A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON MAIS FITUR

Non coñezo moi ben o sector do automóvil, da nautica ou o das pompas fúnebres, de maneira que non vou opinar sobre os salóns de coches, barcos ou funerarios. De turismo sei un pouco máis, non moito, pero o suficiente como para dicir que as feiras de turismo son hoxe absolutamente prescindibles.

Fitur naceu fai máis de 30 anos nun contexto dominado polas comunicacións por teléfono, a hexemonía dos tour operador e o nacemento dos xestores de destinos. Fitur servía para facer negocios, pechar contratos, xerar contactos, exhibir os encantos dun destino e, en definitiva, para obter un rendemento. Probablemente nos 80, FITUR xa estaba sobrevalorada e a súa eficacia real era relativa.

En 2011, non hai nada en FITUR que non se poida facer mellor fora de FITUR. Buscar clientes, pechar contratos, dar a coñecer un destino emerxente, presentar unha estratexia, vender un produto... xestiónase mellor fora de IFEMA que dentro de IFEMA. FITUR é simplemente unha enorme concentración de escenografia de carton- pedra, minisaias e gravatas, atrapadas por un sorriso permanente. Por iso, en moitas casetas o persoal non ten capacidade de decisión e limítase a recoller o teu cartón e a prometerche unha resposta que nunca chegará. E non serve en absoluto para os usuarios finais, que teñen ao seu alcance medios moito máis eficaces para informarse sobre destinos potenciais. Dubido que en todo FITUR haxa máis de 10 persoas que decidan a súa próxima viaxe logo de ver un estand na feira.

E entón, como se sostén FITUR?. Pois, porque os destinos turísticos manexados por politicos mediocres malgastan os seus recursos nesta absurda fogueira das vanidades. As autoridades chegan o primeiro día perseguidas por os seus medios de comunicación, que colocarán prime time unha noticia sobre a inxente actividade do destino na feira. Horas despois, desaparecen estas autoridades e os carísimos estands dedícanse a repartir bolígrafos e caramelos. Tamén as grandes empresas ven obrigadas a pagar o seu imposto revolucionario en grandes estands baleiros de contido e de actividade.
Mellor non cito o sobrecusto de viaxes, noites de hotel, restaurantes, gastos de representación e demais, todos eles pagados por os “paganos” de concellos, diputacions, autonomias, patronatos e outras gaitas.
FITUR non serve para moito, case para nada. Pero é difícil ser o único que se sae do guión e queda en casa. O primeiro que o faga terá o meu máis sincero recoñecemento. Créanme. Non máis FITUR.
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2011 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
PAROLAS PAROLAS..........
A palabra responsable da politica
Unha dos costumes máis perigosas que adoita desenvolver o ser human é pensar que ten razón sempre, contra vento e marea. Entender que as súas ideas son as certeiras, as auténticas, as exclusivas, e que todos os demais quivócanse, e só actúan como uns cordeiriños cegos que non son capaces de ver máis aló dos seus fuciños.
Para ter certeza desto , no caso dos que exercen de politicos neste norte de Lugo, non teñen ustedes mais que seguir os centos de comunicados de prensa de Tiros e Troians que se publican ou radian nos medios locais, comarcais ou provinciais .

Ás veces a verdade é tan relativa como o tempo, tan fráxil como o cristal, tan diferente como diversos son os ollos que a miran. E a pesar diso un entende que a verdade é unha, unha exclusivamente, pero non podemos chegar a ela con ideas rápidas, con opinións arriscadas, con comentarios máis propios de profetas que de simples mortais. Debemos apoiar esa verdade en feitos, en realidades, en experiencias e motivos que acheguen obxectividade e rigor.

Pero somos pouco dados a iso. O máis fácil é opinar primeiro , falar do que sexa aínda que non se teña nin idea diso, oír con atención o que se coce en casa do veciño e criticalo ata que as palabras traspasen os muros, e as conciencias, e tingan de verde a faciana dos demais. Porque os nosos segredos... eses... eses que non os toquen, que ninguén os cite, que non os coñeza nin opine deles nin a nosa sombra... pero os segredos do resto do mundo, a privacidade lexítima e persoal débenos pertencer, ten que ser nosa, só nosa, para comentala coa razón que nos concede non ser ninguén. Só un puñado de cotorras criticonas.

O que son as cousas, a xente pensa que falar, expresarse, é un dereito persoal e lexítimo, pero ninguén se expón que tamén é unha responsabilidade de peso. E xa é hora de que aprendamos a ser responsables.

E dende logo unha sinatura pendente, sobre todo nos politicos da Mariña, que nos teñen ata certo sitio corporal, de recaditos contradictorios propios de nenos de parvulos e non de xentes con “sentidito comun”, claro que xa decia meu abó que era o mais escaso dos sentidos.
Otero Regal
Comentarios (26) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2011 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
COROANDO A REISES MORTOS
Hai un costume ou tradición nesta terra que nos veu nacer e en parte medrar ata caernos o pelo, cuia lóxica non acabo de entender. É unha desas cousas que se fan case por compromiso, con xesto dramático e un tanto contrito, entre profundos suspiros e breves comentarios apesadumbrados. Consiste en venerar aos mortos cando en vida ninguén se acordaba deles, e entón, cando o infeliz xa abandonou estas leiras terreais, tocarlle as palmas, recoñecer os seus méritos e outorgarlle méritos e medallas a esgallo.

Resulta estremecedor que cando un súa a pinga gorda, cando fachendoso como o que máis e pártese o espiñazo, reciba como máximo un par de golpecitos nas costas, cando os recibe,pois a envidia e moi mal compañeira, e un “non está mal” case imperceptible. Logo, cando o individuo en questión a espicha, os seus traballos medran en calidade e importancia, e dedícanselle rúas, e as súas obras brilan en quilates, e mil historias, tan tétricas como certas.

Sería bo que, de cando en vez polo menos, apreciásese o esforzo da xente e o seu traballo no seu debido momento e coa debida transcendencia. A ver que hostias importoulle saber a Van Gogh que a día de hoxe as súas obras valerían tropecientos millóns do que sexa, cando en vida non tiña onde caerse morto. Bo, se cadra lle gustou saber que actualmente, de seguir vivo, sería archimillonario e viviría nunha mansión tipo Playboy, sendo encomiado polas súas pinturas e comentado entre risas pola súa mutilada orella. Aínda que... este... gustaríalle? Se cadra só lle tocaba os narices, mentres buscaba un pedazo de pan duro nalgún recuncho da cidade, manchado de óleo gris.
Todo esto recórdame ao pirata Garrapata:
-Quen é o morto?
-Non sabemos. Non lle vimos nunca.
-Entón por que choran?
-Porque lle queriamos moito. ¡Era tan bo!

Otero Regal

Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2011 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
TARDE MAL E ARRASTRO......
Tarde mal e arrastro a promesa do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de poñer en marcha a residencia de Viveiro, situada en primeira linea de praia parece que lle queda pouco.
Vamos pois dar a coñecer as condicions para que calquer xubilado poida ir a pasar os ultimos anos da sua vida nese edificio azul griseiro que temos no Cembedo.
E unha empresa privada a que sacara adiante este compromiso, chamase Geriatros,e radica en Vigo, para que se encargue da xestión deste edificio público durante os próximos tres anos, levantado durante o Goberno do bipartito e paralizados desde hai case dous anos.
Esta privatización terá un custo de 6.847.144 euros (algo máis de 
do­us millóns ao ano),e a pesar de que a empresa realizará unha xestión pública do servizo, este será cofinanciado polos dependentes. De media, a Xunta calcula que o custo da estancia neste centro e duns 48 euros por persoa e día. O 80% desta cantidade quedaría amortizado pola Administración, polo que o 20% restante –uns dez euros cada día– deberán ser costeados por cada un dos usuarios.

A maiores deste copago da asistencia pública, os maiores deberán pagar o prezo que a adxudicataria determine por usar determinados servizos que a Xunta esixe no centro, tales coma perruquería ou podoloxía. A maiores, a Consellería de Traballo deixa a porta aberta a que se poidan realizar calquera outro tipo de actividades de pago para os usuarios, sempre e cando a empresa solicite o permiso da Administración.

Este modelo de xestión privada para os servizos sociais é defendido polo Goberno galego desde 2009. O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, optou por este sistema de concesión para os centros de día e residencias de maiores que o bipartito non deixou en funcionamento e asegurou que o cambio de modelo deixaría un aforro dun 25% en cada praza.

Entre os servizos que a empresa terá que prestar aos maiores que pasen a ser usuarios destas residencias e centros de día están a manutención, atención social ou coidado persoal. As condicións establecidas pola Xunta, pautan que Geriatros deberá servir “como mínimo” tres comidas ao día, que deben ser supervisados por un facultativo e presentados aos usuarios “para que sexan atractivos e apetitosos”.

A asistencia residencial contará cunha habitación para cada un ou dous pacientes, que as poderan decorar coma queiran, sempre que os obxectos empregados non sexan considerados “inadecuados ou perigosos” pola adxudicataria. A maiores, Geriatros terá que se encargar de ofertar a atención xeriátrica, social buscando a participación e integración dos maiores.
Recollido do Xornal de Galicia, Diario Oficial de Galicia e outros medios.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2011 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
O ANO QUE SE VAI ….O ANO QUE CHEGA
Acábouse o ano, acábouse. As horas, os días, os meses... dan lugar a un novo ano que quen sabe que nos deparará... e repasamos os capítulos que confeccionaron o libro do 2010, sabedores de que aquelas parolas quedaron escritas para sempre e que ninguén pode borralas nin tachalas a estas alturas. Ninguén poderá cambiar xa as estrofas desas musicas soñadas e escoitadas; nin as risas, bicos e caricias que rumorean algúns doces vocábulos que aínda se esconden baixo as sabas da cama; nin as bágoas que se mesturaron coa tinta e mancharon as marxes; nin as carreiras, nin os quéroche , nin os pedazos de vida que apostaches nunha ruleta rusa que unhas veces deuche e outras veces quitouche... Pero ben, son cousas que pasan.

Mentres todo isto voa pola mente... páraste... miras ao escaparate dunha das incontables tendas de luces brancas e reflejos de cores e que saen repletas de carros desbordados de rebaixas, mentres deixan no seu interior unha auténtica batalla campal que as sufridas dependentas recollerán cando acaben as 4 horas de traballo que aínda lles queda por diante. Suspiras. Pensas na xente que pasou os Nadais sos, algunhas moi fodidas, e ségues debatendo entre o bo e o malo que ostentan estas festas. E vólves a casa.
Recoñéceste a ti mesmo o moito que necesitas á parte contratante, e as ganas que tes de volver vela. Logo acórdaste dos reis meigos, do barrigon ese que anuncia Coca cola... mmmm... nin de pequerrecho escribiches a carta... pero ben, algo caeu, seguro: unha bufanda para o frio e un sombreiro para gardar a pista de aterrizaxe que teño ala arriba, eu quixera, mellor, unha quiniela de 14, sin cubrila pois non teño pratica na cousa, que se un puñado de estrelas, saúde, moitas sorpresas ilusionantes... A ver, a ver que lle traen os reis a un republicano coma min,no novo ano 2012, xa que este tamen pasou.
O final de ano e o comezo dun novo é moitas veces o momento idóneo para facer balance, para valorar o ano que transcorreu e ver que nos deu, que deixamos nel. Penso tamén en todas as desigualdades que nos rodean, neste comercio desmedido que invadiu a nosa sociedade e os corazóns de moitas persoas que permeabilizaron o seu espírito a este modo de vida tan artificial, cando noutros lugares distantes, ou non tanto, hai persoas con serias dificultades económicas. Destas festas herdeiras das que se facian en honor a Mitra e donde os romans repartian regalos a esgallo, como agora, eu valoro as cousas auténticas, o afecto dos meus, estas reunións íntimas que comparto cos eles nos contados días de asueto, e que duren, xa que o tempo e implacable con todos nos.
Manda carallo¡ saeume un post no que non falo de politica, politicos e demais xente de mal vivir.
Otero Regal
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
LETRICA MARICA: POLEMICA A ESGALLO
Como gusta neste país unha polémica. É algo realmente curioso e digno de estudo. Todo o que sexa facer unha montaña dun gran de area, é algo que se goza con auténtico frenesí. Como nenos xogando á pelota no medio do recreo. Agora o tema principal é o dos 5 concelleiros do PP de Viveiro que deron un portazo e deixaron o partido de Cesar Aja composto e sen noiva, esta seman que ven darase a campanada oficial en un pleno no concello onde pasaran o grupo mixto, asi o PP pasa a ser a terceira forza politica en Viveiro e xa temos 5 grupos no concello un que din que goberna, pois unha cousa e mandar e outra ben distinta gobernar, e 4 na oposición, estamos como queremos.
Ahora o “run run “ di que Leal e os seus están preparando candidatura , mais ainda faise dun novo partido de ámbito comarcal que poderia contar con Ribas en Ribadeo, Cancio en Foz e Leal en Viveiro, non descartar que en outras localidades tamén se secunde a idea (aínda que iso aínda o teño que ver). E agora vén a pregunta: cal é o problema?
O problema e que a política real en Viveiro, dende fai 8 anos e un continuo enfrentamento persoal entre Melchor Roel e Cesar Aja, que se levan como o can e o gato, e as consecuencias desta liorta pagaas, como sempre Xan Pobo. Na dereita, a o parecer, non todos pensan que esa e a solución e cansos de que os vilipendien e insulten collen as de Villadiego e vanse con vento fresco. ¿Qué si fan unha candidatura? Pois só é unha opción concreta e específica destinada a un público determinado. Nada máis. E a bon seguro que moitos cabreados, cansados e ata as narices do binomio AJA-MELCHOR, os secundaran e pode que saquen un ou dous concelleiros, e pode, ademais que por mor das maiorías-minorias sexan quen corten o bacallao e poñan ou saquen a algun dos anteriormente mentados na poltrona.
Todo isto empeza a recordarme á obra do magnífico Lope de Vega. Estámonos convertendo (se non o somos xa) en auténticos cans do hortelan: se non se fai, mal; se se fai, mal tamén. Incapaces de dar o noso brazo a torcer, incapaces de facer outra cousa que non sexa criticar, enfrontar, ridiculizar... É dicir, cans do hoterlan como as personaxes de Lope... pero isto non é literatura.
Otero Regal

Comentarios (30) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
NON VOTAREI A TROPA DO CARALLO

Fai escasas horas comezaremos un novo ano. Ademais será un ano electoral (municipais). Tamén, como todos os primeiros de ano, formularemos novos obxectivos, novos propósitos. Estes, como sempre, serán moitos: «vou deixar de fumar»; «vou aprender inglés»; «vou facer exercicio» (coa bicicleta estática, que comprei fai uns anos e aí segue morta de risa), etc. Moitos “propósitos de emenda”, en suma, que logo non seremos capaces de emendar. Pero, ano tras ano ,e sobre todo por estas datas, seguirémonolos propondo para logo non cumprilos.
Por que nos pasan estas cousas? O noso cerebro é vanidoso e ególatra, e tratará de convencerse sempre da opción máis cómoda, da que concuerda mellor coa súa propia realidade. Por iso memoria e inconsciente encárganse de axustar o que non encaixa, de cambiar o que non gusta, de eliminar o que doe e de ensalzar o que agrada.
Deses mesmos mecanismos xorde nos humans a habilidade para caer facilmente en estereotipos e prexuízos que, levados ao extremo, poden conducir a tensións e conflitos. Un dia de estes no programa “Redes”, que do pouquiño que queda que ver nas multiples caixas tontas, que trais a crise quedan en mans de Berlusconis, Laras e outros trepas varios con ideoloxia entre a dereita e o fascismo tecnoloxico, pero esa e outra historia, triste pero real como a vida mesma.
Decia que en “Redes” e da man dunha prestixiosa psicóloga, puiden coñecer as artimañas que utiliza o cerebro human para construírse un mundo máis agradable e benévolo. Tamén, o mal que o noso cerebro leva iso da “forza de vontade” e ata onde lle poden levar os medos e prexuízos. Así, pois, para 2011 ponche só un obxectivo só. Verás como a probabilidade de que volvas enganarche será menor, e terás menos tensións e conflitos ¡Serás máis feliz!. Por exemplo, para o ano que vén proponte só este obxectivo: ¡ Non votarei para rexir o meu concello nunca mais a xentes mentireiras, con complexo de inferioridade, trepas e algo choriceiros ! Simplificando, que e gerundio: Non votarei a esta tropa do carallo.
Otero Regal
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2011 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
BO E XENEROSO ANO 2011
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal