A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SI PAGO QUERO ALGO A CAMBIO
SI PAGO QUERO ALGO A CAMBIO
De volta da capital de Sancozy atopeime a Viveiro revolto, alcalde e concelleiros voltan a ter problemas xudiciais por culpa do ladrillo mal posto e peor pagado, antes foi Cesar Aja, que librou por chiripa e bos abogados da queima e ahora e o seu sucesor na alcaldía Melchor Roel quen ten que estar declarando e xurando por Marx e o neno Xesus que el foi mais bo e xeneroso que o pan de trigo na posguerra.
Pois unha vez tomada nota destas “manganterias”, quero falar de outra cousa : Hai certo discurso recurrente que ten como obxectivo que a opinión pública sentase culpable de todo o que obtén do estado. O resumo é a recorrente frase de que “Hai que afacerse a que papa estado non nos saque as castañas do lume” ou similares. Neste sentido, e dado que todo o mundo mete as palabras sacrificio e austeridade en todos os discursos, estáse a criminalizar a todo aquel que defenda unha sanidade, educación ou xustiza gratuíta ahora que Rajois, Gallardons e Palacios anuncian a marimorena.

O problema é que todo aquel que rexeita o copago, non está necesariamente contra o copago, senón contra o repago, xa que se esquence que os impostos paganse por unha razón, son os cartos de Xan Povo os que pagan determinados servizos. Pois neste caso estamos ante o mesmo lio. Cando escoito segundo que discursos, parece que debería sentirme culpable por esperar algo do estado, (xa sexa sanidade, xa sexa estradas, justicia, educación, cultura); pero é que logo me acordo dalgún pequerrecho detalle.

E non é unha bobada; cando pago algo, (o que sexa), sempre espero algo a cambio. E nisto pódenme chamar de todo, pero cando pago no supermercado, espero viandas; da mesma forma, que no supermercado cando me dan viandas, esperan euros a cambio. Pois resulta que tras as contas do ano, atopeime coa sorpresa de que o maior gasto que tiven eu foi precisamente “impostor”; e isto que tan só contei o I.R.P.F. É dicir; eu non tiven nin un só gasto que superase en termos anuais o importe que destinei a pagar I.R.P.F. Por suposto, se a este concepto súmolle os pagos en IVE, imposto sobre hidrocarburos e outras trapalladas varias, o custo dispárase.

En definitiva, eu pago unha pasta ao cabo do ano; e supoño que non serei o único. E como en todo o que pago, espero algo a cambio. tanta tolemia é?. A fin e a contas é o que espera todo o mundo (normal), de todo o mundo. ou é que os bancos cando pagan un euro, non esperan nada a cambio?.
E isto normalmente considéroo unha estafa. Por agora, eu non me sinto culpable de ser estafado. No meu caso particular, tan só síntome idiota, impotente e un pouco encabuxado porque co que esta caendo, en galego castizo, sintome “cornudo e mallado” tendo ademais que dicir que “chove cando os de arriba mexan”.
Otero Regal

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2012 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
SI VAS A PARIS PAPA….

É difícil enfrontarse ao papel en branco despois de alguns dias de asueto nos que, encima, pasou de todo. Os temas pendentes son demasiados para concentrarse e ser medianamente coherente. A saber: Temos un presidente galegon nacido en Santiago que xa non poderá pagar as súas vacacións en efectivo; un Goberno central que non cumpre as súas promesas na primeira semana na cadeira de brazos azul; un presidente autonómico, asi e como lle gusta chamarse, tremendo de medo á espera da que ven por Pedrafita abaixo, cargadiño de rebaixas, mas impostos, recortes e mais recortes, incluso esta pensando en adiantar as eleccións para afrontar a reelecion sin problemas, ahora que os outros están para o arrastre e pelexando entre eles; un Concello de Viveiro sen centro de mando, presupostos, proxetos e sentidiño común, xa o ven, si é posible ir a peor; unha Policía Municipal sen cabeza denunciando o concello polas horas extras, disque, feitas e non cobradas, contestando nos papeis a Cesar Aja, amigos que fomos; e subíronnos os impostos aos que conservamos a nómina a base de rezar o que lembramos. Nin misións, nin milagres, nin nada, unha crise é o mellor para devolver a fe e a beatería.
Todo isto en dúas semanas!. Como consolo quédame que hai cousas que nunca cambian: seguimos coa trapallada da ponte de Verxeles, coa Banda sin cobrar, falo da de música, a outra cobra puntualmente, sen Orzamentos do Concello de Viveiro, e xa van tres anos, eses que haberá que cambiar en marzo porque quedarán en papel mollado cando o Estado, que dirixe un señor que, din ,porque ninguén o viu, sobre todo cando hai malas noticias, ten barba, métanos o serruchazo, porque con tesoiras non lle vai a dar.
E a verdade é que nestes tempos estamos necesitados de líderes que nos infundan confianza e forza, non ratonciños campeiros que parecen que conseguen un posto porque pasaban casualmente por alí. Necesitamos creadores de oportunidades, non oportunistas.
Vistas asi as cousas, vou coller o macuto e vou dar unha volta por Paris, para ver si lles vendo algo aos Franceses e outros europeos varios, a pesar de que Nicolas Sarkozy dixo: "comprar en Francia non é unha palabrota. É un deber cívico". Socialistas, populares, de esquerdas ou de dereitas, a crise conseguiu por de acordo aos políticos franceses. Inmersos en período preelectoral, e á vista de que a crise ameaza con agravarse, todos converteron o "made in Francia" na seu lema de campaña. Á hora de facer a compra, os políticos non dubidan en sacar a bandeira tricolor e instan os seus compatriotas a que sigan o exemplo e miren a etiqueta. Xusto, xustiño como neste pais de vendepatrias……
Otero Regal
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
SER FELIZ OU TER RAZÓN?

Os humans somos o animal máis absurdo que coñezo. Resulta que se supón que somos os únicos claramente conscientes das nosas limitacións, de nosa propia mortalidade e do efimero deste val de bágoas, pero ao mesmo tempo somos os máis creidos da nosa capacidade de cambio. E tomámonos tan en serio a nós mesmos que somos capaces de crear grandes conflitos de asuntos fundamentalmente nimios. Para que imos discutir se o podemos arranxar a hostias, que decia un da miña aldea sacado de un persoaxe de Gila.
Tomámonos tan en serio a nós mesmos que nos impomos tarefas imposibles coa intención de alcanzar obxectivos perfectamente prescindibles, e no proceso metémonos nunha roda ridícula de presión emocional e física que pon en serio risco o correcto funcionamento da máquina imperfecta que nos mantén unidos ao mundo.
Chamamos stress ao estado en que forzamos o paso ata que nos súa ata os entrecexos, e instalámonos aí con armas e bagaxes. Vivimos instalados nesa paraxe e parécenos o máis natural. Ata que descubrimos un día que o accesorio non déixache ver o fundamental, e que alguén nos roubou o mes de abril, como nos rouban o todo pola parte, o de todos polo de algúns.
Cerra Mon e satelites, Hermida chimpa a rua un cento de carpinteiros, pecha de ECAR de Mondoñedo como casi tosas as constructoras e promotoras, e outras como ALCOA xa ven pechando dende Asturias e Coruña e metendo medo, o mar esta en crisis, os pinos non os quere nadie nin a 18 euros a tonelada o eucalipto baixa, a ganderia co leite polo chan, o consumo baixa o 17% e con el cerran tendas e mercados, e o que rondarei morena…..
Para desfrutar da vida, un intre xogando cos teus fillos ou netos, outro lendo, tranquilidade, boa comida, música. Serenidade, algo dificil de atopar. Nesto que recordo algo que me dixeron fai un par de anos, Que prefires, ser feliz ou ter razón? Todos contestamos que ser felices, pero actuamos buscando sempre ter razón. Case sempre, ás veces actuamos como ese hamster feliz que dá voltas e voltas na roda para que lle dean o seu salario.. pero cando bota unha ollada á súa ao redor atópase sen liberdade e enxaulado.
Talvez non debamos aferrarnos a un abril que no lo rouban ou sinxelamente pasa, talvez debamos asumir que non só hai abrís, senón maios, xuños, temibles agostos e decembros...
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2012 07:13
# Ligazón permanente a este artigo
EU corrupcióno, TU corrupciónas, EL corrupcióna, NOSOUTROS corrupciónamos, VOSOUTROS corrupciónades, ELES corrupciónan
EU corrupcióno, TU corrupciónas, EL corrupcióna, NOSOUTROS corrupciónamos, VOSOUTROS corrupciónades, ELES corrupciónan.

Tres semanas despois de que o Partido Popular tomase as rendas de España, o país segue estando nunha situación crítica, aínda que xa parece que non terminal. No entanto, a pesar das medidas inmediatas tomadas polo goberno de Mariano Rajoy en España segue habendo factores que apuntan a que 2012 vai ser un ano canto menos moi difícil: máis de cinco millóns de parados, un sector bancario con millóns de créditos comprometidos a o ladrillo, unha "prima" de risco por encima dos 300 puntos básicos, e o mais duro, un pais e unha administración pública endebedada até o tuétano.

Estes factores non axudan precisamente a confiar en que esto levantará o voo a curto prazo, nin con a axuda das gaibotas.
E con todo, de portas cara a dentro temos un problema moito máis grave : O s innumerables de casos de corrupción que regan a caste política de costa a costa, de dereita a esquerda. Así sen ter que recorrer á hemeroteca, véñenme á cabeza:

O caso Urdangarín, que vén copando as portadas de todos os xornais. Se toda a caste política está a sacar tallada, por que todo un xenro do rei de España ía ser menos?
O campión Pepiño Branco, todo un ministro de fomento reuníndose en inhóspitas gasolineiras para axudar a empresarios en apertos a cambio de diñeiro contante e sonante. Logo sorprende que co seu soldo de ministro puidese permitirse un casoplón en Vila PSOE.
O caso Palma Area, con Jaume Matas demostrando que en época de vacas fracas é posible predicar austeridade e ao mesmo tempo porse escobillas de 300 euros no inodoro á conta do contribuínte.
Francisco Camps e os seus traxes, aínda que o posible suborno impropio por 3.000 eurillos de ná palidece á beira do desastre que son as contas da comunidade autónoma que presidiu. O seu sucesor, ex-alcalde da cidade que dá nome ao súper rendible aeroporto de Castelló, xa tivo que meter a tesoira a fondo para tentar evitar a quebra.
O triunvirato Barreda ? Moltó ? construtores varios, que desembocou na caixa de Castela ? A Mancha crebada cun agujerito de 7.000 millóns de euros, unha comunidade autónoma na ruína absoluta e uns construtores que se estiveron enriquecendo a mancheas á conta da administración mentres durou a burbulla con pelotazos como o Aeroporto de Cidade Real.
Mercasevilla e o escándalo de Elos en Andalucía, cun fondo de réptiles de 700 millóns de euros que servía para xubilar a familiares e amigos da contorna do PSOE sen que desen un pau á auga. E cando non se gastaba o diñeiro niso, gastábase en festas e cocaína. Toda a administración de Chaves pringada, unha das demostracións máis evidentes do xeneralizada que está a corrupción

Como dixo aquel, en España non hai pan para tanto chourizo. O que máis sorprende é que a corrupción é un cancro que invade a caste política española sen facer distincións entre rexións ou partidos políticos. Como é isto posible? A resposta é tan sinxela como obvia: ninguén quixo coller o touro polos cornos, ningún dos dous partidos maioritarios quixeron enfrontarse ao problema de face ao ser conscientes de que nas súas filas hai máis dun ao que se lle debería caer a cara de vergoña. Debido a esta falta de decisión non saíron en España leis que castiguen con severidade e celeridade os casos de corrupción, tráfico de influencias ou apropiación indebida.

Aínda estamos a tempo de atallar o problema, aínda que para iso é preciso valentía e decisión, é perentorio lexislar e crear mecanismos específicos contra esta secuela, mecanismos como:

Unha unidade especial de inspectores fiscais dedicados exclusivamente a analizar o patrimonio dos políticos que poden detectar irregularidades ou incongruencias rapidamente
Unha revisión do código penal onde ostentar un cargo público considérese agravante nos delitos anteriormente mencionados, e onde as primeiras medidas cautelares consistan nunha fianza do 50% do valor do roubado, inhabilitación inmediata e/ou prisión sen fianza.
A inclusión no código penal dun sistema para ofrecer rebaixas penais a estes delincuentes a cambio de información e protección, para que poidan tirar da manta

Unha gran maioría de nos perderon a fe na clase política, na súa honestidade. Aínda estamos a tempo de endereitar o rumbo, pero para iso son necesarias medidas valentes e drásticas, que transmitan con claridade a mensaxe de que quen a fai, a paga.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2012 07:38
# Ligazón permanente a este artigo
ISAAC DIAZ PARDO
Coñecin a Diaz Pardo ala por o ano 1972 cando inagurouse a tenda- galeria de Sargadelos en Barcelona, presentaromo e falamos do meu orixe e de que facia ceramica, volvemonos a encontrar en Sargadelos en 1974 acudin a el pedindo un traballo, pero a crisis fastidiou o asunto, no veran do 75 estiven en Sargadelos e mantiven varias conversas e debates con el, a o largo dos anos seguemonos vendo, incluso lle fixen unha entrtevista encol do mundo da empresa que publicou El Progreso, pasaron os anos e a ultima vez que nos vimos foi na presentacion de un libro postumo encol do comun amigo Lois Tobio na casa da administración de Sargadelos, os novos mandamais do grupo non deixaran facelo no auditorio do complexo, xa sucedera o desfalco e a traicion a Isaac, eu publicara unha carta ,reproducida en moitos medios en defensa de Isaac, e Os Aventados deramos o Ardello carro do 2006, a verme abrazoume e deume moitas gracias e engadeu, “Cando todo esto acabe temos que facer unha comida para agradecervos a que fixeches”
Foi a ultima vez que vin a Isaac que xa era un exiliado da sua propia empresa, da sua propia creación, pois a pesares do que di o diccionario que Exilado: Se aplica a la persona que se ha visto obligada a abandonar su país, generalmente por razones políticas, Diaz Pardo foi botado por a porta faxeira de as empresas que creara e levara a o mais alto do aprecio, gañando diñeiro e creando valor engadido para elas e a comarca en xeral.
Encol de esto decia fai pouco “as cousas seguen sendo complicadas. Vivín traizóns á amizade, á confianza, traizóns financieras. Contra elas nada puiden facer. Aí tamén me tocou resignarme”. En tempos removidos Isaac tiña a solucion a continuidade de Sargadelos, unha fundación, a volta do seu fillo Xose para levar o apartado do deseño “como heredeiro de Seoane, e a xerencia o outro fillo, pero o “vil diñeiro” e a avaricia botaron por terra esa continuidade, chimparon fora a Isaac e dende aquela andan a tumbos, cheos de deudas, mendigando subencions e sin tino cando el decia “aínda pecando de inmodestia, debo dicir que me enorgullezco de que o nome de Sargadelos sexa recoñecido en todo o mundo. Para min que iso non estivo mal”
E Isaac e o seu espirito creador foise “Diga mellor que me foron. Foi unha trampa legal. Alguén que levaba traballando trinta e cinco anos comigo xogouma. Agora podo dicir tranquilamente e sen andrómenas que a Xustiza non funciona.”
Ahora con a sua morte e o enterro en Santiago son moitos os que gastan papel en eloxios, en unha costume tan nosa de falar sempre ben dos mortos pero ¿Dónde estaban estasxentiñas cando calaron por a inxusticia feita a Isaac a chimpalo de Sagadelos? E porque ahora tamen obian ese feito e os seus responsables?
Otero Regal


Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
MALOS TEMPOS PARA A LIRICA
A miña avoa Maria do Catuxo adoitaba dicir: «ano bisesto, ano malo malo malo», unha frase que acabou por demostrar, sen dúbida, a súa sabedoría e clarividencia.
O caso é que coa fraseciña de marras, Maria deixou un pequeno cheiro supersticioso que nin o pragmatismo nin o escepticismo conseguiron arrincarme. Por iso non me gustan os anos bisiestos, así que 2012 trae sobre a miña cabeza os peores agoiros.

Non hai que ser vidente para saber que o único bo que tivo 2011 é que será mellor que 2012. Cando, por fin, Mariano Rajoy cóntenos que nos ten preparado para o próximo exercicio, cales serán os sacrificios esixidos por esa dereita liberalizadora de déficit, Zapatero parecerame un anxeliño, igual de competente, pero un santo home. Váianse preparando, este ano os Reyes tráennos carbón, e non precisamente doce.

Pero os axustes non e o único que nos esperan en 2012. A calma chicha que hai en Este norte nordesio que lle chaman A Mariña nesta época de Nadal é só un espellismo. A vida política está paralizada á espera do futuro, ahora a dereita que domina en concellos, en moitos arrasa, non tera a quen botar a culpa de que as carreteras teñan intransitables, a autovia non apareza no horizonte, o peixe non podase pescar, as empresas cerran inha tras outra e as que non cerran reducen as horas de traballo e Caselles un millon de euros, a sanidade costa abaixo e sin frenos, o hospital de Burela casi convertido en un ambulatorio donde o lema e “Volva vostede mañan” e todo a punto para comezar unha tormenta de consecuencias imprevisibles que ven de mais ala da Xesta e da Gañidoira.

Un axuste tan duro nunha data que lles permite que os mariñans, aquí tan lonxe, non se acorden de nada pola resaca da noite vella e a distracción da manduca, as uvas, o cava e as badaladas. Tampouco come consola saber que o PP tamén é hoxe máis pobre que onte, porque ao primeiro e de vez tragouse esa teoría do crecemento económico que repetían insistentemente, e segundo a cal, os españois, con máis diñeiro no peto reactivarían o consumo. Non creo que neste 2012 bisesto os consumidores teñamos forzas para gastar un pouco máis de diñeiro, nin que os emprendedores estean animados a investir con este panorama de desolación que describiu o Goberno do de Pontevedra. Esperabamos medidas duras, anunciáraas Rajoy, recortes, pero non un aumento do IRPF disfrazado de recarga transitoria de solidariedade que carga aos soldos mais baixos e unha subida, outra, das contribucions.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal