A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEGUE SOÑANDO AMIGO
Cada ano que deixamos atrás traza unha pequena cicatriz no noso ser que nos serve para entender que non hai xeito de deter o paso dos días. Neste 2012 que estamos acabandofinalizando vimos naufragar moitas utopías, pero ao mesmo tempo puidemos comprobar que nas situacións extremas tamén sae o mellor do ser human, o sua atávica rebeldía ante a inxustiza ou esa solidariedade que compensa os abusos de quenes aínda non aprenderon nada da vida. Os guarismos dos anos só son asideiros que colocamos nos almanaques para non desorientarnos, e ao final dá o mesmo un luns que un sábado, un século doce que un século vinte e un. Un só é o tempo que habita no medio dunha eternidade que non sabe de números. Tamén somos o que soñamos. Moitas veces só basta a nosa intención para cambiar o noso destino. Pide un desexo e gárdao no fondo do teu corazón. Si non se cumpre sempre poderás volver a refacelo; pero non deixes nunca de soñar. Os soños perténcennos a cada un de nós, son as raíces que logran que non nos veñamos abaixo.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2012 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
NON PERDAN O SORRISO

NON PERDAN O SORRISO

Este ano os do chorizo e o xamón quixeron repetir mensaxe de Nadal e volveron a rodar unha publicidade que busca tocar a vena sensible do sempre esixente telespectador.

Dirixido nesta ocasión por Icíar Bolláin, o anuncio deste Nadal incorpora a xornalistas como Iñaqui Gabilondo ou Luís do Olmo, cantantes como Malú ou David Summers, o tenista David Ferrer, ou actores de gran prestixio como Chus Lampreabe, Candea Pena, ou Quique San Francisco. Dos humoristas que aparecían o pasado ano repiten a maioría, aínda que esta vez é o noso entrañable Fofito o que presta a súa voz e a súa bonachon sorriso.

Así, máquina de escribir en ristre, Fofito proponse e proponnos, limpar a imaxe do noso desprestigiado país, sumido nesta terrible crise e coa esperanza case perdida, creando un currículum vitae e relacionando, deste xeito, todas as súas calidades e éxitos. Sácanse a colación logros como o número de Óscar que gañaron os nosos cineastas, o de premios Nobel que recibiron algúns dos nosos compatriotas e, aínda que Quique San Francisco ten que insistir para que os inclúan, os nosos triunfos deportivos, que son moitos e variados. E aínda que a miña impresión é que se lles vai un pouco a man rememorando, porque chegan ata a invención do submarino e ata ao Quixote, cando xa pouco queda daquel pais, desde logo a lista alárgase bastante e por méritos propios.

A mellor homenaxe de todos, o que se fai a todos eses heroes anónimos que manteñen ás súas familias cuns poucos euros todos os meses e os que a “cuadrilla” de Rajoy acaba de recortarlles os ingresos e ao noso espírito solidario.

E finalizan, igual que no anterior anuncio, co eslogan que xa os abanderar: “Que nada nin ninguén nos quite o noso xeito de gozar a vida”.

Pois iso, señores: Non perdan o sorriso, e coloquen a súa man dereita sobre o seu ombro esquerdo e a súa man esquerda sobre o seu ombro dereito. Acaban de recibir un abrazo. Feliz Ano Novo 2013. E Feliz Nadal.
Otero Regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2012 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL EN PLURAL
Achégase o Nadal e non nos vai a dar tempo a facer todos os preparativos, fáilleme tarde, fáilleme tarde como ao coello de Alicia no País das Marabillas. Imos ver, por onde empezamos, Claro, temos que facer a árbore de Nadal, como as casas son pequenas teremos que mover algúns mobles e quitar algunhas cousas. Tamén temos que facer o nacemento porque o pide o neto, seguro que o papel do ceo xa non serve, así que teremos que ir comprar outro. Quitaremos a burriña e o boi, Teremos que mercar uns reis meigos con pinta de andaluces ou serviranos os de sempre?
Que non se esqueza que temos xantares con compañeiros de traballo e amigos. E pregúntomonos, teremos que mercar algo novo? Ou nos arranxaremos co que temos combinándoo doutra forma?
E debería ir pensando xa que vamos facer para cear en Noiteboa, gustaríanos algo distinto, algo especial, se, decididamente faremos algo que non fixemos nunca, mañá sen falta buscaremos receitas.
Ah, os regalñosos para a árbore. Serán cousa sinxelas, baratas pero con moita intención de agradar a todos. Temos que darnos présa en pensar o adecuado para cada un, e é que algúns son difíciles. Cantas dúbidas, Mañá sen falta pensaremos en todo iso, como Escarlata Ou´Hara. Á fin e ao cabo quedan aínda 10 días.
DÍA 20 DE DECEMBRO. E como sempre vamos atrasadísimos, de hoxe non pasa, temos que ir sen falta a mercar o salmón que necesita dous días e medio para marinarse na neveira. Oh, non mercamos as lonchas de xamon para facer as troitas,¡con todas as que temos que facer! Para casa, para a familia, para algúns amigos. Acábommos de decatarnos que teremos dúas persoas máis a cear en Noiteboa, non nos angustiemos que aínda faltan catro días. ¡¡¡DEUS, SÓ CATRO DÍAS!!!
DÍA 25 DE DECEMBRO, Dende o lavavaixelas onde estamos metendo toneladas de pratos deséxamoslles Bó Nadal.
DÍA 31 DE DECEMBRO ¡¡¡As uvas!!! Esqueceronos as uvas. Vamos buscalas? Cremos que a cea está encamiñada, botaremos unha nova ollada a todo polo si ou polo non?
DÍA 1 DE XANEIRO, Desde o lavavaixelas onde estamos metendo toneladas de pratos deséxamoslles Bó Ano Novo.
DÍA 5 DE XANEIRO, Logo de mirar os agasallos para mañá damonos conta que hai alguén da nosa familia que ten máis paquetiños que os demais, Escondemos algún ou saimos rapidamente a mercar? Son as once da noite, Mentres collemos as chaves para ir a tenda a fume de carozo, deséxamoslles que os Reises pórtense moi ben con vostedes.
DÍA 7 DE XANEIRO, ¡Hurra! Un ano máis o conseguímos, cheguamos ao día sete sen volvernos tolos de todo e cumprindo con familia, amigos e compañeiros de traballo. Somos unhos sobreviventes en comun e plural. Cada día gústannos máis estas festas porque respirase amor e paz, sobre todo moita paz.
Otero Regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
EMIGRANDO QUE E XERUNDIO
Emigrar. Esa parece ser a única alternativa que ten a situación de Galicia, unha emigración que con anterioridade tiveron que facer, en ocasións con dor porque detrás desa viaxe cara ao medo había moita fame ou unha persecución política, pero ás veces, as máis, porque había que encher a despensa porque os nenos teñen o bo costume para comer, pedir, estudar, vivir. Estes días nos que o traballo, a economía non remonta e as débedas chegan puntuais, a angustia de moitos é unha evidencia con só observar actitudes. Os galegos e galegas, xa miramos para outros países como unha alternativa que non só é necesaria senón urxente. Todos sabemos de familias que da noite para a mañá se viron con tres parados na casa, un soldo mísero e xa que logo un negro futuro.

“Amigo hermano gallego…quien no tiene un pariente en la calle Corrientes?....” cantaba o argentino Angel Montes en un tango que me adicou ala por os anos 80, e certo eu devo de ter mais de 100 parentes emigrados en Argentina, seis hirmans de miña aboa Maria de Mon foron para ala, traballaron arreo nas ocupacións máis duras para sair adiante. Tempos pasados, emigración pasada que nada ten que ver coa de hoxe.

As comunicacións, a formación e o amplo coñecemento que temos do mundo, é un flotador en tempos de naufraxio. Hoxe, saír de casa e a innegable facilidade para viaxar ofrece distinta perspectiva e é moi fácil achar galegos emigrantes noutros países; en Londres, por exemplo, puiden falar con moitos, que xa se foron. Uns xestionan un hotel en Brighton, outros serven a mellor paella nun dos escasos restaurantes españois de Londres, o de máis alá imparte clases de español, outro pica discos e algún contaba como bota de menos a súa vila e a sua ria, “a máis bonita do mundo”. É verdade que dicir todo isto agasalla, en casa, escoitando a radio de aquí por Internet é fácil e que o difícil é facelo. Ninguén dixo que sería fácil pero moitos terán que dar o paso de mudar porque os tempos non son bos e a terra por medio axuda a oxigenarse, a ver a vida doutro xeito, a ver que hai substanciosas alternativa fóra. Aquí, pouca cousa. Paradoxas do destino. As xeracións máis preparadas da historia deste pais, son as xeracións máis paradas. Convén reflexionalo con optimismo porque non teño a menor dúbida de que aínda que o mellor pasado non volverá, a vida segue e o mundo é grande.
Otero Regal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-12-2012 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
REINICIANDO O PAIS?
REINICIANDO O PAIS?
Cada vez que algo falla no meu ordenador chamo á o meu informatico de cabezeira e dime: ¡REINICIA!. Dáme que chegou o momento facer o mesmo con este pais, o ordenador da Iberia esta esnaquizado, nada funciona, o goberno falla, parece que entrou un virus, pero un virus perigoso capaz de borrar todo o que lograramos perante moitos anos e con moito traballo.
Pero onde está a tecla de marras? É difícil atopala e cada día o actual goberno sae con novos programas para instalar, novos inventos que non serven para nada e que hoxe día dán risa, risa por non chorar. Levan un ano prometendo e decindo que “todo vai por bo camiño, que só hai que facer un pequeno esforzo xa que o goberno toma decisións”.¡¡ Reinicia , reinicia !! mais este goberno está de corpo presente en España, pero son doutro planeta.
Os bancos e caixas que roubarón aos seus clientes reciben sacos de euros, castígase aos pensionistas que son en miles de casos quen mantén ao resto da familia, bótase á xente dos seus traballos e casas e o goberno pide aos cidadáns ¡¡arrimar o hombro!! Arrimar o hombro en quen e onde? Seis millóns de persoas tiradas ao lixo, oxidándose e carnaza para a depresión e estes políticos vacilandonos con parvadas.
A penúltima foi a secretaria xeral de Inmigración e Emigración, “Mariña do Curral”, cre que a emigración de mozos ao estranxeiro non se debe só á crise económica senón a outros factores entre os que está “o impulso aventureiro da mocidade”.
Rajoy creo que fixo o mesmo casting para “Mulleres Homes e viceversa” que para elixir ministros, senón de onde saca o PP a estas elementos. Si señora Mariña ¡¡Por impulsos aventureiros foise Cristóbal Colón!! Pero non o fillo do meu veciño, os que están en paro é porque queren experimentar a aventura de vivir sen un salario e a vida sabática?. Seguramente para esta señora os africans que chegan en pateira en realidade están practicando deportes de risco. Só falta o respaldo da. Fabra dicindo aos emigrantes ¡Que se fodan!.
Esta xentiña non se deu conta do que está pasando fora do seu pequeno mundo de privilexio de castes políticas, pero a realidade é que o país está máis afundido que na crise do século XVII. Vánse toda a xente preparada porque aquí non hai emprego, porque seguimos ancorados nunha cultura laboral de principios do século anterior, porque non hai ningún tipo de incentivos á investigación e ao desenvolvemento, que son os motores que terían que impulsar a nosa economía, e porque lonxe de tratar de incentivar o emprego, o único que conseguiu este goberno é incentivar o despedimento e o peche de empresas, cunha subida de impostos salvaxe e sen ningún sentido. En fin señora Mariña, que cando salga da súa burbulla, aínda que sexa no seu coche oficial, perda só 1 minuto do seu tempo, e detéñase a observar o que sucede no mundo real. Ademais creo que ese espírito aventureiro só se dá nas persoas cuxos pais non son políticos será cousa do ADN?, ou se cadra é que son os privilexiados neste sistema?
E para aventura, vivir neste país. Nos primeiros nove meses deste ano, fóronse máis de 55.000 españois. Un total de 2.267.000 nenos vive por baixo do limiar da pobreza. A partir de 2014 poderíanse quedar sen axuda alimentaria un millón de persoas. A 31 de este mes ficarase con máis de 180.000 novos desafiuzamentos.
non actualizan as pensións en función da variación do IPC. Quitan axuda a domicilio a persoas enfermas, dependentes, e persoas maiores. Eurostat calcula que España xa supera os seis millóns de parados. Miles de mediana e pequenas empresas pechadas. SANIDADE: Recorte do 6,8%, EMPREGO: Recorte do 21,2%,
EDUCACIÓN: Recorte do 21,9% en Educación. Funcionarios non cobrarán a paga de Nadal en 2012, CULTURA: Recorte do 30%. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN: Recorte do 25,6%. Din que decia Laxeiro: "que fermoso país, pero que carallo de xente". Pois iso...
Otero Regal


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal