A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O OVO DA SERPE
As condicións para un novo horror -o ovo da serpe- téñense que previr para evitar o mal. Henrio de Man sostiña que o auténtico socialismo é unha vontade ética de aposta pola liberdade. Cría que, por iso, a igualdade de oportunidades era esencial. Pola contra, como é coñecido, o nazis, os Estalinistas e os fascistas pisaron os principios da igualdade e da liberdade na Europa de antes da Segunda Guerra Mundial.
Na década dos 30, falamos do século pasado, algúns intelectuais liberais cunha intensa preocupación social souberon manterse afastados da ameaza totalitaria. A tentación dos réximes dictatoriais nunca conseguiu atrapalos, porque estaban convencidos de ter que estar do lado da liberdade. E digo “tentación” ao considerar que os totalitarismos presentaban ofertas enganosas e atractivas para esconder a horrible escuridade que xeraban nas entranas.

Quizabes o fascismo e demais compañeiros de viaxe ideolóxico non volverán. Pero as condicións para un novo horror -o ovo da serpe- téñense que previr para evitar o mal. Este é un deber cidadán de todo o mundo. E as problemáticas sociais, económicas e culturais téñennos que facer estar máis alerta ca nunca diante a tentación totalitaria. Algunhas das ideas que abriron o camiño dos campos da morte e que fixeron posible o fascismo, o estalinismo e o nazismo serían: considerar o territorio da comunidade imaxinada dos mortos, dos vivos e dos non nacidos como cousa propia, utilizando o termo propio en sentido destrutor e excluínte; racismo; mentir vilmente para derrocar os representantes políticos democráticos; definir a situación política como catastrófica constantemente; presentarse como salvadores da apoteose que anteriormente anunciaran; máis racismo; ou brutalidade dialéctica.
En 1936, non obstante, moitos tiveron valor para manterse ao lado da democracia e da liberdade. Acertaron, porque despois chegaron os tempos de corrupción, represión, dos berros e terror, dos campos da morte, dos exterminios e da guerra mundial. Hoxe, a experiencia daqueles días obríganos a apartar e marxinar as sombras fascistas, porque as pantasmas do pasado só serían capaces de traer días de desconsolo. Non só para os outros e abondo, senón para todos e para todas. Quen quedaría para defendernos cando viñesen a buscarnos? O camiño de horror, ás veces, é un lobo disfrazado de cordeiro, unha tentación enganosa chea de vomitivo ácido sulfúrico para aniquilar a democracia e a liberdade.
Otero Regal
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2009 08:05
# Ligazón permanente a este artigo
¿DE ROEL OU DE AJA?
A principios do século XX, á saída do Gran Teatre del Liceu en Barcelona, os partidarios de Wagner e os de Verdi enzarazabanse en violentas discusións sobre cal dos dous compositores era mellor. Aos argumentos artísticos seguíanlles, en moitas ocasións, insultos que derivaban algunha vez en labazadas.
Aqui en Viveiro, contan as cronicas das peleas politicas e tamen aderezadas de puñetazos entre os conservadores e os republicanos do medico dos pobres.
É que somos así. Sempre nos gustou discutir e tomar as cousas á tremenda. Se enriba engadimos que por algún defecto xenético, non percibimos a cor gris, sempre temos que apuntarnos aos de negro ou aos de branco,os do roxo ou o azul, pero iso do termo medio, como que non está feito para nós.
O que pasa é que hai poucos anos, era máis doado tomar partido ante as disxuntivas: eras de Ciencias ou de Letras, de dereitas ou de esquerdas, de viño ou de cervexa, de mar ou de montaña, do Madrid ou do Barça (con permiso do Celta e o Depor), de louras ou de morenas, de carne ou de peixe, de parqué ou de gres, de alfombra ou de moqueta...
Non obstante agora... ¿ ¿ alguén pode dicirme que criterio debo seguir para saber se son de Roel ou de Aja??? É que a dúbida me está a afogar, coño xa.
Comentarios (28) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
FERRER I GUARDIA ASESINADO FAI UN SECULO
Ferrer i Guàrdia, Asesinado fai un seculo

Fundador da Escola Moderna anarquista con ideas propias, activista social e pedagóxico, Francesc Ferrer e Garda foi fusilado nos fosos de Montjuïc o trece de Outubro ,hai exactamente un século.

Despois dun Consello de Guerra máis próximo a un simulacro que a un xuízo, recordemos aquello tan manido de “A XUSTICIA MILITAR E A XUSTICIA COMO A MUSICA MILITAR E A MUSICA” impúxoselle a pena capital por instigar supostamente os feitos coñecidos como a Semana Tráxica.


Todo o mundo sabe, e todo o mundo sabía entón, que non tivera ningunha participación, pero a súa actividade e as súas ideas eran insoportables para os que dominaban, e de que xeito, a sociedade da época, sobre todo a educación que salvo excepcions como a que el creou, estaba en mans da iglesia catolica.

A Escola Moderna promovida por Ferrer funciona intermitentemente en Barcelona dende 1901 ata 1909, período no cal se clausura repetidas veces e sofre a persecución dos sectores políticos e relixiosos máis conservadores da cidade. Tivo escolarizados máis dun centenar de nenos de ambos os dous sexos, practicándose así a coeducación, algo inédito naqueles tempos, complementándose con charlas e Universidade Popular para os adultos, recitais e teatro. Nas súas aulas non se impartían ensinanzas relixiosas pero si científicas e humanistas, fomentábase a non competitividade, o pensamento libre e individual (é dicir non condicionado), o excursionismo ao campo, e o desenvolvemento integral do neno. Durante todo o primeiro terzo do século XX, decenas de escolas e universidades populares seguirían as formulacións ferrerianos da Escola Moderna.


O acto militar represivo de fusilalo foi un axustar as contas cos que non se sometían, unha advertencia ao conxunto do movemento obreiro sobre a ausencia total de tolerancia e de compaixón.


A indignación que prcorreu o Mundo cualificouse como axitación antiespañola. Fóra de España, protestouse de forma masiva, en Bruxelas, París ou Roma, contra ese "asasinato legal", auspiciado por "o clericalismo e os seus aliados militaristas", que facía renacer a Inquisición. "O seu crime é ter fundado escolas", sentenciou o escritor francés Anatole France. "Escolas libres", como escribiu Ferrer, onde os nenos estudasen "as causas que manteñen a ignorancia popular". Era pedir demasiado naquela España de 1909. Tampouco a República, dúas décadas despois, puido logralo, proba do áspero que foi o conflito en torno ao ensino e á creación dun Estado laico. E neso ainda estamos tamén neste norte galego.


Creo que é necesario recordar o asasinato de Ferrer e Garda, para ter ben claro que as ideas non se matan cos fusís, e que só se pode combater, se fai falta, con outras ideas.
Otero Regal
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2009 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
ESPERADE QUE AS VIVENDAS TEÑEN QUE BAIXAR MOITO MAIS
E non o digo soio eu, entre outros asegurano o economista xefe de Estándar & Poor's, David Wyss, cre que os prezos do mercado inmobiliario en España aínda baixarán máis antes de axustarse ao nivel de renda media dos cidadáns españois. E é que cre que a burbulla inmobiliaria do país é "mesmo maior que a de Estados Unidos".

Non creo que os prezos aínda rexistrasen unha corrección suficiente como para rematar cos problemas en España", asegurou hoxe o analista, responsable das previsións económicas desta axencia de cualificación de risco con sede en Nova York.
Unha gran burbulla

Wyss argumentou que España "foi un dos países que máis problemas tivo en Europa, fundamentalmente porque tiña unha burbulla inmobiliaria mesmo maior que a de Estados Unidos".

"O conxunto de Europa parece estar a recuperarse moi na liña de como o está a facer Estados Unidos, pero creo que aínda veremos aos países máis afectados e coas maiores burbullas inmobiliarias, como España ou Irlanda, avanzar moi demorados do resto", explicou o economista.
A pesares de que as gruas seguen dominando,algo menos, eso si, o paisaxe das nosas vilas e pequenas cidades, e que os promotores aseguran que non baixaran os pisos o americano di que, esa situación "vaise prolongar un pouco", segundo Wyss, quen comparou a corrección de prezos en España coa de Estados Unidos, onde estes xa baixaron o suficiente como para axustarse ao nivel da renda persoal.perto do 40%, aqui as
Vivendas seguen ser demasiado caras.

"En España os prezos seguen sendo moi altos", apuntou o economista o mesmo día en que se publicou que o prezo da vivenda libre nese país caeu en setembro o 8,3% respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón o menor descenso interanual dende novembro de 2008 e confirma a tendencia á moderación no ritmo de baixada do valor dos inmobles.

Respecto a decembro de 2007, cando a vivenda alcanzou o seu valor máximo en España, o descenso acumulado alcanza xa o 13,7%, segundo o Índice de Mercados Inmobiliarios Españois (IMIE) publicado hoxe pola sociedade de taxacións inmobiliarias Tinsa.

Dende entón as vivendas na costa mediterránea abaratáronse o 18,7%, por enriba das das grandes cidades (14,9%), as áreas metropolitanas (14,8%), Baleares e Canarias (11,9%) e o resto de municipios (11,6%).

O Fondo Monetario Internacional (FMI) tamén apuntou recentemente no seu informe Perspectivas Económicas Mundiais que o prezo da vivenda en España rexistrará un gran descenso baticinan que perto do 40%, asi que GALEGOS NON COMPRAR QUE VOS VOLTAN A ENGANAR.
Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
QUEIXANSE TODOS
Quéixanse os empresarios hoteleiros, os taxistas, os filósofos no paro, os asasinos a soldo, as taxidermistas vocacionais, don Xusto do segundo terceira, os árbitros de Segunda B, os curas con crise de fe e os que sempre soben ao carro. A suba dos impostos lévanos á ruína. Para non ser menos, algúns dos meus viciños de ideas están que trinan coa proposta impositiva que presentou o Goberno. Presinto que isto é o inicio dun intercambio de golpes dialécticos, propios da Primeira Guerra Mundial coas súas liñas Maginot e todo.
Xa teremos tempo, polo tanto, de entrar en matices, pero para ir abrindo boca, vanme permitir que lles remita o meu particular decálogo, escrito a ritmo de cha cha cha, isto é, de 140 carácteres por barba. Abran lume.
1. Este Goberno fixo dúas apostas no medio da crise: medidas keynesianas e cobertura social. E iso págase con máis impostos.
2. Se o incremento de dous puntos no IVE suporá (dinnos) unha caída do consumo, por que unha inflación en negativo non estimulou o consumo?.
3. Xa saben que o 50% do IVE se vai ás comunidades autónomas, de maneira que é unha forma de dotar de recursos á estrutura territorial, o noso presidente galego vai a renunciar a eses cartiños?.
4. Para os que vaticinan unha caída da competividade, podo tranquilizalos: Seguimos sendo un dos países europeos co IVE máis baixo, Portugal incluido.
5. Se a ditosa medida dos 400 euros era un inmenso erro, eliminar a medida debería ser un acerto.
6. Cando falamos da clase media, falamos da inmensa maioría da sociedade. E se o obxectivo é recadatorio, dalgunha forma hai que tocar os petos desa clase media.
7. Quero recordar que os que sofren (de verdade) a crise non son as clases medias, senón os que foron excluídos do sistema laboral. E gustaríame pensar que o Estado se ocupa esencialmente deles.
8. O incremento no imposto de capitais é un acerto. Modificar o SICAV sería, simplemente, un xesto de cara á galería sen transcendencia recadatoria.
9. España non pode permitirse un déficit que poña en perigo a súa credibilidade internacional. O dano que faría unha perda de confianza nas contas públicas sería irreparable.
10. O que dá carácter redistributivo a un modelo fiscal non é a forma como recadamos os impostos, senón o gasto público.
Asi que amiguiños a acoquinar que o malo non e pagar sinon en que se gastan os cartiños que pagamos, por exemplo eu pagaria mais a gusto si eses cartiños foran para facer a circunvalación de Viveiro que agora os “ delfins “do PP din que é moi cara e non en facer eses mortos do Gaias en Santiago que chaman Cidade da Cultura.


Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2009 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
¿E DO MEU QUE?
Está era (e é) a frase adecuada para facer referencia a algún tipo de "débeda" pendente entre os interlocutores. Pero en xeral, a frase expresa unha forma "discreta" de esixir unha contrapartida por algún "servizo" prestado. O matiz "delituoso" da expresión non só é evidente senón que xa forma parte da picaresca habitual nestas terras donde vivimos.

E en aplicación directa do parágrafo anterior, os partidos politicos poboáronse de "mendicantes" que van preguntando " Que hai do meu? " á pléiade de seguidores que cren que serán capaces de materializar esa petición en forma de beneficio. E para colmo, sen dar nada a cambio.
É a forma 2.0 de facer "tráfico de influencias".

E non é que haxa que facer as cousas esperando recompensa. Pero o beneficio ha de ser mutuo. E non o é, pero os mendicantes fanche crer que así é. E crelo. É o que se chamaba en tempos da peseta "dar pesos a catro pesetas".
Ti fas o traballo e eu lévome os beneficios. Porque se fixese eu mesmo o traballo, sería desenmascarado. Así que disfrazo as miñas auténticas intencións egoístas de forma que pareza que, no fondo, vos fago un favor.

É certo que o tempo en que vivimos modificou un pouco as linguaxes e as canles e formas de difusión. Pero non tanto como nos queren facer crer. Teñen cambiando as palabras para definilos, pero non o significado último: o pelma segue sendo pelma aínda que lle llemen "cargante"; o pedante, pedante, aínda que lle digan "fisno"; o tontolaba, tontolaba, aínda que lle digan "troll"; o discreto, discreto, aínda que lle digan "pagafantas". E o insidioso, insidioso.

Desgraciadamente, e a vida real, sempre hai quen segue o camiño que outros marcan sen saber onde leva ese camiño; e hai quen se aproveita desa corrente para beneficio propio e non para beneficio alleo.
A vida non é unha ONG, claro e non temos mais que ver o carnet, non o DNI, dos contratistas que levan as obras do Plan E nos concellos da Mariña, si o governo e colorado pois, que casualidade, teñen carnet colorado, si son azuis, pois azuis.

Os "voceiros" non piden nada a cambio. Ou polo menos, nada tanxible. Os "mendicantes" malgastan o seu "talento" e transfórmano en moeda de cambio.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2009 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
CHANCHULLOS A DESTAXO
Chamadas ao alcalde de turno para enchufar un familiar, quitar unha multa, conseguir unha reba ixiña nun hotel ou facer a vista gorda cun local comercial irregular; chamadas ao alcalde para acelerar a aprobación dun proxecto urbanístico; chamadas a un axente ao que se lle regalara algo a cambio de favores; chamadas entre conselleiros nas que se pide discreción; chamadas a un concelleiro para comprar a súa vontade por un kilillo... Chamadas, moitas chamadas que de sair a luz do candil destaparian todo un intenso submundo de trapiches e compadreos.
Todas estas combersas de os nosos politicos si sairan a luz servirian para saber por exemplo que un voto se pode comprar por tan só 20 ou 30 euros, que para subornar un concelleiro se pode ofrecer un kilillo (de pesetas ), que hai que insistir moito cos mandamases para acelerar un proxecto urbanístico pola ditosa lei ou que se queres que un alcalde enchufe un sobriño, esta polo menos debe facer un exame decente.


Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2009 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal