A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O LADRILLO TEN QUE BAIXAR MOITO MÄIS
O mercado inmobiliario quedouse en punto morto. Oa promotores e constructores dfa bisbarra estaban esperando o veran como auga de Maio para meter algun carto no peto ou para amortiguar as deudas que teñen con bancos ou caixas pero a realidade foi un fiasco.
Non existen sinais de recuperación e ninguén se atreve a aventurar cando tocará fondo nin durante canto tempo prolongarase o derrube. As vendas continúan coa súa esborralle. Din que este verán vendéronse na Mariña un 38% menos de vivendas que o ano pasado e marcan novos mínimos históricos. O sector do ladrillo atópase no centro dunha tormenta perfecta cuxo orixe hai que buscalo nas malas perspectivas económicas, a deterioración da capacidade adquisitiva dos mariñans e a nula compra de segunda vivenda por parte de madrileños e afins , todo esto empeorado por anos de crises e unhas entidades financeiras que non se deciden , nin poden abrir a billa do crédito.
A venda de inmobles converteuse nunha quimera. Por toda A Mariña as terrazas con carteis de véndese» convertéronse nun elemento case inherente á paisaxe urbana da costa. Os expertos coinciden en que a solución a curto prazo pasa por unha inevitable rebaixa dos prezos; e iso que, segundo datos oficiais, as cifras xa recollen un descenso do 25% de media con respecto ao momento álxido da burbulla inmobiliaria, en 2007. Din tamén que non se trata dunha nova recaída do sector, é o axuste que non se chegou a realizar, a drenaxe do «stock» de inmobles sen vender, só é posible cun recorte adicional de entre o 30 e o 40% na valoración dos pisos.
É certo que o mercado é heterogéneo: vivendas de segunda man baleiras. Pisos e apartamentos novos , vivendas a medio construiir, casas e pisos hipotecados e embargados. Pero os expertos cren que a baixada deberá de ser xeneralizada e que no caso das residencias de costa, hai moito produto invendible, que non se colocará nunca a un prezo razoable.
Máis aló da perda de atractivo económico da vivenda, antes escoitabase : “Vou mercar un piso aquí na mariña e ademais de vir de vacacions un mes e unha inversion segura cada ano suben e moito”, eso acabouse, pero o principal freo á demanda constitúeno as dificultades de financiamento, os receos da banca á hora de conceder hipotecas. Si as entidades non financian non se pode comprar.
Inmobiliarias e promotoras acusan á banca de ofrecer facilidades de financiamento case de forma exclusiva aos compradores dos pisos que figuran a o seu nome trais embargos.

Lamentablemente, a crise alárgase. Os últimos datos apuntan claramente a que o enfermo non mellora. E A Mariña tera por moito tempo esqueletos de formigón como os de Barreiros, San Ciprian, Foz, Viveiro…..
Otero Regal
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2011 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
EL GRAN EXITO DEL AMO DE LA FINCA
El gran éxito del amo de la finca
Por Pablo Mosquera

Algunos saben cuando y como han de escapar de la quema…Incluso, tienen una corte de tontos útiles a los que siempre les dejan el muerto…Proverbio popular.
Hace un año, mandé a diferentes medios para que se hiciera pública, mi renuncia irrevocable a la directiva del Casino Club Náutico de Viveiro, con una extensa explicación de las razones y motivos, además de pedir –nunca mejor dicho- cuentas sobre diferentes asuntos. Esperé hasta la asamblea de cierre del mandato de la directiva en la que me había enrolado el presidente-amo de la finca, y al ver que no había nada que saber, hacer o discutir, me di de baja de la querida entidad tan arraigada, no sólo a Viveiro, también a San Ciprián.
Me sorprendió el éxito mediático de la gestión del todo poderoso González Cociña. No daba crédito a los parabienes del respetable. Algo no encajaba en lo que yo sabía. Decidí esperar a que el tiempo coloque las cosas en su lugar.
No hubo que esperar demasiado. Las noticias se han puesto entre asambleas, prensa y calles de nuestra Vila. Voy a resumir el éxito de la gestión del todo poderoso y omnipotente Picocho.
• Toma el Casino con más de mil socios y lo deja con menos de seiscientos.
• Presume de la condición de Club Náutico que le entrega su amigo el Alcalde Roel y pierde tal condición, incluido los beneficios económicos de un acuerdo firmado a bombo y platillo que costó cobrar “Dios y ayuda” entre otras razones por haber sido una chapuza contable que como tantas otras, el funcionario por oposición –Interventor- se negaba a firmar.
• Llega a un acuerdo con el Gobierno Municipal de Viveiro, para que el Casino sea camarote de tierra para el Náutico de Viveiro, a cambio de la cantidad de 1.300 euros mensuales, cantidad de la que presumía el patricio de Xunqueira; pero con la reyerta entre Instituciones Públicas, se pierde tan concesión y tal ingreso.
• Se dedica a reivindicar un pantalán que en su día ocuparon socios del Casino, amenazando con sacar los colores a nombres y apellidos por la operación. Incluso, dejando claro que el dueño del espacio, sin duda alguna es el Casino, al que le han quitado hasta el espacio que ocupa cierto centro Comercial. Que tiene documentación y asesoramiento. Como tantas cosas, o le engañaron o se pasó de listo, como en la operación de Turviveiro. Ni pantalán, ni derecho nada de nada.
• Se dedica a explotar –descubre la mina de plata- los bailes nocturnos para la juventud. El famoso Fresh People, que controla con su señora y otros amigos, hasta que entra en vigor la ley autonómica contra el consumo de alcohol en los jóvenes. Así mismo, nos sorprende con una operación en la que a través de una donación de Biblioteca, casi vende la terraza del Casino a una sociedad, en la que tenemos sospechas sobre quienes podrían estar inscritos en el registro correspondiente. Pero, no se ocupa de resolver el problema de la concesión de los terrenos que ocupa la finca y edificio del Casino, quizá confiando en su amigo del Consistorio, que le guía sobre el ejercicio de la libertad de expresión.
• Por fin, coloca una piscina-bañera, que da lugar a una denuncia de sanidad, por bocazas, con lo que ni eso, logra, para la prima de su señora.
Pero ya venía de atrás. Se había cargado a la Coral del Casino. A la actual “Alborada”
Y tuvo sus escarceos, que hubo que pararle, para que no hiciera lo mismo, con otra gente de enorme prestigio y carisma.
Lástima que se haya ido de rositas. Soy partidario de rendirle un homenaje…
Pablo Mosquera “Bígaro”

Comentarios (35) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2011 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
¡HASTA NUNCA...AGUR ETA!
¡Hasta nunca! #agurETA ¡Hasta nunca! #agurETA
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
CO DIÑEIRO DE TODOS
A Realidade e terca e evidente: resulta imposible acceder a determinados servizos e produtos imprescindibles sen a intermediación dunha entidade financeira. O cobro da nómina, o pago de xestións e facturas de todo tipo, o depósito dos aforros son servizos que requiren dun sistema financeiro ao uso.

Desde a crise “subprime” de 2007 non só en EEUU senón no resto do mundo os Estados tiveron que investir grandes sumas de diñeiro en sacar do buraco a centos de entidades financeiras ao obxecto de evitar un colapso xeneralizado da súa economía. E o que te rondarei morena, xa que voltamos o conto da “boapipa”, coa inminente recapitalización de bancos europeos que se aveciña polo problema da débeda grega.

E a pesar desa dramática situación, os banqueiros de todo o mundo seguen cobrando soldos desorbitados e levándose indemnizacións millonarias cando abandonan as entidades. Por estos lares da nordesia, hai poucos días coñeceuse que o “Frob” destinou 7.500 millóns de euros a reestruturar as caixas de aforros (proceso que levou a nacinalización de tres delas Novacaixagalicia, Catalunya Caixa e Unicaja) tras a pésima xestión desenvolvida polos seus xestores con inapropiados investimentos no ladrillo e despilfarros a barullo. E eses datos coñecéronse á vez que os escándalos e abusos dalgúns directivos de entidades como Novacaixagalicia. E iso en momentos nos que a banca española atopase en pleno período de adelgazamento de persoas e de oficinas para impor un modelo racional ao seu negocio.

Na rúa, o sentimento é unánime: os xestores das caixas con problemas financeiros, os supervisores bancarios como o Banco de España e os políticos que estaban representados nelas , deberían ser xulgados e responder os erros e a falta de celo profesional durante estes últimos anos.
Si, como ocorreu en Islandia, os tribunais de todo o mundo, os Estados e os organismos reguladores non fan caer todo o peso da lei sobre banqueiros e xestores de entidades privadas, públicas e semipúblicas para que paguen polos seus parte de culpa na crise económica corremos o risco de que esta desfeita volta a suceder.
Recordo aquí o final da “Cantata de Santa Maria de Iquique” : “Ustedes que ya escucharon la historia que se contó no sigan allí sentados pensando que ya paso no basta solo el recuerdo el canto no bastara no basta solo el lamento miremos la realidad quizás mañana o pasado o bien en un tiempo mas la historia que han escuchado de nuevo sucederá”
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2011 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
A OBRA SOCIAL DA CAIXA DESAPARECERA
Saeu nos papeis fai unha semana: “os responsables da Obra Social de Novacaixagalicia trasladaron este xoves aos sindicatos que, coa participación que ten actualmente a caixa no banco, o seu labor é "inviable" e que, mesmo alcanzando o 15% previsto, sería complicado mantela como ata o momento.”
Sin embargo no foi o 15%, foi menos da mitade a valoración do que Novacaixagalicia ten no accionariado do novo banco.
Representantes da CIG e CC.OO. indicaron que no encontro, ao que asistiu o director da Obra Social, Guillermo Brea, entre outros responsables, informóuselles de que se a caixa non logra ese 15% a acción social será "inviable", polo que "desaparecerá" tal como se coñece ata agora e pasaría a un modelo máis reducido, o que implicaría despedimentos.
Deducimos pois que ademais de despedimentos moitos secions da obra social terán que pechar as suas portas ou a Xunta, que tamén anda podrida co tema do diñeiro faigase cargo das mesmas.
A Obra Social, Centros de xubilados, museos, casa de cultura, ediccions, axudas e xestións en xeriátricos, feiras festas e mercados que xestiona a caixa tras a creación de NCG Banco, conta con 335 traballadores, que poderia reducirse ao 10% si e que continua dita obra social.
O peche non será imediato, a o parecer Brea explicou que este apartado da caixa ten un remanente de 90 millóns, co que "pode "ir tirando". En canto ao patrimonio que posúe a caixa, dixo que, polo momento, non está previsto que se produzan vendas. En calquera caso, indicou que están a elaborar un plan de viabilidade que será presentado aos sindicatos.
O escenario actual, é que a caixa controla o 6,84%, mentres que o resto está en mans do FROB. A acción social financiarase cos beneficios do banco que correspondan á caixa pola súa participación.
Craro esta que si o povo e a justicia espabilan e exixen a devolución dos mais de 40 millons de euros que os xefazos se levaron e si Mauro Varela e Julio Fernández Ganoso se ven obrigados a devolver o que cobran cada mes como conselleiros do novo banco en nome da caixa a cousa poderia aguantarse algo mais.
Pero a realidade e teimuda e as ultimas noticias din que a través da Fundación, paga un chofer e a seguridade ao exdirector xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, que figura como presidente, precisamente, desa Fundación.
Xa o decia meu abo “Ladróns e xentes de mal vivir con garavata , hainos a esgallo”.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
AXUNDANDO O CONCELLO A SAIR DA CRISI
Pois seguindo con o tema da economia municipal, ou decindoe de outra forma O DESATRE ECONOMICO DO CONCELLO DE VIVEIRO, do que falamos no post anterior e seguiremos falando. Traigo aqui outros exemplos de concellos similares, non ten desperdicio, recomendoe.

Ayudarás a tu ciudad
La crisis de los Ayuntamientos obliga a los alcaldes a exigir la colaboración de los vecinos
Entre las peticiones está barrer la calle y organizar la fiesta del pueblo

La crisis económica mantiene a algunos Ayuntamientos catalanes al borde del precipicio. Unos 200 podrían tener serios problemas económicos de aquí a finales de año, según la Generalitat. Con el agua al cuello y noqueados por montones de facturas que no pueden pagar, los alcaldes empiezan a implorar la ayuda de sus conciudadanos para salir del agujero. En Esparreguera (Baix Llobregat), el alcalde ha protagonizado un gesto inédito: pedir a los vecinos que rieguen los árboles y barran el trozo de calle que pasa por delante de sus casas. “El servicio de limpieza es insuficiente y no tenemos dinero para contratar a nadie más”, justificó Joan-Paül Udina (CIU). Otros encomiendan a la población la organización de las fiestas, antes sufragadas con dinero público, o exigen un comportamiento más cívico para ahorrar en arreglos del mobiliario urbano y limpieza. Todos piden colaboración.

“La gente ha entendido que tiene que arremangarse”, ilustra una portavoz del Ayuntamiento de Moià (Bages). Ahogado por una deuda de 25 millones de euros y un déficit que cuadriplica los ingresos municipales el alcalde, Dionís Guiteras (Ara Moià), decidió el pasado 29 de julio reunir a sus conciudadanos para explicarles la dura realidad y pedirles un esfuerzo. El equipo de gobierno, que reúne a todos los partidos, animó a los vecinos a proponer medidas de ahorro para salir del agujero. “Tienen muy buena voluntad y ganas de trabajar”, dice el alcalde que, con un sueldo de mileurista, ha sido el primero en dar ejemplo.

Reducir la iluminación o barrer ellos mismos las calles son algunas de las propuestas de los vecinos. Muchos se han ofrecido voluntarios para trabajar en lo que haga falta y el Ayuntamiento coordinará las necesidades con las habilidades y el tiempo libre de cada cual. “El voluntariado está muy bien, pero necesita coordinación”, dice el alcalde. Mientras el gobierno rumia un elaborado plan de ajuste, la escuela de música se ha salvado gracias a las aportaciones de las familias y las horas regaladas por los profesores.

Otro municipio en apuros es Sitges (Garraf), con una deuda de cerca de 67 millones de euros. Además de crear una nueva tasa de basuras, el Consistorio planea reducir de 800.000 a 400.000 euros el gasto en fiestas, según Magí Almirall (CIU), regidor del área. El recorte afectará a una de las celebraciones más emblemáticas de la localidad, el carnaval que reúne a decenas de miles de personas cada año. Las dos entidades que aglutinan a un mayor número de colles, El Retiro y Prado, se muestran comprensivas. “Si nos han cerrado el ambulatorio, cómo no vamos a entender que haya menos dinero para las fiestas”, razona Ignasi Roví, presidente de la comisión de carnaval de Prado. Todos trabajan para que el recorte no se note. “Tenemos un caché y hay que mantenerlo”, dice con seriedad Roví. El Ayuntamiento tampoco financiará la cabalgata de Reyes ni la celebración del Corpus. Los vecinos tendrán que ir ellos mismos a la montaña a buscar las flores para las tradicionales alfombras. “Antes el Consistorio compraba los claveles”, dice Almirall, que opina que las fiestas “deben volver a sus esencias”. “Para conservar la calidad, necesitamos la implicación ciudadana”, concluye.

En Gelida (Alt Penedès), que no se encuentra en una situación tan apretada como Sitges o Moià, han optado por la estrategia del palo. Tras una periodo de benevolencia en la aplicación de la ordenanza de civismo, el alcalde, Lluís Valls (PSC) quiere empezar a imponer sanciones como “medida de ahorro”. “Cualquier gasto es importante”, asevera Valls. “Tener que pintar un banco o arreglar una pared manchada con graffitti implica pagar más horas de trabajo a la brigada de limpieza”, explica el alcalde, que no descarta otras actuaciones.

En Arbúcies han decidido prescindir de empresas externas y encomendar a la población la organización de la Feria de Otoño, que se celebra este fin de semana. “Los 26.000 euros que se gastaron el año pasado se han reducido a 19.000”, dice Pere Garriga, alcalde de Entesa per Arbúcies. Algunas de las 93 entidades que trabajan en la localidad se han puesto manos a la obra. La muestra de animales correrá a cargo de la Sociedad de cazadores. Los talleres culinarios los organizará una entidad local en lugar de una empresa. “La gente está muy contenta por participar, aunque conlleve más trabajo y más horas”, relata Garriga, encantado de la reacción de sus conciudadanos.

Ninguno de los alcaldes consultados puso el grito en el cielo ante la iniciativa del Ayuntamiento de Esparreguera. Es más, muchos se plantean emprender caminos similares. En Ripoll (Ripollès) ronda la idea de quitar algunos contenedores de las calles. “Quizás los ciudadanos tengan que caminar 100 metros más si con eso nos ahorramos un 20% en el servicio de basuras”, ilustra el alcalde, Jordi Munell (CIU). También se plantea reducir la iluminación. “Los ciudadanos lo deben entender. Es el momento de la corresponsabilidad”, concluye Munell.
ASI QUE Roel e cia, a poñerse a traballar, que de contos naide vive.
Otero Regal
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2011 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
A ECONOMIA NO CONCELLO DE VIVEIRO
O concello de Viveiro non ten liquidez. É a conclusión que se pode extraer do transcurrir socio-económico de Viveiro. Enfróntase nestes momentos a unha difícil situación como consecuencia da nefasta xestion económica dos dous últimos alcaldes e da crise económica, de forma que atópase cerca do colapso financeiro, en situación extrema que lle poden impidir ata nalgúns casos prestar os máis elementais servizos e facer fronte ás súas obrigacións correntes o que desata todas as alarmas dado que a situación económica é moi preocupante.
A pesar delo o secretismo da politica económica e absoluto, naidee sabe a canto ascende a débeda, cantas facturas existen no caixón nin como pensan sair do embrollo.
Sabemos extraoficialmente que o concello ten por fin casi “amañado” o borrador do presuposto deste ano 2011, trais dous anos sin el, sabemos que solicitou a o ICO
480 .000 euros para facer frente a o pago de proveedores, tamén sabemos que os ingresos reales estimados, sin trampas nin cartóns non pasan dos 10.000.000 de euros e por ultimo sabemos que a intencion da comision que elabora o presuposto e de situar o gasto real un 10% por debaixo dos ingresos para de esta forma pagar as numerosas e abultadas facturas pendentes, algunhas desde fai 16 anos.
Tamen sabemos, por outra parte que o goberno esta disposto a “atarse os machos” e dictaminar de unha vez por todas o numero de funcionarios e persoal contratado no concello e chiringuitos afins e reducir o seu numero pois a situación existente non e viable, a pesar de que dia tras dia seguen facéndose contratos os ultimos foron os 18 grumires.
De todas formas a débeda real é tan grande que si non toman medidas mais drásticas seria imposible un saneamento das arcas municipais nos próximos 20 anos, por elo terian a obrigación de levar a cabo unha redución dos salarios aos empregados municipais que ingresen máis de 40.000 euros, oscilando as porcentaxes de redución desde o 1,5% ata o 31,5% para os salarios que superen os 140.000 euros.
Ademais, teriase que facer unha redución de persoal, un exemplo, nun concello donde as licencias de obra brilan pola sua ausencia ¿Qué fan dous arquitectos en nómina? Neste sentido, teriase que poder chegar a un acordo cos traballadores que permita levar a cabo esta redución.
Otero Regal

Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2011 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
O SILENCIO E UNHA MAXIA DO DEMO (NCG) POR MANUEL RIVAS
O ARTICULO NON E MEU
Que mais quixera eu que facelo tan ben como MANUEL RIVAS en o seu blog "Novas de Kafka en Galicia" o pasado 07/10/2011 Eu secundo todo o que di, remitos a o meu "articuliño" en "A MARIÑA CRONICA3". Asi que sin que sexa unha costume , aqui queda o articulo do escritor da Costa da Morte.
Por que o esperanzador movemento de fusión Novacaixagalicia acabou sendo o caso Novakafkagalicia?

Non merece o caso de 'Novakafkagalicia' unha comisión de investigación no Parlamento?

Pasou o que pasou. E algo máis. A contaminación do ar por todo o fracasado, todo o podrecido

Que pasou? Dicía o clásico (Iglesias Corral): "Aquí pasou o que pasou". Pois non. Aquí pasou algo máis do que pasou.

A fusión das caixas en Galicia presentouse como unha oportunidade histórica. Ese facer da necesidade virtude. En tempo de crise, suma de bens e enerxías. A superación da paranoia bipolar, o estrabismo óptico, o proído dermagóxico e outras doenzas derivadas da confrontación norte-sur, da permanente doutrina do shock entre A Coruña e Vigo.

Malia todas as dificultades, esa semellaba a visión máis racional. A que mellor correspondía aos intereses de país. Nesa ollada podía haber moita inocencia. E cóntome entre os inocentes, e mesmo entre os parvos. Mais a inocencia ten un potencial creativo, mentres que o resaibo cínico adoita ser paralizante. Verbo disto hai unha reflexión nun libro que aquí se recomenda, as Conversaciones sobre música (editorial Acantilado, 2011), de Wilhelm Furtwängler, onde o mítico director de orquestra di: "Porque a inocencia, unha vez perdida, non pode recuperarse; os poderes realmente creativos só o son en estado de inocencia".

Se hai algo claro agora mesmo no caso Novakakfagalicia é que moita xente perdeu a inocencia que lle quedaba, esa inocencia equivalente a esperanza, mentres outros poucos se levaron os cartos. Están a levalos. É dicir. Produciuse non só un espolio económico, senón tamén dos minguados depósitos de inocencia-esperanza.

O escándalo das indemnizacións estoupou esta semana. Si, pasou o que pasou, pero desta vez pasou algo máis sobre o que cómpre investigar, debater e xulgar dalgún xeito, se non queremos asinar o derrube moral como sociedade democrática, e o desprestixio total dun autogoberno polo que houbo xente que deu a vida, xente que perdeu os dentes até as enxivas.

Detectar ese algo máis que pasou e que non sabemos é vital para reconstruír unha minima moralia e devolver unha confianza básica á vida pública.

Que pasou, que uso se deu dos depósitos dos centos de miles de galegos e galegas?

Que se fixo co froito laborioso de miles e miles de emigrantes, de mariñeiros, esfolando mundo adiante as mans e a vida?

Que futuro se preparou coas nóminas do sector público, coas pensións, cos aforros populares?

Agora sabemos que a resposta é nada. O proxecto era a cobiza. O peto persoal. O poder como propiedade. Un poder na sombra, a partillalo con outras poderosas sombras.

O que nos leva a outra pregunta malfadada, mais inevitábel: Quen manda de verdade en Galicia? Quen toma, á fin, as decisións cruciais? Quen di arre ou xo?

É unha pregunta que deben facerse os elixidos, todos os elixidos, como representantes do pobo. Por certo, non é o caso Novakafkagalicia merecente con urxencia dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia e de pescuda pola fiscalía Anticorrupción? Se o Parlamento autónomo non serve para isto, para que vai servir?

A sensación que existe na xente é a de ter perdido pasado e futuro a un tempo.

Certo que en todas partes hai cans descalzos. Mais o que pasou aquí coa fusión das caixas en poucos meses é tal estrago que faría sorrir por segunda vez a Apolo, el que só sorriu unha vez e foi cando falou da miseria humana. Todo isto ten que servir para abrir as fiestras no Castelo galego, para que saia o fedor histórico. A mestura tóxica que nos ten trabados.

A ampla autonomía, propia dunha nacionalidade histórica, debería ser xustamente un antídoto democrático fronte as cacicadas. Esa era a súa razón de ser. Unha maior confianza entre institucións e cidadáns. Unha sociedade máis aberta, con máis participación, e moita máis transparencia. Xa que se fala tanto de recortes, cómpre lembrar que a transparencia non costa cartos. O que arruína a un pobo é a ocultación.

K., o protagonista d'O castelo, ten de loitar para sobrevivir nunha atmosfera que se fai irrespirábel. Como é, que é o que pasa no aire para causar semellante afogo?

"O aire deste lugar non está libre de todo o frustrado e o xa madurado en demasía, que aí se mesturan de forma tan malsá". Quen así o describe é Walter Benjamin, o mellor pescudador sensorial da historia, no seu estudo sobre Franz Kafka.

Non perciben unha semellanza histórica no cheiro? A mestura de todo o frustrado e do que madurou de máis, do que podreceu. Frustración é podremia.

Poderiamos facer un relatorio de todo o frustrado e todo o podre. Mais o que ten o caso Novakafkagalicia é esa condición de ser a un tempo realidade frustrante e metáfora podre.

Pasou o que pasou e algo máis pasou. A mestura de frustración e podremia non chegaría tan lonxe sen o silencio.

Houbo silencios de todo tipo. Mais, en conxunto, un gran silencio. Con raras e algunhas veces valiosas e valentes excepcións. Dado o ambiente simbolicamente bélico entre Nórdicos e Suristas, houbo sen dúbida unha parte de silencio ben intencionada. Xa sabemos dos pirómanos profesionais e do éxito que teñen. Eses que encirran a xente, que levan décadas producindo odio entre A Coruña e Vigo, e logo aínda son loados e imitados.

-"É vostede da Coruña?", díxome un día un taxista vigués moi emprendedor, na época triunfal do vazquismo. "O que nos fai falta en Vigo é un alcalde como o que tedes vós. Un como Vázquez!"

-"É un artista! O ben que vos puxo os cornos!", respondín sen querer, aínda que o home entendeu a retranca.

O caso é que esoutro silencio pacificador, de laissez-faire, laissez-passer, foi contraproducente. Un silencio provinciano, que non facilitou unha saída operativa, imaxinativa, senón que se interpretou como permisiva indiferenza polo labor dos que tiñan a misión de fusionar e dar unha segunda vida, máis vizosa, á entidade financeira máis importante de Galicia. Aquí hai responsabilidades moi claras, mais tamén cómpre unha fonda autocrítica no noso mester de informar e opinar.

"O silencio é a maxia do demo", escribiu o existencialista Soren Kierkegaad. E engadía: "Canto máis profundo é o silencio, tanto máis terríbel e o demo". Así que pasou o que pasou. E algo máis do que pasou. A contaminación do ar por todo o fracasado, todo o podrecido.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2011 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
OS INEPTOS DA PONTE DE VERXELES

A definición de “inepto” esta crara : Non apto para algo, necio ou incapaz. Tamén:
non fai nada a dereitas, é un verdadeiro inepto. Pero cando falamos en prural a cousa e ainda mais doente si cave.
Cando, tarde mal e arrastro o tren chegou a Viveiro foi necesario a construcción dunha ponte sobre a estrada que vai a Lugo por A Gañidoira, era xa raquitica cando a fixeron, e eso que o tráfico rodado brilaba pola súa ausencia, con casi un século as costas a cousa non tiña por donde collerse, A zona de Xunqueira e Verxeles quedou aillada por un paso peatonil de 30 cm, e nin na dictadura donde os nandamais de Viveiro eran nomeados polo gobernador a dedo, nin na democracia non tivemos naide con dous dedos de frente que solucionase o embrollo. Houvo acidentes, protestas, reclamaciuons pero a o parecer era mais importante construir paseos maritimos que facer unhas aceiras para comunicar os veciños de Xunqueuira e zona interior con a capital do concello.
Un grave accidente e as reclamacions da Asociacions de veciños de Xunqueira fixeron , por fin que existise unha promesa, vendida con bombo e charanga de ampliación do ponte de Verxeles, dixose que iva a ser moi “bonito” e que seria como “Un monumento que daria a benvida a Viveiro”.
Os donos do ponte e do desaguisado son esa segunda marca de ferrocarris que ten o Estado Español con o nome de FEVE, donde hai mais chorizos que en Cantimpalo, e quen a o parecer , xunto con a Diputación Provincial e O Concello poñerian os cartos para a ampliación da mencionada ponte.
“Do dito ao feito hai moito treito” di o refrán, e nunca mellor doito, na realidade o que xurde e un monumento a os INEPTOS, donde gastase tanta polvora para pouca festa, a ponte e fea e raquitica, aceras de pouco mais de un metro xa que poñen baculos nelas, e por mor de non sei que cazicadas e choriceos nin siquera se tira o soporte de un dos lados da vella ponte, que queda, esteticamente como unhos cornos a un gato.
Si os responsables tivera “sentidiño comun” aproveitarian a obra para prever o futuro, seria mais ancha, algo mais estetica e con mais etica. Pero nin os mandamais de FEVE, que xa son coñecidos por estas leiras por deixar coller para a iniciativa privada un pedazo de estacion e outros chanchullos varios, nin A Diputación, nin o Concello que teria que ser quen exixira unha obra digna en defensa dos seus veciños fan nada ao respeto, con moitos ineptos e sin remedio quedara esta chapuza como “benvida” a Viveiro trais pasar por A Gañidoira
Otero Regal
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2011 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal