A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O TOLO DO PICATO
A pasada noite "el Loco de la Colina"....¿podiamos traducilo como O TOLO DO PICATO... estrenou horario e, antes de empezar o programa, deu as suas razons do por qué non dimiteu cando censuraron a entrevista a José María Garcia.
Foi craro e contundente....cargou a responsabilidade a TVE. No está de acordo con a decisión porque cree que a libertade de expresión e un valor democrático.
E para unha vez que un periodista de dereitas de toda a vida como o butanito poñia a caer de un burro a xente de dereitas...como Aznar ou Florentino....MANDA CARALLO.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2007 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
OS CURAS SIGUEN MANDANDO
Unha mestra de relixion veuse chimpada na rua por manter unha relacion sentimental con un home que non era o seu marido (do cal separarase) e vai o Tribunal Constitucional y lle da a razon a iglexia catolica, apostolica e roman.... por non renovarlle o contrato. Dende logo esto xa e a hostia....

"Non son cura, nin monxa, nin fixen voto de castidade", sin embargo, a "Os curas pederastas no nos retiran e dan crase de relixión" católica, criticou a mestra despedida e aldraxada Galayo, quen considerou unha "aberración" esta primeira sentencia do TC encol deste asunto, que afectará -advirteu- a outros 14 casos similares ao seu sobre os que está pendente de pronunciarse.
recordolles que oscartos cos que se paga a os mestres de relixion proceden dos presupostos do estado....e por a mesma dos impostos pagados polos cidadans...e que quen contrata as-os profesoras-es e o estado.
Dende aqui pido a Zapatero que de unha vez por todas rache os acordos igrexa catolica-estado firmados en epocas preconstitucionais.....
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2007 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
PaRA TodAs VosOUtrAs MULLERES
PaRA TodAs VosOUtrAs MULLERES!!!!!!!!!!!!!
Con un pouco de risa......dende
http://amparatu.spaces.live.com/Blog/cns!5299F5807638E596!1280.entry?owner=1


A vida NON debería ser un viaxe de cara a morte coa intencion de chegar con boa saude, con un corpo ben consevado ,atractivo e ben cuidado,
sinon mais ben.....deslizarse costa abaixo nela, con o que mais lle guste a un nunha man e viño na outra, o corpo feito polvo, esgotado de disfrutar del desta vida, desgastado, que quede pouco pos bermes….e berrando…..aquelo de …… que paseo!!!

SI SEÑOR… SOMOS PERFECTAS....porque:
Non nos quedamos calvas.
Temos un día internacional e outro nacional.
Podemos usar tanto o color rosa como o azul.
Sempre sabemos que o noso fillo e noso.
Temos prioridade nos naufraxios.
Non pagamos a conta.
Somos os primeiros rehens en ser liberados.
Si somos traicionadas somos
víctimas. Si traicionamos eles son os cornudos.
Podemos dormir con unha amiga sin ser chaamadas homosexuaes.
Podemos prestar atención a varias cousas a vez.
Muller de embaixador, e Embaixadora; Marido da Embaixadora, quén e?
Muller de Presidente e a Primeira Dama; Marido da Presidenta, quén e?
Si decidimos facer traballos de homes, somos pioneiras;
Si un home decide facer traballos de mulleres , E maricón perdido.
E POR ÚLTIMO:
Facemos TOOOOOOOODO o que o home fae, e CON
TACONS ALTOS...!!!
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2007 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
VOLTAN OS CORVOS
Mariano Rajoy, Xefe da desleal oposición,saeu a palestra para calificar a anifestación contra a independencia xudicial que fixeron os patriotas en Madrid como brilante, a min recordame un anuncio de deterxente, colon ou similares. eu...como e supoñible...non fun a semexante cousa....vin as fotos...unha queda aqui....e volto a decir aquelo....VALE MAIS UNHA IMAXE QUE MIL PALABRAS....a verdade e que dan un pouco de medo...dende que morreu o "Generalísimo", as manifestacions públicas de extrema dereita, recordemos aquelas da praza de oriente... estaban en declive, hasta que o PP foi desbancado do poder por primeira vez na democracia. Todavía no no tragaron...non son capaces...teñeno atragantado, e como pensa que España e sua, consideran que vale todo para volver a Moncloa,o certo e que deberono pasar caralludo ali....agora sacan a la bicha do armario. Acusan ao PSOE de estar detrais dos atentados do 11-M, para azuzalos. E teñen axudas santificadoras....os obispos deciden intervir en política directamente,utilizando, ademais dos pulpitos a COPE que es da sua propiedade, donde teñen a plandilla de comunicadores mais radicalmente de dereitas que se coñece, y o insulto, a calumnia e a inxuria,son o pan de cada dia... con a intención crara de azuzar a os fachas.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2007 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIA HISTERICA
MEMORIA HISTERICA

En Galicia somos moi dados as romerías, que esencialmente consisten en carretar aos santos dun sitio a outro, ben polos arredores da igrexa ou capela onde están o resto do ano, ou dunha igrexa a capela donde se celebra a romería, como no caso do Obispo Santo de Foz, que peregrina cada ano dende San Martiño ao alto de Marzan, tamén caracterizanos aos habitantes “endémicos” da bisbarra como camiñantes impenitentes, en busca de remedio para os males físicos e espirituais, por aquí quen mais , quen menos foi ofrecido a San Andrés de Teixido, xa saben aquelo de quen no vai de vivo vai de morto en forma de bicho, San Antonio da Rigueira, a Peregrina de Cordido, San Campio de Fazouro, A Virxen de Villaoril, Nosa Señora do Conforto, Os Remedios de Mondoñedo, San Cosmiño da Montaña….
Quizais, por influencia desta antiga tradición, a nosa vida social e aconfesional tende a repetir este xeito de cambiar as cousas de sitio, de aquí para acola, de acola para outro lado…, volvo a facer de notario do recordo e poño como exemplo o do Casón, o asunto xurdeu ala pola Costa da Morte, un barco cargado con bidóns encallou e empezou e facer ruido, o pobo colleu o peregrinaxe e o contido do barco tamén, primeiro a terra, despois a Parga e acabou no peirao da factoria de Inespal en Xove-San Cibrao, e armouse a marimorena, ou mellor dito a “Histeria colectiva”, os políticos con poder, que por aquí casi sempre foron de dereitas, e acababan de perder o poder na Xunta, La xe e o tripartito cortaban o bacalao, dixeron “Agora e a nosa…”e puxeronse a manifestarse, berrar, a esquerda como casi sempre, segue a ser mais critica cos seus que a dereita mesma, os sindicatos puxeronlles un trapo roxo para que turraran e turraron, saiu beneficiada, como sempre a gran empresa que cos cartos do seguro remozou a factoria e logo vendeuna a Alcoa por catro perras, daqueles lodos veñes estos zorros, expediente e expulsión de sindicalistas….dos bidóns que un bo dia desapareceron da bisbarra, nunca nada se soubo…..
E agora ven a segunda parte, que é a mais interesante….estos dias volve a exercer a autoridade competente, e un decir, a ancestral costume do romaxe…un barco procedente da Europa dos cartos vai de viaxe cargado de 15-15-15, un abono, por certo moi utilizado e coñecido nestas latitudes, onde se emporcalla con el todo vexetal que se precie dende as patacas, pasando polos prados e acabando nos eucaliptos, e o abono de marras empeza a fermentar, por certo un e fillo de Anxela de Regal que vendia este tipo de abono para a zoa do centro da bisbarra, e recorda moi ben como en moitas ocasións os sacos de 15-15-15 empezaban a quentarse si levaban moito tempo no almacen, e meu pai tiña que ventilalos ou incluso valeiralos, pois ben, sae fume e calor das bodegas, comunicanllo as autoridades marítimas e empezan a mover o barquiño de aquí para acola, e seguindo coa costume tradicional a oposición de dereitas e algun tonto útil da esquerda empeza a alarmar….e armase a miremorena, que si vamos morrer, que si traenos soio a merda…….. o PP aproveita que as eleccións municipais estan a volta da esquina…..hasta que en eso que Chove e acabouse a rabia e esta a punto de acabarse a romeria e o divertimento.
O que quero clarexar para os que promoven esta histeria colectiva é que O popular 15-15-15 do saco vermello empregase en Galicia en cantidades millonarias de kilos, para todo tipo de cultivo, sin control ningún, e como estrágase nun mínimo do 50% nada máis votalo na terra por mor das primeiras choivas, provoca a eutrofización de regueiros e lagoas, modalidade de contaminación que xa supón un problema grave de saúde ambiental nalgunhas, comarcas galegas. Tamén é sabido é que os fertilizantes NPK aumentan a cantidade das producións, aínda que resultan pésimos á hora de achegar calidades nutritivas e gustativas aos alimentos vexetais e animais. Por se non abondase, estes abonos favorecen o ataque de pragas e doenzas nos cultivos, e maior dependencia doutros agroquímicos de procedencia máis preocupante e, como non, transportados en buques mercantes que bordean as nosas costas. Finalmente, os fertilizantes NPK está a producir un dano difícil de correxir en canto á perda de fertilidade e degradación dos nosos solos, que son un ben prezado e de difícil rexeneración no tempo.
Asi que todos nos poñemos moi gallitos cando sucede o do Ostedijk e non decimos nada cando aquí e agora se verten miles de quilos , cada ano deses productos químicos, sen control, que no caso de Viveiro, nun 50% acaban no rio Landro, de donde se colle a auga para consumo, e o resto acaba na ría e logo no mar, afectando gravemente ao consumo human, ¿O sucedido poderase chamar ignorancia ou manipulación intencionada?



Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2007 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
DE ABONOS DO Ostedijk

O barco con nome de Ostedijk que esta aqui o ladiño mesmo, perto da Coelleira está cargado con 6.000 toneladas dun fertilizante de tipo NPK15-15-15C, unha das formulaciones mais utilizadas en agricultura,e no forestal... composta principalmente por os tres elementos que mais consumen as plantas. NPK significa Nitróxeno, fósforo (Phosphorus) e potasio (símbolo químico K), na realidade o nitróxeno promove a síntesis da clorofila e o crecemento rápido das plantas, mentras que o fósforo activa o crecemento dos tallos, flores, frutos e raíces e o potasio reforza a saude xeneral da pranta.
Os fertilizantes NPK 15-15-15, son en xeral bastante seguros, anque en determinadas condicios poden ocasionar problemas, u recorda que como fillo de unha almacenista de abonos...mais de unha vez ouvo que tomar medidas polo recalentamento dos sacos.... . a existencia na sua composición de nitrato de amonio, que puoe ser explosivo especialmente cando está contaminado con outras sustancias como derivados do petróleo . O principal problema dos fertilizantes NPK es que a elevada temperatura poden descompoñerse liberando gases como óxidos de nitrógeno, amoniaco, cloro y ácido clorhídrico mezclados con vapor de agua, en vapores irritantes para ojos y garganta aunque no demasiado peligrosos. Afortunadamente no caso de fundemento, cousa que non ten pinta de suceder, a carga e soluble na agua e non contamina: tan sio corre o risgo de fertilizar unha baqueteada zoa da costa da nosa bisbarra......MAÑA PROMETO MAIS....E CON MAIS GRACIA........

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2007 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
CARA DURA DURA
"Jamás nadie en el PP ha hecho oposición con el 11-M, ni ha cuestionado la actuación de la Justicia" Zaplana I El Mentiroso


Cágate loriño!!! Xa non sei si reirme ou pensar que estos "leaders" do PP estan lobotomizados e que xa non rixen...na operacion algo non funcionou...deixaron as coitelas dentro ou unha gasa ...ou unhas tixeiras....¡quiza¡¡

España ten que saber quén puxo as bombas do 11-M, pero tamén quén puxo a Zapatero na Moncloa". Miguel Ángel Rodriguez...outro xenio do marqueting e da publicidade do PP de toda a vida.....Entendo que non todo o mundo ten un coeficiente intelectual decente, moitos non poden facer nada.. pero otros van perdendo a pouca intelixencia que tiñan con o paso do tempo. Señor Rodríguez, OS CIUDADANS PUXEMOS A ZAPATERO NA MONCLOA.

Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2007 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
NENOS SOLDADOS
Contra a utilización dos nenos soldados: Canta inxustiza, incomprensión e falta de sentido común. Xa sabedes o menos común dos sentidos, existe na actualidade. E lonxe de minorarse surden novos atentados contra a esencia do ser human.
Deixo constancia desta denuncia e lanzo o meu berro ó vento contra todos aqueles que rouban unha das belezas mais puras que siempre debería albergar a faciana dun neno: a sua sonrisa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2007 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
SER FELIZ E COMER PERDIZ
Escoiteino o outro dia a un cura da bisbarra “PARA MIN A FELICIDADE E CRISTO E A VIRXE MARIA, NON EN TER UN COCHE MOI CARO; NIN TAMPOUCO TER UNHA MULLER DE COMPAÑEIRA”…eu, o certo e que non sei donde esta a felicidade, coincido co cura en que non está en ter un coche deses de infarto e que costa tropecentos euros….. pero creo que non coincido con él en que tampouco está en unha persoa de carne e oso. Non e que eu sexa feliz por ter unha compañeira. ni por ter amigos. nin por ter unha familia. pero teñoi craro que son todos eles, o conxunto, os que fan de mín un home feliz. e tamén teñoi craro que a mín non me fae feliz nin Cristo nin María, como lle pasa ao cura.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
O LADRILLO

O ladrillo podría servir hoxe moi ben como metáfora dunha bisbarra, a nosa, que se construe cun material cheo de furados que son aqueles que non teñen garantizado o dereito a un teito. E non falo das miles de persoas sin fogar, os “sin teito”, que ocupan a última escala da exclusión social. Por aquí tamen a desprotección legal xa chegu a maioría dos xóvenes e non tan xovenes xa que cando queren irse da casa dos seus pais para emanciparse e buscar un piso no que vivir, encontranse cos precios prohibitivos que ten a vivenda nestos lares, nos que construtores e promotores pensan mais en ofertar segundas vivendas para os de Madrid ou vivendas para xubilados e prexubilados de Ponferrada, Valladolid e o propio Madrid que na demanda real dos veciños da bisbarra, e no seu nivel social e económico.
E mentres os nosos xovenes e non tanto, teñen imposible acceder a un dereito que icluso a Constitución ampara: o dereito a unha vivenda digna. En medio deste clamor que exige xusticia, os beneficios dos que alardean bancos (beneficiarios das hipotecas), promotoras de solo, e empresas constructoras son un insulto a dignidade da maioría. Cada día choven novos casos de corrupción urbanística en centos de municipios de todo o país, e os que podian sair nesta bisbarra dos nosos goces e pecados, si a xente cantara, e non precisamente cancións do antroido, como nestas datas.
O peor de todo é que mentras esta cruda realidade esta na rua, seguese defendendo dende os púlpitos neoliberais que o motor da economía é o auxe do ladrillo e que, no intre en que frenase este tren inmoral, o país caerá nun furado fondo de crise, como sempre a argucia do medo, despois de mil o debacle.

¿Hasta cándo vamos a seguir tragándonos estas falacias? Xa é hora de romper as cadeas dunha argucia inventada para ter a xente aplastada baixo cadeas perpetuas das hipotecas a 30 ou 40 anos vista. Dicenos que se debe seguir soportando empregos precarios para saldar as contas pendentes cos bancos. ¿E que non vamos a ser capaces de gritar que xa está ben?
As administracións públicas, dende a modificación das leis do solo que favorecen a os promotores, deben coller o toro polos cornos e tomar cartas no asunto. Ademais e esixible aos nosos políticos, escomenzando polos locais, que abandonen os discursos demagóxicos e que pasen, dunha vez por todas, a poñer toda a carne no asador da promoción da vivenda pública, única solución real para parar esta desfeita, a maior vivenda publica maís competencia para os especuladores.
Os gobernos da Xunta e do Estado teñen que reforzar o programa de viviendas protexidas y promover o alquiler, ademais de eliminar gradualmente o desigual tratamento fiscal da propiedade, que esta a beneficiar aos compradores de segundas vivendas e especuladoes da mesma, deberían ademais cambiar o marco legal que perxudica o alquiler e afoga a oferta neste mercado".
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2007 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal