A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EU NON MALTRATO TI NON MALTRATAS ¿QUEN MALTRATA?
A violencia é a forma máis elemental de imposición do poder. A súa utilización é instintiva e non require o uso da mais minima intelixencia humana, de feito, todos os animais irracionais a practican para impoñerse sobre o outro.
Os seres humanos, sempre tan sofisticados, manexamos un amplo abano de ferramentas de dominación entre as que tampouco prescindimos da violencia. Inventamos, por exemplo, a guerra, a tortura, os abusos, a violación, ou a violencia "doméstica" segundo se trate de aplicar estes procedementos para impoñernos ben sexa a un povo, a alguén particular, a menores, ou a todas as mulleres.
Por exemplo, "Se che meto unha Hostia " é unha expresión impositiva e violenta que moitos e moitas, aínda que non se atrevan a recoñecelo, oíron o seu pai, mentres que o din certos "homes" ás "súas donas" cando estas se negan a permanecer como unha máis de entre as súas propiedades.
Atopámonos así cun mundo herdado, fatalmente repartido, onde cada día se acentúan máis as diferenzas entre ricos e pobres, e se non facemos algo para evitalo, se perpetúan as existentes entre homes e mulleres.
¿Pero como acabar coa discriminación machista? ¿Como redistribuír o poder entre homes e mulleres rematando á súa vez co uso da violencia doméstica como estratexia? ¿Como rematar coas perpetuación do predominio masculino sobre a esfera pública? ¿Como redistribuír o poder corrixindo estruturas herdadas tras séculos de "comedura de coco"? ¿Como superar o tópico das "incomparables" calidades" presumibles no home fronte ás incuantificables carencias" supostas na muller?¿Como convencer o teu amigo, o teu compañeiro, o teu fillo, o teu pai, ou o teu irmán que non por herdar o poder ten máis dereito ca ti a ostentalo? .
Se nos preocupa que cada dous días ou tres días unha muller morra a mans da súa parella, no noso país, recordemos que esas mortes son o inevitable dano colateral do exercicio sistemático da violencia contra as mulleres, como unha ferramenta máis de sometemento a un sistema discriminatorio, e inxusto, sobre o que hai que actuar.
Son necesarios mecanismos eficaces que corrixan o desequilibrio de participación en todos os ámbitos de poder, leis que aceleren o proceso polo cal mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades reais ata participar na toma de decisións. Violencia machista é igual a discriminación, e a igualdade é un dereito que, como todos, hai que conquistar e manter, sen esperar que as solucións caian do ceo.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2008 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
COMO SE TIRAN OS CARTOS
Deceas de millóns de euros gastados en obras e infraestruturas públicas de todo tipo malgastáronse en Galicia nos últimos anos tras custearse proxectos que apenas tiveron máis uso que o acto co que se declararon oficialmente terminadas o día da súa inauguración. 42 exemplos atopados por A VOZ DE GALICIA de proxectos sen uso ou non desenvolvidos e pensados unicamente en clave electoralista.
Por aquí tamen temos exemplos de este bon facer dos politicos de turno; En Viveiro, no porto deportivo esta un local “Moi moderno, con os seus cristaliños, o seu aceiro inasidablen e un letreiro que di GUARDUIA CIVIL DEL MAR , pero a pesares que xa fai mais de dous anos que se fixo continua valeiro
Un pouco mais aló esta o barco A POMBA, que seique fai dous ou tres anos mercarono para facer un museo flotante e menos mal que ainda flota porque de museo nada de nada.
En Vicedo fixose un mercado de abastos e nunca foi utilizado como tal, En burela pasou o mesmo, por todos os lados existern areaas recreativas que nin siquera lles quedan os arbores que os roubaron, cheas de lixo e descuidadas.
En Lourenza tamen fixeron un mercado gandeiro, xusto cando xa non existian feiras, en Viveiro pasou o mesmno.
Casas de cultura ou similares que non teñen casi adtividades a mogollon, antigas escolas restauradas que soio acollen algun rato despistado de cando en cando. Paseos maritimos descuidados rotos e con as señlizacions desaparecidas outro monton,
Todos estes e moitos mais son outros exemplos de nulo ou escaso rendemento social, Polígonos industriais . sucédense igualmente por toda Galicia con farois instalados e rúas perfectamente divididas, feitas cando se repartía o café industrial para todos, pero que ao final non lograron máis actividade que as prácticas dos futuros automobilistas.
Miradoiros abandonados (Mondoñedo, Ribadeo .); zonas de esparexemento sen visitantes; oficinas de turismo sen guías, ou casas da cultura sen contido esperan por toda Galicia a que se lles dea razoablemente o uso para o que foron creados.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2008 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
MATAR O MENSAXEIRO
Non sei de onde procede a expresión “matar o mensaxeiro “, pero é unha das máis utilizadas estes días nos medios de comunicación con motivo do segundo volume de conversacións coa Raíña que acaba de publicar Piar Urbano. Non obstante, por aquí
temos un exemplo ben próximo no espazo e o tempo desa afección cinexética dalgúns por disparar a quen serve as noticias en lugar de facelo contra quen as provoca.algun politico da bisbarra parece que segue aquela máxima de que “Matar o mensaxeiro sempre foi moito máis doado que matar a verdade”...
Uns cantos tolos seguen a declarar a guerra a ese mutismo e aos que o provocan. As súas armas son unhas plumas, uns cantos ordenadores e unhas cámaras de fotos. Son os bos xornalistas. , estes teñen como oficio e como meta que os lectores e cidadáns saiban o que está pasando no lugar donde viven, e a poder ser en tempo real, tanto das cousas boas como aquelas que preocupan á nosa xente.

Aos que están a acusar a eses profesionais de ser os causantes da crispación que se esta vivindo no noso pobo,vila ou cidade, co pretexto de que o que se escribe aquí ten unha crara influencia sobre o aprecio que os seus administrados teñen sobre eles teñen que entender que non se teñen que anteponer ás consignas partidistas aos problemas reais dos seus veciños, nin ós caprichos e mal facer e desidia que profesan . Pero non entendo como teñen a cara dura de querer botar a culpa das consecuencias dun problema que está na rúa e do que o periodista o único que fai é informar e deixar opinar a todo o que así o dexese. Estas graves acusacións correspóndense máis ben con métodos doutros tempos, deixando translucir actitudes de índole autoritarias, dos que presumen de progresistas e aos que non lles importaría pechar ese medio de comunicación e defenestrar a os profesionais do periodismo.

Dende o dialogo con respecto polo entendemento, co fin de que impere as boas maneiras que poñan o que este da súa parte para recuperar a harmonía da convivencia que nunca debe faltar entre os politicos e a verdade informativa.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2008 07:36
# Ligazón permanente a este artigo
NON ATOPO O MEU SITIO
Agora que os mozos guapos queren ser tan macarras como o "Duque", que pouco importa saber que París é a capital de Francia ou Brasilia a de Brasil ou a quen se debe o nome de Praza Pastor Diaz. Agora que os ximnasios, piscinas, solariuns e similares romperon o feitizo dos bares e que nas ceas máis "chulis" só hai menú de cociña de autor, sin que o autor saiba firmar. Agora que vestir ben é cinguirse, levar pezas que brilen e lucir mensaxes construídas con palabras de pouca sonada. Agora que para ver o telexornal é necesario tradutor. Que a nosa traxedia cotidoa economia incluida é cousa do Euribor, o BCE, o IPC, a EPA, o IVE, o TAE, o FMI e a traxedia política ten como actores estrelas a Rajoy e ZP. Agora que os contratos fanse por Internet (ou asesoría externa) e os futbolistas levan a extravagancia no peiteado. Agora que os reporteiros gritan a Letizia Ortiz para que saúde coa man e as crónicas dos papeis inclúen a lista da compra, a rouba interior ou a marca de condóns dun ex Gran Irmán ou xente de similar catadura.

Agora que as únicas cartas que asoman polo meu buzón de correos levan o "logo" de Caixa Galicia ou van acompañadas dunha firma fotocopiada de alguén a quen non coñezo nin coñecerei xamais Agora que a literatura e a poesía é cousa deses catro raros que aínda mercan libros e non saben "baixarse" as estreas. Agora que as frases de amor chegan ao móbil mandando un SMS ao 5505. Agora que os que saben levan estrelas e dragóns tatuados nos cóbados , tetas, cuxas e ali mesmo e as pernas e peito depilados. Agora que os nenos abúrrense sen a Play e xa non saben xogar na rúa o marro, á pita cega, a os indios e vaqueiros. Agora que a música escóitase en MP3 e “cocíñase" unha voz sen ingredentes.

Agora que as películas só son "remakes" e xa non se ve a naide na última fila dun cine cunha moza. Agora que unha copa en o Pub de moda custa máis de mil das antigas. Agora que as nenas de A Mariña -como as do Madrid de Sabina- xa non queren ser princesas e os nenos gástanse en saldo do móbil a pasta de papá, a propina da avoa e o que conseguen sisar. Agora mesmo, e co recoñecemento de que a visión escrita aquí é un pouco pesimista, xa saben aquello de que son un pesimista irredento porque son un optimista ben informado, hai días, meses e incluso anos que xa non atopo o meu sitio.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2008 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA MERDA DE URBANISMO
LODEIRO, CORA MONTENEGRO, O GRALLAL, XUNTA A IGREXA DE COVAS, AS SIRENAS, CELEIRIÑO, OS CHALES DE AREA....ATICOS ILEGAIS POR TODOS OS LADOS; COMBENIOS URBANISTICOS ILEGAIS.......¿QUE MAIS QUERES BALDOMERO?
Erase unha vez unha vila que permitía estranos e perversos convenios urbanísticos que todos os alcades que se sentaron na poltrona municipal utilizaban como forma de conseguir ingresos. Un país cun sistema xudicial tan corrupto que non admitiu o roubo descarado e a trampa administrativa como proba. Unha vila na que o concepto " vixilancia sobre construcións ilegais e desviacións do proxecto " nin se concibía. No que as sancións sobre sonstrucciones ilegais consistían en multas ou arreglos baixo a mesa e non en demolicións; multas que resultaba rendible pagar, pois eran de montante inferior ao que se podía gañar revendendo a construción. Unha vila que se convertera no que o urbanismo era o deterxente no que se branquexaban o diñeiro negro . No que escuras empresas privadas acaparaban os pisos para xerar unha escaseza aparente pero falsa e así subir os prezos. Unha vila no que se estendeu a creación, por parte de construtores facian o que lles petaba. No que un terzo do prezo da vivenda se pagaba en negro. . Unha vila chea de vítimas: os estafados coas vivendas ilegais, os que non podían deixar a casa dos seus pais..... pero ningún partido protestaba..En o que a clase política de níngún partido moveu un papel para solucionar a situación. Un país de policías, xuíces, ministros e alcaldes corruptos, un paraíso do branqueo no que aos habitantes parecía importarlles máis o enterro do venrres santo que o futuro dos seus fillos. Unha vila na que se esquilmaron os mares, desertizado os campos, arruinado a agricultura, devastado as paisaxes. Unha vila que se parecia moito a Marbella a pesar de que estaba no norte.
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2008 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
QUERO SER PARVO
Un pai pregúntalle a un fillo nunha reunión familiar que quere ser de maior. «Eu de maior quero ser parvo , papá», responde o rapaz. «Como que parvo? Anda, que queres ser de maior?», insiste o pai un pouco avergoñado de que o rapaz non escolla ser médico, inxeñeiro ou avogado. «Parvoo, papá, quero ser parvo», incide o crío. O pai, moi mosqueado, grítalle e remángase a camisa. Cando está a piques de sacar o brazo a pasear, xa que tiña a man lixeira e aínda non entrara en funcionamento o do maltrato familiar, o neno contéstalle: «Eu quero ser parvo porque ti sempre me dis: “mira ese parvo que coche, mira ese parvo que casa, mira ese parvo que rapaza, mira ese parvo como viste, mira ese parvo mandando os fillos a unha universidade privada…”».

É un conto -aínda que por escrito perde graza pero un tampouco e a chave das noces para contalo-, pero me vén ao xeito para falar das envexas e dos prezos do éxito e a iniciativa. E é que se trata dunha enfermidade moi común nesta sociedade mariñan nosa. Tal vez por ser unha bisbarra pequena, para o que despunta nela sempre hai un ‘agasallo’. Se é novo é un listillo, se ten don de xentes é un paiaso, se é divertido é un borrachín, se é intelixente é un ‘enterado’, se é moi traballador é un aburrido e se é muller -e encima guapa- nin volo conto.

Pero se pode ir máis aló. A iniciativa está moi mal vista en moitos postos de traballo. Para o que propón solucións ou ideas tamén hai ‘recadito’ (ás veces por parte dalgún xefe que ve a poltrona en perigo). Alguén me dixo fai tempo unha frase que teño apuntada na miña mesa: O que non serve de nada é o que non se fai. E ao que pretende facer algo se lle castiga. Déixaselle só, táchaselle de mal compañeiro, pónselle trabas inverosímis Todo por non mover un dedo de máis ou por non recoñecer unha idea brillante. Así, o panorama está cheo de comentaristas dos desastres dos demais que nunca achegaron a nada. Si, home, eses de «se xa o dicía eu ». Eses mesmos que teñen preparado o ‘non se pode’ ou o ‘non vai saír ben’ antes , de nin siquera , escoitar a proposta.
Pero nos últimos anos temos outra “costume típica destas terras” casi tanto como a gaita, o bombo e o pandeiro, e de que si alguén sae da mediocridade, sobre todo no tema económico, enseguida ben a acusación a man que tira a pedra e logo se esconde dicindo aquello de “Andache na droga, que o sei eu de boa tinta”.
Acabo o sermón de hoxe con outra frase: «A envexa é unha declaración de inferioridade». É de Napoleón, si home aquel, pequerracho el que sempre aparece rascásdose o baixo brazo .
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal