A MALIÑA DE LUGO

BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS CAROS DA IGRESIA..................
Seique unha parte da executiva do PSOE anda revolta e descontenta co asunto da pasta gansa que o estado vai seguir pagando ao clero da SANTA IGLESIA CATOLICA APOSTOLICA E ROMAN....Con Alvaro Cuesta a baza, ese sector propon ofrecer a iglesia catolica e a aquelas outras confesions que queiran sumarse, como os mormons ou os testiculos de Jehová, un aparato administrativo para axudarlle a recaudar as cuotas voluntarias que queiran pagar os creientes.

Vamos, que si vostede quere axudar a financiación da igresia da sua elección, pode aportar o seu xeneroso donativo a través da declaración anual do IRPF, pero esa cantidade non se detraería dos ingresos do estado, que necesita o peculio para facer carreteras y abrir escolas e hospitales, sinon que supoñería un pequeno aumento da cuota a pagar. Así, si vostede quere contribuir ao soldo de don Federico con 50 euracos na sua declaración do IRPF sae que debe pagar 1.000, pois no lugar de esos 1.000, paga 1.050, e tan contento como unhas pascuas, a concencia tranquilliña e Deuos eo Cesar tan a gusto por o negocio ,amistosamente. Despois, o Estado, pues xa encargarase de facerlle chegar a os señores obispos esa cantidade para que con ela fagan as suas cousas de curas. Segun a miña opinion tratase de unha oferta ben xenerosa, xusta, equitativa e saudabel, de esta forma o Estado non ten por qué facer de monaguillo pasando o cepillo dos monseñores.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2006 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
NON SEI SI RIR OU CHORAR..........................
No sei se rir ou chorar, o certo é que non o sei, pero entre o debate da continuidade política de Viveiro, as respostas airadas e casi insultantes que recibo, por opinar libremente e o pouco caso que me fan Tiros e Troianos, eso que chamades corazón pero que eu chamo tripas …saltame polos aires…
En fin, o que teño claro é que non me imaxino levando esa cruz de verdades absolutas as costas, que faría eu sen as miñas dubidas, sen as miñas preguntas, sen proxectos,….. volvome a preguntar (xa volvo as andadas) ¿para que serve todo eso cando un é posuidor da VERDADE?.

Lembrades cando Queipo dixo aquelo de “Antes rota, que roja”, ou a Millán Astray diciendo “¡Abajo la inteligencia! ¡Viva la muerte!”, cumpriron a sua palabra, romperonos e mataronos.
Agora dende a política local, provincial, autonómica e nacional un escoita e lee todolos días as mesmas posturas, os mesmos enfrentamentos, os mesmos camisas vellas antes dunha cousa e agora de “Lexionarios de Cristo”, “Opus” e outras especies , que por certo din non estar en periodo de extinción como sucede co salmón no rió Landro, que minten mais que Pinocho, pero ademais fano con resentemento, cun odio que se nota en toda a sua fisonomiae expresividade.
Pero, o fin e o cabo estamos na veiramar de Lugo, mais ainda, no Val do Landro ou como gusta de decir o meu amigo Nuevo Cal, flamannte cronista, nas Terras de Viveiro, e eiqui, como en Madrid as cousas da política están revoltas a esgalla, o meu articulito da pasada seman foi duramente contestado, o que me chamou a atención foi que as contestacións centrabanse, ademais de en alguns adxetivos que eu utilizara nun dos “Afaires” que mais “ruxe ruxe” están a suscitar a nivel local, O da empresa, o parecer, oriunda de Sarria, con socios en Viveiro, un deles o expolitico de Coalición Galega José Maria Cabarcos ou algun ex director de banco agora dunha caixa do sur, que dicen os do PP que fan e desfan ó seu antoxo como si Viveiro fose o seu “cortixo” particular, o certo é que soio aparece nas suas criticas Cabarcos, os outros que tamen teñen bos amigos entre quen manda nas dereitas, eiqui e acola, permanecen no anonimato.
O certo é que para unha das obras desa “sociedade” abreuse, da noite para a mañá un novo vial na zoa da Ponte Labrada, un pouco chapuceiro, eso si, afecta a propiedades e accesos das mesmas cos que non se contou para nada, moitos destes follons son entre familiares, os peores de arranxar, e ó parecer sen licencias permisos e outras gaitas, o mandamais local poidera ser que lle tomara, a xa escasa, cabelera, algun contratado no seu dia a dedo por Aja e que acabou sendo o seu protexido maestro de obras de cabeceira.
Cando esas cousas suceden, o mellor e “enmendalla” e non “menealla”, pero temos os políticos que temos, e algo que podía, e de por si é positivo para barrios do norte de Viveiro, estaá agora na vida política e municipal e o que che rondarei morena.
Por outra parte a “dichosa empresa” tamén está a facer outra “desfeita” na zoa de Xunqueira, donde a pasada seman, con esa mania de furar para facer mais garaxes, neste caso nunha zoa de feldespato, cortouse a veta de auga que dende o século XIV suministraba a fonte do subsolo do Monasterio de Valdeflores, xa fai tempo, outro mamotreto de cemento tamén rematou co manantial da fonte do barrio. Ademais nesa obra deberon romper o alcantarillado pois cando chove aprobeitan para bombealo pola canalización de augas plubiales ó rio de Xunqueira, donde casi desapareceron, outra vez, as troitas.
Unha curiosidade é que na restauración da fabrica de curtidos con casi 400 m2 de frente o rio empregouse unha empalizada de madeira e ferro para que non se produciran vertidos e non dañaran nin a fauna nin a flora e agora vai e permitese este desaguisado.Neste corrunxo, como noutros, parece que e certo o de “Val mais caer en gracia que ser gracioso”
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2006 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
UN VIRUS DO CARALLO
Levo unha seman doente......medico para eiqui...analisis para ala, hospital de burela, volta aos medicos...volta os analises.......todo empezou con cansancio e febre....pensei que era unha gripe de nada....dous dias na cama e listo....cada dia iva a peor......e despois de que os medicos non me encontraran nada...nin gripe, nin pulmonia, nin riñon...nin infecion nde orina..... nin bertigo....me dicen que e un VIRUS......sin domicilio nin data de orixe, nacionalidade ou cousa parecida......mediciñas para baixar a febre...e pouco mais.....agora ben o bo......empezo otratamento.... e empeza a baixar a febre....pero o pouco empeza a picarme o corpo...que parecia que estaba a facer o baile de San Bito.....e ademais comida que tomaba comida que ciscaba......resulta que teño alergica as mediciñas........manda carallo co virus do carallo.........
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2006 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
A POLITICA EN VIVEIRO
A POLITICA EN VIVEIRO
Pasan os días os meses e os anos…tan soio faltan escasos oito meses para as eleccións e os do Partido Popular de Viveiro non se recuperan do batacazo electoral que sufrieron nas últimas municipais, agrabado polos das xenerais e despois as autonómicas. A táctica da mala leite e o “non” como resposta ,pensaba eu, que era algo pasaxeiro, pero conforme pasa o tempo estamonos dando conta da conversión estratéxica deste discurso que tanto malestar crea na nosa sociedade.
O que esta a facer nos últimos tempos o PP de Viveiro ten unha folla de ruta: escollese un tema con calado, a paralización das licencias de obra, a ampliación da ponte de FEVE na Ponte Labrada, ponse en mans de charlatans profesionais, culpase a Melchor Roel e ó bipartito, ventilase co sunami da mentira, escenificase cada fin de seman en rodas de prensa ou no pleno como esta misma seman donde se foron, todos a unha, como en Fuenteovejuna unhos minutos ante de dar as doce…non sei eu si perderon o zapato de cristal como a Zenicienta, alegando que o Alcalde non lles contestaba ás tropecentas preguntas que se facian, dende logo esta xente non ten memoria, ou ten o rostro como a sola dun zapato dos de antes, Cesar Aja, gobernou en minoria os primeiros catro anos dos vinte que estuvo na poltrona do concello, co apoio do PSOE, UCD, BLOQUE e O PC, por certo con Melchor Roel á cabeza, cando consegueu a primeira maioría absoluta, cambiou as formas, as preguntas tiñan que facerse por escrito, espaciaronse os plenos e non foi nin unha , nin duas , nin tres as veces que con un simple “Contestare en el proximo pleno” deixou todalas preguntas feitas polo Bloque sobre a mesa, tampouco recordo eu, e foron 13 anos de cubrir informativamente a vida política de Viveiro para este xornal, que se prolongara un pleno para contestar a unhas preguntas da oposición, despois saen á palestra tachando de dictador ó actual alcalde, dime de que presumes e direiche de que careces”
Este proceso de ataques despiadados dura unhos cuarenta días, e, despois dunha semaniña de descanso, volvese á carga con outro tema, sempre en negativo nesta lexislatura a oposición de Viveiro non fixo ningunha proposta en positivo para ser votada nun pleno, a non ser as que lles mandan xa feitas dende Santiago os seus xefes.
E mira que a un lle gusta o debate, penso que as sociedades democráticas caracterizanse por a participación e a confrontación de ideas, por eso non me gustan nada as maiorias absolutas e absolutistas, a democracia e o pacto o escoitar opinións e a negociación. Pero o Partido Popular de Viveiro, realmente, non persigue esto, más ben o oposto: perturbar a convivencia para restar credibilidade ó goberno municipal sin pararse en éticas nin estéticas para logralo.
Ante esta situación, a resposta da esquerda gobernante permanece no limbo dos xustos e con eso se queda, respostas sempre do alcalde ós ataques, moitas veces tarde mal e arrastro, é difícil de entender que dende o goberno non se teñan os medios para exercer unha autentica e eficaz comunicación cos veciños, pero as cousas estan asi, pero terian que facer mais.A pesares de que o PSOE eo BLOQUE teñen tantos frentes abertos, o desastre do urbanismo herdado, o funcionariado que non sabe nin contesta, a economía ruinosa que deixou Cesar Aja, a falta de persoal cualificado que atenda racionalmente temas como o de obras e outros como o aislamento dos “LIDERES” no edificio da plaza maior como si dunha torre infranquebel se tratara.
De todas formas ao partido popular dalle igual, a tactica vai seguir sendo a de “DESPRESTIXIA QUE ALGO QUEDA” ata o proximo mes de Xunio, ea pesares de que nin siquera teñen candidato para alcaldía ata o momento.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2006 17:48

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2006 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
MENOS MAL SEÑOR EX PRESIDENTE.........
Menos mal que nos queda Portugal berraban OS RESENTIDO fai un tempo……despois de escoltar e ver a o ex presidente Aznar chapurreando o ingles seique nunca universidade norteamericana….xa o decia meu abó Xesus de Regal…"os americanos son moi fortes pero igual de bobos"….. a un, ocurreseñe mandarlle un mensaxiño a aquel "leader" da dereita do estado español que dende unha tribuna situada no monte do gozo chamounos “PERROS RABIOSOS QUEN VAN ARRASTRANDO SU ODIO POR LAS ESQUINAS”.

Menos mal que coa tua infinita sabiduría no nos fixeche nin puñetero caso e nos metiche de cabeza e tamen polas temporas na Guerra de Irak, porque manda carallo como estaba aquelo cheo a reberter de armas de destrucción masiva, e o escondido que tiña o sadan os miles ne nenos mulleres e persoal civil espachurrados ,porque esta craro que tu e os teus amigos non tivestes nada que ver con estas xentes espachurradas …..eso ten toda a pinta de ser cousa do Bin Laden o do Sadam ese, que douche toda a razon cando decias que había que derrocalo.

Menos mal que tampouco nos fixeche nin paxoleiro caso condo a tontería aquela do 11M, total por unhos cantos mortos que nin siquera che deixaron utilizar para que o teu protexido ganara as eleccións por maoría asoluta. Mira que somos mamons......... retirarche a confianza y levarche a contraria, a maioría dos ciudadans, parte da prensa, os medios de comunicación extranxeeiros, a UE, a CIA, en fin, todos confabulados para sacarte de en medio a ti e o de Pontevedra.

Menos mal que encontrache un apaño de traballiño…din que ben pagado… das crases esas que das en Georgetown, as conferencias, o de Murdoch e o da FAES. Que …tamen din as malas lenguas deixache previsto e aprobados millons e millos en subvencions para que a FAES goce sempre dos medios necesarios para aclararnos as cousas sobre esos malditos que nos desgobernan agora, o acertado da tua xestión e o desacertado da de “estos pelagatos” roxos de merda...........

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2006 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
CATA LUÑA...........
O PP en Catalunya volve a quedarse fora de calquer opción de goberno. E un esta encantado de que sigan así, de feito animoos a que sigan turrando por esa vereda moitos anos mais. Dice Acebes "que hemos asistido a un fracaso de Zapatero". Manda collons benditos co estadista, eran poucos e perden un, casi quedan de carta forza politica e encima poñense galos......dime de que presumes e direiche de que careces......
A miña enhoraboa ICV ELS VERDS que recibiron un considerabel apoio dos votantes, medraron tres escanos, os unicos que aumentaron o numero de votos a pesares do aumento da abstención. Iniciativa fixo un bo traballo nesta lexislatura sin estridencias nin comedias, fixo esforzos para que o goberno fose mais de esquerdas facendo politicas sociais e os votantes deronse conta.....por outra parte teño as miñas dudas si o catalan medio o da "ARCA DO SEÑOR ESTEVE" non puxera algun reparo a que un "Charnego de Cordoba" fose o presidente de da Cataluña de Moreneta, do corpus do hereu etc etc ......Agora o que teñen que facer e formar un goberno de esquerdas e adicarse a gobernar mais e mellor e non a facer tanto ruido e caralleiradas...como nos ultimos tres anos......Recorden amigos letores que un paso vastantes anos na terra de ESPRIU
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2006 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
O OUTONO E..........
O outono e unha estación un pouco extrana. O outono mixtura a melancolía casi depresiva con a excitación da carne e os sentidos. Todo morre en outono. A natureza palidece de esa forma tan fermosa de tonos ocres e senas, por certo cando eu pintaba eran estes os meus colores preferidos, a caida xeneralizada das follas, o agonizar dos vermes, moscas, mosquitos e demais familia. O outono e a preparación para o longo sono invernal ou para a fria morte…….para a fría morte.
En outono o sexo cobra más importancia que de costume. O programa informático da terra nos recorda da forma pausadiña que estámos construidos de una sustancia finita e en constante dexeneración. Pero craro, este tipo de advertencias importanos un carallo… xa que somos xente asustadiza que chegamos a creer que voltaremos a nacer en forma de mosca, can ou pedra. Nosoutros somos unhos yonquis da conscencia inmediata..

O sexo volvese mais necesario en outono, época de subidas e baixadas inesperadas, o calor dos organos sexuais fan que a ameaza da morte vexase mais lonxe. O sexo e a anestesia da trascendencia, ou quizabes a trascendencia en sí mesma. O sexo e o antídoto para a morte, ou quizábes unha forma de morte dulce e agarimosa na que un pode recrearse ao compás das xeadas.
Soio somos un envoltorio de carne mais ou menos apetecible para un pouco de aire mais ou menos deseable.
El outono e unha estación realmente extrana. O outono permte diferenciar medo de esperanza porque suxere a posibilidade de voltar a empezar o ciclo vital.. A natureza volta a florecer de cara a horizontes queimados de follas sin clorofila e nidos resecos e abandoados. O outono e un maullar de gatos en celo. a preparación para certa cerimoniosa despedida, as visitas os cementerios cheos de frores……. ou para o comenzo da máis salvaxe das orxías.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2006 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal