A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

¿CAMBIOS NA MARIÑA PARA O 2008?
¿Cantos desexos que un se fai o dia 31 de decembro se realizaran no ano seguinte? Cada fin de ano e comenzo do seguinte, todo fillo de veciño procura planificar o futuro, buscando seguir un roteiro lóxico e realista.
Todos queremos as mesmas cousas. As persoas cantan e berran nas festas e nas ruas "Adeus Ano Vello, Feliz Ano Novo, que todo se realize no ano que vai nacer. Moito diñeiro no bolso, saúde para dar e vender". Dende logo eso é importantísimo. Con diñeiro no bolso, nesta recesión, a maioria dos problemas de todo mariñan que se precie estarian resoltos. A saúde , é fundamental. Pero ter diñeiro, non todas as veces, pero bastantes ten que ver tamen coa boa saude.
E certo tamén que non todos nos plantexamos unha restructuracion rixida do novo ano, pero polo menos debemos saber que obxetivos queremos atingir no ano, senon ficamos "correndo atrás do vento" sen chegar a lugar algún. As previsións optimistas duns e pesimistas doutros para o ano 2008, na área económica. ¿Serán ou non seran? ¿Deixaran de venderse pisos a madrileños e similares? E por outra ¿Alcanzaremos a soñada paz ? E as elecións de Marzo, ¿van mudar algunha cousa?
As preguntas ó respecto da nosa terra e do mundo son infinitas, pero dunha vez temos que caer do burro. Non podemos mudar o mundo, soio esta nas nosas mans poder influenciar as persoas do noso redor e facer o "noso mundiño" un pouco mellor com moitas dificultades e zancadillas.
Ano novo, vida nova pero toda mudanza requere sacrifícios. Quizais vostede precise deixar un vício ou costume que está perxudicando a sua saúde física e a emocional da sua família. Quizais precise ollar mais para os outros e menos para o seu ombigo, para aprender a ser agradable cos demais. Quizaies queira deixar ese traballo que ten sido un peso na sua vida e correr atrás de unha carreira nova. Non sei eu. Pero vostede si que o sabe!
Pero a bon seguro que algunhas das mudanzas que a nosa bisbarra espera con necesidade para encarar un futuro mellor, tampouco este ano veñen nas alforxas dos reises magos. ¿Quere A mariña ser unha comarca competitiva e con futuro o próximo ano? Pois para elo é preciso que as comunicacións por estrada entre A Espiñeira e Castelo e de Castelo a Ferrol se poñan a andar e fiquen nun prazo maximo de tres anos, tamén é preciso un tren que seña tal, e non un de xoguete como o de agora que nos una radialmente co resto do pais e co norte, tanto para viaxeiros como para mercadurias, e como ven non falo de AVES sinon dun tren, que se construan dunha vez por todas este ano os polígonos industriais de Ribadeo e Viveiro, que se mellore adecuadamente e non con remendos como agora, a carretera de A Gañidoira, que se amplie e dote adecuadamente tanto de tecnoloxia como de persoal o hospital, que se acerque a administración os administrados non soio de boquilla si non de certo como no caso do PAC de Foz, que dunha vez por todas lles caia enrriba o palomo do Espiritu Santo ós nosos políticos da bisbarra e gobernen e se diexen de fotos e comunicados nos papeis, que conten co pobo, cos sectores que o configuran, pequena industria, comercio, turismo, territorio que creen comisións, patronatos ou como queiran chamarlle , pero non para figurar senon para planificar, pois si eles son unhos mediocres con axuda ainda poden mellorar. E sobre todo e hora que os partidos políticos faigan unha liquidación de existencias caducas e ineficaces e poñan a gobernar a xente con miolos que reclame e esixa todo o antes dito. Si esto e outras cousas se levasen a cavo outro galo nos cantaria no ano 2008, pero, sintoi polo meu pesimismo nestas datas, moito me creo que as cosas seguiran igual ou parecido. Que teñan um feliz ano novo e unha vida moito mellor!

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
¿FELICES POR DECRETO?
¿FELICES POR DECRETO?
O Nadal na nosa bisbarra encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sin preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas datas.
Adornamos todo aquello que teñamos a man, lucecitas de cores,o nacemento, a árbore ou a estrela; a chegada de Papá Noel, os Santos Inocentes, a celebración do Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.
O certo é que tamén, neste caso olvidamos o noso para enseguida coller costumes do alleo , nesta franxa galega do Cantabrico existian antes de todo isto tradicións destas datas como a do tizón, cachopo ou cepo de nadal, así como as relacionadas coa gastronomía .
I é que o Nadal galego ancestral, insertado na tradición cristiá desde o século IV, ten tamén unha palpable relación agraria, cando o labrego ou o mariñeiro –debido ó mal tempo e ós días curtos- concentra o seu esforzo en traballos artesanais dentro da casa ou en labores como a matanza do porco. Avós, fillos, netos… reúnense a carón do lume onde, según os contos, tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os donativos…, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe pouco se conservan.
A pesar de todo o dito dende aquí echazo a falsa creencia de que en Nadal hai que ser felices por narices. Cos anos as nosas persoas queridas, bisabos, abos, tios van esmorecendo no recordo e no Nadal para mín supoñen unha regresión á infancia , e iso acarreame tristura e melancolía que me proporcionan momentos de absoluta soedade. Ainda que esteña rodeado dos meus ,anque na rúa o ambiente invite o lecer anque as tendas esteñan a rebosar ,anque cenas e comiolas sucédanse de maneira irracional, a mín revéntame o Nadal.
Renego do Nadal polo seu componente consumista e por esa obligación de ter que estar ledos, ser bos, y máis felices que nunca. Só pensar que hai que divertirse por decreto fai que o meu estado de animo caia en picado. A nostalxia invádeme e comenzo a ter unha vision negativa de cousas que me rodean, Si vou pola rua e vexo a xente cargada de bolsas deprimome e so quero encerrarme en min mesmo. O único que me apetece e seguir coa miña vida normal, quedar coa xente que Quero e sair ou convivir con eles como calquier día del ano, como soio facer habitualmente. E sobre todo , sobre todo, o que más deseo e que o reloxio corra e se leve o que queda de Nadal dunha vez.
Confeso que son outro a partir do 7 de Xaneiro, dia de San Xulian o santo con escopeta que era o patron do recuncho donde nacin.
Ademais esta a obligación dos regalos: reventame ter que mercar algo por mercar,sin saber a veces nin o que vas a regalar....coas tendas a rebosar,coas ruas cheas de xentes que soio ese dia che sorrin e dicen cusas como feliz Nadal, feliz ano e cousas similares colas interminables para que che envolvan cousas quetremes non van a gustar. Pero ,¡ hai que regalar.! Estresame moito , estresame tanto que todo soio deixalo para o final ....e o final e que anque renego do Nadal acabo facendo 0 que fai todo o mundo, faigo CEAS, como turrón, e faigo regalos a tutiplé. E SOBRE TODO, ENCÁNTAME QUE ME REGALEN
Pero, a pesar das miñas contradicions, que son moitas e moi variadas negome a ter que ser feliz por decreto.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
COMERCIANTES DA MARIÑA

Os foros de debate que se están a celebrar no Casino de Viveiro, debatiron a semana pasada encol do comercio na bisbarra.A pesares de que fun un dos ponentes do mesmo quedaronme algunhas cousas no tinteiro e tamén sucedeu no mesmo unha intervención da concellala do sector en Viveiro que merece unha reflexión.
O sector da distribución comercial desenvolve un papel fundamental na economía
da bisbarra, tanto no que respecta á súa participación na creación de riqueza como no tocante ó
número de empregos que xera..
No aspecto negativo da situación do sector merece destacar que nos atopamos ante uns propietarios do comercio que ou non se atopan preparados ou non teñen a suficiente actitude para se enfrontaren ós cambios que se están a producir na sociedade en xeral e no comercio en particular. Esta conclusión vese corroborada polo que a maioría ten como meta
no exercicio da súa actividade profesional, que é fundamentalmente a de manterse, menos da metade opina que quere seguir medrando, esta particularidade está moi ligada á cultura predominante nos máis xoves, os fillos dos comerciantes tenden a querer ser funcionarios e a non seguir co negocio dos pais.
Como sucede en outros eidos da nosa economia social, aquí tamen se votan as culpas ós de fóra xa que consideran que as maiores preocupacións proveñen do contorno externo ó establecemento: A atracción das medianas e grandes grandes superficies de venda, a competencia e a presión fiscal, por a outra banda o que non ten menor importancias, como pode se-la formación do persoal, as dificultades para o investimento na mellora do establecemento…
Sen ánimo de ser críticos co noso comerciante pero seria moi convinte como en outro tipo de empresa, facer un riguroso estudo de mercado antes de poñer un negocio, formarse no mesmo, e para os xa establecidos estudiar constantemente o contorno no cal se desenvolve a súa actividade, co obxectivo de analiza-las ameazas e as oportunidades que del se desprenden.
Ó comerciante mariñan quizaves lle falta na xestión do seu negocio unha visión máis a fondo das modificacións do seu contorno para adaptarse a el. Así, por exemplo, ante a proliferación das medianas superficies, os comerciantes dispoñen de diferentes estratexias que poden pór en práctica para obter algunha vantaxe competitiva , como poden se-la especialización, unha localización adecuada do establecemento, a asociación con outros establecementos comerciais entre outras.
Como dixen antes , parece como se o comerciante culpase de tódolos seus males a aqueles factores alleos á súa xestión, cando existen unha chea deles que en gran medida dependen de si mesmo e que cunha axeitada planificación poderían converterse nun punto forte do seu negocio, como poden ser unha maior planificación e racionalizacion na xestión do negocio, un maior investimento na adecuación do negocio ás necesidades dos consumidores, un mellor trato, así como unha maior prestación de servicios ós clientes, E para os novos emprendedores unha planificación previa do negocio a montar, e un estudo pormenorizado de todo o que teña que ver con o novo negocio, os seus resgos e as suas virtudes.
Por a outra parte no mencionado foro voltou a poñerse de manifesto o divorcio entre os nosos politicos e o sector, entre o público, donde por certo non se atopaba naide da nova directiva da Asociación do Casco Historico, a pesares de que o seu xerente era un dos ponentes, si estaba a concellala de Comercio: Olga Maria Mendez Carro, que na sua intervención mostrou un desprecio (esa foi a sensación que se percibiu das suas puntualizacions, quedándosnos todos moi abraiados)polo sector digno de mencionar nun libro deses de recordos xa que ante a critica de desatención do sector do comercio por parte do concello, , falta de aparcamento, suciedade nas ruas, ocultación do que se pensa facer no vello malecón de Viveiro, saiu dicindo que as ruas estaban moi limpas xa que se valdeaban tódolos dias, que as “cagadas de cans podian limpalas os comerciantes, que o comercio de Viveiro estaba mal atendido, con malas caras, e peor educación para ficar a sua intervención cunha especie de refrán en donde se facia referencia ó mel as formigas e algo mais que traducido viña a decir que a os comerciantes mellor lles era lamer a man que poñerse feros, pideu mais asociacións de comercantes e votou a decir que o concello non tiña por que axudar a un sector que xenera mais de medio millar de empregos no concello. Pouco ten que comentar as palabras da concelleira, volto a decir aquello de “Que deus nos colla confesados.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2007 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
NIN MEDIO ABENTE NIN ENTEIRO
A ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, a mesma que presuposta deceas de millóns de euros para paseos marítimos na bisbarra, reuneuse o pasado Novembro co novo Presidente da Federación de Concellos e Provincias, Pedro Castro, alcalde de alcaldes de todo o territorio do estado e tamén de Getafe, para pedirlle unha maior implicación dos concellos na loita contra o cambio climatico.
O Ministerio de Medio Ambente pideu ós concellos que reduciran o número de días en que teñen encendido o alumado especial de Nadal, suxeriu que non se empezara antes do 15 de Nadal, coa finalidade de rebaixar o consumo enerxético e as emisóns de gases de efecto invernadero responsables do cambio climático.
A ministra Narbona destacou a importancia de que esa implicación vaia "más alá" da Rede Española de Cidades polo Clima promovida no seno da FEMP e da que forman parte xa 130 concellos entre eles Burela.
Ante a proximidade do Nadal , unha época de "derroche enerxético", pideu que os concellos deran "unha sinal" e que reduciran o número de días de alumado especial. También fixo un chamamento ós cidadáns para que moderen o consumo de calefacción e para que non traten de conseguir temperaturas en locais públicos, e fogares "por enriba do desexable".
Calcula o Ministerio que este Nadal gastarán os concellos en alumado navideño 30 millóns de kilovatios/hora, segundo datos del Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE). Este alumado provocará aemisión á atmósfera de 10 millóns de kilos de dióxido de carbono (CO2), principal gas de” efecto invernadero.”
Dende logo, neste norte galego os nosos alcaldes, e os seus-as concelleiras de medio ambente que non están ou non saben na súa maioría, a pesares de que a excepción confirma a regra, ou non len os papeis ou como parece que lle pasa a maioría dos nosos rapaces de 15 anos son uns “analfabetos funcionais” e non entenden o que len, aquí da o mesmo o que diga a ministra e o que dicte o sentidiño común, ainda que a ministra sexa do mesmo partido e ideoloxia do alcalde, os outros ó mellor non fan caso por levarlle a contraria ,encendese o alumado no mes ne Novembro, como no caso de Viveiro e a gastar enerxia que son dous días e un deles cae en domingo.
Esta forma de gobernar dos nosos rexidores tense, polo menos que considerar contradictoria xa que por unha parte poñense en marcha iniciativas de "estética verde", mentras na práctica siguese profundizando en unha "cultura de derroche claramente insostible".
O peor do asunto e que si comparamos os derroches que se fan en enerxía nos nosos concellos, miles de luces alumando rúas e corredoiras perante toda a noite, gasto sin control ni por medio de sensores ou outras técnicas, alumados festivos e navideños, calefaccións a todo trapo en locais oficiais, colexios e outras instalacóns , co que consomen de media os fogares, que por moito que nos esforcemos en aforrar enexía e consumo non serve de nada si os nosos gobernantes opasanse as directrices polo forro das súas partes.
Xa sei que un grau non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro e débese advertir a quen nos administra os nosos cartos que este derroche enerxético pasará factura en forma de cambio climático, chuvia ácida, residuos nucleares e contaminación.
Di o Ministerio do asunto que o alumado eléctrico das luces navideñas estará cuberto en orredor dun 50% por centrales térmicas,e arredor dun 20% por plantas nucleares, soio o 30% restante procederá de alternativas ecolóxicas, como os molinillos da Gañidoira e centrais fluviais.
Por certo eu recomendarialle a Señora Narbona que mandara unha cartiña ós nosos alcaldes na que lles comunicara que logo que non fan nin puñetero caso co do alumado ela vai cortar o grifo dos paseos marítimos e similares….quizaves asi funcione o asunto.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
DIALOGO DE BESUGOS EN VIVEIRO
DIALOGO DE BESUGOS EN VIVEIRO
A política é, as veces, como un “diálogo para besugos”. Naide dice o que pensa; Algúns, non pensan o que dicen; aqueles, pensan e non dicen; éstos, naide sabe que pensan; dos de máis alá un pensa que pensan, pero eles non pensan que un pensa.
Algúns , na sua soedade mental pensan que o que pensan e o mellor pensamento. Mentras teñan que pensar, ainda que non pensen, pensan en paz. Por eso pensan que é mellor o pienso que o ¿qué penso? Pero, pensar moito da dor de cabeza e moito pienso da dor de estómago. ¿serán os piensos malos pensamentos?
Dubido eu: Quen dixo “penso, logo existo”, ¿referíase ao pienso alimentario ou ao pienso intelectual, que, disque, e un pienso que alimenta a intelixencia?
Non sei que pensar. Estou preocupado. Sempre que escoito os diálogos dos políticos locais deste Viveiro dos meus pecados acabo feito un besugo.
Por primeira vez, dende que temos democracia, no Concello de Viveiro, un alcalde decide suspender un pleno, expulsar ó lider da oposición e armr un sinsentido aderezado de chulismo e prepotencia desmedida.
Todo sucedeu a primeiros da pasada semán cando nun pleno se discutia unha moción do BNG, despois dunha intervención do PP, tomou a palabra o portavoz do PSOE, Rafael Amor , que non se caracteriza precisamente, nin pola sua oratoria, nin pola sua cultura política e si pola sua incorrección e malos modos, calificando a intervención da oposición de “Dialogo de besugos”, na grabación, escoitase unha voz de muller: ¿De besugos?, ó que o alcalde-presidente engade non faigan eco, e xa se escoitou o dito, Rafael Amor, para mais chulería repite o de ialogo de besugos “Para que se entenda ben”, Leal do PP interrumpe pedindo que non se insulte e califique desa forma ós concellais, o alcalde, que cada día perde maís o seu carácter dialogante, sácalle a palabra, armase a de San Cristo e a cousa remata como o rosario da aurora, comunicados, rodas de prensa, e cabreo dos que ainda criamos que este pobo tiña remedio coa política, e que cada día nos levantamos maís decepcionados e un pouco maís cabreados, a punto xa de pedir perdón como si foramos a muller do Chaves.
"Diálogos para Besugos" eran unha sección humorística escrita por Armando Matías Guiu que empezóu a publicarse, precisamente cando eu nacín en 1952 na revista de historietas DDT, Lamentablemente, non teño nin puñetera idea para saber a razón de que se utilizara ó inocente "besugo" no sitio doutro peixe, ben podía sen “Dialogo de congreo, de faneca, de merluza, de sardiña…”
O feito é que a palabra “Besugo según a RAE, é tamén un término aplicable a unha "Persoa torpe ou necia", o cal da más sentido á frase "Diálogo de Besugos", que como vostede sabe significa "Conversación sin coherencia lóxica". Polo que queda claro que o dito polo portavoz socialista , que ademais é secretario local dos mesmos, no pleno si é un insulto para os membros da corporación, o alcalde, como en outras moitas ocasións segueu a sua divisa de “ menealla pero non enmendalla” e en vez de apaciguar as cousas reprender ó señor Amor, pedirlle que retirara o dito e solicitar que non figurara na acta, deulle mais alas o manso , con prepotencia e chulería, si cave, o resultado éque seguimos, por desgracia a ter que voltar a decir que por estas latitudes temos os peores políticos do mundo mundial, suba quen suba a mandar na casa do león pasante seguen os mesmos vicios, prepotencia e “siismos” dos de antes. Menos mal que a maioría catolica sempre ten o de “Que Deus nos colla confesados”.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2007 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA O OPTIMISMO NON TEMOS VACINA

Cada dia falta menos para as elecións de marzo do 2008, e os partidos políticos espértanos cada maña con promesas de todo tipo e cor.
Moitas veces e moitas xentes deixanse convencer por esas promesas e non paran a pensar si son factibles e o que significa realmente as consecuencias desas promesas, si nos benefician ou non, por eso do sermón de hoxe animo ó lector a reflexionar con cautela sobre elo e sobre todo, si estas son factibles oU son simplemente un farol electoral.
Bueno, empezamos polo que din os diarios esta semán, o PP promete unha rebaixa do IRPF, que eximiría as persoas cunha renda inferior a 16.000 € anuais que non pagarían o imposto. O PP en particular e a dereita en xeral e bastante aficionado a facer este tipo de promesas, pero ó meu entender un pouquiño absurdas.
Pero vaiamos a modiño, paso a paso, seguro que algunha vez escoitaron falar do Imposto Sobre Transmisións Patrimoniais, que e o que se paga cando un compra ou vende unha leira ou calquer tipo de propiedade. Tamen o PP propón suprimilo, cuosa que está bén…… pero paremonos a pensar a quen benefiacia realmente a supresión deste imposto, de seguro que ós empresarios e ós especuladores…clientes a bon seguro, salvo raras excepcións que son partidarios da dereita e dos seus representantes.. Unha persoa ou familia normal, do monton que ten unha casa e unha leira ou duas para plantar patacas e leitugas, si o vende ou o deixa en herdanza o que lle toca pagar e insignificante .
Pasamos a segunda parte, que e o mais interesante o do IRPF, que seguro algún dos lectores pensou que o beneficiaria a bon seguro, pois non é certo, si gaña o PP, e o aplica, que esa e outra historia, xa o decia un tal Xesus de Nazaret, “Benaventurados os crédulos que pronto veran a Deus”. En principio debemos ter en conta que teñen que cobrar menos de 16.000 € ao ano sin descontos, o sexa eses cartiños que cada mes lle sacan da nomina. Non ten nada que ver co que cobra no sobre ou polo banco, que e o soldo neto, xa aplicadas as retencions do IRPF, nestre intre combidoos a facer as contas do que cobran anualmente en bruto e veran que moitos de vostedes non seran beneficiados “O meu gozo nun pozo”. Por outro lado ainda que o Rajoy chegue a Moncloa na primavera e moi improbable que esta cacareada reforma , ao menos a corto plazo, dado que supoñeria unha baixada de recaudación do Estado que podería interferir na boa marcha da economía.
Xa sei que vivimos no sur de Europa e por aquí a nadie lle gusta pagar impostos pero tamén temos que ser conscientes dos servicios que recibimos a cambio, que son moitos e teñen un costo moi elevado. Por eso temos que ser todos os que contribuiamos a pagalos, según as nosas capacidades económicas .
Cando un era un cativo de aldea pensaba que era Franco quen fabricaba os cartos, creia que por eso a uns dáballes pesetas arreo e a outros , como a meus pais deixabaos na miseria, o parecer son ainda moitos quenes pensan o mesmo, non é asi, os cartos, simplemente cambian de mao, os políticos deben administralos, non sempre o fan ben, é certo, pero para pagar e recibir o tratamento semanal que lle estan a facer a meu pai no hospital de Burela, perto de 1000 euros semanais, son necesarios os impostos, o mesmo para que teñamos carreteras e cominicacións, luz publica , atención social….e moitas mais cousas , por todo elo, cada vez que escoito a algun mentireiro decir que vai baixar os impostos engado, alo vai a mitade da sanidade publica, a necesaria estrada, o alcantarillado e moitas maís cousas, amigos no nos engañen, o publico e ben fermoso.

Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2007 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal