A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MENOS MAL
MENOS MAL
¿Eran os Resentidos con Reixa a cabeza? O ou meu amigo Chichi Campos ,xa desaparecido, quen decia aquello de "menos mal, que nos queda Portugal". Agora alégrome de poder dicir "menos mal, que remata a campaña electoral", Tan só quedan 5 dias para a reflexión e o voto, craro que un adiantouse e xa o fixo por correo, xa que por mor do traballo na data “D” non me atopo en Xunqueira.
Qué pouco nivel amosan os políticos cando nos tratan como a meros consumidores. Durante os mitins, o orador correspondente vai dicindo que o seu partido é mellor que os demais, atribuíndose valores que automáticamente nega aos outros. Ata que un rexedor atento lle advirte de que está a saír en televisión. Imaxino que nese momento se acende unha lámpada vermella e orador empeza co seu discurso de frases feitas. Un discurso refinado pouco a pouco a base de varios anos e infinidade de tópicos. De feito, a televisión segue aos candidatos, pero eles cada día din o mesmo no momento en que o realizador do telexornal lles "pica"a luz vermella.

Non me gusta nadiña, pero que nada de nada este xeito de facer política. Unha actividade que debería ser unha nobre entrega cara aos demais converteuse na persecución dun trono (un soldo, unha rede de contactos, unha poltrona donde repousar as posadeiras...) a calquera prezo. A campaña electoral non é máis que unha colección de anuncios publicitarios. E os políticos, unha serie de colonias, coches, deterxentes ou calquera outro produto material que os publicistas intentan colocarnos. O problema é que se non estamos satisfeitos co "produto", non hai dereito a devolución: témolo que quedar durante catro anos.

Un xa reflexionou, xa ten o voto emitido, tivo que escoller non os mellores, sintoe, sinon os menos malos pero para vostede amigo lector estes dias que quedan debería reflexionar e resolver a quen votara o domingo dia 1 de Marzo. Difícil tarefa, porque, si lle pasa como a min que durante esta campaña electoral, me recordei dos ancestros de todos os cabeza de lista polo menos cinco veces. Pero non se a abteña, colla a chaqueta o carnet de identidade e encamiñese a mesa electoral cun sorriso nos beizos, ali exerza de democrata, non leve a papeletiña que o “amigo de turno lle levou a casa, nin a que recibeu por correo, cóllaa ali mesmo, métaa no sobre e vote, despois vaia a votar un grolo de viño novo ou unha caña e recorde que si o asunto nos saíu mal, dentro de catro anos acabaselles a os politicos o contrato en precario que teñen e a o mellor para aquela apareza unha clase de políticos que pensen máis en explicar o seu programa que en pactos, cargos e mariconadas varias.
Otero Regal
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2009 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
PINCHOU FEIJÓO EN VIVEIRO ?
LUGAR:Teatro Nicomedes Pastor de Viveiro
Asistentes: 250 personas
Lugo segue resistíndose ao candidato popular, que onte volvía picar en Viveiro, no seu segundo mitin na provincia na que no primeiro que deu en Chantada xa deixou ao aire as disputas internas da agrupación local. Non conseguiu encher o auditorio|público do teatro no que o próximo domingo intervirá Fernando Blanco, o conselleiro nacionalista, que compite co socialista Ricardo Varela na intensidade da campaña na provincia.

Feijóo recolleu á entrada a carta que lle entregaron os afectados por unha sentenza de derrubamento pola ilegalidade dunha licenza concedida polo anterior alcalde popular César Aja, que onte aproveitou a súa intervención no escenario para defender a súa xestión urbanística.

"Quero que Galicia teña un goberno á altura das circunstancias", foi un dos recursos do mitin despois de que o candidato gabase tanto a retranca galega como valor exportable como ou a punto seguido a capacidade de traballo. No contrapunto situou o bipartito, ao que compara coa mestura de auga e aceite. O debate anulado non saíu do guión do popular. Feijóo apunta á cámara e lanza que "non é razoable que non teñan dúas cadeiras para que debatamos Touriño e eu". Nas anotacións apunta aos profesionais aos que anuncia que "volverá a pluralidade"
RECOLLIDO DE
El Correo Gallego

Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2009 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
POIS FALEMOS DO ABORTO
Os partidos con representación parlamentaria en Madrid traballan nas últimas semanas en ultimar unha lei de prazos sobre o aborto: Como é natural (?) as posicións de PP e PSOE están nas antípodas; o contrario, sería máis sorprendente.

Segundo o que se avanzou ata o momento polo partido do Goberno, as conclusións xiran sobre tres eixes: o aborto si é un dereito; é un dereito que as mulleres poidan exercitar segundo a súa libre vontade (de momento o prazo non foi detallado no texto pero oscilará entre as 14 e as 16 semanas) e, con posterioridade se se cumpren algunhas condicións; é un dereito que deberá garantir o sistema público de saúde.Por certo contame que en BURELA, no hospital os medicos do ramo, algun do OPUS, seique se negan sistematicamente a facer abortos.

O PP teno moito máis claro. "O aborto é malo. É malo para as mulleres e é malo para a sociedade. Non pode ser un dereito da muller algo que é malo para ela. Fronte ao aborto, máis vida". Estas palabras, pronunciadas por Sandra Moneo, voceiro do PP na subcomisión do aborto no Congreso, resumen a posición do seu partido.

Cen mil mulleres deste país sufriron a interrupción do seu embarazo no último ano (esta cifra cifra non só manéxana as asociacións antiabortistas, senón algúns partidarios da lei de prazos). Sen entrar na guerra de cifras, o dato en si xa é arrepiante. Algo grave ten que pasar cando hai tantas mulleres que decidiron interromper o seu embarazo. O sistema está a fallar nalgún punto.

A dereita oponse xunto cos seus aliados da igrexa catolica tamén, con contumaz contundencia, ás campañas de prevención do embarazo, repartición gratuíta ou semigratuíta de condóns e mesmo a formación sexual nos centros escolares. Non é de estrañar, polo tanto, que saian á luz casos como o da parella de ingleses (el de 13 anos e ela de 15) que acaban de ter un fillo e recoñecen ante as cámaras que non saben que van facer agora. ¿Sería mellor que a nena abortase? ¿Os pais deberíanse de opoñer a que nacese esa criatura que non ten a culpa da inconsciencia dos seus proxenitores?

Non sei que pasaría en España se saíse á luz unha destes casos que, por desgracia, tamén aquí se producen, segundo admiten os médicos e sociólogos que tratan como pacientes a eses preadolescentes xa pais coa súa tenra idade. Eses mesmos que agora se opoñen ás leis do aborto, son herdeiros dos que viaxaban a Londres nos anos sesenta, setenta e oitenta a abortar nas clínicas especializadas. Algo ao que só podían aspirar os que tiñan medios económicos (Cartiños) e unha posición social máis que evidente. Será por iso
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
SAN VALENTINO
Din que, cara a finais do século quinto, o Papa de turno quixo prohibir un rito pagán da fertilidade. A festa era, polo menos, curiosa. Sacrificábanse animais, arrancáballes a pel a tiras e os sacerdotes golpeaban os estériles con eses pellexos ensanguentados. Despois da cerimonia, as parellas corrían á súa casa para botar un polvete antes de que o conxuro perdese o seu efecto. O amor... Era algo parecido aos orgasmos globais que agora se organizan por Internet.
Esta celebración tiña lugar todos os 15 de febreiro. Cando o Papa a prohibiu, os pagáns simplemente disfrazárona un pouco e pasárona ao día 14, en que se conmemoraba o martirio dun novo cristián chamado Valentinus. Parece que, un par de séculos antes, o tal Valentinus dedicárase a unir en matrimonio novas parellas -non me consta se todas eran heterosexuais- desafiando así unha lei imperial que impedía que os soldados casasen (o matrimonio é unha distracción que o exército non podía permitirse). Valentín foi por iso condenado a morte, executado e santificado.
Por estes dous motivos -e algún máis que haberá- o día de San Valentín quedou asociado á fertilidade, o sexo, o amor e o matrimonio. ¡ Que bonito!
Moitos séculos despois, coa invención da mercadotecnia, alguén detectou unha oportunidade de negocio neste día. A oportunidade seguiu o proceso habitual, converténdose primeiro en oferta, despois en pedido e, finalmente, en factura. Creárase unha necesidade social e unhas formas de satisfacela. ¡ Veña, a gañar diñeiro!
Dende entón, parece que, se o día de San Valentín non lle fas un regalo ao teu cónxuxe, a parella se debilita. Publicidade, tarxetiñas de felicitación e outros obsequios absurdos (cheguei a ver nesta Mariña dos nosos sufrires e praceres, tortas en forma de corazón e de cor rosa). Non me gusta o actual día de San Valentín. Non soporto que os grandes almacéns diten cando temos que facernos regalos ou qué tipo de obsequios hai que mercar
Eu vou pasar de bombóns, roupa interior sexy ou outras dádivas. Como moito, celebrarei o día de San Valentín (para moitos, San Calentón) e volverei rememorar a Valentinus como facían os romanos, pero sen sacrificar animais, que iso está moi mal visto ultimamente.
Para máis inri, agora os reis magos chegan tamén en xuño, coas notas dos nenos. ¿Por que regalarlles xoguetes polo mero feito de aprobar? É o que teñen que facer. Se pido eu unha recompensa por aprobar en xuño nos meus tempos aínda me estarían a asubiar os oídos do sopapo. Bueno, o certo e que casi nunca aprobei todo en Xuño.
Otero Regal
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
COLLIDO DE A SUELDO DE MOSCU http://www.asueldodemoscu.net/
http://www.asueldodemoscu.net/
E CERTO AQUELO DE QUE UNHA IMAXE E MELLOR QUE MIL PALABRAS
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2009 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
www.cabozo.com UN DE VIVEIRO EN ALEMANIA
Boas tardes.

Como lector do seu blog A maliña de Lugo, quero facerlle chegar unha nova que pode ser do seu interese.

Un colega vivariense, emigrado na Alemaña dende fai uns anos, creou fai máis ou menos un ano, unha páxina web chamada CABOZO (www.cabozo.com) coa idea de manter o contacto coa sua familia e amigos.

Esta páxina que no seu día comezou coa mera intención de manter lazos cos seus achegados, pouco a pouco e gracias ó "boca a boca", foi medrando ata convertirse nunha nova comunidade web galega onde emigrantes galegos, e en xeral, toda a comunidade internauta galega dispón dun punto de encontro onde manter o contacto cos seus achegados.


Esta web ten por obxeto como reflexa na su páxina de aceso "crear grupos públicos ou privados, chatear, compartir novas de interese, contar o que estás a facer ou pensar, compartir imáxes, arquivos ou eventos coa túa familia, amigos, mozo/a... oo con quen ti queiras"

A páxina é totalmente caseira utilizando software libre e está ausente de publicidade de ningún tipo.

Hoxe 10 de febreiro de 2009 o propio Centro de referencia e Servizos de Software Libre da l
Xunta de Galicia faise eco da páxina creada por este emigrante galego co apoio dun grupo de colegas da mariña ( adxunto imaxen da noticia recollida por este Centro)

Ademáis poderedes visualizar dita noticia nesta ligazón: http://www.mancomun.org/
Outras comunidades web con máis recorrido como Chuza! tamén se fixo eco da páxina: http://chuza.org/shakeit.php?page=2

Coa idea de agradecer a este amigo o seu aporte útil e desinteresado para a sociedade e esperando que a noticia sexa do su interese e posible publicación no seu blog, aproveito para mandarlle un saúdo.

Ánxel.
ASI ME CHEGOU E ASI O POÑO.

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2009 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
CÁNSANME OS POLITICOS
Na aldea donde nacin, un veciño sabio o Señor Vicente do Blanco dicía a frase de "¡ Qué canso é!", viña a decilo despois de aguantar unha parrafada parba dun mercador de gando, ou dun veciño “paliza”, no trascurrir dos anos o dito quedou aí, aparcada, ata que, onte pola noite, vendo o telexornal, sorprendinme cun: "¡ qué cansos son os políticos "! ". Saíume da alma. E, ademais, aprendín a usar unha palabra olvida e a recordar a aquel home bo e xeneroso que mais dunha vez atendeu de min na nenez e ademais aprendeume a xogar á brisca trais da lareira en noites de invernia.
Cánsanme os políticos. Todos. Os grandes e os pequenos. Os que gobernan e os da oposición. Os estatais, os autonómicos e os municipais. Os que teñen idade para ocupar cargos e os que loitan a codazos mentras que esperan ocupalos algún día. Os que falan moito pero non din nada. Os que din moito pero non fan nada. Os que din unha cousa e fan outra. Os que fan o que lles dá a gana e os que desfán o pouco que outros fixeron. Cánsanme os políticos. Todos.
Se me permitides, darei a miña visión sobre a política na nosa bisbarra, agora máis ca nunca terra de eucaliptais, concellos dirixidos por ineptos ou corruptos que, como os gobernadores romanos, aproveitan a súa oportunidade para roubar todo o roubable seguindo tamén a máxima de pan e circo, agora trasformado en comidas para os xubilados, festas, feiras e mercados entre outras cousas, si, xa o sei que existen excepcions dun e outro signo, pero como di o refran “A excepcion confirma a regra”; partidos con vocación de pastores, sacando os seus rabaños a pasear pola rúa cando toca repartir as papeletas e pedir ou mendigar o voto; satélites que fan o traballo sucio aos partidos,- un dia destes terei que sacar os dossiers dos % e de quen os cobra -; uns salóns de plenos onde se vocea e patéxase como nun estadio de fútbol; unhas verbas especializadas (iso din eles) que dán máis importancia ás palabras ca aos feitos, fomentando que os políticos invirtan máis en charlatanería que en acción política; expoliticos nostálxicos, que aínda gustan duns minutos de groria (o único xubilado a opinión do cal me importa é Cruyff)… E mentres, ¡ a casa sen barrer! Coa cantidade de cousas por facer que hai neste país, pásanse o día discutindo:
[Uns] Eu faríao mellor que ti se estivese no teu lugar. ¡ Abandona! ¡ Déixame a min!
[Outros] Pois eu creo que o fago bastante ben. Ti fixéchelo peor. ¡ De aquí non me sacan nin os GEO!
[O resto] En realidade, todos o facedes moi mal. Nós somos os mellores. ¡ Oe, oe, oeee, oeeeee!
Nunhas semanas, teremos eleccións outra vez e tocaranos soportar outra campaña electoral. Creo que vou a ter que deixar de ler xornais, de escoitar a radioe de mirar telexornais. Se non, igual me poño enfermo pola cantidade de veces que me recordo dos políticos. Non pode ser bo para a saude defecar tanto.
Otero Regal
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
NON PERMITIREMOS A Utilización do blog A MALIÑA DE LUGO para difamacions e insultos
En vista de recentes acontecementos no blog A MALIÑA DE LUGO, o administrador do blog , quere expresar o rexeitamento do uso deste medio de comunicación para crear odio, para crear inimizade, para facer dano, para difamar, para inxuriar, para insultar, para enganar e mentir descaradamente.
Rexeitamos
A suplantación de identidade no blogs e en Internet en xeral como medio para desprestixiar unha persoa e sementar a desconfianza entre as súas amizades e lectores.
O uso do correo electrónico e dos blogs como medio rápido de desprestixio das persoas, facendo circular en masa e indiscriminadamente mensaxes cheas de acusacións das que en ningún momento se presenta proba ningunha, pola pura intención de facer dano alguén con quen exista unha inimizade persoal.
O uso dos posts e dos comentarios como instrumento impune de mentiras, insultos, calumnias e difamacións sen o menor escrúpulo.
Apoiamos
Un modelo de blog no que por suposto se defenda a xustiza, pero no que tamén se cultiven sobre todo a amizade e o bo ton e a cortesía entre os que participen nel dun modo ou outro.
Un modelo de blog limpo de insultos, de odio e de xoio, e en consecuencia apoiamos o dereito absoluto do administrador do blog a suprimir e a rexeitar calquera comentario que se deixara coa soa intención de facelo dano ou de facer dano a terceiros impunemente.
Para impedir os insultos no blog a primeira medida a tomar é que o administrador impidira que entre os seus comentarios saia publicado algún con ofensa cara a alguén. Máis efectivo imposible.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2009 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
FALABAN DE NÓS EN PARIS
Se mo contan, non o creo. Ali no noticieiro da telervision francesa saia o norte de Lugo, imaxes de ondas de moitos metros e moito vento, árbores caidos e un “molinillo de enerxia eolica” retorcido como si fose de xoguete, facian mais fincapé no sucedido na sua terra, nas Landas, moito pino caido e roto, pero por unha vez, dende o meu hotel en pleno barrio Sant Denis falaban de nós.
Sei que pasamos por uns momentos delicados. O fenómeno que vivimos non é normal e si excepcional, aínda que os científicos nos digan o contrario. Esa vendabal tocounos ben os narices, por non dicir outra cousa.
As autoridades estaban advertidas. Recoñezo que, con celeridade, sinalaron os previsibles problemas que podiamos atopar. Dispuxeron os equipos de emerxencia para paliar, no posible, os efectos deste ciclón que nos meteu o medo no corpo.
Outras empresas quizais non estiveran á altura. Polo menos, ata que alguén se digne a explicar que sucedeu, os usuarios só podemos patexar. E un declarado cascarrabias, de pateos sabe bastante.
Moitas horas tiveron a bisbarra sen suministración eléctrica. En pleno século XXI a avaría non se solucionou ata primeiras horas de luns. E a Mariña viuse (é un dicir) sumida na escuridade.
Comercios coa persiana medio botada porque non podían satisfacer aos seus clientela, bares sen parroquianos porque parecían a boca do lobo, panadarías sen xénero,... fogares sen calefacción.. E sen comida. Moitos conformáronse con abrir un par de latas, porque era imposible quentar un cazo con auga para facer unha sopa de sobre. ¿De verdade que foi imposible garantir a subministración ata pasadas tantas horas?
Quizais Begasa non preveu a situación. Quizais a compañía eléctrica pensou que non era para tanto. Quizais non puxera os equipos de garda necesarios para unha emerxencia destas características. Non era un vendabal normal, señores. Había unha alarma, como as autoridades se encargaron de publicar. E sobre todo quizais non se vixá o suficiente a existencia de árbores o carón da rede.
A resposta de Begasa, que seique agora é dunha empresa alemana foi penosa. Estamos no de sempre: compañías que cultivan servizos básicos en réxime de cuasimonopolio e para as que os usuarios non somos nada. Con culpabilidade ou sen ela, alguén debe de asumir a responsabilidade sobre os prexuízos que tanto particulares como hostaleiros, e todo tipo de comerciantes recibiron por esta causa. Un día no que moitas familias o adican a facer a súa compra semanal, un día no que os hostaleiros e outros comercios fan a súa mellor caixa da semana, ademais dos produtos estragados nos conxeladores de todos eles, debe de ser compensado por quen, segundo a lei deba de facelos.
Pero ninguén nos descontará da tarifa as horas sen subministración de electricidade. Iso si que está garantido.
Otero Regal
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2009 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal