A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COUSA DE BANDEIRAS, HIMNOS E OUTRAS LERIAS
Cando a festa nacional quedome na cama igual, a música militar nunca me puido levantar. No mundo pois non hai maior pecado que o non seguir ó abanderado
E a xente non lle gusta que un teña a sua propia fe.
Georges Brassens e o autor da cantiga que logo voltou a cantar en castelán Paco Ibáñez, e que dende logo é o mellor resume do resto da miña parrafada deste domingo de outono,donde vou a tratar do manido tema das bandeiras himnos e outras lerias que a trancas e barrancas nos traen politicos e opinadores a orde do dia.
Xa ala por o 1775 Samuel Jonson dixo aquello de que “O patriotismo e o último refuxio dun sinvergoña”, e dende aquela, mira que choveu, pero sigue a ser certo o que afirmou o inglés, esto de utilizar os símbolos debe de ser moi rentabel ou polo menos parecelo dado o empeño que poñen alguns na sua exaltacion.
Deixer xa de xogar coa pelota as emacións e os chamados sentimentos patrios dunha vez. Os mellares símbolos que nos poderían identificar non son as bandeiras, os himnos e demais exaltacions patrioticas, sinon un proxeto comun de traballo, benestar e xusticia que dunha vez nos faiga estar orgullosos como grupo human que se sinta español.
A desvergoña dalguns non ten limites, seguen a envolverse na bandeira como si se tratase dun “Manolo o do bombo” calquera, ahora deulles por o de poñerlle letra a marcha militar que teñen como himno “Marcha de granadeiros”, que xa tivo letra en varias ocasións sin moito éxito, todo hai que dicilo, un recorda a de tempos de Franco feita por Peman a petición expresa do propio “Xeneralisimo” a letra , como todos os himnos, falaba de vellas glorias imperiais e decia aquello de “Alzad los brazos hijos del pueblo español”, ou sexa brazo en alto como saludo español.
O certo é que as letras dos himnos pecan sempre de patriotismo barateiro, o da república tamén tiña algunha perla como aquelo de “ Serenos y alegres
valientes y osados cantemos soldados el himno a la lid. De nuestros acentos
el orbe se admire y en nosotros mire los hijos del Cid. Soldados la patria
nos llama a la lid, juremos por ella vencer o morir. O que é certo e que ademáis de hortera é outra marcha militar.
Este pais ten problemas moi serios e sesudos os que devian prestar atención os politicos: sanidade, educación, vivienda, pensions… o de recurrir o patriotismo e a bandeira ademais de ser intempestivo e unha leria mais.
Con respeto a bandeira, escudo e himno actualmente oficiais de esta nacion de nacions a min , desde logo cheirame a chamusquina pois con escasos cambios, no caso do escudo, son os mesmos que se utilizaron nos casi trinta anos que vivin baixo a bota da dictadura, por tanto non son os meus, nin os de outra moita xente a que os grises lle daban de hostias baixo os mesmos. Tratase de outra asignatura pendente, que quizabes nunca se aprobe, pero a tempos de democracia tamen deberia haber uns símbolos que a significaran diferentes dos que se utilizaron nos corenta anos de autoritarismo desmadrado.
E falando de bandeiras ¿Cómo diferenciabnan no mar a suas bandeiras os de Ribadeo e Viveiro? Si solo se trata de unha franxa de mais, un imagina a situación:“Manolo son nosos, e edespois xa mais perto : arrealles Manolo que non son dos nosos”
Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2007 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
A REMODELACIÓN DO PORTO DE VIVEIRO

Fai unhos días anunciouse a bombo e platiño que se vai a levar a cabo unha das obras mais necesarias, prometidas e reclamadas nos últimos 50 anos en Viveiro, tratase da remodelación do vello malecón , o porto da cidade por antonomasia. Costas ó parecer ten, por fin, proxecto para o porto, semella que tarde, mal e arrastro e ben parece que polas presións que empezan a ter tanto polo actual goberno local como polo anterior e tamén por diferentes colectivos.
Pouco a pouco vamos vendo como a fachada á ría de Viveiro esta sendo modificada sin consultar en absoluto ós veciños, e polo pouco que vamos vendo as decisións non parecen moi acertadas, na maior parte das veces limitase a encher de cemento, plaqueta e gris porriño a veira da ría, con pouco gusto e nula eficacia, e senón que me expliquen porque se ten que voltar a facer as cousas por segunda vez.. O certo é que en todo caso os proxectos nin son expostos ó público antes de executarse o que parece claramente unha imposición onde non parece que poidamos opinar sobre os temas que nos afectan.

Curiosamente parece que Viveiro estivera sempre gobernada dende fora, por un lado a Dirección Xeral de Costas programa onde e como quere as intervencións no concello, pideselle un arranxo do paseo de Covas e anuncian unha intervención no nefasto espigón de saida do Landro, para eso deberían funcionar os gobernos municipais dando alternativas para evitar desfeitas. Por outro lado temos a Portos coa construcción dunhas novas lonxas para os pescadores na zoa de Lodeiro, Fomento e as suas rotondas que priman o aceso a un complexo comercial ante unha carretera de aceso á cidade.

Analizando o estado actual, o evidente é que o porto de Viveiro ten problemas graves que as actuacións programadas non parecen que vaian a solucionar, a primeira é a propia accesibilidade ó porto totalmente estrangulada polo edificio de portos por un lado e a estación de autobuses por outro.

Por outro lado Viveiro carece de aparcamentos, outro dos eternos problemas que co proxeto anunciado, non so non se solucionan, senón que se reducen á metade os que existen na actualidade, tamén carece dunha grande superficie libre, cousa que se evidenciou de novo este ano nas festas cando as atraccións colapsaron todolos ocos da cidade, e deixan convertido nun barracal a praza maior, donde ainda estan os pendellos de unha grada, que dende logo debía poder ser visto por propios e visitantes todolos días de o ano e mais en tempo de veraneo.

A proposta do goberno actual, evidentemente no aire e sen plasmar no papel, en certa medida pode dar solución a varios destes problemas. A continuación do paseo marítimo cun paso subterráneo debaixo da ponte ata o porto deportivo non parece unha mala idea.
Debería aproveitarse a ocasión para dotar dunha grande explanada á vila, onde se poderían instalar sin problema todalas atraccións nas festas, e o mesmo tempo unha enorme explanada para aparcamento de vehículos, concertos....

Finalmente decir co que pretende facer Costas non parece outra cousa que maquillaxe que non vai resolver ningún dos problemas actuais que ten Viveiro, o eterno problema das administracións e a continua delapidación de presupostos públicos en obras que finalmente son inutiles e non responden as necesidades reais dos cidadans. Deste xeito estamos vendo que as famosas "inversións" van ser outra vez unha oportunidade perdida.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
POR UN VIVEIRO LIMPO E ECOLOXICO

Con este articulo dou por acabado o repaso das sinaturas pendentes que teñen os gobernantes locais na miña bisbarra para gobernar sabiamente o territorio de cara a un maior desfrute e mellor vivir e convivir dos seus veciños.
Queda , pois, hoxe o chamado “Medio ambiente”. Si todos estamos de acordo en que e imprescindible recuperar o medio rural tamén estaremos de acordo en que se ten que saldar con el a débeda da administración na dotación de servizos primarios. Todas as parroquias demandan xa un plan de saneamento e traída de auga con garantías de potabilidade, cobertura telefónica de calidade e acceso as novas tecnoloxías como internet (inclusión de todos os lugares no Programa Nacional de Acceso á Banda Larga das Zonas Rurais). E tamén hora de poñer fin a consabida manobra da práctica municipal de desviar os investimentos destinados a infraestructuras rurais cara a outras secundarias nas zoas urbans.
E, necesario que dende o concello se impulsen actividades económicas que non supoñan un deterioro ambiental para consolidar poboación no medio rural. Sectores de futuro como a agricultura ecolóxica ou as explotacións forestais de madeiras nobres, necesitan o decidido apoio da administración municipal que debe implicar a outras entidades como o CIS e as universidades para asesoramento tecnolóxico, loxístico e empresarial. Deste xeito os beneficios poden repercutir noutros sectores económicos como o comercio e o turismo de calidade e crear unha verdadeira rede de emprego verde, termo que non ten nada que ver cos chistes de “Jaimito”, non vaia a ser o demo que se confunda.
O fomento do turismo debe de ser unha aposta polo turismo sostible e non invasivo. Dende o concello se debe traballar pola promoción deste sector e apoiar as iniciativas cara a un turismo ecolóxico que converta a oferta turística do noso concello nunha referencia de calidade que debe estenderse a todo o sector hostaleiro e sectores afins. A contribución da administración pasa por facer un esforzo en prol da conservación e recuperación do entorno , que constitúe o activo principal deste sector.
E certo que dende fai catro anos estase a facer unhas obras de saneamento integral, aínda non acabadas, e que son insuficientes, xa que soio darán servicio a carta parte do territorio municipal de Viveiro, parroquias como o de Galdo, San Pedro, Chavin, San Andres de Boimente e Escourido quedan total ou parcialmente escluídas de ese servizo . AindaViveiro segue a incumprir as directrices europeas en materia de depuración de augas residuais, os núcleos rurais están á cola en cuanto a saneamento. O municipio necesita xestionar un importante investimento para acometer obras de saneamento y depuración das augas residuais para acadar os niveis que esixe a Comunidade Europea, necesario para preservar a calidade e salubridade das augas da nosa comarca. Nos núcleos rurais sería desexable que se adoptaran os novos sistemas de depuración biolóxicas e minidepuradoras.
Tamén debería facerse unha estratexia integral de xestión selectiva do lixo, que abarque todo o territorio municipal, incluíndo as parroquias. O destino do lixo recollido será a reciclaxe e a compostaxe
Por outra banda os municipios teñen tamén que tomar parte no esforzo colectivo contra o cambio climático, pola reducción de gases de efecto invernadoiro e polo aforro enerxético. Este compromiso brila por a súa ausencia en Viveiro e concellos limítrofes, por elo se debía adoptar medidas para diminuír o consumo enerxético no alumeado público e noutras instalacións e equipamentos municipais así como a incorporación paulatina de fontes de enerxía renovable e de criterios de eficiencia enerxética na contratación e adxudicación de servizos, así como bonificar, axudar e asesorar a os proxectos que incorporen a captación de enerxías solar e outras fontes de enerxía renovable e a penalización vía imposto de circulación aos vehículos no profesionais con maior consumo de carburante (todoterrenos).
Xa sei, amigo lector que os conselliños maiormente a os nosos políticos “por unha orella lles entran e por outra lles saen, pero por o menos non terán a manida desculpa de que un non fai mais que criticalos sen aportar ningunha idea ou solución.

Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
O TRAFICO RODADO EN VIVEIRO
O TRAFICO RODADO EN VIVEIRO
A situación actual do trafico e a mobilidade en Viveiro segue a ser catastrófica, aínda que temos promesas, e anuncios no “Diario Oficial de Galicia”, non se ven as solucións por ningún horizonte, por iso, atrévome a seguir cunhas propostas para manter o noso nivel de vida, e incluso melloralo se cave. Desviar o tráfico de paso por Viveiro medíate unha variante é unha medida indiscutiblemente precisa para reducir a circulación, xa sei que se me dirá que esta a cousa ó caer, pero tanto os veciños da pe, como os políticos de Viveiro debían reclamar con mais xenio que este tema se solucionase de inmediato, pois eliminar o tránsito de vehículos pesados e mellorar así a seguridade vial e os niveis de contaminación por CO2 e imprescindible para os cidadáns que vivimos nesta bisbarra. O concello de Viveiro debe comprometerse con forza na execución este proxecto reclamando que se lle dé prioridade a este tramo sobre outros do trazado A Espiñeira- Ferrol.
Segue a ser imprescindible habilitar aparcadoiros gratuítos nas zona de entrada á Viveiro coa finalidade de disuadir a moitos vehículos de entrar na zona urbana para dar voltas buscando infructuosamente donde deixalo coche, ademais deberíase sinalizar mellor e promocionar o aparcadeiro subterráneo da Avda. Da Mariña e se cave, ver de incluír na anunciada remodelación do porto vello un novo aparcadoiro subterráneo.
Viveiro foi unha das primeiras poboacións do pais en peatonalizar o seu casco vello, cando nin en Barcelona, Madrid, Lugo ou Avila se lles pasara polos miolos, Viveiro era peatonal , foi un acerto, pero pouco se adiantou dende aquela, sigue a ser unha anarquía a entrada de vehículos no casco, non se respectan as horas de reparto e calquera “mequetrefe” do concello aparca na praza maior, tal como si tiveran dereito de pernada para tal cousa. E menester, por tanto a peonización real das rúas do casco antigo, que non foron deseñadas e non dispoñen de espacio para acoller vehículos, restrinxindo a entrada de coches ós residentes e vehículos de carga e descarga en un horario restrinxido, como sucede noutras vilas e cidades, esta medida debe de ir acompañada dun verdadeiro acondicionamento destes espacios para o uso público.
Outra leria e a necesaria eliminación das barreiras arquitectónicas que fan intransitables as rúas en case a totalidade do espacio urbano.
Mentres que en case tódolos paseos marítimos, ver Burela, por exemplo se contemplou un vial para bicicletas, aquí tampouco se tivo en conta e necesario facer unha decidida aposta por favorecer o uso da bicicleta, transporte cómodo e sustentable por antonomasia, incluíndo en tódolos novos planeamentos a habilitación do carril-bici e colocando aparcadoiros de bicicleta nomeadamente en zonas escolares e deportivas, así como na praia, o carril de bicicletas sería particularmente útil nas parroquias cuxa poboación dispersa e descontinua necesita de todo tipo de esforzos que faciliten a comunicación. Xa que nas mesmas e imprescindíbel un trazado para uso de peóns xa que actualmente teñen que transitar por estreitas pistas pensadas exclusivamente para automóbiles que circulan axiña e con gran inseguridade para eles para os transeúntes da pé. Pensamos que as parroquias deberían de estar conectadas por accesos seguros e agradables para peóns e ciclistas como condición imprescindible para mellorala comunicación e a integración dos seus habitantes. Avogo pola recuperación para este uso de antigos camiños e congostras, que constitúen unha parte moi esquecida do noso patrimonio e que nos últimos anos, algúns “Listos” fixeron desaparecer para beneficio propio.
E tamén é necesario que se reforcen as medidas de seguridade vial nos tres núcleos urbanos, Viveiro, Covas e Celeiro habilitando en lugares puntuais novos pasos de peóns e instalando mais bandas sonoras elevadas que obriguen nas entradas á vila a reducir a velocidade dos vehículos.
Por ultimo diría que é necesario facer un especial esforzo en mellorar os desamparados medios de comunicación públicos na comarca. En aras da sustentabilidade, a administración municipal non pode deixar de implicarse na reivindicación de melloras no servicio de FEVE, reclamando un tren de mais velocidade e maior periodicidade e promovendo o seu uso. Tamén propoñemos que se fagan xestións para establecer un convenio cos concellos colindantes co obxecto de crear un transporte interurbano fixo que favorecería o intercambio económico, de servicios, e a comunidade de intereses (educativo, cultural, etc) entre os veciños e concellos.

Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2007 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
O FUTURO DAS TERRAS DE VIVEIRO
A comarca natural de Viveiro ou Terras de Viveiro, como gostan dicir alguns reúne moitas das características que débense ter para ofrecer aos seus habitantes o modo de vida lento, sosegado e saudable que se considera o mais axeitado para os tempos en que vivimos. As súas pequenas dimensións e o entorno natural fermoso, extenso e razoablemente conservado a pesar da política e dos políticos que foron son e serán, contribúen a crear as condicións dun hábitat de calidade, que moitas veces non é suficientemente valorado entre os seus veciños. Consideramos que a principal obriga dos gobernos municipais que a trancas e barrancas administran este valioso capital é conservalo pero tamén poñelo en valor, non só cara afora, non só para ofertalo turísticamente ou comvertilo en residencia de xubilados e prexubilados, senón para disfrute dos propios cidadáns. Este modelo de pobos agradables e vivibles exclúe dende logo os proxectos desenrolistas e carentes de “sentidiño común” que equiparan crecemento e progreso, que confunden pequeno con atrasado e que intercambian prosperidade económica por deterioro medioambiental. Pola contra esixe un compromiso, a veces difícil de defender fronte as presións e a iñorancia, por un desenvolvemento sostible e compatible cos valores naturais e culturais que é obrigado conservar.
Por outro lado son determinantes as carencias estructurais e de servizos que concorren para desvirtuar a potencialmente boa habitabilidade dos concellos que forman “As Terras de Viveiro”, entorpecendo a vida dos seus cidadáns tanto nos núcleos urbáns como nas parroquias, creando molestias propias de núcleos de poboación urbáns masificados e desatendendo a elementos que contribúen ao estándar de calidade que é posible ofertar adoptando medidas puntuais e realistas. Empezo aqui o que eu creo que se debe de ter en conta para que o noso entorno sexa unha poboación viva e socialmente san.
Un urbanismo sostibel é fundamentalmente racional. O planeamento urbanístico debe adecuarsex ás necesidades de crecemento real, que na bisbarra non só non existe senón que ano tras ano sofre un importante descenso de poboación. O feito de non incrementar o chan urban vai evitar o deterioro ambiental e favorecer a permanencia dunhas inmellorables condicións de vida para os seus habitantes.
Para garantir este principio, ameazado polas presións de grupos con intereses inmobiliarios e persoas próximas a quen toma decisións nestes procesos, é mester artellar canles de participación cidadá e medidas que favorezan a transparencia na fase de redacción dos planeamentos municipais e na de execución dos mesmos.
Débese apostar por un planeamento urbanístico que atenda ó principio de compactidade fronte ao de dispersión, para elo sería desexable que se lle dera prioridade á ocupación dentro do núcleo urban e á rehabilitación fronte á construcción de nova planta.
É indispensable ademais rebaixar a edificabilidade en parcelas de alta densidade que permite a construcción de catro plantas. Obedecendo a intereses non especulativos do chan, dúas plantas construídas sería un aproveitamento axeitado e harmónico co tipo de edificacións que demanda unha bisbarra de estas dimensións.
É mester atender de xeito coidadoso á estética das construccións establecendo tipoloxías acordes coas tradicionais e coa paisaxe, tendo en conta que a ausencia de criterio deu lugar a o fenómeno do feísmo que non é alleo ás nosas localidades e que ten tamén que ver coa harmonía dos espazos e a boa habitabilidade destes, é que os concellos faciliten de xeito gratuíto os planos para vivendas unifamiliares de nova planta igual que se fai no caso de rehabilitación en Viveiro.
Por último, a administración debe velar por garantir un acceso á vivenda socialmente xusto, non só excluíndo políticas que favorezan á especulación, senón creando solo e promovendo a vivenda de protección pública.
Outro día continuaremos con temas como o tráfico e mobilidade, sostenibilidade, dinamización, emprego e medio ambente.


Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2007 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal