A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIVEIRO UN CONCELLO ARRUINADO
A situación de boa parte dos concellos mariñans en xeral e do de Viveiro en particular é crítica. Unha parte do seu orzamento depende da asignación que reciben, que é proporcional ao seu número de habitantes. Ademais, recadan varios impostos. Un deses impostos son as licenzas de obra, que estiveron proporcinando uns ingresos notablemente altos en Viveiro e que foron mal gastados en festas, festorros e outras caralladas propias dos politicos que ainda exercen a politica de “PAN E CIRCO”.
Debido ás moitas construcións realizadas perante o boom inmobiliario. Rafael Amor, presunto concellal de facenda e o alcalde Melchor Roel, vendo entrar semellante chorro de diñeiro nas súas arcas municipais, non se pararon a pensar que eses ingresos eran conxunturais e, cando o boom inmobiliario detivésese, desaparecerían. Así que se dedicaron a facer todo tipo de obras (algunhas útiles e outras absurdas), e a incrementar o persoal do concello, para ofrecer aos cidadáns novos servizos (algúns útiles e outros absurdos, igual que as obras). Roel e Amor ata foron máis aló e, non só non se deron conta de que eses ingresos terminarían calquera ano, senón que pensaron que se incrementarían co tempo, e, por iso, non dubidaron en endebedarse o que fixo falta para facer aínda máis caralladas e incrementar aínda máis o persoal municipal.

Agora, con boa parte dos concello completamente endebedado, un goberno central e unhas comunidades autónomas que non poden gastar diñeiro en axudas (bastante teñen co seu), Que será do noso concello?

Eu creo que, como era previsible, tras o estalido da burbulla inmobiliaria, virá o estalido da burbulla municipal. Todo parece indicar que será este ano, o que non vexo claro é se sacarán os escándalos antes ou logo das eleccións de maio. Imaxino que será despois, porque farán o posible e o imposible para manter ocultas as súas vergoñas ata que pasen os comicios. Se non saen reelixidos, lle deixán o marrón ao novo, que tamen deixou fai 8 anos o concello feitro unhas bragas usadas a nivel economico. Se gañan, outros catro anos de vivir a costa do contribuínte e xa veremos o que se inventan. Pero está claro que as contas non cadran, así que moitos empregados de concellos iranse á rúa e moitas empresas que viven sobre todo de facturar a concellos terán que reducir persoal ou pechar e gastar bos cartiños en abogados para reclamar a deuda contraida por o concello.

Así que me atrevo a predicir o que veremos nos concellos durante este ano e o que vén:

1.- Reducións de persoal.

2.- Redución de servizos á poboación.

3.- Os concellos inventaranse novos impostos locais.

4.- Venda de propiedades municipais.

5.- Saída á luz de moitos escandalos relacionados con alcaldes e concelleiros, xa que, cando non poidan esconderse máis os buracos das súas contas, buscarase aos responsables, e algún que outro sairá nos xornais (só unha parte, claro, pero os casos abundan).
Otero Regal





Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
OS REISES DO MAMBO
Neste país calquera ao que lle deas un uniforme, un nomeamento ou un cargo sexa este de barrendeiro ou de policia municipal, xa se cre o rei do Mambo, non hai nada como darlle un uniforme a un mediocre e aos poucos minutos crese que o resto dos cidadáns témonos que cadrar ante el. Os traballadores públicos non acaban de asumir que son eles os que están ao noso servizo e non ao revés.

Evidentemente non imos meter a todo o mundo nun mesmo saco. Haberá profesionais que desempeñen o seu labor con rigor e respecto, seguro. O que é intolerable é que o que ata antonte era o teu compañeiro de traballo, cando nomean algo, director do chiringuito, concelleiro, coordinador de non sei que, garda xurado, os miolos cambiano e a primeira de cambio soltache o de “Oie rapas que eu son o que mando” e de paso mirate de esguello ou por encima do hombro.

A esas persoas aos que se lles sobe o "poder" e trais o nomeamento, sexa este politico ou administrativo, pénsan que che poden faltar ao respecto cando a eles lles parece, só porque nun papel asinado por outro como eles póñavos en diferentes categorias, esquecendo que os dous sodes persoas por moito que sexa o teu “superior"ocasional.

Un funcionario ben formado e que non se deba ao político é necesario. Son prescindibles moitos funcionarios que alcanzan o posto sen outro mérito que o do favor político. E aínda máis prescindibles son os políticos que se fan a si mesmo funcionarios, que de todo temos na vide do señor.

Tamén sobran algunhas empresas públicas. E sobran algunhas administracións.
Pero o que teño craro e que o funcionario que incumpra os seus deberes debe ser despedido, hay funcionarios que entre cafelito, compra, charla, cigarrillo. …pero os criterios non poden ser políticos senón profesionais. É dicir, para que ese tipo de medidas sexan eficaces, os políticos non deben meter os narices nin o dedo.

Nun cómic recentemente adaptado á gran pantalla, Watchmen, aparecían unha serie de mensaxes ocultas durante toda a saga que rezaban: "Who watches the watchmen?" que chega a dicir "quen vixía aos vixiantes?". Esta frase é moi especial, é dicir, hai uns gardiáns que protexen aos "non gardiáns", persoas que vixían que todo estea en orde e siga un curso equitativo e legal. Pero realmente, quen se asegura de que esas persoas realmente fan ben o seu traballo? Difícil resposta, pois sempre haberá un que non terá que render contas ante ninguén, e esa persoa é a mesma que pode tergiversar o sistema ao seu antollo.
Otero Regal


Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2011 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
ODIO MADRUGAR........
ODIO Madrugar, esquecerme de cousas, recordar outras cousas, xente que se cre graciosa cando non o son, a mala educación, finxir sorpresa cando che fan un agasallo que non che gusta, resacas tanto de vivencia como de outra crase que duran para sempre, españoladas, os homes con xoias, xente gritona, Celine Dion, non poder combinar algunhas cores, os cadros colgados tortos, o curry, as palabras "plexiglás" e "cartílago", perder 90 minutos da miña vida vendo Pearl Harbour, non ver O Padriño I-II-III, acorrección política, a culpa liberal, os calcetíns brancos, non ter máis libros de Bukowsky que ler, intentar ler A sangue frío tres veces e fracasar no meu intento de acabalo, os paiasos en todas as súas formas, non saber o cando nin o porque, que o días non teña 32 horas, comprar uns calzóns Aussiebum unha talla máis pequena da que levo, excesiva humidade no ambiente, as cousas de comer quentisimas, as auga que olen a cloro, , crer a miúdo que teño que depender de laguen para solucionar a miña incorreción politica, a pintura hiper realista, non poder cortar todos os eucaliptos, as miñas lentes, que non existan os vampiros, que alguns enfádese cada vez que invoco o meu ateismo, as himaxes sado-masocas da relixion catolica,que os meus netos vivan tan lonxe, o metacrilato, as infusions, a miña barriga, que haxa que esperar ata o ano de vén para ver a nova de Tarantino, certos politicos, certos aprendices de politicos e certos malos politicos, os xelados, os donuts , a comida basura, as pizas, o analabetismo funcional, que choiva no verán e faga calor no inverno.
Bueno, para hoxe non esta nada mal, outro dia seguirei, e outro mais direivos o que me gusta.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
UN VIVEIRO DE CANDIDATOS
Quedan tres meses e algo mais para que se celebren as eleccións municipais e xa comezaron os bailes de nomes que aparecerán nas listas dos partidos máis votados nos últimos comicios. A pesar de que o calendario electoral marca o 24 de abril como o día da proclamación definitiva de candidaturas, vanse coñecendo algúns datos. Mentres o PP de Cesar Aja aposta por realizar unha renobacion total nas listas só repitiria a senadora e Celestino, con Illan de home forte.
No PSOE salvo algúns cambios puntuais entre os que se espera a fichaxe de Isidro o que foi responsable durante anos de Barras Electricas. e de algun outra novedade, continuara Rafaelito, a pesar da sua "popularidade" Maria Loureiro e Cal
O candidato Roel non quixo desvelar quen lle acompañará nas súas terceiras eleccións dentro do PSOE antes concurreu en outras tres dentro do PC e IU, como candidato á Alcaldía. Con todo, dentro do partido apóstase por unha forte renovación.
Parte dos concelleiros que sentan nos bancos do grupo municipal socialista quérense marchar voluntariamente. O Bloque madrugou a presentar toda a candidatura trais un autentico "Parto dos montes" para ratificar a Bernardo como numero un, a pesar de que non e da UPG, o rapaz, Tras Fraga, arquitecto técnico, presidente da asociación Penalba e secretario del colectivo Chilindrín, figuran Olaia Casas Chaves, Manuel Galdo Dopico, Gloria Rouco Llanderrozas, Ramón Vizoso Hermida, Monserrat Ramil González, Alfredo Navarro Palmeiro (Fidiño), Xulia Canoura Díaz, Xosé Luis Ramallal Rego, Dores Caperán García, María Chaves Álvarez, Alfonso Novo Teijeiro, Belén González Martínez, Alexandre Casal Rivas, Sara Fernández Murados, Antonio Oca Fernández e Xosé Antonio Goás Basanta. A candidatura, segun a miña humilde opinion e desigual e en alguns casos mediocre, si sacan 3 e teñen que gobernar con Roel non imaxino que cargo desempeñara algún dos membros. Fraga explicou por que o actual edil Mitas figura no último posto: «Anunciou a súa intención de abandoar a primeira liña dá política municipal, por motivos persoais, e como homenaxe vai pechando a lista». Manda carallo con o homexeado, persoa inutil donde as axa, perdeu 1000 votos e fixo unha lavoura penosa na oposición a pesares das “chuletas e escritos” de Paco Luis.
Esquerda Unida: Tamén se descoñece aínda quen formarán a candidatura á fronte de EU. Orlando quere irse, por presions familiares e naide quere perder o concelleiro que hoxe teñen, o único na provincia de Lugo.
Cando garabateo este texto ainda persiste la incógnita da lista independiente de Guillermo Leal, que poderia ser quen corte o bacallao da próxima lexislatura.
Otero Regal
Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
BOA EDUCACION?

Calquera de nós foi testigo de esceas como a da avalancha de pasaxeiros que sen respectar a cola dun autobús, ábrese sitio a codazos para conseguir un asento, ou do adolescente ou non tan adolescente poñendo os pés sobre o asento dese mesmo autobús, ou sen baixar de devandito transporte, como todo o mundo, ou case, ten un súbito interese por saber o que pasa alén da porta cando sobe un ancián ou unha muller embarazada.
Todos fomos testemuñas do cidadán que arroxa ostensiblemente ou con disimulo a porcallada que ten na man á beirarrúa aínda que teña unha papeleira nos seus fuciños. Ou do ciclista ou peón que pasándose polo arco do triunfo as prioridades de circulación invade o camiño do outro. Ou do fulano que permite que o seu can semente de bombas antipersonas as beirarrúas da nosa cidade, vila ou povo.
Ou cando, sen pedirllo, calquera lechugino diríxese a nós coma se tubieramos algo máis en común que pertencer á mesma especie.
Non estou falando de normas de urbanidad tan desgraciadamente denostadas nos últimos tempos e que ao meu xuízo son o aceite ou o bálsamo que suaviza a fricción dunha convivencia social. Non. Falo de abandono da sociedade civil das súas responsabilidades educadoras. A sociedade na que vivimos levounos a evitar a confrontación, o mal intre, a dedicar o tempo que sexa necesario a ilustrar ao noso fillos, netos ou a concidadáns sobre o feo que é insultar a un profesor, pegar á parella ou deixar sos aos nosos maiores.
Ímonos moi tranquilos á cama sabendo que levamos aos nosos descendentes ao colexio para que os eduquen, colocando aos nosos pais nalgún buraco infecto para que os coiden ou pensando que se hai actos de violencia, incivismo ou canalleria varia, xa están as autoridades para corrixilo.
Manda carallo que sociedade e que tropa temos ao arrededor¡
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2011 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
A POLITICA DA XENTE PREPARADA
Teño amigos e coñecidos de ben que entraron en profunda depresión logo de escoitar unhas palabrexas a Durán i Lleida, lider dos demócrata cristians catalans. Uns son funcionarios, e outros teñen apreturas económicas. Uns e outros estaban ilusionados por iniciar carreira política. Pensaban que tiñan ideas, ganas de traballar polos demais, crían que podían axudar a construír unha sociedade mellor. Pero niso chegou o secretario xeral de CIU e afundiunos na miseria. Cando un inxenuo xornalista preguntou a súa opinión sobre a posibilidade de facer públicos os bens dos deputados, Durán i Lleida, encabuxado como un mandril, respondeu: “Se vostedes queren que esta sexa unha cámara de funcionarios e xente pobre imos polo mellor dos camiños”. Toma castaña, Ardelle o eixo e ardelle o carro…e hai que mollalo.

¡Funcionarios e xente pobre! ¡Que espanto! Nada peor podería pasarlle á sociedade española, actualmente dirixida con sabedoría e transparencia por homes e mulleres sen ataduras co estado e co ril ben cuberto, que caer nesas mans. Durán i Lleida defende que a política está reservada para “xente preparada”, as elites intelectuais e económicas, esas “que se poden gañar a vida na actividade privada”. Funcionarios e pobres son, xa que logo, indignos de practicar o tan nobre arte da politica. “chegou un momento en que hai que defender a dignidade política”, sentencia o deputado en Cortes Xerais.

Se seguimos dubidando desta boa xente, esixindo o fin dos seus privilexios, preguntando polas súas incompatibilidades, pedíndolles transparencia e o recorte dunhas pensións pensadas para exiliados, é moi posible que un día destes enfádense e déixennos na estacada. Imaxinan unha folga de políticos? O pobo ingobernable, movéndose como polo sen cabeza, levaría ao país a unha situación de caos: cidadáns zombies arrastrándose polas rúas, sen oficio nin beneficio, ao carecer da iluminación ética, intelectual e moral que nos proporcionan as súas señorías.
Otero Regal

Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2011 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal