A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTOU DEIXANDO DE CREER
Estou deixando de creer no antigo poder das palabras, humildes brotes de esperanza, abono máxico de algo bo por vir en forma de sonrosado futuro. Nin sequera creo na palabra solta, protestas e berros, consigna xa prevista, amortizada, que nace case morta. Tampouco confío nas manifestacións con permiso da autoridade de 6 a 8, e na ruta asignada; nin nunha xornada illada de folga. Flores dun día flotando desfeitas nun mar de inxustiza; cravos ardendo nas rutinas dun tempo atroz que xoga na nosa contra; actos inofensivos, sistémicos; voluntariosos pero pobres fronte ao azoute cotián que nos tocou padecer, cando máis desprevidos achabámonos na nosa burbulla de gallináceo benestar.
Tampouco creo no poder do voto, no poder do meu voto. Ese voto fútil, jibarizado, bobo papeliño de cores, serpentina irrelevante que voa ata depositarse no fondo da urna baleira, sen auténtica representatividade, sen soberanía nin democracia real. Un voto que se xa valía ben pouco por leis electorais amañadas, agora serve de nada cando a política carnívora, mera executora, non deixa opción nin espazo para a defensa cidadá; cando non quedan cabos soltos e sobreviven en exigua representación, sen patrocinador mediático nin empresarial, os poucos que aínda apoian a xustiza social e que manteñen o sentido común en tempos de tolemia colectiva, cando a ideoloxía ultraliberal campa disfrazada de ciencia. A maioría: cínicos capataces que para manter as súas prebendas nos malvenden aos mercadores; a aqueles que sempre gañan, en época de bonanza ou de estafa.
Os “axustes” institucionalízanse como inmisericorde rutina as agresións aos traballadores, aos parados, aos mozos, aos dependentes, aos que menos teñen; recórtase o subsidio de desemprego -¡e que se fódan!, grita excitada a diputada, redúcense os salarios aos empregados públicos; auméntanse impostos indirectos e sálvase como sempre da queima aos máis ricos.
Xa non creo no poder das palabras nin no valor do meu voto. Pero quero crer que vai calando a conciencia de que estamos en guerra. Que se acabaron a anestesia hospitalaria e o esperar como ovellas ante a tele a que nos gaseen e nos destripen para servir de alimento os porcos de engorde.
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2012 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
A LIÑA VERMELLA
A expresión “cruzar a liña vermella” fálanos de resistencia, de rebelión, de negarse a aceptar determinadas cousas; suxírenos límites que non se deben traspasar; e recórdanos os atropelos en dereitos sociais e saqueos ao peto que soportan os cidadáns indefensos, sobre quen recaen todos os sacrificios sen participar de ningún festín inmobiliario, nin financeiro.

Como ras que nadan dentro dun caldeiro de auga ao lume sen intentar fuxir, tan só porque a transformación do seu delicioso baño nun inferno hirviente prodúcese de xeito gradual; aprendendo a tolerar a calor ata que é demasiado tarde para escapar e mórrense. Como os alemáns que consentiron que os seus propios veciños xudeus, comunistas, homosexuais, discapacitados-, fosen aniquilados, apartados, sinalados, gaseados, ademais de por medo, descoñecemento ou complicidade, por unha sorte de normalidade regulamentaria, unha rutina clorofórmica que facía levadía unha cotidianidad preñada de monstros, na que funcionaban os transportes públicos, abrían colexios e tendas ou se acudía ao traballo. Tolerando todo, coma se non pasase nada, coma se o corazón non tiritara entre tebras.

E se a desgraza ten o nome propio doutro a min que máis me dá; por que protestar se os demais calan; ou non me interesa porque non afecta aos meus?. Ata que é demasiado tarde. E así nos inmunizamos ante a inxustiza diaria, revelada en todos os niveis, en cada detalle, no público e no privado, desde a cúspide do poder ata o seu mesma base; un charco de negra inxustiza que se estende e derrama, e que nos mancha a pouco que rabuñemos unha realidade social insostible; sobre todo cando asistimos atónitos ás decisións dunha clase política que en lugar de defendernos, atrincheira e ailla, situándose a distancia do resto. A manga ancha para uns poucos, cos seus case inalterables prebendas, abusos, dietas e viaxes; e un xigantesco embude para a maioría, que ve recortarse a diario dereitos, soldos, axudas e liverdade.

As decisión da conselleria de Sanidade, de non pagar determinados medicamentos para o tratamento do cancro, de recortar as mamografías , traza unha liña de cor vermella, ancha e ben marcada. A mesma conselleria que regala miles de euros cada ano en pluses de produtividade aos directivos do asunto e paga horas extras sin control, ou que emprega millóns de euros en sistemas informáticos ao parecer inaprazables. Pero en mans de quen estamos?
Unha villanía imperdoable. Unha liña de cor vermella sangue. E a que estes chamados “politicos” nos estan facendo a os cidadans , quizas sexa por que non entenden a diferencia entre subditos e cidadans.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
LECIÓN DE ECONOMIA
Estos dias, papeis, radios e telestontas predican por activa e por pasiva o de que “En Galicia se cumpre o déficit” ¿De que serve eso?, si os galegos-as non teñen traballo, non se compra nin se vende no mercado e nas tendas, ¿estanos a decir que queiramos o déficit cero a cambio de deixar Galicia como unha eira?
No reino dos contos de princesas, meigas, tangaraños e outras historias neo-medievais despunta unha metáfora tan xigante como falsa, consistente en equiparar as contas familiares coas do Estado. Repítesenos que do mesmo xeito que nunha economía doméstica a familia non debe gastar por encima da renda ou salario que entra nesa casa, coas finanzas públicas as institucións teñen que de actuar de forma similar, non debendo nunca os gastos superar os ingresos para así lograr o estúpido obxectivo do déficit cero. En definitiva, axustar os ingresos aos gastos, e asfixiarnos cun absurdo “corpiño de ballestas” que ata a propia constitución avala.
Mentras tanto, hai unha falla fundamental na comparativa, e que casualmente omiten todos os pseudo-expertos. A diferenza do que sucede nunha casa de familia, onde os gastos e os ingresos van en caixas separadas e non interactúan entre si, no caso das contas públicas o funcionamento económico é radicalmente diferente.
Cando a Administración gasta prodúcese un retorno vía ingresos fiscais, tanto directos como indirectos, ou a través da xeración de emprego e do consecuente aumento das cotizacións sociais. Actívase a roda do consumo, o que permite ingresar máis. O gasto do Estado xera riqueza e crecemento; os investimentos en gasto social, en infraestruturas, ou a creación de emprego, teñen un efecto rebote en todo o tecido económico. E, por contra, se o Estado reduce gastos tamén ven minguados os ingresos, nunha roda interminable de decrecemento e ruína. Isto non sucede nunha economía doméstica. Porque sinxelamente cando un fogar gasta menos o salario non sofre afección algunha.
A confusión non é casual. Asimilar as contas dunha casa ás dun Estado é facilmente entendible. É unha metáfora moi eficaz, que acompaña ao outro sonsonete letárxico de que “vivimos por encima das nosas posibilidades e agora témolo que pagar”. Serve para recortar cen mil millóns de euros en tres anos e dar armazón teórico a todos os atropelos e retrocesos sociais; cumpre o seu gaioleiro labor ideolóxico. Só ten un pequeno inconveniente, loriños e papagaios de variada pelame: que non é real.
Otero Regal
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2012 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
MEDIOCRES?
Ahora que estamos de Mazar o liño, léase eleccions, quizáves chegou a hora de aceptar que a nosa crise é máis que económica, vai máis aló destes ou aqueles políticos, da cobiza dos banqueiros ou a “prima” de risco. Asumir que os nosos problemas non acabaran cambiando a un partido por outro, con outra batería de medidas urxentes ou unha folga xeral. Recoñecer que o principal problema do estado non é Grecia, o euro ou a señora Merkel. Admitir, para tratar de corrixilo, que nos convertemos nun país mediocre.

Ningún país alcanza semellante condición da noite para a mañá. Tampouco en tres ou catro anos. É o resultado dunha cadea que comeza na escola e acaba na clase dirixente. creamos unha cultura na que os mediocres son os alumnos máis populares no colexio, os primeiros en ser ascendidos na oficina, os que máis se fan escoitar nos medios de comunicación e aos únicos que votamos nas eleccións, sen importar o que fagan porque son dos nosos. Estamos tan afeitos á nosa mediocridade que acabamos por aceptala como o estado natural das cousas.
- Mediocre é un país onde os seus habitantes pasan unha media de 134 minutos ao día fronte a un televisor que amosa principalmente lixo. Mediocre é o único país do mundo que, no seu sectarismo rancio, conseguiu dividir ata ás asociacións de vítimas do terrorismo. Mediocre é un país que reformou o seu sistema educativo tres veces en tres décadas ata situar aos seus estudantes á cola do mundo desenvolvido. Mediocre é un país que non ten unha soa universidade entre as 150 mellores do mundo e forza aos seus mellores investigadores a exiliarse para sobrevivir. - Mediocre é un país cunha cuarta parte da súa poboación en paro, que con todo, atopa máis motivos para indignarse cando os monicreques dun país veciño chancean sobre os seus deportistas. É mediocre un país onde a brillantez do outro provoca receo, a creatividade é marxinada e a independencia sancionada.

Un país que fixo da mediocridade a gran aspiración nacional, perseguida sen complexos por eses miles de mozos que buscan ocupar a próxima praza no concurso Gran Irmán, por políticos que insultan sen achegar unha idea, por xefes e politicos que se rodean de mediocres para disimular a súa propia mediocridade, e por estudantes que ridiculizan ao compañeiro que se esforza. Mediocre é un país que permitiu, fomentado e celebrado o triunfo dos mediocres, arrinconando a excelencia ata deixarlle dúas opcións: marcharse ou deixarse engulir pola imparable marea gris da mediocridade.
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2012 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
TRISTES TEMPOS
Vivimos unha época triste. Nótase no ambiente, miras ao teu ao redor e hai xestos de preocupación, de desesperanza, de inquietude. Hai demasiadas causas que provocan esta tristeza.
Unha desas causas, talvez desencadenamento de tantas outras, é o índice de paro que segue crecendo de forma incontrolada. Imaxinámonos a tristeza dos mozos suficientemente preparados que volven a casa dos seus pais porque non poden manterse ou a sensación de desamparo daqueles que non teñen unha familia á que volver.
Outra causa de tristeza e a situación de incerteza da empresa USA que temos na bisbarra, miles de postos de traballo pendentes do que decida o ministro canario encol das bonificacions da electricidade que a moreas consume a factoria de San Ciprian.
Tristeza ou sensación de fracaso daquel traballador que logo de anos de defender a súa empresa con entusiasmo é despedido grazas a unha reforma laboral e sabe que con 50 anos non se pode xubilar porque é moi novo pero non atopará outro posto de traballo porque é moi vello.
Ou os mestres, os bombeiros, os médicos, todos os funcionarios, que non só ven recortados os seus ingresos senón que saben que o seu traballo non vai ser igual, que terán miles de dificultades para levalo a cabo e encima son vítimas dunha campaña de descrédito, de burla e de menosprezo..
Ou a tristeza dos pensionistas, asustados non só ante o seu porvir senón o dos seus fillos e netos, aos que en moitas ocasións teñen que axudar coa súa escasa pensión.
Tristeza e tamen a que orixina a postura de impropia prepotencia e despotismo do alcalde de Viveiro que por un “Quitame ala ese insulto” rompe o goberno, chimpa fora a o BNG, queda en franca minoria e con a consecuente paralización do concello e con miles de persoas, que aquí viven, perxudicadas, en un momento en que e primordial traballar e sacar a administración local adiante.
Triste e repugnante e tamen esas noticias dia si e dia tamen que falan de corrupción, choriceo, amiguismo, ilegalidades e cara dura dos nosos políticos, e con todo o meu pesar, os papeis dicenos que aquí non se salva naide, todos cheiran a merda cando pasas cerca deles, e certo que algunos saen e sairon de “rosiñas”e outros ainda non os colleron nas falcatruas pero “habelos ainos”.
Otero Regal
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal