A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIRXENCIÑA, VIRXENCIÑA DEIXAME COMO ESTOU.
Os alcaldes mariñanos piden saúde e traballo para os seus veciños no 2010
As infraestruturas, o parón do urbanismo e o financiamento local tamén preocupan aos rexedores

Atenazados pola crise económica, que minguou os ingresos e deixou á beira do colapso as arcas dalgúns concellos da Mariña, os alcaldes ollan ao 2010 con moderado optimismo. Para os seus veciños piden, en primeiro lugar, saúde. E, a continuación, traballo, o ben máis prezado e máis escaso na actual conxuntura. O número de desempregados foi medrando ao longo deste ano e os tímidos brotes verdes non lograron deperder a incerteza.
No ámbito municipal, os rexedores piden axilidade na execución de obras e proxectos pendentes. A posta en marcha de polígonos industriais, como vía para a implantación de novas empresas e a creación de emprego, constitúe unha dos principais demandas. Tamén desexan a mellora de infraestruturas e os servizos sociais para o benestar dos seus veciños.
Un ano sin un can e o que lles espera a concellos despilfarradores, tanto onte con Aja como hoxe con Roel, non van a ter nin cartos para pagar a o exercito de empregados acumulados nos ultimos tempos.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
NA MORTE DE MEU PAI
“Nuestras vidas son ríos que van a dar a la mar. Este mundo es camino para el otro, morada sin pesar; cumple tener buen tino para andar esta jornada sin errar…”

Hoxe pensaba escribir sobre a política e os chamados malamente politicos que poboan as administracions deste norte cantábrico-galego pero a morte de meu pai faime desviar desa intencion.
Na morte do meu pai, intento pensar só na súa vida. Antonio Otero Alvarez naceu o 17 de Xaneiro de 1919 na parroquia de Cordido, no seo dunha familia humilde enraizada na tradición , e morreu na mañanciña do martes no hospital de Burela cando eu o acompañaba e co garimosa atención de enfermeiras e médicos, exemplo de profesionalidade e atención, tras un forte loita cunha enfermidade que anunciara a súa Victòria moito antes. Non pretendo rememorar a súa vida, e non só porque ela queda suficientemente ben gardado nos recordos de todos quen lle coñecemos, que mostraron o seu pesar nos dias do seu enterro, e é que, se somos o que vivimos, o meu pai foi moitas cousas: un home namorado profundamente da súa muller; un home honrado, eficaz e apaixoado, que se entregou á o seu traballo e a min o seu único fillo e toda a familia, un traballador incansable que non dubidou en entregar horas que deberían ser suas ás súas tarefas; un agradable compañeiro de mil viaxes, aventuras e proxectos sempre cun sorriso nos beizos e disposto a dar unha palmada no lombo; e un pai que me ensinou co seu exemplo cada día da súa vida.

Dicía Borges, ante a pregunta de cal da súa obras facíalle sentirse máis satisfeito, que se sentía máis orgulloso do que lera que do que escribira. Eu do que me sinto orgulloso é de ser fillo de Antonio do Pero, que asi é como se lle cocñecia na bisbarra, de gozar da súa humanidade e de formar parte dunha vida marabillosa, a súa, que venceu e superado á morte por non poder esta evitar que, quees lle quixemos, sigámoslle lembrando o resto das nosas vidas.

Esta Noiteboa, recordéi “Que belo é vivir”, de Frank Capra, e tratei de imaxinar que un anxo buscando as súas ás ensinásenos unha vida senAntonio, e o baleiro e a tristura na vida de moitos que vin, faime pensar no afortunados que fomos por compartir con el tantos anos. Na morte do meu pai penso no marabillosa e intensa que foi a súa vida, e iso axudame, dalgunha maneira, a sobrelevar esta tristura tan profunda que agora sinto.
Otero Regal
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2009 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUE SIN GUSTARME O NADAL
Teño que confesaro: nunca me gustou de todo o nadal. Nin aínda nas miñas épocas de neno cristián onde cantaba voz en berro detrais da lareira unha retaila de vilancicos esperando os pobres regalos que nos facian no noso lar.. E aínda agora, a pesar de que fai moitos anos colguei os hábitos da miña fe, sinto que o nadal é algo que nos invade, que nos ataca como un virus que se respira no ambiente e que a pesar do bullicio e as luces, nunca deixa de ter un certo matiz de nostalxia.

Aínda que o nadal é, en esencia, unha festividade cristiá, é certo tamén que fai intre que as súas celebracións excederon tal condición. E para os que, como eu, somos ateos, non crentes, ou non cristiáns, é unha situación paradoxal chegar sempre ao 25 de decembro.

Illarse? Nin morrendo. Tería que tomarme 20 diazepanes dous meses antes para non lembrar que temos que pasar por estas datas. Tería que evitar ver televisión, ler xornais, escoitar radios ou entrar a Internet,

E se queres saír nestas datas, decontado as ventás dos micros e combis lembraranche cunhas felices “festas”. Basta con saír a dar unha volta para toparche coa invasión de pistas e vieiros por parte de vendedores de panetones, xoguetes, roupa, imaxes, adornos do nadal, etc.

Din que o nadal é para os nenos, pero ese é puro "conto de maripepa". É evidente que os máis emocionados nestas datas son os adultos. Si, claro, porque grazas ao “espírito do nadal ”hai feirados e tempo para pegarlla e poder feirear e farrear ata que os cans mexen por nos. E se non cren que esta é unha festa de adultos, vexan a cantidade de publicidade de artefactos, roupa, zapatillas, licores,perfumes e desde logo as promocións nos centros comerciais.

En realidade, eu non sei se existiu Xesús ou non. Hai moitas teorías ao respecto, pero segundo o mito cristián non me imaxínoo comprando no Corte Ingles nin na rua de abaixo de Viveiro , ou promocionando algún perfume. Tampouco creo que, Herodes dos pavos, ordene engullirse esta ave para celebrar o seu aniversario.

Hai unha mestura rara nisto que coñecemos como nadal. Hai mensaxes e discursos que fan desta festa unha verdadeira mixtura. Por exemplo, nestas datas tamén aparece a figura de Santa Claus ou Papá Noel ou como quieran chamar ao suxeito gordinflon vestido de vermello que inventou a coca Cola en 1931. E esta é un paradoxo divertida, porque creo que Santa lle esta gañando a batalla a Jesús polo liderado da data.
E se lle preguntan a calquera cristián común e corrente, sobre as incidencias bíblicas desta data, seguramente non lles poderán explicar moi ben ao respecto, e de feito, moitos descoñecerán que os seus propios historiadores, fai moito tempo descartaron que o 25 de decembro sexa a data do nacemento de Jesús. Esta é só unha data conmemorativa que os primeiros cristiáns elixiron para facera coincidir coas festas pagás dos romanos en exaltación do Sol.

Moitos dirán, O nadal é época de unión e de paz. E virán co discurso de que o material non importa e que o máis importante é estar en familia e perdoar. E é precisamente esta afirmación a que non me cádra. Chegada as 12 todos andarán por aí con cara de boa xente. Non importa se odian ou non a o veciño,o familiar, ou o compañeiro de traballo todo o ano, estas son épocas de perdoar, de dar apertas, agasallos e pasar a copa de champagne.

E finalmente, esta noite, cando estea sentado na mesa, coa miña muller, a miña nai, meu pai deixounos para sempre fai dous dias, a miña filla e netos devorando o marisco, non poderei deixar de pensar na miseria que vemos por TV todos os días, ou en lugares tan remotos como Zambia onde o 86% son pobres.

Mañá por a maña verei o sorriso indescritible dos meus netos cando vexan os seus xoguetes novos, direilles feliz nadal, dareilles un bico, dareilles unha aperta, e seguramente sorrindo sentireime máis egoísta que nunca.
Otero Regal


Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-12-2009 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
TODOS QUEREMOS SER ALCALDES
TODOS QUEREMOS, quereriamos ser alcaldes da nosa vila ou pequena cidade. Don Cesar Aja Mariño quere voltar a ser alcalde. Dona Maria Loureiro ou Melchor Roel, todo depende, como di a cancion quere ser alcalde. A don Bernardo, seguro que lle gustaría ser alcalde. E o que sen dúbida perseguía encarnizadamente o señor Paco Luis era conseguir ser alcalde, que ben preto diso estivo xa que segundo con mando em praza. Estes son nomes que barallamos non porque saibamos se estes dignos ou indignos, para gustos pintan bastos, candidatos á alcaldía fagan confesión pública do seu desexo ou vocación, senón porque ao repasar o índice dos posibles, topamos con estes ilustres veciños, que sen dúbida teñen ou deben ter tantos dereitos como os que máis. Todos queremos ser alcaldes. De xeito, que tendo en conta que apenas dentro dun ano cos seus respectivos meses e días, producirase a nova representación da peza máis ou menos teatral das eleccións, todo o mundo comprometido niso comezou a saír do armario político para berrar desde a praza maior: «Eh, señoras e señores, nenos e militares, que estou aquí para servir á vila e ao meu xeito de ver e despois de comparar creo que son o mellor!». O señor Cesar Aja Mariño montou todo un teatro donde o elector era el e soio el, sacaou da manga unha ejecutiva chea de “Vellas glorias” de os seus 20 anos pasados, non falta nadie incluso o mal visto do seu secretario na praza maior, el é a quen manda no partido dos populares adiantouse ás candilejas para advertir os «presuntos» que non vale anticiparse, que non sempre por moito madrugar amanece máis tempran, aínda que tamén teña que terse en conta de que o que pega primeira pega dúas veces. E aquí non se engana a ninguén: todos van a o mesmo, a ocupar os postos e os despachos municipaes que é desde donde se xestan é crían as ideas que, según todos y cada uno deles nos dirán que traballarán ata sudar sangue por Viveiro, por facer un Viveiro mellor. O que nos move ao arrepiante interrogante: «Fan Viveiro, Para quen? Esta é a cuestión, que dixo Guillermo o inglés de Hamlet. E convén advertir que a ningún dos probables se lle ocorrira a elemental e sanísima idea de informar da composición de cada un dos grupos que terán que asumir a responsabilidade da gobernación da ínsula. Porque, como diría Sancho, con licenza do seu señor Don Quixote, da sabia e oportuna elección dos colaboradores depende o éxito da xestión e está probado ata a saciedade de que en Viveiro, non souperon ou non quixerón elixir os colaboradores máis eficaces e máis honestos. E iso, por moito que se empeñen en demostrar o contrario con invencións é o que produciu o naufraxio deste Concello e o que continuará aparecendo como o principal responsable da gran derrota. Por un descoido tan parvo como o de escoller a tempo o que mellor convén á maior gloria e saúde do poboado afundíronse gobernos, desapareceron ilustres mandóns que parecían eternos e acabaron no ostracismo os que parecían os máis listos da parroquia. Repasen vostedes, señores letores, a historia política dos últimos tempos!
Otero Regal
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
PALOMO, MAGDALENA E VOLTA A FALAR DE MORTOS LONXANOS E ALLEOS
Razois tecnicas borraronos alguns comentarios de esta seman no BLOG A MALIÑA DE LUGO, e por causas familiares e tamen tecnicas tuvemos algo abandoado o asunto, perdon, por o tanto.

VOLTA A FALAR DE MORTOS LONXANOS E ALLEOS
Estés días os papeis falan dos dimes e diretes milagros e faroles que o Concello de Viveiro e outras forzas vivas van a facer no 2010 para celebrar con moito “bombo e platillo” o fundemento da fragara Magdalena e o bergantín Palomo o 2 de Novembro de 1810 frente a praia de Covas donde pereceron casi medio cento de militares , soio un de Viveiro, por mor de unha galerna.
Unha vez mais seguimos a voltar a falar de mortos, e pouco dos vivos, mania sempiterna desta Galicia ranqueante, e si os mortos son de tempo atrais mellor,.
Este feito histórico foi amplamente homenaxeado, recordado, e parafraseado, ten recordo e monumento nos Castelos, existen casi medio cento de narracións, e agora o mundo cultural,é un decir, vai gastar os miolos e os cartos en celebralo por todo o alto, con rifas entre eles por mor de quen fai o homenaxe auténtico, ¡de coña!
Deixen que estes mortos militares e alleos descansen en paz. esta moi ben o de homenaxear, pero recórdense dos vivos, ou dos mortos de fai menos tempo e merecedores de laureis trais anos escuros de maldecires oficiais, recórdense de cousas ledas e exemplares como unha que merécese ter un recordo por significar , quizabes o feito mais relebante do século a fundacion de “Viveiro y su Comarca” por emigrantes por mor de crear escolas e fornar os seus veciños de aquí co esforzo e cartos dos que tiñeron que emigrar.
Xa está ben de caralladas, romerias e festas, pero un goberno que dice ser de esquerdas, pero que non practica, debería recordar a aqueles viveirenses que morreron ou foron perseguidos por mor de defender por orde constituinte no 1936.
Tameén sería bó e xeneroso que dende o Concello se rendira homenaxes a xentes vivas que gastaron tempo, patrimonio e esforzo en beneficio cidadán, nos sitios “civilizados” dánse premios e distincións a xente viva, para que ese “golpeciño na espalda” os anime a seguir a facer cousas por e no sitio donde viven.
Debian recordar que as homenaxes fanse polas cousas que se fixeron en vida, non pola forma de morrer.
Otero Regal



Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
A RESIDENCIA DE MAIORES DE VIVEIRO NON ABRE
En Viveiro non logramos entendelo. Fai meses que se acabaron a obras de construción da tan cacareada residencia de maiores construida en primeira linea da praia de Covas, pero os edificios continúan cerrados. A súa apertura suporía inxectar á exigua oferta de prazas públicas en Galicia novas camas. Os centros permitirían, ademais, que outras persoas puidesen ser atendidas alí durante o día.

A residencia paralizada fora proxectadas polo Bipartito. Eran as primeiras dun plan máis ambicioso que pretendía sacar Galicia dos últimos postos do Estado na atención á terceira idade. Para acometero o gabinete de Vicepresidencia, dirixido polo nacionalista Anxo Quintana decidira implicar ás dúas caixas de aforros galegos. No 2006, constituíu a Sociedade Galega de Servizos Sociais, Sogaserso, participada nun 45% pola Xunta e o resto por Caixa Galicia e Caixa Nova.

O futuro da entidade é agora incerto. A Consellería de Traballo e Benestar non aclarou que vai a facer co modelo de xestión das residencia herdada, pero o seu titular Beatriz Mato recoñeceu a prensa que a fórmula de Sogaserso non é de seu agrado. O BNG cre que a paralización dos centros evidencia que as intencións do Executivo popular pasan por privatizar os centros. "Hai dous modelos para os servizos sociais", explica o voceiro parlamentario dos nacionalistas, Carlos Aymerich. "Un de calidade e público impulsado polo Goberno anterior e o impulsado polo PP que se basea no beneficio dunhas empresas e é de menor calidade", engade.

Aymerich enmarca a paralización da residencia no cambio de rumbo das políticas sociais en Galicia imposto por Núñez Feijóo. "Privatizan a xestión dos centros de día, teñen escolas infantís terminadas e non nas abren, pechan as oficinas de I+B, todo responde a recortes en materia social", indica. Aínda que sobre as residencias non lle pronunciou, a Xunta xustifica a xestión privada para os centros de día por un aforro de custos.

O deputado nacionalista ten claro como axustanse as cifras. Menos persoal, contratado en condicións precarias e peores seguimento médico son, na súa opinión, algunhas das consecuencias da privatización. "Se antes había centros con persoas estimuladas agora lle vai a pasar a simples almacéns de maiores".
E mentras tanto o "palomar" que ahora nos tapa a bocana da ria a os paxaros ¿Por que sera?
Sera que o PP non atopa empresas amigas para regalarlla, Viveiro non e unha cidade grande tipo Vigo ou A Coruña, para que haxa un número suficiente de vellos ricachóns que poidan pagar mais de 1000 euros a o mes. ...
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
“ENTRE NOIS E PENA ORXAL”.
“ENTRE NOIS E PENA ORXAL”.
É fermoso cando un séntese capaz de crear mundos e vidas coas mans, ben no debuxo , na escritura o na ceramica, cando as pantasmas interiores cobran vida exterior e ninguén chámanos tolos porque tolemia é outra cousa: estar embutido nunha forma lamentable de normalidade. Este mundo dirixido pola ditadura do metro e medio, da mediocridad, do si señor, do cálculo constante.
De cando en cando agrádanme encontrar estas explosións de extraordinariedade. Fanme sentirme vivo. Espero que a vós tamén vos ocurra o mesmo cando leedes e contempledes os poemas e dibuxos do libro recen saido do prelo co fermosa nome de “ENTRE NOIS E PENA ORXAL”.
Podia falar aquí largo e tediosamente de Nois ese anaco de terra, xusto no epicentro entre Viveiro e Ribadeo, donde fumos nenos eu e Paco Rivas, el recorda o zumbido do xogaral das Espolas een noites de invernia dende a sua cama situada encima da escola e u dende Demoroi, donde nacin, nunha casa da “Señorita de Covas” escoltaba o “bruar do mar na praia de Area Longa, estudiamos na escola e tamen non bachiller xuntos, logo o tempo, os anos e vida separounos, e foi en un acto propiciado por o meu amigo Mosquera cando nos reencontramos, falando do mar, precisamente, dos mares de Nois.
Presentamos o libriño con letras del e dibuxos, paisaxes e paisanaxes meus en Foz esta seman, con moita xente ,a migos, coñecidos, xente boa e xenerosa a o fin, por certo, vaia a que se armou o dia seguente entre as autoridades focenses que presidiron a cousa xunto a nos, pero esa e outra historia que diria Kipling.
Nois, Nois, Nois, Tempo, tempo, tempo. Necesito máis tempo, e que pase máis amodo, e que me acaricie e me díga ao oído que todo isto pasará. Abrumado polo sentido literal da palabra nostalxia e polo seu acoso implacable, esgotado de buscar en cada recuncho, esperando a resposta á pregunta que non formulei, fuxindo por non terche, chorando por non quedarme.
E sempre é igual, sempre asistindo impasible á miña propia despedida entre silencios, apertas mudos de proximidade. Coa afiada espada de Damocles ameazando con cercenar a maltreita corda que uneme ás vetustas pedras que pisaron tantos ancestros aos que louvo a valentía que eu nunca tiven. Coa ameaza de afastar moito máis o feixe de luz duns ollos brillantes, de perder a esperanza, de regresar a que decia Nietzsche que era a autentica patria de un.
Otero Regal
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-12-2009 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
NON SON IGUALES PERO PARECENO
Non son iguales pero pareceno
Sendo sinceros, a clase política sempre estivo desprestixiada. Si por algo destacaba o político no imaxinario popular era pola súa capacidade para disfrazar a mentira e por antepor os seus intereses persoais aos colectivos. Dun político sempre podía esperarse que prometese construír unha ponte aínda que non houbese río, e esa impresión mantense na actualidade, coa diferenza de que agora temos a certeza de que ao longo da obra alguén levará a comisión correspondente.

Dos políticos sempre se falou moi mal e xeneralizouse inxustamente. É obvio que os manilargos son a abundante excepción entre quen se dedican á actividade pública, aínda que nos últimos tempos, debido á proliferación dos casos de corrupción, consolidouse a vella crenza de que todos están cortados polo mesmo patrón. Esta presunción de que todos son iguais ten efectos demoledores para o propio sistema democrático, que se basea na confianza de que os que fan as leis non dedican a metade do seu tempo a estudar como transgredirlas.
Pero cousas como a que sucedeu en Viveiro fai unha seman, axudan a que a consavida frasecita de que “Todos son iguales” perdure, contollelo. O PSOE de Viveiro esta sin ejecutiva local dende fai casi un ano, pois Melchor Roel e Rafael Amor amañaron unha candidatura na que o Secretario de organización Oscar Gonzalez Piedra era militante do PP fai menos de dous anos, craro que de familia venlle o galgo pois a sua muller ainda era do PP cando se presentou a concellala polo PSOE e donde exerce como tenente alcalde, Á asamblea acudiriron 19 dos 150 afiliados e alguns simpatizantes e familiares da futura candidata a alcaldesa e secretaria xeral electa, asi as cousas seguimos desacreditando a politica con chaqueteros, tránsfugas e xentes de mal vivir que a codazos e sin ética e estética loitan polo poder.

Súa é a culpa deste crecente desapego na democracia. A cidadanía sabe que a corrupción existiu sempre e que non é exclusiva de ningunha caste, e precisamente por iso non lla pode tomar por idiota. A un partido pódelle saír ra desde o tesoureiro ao presidente autonómico, pasando polo alcalde, o concelleiro e até polo vixiante xurado da porta, pero en Viveiro fan meritos para elo.
Otero Regal




Comentarios (30) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2009 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal