A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DECEPCION DE POLITICO
Fai algúns tempo mantiven unha conversación cun político con responsabilidades recentes nun partido que non direi, dun lugar que nunca coñecerán. É unha desas persoas que asume un cargo coa firme intención de arranxar as cousas que non funcionan e a convicción de que sempre hai fórmulas para tentar facelo mellor. A palabra que máis se repiteu entre groloo e grolo de café foi con gran diferencia das outras "decepción".
Decepción por unha burocracia cargada de tecnicismos que arruína a necesidade de rápidas decisións. Decepción pola colmea de avellas e intereses que rodea cada cargo. Decepción polas lentes de sol tinguidas de gueivotas, rosas ou siluetas xeográficas coas que se observa a realidade desde os despachos. E non falo de teorías liberais, progresistas e demais. Non falo de filosofía política, de marxismo, de dereitas, de esquerdas, nacionalistas ou do medio.
Falo de arranxar unha lameira na estrada, de pór unha varanda xunto a unha escaleira, de limpar ben a rúa, de pór unha canasta de baloncesto e outras moitas melloras obvias e indiscutibles nunha pequena poboacion da Mariña nas que un ten que negociar, negociar e renegociar.
Porque a algúns as melloras impórtanlles máis ben pouco se non hai tallada política (ou económica, que non faltan os casos). Porque interesa máis unha historia "escandalosa" para os medios que afunda ao adversario que unha boa solución para un problema. Porque non abunda unha decisión honesta non condicionada polo feito de que unha idea non partiu dun compañeiro de partido. Porque a palabra consenso chea as bocas de todos e, en ocasións, é só unha fórmula de estragar boas decisións para que todos acumulen gloria.
Seguro que algún dos que esqueceu que está ao servizo de quen o elixiron responderá dicindo que utilizo a demagoxia como truco, disculpa de mal pagador e unha de esas palabras que tanto usan cando tentan desacreditar o que fala, di, opina sin cotapisas nin cancelas.
Menos mal que sempre queda ó alcance a man amiga e compañeira que xamais pide nada a cambio, porque se sobreentiende, que non valen nin xestos politicamente correctos, nin ningún outro xesto.
Só existe un sentido e un sentimento, neses momentos que semellan irónicamente a vida, é cando realmente sabemos quen é un amigo real, nos malos momentos, eso é o importante, pois nos bos todo o mundo arrima o ascua á súa sardiña.
Quero pensar que aínda quedan políticos que teñen como primeiro obxectivo mellorar as cousas. Aínda que non gañen as eleccións...
Otero Regal
Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2008 07:48
# Ligazón permanente a este artigo
OS MANDAMAIS DA CAIXA NON QUEREN REBAIXA
A Dirección subiuse os salarios un 69% nos últimos tres anos, coincidindo co cambio de modelo organizativo e de xestión posto en marcha en Caixa Galicia. Nin a crise económica e financeira convenceunos da necesidade de ser austeros.

No ano 2005 arrancaba un cambio de modelo de xestión e organizativo da Caixa de Aforros, un plan con repercusións sociais e laborais que foi denunciado en todo momento dende a CIG, como un proceso encuberto de reconversión e bancarización da Entidade. Agora podemos afirmar que co cambio, a cultura do pelotazo chegou a Caixa Galicia.

A Comisión de Dirección cobra 8.017.000 euros

En total as retribucións totais da alta Dirección de Caixa Galicia, as declaradas ante a CNMV, pasaron de 4.754.000 de euros no ano 2004, a 8.017.000 de euros no ano 2007 (1.333.000.000 das antigas pesetas), un incremento total dos salarios da alta dirección da Caixa de Aforros de Galicia dun 69% no prazo de tres anos.

Este importe é equivalente a un 12% do orzamentado para a Obra Social, 8 millóns de euros en retribucións fronte a 67 para esta última.

Nin o estoupido da crise económica e financeira no ano 2007 foi capaz de impoñerlle austeridade á cúpula directiva da Caixa de Aforros; como xa denunciamos anteriormente ese ano subíronse os salarios un 27%.

Pero a suba do ano pasado non foi excepcional, dende o ano 2004 ata o 2007 as retribucións salariais do persoal da alta Dirección subiron un 51% pasando dos 4.172.000 euros no ano 2004 aos 6.326.000 euros declarados ante a CNMV no 2007.

Maior foi a suba dos compromisos post-emprego, cun 162%. Pasaron dunha achega de 582.000 euros no ano 2004 ata os 1.525.000 euros do ano 2007. Non é posible coñecer o importe acumulado total por estes conceptos, xa que ante a CNMV non figuran declarados os mesmos.

Hai que subliñar que, mentres a maior parte do persoal da Caixa Galicia ten dereito a unha achega do 5% do seu salario para un Plan de Pensións de Emprego, a achega aos compromisos post-emprego da alta dirección sitúase no 24% anual.

Unha retribución moi superior á de Caixanova

A retribución da Comisión de Dirección de Caixa Galicia é moi superior á retribución da de Caixanova que está situada na nada desprezable cifra de 5.379.000 euros. Ainda que non é menos certo que a retribución desta última baixou significativamente dende a "xubilación" de Julio Gayoso como Director Xeral.

Gayoso actual Presidente Executivo de Caixanova, figura que non existe na lexislación galega, non recibe salarios, malia que si axudas de custe por participar nos órganos de goberno da Entidade, non foi posible confirmar si tamén as recibe por participar en Consellos de Administración de empresas participadas.

En todo caso Caixanova na súa Memoria Anual 2007 declara a existencia de contratos blindados, malia que non os declare ante a CNMV.

Cobran dúas veces por facer o seu traballo.

Se no ano 2004 non se declaraban ingresos a favor do persoal da alta dirección de Caixa Galicia por formar parte de Consellos de Administración das empresas participadas, no informe correspondente ao ano 2007 figuran 166.000 euros. Cobran 166.000 euros por representar externamente á Caixa Galicia, un traballo polo que xa reciben o seu correspondente salario.

Para que logo veñan aprobando un Código Ético de obrigado cumprimento para o persoal, familiares e achegados.
CHEGOUNOS ESTO E COMO TAMEN SOMOS CAIXAGALICIA POIS POÑEMOLO, FALTARIA PLUS.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2008 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
CELEIRIÑO ¿COMO EMPEZOU TODO ESTO?
Se un fai unha excursion local a Celeiriño dase perfecta conta que as casas, as rúas, o barrio máis “enxebre “e antigo de Celeiro se foi a tomar por viento, pero ¿como empezou esta desfeita? Pois como todo, mércanse ou herédanse unhas casas do porto e a especulacion e o egoismo trae o resto, suterráneos que asi temos mais garaxes, máis alturas que asi ganamos mais, falta de profesionaidade, etica e estética fan o resto.
As cousas vanse a tomar por saco pouco a pouco, como na vida mesma comenza a caérseche un pelo dous pelos tres pelos cando te das conta estas calvo, comenzas e ver menos, non queres ir ao oculista , terias que ir pero non vas vanche poñer gafas e quedanche mal, as lentillas peor son como unha xelatina nos meus ollos e comenzas a poñer nervioso o ollo tratando de ver que e o bulto que se move na escuridade será unha arbore ou o autobús dos Otero que te vai voltar papilla.
Comenzas a esquecerte das cousas, hernia de disco, contracturas, a columna vertebral feita un cristo, olvidaste de todo, as cousas empezan a ser mais altas maia baixas que cando eras xoven, moitas escaleiras, non me agarres da man que teño reuma deformante, os coches son mais pequenos e daste de golpes con todo, todo che estorba
Os xovenes empúxante, insúltante e cando falas si te deixan, que esa e outra, falas de peliculas que nadie coñece ¿Era muda esa? as tuas cousas non valen para nada, volva para dentro abuelo que fai frio fora …eres un vello chocho que naide respeta e claro tu empeoras a convivencia dicindo, non encendas a calefacion que me veñes os calores prende a calefacion que teño frio, abre a venta, cerra a venta ¿Qué me vades a dar de comer arroz? a min o arroz estriñeme, ou a outra, pero si soio me dades de comer verdura , escagarrizome, o peixe faime mal dame urticaria o polo criano con hormonas, a carne salada faime mal.
E as mulleres osteoporosicas, desgastaselles a cadeira rómpeselles, bastons, sillas , comenzan a tocarse os peitos tódolos dias ¿Dónde esta o bulto, desesperadas,si se quedan sin un peito ahí ven a traxedia faltame algo, vosoutros os homes no no podedes comprender, agarran unha frixidez, non queren facer o amor co marido nin con naide e os homes empezar co da prostata, mexan e voltan a mexar, despois xa non mexan. tes ganas pero nada de nada, falsa alarma, mexas pola bragueta,por todo. eres un vello calvo, cego, sin memoria, roñica, repunante e repelente.
E asi entre que a muller e frixida e o home impotente o asunto xa non e pecado, e un milagre e asi deixado da man do mundo, cagándote encima, sin dentes sin ver nada…estas na cola da caixa para cobrar a pension do mes e preguntaste ¿como empezou todo esto?.
Pois o mesmo sucede con Celeiriño, pouco a pouco, ineptitude sumada a iñorancia, e multiplicada por o “novoriquismo” fixeron que o barrio mais “señeiro da vila portuaria de Celeiro teña que desaparecer sin deixar restos nin memoria.
Otero Regal

Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2008 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
SUPERALO PERO NON ESQUECIDO
O pasado temos que superalo pero non esquecelo asi como van as cousas dentro de nada preguntamoslle o rapaz ¿quen foi Franco? e si é poliglota e sabe de idiomas contéstache : polo en portugues ou era a moeda dos franceses.
Tanto nos tempos da dictadura como agora aquí preso non vai naide, preso so van os que rouban unha galiña , duas patacas ou cartos para un “pico”, entre a xente que manda naide vai preso, todos sabemos do chorizos que foron pero entre eles non se tocan, o primeiro que destapa a ola podrida contéstalle o outro si vostede destapame a miña eu destapolle a sua a de seu cuñado ou a de seu tio e a do seu xefe , porque todo o mundo ten as temporas cheas de merda por igual, e si non as ten él , coñezo moita xente honrrada na politica da bisbarra, pero anque señan honrados e decentes igual teñen que calarse a boca porque teñen que tapar a cazicada do compañeiro de partido, correlixionario ou camarada, por espiritu de partido por espirito de crase “non seria ético anque eu saiba a crase de personaxe que temos connosco”.
Entre eles pelexanse, son amigos, voltanse a pelexar, róubanse as carteiras devólvenas pero aquí non pasa nada, firman pactos, raxan pactos antes eran enemigos agora son amigos e faigan o que faigan aquí nunca pasa nada.
É craro ,a xente de a pé vendo esta comedia dice “Esta terra é Jauja todo o mundo rouba a esportas cheas e aquí nadie vaió cárcere nin devolve o roubado, pero , nin se lles ocurra a vostedes roubar , si non tedes bos padriños compañeiros ou camaradas na poltrona , acabaras no talego en Bonxe ou Teixeiro anque o roubo fose calderilla. sales nos xornais vaise o carallo a tú a reputacion e a túa vida.
Pero o gravee desta situacion real do lugar de donde vivimos é que a xente xoven e non tan xoven que xa naceron en tempos de democracia fixé onse grandes escoitando a palabra democracia e tamén ó mesmo tempo as fazañas de roubos cazicadas e corrupción e asi poden chegar a pensar equivocadamente que a democracia vai unida á corrupcion e eso seria terrible porque non é verdade, desgraciadamente a corrupcion é unha mala cualidade do ser human que existe sempre en tódolos sistemas politicos.
A diferencia, a favor da democracia é que a os gobernantes corruptos incompetentes e necios podemos rescindirlles o seu contrato cada catro anos mentras que a os dictadores, tiranos corruptos non os os sacas de encima ata que o demo os leva, e a algunus tardou casi medio século en facelo
Por eso o teño craro esta democracia boa, mala regular ou peor permiteme falar e escribir cunha liberdade que non tiven nos primeiros trinta anos de vida., fumos alguns quen loitamos por esta democracia, non moitos, din que un 3% da poboacion somente, o 96% restante fixeron a vista gorda á dictadura, miraron para outro lado ou peor ainda limpáronlle o pompis ó Dictador e ó sistema.
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2008 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
OS MIL CELEIRIÑOS DA HISTORIA DE VIVEIRO
Estés do PP teñen mais cara que a espalda de Rambo. Eles con o seu "Honrado" Cesar Aja o frente permitiron mil falcatruadas e ilegalidades en Viveiro e si non son cegos podense ver galiñeiros aticos, retranqueos plantas enteiras de mais, derribo da Casa dos Leons, o da Fonte da Area, Lodeiro e si queren sigo co que se "AREBUÑABA" por esas ilegalidades........... Si eles gobernaran tamen faria o que lle saira dos collons o armador dono do solar de Celeiro donde existian casas para restaurar ou voltar a edificar sin supterraneaos plantas de mais nin gaitas . Asi que non me falen de etica, ¿Donde esta a licencia de obra mair da casa de Aja en Area? donde se tripicou a edificabilidade da obra existente ali.
Estes de ahora son igual de "tontos" e analfabetos funcionais,metenllela doblada e non se enteran, son ineptos sinon non deixarian facer ese mamotreto en primeira linea costeira, Viveiro non tivo sorte nunca cos políticos. eso e certo.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2008 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN CALA OTORGA
QUEN CALA OTORGA
Quen cala, otorga; quien fala de máis, sempre acaba mal,ou "unha imaxe vale mais que mil palabras", frases feitas que están na boca de calquera cidadán, e que non son mais que expresións que negan o valor da palabra.
“Quedanos a palabra” que dicia o poeta, pero noné o mesmo palabra que palabrerío, como noné o mesmo ser conversador que charlatán, nin que embaucador. A palabra é un don que os humáns temos como elemento fermoso para comunicarnos socialmente. o que non quere decir que nos imos a entender, o entendemento e razonamento é pacto.
Neste norte galego e ben emitir opinións e discutir questions, poñer en tela de xuizo o que nos venden, os feitos e desfeitas dos nosos alcaldes e outros responsables politicos, xa que si segue a non facerse a nosa vida politica voltará a responder a aquela pregunta tan vergoñenta e propia da dictadura “¿Qué hai do meu?” que ainda segue a utilizarse moito por estes lares.
Esta mala prensa da palabra débese en gran parte ós políticos, que con falsas promesas envoltas en discursos brilantes ,oratoria e escasa retórica destrúen a pouca fe dos seus gobernados e xeneran unha desconfianza casi atávica que senten ante o reiterado engano. "Feitos e non palabras" “Feitos son amores e non boas razóns”ou "mellor que decir e facer", foron e son esas frase que os politicos repiten constantemente dende as suas poltronas de goberno, usandoas como chave maestra para abrir a caixa forte do voto e do apoio popular.
Contos de Maripepa, venda por correspondencia, operacións inmobiliarias totalmente ilegais, testamentos falsificados ou firmado aproveitandoo deterioros mentaes de tolemia senil, son "xoias" nas corredoiras do museo do medo e a mentira na nosa tradicion mais preto. Sin embargo, a palabra segue sendo o único que temos para explicar quénes somos, qué queremos, o que nos falta ou que nos sobra. A palabra non necesita pilas, nin enchufes, nin cargadores, nin transformadores de corriente nin programas, e o único virus que a amenaza e a propia iñorancia, e a pesimista crencia de que non serve para nada.
Pero. volta a saír un pero, coa palabra, como coa enerxía atómica, as drogas ou a tecnoloxía punta, pódense facer cousas ben fermosas ou cousas terribles, pero sin ela no se pode nin debe vivir. A palabra é irrenunciable, e non usarla ou tela prohibida e unha das peores cousas que nos poden pasar.
"Non é o mesmo popular que populacheiro", "unha cousa e socialismo e outra comunismo", "non e igual nacionalista que nazifascista", "non confundir gordura con hinchazón", "non ten nada que ver crencia relixiosa con fanatismo" ou "non comparemos o conversador co charlatán", son exemplos de cómo os idiomas dan un abano enorme de posibilidades expresivas para que cada un leve agua a seu muiño ideolóxico.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2008 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
A AREALONGA DE NOIS
Eu nacin no punto central do norte da provincia de Lugo un 27 de Xunio do 1952, en Nois, que e o punto equidistante entre Viveiro e Ribadeo e entre a ponte de o Barqueiro e a de Vegadeo.
Fun neno alindando as vacas e chamando o carro nas terras e montes da ladeira do Acibro, acompañei a meus pais a recoller a olga na praia de Arealonga, e tamén a pescar polvos en unhas covas que en marea baixa están nunhas penas no centro do areal, seguin as diversas obras que se fixeron no lugar para evitar os desbarramentos do vial ata o mar, algunhas moi curiosas como o de suxetar a escolleira con aramios que ó pouco efurruxaron e voltou o problema.
Xa non tan neno, a miña curiosidade recaeu na zoa central do esbarramento, ali despois dun temporal, por certo cando facia moito mar os viciños de Demoroi, dician que “bruava” o mar na Arealonga, quedaban troncos e raices de árbores ó descuberto e de cor negro, petrificados, entre eles unha mestura de terra ou barro mouro, moi plastico e tamén caolin e areas de feldespato, xa estando en Barcelona, recollin anacos daquelas terras para facer provas cerámicas con eles, e descubrir que tiñan ata un 90% de materia orgánica.
Ag ora a praia da miña infancia está tódolos dias nos papeis que din que aquelo e un depósito de restos fósiles, de 120.000 anos de antigüidade, e que despois de moitas declaracions en un e outro xeito os organismos implicados, xunta, concello, costas e universidade chegaron a o acordo que permitira protexer as turbeiras da época cuaternaria da praia de Arealonga, que se vían afectas polas obras de acondicionamento do areal que xa estaba executando Costas.
Aquelas terras negras, casi plasticas que de neno descubrin na prai da miña parroquia teñen unha grande importancia xa que son un depósito de turbas negras e grises, de orixe cuaternaria e único no noroeste de España, a través do que se pode interpretar a historia xeolóxica do litoral galego, especialmente a época de última glaciación de Würm.
Así, a intervención da Dirección Xeral de Conservación da Natureza permitiu, a pesar de que o proxecto xa estaba tramitado e iniciado, acadar un acordo que permita conservar o depósito fósil, pero quero resaltar que a miña humilde cuota que aporto cada mes a Adega tamén axudou no asunto xa que a asociación ecoloxista Adega foi quen pediu tamén salvagardar o xacemento. Os traballos de “paseo maritimo” levaranse a cabo na parte oeste da praia, respectando os cantís máis elevados da zona leste, onde está representada toda a secuencia estratigráfica do depósito.
Por fin o “sentidiño comun” que tan pouco abonda cando se fala de paseos maritimos na bisbarra ,aquí ten unha impronta, espero agora que os mesmos organismos recuperen unha liña situada entre A Rapadoira e LLAs donde debaixo de o esquelete dun chalet de novo rico se agacha un anaco dun dos mellores castros da zona.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2008 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal