A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MAIS ENCOL DO ALAKRANA E OUTROS PIRATEOS
Interesantísima información a
de Fernando Sanz no diario financeiro Cinco Días: Echebastar, a empresa propietaria do Alakrana, o atunero vasco cuxos 36 tripulantes estiveron 47 días secuestrados no Índico por piratas somalíes, facturou o ano pasado 30,1 millóns de euros e gañou 5,8 millóns, un 298% máis que o ano anterior.

Echebastar ten, segundo esta información, catro buques: Alakrana, Campolibre Alai, Elai Alai e Alkrantxu, e todos eles operan no Índico. En marzo pasado, o administrador da compañía, Kepa Echevarría, escribía isto na memoria anual da empresa:

"A nosa frota ao completo opera en augas do océano Índico; durante o presente exercicio a inseguridade da zona provocada polos ataques de barcos piratas complicou notablemente nosa operativa diaria e supón un problema de dimensións descoñecidas para o sector e as súas xentes. (...) As boas noticias, a pesar dos piratas, son que as capturas se incrementaron nun 31% con respecto ao ano anterior debido en gran medida a dispor da nosa frota operativa durante todo o ano. (...) Doutra banda, o problema da pirataría continúa con igual ou máis virulencia e os riscos de ataques á nosa frota seguen preocupándonos enormemente".

O armador, é evidente, sabía os riscos que corría cando decidiu que o Alakrana saísese da área de seguridade e por que o facía. Por diñeiro, por moito diñeiro.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
DESATRE URBANISTICO EN VIVEIRO
Non me gusta o aspecto arquitectónico, urbanistico e público que est á realizandose en Viveiro a nivel público, moito ferro corten, vidro, cemento e pedra de granito de Castilla e pouco verde e escasas árbores, pero o bodrio de pseudoescultura na rotonda de Celeiro e a “charramangueira” colocacion do canon na rotonda de entrada a Viveiro sublévanme.
Popper decia que o peor dunha cidade, dunha sociedade, dunha comunidade e, por suposto, do animal home, é cambiar por cambiar, é reformar por reformar, é transformarse por transformar segundo onde vai o cante do politico de quenda, segundo a moda imperante do que ditan os novos cretinos intelectuais da prensa, do ensino –excepcións aparte-, da cultura e da arquitectura; onde edifican xardíns, prazas, edificios e rúas minimalistas, onde non hai unha soa árbore,e o deserto pracenteiro do silencio do formigón é o que predomina.
O curioso é que en Viveiro non somos conscientes de que sufrimos o sindrome do Gattopardo, ¡Todo cambia para non cambiar absolutamente nada¡
E esta pequena cidade que cambia construíndo-destruíndo, transfórmase sen sentido reformando-deformando e edificando-reedificando, sen un sentido previo, sen nin sequera preguntar ao cidadán si quere ese cambio. Todo o damos por regalado e acéptase sen pensar das posibles consecuencias futuras. E a pesar de todo, a pesar de ser intelixentes, aínda que sexamos cretinos, cegos, xordos, sen gusto e sen estética, seguimos cambiando Viveiro como se cambia unha camiseta ou unha gravata; lastima que non saibamos elixir o correcto. E no medio dese cambio urbano, Viveiro segue coa súa falsa cultura de diarrea, dos seus ridículos e topicos que apestan, segue sendo paleta, provinciana e tan vacia en Arte que se afasta da novidade, si non entrou de cheo na estupidez devastadora da moda de turno.
Cambiar por cambiar! Que é igual a non cambiar absolutamente nada, e mirando eses “pelouros” cadrados de pedra por todas partes, que pretenden ser bancos de descanso e que deixan as posadeiras cuadras e as costas feitas un cristo un reflexiona e saca conclusións ¡Que imbecil é este Adán contemporáneo que se fai chamar equivocadamente home!
Otero Regal
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2009 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA INUTIL por Manolo Rivas
HOXE TRAIGO AQUI O ULTIMO ARTICULO DE MANOLO RIVAS EN "EL PAIS"; QUE COMPARTO E FAIGO MIÑAS AS SUAS OPINIONS:
La lengua inútil
Manuel Rivas

Se equivoca usted, señor titular del juzgado número 6 de Alcorcón, al proclamar la carencia de "utilidad pública" del idioma gallego. En una caricatura de Castelao, un campesino dice: "Deus nos libre da Xustiza!". Quizás estaba pensando en usted, señor juez. Fíjese que útiles y previsoras son las lenguas "subalternas".

Fíjese si son previsoras que en los cuentos gallegos de Álvaro Cunqueiro hay personajes que como último deseo piden que en el ataúd, además de la Biblia, le metan el Código Civil por si tienen que pleitear en la otra vida. A la vista de como reculan los tiempos, me adelanto a pedir para el postrer viaje un ejemplar de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, además de la Constitución española (subrayado el artículo 3º, apartado 2) por si el barquero Caronte se pone pesado, dispensando, y me niega la "utilidad pública del gallego" en el Más Allá, siguiendo la doctrina de su señoría.

Ya que estamos con la verdad narrativa de los cuentos y las últimas voluntades, permítame una breve historia. Un anciano campesino manda llamar al notario para hacer el testamento definitivo. Dice: "De la tierra, dejo un tercio para Ramón, un tercio para María, un tercio para Concha, un tercio para Manuel, otro tercio para Andrés..." El notario le interrumpe: "Pero, ¿no serán muchos tercios?" Y el campesino responde: "¡No sabe usted lo grande que es la tierra!" Pues con las lenguas ocurre algo parecido. Que hay sitio para todas. Que no pesan en la cabeza. Que no hay lengua inútil.

Inútiles, inútiles no le somos, señor juez. Hay muchas personas que nos comunicamos normalmente en gallego y no nos consideramos del todo inútiles. Como ocurre incluso en la judicatura, unos somos menos útiles que otros, hacemos lo que podemos, pero respetamos. Eso si, tenemos una educación mínima del respeto. Nuestros padres nos acunaron, nos criaron y nos contaron cuentos en gallego para espantar el miedo. Y no eran unos inútiles, créame. Gracias a ellos, no le tengo miedo, señor juez.

En su Tesis sobre el concepto de la Historia, dice Walter Benjamin: "No hay ningún documento de la civilización que no sea al mismo tiempo un documento de barbarie". Yo antes no entendía muy bien esta frase, se lo juro, pero se me han aclarado de repente las ideas, como por un rayo, después de leer su fundamento "lingüístico" para negar el traslado escolar a Vigo de unas niñas en el auto tramitado en un caso de divorcio. En ese aspecto, el documento no resiste el principio de realidad. En Galicia, las niñas no sólo aprenderían gallego, sino que podrían enriquecer su castellano con las "maravillosas curvas" que Unamuno admiraba en Valle-Inclán.

No voy a hablarle ahora de Alfonso X el Sabio, ni de Rosalía de Castro, ni del tronco común galaico-portugués, patrimonio lingüístico que nos permite comunicarnos con millones de personas en el mundo, desde Brasil al Timor Oriental. Como además tenemos la suerte de compartir el castellano, vea usted, señor juez, que no vamos tan mal pertrechados, siempre, claro, que a los niños no les amputen la lengua "inútil". Creo que lo que procede en este momento es ir al argumento protoecológico enunciado por Julio Camba. Según demostró en un irónico artículo, el gallego es un idioma muy apto para hablar no sólo entre las personas sino también con todo tipo de animales. ¡Fíjese usted si será útil!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
SER RICO SEI QUE E PECADO
SER RICO SEIQUE E PECADO
Nadie duda de que O Vaticano escoita o pobo, nin eu, descreido confeso tampouco, o problema non e que non escoite e que entende todo mal.
Canto máis voces e máis persoas están reclamando algunha modernización no seo da Igrexa, a xerarquía da Igrexa , Papa de Roma, Cardenais, Bispos, coengos e demais non pode pasar sin aumentar a lista de feitos e actitudes que eles el considera pecaminosas.
Agora, meus amigos-as letores, Satanás xa non so escondese nas bragas da veciña e nas escopetas e pistoas. A partir de agora, xa escoitarialo falar, a Igrexa católica apostolica e Romá considera un pecado o dano o medio ambiente, uso de drogas, experimentos científicos "dubidosos" e atención, a acumulación excesiva de riqueza.
Non e unha coña mariñeira , nin unha cousas de esas de Regal, non, non, Dende a Cidade do Vaticano din que acumulan riqueza excesiva é un pecado. Non concretizan o asunto, por suposto de cando a riqueza se volta excesiva, unha magoa, seria un dato interesante.
Sempre tiven eu vocacion de predicador de eses de voz forte e tenebrosa, como aqueles frades que na miña nenez predicaban o sermon das 7 palabras, por eso e tendo en conta este novo xiro da curia , voume permitir facer unha lista dos novos 10 mandamentos, non para que suplan os anteriores, que non estan mal de todo, sinon para engadir outros dez, asi , si, poñemos por caso e a xerarquia catolica lee o meu blog, mira que leeno moita xentiña de Dios, e fan caso…mira ti por donde…..
1. Non apoiar ou colaborar con réximes autoritarios.
2. Non permitiras a propagación de pandemias.
3. Non impor as túas ideas como dogma.
4. Non poñera trabas o desenvolvemento da ciencia.
5. Non tardaras séculos para desculparse polos seus erros.
6. Honraras as mulleres tratandoas como iguais.
7. Non axuste seus intereses a grupos de presión, sexa cal sexa a súa inclinación política.
8. Non poñeras dificultades para que calquera poida anular a súa suscripción de asociacións coas que xa non comulga con rodas de muiño.
9. Honras a liberdade de expresión e nunca intentar silenciar opinións disidentes.
10. Amoras as liberdades individuales por riba de todas as cousas.

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2009 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
FINOU O MEU AMIGO XOSÉ MANUEL ARIAS

Soamente uso a americana escura para os compromisos. Onte tívenma que pór para unha reunión moi especial e dolorosa, o enterro do meu amigo Xose Manuel Arias Franco.
“Un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal te ha derribado.”
A noticia petou como un badalazo da campa grande da igrexa de Santa Maria no meu corazón , el cheo de ideas, de proxectos, de iniciativas polas que loitaba a brazo partido, amigo dos amigos e benefactor dun povo pouco agradecido e envexoso. Finou a os cincuenta e poucos. Levo dous dias en que no intre puiden oir de novo a súa voz. ¡Cuantos recordos!. De memoria, reconstruín con algunhas da sua vida e camaraderia en tantas cousas feitas para mellorar o seu povo, Fundacion da Cruz Vermella e construcción a golpe de cartos e esforzo do edificio , Fundacion da Delegacion Cámara de Comercio en Viveiro, Da Asociacion de Comerciantes e Industriais, da Oficina de Turismo, Edicion dun libro-guia de Viveiro, os primeiros Congresos en Viveiro, Participacion - foi o primeiro - nas feiras de Fitur, Importantes empuxóns para que os xulgados de primeira instancia quedara en Viveiro, Campañas turisticas por España adiante, e moitas cousas máis, ademais das suas empresas cheas de imaxinacion e de orixinalidade, e todo elo regado abundantemente polos seus propios cartos e esforzos.
“Temprano levantó la muerte el vuelo,
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo”.
Invadiume unha enorme tristeza. Era un home intelixente, era sensible, era o noso amigo. Tal vez merecería unha rúa no seu pobo,¿ que máis dá?.. Ao fin, morreu. E tantas cousas quedaron por dicir.
Ao teclear estas letras a tristeza agarrotáme. Rebusquei entre os discos, puxen unha canción alegre que lle gustaba moito. Agora mentres escribo isto, oio de novo a canción e recordo unha longa conversación de proxectos e mais proxectos, canto fixo este home por Viveiro…. e os “Invéciles e oscuras” xentes da nosa politica que pouco llo agradeceron, nestas lentas horas no sepelio, lembro un río escondido, unha praia solitaria, a auga fría, lembro o amencer en San Roque, unha luciérnaga. Creo que chorarei. Si, a vida non foi moi xenerosa contigo, amigo.
Era demasiado lúcido para ignorar a verdade. Tampouco eu podía consolarlle con mentiras ou esperanzas ultraterrenas. Pouco antes de morrer díxome que aproveitase o meu ultimo proxecto. Iso trato de facer, amigo. Non é fácil.
E isto que escribo adornado con versos de Miguel Hernandez o que tamén lle morrera un amigo, non serve para nada. Agora, mónstruos, xa podedes comer.
Otero Regal
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA CARTIÑA A OS OBISPOS
A CARTA DE MARRAS NON E DA MIÑA AUTORIA, E DO PERIODISTA E BLOQUEIRO ESCOLAR PERO COMO SE A FIXERA EU MESMO A FIRMO E A TACHO COMO SI FORA MANOLO CARRASCO:
Estimados bispos: xa que resulta tan difícil darme de baixa da súa base de datos de afiliados/bautizados, gustaríame coñecer as novas normas sobre a herexía e o aborto. É para saber a que aterme, máis que nada, para non perder o dereito á póliza da vida eterna que sigo pagando cos meus impostos, poña onde poña a cruz.

Di o seu voceiro, monseñor Camino, que quen apoie ou promova a reforma do aborto está en pecado mortal. Leo na prensa que a advertencia, de momento, é só para os deputados. Pero quédame a dúbida de se ese pecado se contrae só por acción ou se tamén por omisión. Son cómplices da "barbarie moral" os dirixentes do PP que durante os oito anos que gobernaron España, nos que houbo medio millón de abortos, non derrogaron a lei? Parece que si, xa que, segundo Camino, "quen contribúa a quitar a vida a un ser humano está en herexía" e, polo tanto" excomungado". Pero sorpréndeme que vostedes, os bispos, se manifestasen do lado de herexes como José María Aznar. Seguro que saberán como explicarmo.

Aínda que a miña maior preocupación é outra: eu non son deputado pero si votante, e por acción ou omisión tamén pequei; formo parte do ámbito do aborto. Como son un tipo novo e xa non fumo, confío en vivir polo menos ata o 2012, así que creo estar a tempo de salvar a miña alma, que me custou un ril. Cara ás próximas eleccións, para non reincidir, gustaríame que me orientasen máis claramente sobre que partido debo votar, unha vez quede excomungado todo o Parlamento. Falanxe Española será suficiente para evitar o inferno?

Sempre seu (gústeme ou non), Ignacio Escolar.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2009 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
ATENCION TURISTICA?
O turismo na Mariña de Lugo deixou de ser unha actividade de afeccionados. A bisbarra ingresan moitos euros por este mercado e cada vez son máis os nacionais e estranxeiros que elixen o norte galego como destino, atraídos pola súa beleza, gastronomia, cultura e paisaxe. Por iso, a nosa comarca é unha das que maior crecemento turístico tivo nos últimos anos.
A pesar de todo elo, seguimos a ter unha asignatura pendente neste eido, a larga e tedioso “Temporada baixa” que dende o Outono vai ata a Primavera, para elo e necesario un esforzo de todas as administracions xunto cos sectores implicados de cara a rematar coa desestacionalización, que ademais vai contribuír a unha mellora do emprego no sector e biavilidade do mesmo.
A gastronomia, a cultura, a historia, e o noso rico patrimonio cultural pode atraer a un turismo medio-alto en estas tempadas, sin caer nun tipo de servizo a 19 euros pensión completa, que non é o camiño".
Paso pois a exponer unha cruda realidade contada por unha parella de turistas de ese extracto social que decideu pasar unha seman en estas terras, aproveitando esas caracteristicas arriba indicadas, para elo alugou unha habitación nun dos poucos establecementos con a Q de calidade da zona e programou visitas as poboacións mais importantes no eido cultural, pasaron por Regalxunqueira, e ali os coñecin, viran obra miña e estaban moi interesados na mesma, visitaron as instalacions e voltaron a os 7 dias, mercaron duas obras da exposición e no transcurso da conversa indicáronme que ian moi cabreados, contandome de seguido o que lles pasara o dia anterior en Mondoñedo, Chegaran á Cidade episcopal e dirixironse á catedral, entraron, estaba a oscuras, meteron iunha esmola no apatexo para que se iluminara e non funcionou, sairon e foron á oficina de turismo, ali o lado, expuñéronlle o caso e a rapaza indicoulles que voltaran a catedral e no claustro habia unha porta que daba ó museo e ali unha señora loira lles solucionaria o da iluminación, voltaron e a porta estaba pechada e non habia nadie, regreso a oficina de turismo e xa que non se podia ver a catedral pidiron un folleto-guia para ver a pequena cidade, a contestación foi que acabaraos o último detallo a amaña a un señor, non se ofreceu a facerlle un itinerario en un papel nin nada parecido.
Os protagonistas da historia, mercaron unha tarta tomaron un café e dirixironse a “Os muiños” co intencion de ver ao zoqueiro e outros artesáns, pero volta as andadas, estaba todo cerrado, comeron no Baleco e voltaron moi cabreados.
Queixáronse ademais que nos restaurantes que frecuentaron faltaba cociña de tempada, tal como as setas e cousas parecidas.
Asi as cousas por moito papel e tinta que se gaste, moito fandango e dixome, dixome o turismo cultural e de un poder adquisitivo medio alto nol volvera por a bisbarra, e todo por falta de seriedade e responsabilidade.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
CANDO AS BARBAS DO TEU VICIÑO…..

Existe un antigo refrán que, con algunhas variantes, reza polo menos dende o século XV: Cando as barbas do teu veciño vexas pelar, pon as túas a remollar. A idea do refrán é que debemos aprender dos males que sofren os demais para non caer nos mesmos erros e sufrir idénticas consecuencias é que se ves indicios de que vai pasar algo, vaite preparando para que non te pille desprevido. É dicir, se estás nun grupo de resgo por exemplo si eres alcalde dun pequeno ou mediano concello, contratache a dedo algunhas obras que, que casualidade, foron a parar a empresas de correlixionarios teus, deixas facer plantas enteiras de pisos ilegais, convertir tellados en vivendas ou outras cousiñas parecidas, , xa que contas coa experiencia doutras persoas e con información privilegiada, anticípate e reacciona!, mira o que esta a pasar na Terra Chá, en santa Coloma, Madrid, Valencia, e o que che rondará morena, e vai encargando o bocata de mortadela para cando esteñas no calabozo.
Corren malos ventos para a clase política, algo ule mal, concellos, Deputacións, comunidades autónomas… A Mariña de Lugo ao igual que outras bisbarras, próximas ou de lonxe, é unha inmensa cloaca de corrupción, un cagadero de escándalos, tapados pero que son a comidilla da cada dia, si tu vas por calquera estrada comarcal e ves que estar alixeirando os presupostos votando unhas palas de gravilla cunhas gotas de chapapote verás que a empresa que o fai agora e, todo o mundo o sabe da ideoloxia dos politicos que mandan na entidade, antes era outro empresario, curiosamente da ideoloxia do que gobernaba naquel momento, as contratacions de obras, o Plan E de Zapatero ou casos como a compra por parte de concellos de terreos con un aumento do 105 do valor dos mesmos, e incluso pagando metros que non existen, non quedan á marxe cos últimos e soados escándalos ao longo e ao largo da nosa xeografía.
Roubar, estafar, enganar e logo arrepentirse é o deporte nacional, as querelas pasados anos caducan, é questión de sentarse a esperar e logo emerxer con forza e sacar os diñeiros.
Unqueda desagradablemente estupefacto, e o peor é que, sen deixar de sentir certo noxo, tampouco encontro argumentos para sorrir.
Otero Regal
Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal