A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

2006 UNHA BOA COLLEITA
2006 UNHA BOA COLLEITA
Non estamos a falar do bon viño, senon do trascurrir da política municipal en Viveiro,que seguindo aquela máxima do partido que perdeu as elecións e que perante vinte anos nunca presentou un programa electoral, a nivel local, limitabase a sacar unha revistita, eso si, a todo color co eslogan de OBRAS SON AMORES….., que a maledicencia popular veu de bautizar como “A HOLA DE AJA”, tamen imos a falar de política, ou seña “Do bon goberno da civitas” onde , sen lugar a dubidas a consecución de obras, infraestructuras e benestar para o presente e o futuro é algo importante e que debe ser tido en conta.
E ben sabido que o goberno municipal de Viveiro foi marxinado, dende o primeiro día de chegar á casa grande da Praza Maior por parte da Xunta de entonces e polo Goberno Central, so cando empezou a cambiar a tortilla tanto en Madrid como en Santiago empezaronse a notar que as cousas estaban cambiando, e sobre todo que a Viveiro empezaba a terselle en conta, asi as cousas este 2006 empezanse a notar na vida cotian, nas ruas, nas beiraruas e nas corredoiras que as cousas foron a mellor.
Xorxe Wagensberg, centifico que a pesares do apelido era desta “pel de toro”, deixou definido que “Esquerda: iniciativa colectiva para beneficio colectivo. Dereita: iniciativa privada para beneficio privado”. Precisamente, según a miña humilde opinión, os gobernos de esquerda teñen que caracterizarse pola sua vertente social, e é neste punto onde se perciben maís diferencias entre os 20 anos de Cesar Aja e os casi catro de “O Bipartito”, Centro de día, onde se atende a veciños con males como o alzheimer e similares, Oficina da xuventude e noites alternativas, como posibilidade de que os nosos xovenes teñan outros entretenementos maís alo do botellón e a rua, Oficina do Emigrante, agora que xa temos centos de conveciños procedentes doutros lugares do mundo, Atención as mulleres maltratadas, que como o caso das bruxas “Habelas hainas”, actividades para os nosos maiores, posta ó dia e mellora obtensibel do centro de servicios sociais, eso xa está levandose a cabo, pero ademaís está a caer ese Centro de dia a situar en Celeiro, nas antigas escolas, e sobre todo a maneira de trarar os contribuentes, non como basallos senon como xente con dereitos e deberes.
Perante tres anos a oposición cansouse de repitir día si e día tamén aquelo tan manido de “Estes non fan nada”, pois a realidade é ben distinta e o cidadan, por moitas rodas de prensa que se fagan, veo de cotian, Sobresaen algunas cousas maís alo dos rebacheos de carreteras e corredoiras, que por primeira vez estanse a pavimentar carreteras locais con aglomerado e non con gravilla que nos tiña acostumados, trazouse e agora sae a subasta a redacción do proxecto da chamada Circunvalación de Viveiro, sen protestas, tendo en conta ós veciños, todo un exemplo de dialogo, estase a arranxar o paseo marítimo de Viveiro, que por falta de control da administración local anterior, a empresa constructora deixarao feito unhos zorros, tiraronse, e vaise seguir, varios galpóns do vello porto de Viveiro, para recuperalo para a cidadania, por fin vaise arranxar a Rua Lavandeiras, A subida a Santa Alvites, O tantas veces prometido e nunca cumplido Polígono industrial xa esta en tramites de subasta de proxecto, estase a convertir a zona monumental de Viveiro, nun sitio para vivir, con novas zonas de lecer, pintado e cuidado das fachadas, creación de espacios etnográficos, restauración do conxunto monumental, parques como o do entorno de San Francisco, Horta dos Calvo Sotelo,mercouse por parte de Vivenda da Xunta varias casas en ruinas para restauralas e convirtilas n vivendas protexidas para xovenes. Tamen outras partes do concello viron mellorar o seu entorno, O campo de Pascua en Covas, todo o entorno de Lavandeiras en Celeiro…e moitas mais cousas que nos quedan no tinteiro, pero que están ahí, soio os cegos as podian negar, por iso un cre que o ano 2006 foi un ano de boas colleitas para o concello de Viveiro e por añadidura do pobo entendendo como conxunto de cidadáns que viven nel.
Claro que ainda é de ben nacidos ser agradecidos, tamén debemos azuzar ós gobernantes para que o ano que ven seña ainda mellor.

Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2006 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
ATENTADO DE ETA.............
“Amellor forma de vengarte dos que te inxurian e que non os imites”

ATENTADO DE ETA
DEMOSLLE TEMPO O TEMPO
A experencia dicenolo….pasou noutros lugares donde existiron grupos terroristas….Cando as propostas violentas xa non teñen camiño por donde andar, a parte mais moderada ou a parte politica do grupo, pasou tamen en Irlanda…tenta chegar a un acordo negociado de paz co goberno de turno e coas outras forzas politicas….en todo grupo sempre existe un grupo de TUZAROS….que non queren ningun acordo…non queren a paz….queren seguir matando…ao fin e o unico traballo que teñen e saben facer antes de pasar decadas nas cadeas…..
Quero entender, por como sucederon as cousas….non oubo aviso de final da tregua…nin comunicados previos nin gaitas….que o que esta a suceder con ETA e o que indico arriba…..dentro da organización existe un lado coa formación politica que os ampara que queren negociar, legalizarse e presentarse as elecions municipais, e facer politica…….e por outra na banda existe un núcleo duro dentro de ETA que quere sangue……sucedeu tamen en IRLANDA….por eso me parece ben que se corten as negociacions mentras non se aclare o asunto…pero demoslle tempo o tempo…porque o fin ou e negociado ou non sera…..por mal que lles pese os da COPE, EL MUNDO DE PEDRO JOTA, RAZONS E ABCS e AS libetades dixitaes e outras lerias….. “HUESTES DO SEÑOR ZAPLANA AZEBES E O RAPAS DE PONTEVEDRA…O MARIANO……incluidas…….
Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2006 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
MATAR E MATAR....NON A PENA DE MORTE..........
Deploro e refeito a decisión do Alto Tribunal Penal Iraquí impoñendo a sentenza de morte a Sadam Hussein que foi aforcado esta maña as 4...... trais un xuicio cheo de graves de defectos e sin garantias. O ex dictador iraquí foi aforcado por o homicidio de 148 persoas do pobo de Al-Dujail trais un intento de asesinato contra o propio Sadam Husein en 1982.
Mentras Blair, Zapatero, Prodi, Chirac e Putin, entre outros.... opuxeronse a que se aforcara Sadan, outro tirano, prepotente e un pouco bobalicon, o señor Busch declara que o aforcamento “representa un importante logro hacia la libertad de Irak”
Como digo casi sempre NON TODOS SOMOS IGUALES...........NIN SIQUERA PARECIDOS....

A pena de muorte e a forma mais extrema de pena cruel e despiadada, inhumana e degradante.
A pena de moerte constitue unha violación do dereito a vida.

Categoría: Xeral - Publicado o 30-12-2006 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
GUSTAME..
Si onte falei do que non me gusta…..hoxe casi o final do ano cristian…falo de algunhas cousas que si me gustan……..

Por exemplo:
- A mel.
- As sábanas da miña cama, extrasuaves despois de tantos anos.
-As ensaladas, cada dia, cada comida.
- Un gato durmindo.
- A choiva, o vento, as tormentas.
- Despertarme na noite, e oír o silencio, mellor ainda oir chover.

-As fontes
- Leer, leer, leer.
- Reírme soio mentras escoito a radio ou leo.
- Os meus pantalons vaqueiros gastados.
- O sorriso dos meus netos

- Un café ben feito.
- Ver fotos e contar toda a historia que teñen detrais..

-O mar.

-O rio.

-O vento na faciana.

-Os arbores.

-A musica.

-O barro.

-O meu traballo.

-A xente agradecida.

-A xente que sabe perdoar.

-Que me sorprendan.

-Os regalos.

-Os masaxes

-Apreder cousas.

- O mes de setembro.
- O mes de Xaneiro.
- A sua faciana cando chego con un regalo sorpresa

- Escribir, anque señan cousas tristes.......sin sentido ou o que salla.....
- Que me desperten as catro da mañan, que me abracen e me digan " que te Quero rapas..”.

E sobre todo…Ser como son... aquí e agora…….co moitos defectos e, que coño…..algunha virtude tamen…………

Si onte falei do que non me gusta…..hoxe casi o final do ano cristian…falo de algunhas cousas que si me gustan……..

Por ejemplo:
- A mel.
- As sábanas da miña cama, extrasuaves despois de tantos anos.
-As ensaladas, cada dia, cada comida.
- Un gato durmindo.
- A choiva, o vento, as tormentas.
- Despertarme na noite, e oír o silencio, mellor ainda oir chover.

-As fontes
- Leer, leer, leer.
- Reírme soio mentras escoito a radio ou leo.
- Os meus pantalons vaqueiros gastados.
- O sorriso dos meus netos

- Un café ben feito.
- Ver fotos e contar toda a historia que teñen detrais..

-O mar.

-O rio.

-O vento na faciana.

-Os arboles.

-A musica.

-O barro.

-O meu traballo.

-A xente agradecida.

-A xente que sabe perdoar.

-Que me srprendan.

-Os masaxes

- O mes de setembro.
- O mes de Xaneiro.
- A sua faciana cando chego con un regalo sorpresa

- Escribir, anque señan cousas tristes
- Que me desperten as catro da mañan, que me abracen e me digan " que te Quero rapas..”.

E sobre todo…Ser como son... aquí e agora…….co moitos defectos e, que coño…..algunha virtude tamen…………
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2006 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
NON ME GUSTA..............................
O certo e que a idea encontreina na rede….certo tamen e que mais de unha vez me parei a pensar o que me gusta e tamen o que non me gusta nada…nadiña…….algo asi como un anaco de tempo facendome un radios x………pois ben empezo hoxe coo que non me gusta nada de nada……..
No me gusta...
- Levantarme tarde. Necesito aproveitar o dia, sempre me faltan horas…nunca fico de facer o que programei
- Que me mientan descaradamente.
- A falta de humildade.
- A xente que sempre da a nota cando está con outros, rindo, movéndose o diciendo tonterías soio por chamar a atención.
- Os parques de atraccions, as randeiras…..
- A xente que fai todo mal pero sempre lle sae ben todo.
- Que non me escoiten.
- No poder calarme secretos.
- Perder o tempo. Minutos, días, anos, por pereza ou comodidade....
- Os 40 Principaes
- A prepotencia.
- Alguns políticos.
- Que alguen no entienda que so hetero…pero estou a favor do matrimonio gay e a adopción por parte de parexas gays.
- O veran, o calor, que extendese dende o 15 de xulio ao 31 de agosto.
- A xente que tira lixo ao solo.
- O home / A muller do tempo.
- A xente que sigue creendo ao home / a muller do tempo.
- Que non se acorden do meu cumpleanos e outras datas para min importantes na miña vida…..e mais ainda si non me regalan nada…nadiña.
- A impuntualidade.
- Que me sobrevaloren.
- Que me infravaloren
- Que me berren.
- Que pensen que o estou enfadado, cando non no estou
- Que me chamen, ou peor ainda que crean que son un borde.
- Ser tan sinceiro, tan directo.
- No ser mais sincero, mais direto.
- Que siga poniéndome roxo….a mais minima.
- Ver a alguen pasándoe mal e quedarme como un paspan sinreaccionar.
- Os berros.
- Que haxa tantos anuncios na televisión.
- Os anuncios de "¿Quiere 3000 euros?"
- Os silencios por teléfono.
- A xente que no lee o periódico.
- Que non me den os bos días, ni as gracias.
- Que digan que todolos os homes son iguaes.
- Que me traten de ustede.
- Que me pidan algo, no no encoentre, non seña culpa miña pero mirranme como si o fora..
- Pensar en un montón de cousas que contar no blog pero despois olvidarme de elas …non apuntalas…… e acabar falando de argalladas.
Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2006 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO AS VACACIONS................
Como son un autonomo….de esa raza que gusta de esclavizase a si mesmo….., porque eso no no nega naide, estou empezando a preparar un fin de seman de vacacions…..sorpresa…sorpresa…. Será para febreiro ou marzo (en Seman Santa temos xente a esgallo e temos que darlles de beber, comer e dormir e facerlles a vida un pouco mais agradabel. Asi que sera polo antroido…sinon me quedo sin vacacions un ano mais…….e xa van………...

Así pues, faigo a pregunta.

¿Dónde?

Requisitos:

- Que non esté lexos.

- Que non no visitara xa.

- Que teña cousas que ver, aprender e descubrir…non soioplaia e deribados…..

- Que me dé tempo a empaparme en poucos días como moito.

- Bon, bonito e barato…...

Con todo elo…planifico as miñas vacacions…soio unhos dias de asueto…relax e bon vivir………As ultiimas…foron en Barcelona…donde residin…e vivin…dende o 68 ao 75…boa colleita vallame Xupiter….fun a recordar tempos lonxanos e a empaparme de museos, teatro…cine e ramblas…barrio gotico…zoa do Borne…..
Ademais coa millonada que me tocou na loteria….poido incluso facer como o vendedor da BRUXA DE OURO que disque vai a ir ao espacio sideral….o certo e que a min non se me perdeu nada nese sitio……….eu Quero terra auga lume e fogo……….


Categoría: Xeral - Publicado o 27-12-2006 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
HIMNOS A ESGALLO............
Sentediño comun.....que como e o menos comun dos sentidos...pois e escaso......
Dende logo lendo o que se dixo e os comentarios encol da interpretacion do himno galego no cabodano do Parlamento galego, un casi pensa que esta nun pais deses donde se prende a xente por facer un dibuxiño de ala...ou similares......
Confeso que a min, como a o cantaautor frances de marras non me levantan o animo nin outras cousas as bandeiras nin os himnos....señan de donde sexan.....
Pascual Veiga...de Mondoñedo non tocaba a gaita nin falta que lle facia, tocaba o violin e o piano...foi neste donde compuxo en orixen o chamado himno galego.........
Cuchus Pimentel....debeu nacer en Lugo, sua nai e tamen seu pai foron profesores meus, sua nai era sobrilla, creo de Pimentel, o poeta, que por certo tiña por casamento pazo en Mondoñedo tamen, o guitarrista, bon guitarrista por certo, e por tanto descendente de un dos bos poetas galegos....
Libertade para ser...libertade para non ser.... decia outro poeta, este do Caurel de nome Uxio.....
Non podemos ser Ayatolas nin de Ala, nin de Yavé, nin do himno galego....os nosos musicos o que teñen e que ser e bos e xenerosos, o instrumento que toquen que o toquen ben...o demais son andromenas do carallo e intransigencias de despelote....
Este bran nos xardins de o meu Pazo da Trave estiveron filmando un programa musicos galegos e andaluces...daba gloria escoitar as pandereteiras e aguitarra de Tomatito, e as nosas cantantes dandolle voz a unha cantiga....eso chamase mezcla, mezcla de todo, naide, soio os fascistas de un ou outro sino son puros, sangre pura do carallo, eu e moitas mais xentes somos partidarios das mezclas....miren eu teño sangue irlandesa, xudea, vasca, cantabra e galega....eso e mezcla.....a min encantame as musicas que collen de eiqui e de acola......non poño exemplos pero meus amigos e enemigos faria falta todo o dia para elo.........
por certo eu si escoitei tocado con gaita os himnos das Españas todas, a marcha real, os segadors....foi nunha festa feita en Cataluña polos galegos e donde estaba Pujol...e tamen no dia de Galiza en Euskadi e naide de aquelas terras armou tal historia....o contrario aplaudian como tolos...... o mesmo.......
Asi que a un parecelle ben o que se fixo no parlamento, a eso se chama creacion o de repetir monotonamente o himno, por certo non e o Pascual Veiga, soe ter arranxos varios e variopintos, esta tamen ben...por certo recordo unha boa frase do "Leader" do BNG....."TEMOS QUE DEIXAR DE SER MAS CRITICOS CON NOS MESMOS QUE O SON OS NOSOS OPOÑENTES" ou algo parecido que tamen vale eiqui......
por ultimo...o certo e que alguns gaiteiros, grupos folk e cantaautores son maliños, malas copias, pseudo escoceses e outras malas herbas...por moita gaita de fol que toquen.....e por moito que a gaita de marras seña o instrumento nacional de o sitio.......
Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2006 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
SEMAN DOS INOCENTES.....
Seman dos santos inocentes entre nadal e noite vella,recordo que fai tempo eran daras de descurrir como festexabamos ese dia ....metendolle algunha trola ao do lado ou familiar..... seman corta e fria....cae cada xeada¡¡¡¡, frio con raiolas de sol de inverno....ademais hoxe as cociñas e os estomagos descansan...menuda cantidade de comida e bebida........ co que sobrou das enchentes ainda se seguira comendo nestes dias en moitas casas........e voltara a sobrar...
Tamen se fixeron e recibiron regalos....a min truxerome un anorak roxo.....para que se note o da ideoloxia........unhos libros, duas camisas, unha cesta para ir a pescar Barbadas, colonia para cheirar ben, calcetins e pañuelos.......teño por costume facerme algun regalo e min mismo...pero deixareino para o 5....se teño ganas e cartos....eu tamen fun xeneroso...moitos libros....aparellos electricos fara o fogar....algo de ropupa e para os mas pequenos xoguetes......demasiados xoguetes....quizabes por os que non tiven eu de pequeno....ah...tamen lles regalei ao pai e o neto un xoguete para os dous un escalestric.......que corre como tolo.....
Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2006 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
TOCOUME A LOTERIA........................................
Pois sí, estimados lectores, esta mañan a miña vida deu un xiro de 360º, como diría algún famosiño ben informado. E, como e a primeira vez que me toca algo, vou e contoi: foron nada maís e nada menos que 400 euros, correspondientes a unhas participacións de lotería do PSOE de Viveiro que me vendeu O Paxariño.
Pero, amigos e coñecidos, agora poido afirmar de certo que o diñeiro soio trae problemas. Non sei si comprarme unha aldea deshabitada no Caurel ou no Concello de Ourol, que tamén as temos, encargar un lifting a gata Moñoña , que cada día esta mais gorda, ou degustar algún deses “delicatesssens”, que soio os ricos e poderosos soen facer por estas datas, como o de comer as ovas dalgún peixe do mar negro ou similares.
Pois ben , hoxe e noiteboa, e maña Nadal, nosoutros na aldea cantabamos voz en grito mentras pediamos o aguinaldo : Xenorosiña, Xenorosa hoxe é noiteboa e mañan Nadal, agora as cousan estan cambiando a velocidades vertixinosas, quizais onde maís se manifesta esta situación é nas novas modas e símbolos destas datas: Por todas partes vexo papás noeles aforcados nos balcons. Qué cansado resulta, dende logo alguen estase forrando vendendo os muñequitos de marras.
Tamén pululan por todalas ventas de pobos e aldeas as luceciñas de cores que adornan as árbores de Nadal, e pensar que este rito nórdico, previo ao cristianismo en orixen o que se colgaba dos arbores verdes, abetos en concreto, eran as cabezas cortadas dos enemigos, o que cambiaron as cousas. Nosoutros na aldea nin tiñamos gordos deses vestidos de roxo, nin sabíamos que existiran, nin árbores con luces, tan so cando xa tiña unhos 8 ou 9 anos, xuntaronse as mozas da parroquia divididas entre as de arriba e as de abaixo ó igual que no anuncio, para dar brilanted a igrexia parroquial, que era o único en común que tiñamos. Unhas as do norte foron a Viveiro e en casa de Paco Fanego mercaron un Belén de figuriñas de barro pintado en cru, e montarono na capela da dereita, cantaronse panxoliñas, recitouse poesias e outras lerias, as do sur que estaban xunto o mar, deulles por pedir para comprar unha lámpara de cristaliños para colgar do teito da igrexa, todo moi bonito e fermoso.
Onte, din que foi o día nacional da saude, pois si non che tocou a lotería, sempre nos queda aquelo tan manido de “o importante é ter saude”. Un que anda un pouco pachucho últimamente, adelgacei 14 kilos, por mor dun virus deses raros que me ataca ó figado. Así que, queridiños Reises Magos, a pesares de que un é republicano confeso, si por azares da vida a miña vontade fraquea e ocurreseme pedirvos ese portátil novo, ou esa Nikon tan… desexable, tan sicalíptica, ou a paz mundial, quero lembrarvos que nin puñetero caso, de certo, que o que quero e un pouco de saude, tampouco quero pasarme y deixar aos demais sin nada, pero unha pouca mais que este ano sí, ¿eh cabroncetes? Ah, e biquiños ao Baltasar, que e con diferencia o mais fermosete, e a vosoutros amigos e coñecidos lectores que me aguantastes todo o ano, pois dexarvos todo o que cada un pida para o seu futuro e o dos seus achegados.
Otero Regal

Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2006 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL POR AQUI NADAL POR ACOLA......
NADAL NA MARIÑA.
Antes de empezar vamos ó diccionario directamente para ver a definición do asunto a tratar: Día en que se celebra a Natividad do noso señor Xesucristo, tempo inmediato a ese día, hasta a data dos reises magos e punto.
¿E enton de que falamos? Pois de cómo se celebra hoxe nestes nortes nordesios galegos pola paisanaxe estas festas de fin de ano, todo empeza a primeiros de Novembro cos anuncios da televisión onde unhos grandes almacens nos dicen voz en grito que xa é Nadal nos seus establecementos, de seguido todalas marcas de xoguetes, turrons e colonias poñen o amplificador a tope para seguir recordandonolo de cotio, e asi van pasando os días, xa a primeiros de decembro nas nosas vilas e pequenas cidades empezan a aparecer alumados cun señor roxo e gordo, renos, velas, campaniñas e outras horteradas indicando que esta baixando xa pola Gañidoira e a Xesta o Nadal.
Pero o asunto continua co da cea da empresa, grandes medianas e pequenas apresuranse a celebrar a sua cea, patróns, encargados e obreiros en comandita incandolle o dente ó marisco, a eso siguenlle as ceas das peñas, clubs, asociacións, amigos da gaita e similares tamén celebran o Nadal.
Quizais un dos asuntos que con mais resonancia anuncia o Nadal é, sen lugar a dubidas a loteria de Nadal, todos millonarios o venres 22 se toca e se so toca a pagar, que Deus nos colla confesados, pois sempre nos queda o consolo de que “O importante é ter saude”.
As festas do Nadal suporan este ano para as familias da Mariña un gasto adicional de aproximadamente 1.068 euros, dos cales a maior parte corresponde as comidas na casa (183 euros), os xoguetes (174 euros) e os restaurantes (167euros). Tralos xoguetes e as comidas sitúase o gasto destinado á lotería (144 euros), ocio e tempo libre (122), regalos navideños (159) e outros (119).
O ano que esmorece o 2006 trouxonos unha subida da gasolina e derivados, subida das hipotecas, a interminable subida dos costes da vivenda…. e como consecuencia un descenso progresivo da tasa de aforro das familias, polo que a moderación no gasto debe ser de novo algo esencial para evitar agravar o sobreendebedamento familiar.
Para lograr un importante aforro o maís razoble é, dende logo un pouquiño de sentidiño común, pero como xa se dixo moitas veces que é o sentido menos común vamos dar consellos de valde encol do asunto. Recomendase mercar sólo o que realmente se precisa, repartirlos gastos para as diferentes festas, intentar deixar de lado a presión publicitaria, luceciñas e demaís trucos de mercado e evitalas presas de última hora e as ofertas gancho que, en ambos casos, conducen a productos mais caros.
Pero as datas de Nadal ¿Foron sempre asi no norte de Lugo? Pois non, noutros tempos non se celebraba o Nadal como o celebramos hoxe en día, ainda que moitas costumes e tradicións sobreviviron. Entonces o Nadal era principalmente un acontecimiento relixioso. Hoxe en día sigueo sendo para moita xente, ainda que tamén ten outras connotacións. É un importante acontecimiento familiar, así como unha ocasión para reunirse cos bos amigos. Ademais, é un suceso comercial onde os establecementos venden todo tipo de cousas para a celebración. O Nadal e a sua celebración teñen moita historia. Criase que durante as festas de Nadal reinaban poderes máxicos que había que aproveitar ou evitar. Por exemplo, deixabase pan na mesa durante as festas para logo esparcilo en primavera antes de sementar, co fin de asegurarse unha boa colleita. E durante o mes de decembro levabanse a cabo todolos preparativos. No campo faciase a matanza do porco, doces, pastas e licores. Tamén se efectuaba unha limpeza xeral da casa. Ademaís, en Nadal a xente preocupabase un poco maís polos animais e a servidume. Dabaselles un poco máis de comer ós animais e a servidume, serviaselle tamen algo mais de comida como por exemplo buñuelos que ainda hoxe en día tomanse nalguns sitios.
E o mais importe é que o Nadal era unha festa, tanto noiteboa, como noitevella, eminentemente familiar o si eso xa esta perdido, a xente sae fora da casa a divertirse ou polo menos intentalo.
Otero Regal
Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2006 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal