A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON ME GUSTA O NADAL
Non me gusta o Nadal. Considéro que son unhas festas enganosas e mentireiras. Non entendo, porqué me teño que ver un día, con xente, sorrirlles desexarlles boas festas , a quen normalmente, pasaría perfectamente sen ver. Se non nos acordamos, os uns dos outros, en todo o ano, que máis dá, saudarnos en nadal ou non. De feito, se un ano, non te ves, e ao final che apetece, pois chámaste e xa está.
Logo está o tema da caridade, é cando se disparan todo tipo de mensaxes sobre ongs, caridade, cando se fala de amor, paz e esas cousas. ¡ ¡ ¡ Pura demagoxia barata!!!, iso sería necesario en todo o ano, pero utilízase, isto da relixión, para lembrarnos que debemos ser "bos". E eu pregúntome. "bos" segundo quen... ¿Deus?, o que a igrexa interpreta que é Deus" ou o que interpreto eu, segundo o meu propio sentido de xustiza. Porque imos ver, se nos poñemos así, eu á xerarquía da igrexa poríalles carbón.
Así que cando máis se está a falar da pobreza e de que hai que ser xenerosos, non sei se o somos con eles, pero o que se teño claro é que o somos connosco mesmos. Poñemos ata o cu de comer. Nalgúns casos, unha comida que de tan cara, xamais, comerías noutro momento. Imos, que tal e como está o tema, igual que hai que aforrar para as vacacións, tamén hai que facelo para o nadal.
, claro que acabo de caer, en que nos pasamos a vida así. Aforramos para o verán, logo afórrase para o retorno ás clases, logo par o nadal... ¡ ¡ ¡ fáltame un trimestre!!!... ahhhh, non... faltaba a escapadiña de Seman Santa....
Pois nada, xa teño o ciclo de vida. Non só hai que sobrevivir durante o resto do ano, senón que ademais, hai que ir aforrando, para poder gastalo, nos nosos grandes fitos, a nivel xeral. Uns como máis obriga, outros, porque ter unha mesa de nadal, comendo só macarróns, dá tristura, non porque non che gusten os macarróns, senón porque, sabes que quizais tres casas máis alá, están a tomar uns lagostinosou un año, só por poñer un exemplo.
E é que eu os lagostinos, mércoos baratos, dos grandes, conxelados (así me aforro o anisaquis, ese) en verán e ¡ ¡ ¡ non sempre chega a nadal!!! Pero como xa o tomo en calquera momento, non teño esa sensación de.... navidade=langostinos....navidade= turron, navidade=capón de Vilalba, Navidade=besugo.... . O mesmo me pasa co resto. E o nadal, xérame hartazgo gastronómico, dende o momento no que empezan.
E iso, que a min, encántame regalar, encántame pensar no regalo perfecto, para cada persoa, imaxino a súa cara, cando o abran e pásoo fatal, porque son das que non aguanta, cun agasallo na man... teño que suxeitar a miña natural forma de ser, de mercalo e levalo inmediatamente.
A pesar de todo e si ustedes se encontran mellor, eu dende aquí lles desexo “Boas festas a todos”, faltaria plus.
Otero Regal
Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
BOAS FESTAS PARA TODOS-AS
Foi un ano interesante (ás veces no bo sentido, outras no sentido da coñecida maldición chinesa) , e o 2009 que empeza en poucos días ten un aspecto para botarse a tremer. Pero en calquera caso, espero que sigamos véndonos por aquí: eu dando caña, caña e caña , prometido,e buscando temas para analizar comentar e, porqué non, cos que provocar nun sentido amplo - provocar pensamentos, reflexións e reaccións - e vós, se o tedes a ben, pasándovos por aquí para ler, escribir, vincular e todas esas cousas que proporcionan verdadeiro valor e sentido ás que un fai.

Os meus mellores desexos e felices festas para todos.
Otero Regal
A MALIÑA DE LUGO
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2008 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
TRANSFUGAS E CHAQUETEIROS
Dise que durante a Guerra dos 30 anos (Século XVII) Europa se divide en dous bandos: os que defenden ao Papa e os que están en contra. Cada grupo bestíase distinto do outro, para diferenciarse do seu adversario. Uns levaban cruces vermellas na chaqueta e os outros, os que defendían a Reforma de Lutero, ían con casaca branca lisa.
Cando dun ou outro bando, un espelido "vía a luz", ou estaba en apuros, abondáballe con darlle volta a casaca, que era doutra cor por debaixo, para salvar a pel, sendo difícil identificalos.

Por estas terras o termo Tránsfuga é moi utilizado, para referirse ao político que tras ser elixido polos votantes na lista dun partido político, cambia de partido co fin de dar o poder a un partido da oposición. Normalmente o transfuguismo ten lugar por motivos ilegais, inconfesables e socialmente inaceptables; máis que ideolóxicos. Dende o punto de vista legal, o transfuguismo é moi difícil de impedir.

No último tempo volveuse case unha moda; políticos que a cidadanía elixiu por pertencer a un determinado conglomerado, por distintos motivos pásanse ao bando "contrario".
Ben, están no seu dereito, a lei non llos/llelos impide e calquera pode "ver a luz" dun día para outro e alegar incompatibilidade ideolóxica e de conciencia ou decir simplemente que o que creron grande parte da súa vida, era errado. Ese dereito a cambiarse de ideas ou "darlle volta a chaqueta", debe ir acompañado iso si, dunha lóxica renuncia á cámara e os seus privilexios, pois unha cousa e a legalidade e outro ben diferente a ética e a estética.
É unha ofensa ás persoas que votaron por un candidato e unhas ideas, sustentadas nun conglomerado, que significaba un voto persoal, de partido de conglomerado, que se traizoe ós seus electores. Debérase lexislar, non para impedir que alguén cambie de ideas, senón para impedir a deshonestidade cos electores.
Por aquí ten mais seguemento o de CHAQUETEIRO que paso a definir:Dígase, dise, e mesmo diriase de toda aquela persoa animal ou cousa que grazas ao seu grande intelecto considerase superior nos ámbitos da vida e opta por ser do que gañe. Este tipo de persoas caracterízanse na sua maior parte pola sua fríbola filosofía: O chaqueteiro vai co que gaña, temos abondante especimen de tes por aquí, xente que dende o BLOQUE, CDS, COALICION GALEGA, PC, IU, PP se pasou a o PSOE ou o PP e foi alcalde, diputado, concellal e o que che rondarei morena, temos incluso un matrimonio que eran do PP, seique “por un traballiño” e el foi de numero catro polo PSOE cando ainda non se dera de baixa do PP, e o consorte ahora, según saieu aquí sera o secretario de organización dos socialistas de Viveiro, e ainda non se deu de baixa oficial do PP, pero non chegaria o periódico para poñer exemplos similares por todo o largo e ancho da bisbarra.
OTERO REGAL
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
O NENO TRISTE A AZUL
Érguese ás sete e na maioria dos casos súa nai, xa lle ten preparado o almorzo e a equipaxe. E é que cando sae de casa, Manolo, de oito anos, parece que marcha de expedición a Madagascar. Menos mal que a tía lle mercou polo seu cumpre a mochila con rodas (as tías sempre regalan o que os pais lles din -e os fillos non queren: roupa, complementos,... Nada de xoguetes-). E é que a mochila pesa. E tanto que pesa...

Manolo é un deses nenos que, como tantos hoxe en día, convértese en escravo das frustracións dos seus pais. Porque papá é un tío normal, que goza tomando cañas e vendo a tele. Cun bo soldo, pero sen demasiadas pretensións. Pero o '' Manolo non será así. Manolo vai a un colexio de pago ,
despois do xantar ten clase de inglés antes da lección da tarde. Ao saír, queda no adestramento deportivo, pero tense que ir antes porque non chega ao Conservatorio para o solfeo, outros dias da semana compatibiliza as tardes coa piscina e o atletismo. Antes da cea fai os deberes e métese na cama ben axiña. Xa chegará o fin de semana para descansar... Éso se as clases de judo, o partido de futbol, a piscina e o curso de outra cousa calqueira déixanlle un anaco.

Pero Manoloo ten libre o domingo pola tarde, día no que papá, como premio, lle deixa enchufarse catro horas á 'Game Boy'. Nese ratiño, a avoa interrógalle e Manolo, que non fai moito caso. A avoa insiste e, esta vez, pregúntalle cal das actividades extraescolares lle gusta máis. «Non sei, pregúntalle a papá», responde sen apartar os ollos da pantalla mentras mata “marcianitos” a esgallo.

Quizaves nuns anos, Manolo quede parado mirando a súa mochila nalgunha das costas de Viveiror. Verá os libros, o balon de futbol, o traxe de judo, a pa para o tenis, a frauta, a 'Game Boy', a toalla, o bañador... E pode que se pregunte por qué narices se apuntou a todo iso. E o peor é que só se lle ocorrerá buscar respostas en Internet...

Pero acolloante; porque a ser super Manolo non se aprende nun día. e esta sociedade de valores esixe ser super Manolo para sobrevivir. E ademais, normal e ledo . Seguro que o pai que invento, recreo e describo é un paquete de tics nerviosos. Porque tampouco é parvo. Pero ten que finxilo.

A xustificacion deuma a nai do conto: “ Si é certo que non podemos adicar a os nosos fillos tanto tempo como quixeramos, o traballo fora da casa no lo impide, e por eso que os temos que ter ocupados en actividades, que pode que non sirvan para nada, pero asi alguén no lo cuida mentras non chegamos a casa.
Otero Regal
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXAR E RECOMENDABLE PARA A SAÚDE
Dicía Unamuno -e, como case sempre, dicía ben- que os nacionalismos non so os perifericos tamen os da España grande e libre de Madrid, ¿Cando nos decataremos de que España é un país composto de moitas sensibilidades e ideas acerca do que significa?, se curan viaxando. Eu engadiría -con toda a ousadía que supón engadir algo ao que asegurou Don Miguel- que viaxando se curan moitas outras cousas. nacionalismos, ignorancias, males de tópicos, xeneralizacións, proverbios localistas, aldeanismos e ata danos dos miolos.

E é que na medida en que viaxo (moito menos do que me gustaría) aprendo a relativizar ao máximo as frases triunfalistas tan propias da nosa forma de ser. Si, home, esas de 'como o noso, o mellor,', 'como aquí, en ningún sitio', 'como o de aquí non o hai '... ". Que Galicia é infinita sabémolo. Que Viveiro é precioso, tamén. Que aquí se come ben, pois si. Que hai calidade de vida, moita. Pero esas afirmacións son demasiado baratas e, por desgracia, é sumamente doado caer nesas mesmas frases para xustificar o que non adorna. Non temos AVE, pero Galicia é tan bonita... Problemas económicos, pero qué mariscos...
Total, que máis dun se ensimesmou mirando á ría e se esqueceu de que ao seu arredor hai unha pequena cidade, vilas e un concello que a maior parte dás veces non funcionan, gobernen Tiros ou Troianos.

Pero é que vou máis alá. Os encantos de Galicia son únicos. Son o primeiro en presumir e en botar de menos dende a distancia. Son Galego e mariñán polos catro costados. Pero “únicos” significa que non hai dous iguais, non que non existan outros exactamente igual de únicos noutra parte. É dicir, únicos si, pero mellores non.

Se é que madurei (que aos meus case 57 teño cada día máis dúbidas), viaxar e vivir en outras terras e outros lugares comer outras comidas e beber outros viños tivo moita culpa. Por iso, probo de todo e intento aprender de cada lugar que visito algo novo. Aprender a respectar o que outros fan, aínda que sexa diferente. Porque non é mellor nin peor, é, precisamente iso: diferente.
Otero Regal

Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2008 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A OTERO REGAL HOXE
BUENO...COMO MOITOS DOS NOSOS LECTORES SON DE FORA DE A MARIÑA POÑO AQUI HOXE A ENTREVISTA DE ANA CUBA DE HOXE NA VOZ DE GALICIA:

mariñanos en su rincón
| Alfonso Otero Regal
«Estou moi decepcionado... Só pido un pouco de gusto, ético e estético, para Viveiro»
El controvertido ceramista, tímido y polifacético, recorre su vida en un discurso que se nutre, sin remedio, de la política
Autor:
Ana F. Cuba
Fecha de publicación:
6/12/2008

En la casa donde nació Alfonso Otero Regal solo había un libro, un diccionario. En la biblioteca del centro RegalXunqueira cuenta con unos diez mil volúmenes. De pequeño pintaba barcos boniteros; Puchades, su profesor en el Seminario de Mondoñedo, le alentó; en la Escuela Massana, de Barcelona, descubrió el relieve. Ahora sigue buscando formas, pintando cada pieza de las miles que se producen en su taller.

Otero Regal ha vivido en todas partes. Nació en el lugar de Demoroi, en Nois (Foz), en 1952. Y a los cinco años inició un periplo que duraría dos décadas, por A Mariña, O Caurel, A Coruña, Cataluña -«Barcelona é a miña segunda patria», destaca-, Zaragoza, Mieres y Oviedo. Hasta recalar en Viveiro, hace 32 años. «De pequeno tiña un primo cura en San Román (O Vicedo), eu viña en verán e tiña a fixación de facer unha casa en Area, que ao final nunca fixen. Sempre me gustou Viveiro, pola paisaxe e a orografía. E houbo unhas festas populares míticas organizadas por Sementeira con grupos de folk... Pensei que Viveiro era máis aberto», relata.


Este «cidadán do mundo», que se emociona cada vez que regresa a las ciudades donde ha residido, acabó asentándose en Viveiro, donde montó El Gatopardo (como la novela homónima de Lampedusa, a quien Otero Regal cita con frecuencia: 'Si queremos que todo siga como está, es necesario que todo cambie'). Era el primer pub de la provincia. Cuenta que el gobernador le envió una carta preguntándole qué era eso de 'pub'.

Aquel local pionero, «onde se viu o primeiro vídeo de toda Galicia, había proxeccións de cine e presentacións de libros», vio nacer el periódico Badal , que duró un par de años. Otero Regal traspasó El Gatopardo y fundó el taller de cerámica en A Porta da Vila -«na única casa da cidade na que se conserva un pedazo da antiga muralla», explica-, que después ampliaría para abrir una tienda. Y más tarde otra en un pazo urbano de la céntrica calle Pastor Díaz.

Gracias a Fina y a la suerte

Con el negocio ya consolidado, Otero Regal se embarcó en la compra del pazo da Trave, en Galdo. «Restaurámolo e convertímolo en hotel; acadou moito prestixio», señala. La venta del establecimiento coincidió con la apertura del centro RegalXunqueira, la última y, seguramente, la mayor aventura empresarial y personal del reconocido ceramista. Pero casi nada en la vida de este hombre polifacético, «renacentista», como se califica, se entiende sin tener en cuenta a Fina Ramallal. «Sen a miña compañeira, coa que levo dende os 18 anos, o 90% das cousas que fixen non as faría. É un apoio, está moi volcada...», reconoce. También da las gracias a sus padres y al resto de la familia. «E un pouco á boa sorte».

Durante varios años, Otero Regal presidió la Asociación de Comerciantes, Industriales y Autónomos (Aciam) de Viveiro. Entonces, por su presencia constante en los medios, y ahora, en el retiro voluntario de Xunqueira, su nombre genera controversia. «Porque digo as cousas son polémico (...). A verdade sempre é polémica», opina. Sus detractores dicen que siempre ha sabido arrimarse al poder en beneficio propio, al margen del color político de turno. Él se defiende: «Fun puteado por Aja (ex alcalde de Viveiro, del PP) e por estos (el bipartito PSOE-BNG, primero, y ahora Roel)».

El personaje descarado e irreverente esconde a un hombre «timidísimo, cunha sensibilidade a flor de pel», un entusiasta de la política, la misma que denosta porque cada día se aleja más de su ideal «ético, da polis grega, do bo goberno». Si hay que definirse, se atreve: «Son unha persona de esquerdas, non son nacionalista de nada, galeguista na defensa da cultura e o idioma galegos». Y confiesa su desencanto: «Estou moi decepcionado. En Viveiro parécense moito a esquerda e a dereita. Nin sequera controlaron as obras ilegais, eses galiñeiros... Só pido un pouco de gusto, ético e?????????estético».

Tal vez a la izquierda se le exige más: «É lóxico, pídeselle máis porque é máis ética que a dereita... Un goberno que me frustre en aspectos culturais e estéticos, ben, pero é que o que fixo non responde nin á peor das miñas expectativas». Otero Regal se siente «desaproveitado» y cree que ya nunca hallará su sitio. «Xa non teño ningún referente... Meu avó estivo toda a vida dicindo 'cando veñas os meus...'. Os meus nunca van chegar», lamenta.

«Síntome estafado»

Pese a todo, sobrevive y hasta se envalentona: «Pero síntome estafado. Se tes poder non te putean e nese aspecto sempre o tiven e a miña relación cos políticos de Viveiro foi que me tiñan medo». Pero si algo le enciende es la «apatía» del pueblo viveirense. «O que máis me fode é que non é nada reivindicativo, non se bota á rúa, é sumiso, mendiga e pide pero non reclama», critica. Y recuerda el peso comercial de Viveiro a principios del siglo XVIII, las transacciones de vino, madera y salazón con Riga, actual capital de Letonia. Hasta que el transporte por carretera y ferrocarril suplió al marítimo y empezó el aislamiento. «Viveiro tamén é moito de copiar e non potenciar o seu», recrimina. Pero aquí continúa, en Xunqueira, «tranquilo, relaxado, parece un convento, de 5.000 metros cadrados. Moitas veces non sei nin se chove».

Para acercarse a este «ácrata», que sostiene que «a libertade ten un prezo porque non estamos nunha auténtica democracia», basta con hurgar en su blog, «a república da miña casa», donde canaliza sus inquietudes periodísticas (colaboró durante años con la prensa local) y se expresa sin tapujos ni eufemismos, a bocajarro, como habla, como vive, a la manera, dice, que aprendió en la aldea de Demoroi.


Del centro RegalXunqueira salen piezas para tiendas de toda Galicia, Cataluña y varios países extranjeros
Fecha de publicación:
6/12/2008

Para Otero Regal no vale «a teoría de que se tes un negocio tes que estar calado». «En Viveiro -ironiza- non vendo nada, fago placas de rúas para Ávila e aquí encárganas fóra». La política nutre su discurso. El centro RegalXunqueira lo acapara todo, aquí vive y trabaja. De aquí salen piezas para un centenar de tiendas de Galicia, muchas en Cataluña y en buena parte del Mediterráneo, y también Japón, Italia y Estados Unidos. Para sobrevivir hay que diversificar, ahora con soportes para productos «delicatessen». Y muchas ferias. Este «bo cociñeiro», que circula en un «potito» (coche sin carné), también disfruta cociendo cerámica con sus nietos, Leo, de 6 años, y Alén, de 2, hijos de Renata. Lástima que no nacieran antes «porque agora cóstame seguirlles a diversión».


Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2008 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
A RELIXION FORA DA ESCOLA
Mandaromo e eu secundoe e publicoe:
Somos un grupo de docentes de todos os niveis educativos que estamos moi preocupados polo baixo nivel cultural na nosa sociedade, os altos índices de fracaso escolar e a proliferación de telelixo.

Para saír desta situación queremos traspasar os muros das escolas, os institutos e as universidades, levando a cultura e a educación a ámbitos nos que ata a data estivemos ausentes, nos que o noso desleixo privou moitos cidadáns do dereito universal á cultura.

Como primeiro paso, queremos chegar a un acordo coas autoridades eclesiásticas para que nos cedan un dez por cento do tempo das misas co fin de que profesores especialistas nas distintas disciplinas poidan chegar máis doadamente aos crentes mediante breves intervencións didácticas.

Estamos estudando cál sería o momento idóneo para inserir nas misas contidos científicos e culturais, talvez inmediatamente despois da consagración ou xusto antes do pai noso.

Está claro que algúns fregueses podrecían, con razón, obxectar que eles non teñen porqué aumentar os seus coñecementos nin a súa cultura, xa que acoden a misa co só fin de orar e escoitar a palabra de Deus.
Para solucionar este problema, e aínda que puidese parecer inconstitucional, á entrada á igrexa fariámolos encher un formulario para que manifestasen a súa preferencia pola relixión ou a cultura.
Unha vez identificadas estas persoas, poderían abandonar no momento axeitado a nave principal da igrexa e reunirse nas capelas laterais, a cripta ou o salón parroquial. Co fin de evitar agravios, estas persoas poderían recibir durante ese anaco charlas de carácter non cultural nin educativo pero moi relacionadas cos contidos que se estean a impartir nese momento ao resto dos fieis dende o altar.
Por exemplo, os fregueses que non queiran repasar a táboa periódica, estudarán os efectos perniciosos dos colorantes alimentarios, os que non queiran facer exercicios de educación física poderán ver un documental sobre a obesidade, e os que non queiran repasar os verbos irregulares ingleses poderían estudar estatísticas sobre a importancia de falar idiomas no mundo moderno.

Os bispos adiantáronnos que non habería problema en computar o tempo de calquera destas actividades como tempo equiparable ao dedicado a escoitar a palabra de Deus, á oración, á contemplación, a penitencia ou á caridade e en ningún caso poderá discriminarse o acceso á salvación eterna aos fieis en razón das súas preferencias relixiosas ou educativas.

Tampouco puxeron a máis mínima obxección á aparente contradición derivada de que o contido das misas estea baseado na fe e as crenzas, en contraste coa natureza científica e académica dos contidos que habitualmente impartimos nas aulas.


Nun primeiro momento, as clases impartiríanse só durante as misas obrigatorias dos domingos e festas de gardar, para máis adiante estenderse a outros actos relixiosos de asistencia non obrigatoria como bautizos, vodas, comuñóns, funerais, exercicios espirituais, ordenacións sacerdotais e mesmo cerimonias de canonización ou beatificación.
Pero, ¿de onde sairía o diñeiro para pagar o profesorado que traballe os domingos? Sen dúbida ningunha dos donativos que os fieis depositan nos cepillos, da porcentaxe de impostos destinados ao sostemento da Igrexa Católica ou, en xeral, dos presupostos da Igrexa.

Para garantir a calidade das ensinanzas impartidas, a nosa asociación xestionaría directamente o diñeiro achegado pola Igrexa e con el contrataría profesores de sólida formación pedagóxica e científica que se encargarían de impartir as clases durante as misas.


Naturalmente, dado o carácter eminentemente laico das clases, non dubidariamos en despedir fulminantemente aqueles profesores que non mantivesen unha coherencia laica entre a súa vida profesional e persoal facendo cousas como casarse pola igrexa, acudir a misa semanalmente ou participar en calquera tipo de actos relixiosos.
Finalmente, levaremos as nosas negociacións ata o mesmo Vaticano, coas autoridades do cal asinariamos un concordato que garantise a continuidade da nosa nobre tarefa docente nas igrexas durante os anos vindeiros.
¿Paréceche un disparate? ¿Paréceche difícil de conseguir? Non é tan disparatado nin tan difícil. Aí temos o exemplo dos acordos entre a Igrexa e o Ministerio de Educación en torno á materia de relixión e a súa alternativa.
Ao final conseguiron o que ninguén crese posible.
Entre tanto, pode facer chegar a nosa proposta educativa a docentes, pais, alumnos, políticos, sindicalistas, medios de comunicación e mesmo ás autoridades eclesiásticas. Talvez así contribuamos a que se entenda mellor o que está a acontecer en relación co ensino da relixión nos centros sostidos con diñeiro público.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2008 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
A CULTURA DO ESFORZO
A CULTURA DO ESFORZO
Eu quixen ser médico, pero asustábame o sangue e as tripas fóra do corpo. Despois agricultor, pero o de dobrar o espiñazo e mirar ao ceo non ía comigo. Futbolista, pero no patio do colexio Martinez Otero puxéronme no meu sitio. E tamén toreiro, estaba de moda “El Cordobes” mariñeiro, cura misionero e inclus bispo, navegante, profesor, cociñeiro, cantante, ... Un pouco de todo, coma os nenos de entón e supoño que tamén de hoxe en dia. O normal cando a un lle preguntan e aínda non lle saíron pelos na barba. Logo xa estaba o adulto correspondente para falarche das saídas, dos soldos, das carreiras, ... Y para tí a saída era o timbre da clase, os soldos eran pagas de vinte pesos e as carreiras, aquilo de haber quen corre máis.

Recordo todo isto porque cando observo os alumnos da miña compañeira ,escoito as conversacións dos que ás once teñen toque de queda, teño a sensación de que algo cambiou. ''As nenas xa non queren ser princesas'', canta Sabina. Dio polas nenas de Madrid, pero ás de Viveiro vailles ben a viaxe. Agora nenos e nenas (algúns, por sorte) dubidan entre converterse en bailarins de Fama, cantantes de operación Triunfo, superviventes de illa ou habitantes da casa. O importante é saír na tele e que che pregunten cousas pola rúa. Porque ser cantante sen nominacións e sin que che pidan autógrafos e un fillo teu non vale.

Agora é máis importante parecer que ser. Beckhan e outros similares fixeron moito dano á sociedade adolescente. ¿Por que? Porque todos queren ser futbolistas guapos e levar o pantalón caído e a crista correspondente. Pero ninguén lles dixo que estes famosos que gañan tantas moreas de cartos adestra cada día, machácanse nos seus oficios e que non todo son doces na súa vida para ser un bo profesional.

Por iso, poñen de moda os castings (dá igual de que) e escoitas dicir unha nena de quince que o que quere é pillar cun toureiro para contalo e gañar moita pasta. E, agora, a mamá ata pon a cama e o papá págalle as tetas por deixar menos de tres no instituto, quizabes esaxere pero do que estou a falar e da epidemia que pulula entre o 90% dos pais do noso entorno que non saben ou non queren educar aos seus retoños na cultura do esforzo, que cada cousa que un quere ten un esforzo, que non caen as cousas do ceo, que o do “maná” é un conto da boa pipa..
OTERO REGAL
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2008 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal