A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTRO GALO NOS CANTARIA
Todo o peixe xa está no trasmallo, que dicia Xose de Chavea, ou casi, pero o escepticismo din que medra a esgallo, a pesares das deceas de “kilos” de euros que están postas no asador mais de 24 o PP e a metade oPSOE, nesto tamén temos diferencia cuantitativa.
Estou totalmente convencido de que a forma mellor de animarnos a acudir con mais intusiasmo ás urnas seria a instauración do “Votar os que non Quero”, a cousa seria que nos proporcionaran a lista de aspirantes o cargo e nos deixaran tachar neles a aqueles que nos daria noxo velos no Congreso , Senado ou no mesmo goberno, desa forma a bon seguro que moitos de nos tachariamos a reo, dun ou de outro partido, co fin de eliminar da carreira politica a moitos dos sinvergoña que pululan por ela, e de paso obligandolles a traballar nalgunha actividade que sexa de mais utilidade para a sociedade.
Tal como están as cousas, papeletas cerradas ou casi un non ten mais remedio que escoller a suxeitos que estarian mellor no cárcere que sendo deputados ou desempeñando outros menesteres de goberno ou oposisición.
Cando faltan soio duas semans para o 9 de Marzo, un que estaba nestas lerias, ben escoltando e vendo cada cousa que lle fai ter craro a papeleta que collerei nesa especie de “barra americana” que nos poñen na vella escola de Xunqueira,
Di unha cantiga dos “Diplomaticos de montealto” “Ai vos quedades con monxas curas e militares, poi repitese a cousa e son eses mesmos estamentos quen saen a greña voltando co de que España rompese, que o do divorcio, aborto, e matrimonios gai e un noxo , e unha repiticion do que viñeron decindo séculos e incluso milenios, ecerrando ou “fogueando” na cacheira a todo aquello que cheirase a liberdade ou lberalismo, tento eu que estes señores ou señoritos o que queren e voltar instaurar a “historia sagrada” en vez de educar para a convivencia da cidadania, e xa saben ustedes o refran 2ª historia sagrada e a historia como a musica militar a musica”.
Como España non se rompe, Zapatero non se uneu a ETA, no economico vainos bastante ben, tendo en contaco que cae por ahí fora, non me gustan as rebaixas de impostor, que logo notanse na saude, na educación, nas comunicacions, e que prefiero unha gargallada que o mal xenio xa estou disposto para votar, asi que por min, señores politicos xa poden aforrar os cartos e poñer para maña a cousa de meter as papeletas na caixiña de metacrilato, eu xa o teño craro,.trais vivir vinte e tres anos baixo a bota do pequeño dictador de Ferrol, non merezo que esta tropa me amargue a cincuentena.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2008 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
A CAMPAÑA ELECTORAL
As campañas electorais, como calquera proceso importante no trascurrir da vida do cidadan , unha transformación no suxeito pasivo ou sexa o potencial votante, e tamén no activo , o señor ou señora que se presenta para que o voten, craro está que para recoller trigo primeiro temos que recoller a semente, e mírese como se mire o asunto a semente é de calidade bastante mala, por certo.
Si un non está disposto, como no meu caso, a comulgar con rodas de muiño, soio lle queda aquelo de pensar , outra vez mais aquelo de, ben mirado cando meto a tarxetiña do voto polo burato do metacrilato non e que eu confie nos nomes da papeleta, estes non son mais que meros comparsas ou caladiños, que se limitaran a ir unhos dias a seman a madrid cobrar os reais que lles concerne o posto e punto, o certo é que a esperencia dinos eso, os que mandan, os que cambian ou poden cambiar as cousas para mellor ou para peor, son outros, estes, a o fin e a o cavo son un cero a easquerda.
Quizais este equivocado, pero esta e a miña disculpa para ir a votar o proximo dia 9 de Marzo, pois e ben certo , que si me ativera o percal que se presennta nestas latitudes quedariame na casa, e tapadiño có sabana todo o dia.
Menos mal , que supoño que nes es territorios do norte temos outra crase de xente, mais credula, ou desa que pensa que estas datas son unha boa oportunidade para voltar a recordar e intentar aquelo tan galego de “¿E si ganamos, que pasa co meus?”.
Outros, pola contra, serán deses que aprecian o espectáculo en todo o seu esplendor, como quen goza cheo de polvo e “perfumenes” varios perante casi unha seman no Campo do Naseiro.. Non poucos serán dos que agardan, medio interesados, medio resignados, a que escampe. En calquera dos casos, todos agradecerán unha pequena guía das promesas, para saber a que aterse.
Posto xa encol do tapete a mediocridade dos nosos candidatos que ademais tanto valen para un roto como para un descosido, xa se presentaron a todo, concelleiros, alcaldes, diputados autonomicos, provinciaes, e tendo en conta o dito antes, vamonos a centrar no que din os “Leaders” do asunto: Ímoslle baixar os impostos a todos, e como mostra metemos a un rico , ben rico para que vaia de ministro de Economía, xa o decia Xoquin o das Zocas que maden os ricos que asi o mellor reparten algo, os pobres non teñen nada que repartir”, craro que Xoquin acabou en Castro,.
Os outros, non se quedan cortos, cheque por aqui, permisos de paternidade por acola, soldos de non sei que por mais aló, postos de traballo, mais altos os soldos e o que che rondarei morena.
Con todo, bótase de menos que as campañas de propaganda non vaian á raíz das cousas e non falen claro. Por exemplo, que nos ofrezcan volver á situación fiscal de cando España era unha nación donde,quitado os asalariados con nómina, pagaba o que lle parecía e tiña a ben. Se hai déficit, alúganselle as Baleares ós alemáns ou as Canarias ós ingleses, e poténciase a construción residencial veraniega na liña de costa de Barreiros ata Vilalba. Será por falta de emprendedores, digo eu.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
ZAPATERO VOTAREI POR TI

Espero que ningún tocacollons me declare traidor a ningunha causa por publicar este video, pero e que ten moita gracia. E algo así como un George Brassens castizo -salvando as distancias- explicando por qué votará por Zapatero. http://www.youtube.com/watch?v=QE7szlaAsU8&eurl=http://www.asueldodemoscu.net/?p=1366
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2008 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
DESFEITAS DE ARQUITECTOS
“O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor… Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría…Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras”.
Este texto forma parte da convocatoria contra a destrucción do territorio para o 17 de Febreiro, na Alameda de Santiago co eslogan de “GALIZA NON SE VENDE”
Por outra banda , logo do éxito das anteriores edicións, a Comisión de Cultura do C.O.A.G. en Lugo organizou no ano 2007 a terceira edición dos concursos fotográficos de Acertos e Desastres Arquitectónicos na nosa provincia.
Os traballos presentados a ditos concursos deron como froitos a realización dunha exposición das fotografías seleccionadas e galardoadas que estará este mes de febreiro no Colexio de Arquitectos.
Din os arquitectos que co ánimo de seguir contribuíndo á defensa, divulgación e propagación da boa arquitectura e ca intención de que no futuro sexa máis doado atopar Acertos Arquitectónicos e que os Desastres Arquitectónicos acaden solución.
Pois ben a nosa Mariña tamen forma parte da mostra tanto para ben como para mal, e o certo e que se queda corta en ambolos sensos, por un lado no dos acertos danlle o terceiro premio á fotografía titulada PLANO DE ALZADO, entendendo que representa un acertado punto de vista de xeito que desde o mellor encadre posible subliña o mais salientable do edificio, que esta en San Cosme de Barreiros, e ten coma autor a Jesús Pardo , curioso que este precisamente nese concello que se caracteriza, xunto con outros, por ser o mais barbaro no tema do urbanismo.
No eido dos desastres tamen se premia: MAR ADENTRO, “Entendendo que establece, cunha doce representación, unha denuncia dalgunhas actitudes que non comprenden a paisaxe.” Realizada por Miguel Ángel López na praia das Areoura (Foz), nela vese toda a veira da esquerda da ensenada dese hermoso rincón con a casa que fixo , precisamente un alcalde de Burela o o sinfín de “Chalecitos” que bordean o areal.
Ós arquitectos da nosa provincia habería que lembrarlles que non son almas cándidas, e son en boa parte responsables e cómplices da absoluta desfeita urbanística na que vive a bisbarra, porque menuda urbanismo que hay na Mariña, menudos ensanches, menudas casas, menudo feísmo. E todo eso tamén o fixeron os nosos arquitectos, e o peor, si non o fixeron, firmaron a cambio de catro pesetas proxectos impresentables.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
DENDE LOGO, POÑEN MEDO
Desde logo, un levantase pola mañaciña e esta cheo de medo, lendo os papeis, escoitando a radio, vendo o televexo todo é medo, medo a o terrorismo, medo á ruptura de España, medo a descomposición da familia, medo a evolución da economía, medo a que nos deixen sin carreteras neste norte nordesio , dende logo algúns explotan o medo e chegan incluso a dar autentico medo, Non me volvo a cama por aquelo de que un ten que gañarse a merluza e os grelos co sudor da sua fronte, que se non.
O certo é que estamos na época da globalización, o medo, dende logo, tamén é global, dende Tokio, Hong Kong e Shanghai a Bos Aires e Sao Paulo, pasando por Frankfurt, Londres, París e Madrid, as bolsas sufrirón un severísimo desplome.
Din os que entenden desto dos cartos que a cousa debese a o escepticismo xeneralizado ante as medidas que pode adoptar o Goberno de Bush para afrontar o que parece unha inminente recesión económica en Estados Unidos, un país tan grande, tan grande que representa un cuarto del PIB mundial. A causa de fondo e a profunda incertidume probada no sector financieiro mundial pola crise das hipotecas baratas en Estados Unidos.
¿Aguantará Europa? ¿E acertada a obsesión pola inflación do Banco Central Europeo ou debería, polo contrario, baixar os tipos de interés para estimular a actividad económica? E asi de paso , por este norte tan alexado deses mundos do gran capital, poderiamos afloxar un pouquiño o cinto a hora de pagar as hipotecas.
Como ante cualquier epidemia de gripe destas que nos están amolando, navegarán mellor pola crise as economías que teñan as defensas máis fortes. Por exemplo, un superávit das contas públicas axudará... e moito. Asi que tomen nota os nosos concelleiros de facenda e alcaldes varios e non gasten todo en festas e foguetes e aforren para o dia de mañá.
É certo que nos últimos meses apareceron nubeiros no económico e estase traducindo en maiores dificultades para chegar a fin de mes dos que menos teñen, sobre todo. A maioría dos problemas, digámolo claramente, veñen de fora: subida do petróleo, subida dos alimentos, … Outros elementos, en cambio, son internos, e moi en particular o feito que mais nos afecta e mais nesta bisbarra, o feito de que a burbuxa inmobiliaria estase deshinchando dende fai meses.
Duas reflexiones personaes: 1.- Cas cousas de comer non se xoga. a oposición debería ser moitisimo máis responsable en materia económica, non convertirse en un entusiasta voceiro do catastrofismo.
2.- Como dixo non sei que santo, en tempos de zozobra e mellor non facer mudanza. E a bon entendedor, con poucas palabras bastan.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2008 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal