o importante e seguir construindo unha nova forma de ser no mundo, en cada segundo, minuto, hora, día, semana e rua, laicos.
Foi Steven Jonson quen dixo que “O qué teñen en común formigas, neuronas, e cidades e casi nada: intelixencia compartida”.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
RIBADEO, UN EXEMPLO A SEGUIR
O pasado venres estiven na inaguracion da exposición “6 ollada- mariñarte 08” no castelo de San Damián en Ribadeo donde os fotógrafos Diego Casado, Miguel Lorenzo, Toni Deaño, Fernando F. Paez, Pedro Rodríguez e Mariano Perez amosan un anaco da súa obra.
Dende logo o que levo predicando tantos anos no senso de que os nosos concellos teñen que apostar por unha producion propia no eido cultural en xeral e na pástica en xeral, ten eiqui un craro exemplo da man da concelleira de cultura deRibadeo: Mariluz Álvarez Lastra.
Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura,o nosa arte, as realizacions que se están a facer na nosa bisbarra no eido das artes plásticas debe ser un exemplo a seguir por parte dos concellos, que en moitos caso, unha amplia maioría limitanse a ser meros receptores de exposicions itinerantes de dubidosa calidade prestadas por caixas de aforros, fundacións ou institucions oficiais.-PERO CASE SEMPRE ALLEAS Á PRODUCCIÓN DE ARTE, CREADA NO ENTORNO MÁIS PROXIMO -
O sucedido en Ribadeo e un bo comenzo para aumentar a súa capacidade de producción propia de exposicións para o futuro. A exposición “ mariñarte 08 inicióu esta línea de actuación, que agora continúa con esta mostra que estaráaberta ata o 31 de marzo, e que, sinceramente recomendo que visiten.

Agora mesmo as institucións públicas en xeral e os concellos da nosa bisbarra en particular teñen esa materia pendente. Nunca lle deron un valor esencial a por en marcha un proxecto de comunicación ao redor dos proxectos culturais con xente que crea eiqui, que os moveran e os deran a coñecer. Con todo, o que sucede en Ribadeo e unha boa i sinal de cambio. E demostra, sin lugar a dudas que neste senso é susceptible de mellorar a dependencia do exterior. Aumentar a producción propia e colaboración con outros concellos supoñeria poder promover estas exposicions autóctonas para que poidan instalarse noutros concellos como podia ser Mondoñedo, Foz, Burela, ou Viveiro, potenciando unha dinámica cultural dos concellos medianos e pequenos, axudando a viabilidade, o éxito, e a transcendencia dun determinado proxecto ou dunha programación que vén determinado tamén pola capacidade de comunicar, de transmitir, de chegar ós destinatarios potenciais concebido como un espacio.
Para elo téñense que crear ou poñer en funcionamento espacios no que teñan todo tipo de manifestaciones artísticas contemporáneas, como as artes plásticas, a fotografía, o cine, acollendo na sua programación actividades, talleres, xornadas e conferencias paralelas ás exposicions. –DINAMIZA-LO ARTE- diria eu
É certo, tamen que nos concellos pequenos e medianos, moitas veces os gastos son moi cuantiosos e todo e sae excesivamente caro precisamente porque hai unha falta de programación e de previsión. Normalmente hai unha dispersión tal das actuacións en xeral, que iso eleva unha barbaridade os custos de promoción que de ter unha colaboración entre eles sairía mais barato e EFECTIVO- ata penso que repercutiria co mesmo nº de votos- se realmente as xetions politicas, teñen na mayoría dos casos, este TRISTE FIN.
Con exemplos como o de Ribadeo pouco a pouco, nos convirtamos nun referente nítido dentro del mundo da plástica europea.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2008 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
SOMENTE QUEDA UNHA SEMAN
Sete dÍas non son nada, e si descontamos o luns que volta o debate, o sábado que seique e dia de reflexión, e o domingo dia nacional de poñer a nosa papeleta na furna de metacrilato, pois quedan apenas 4 dias.
Eso si, catro dias cheos de mensaxes nos que , no noso caso os tres partidos que cortan o bacalao enchen as bervas, as paredes , banderolas con eslogans a cada un melllor estudiado para que sirvan para camelar o noso voto.
A campaña do PSOE irradia optimismo. Desde os lemas -“Motivos para crer”, “Vota con todas as túas forzas”- ata a faciana de Zapatero, con fotos máis de reportaxe de estrela de cine ou canción melódica, na que vende ilusión, ilusión e mais ilusión, pouco se fala do feito e menos do que se vai facer.
“Con cabeza e corazón”, o lema do PP, tanto serve para un roto como para un descosido, din as malas linguas que ten de asesor o mesmo que levou a presidencia de México a Rodriguez Calderón, e que e o mesmo lema do Mexicano,é tamén dunha candidatura que perdeu en Guatemala, supoño que o asesor farálles rebaixa xa que, non o mesmo un lema orixinal ca un xa utilizado tres veces.
O que xa non pega tanto son os retratos do líder Raxoi, por moito cambio de gafas e barba recortada non deixa de semellar o rexistrador da propiedade de sempre, e iso é malo, porque os do seu oficio teñen mala fama, son os que nos cobran, cando mercamos algo, por algo que non entendemos nin contamos na nosa economía cando formalizamos o trato. Craro que o outro lema utilizado en pre-campaña “Con Raxoi é posible”,podía darse máis a coña do populacho con sentidiño do humor e trasformarse en “Con Raxoi pode pasar de todo” e o de “As ideas claras” era pouco conciso, pois ideas témolas de todas crases e dende logo na nosa historia inclinan a balanza as máis doentes.
A campaña do BNG “Contigo, Galiza decide”- é unha versión do que o partido nacionalista leva predicando dende sempre. Un argumento de teoría política repetido e que leva anos sin que os galegos lle faigan moito caso eu proporíalles, tal como van as cousas: ¿ Será desta vez? Ou o de : “¿E logo, que?”.
Lin por aí que o s eslogans axeitados ós nosos poíticos podían ser: “Fíese, home” tan axeitadoá nosa tradicion de compra-venda en feiras e mercados ou incluso o de “Esto ten arranxo”. Pero curiosamente, aquí ninguén invoca á confianza. Todo o máis, hai alusións a esgalla a que os outros son pouco de fiar ou nada
Pero anímense queridos lectores xa só queda unha semán.

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2008 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal