A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O LIDER POLITICO FAISE, NON NACE
Odiados, admirados, criticados, plaxiados, traizoados, clonados, esquecidos, recuperados, diseccionados... Non debe ser fácil a vida do lider politico. Case peor que a do sexador de polos, eses que deben escoller entre a vida e a morte de centos de inocentes criaturas de ollos grandes. A pesar diso, cada vez hai máis persoas que aspiran a ser lideres, lideriños ou “cagabandurrias” politicos.
Nin dianteiro centro, nin actor porno, nin vendedor de enciclopedias. A mocidade actual aspira a ser lider no asunto de administrar os cartos e os miolos de “XAN POVO”.
Pero hai unha pregunta case tan complicada como as características que debe reunir unha camiseta para ser usada como pixama. Como se fai un de estes lideres?.

Eu non o sei. Porque por desgraza eu non son un lider de eses. Pero como coñezo a unhos cantos que pensan que o son, anotei algunhas ideas que talvez lles sexan de utilidade.

Leve sempre a contraria: Se di o mesmo que di a xente, non é vostede un lider nin e naide neste mundo. Vexámolo cun exemplo práctico. Se todo o mundo considera que as croquetas de bacallao da avoa están de morte, o lider atópaas demasiado salgadas. A norma sempre debe ser esa: Virar no sentido contrario ás agullas do reloxo.

Todo está a piques de cambiar: Un lider debe convencer a todo o mundo que nada será como antes. Que os tomates saberán a tomates, que as hombreiras poranse de moda, que os médicos tomaran clases de caligrafía ou que os abrefáciles abriranse facilmente. Máis que nada porque se o lider vende que todo seguirá igual, non son necesarios os servizos do horóscopo do periodico para que anticipe o futuro. Empezan todas as intervencions e rodas de prensa da mesma forma. "Boas noites, grazas por invitarme. Silencio. Nada será como antes. Silencio".

Creé o seu club de admiradores e “Claqueiros”: Un lider seña da aldea, parroquia, concello ou comarcal só o sera se ten seguidores. Para elo non hai que traballar moito: Leve a contraria, vaticine un apocalipse e insinúe unha conspiración e verá como de forma automática créarase un grupo de apóstolos, cada vez máis grande, tanto, tanto que ata poda gañar as próximas eleccions, cousas mais difíciles vironse neste norte de Lugo.
Otero Regal


Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2010 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
E...ZAPATERO COLLEU O BIC

Parece que Zapatero tomou unha decisión que, de saírlle ben, podería augar a festa a quen estaban tomando medidas nas habitacións da Moncloa para encargar os mobles a medida de rexistrador de propiedade, mentres dormitaban cal marmota, á espera da primavera que lles levase ao goberno.

Os dous anos de lexislatura demostraron que a súa decisión de contar cun goberno de baixo perfil político estáballe custando moi cara. Todos os golpes recibíaos el polo seu marcado personalismo e iso ía en claro detrimento da súa popularidade e prognosticaba unha hecatombe electoral.

Ahora decidiu dar un golpe de temón de gran magnitude, quitando do goberno peóns que, ou deixaron de ser útiles, sufrían un desgaste excesivo ou, simplemente, contentarán a algúns voceiros da dereita. A cambio temos un goberno cun marcado perfil político, adecuado para xestionar dous anos que se prevén moi duros e para os que Zapatero necesitará fajadores expertos como Rubalcaba.

O reforzo no papel de Alfredo Pérez Rubalcaba, a repentina (que non sorpresiva) aparición dun peso pesado como Ramón Jaúregui, xunto co nomeamento de Leire Pajín, dan un perfil moito máis político a un gabinete que necesitaba renovarse e aparecer con facianas que mostren que agora toca a política para enfrontar os próximos retos.

Xunto con eles, os nomeamentos de Rosa Aguilar e Valeriano Gómez, tratan de facer crible un posible xiro á esquerda tras moitas viraxes equivocadas á dereita, probablemente esperando ese momento que se ansía próximo, no que se poida empezar a xestionar unha situación económica máis favorable.

A pesar de que a remodelación paréceme acertada en liñas xerais, creo que debo porlle dous peros de certa entidade: a) a desaparición do Ministerio de Igualdade e da Ministra Bibiana Aído, que por máis que se trate de vender que non desaparecen as políticas, o feito de eliminar o ministerio, fai que unha iniciativa tan aplaudida desde a esquerda quede en nada, para satisfacción dos voceiros da dereita, habituais reclamantes da cabeza da ministra, precisamente por non crer nas políticas de igualdade que tan ben xestionou a antes inexperta Aído, e b) a eclosión de Leire Pajín, cuxos méritos sonme alleos, si en cambio a súa manifesta e mellorable xestión en asuntos de partido. Recoñezo que non son un fan de Pajín e creo que ese ministerio podería ser asumido por persoas con maior perfil político e profesional, abandonando dunha vez por todas esa tendencia tan hispana de premiar fidelidades.

É evidente que a maioría poderá estar en desacordo co meu breve e sintética análise dun asunto que hoxe está de rabiosa actualidade, pero creo no que escribín. Satisfaime que, por fin, empécese a dar un perfil político á xestión politica do Consello de Ministros, deixando as cuestións técnicas aos técnicos. Facía falta este golpe de temón porque fai falta explicar o que se fai e, ademais, gañar credibilidade ante os cidadáns, e iso só se consegue con políticos expertos con capacidade de comunicación. Ademais necesitábase un certo xiro á esquerda, abandonada polas indicacións do FMI, o que me soa moi ben e abre en min unha fiestra ao optimismo, no sentido de que pode ser o principio do fin de certas políticas neoliberais grazas a que podería empezar a divisarse a luz ao final do túnel no que nos atopamos desde finais de 2008.
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2010 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
DESPRESTIXIO DOS POLITICOS
Asustados ante a deterioración do sistema, preocupados polo profundo afundimento da súa imaxe e quizais atemorizados porque o sistema que lles garantiu ata agora poder e privilexios poida virse abaixo, algúns políticos desta terra pretenden agora "facer algo" para deter o profundo deteriororo dunha democracia, na que cada día cren menos cidadáns.

Basta darse unha volta por os medios para darse conta que os políticos dun e outro lado ideoloxico perderon o aprecio da cidadanía e que o seu prestixio e imaxe caen en barrena, o que representa un drama non só para a política, senón tamén para a convivencia, a xustiza, a paz e o futuro do país.

Quen o guste das encuestas as do Eurobarómetro da Comisión Europea, segundo o cal o 88% dos españois considera que a corrupción é un problema “serio” en España e para o 70% dos cidadáns o soborno e o uso do poder para obter beneficios privados está estendido na clase política.

O que revelan as enquisas é certo: os políticos son xa para os cidadáns o cuarto gran problema, por diante do terrorismo. O crecemento do rexeitamento á caste política fará que axiña sexan considerados o primeiro gran problema, por diante, ata, do desemprego, do que eles e a súa ineptitude son os principais culpables.

Pero, temome, que máis que un movemento sinceiro de rexeneración, o que os políticos pretenden é "cambialo todo para que todo siga igual" que decia Lampedusa no Il Gatopardo mediante un superficial pacto "contra a corrupción" que, sen dúbida, será inutil.

O problema maior non é a corrupción, senón o mal goberno, dende os concellos, autonomias e estado, a ineptitude e a irresponsabilidade dos seus dirixentes, que levan anos fracasando na xestión da "cousa pública", enfrontándose mutuamente, insultándose e ofrecendo aos cidadáns un espectáculo vergonzánte e nada democrático.

Que o que eles chaman "democracia" non é unha democracia real senón unha partitocracia onde o cidadán xa non pode exercer o control dos seus representantes, donde o sagrado dereito a votar, garantido pola Constitución, foille escatimado ao cidadán, ao que se lle impuxeron esas "listas pechadas e bloqueadas" nas que quen elixe o a elite dos partidos, sen que o militante de base nin o cidadán poida tocalas, reformalas ou sequera tachar un nome.
Otero Regal



Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
PROFESIONAIS DA POLITICA
Na práctica, a día de hoxe, e o sucedido en Madrid dame toda a razón do mundo, os partidos políticos son organizacións burocratizadas onde quen teñen o poder son, por así chamalos, “os funcionarios do partido”. Estas persoas viven instaladas, como consecuencia diso, nunha lóxica de funcionamento que prima os intereses e equilibrios orgánicos fronte á implicación social. A dirección dos partidos ha de ter contenta a esta masa de militancia, que supón unha porcentaxe importante e que, ademais, é a máis activa e implicada, con toda sorte de pactos e reparticións de poder, e a iso dedica gran parte do seu tempo e actividade.
A proxección social é o de menos. Gañar eleccións, ata, tamén, pois se pode vivir ben, se tes o teu espazo no partido fortificado, na oposición. Moi ben, de feito, e se non miren a lista da ejecutiva provincial de Lugo.
A apertura para permitir a participación de colectivos sociais ou de persoas con preocupacións de tipo cívico, brila pola sua ausencia. E, como resultado de todo iso, confórmanse unhas elites burocratizadas, que apenas fixeron outra cousa na vida que vivir na estrutura do partido (e da estrutura do partido), sen excesiva formación, sen experiencias vitais ou laborais máis aló da dinámica apuntada. Unhas castes de partido que, ademais, están dispostas a facer calquera cousa para conservar os seus espazos de poder, por pequenos que sexan, concelleiro, alcalde, diputado provincial…. xa que lles vai a vida (case literalmente, pois lles vai a forma de gañarlla) niso. Fronte ás que outro tipo de persoas, nun fenómeno que retroalimentase, acaban entregando a bandeira branca. Porque calquera con outras opcións, formado, capaz, con ofico ou expectativas profesionais acaba chegando a un punto en que decide que non lle compensa ter que pasar por segundo que aros e acábase largando. Só unha extraordinaria vocación de servizo público, que indubidablemente conservan algunhas persoas (¡si, ata nos partidos políticos quedan entusiastas vocacionais!), pode compensar as ganas que dan de largarse cada dúas por tres cando se coñecen as interioridades da vida de partido. E, como consecuencia diso, as burocracias internas infestadas de “profesionais da política” cada vez son máis monolíticas. Basta botar unha ollada ás planas maiores dos grandes partidos, ou á executiva de calquera deles en non importa que Comunidade Autónoma, pobo ou cidade, para entender de que estou falando.
Un, confesollelo son militante dun partido donde pasa todo o que aquí digo ¿Tirarei a toalla?
Otero Regal



Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
A LITERATURA DE VARGAS E A POLITICA DE LLOSA

A verdade é que os da Academia Sueca teñen vocación por sorprendernos cada ano. Cando empezan a soar vacas sacras se decuelgan cun nome case descoñecido, e este ano que os comentaristas rebuscaban en autores de Kenia, de Xapón ou norteamericanos que non soasen tanto outras veces, van e danllo a Vargas Llosa, que leva anos nas quinielas e que a estas alturas un pensaba que lle ía a pasar como a Borges, que sempre soaba pero que nunca llo darían. Vargas Llosa atrae opinións diversas en canto aos seus posicionamentos políticos e ata intelectuais. É normal en quen atrevese con todo, sempre a gran nivel. Eu mesmo non estar de acordo con algunhas das súas ideas, pero o que ninguén discute é a súa enorme calidade literaria como novelista e a profundidade e lucidez das súas obras de ensaio literario. É máis, hai que buscar moito para atopar hoxe un crítico literario da súa envergadura. Na nosa lingua non o vexo e creo que tampouco máis aló. De maneira que esta vez o premio vai para a Literatura, sen implicacións étnicas, políticas ou reivindicativas de ningua clase. E iso tamén está ben de cando en vez.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
O BAR DA RAMONA
O BAR DA RAMONA
Un amigo contoume un conto, non dos da “Boa pipa” sinón un deses contos que ben podian facer bulto nunha antoloxia do “Sentidiño comun” da literatura falada o lado da lareira de un povo galego. Trata de o por que da CRISI.

"Ramona é a propietaria dun bar n zona do porto da Coruña. Como é natural, quere aumentar as vendas, e decide permitir que os seus clientes, a maioría dos cales son alcohólicos en paro, beban hoxe e paguen outro día. Vai anotando nun caderno todo o que consomen cada un dos seus clientes.. Esta é un xeito como outra calquera de concederlles préstamos.

Moi axiña, grazas ao boca a boca, o bar de Ramona empézase a encher de máis clientes. Como os seus clientes non teñen que pagar ao instante, Ramona decide aumentar os beneficios subindo o prezo da cervexa e do viño, que son as bebidas que os seus clientes consomen en maior cantidade. A marxe de beneficios aumenta vertiginosamente.

Un empregado da caixa de aforros mais perto, moi emprendedor, e que traballa de director da cousa, dáse conta de que as débedas dos clientes do bar son activos de alto valor, e decide aumentar a cantidade do préstamo a Ramona. O empregado da caixa non ve ningunha razón para preocuparse, xa que o préstamo bancario ten como base para a súa devolución as débedas dos clientes do bar.

Nas oficinas do banco os directivos converten estes activos s en “Bebida-bonos bancarios”. Estes bonos pasan a comercializarse e a cambiar de mans no mercado financeiro internacional. Ninguén comprende en realidade que significan os nome tan raros deses bonos; tampouco entenden que garantía teñen estes bonos, nin sequera se teñen algunha garantía ou non.

Pero como os prezos seguen subindo constantemente, o valor dos bonos sobe tamén constantemente. Con todo, aínda que os prezos seguen subindo, un día un asesor de riscos financeiros que traballa no mesmo banco (asesor ao que por certo despiden de súpeto por mor do seu pesimismo) decide que chegou o momento de demandar o pago das débedas dos clientes do bar da Ramona.

Pero, está claro, non poden pagar as débedas. Ramona non pode devolver os seus préstamos bancarios e entra en bancarrota. Os “bebida-bonos”? sofren unha caída dun 95% do seu valor. As compañías que provén ao bar de Heidi, que lle deron longos prazos para os pagos e que tamén adquiriron bonos cando o seu prezo empezou a subir, atópanse nunha situación fodida.


O provedor dos viños e cervexa entra en bancarrota, e ten que vender o negocio a outra compañía da competencia. O goberno intervén para salvar a caixa, tras conversacións entre o presidente do goberno e o líder da oposición. Para poder financiar o rescate da caixa, o goberno introduce un novo imposto moi elevado que pagarán os abstemios."
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2010 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal