A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TODO SON DESGRACIAS........
Alerta por chuvias. Alerta por seca. Por neve. Por fortes refachos de vento. Pola gripe A. A B ou a C. Polo terrorismo nacional. Por o internacional. Machista ou de estado. Alerta polo polo contaminado. Por un tolo que se escapou do cárcere. Por ventos siberianos. Por onda de calor. Por onda de frío. Por forte temporal. Por movemento sísmico. Alerta nos avións. Nos trens. Bombas en calzóns. Armas automáticas. Detonadores a distancia. Deflagración. Desintegración. Explosións e mutilaciones. Crise. Desvalorización. Inflación. Quebras. Atentados. Sanguentos. Sanguinarios. Sanguinolentos. Caos. Desesperación. Centos de mortos, miles de mortos, centos de miles de mortos. 39 provincias en alerta. Vinte en vermella, trece en amarela, catro en azul e dous en laranxa. Mortes por maltrato. A golpes. A tiros. Con navallas. Bates de béisbol.Catana.... Con saña. Corpos en avanzado estado de descomposición. Violacións. Adolescentes problemáticos. Diminuídos psíquicos. Desequilibrados. Violentos. Desapiadados. Roubos. Sangue. Cristais rotos. Puñadas. Pelexas en discotecas. Puños americanos. Cadeas. Paus e pedras. Asasinos despiadados. Armas reglamentarias. Permisos penitenciarios e brutais agresións. Conmoción entre os veciños.

- Vas apagar xa a tele ou que?
_ Maloseña..........
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
MERCASE OURO
Viveiro tamén ten unha tenda desas que se anuncia como “MERCASE OURO” , Ribadeo tamén, según os papeis abreu unha similar , a crise, din que é a responsable de que voltemos as “casas de Empeño” ou os “Montes de piedad” que agora chamanse doutra maneira, pero o fin e o mesmo,: En caso de necesidade apremiante, conseguir unhas perras vendendo aquelas xoias, aneles de boda, colares e todo o que luza e reluza.
Como se trata de libre mercado tratei de saber a como pagaban o ouro estas tendas e a resposta foi : Entre 13 e 14 euros por gramos de ouro. Iso si, ouro de 18 kilates, que está lonxe de ser ouro puro (en concreto 18 kilates equivale a 750 milésimas.
Quedeime absolutamente alucinado porque eu, hoxe por hoxe, pagaría a 24 euros por gramo todo o ouro que me quixeran traer. Comprar ouro a 14 euros é estafar á xente que está desesperada e vese obrigada a vender as súas xoias. Eses prezos están moi por debaixo do que os xoieiros pagan para comprar ouro para facer xoias!. Como non sabía se era só esas tendas as que funcinaban de ese xeito, puxenme a buscar na web e resulta que é o que se está pagando: entre 13 e 14,5 euros por gramos de ouro de 18 kilates. Ao final vin unha morea de webs onde comprase ouro puro a uns 19,5 euros. Toma xa!. Pero si ven pagandose nos prezos oficiais a de 26 euros o gramo!!!

E é razoable que paguen menos polo ouro que o prezo oficial, xa que despois terán que desmontar as xoias e posiblemente fundir o metal, o cal tamén é un traballo e un custo. Por iso págase mellor un lingote de ouro que oro en aneis, cadeas e outras chatarras. Pero aínda así, máis dun 40% de marxe de beneficio.

Podo entender que haxa xente que se vexa necesitada de diñeiro e teña que vender as súas xoias. E tamén que haxa xente que non quiera para nada os seus antigos aneis e prefira facelos diñeiro, pero levalos a estas tendas que pululan por todas partes non é a mellor opción. Simplemente facendo que as xoias foran adquiridas polo monte de piedad sacaríase bastante máis diñeiro. Non quero por exemplos concretos, porque non entendo de xoiaría e calquera podería dicir que a devandita xoia non só ten un valor no referente a metal, senón tamén o seu deseño. En calquera caso, as poxas do monte de piedad de Caja España, por ejemplo, adoitan ter uns prezos que rondan arredor dos 23 euros o gramo de ouro, o cal é un prezo axeitado. E non nos confundamos, a maioría dos que compran nos montes de piedad son os mesmos xoieiros , mentras estes outros pagan o ouro a 14 euros o gramo cando ven que o comprador está desesperado.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2010 07:36
# Ligazón permanente a este artigo
OS CRISTIANS DE BASE TAMEN QUEREN GALEGO
O Foro "Bispo Araúxo" mandoume onte este comunicado-reflesion sobre a sua postura con relacion ao novo decreto sobre o galego no ensino, recorda ademais estes cristians de base que o Concilio Pastoral de Galicia insta á promoción da lingua.
En recordo de Monseñor Arauxo, bispo de Mondoñedo e de grato recordo para min, e seguindo a teoria de admitir aqui opinions diferentes, publico o escrito integro.

Por outra banda advirtolles a os lectores que perante uns dias non poderei atender o blog, pois razons de traballo fanme viaxar a Francia para tratar de vender o que facemos aqui, estarei na Feira Maison Object en París.

"A Igrexa galega non pode quedar á marxe de decisións absurdas e evitábeis que afectan e prexudican a cultura e a promoción da lingua galega", expón nun comunicado o Foro de Curas Galegos 'Bispo Araúxo'. "Pedímoslle, pois, a todos os crentes galegos, tamén aos Bispos de Galicia, cuxo silencio nos doe e lamentamos, que manifesten a súa oposición ás Bases para o decreto do plurilingüismo", engaden. Deste xeito, o Foro lembra o Manifesto polo galego na Igrexa, asinado en xullo de 2009, e únese e apoia a folga xeral no ensino e a manifestación do xoves 21 de xaneiro en Santiago.

"O Concilio Pastoral de Galicia marcounos un camiño a seguir no Terreo Cultural a todos os cristiáns, non só aos leigos senón tamén aos curas e aos bispos, non só na liturxia senón tamén nas escolas, nos Seminarios e no ensino en xeral", sinalan en lembranza do Concilio celebrado polas dióceses do país a finais da década dos 70. Ao respecto, lembran varios dos puntos clave acordados naquela xuntanza e a prol dos que a Igrexa se comprometía en Galiza, obxectivos cara aos que, trinta anos despois, queda aínda longo camiño:

11.1.- O C.P.G. pídelle a todos os cristiáns, Bispos, Curas e Leigos, cadaquén segundo a súa específica misión, que participen na promoción da lingua galega, por ser un valor humano que está asociado coa liberación do home galego e, por ende, coa evanxelización.

11.2.-Xa que a escola é peza chave para promoción da lingua, o C.P.G. une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega.

11.3.- As escolas, Seminarios Menores, Medios de comunicación dependentes da Igrexa, por teren unha finalidade cultural, e os Seminarios Maiores, ademais por razón pastoral, han de poñer empeño especial no ensino da lingua e cultura galega, pro que han de preparar o persoal especializado que se necesita.

11.4.- Un Concilio galego non se pode desentender daqueles galegofalantes, illados artificialmente da Igrexa en Galicia. Pedímoslle aos nosos Bispos que fagan as necesarias xestións para unha máis razoable división que abranga os hoxe illados; e no intre, nomeen unha Comisión que, de acordo cos seus Bispos, abrirlle a solución ó problema da lingua nai daqueles.
O Foro "Bispo Araúxo"
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
A DECEPCION DA TDT
Supoño que a maioría de vós sentídesvos igual de decepcionados que eu coa TDT. Á parte de poder ver un pouco máis facilmente os programas que van pór nas próximas horas ou días (e darche conta máis axiña de que non hai case nada interesante), a principal vantaxe que se supuña que iamos ter co novo sistema, ou sexa, a existencia de moitos máis canles, é unha auténtica tomadura de pelo pura e dura.
.
É certo que agora podes ver telexornais case en calquera momento (como eu é do pouquiño que vexo, paréceme ben non ter que ter hora fixa para ver as noticias), e tamén que existe Disney Channel ( Pero o resto de canles son realmente un lixo absoluto, en termos xerais. Sobre todo voto en falta o que non existan canles culturais e divulgativas minimamente serios (ou aínda que fosen en broma). Non será porque non hai demanda, pois nas plataformas de pagamento si que existen, e son os que a xente adoita pór. Pero dá a impresión de que a cultura e a ciencia son bens de luxo, só para os televidentes con alto poder adquisitivo. A poboación que ten que conformarse coa TDT gratuíta, naturalmente deben de ser uns catetos que non saben distinguir un electrón dun vals, e non lle merecen a existencia dunha bo canle temática sobre ciencia e cultura.
E curioso, sin embargo e desplegue publicitario e os esforzos dos concellos da bisbarra, que como lles sobran os cartos, gastan en dispositivos para que os paisanos poidan ver tropecentos canais, supoño eu, que copiando a OBAMA despois pediranlles unha porcentaxe das esmolas da publicidade as empresas televisivas.

Xa sei que a TDT ocupa moito menos banda radioléctrica que a analóxica, á parte diso, os contidos repítense e repiten ata o aburrimento sin contar unha ou duas cadeas de contido fascista e totalitario que a min me dan certo repelus.
A produción televisiva vive dos anuncios e ao haber mas medios, o pastel está mas repartido así que o recursos baixan e as horas de emisión soben, co que o bodrio está garantido.

Onte, antes de poñerme con este articulo, fixen o experimento de ir percorrendo todas as canles da TDT, e nada, absolutamente nada digno de ver. Tal vez, de cando en vez boten algunha película que a un lle guste, pois xenial, pero nada máis.

E iso de que non hai demanda, non téñoo eu tan claro, se nas canles de pagamento o máis visto son os de divulgación significa que demanda hai, pero non esquezamos que sempre é máis barato realizar un programa con 4 contertulios berróns ca realizar un programa divulgativo como é debido.
Otero Regal
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2010 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
FAI FALLA MELLORAR ESTA DEMOCRACIA
A democracia é o peor sistema de goberno, se se exclúen todos os demais. Pero iso non significa que podamos chamar democracia a calquera cousa - as ditaduras comunistas chamábanse democracias populares e aquí na epoca franquista decianlle DEMOCRACIA ORGANICA.
A democracia non a podemos reducir a poder votar cada equis anos. A nosa democracia perdeu a súa alma. Aquilo que permite unir o conxunto de regras, leis e procedementos nun sistema de organización política superior a calquera outro.
E esa alma, depende moito da confianza entre representantes e representados. Vivimos múltiples episodios de quebra desta confianza, no estado, en Galicia e a nivel locale , o que nos leva a unha democracia defectuosa. Entender que sen democracia plena, quen máis sofren son os menos poderosos, que son a maioría, converte en esixencia urxente arbitrar mecanismos de rexeneración democrática. Sen ela, creamos o caldo de cultivo no que proliferan os corruptos, os sen escrupulos, os inmorais.

E o problema está aí: mentres os políticos segan xogando a iso de “feixe caso do que digo e non o do que fago” porque entre o que digo e o que fago hai profundas contradicións, perderán a credibilidade, sentimento que forma parte esencial desa alma que necesita a democracia para florecer.
Talvez chegou o momento de empezar a cambiar isto. Porque se a mellora da calidade democrática non vén dos propios partidos políticos, teremos que ser os cidadáns quen empecemos a movernos nesa dirección, con algo máis que coa abstención. Porque salvar a democracia non beneficiará a ninguén máis que a nós mesmos. A fatiga da democracia, nunca afecta aos sinverguenzas e corruptos, a quen deixamos o camiño libre co noso cansazo resignado.

Para mellorar a calidade da nosa democrácia haberá que incluír melloras contra os abusos de poder, unha maior transparencia das decisións, avaliar a eficacia das políticas públicas, combater as fraudes urbanisticos etc. Pero, hoxe por hoxe, o máis urxente.
según o entendo eu, cidadan de a pe, ederrogar a competencia municipal en materia urbanística e reordenanar a transparencia en torno ao principal asunto relacionado coa corrupciónnestos lares, sería imprescindible. Arbitrar un procedimientojudicial abreviado e centralizado para que os acusados de delitos de corrupción non poidan xogar co tempo e os cambios de xuíces, tamén axudaría. A grandes males, grandes remedios.
E mentras tan un exemplo craro do que non deve ser a DEMOCRACIa e o sucedido con dous asuntos politico-xudiciais:
Unha a decision da fiscal de non tomar en consideracion a denuncia contra o ex-alcalde por as irregularidades na merca do Pazo da Misericordia, o seu partido saeu con charanga e foguetes dicindo aquelo tan manido de: "Xa o decia eu, era un santo martir".
Para que non faltara nada, os outros tamen tiveron sentencia favorable sobre a chapuza do camiño de Campo de Urraca, e tamen organizaron o "carrillon" para decir o mismo: "Xa o decia eu, son un santo martir".
E mentras tanto a casa sin barrer....de simbergoñas, ineptpos e cagabandurrrias......entre outros....

Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
A INXUSTICIA DE VIVEIRO
Alguen dixo que “Unha Xuticia lenta, tardía e inoperante, non e xusticia sinon que e unha inxusticia”, pois ben en Viveiro donde temos dous xuzgados de primeira instancia temos unha xusticia lenta, lentisima e eu engadiria mais ainda temos unha xusticia desigual e inxusta.
Non son eu o que tiro das orexas dos xuizes e fiscaes que exercen ou exerceron en Viveiro, foi nada mais e nada menos que o Consello Xeral do Poder Xudicial con sede en Madrid quen puxo o punto sobre as ies, ao ivestigan que era o que esta a pasar no xuzgado de Viveiro con as querellas presentadas no 2006 e 2009 por Isaac Diaz Pardo contra seis membros do consello de administración de Sargadelos por a forma en que foi apartado do grupo de empresas e que durmia no limbo dos xustos, non sei eu si intencionadamente ou por cuasolidade , ahora trais a chamada de atención dende Madrid o asunto tómase en consideración e comenza a andaina legal.
Craro que non todos os habitantes dependentes destes xulgados de Viveiro temos as amizades de Diaz Pardo para chegar a donde chegou, e por tanto os nosos “lios” seguen tamén a dormir unha sesta perpetua.
Pero, quero tamén someter a opinión dos lectores si consideran xusto ou inxusto a forma que se ten de exercer a “iden” por estos lares. Fai unhs anos escribía aquí o malestar que me produceu un xuizo do que eu era protagonista como testigo, un rapaz con trastorno de personalidade e adicion a drogas roubara algo mais de tres mil pesetas en unha tenda, e sentenciarono a dous anos e oito meses, trais pedirlle un ano mais e recomendando que o ingresasen en un centro de rehabilitación, cousa que nunca se fixo.
Por outra parte fai unhas semans a fiscal que exerce na zoa desestimou tomar en consideración o feitro de que unha autoridade politica mercara unha propiedade para unha institución con casi un 20% por enrriba da sua tasacion oficial, mintindo ademais asaegurando que no sitio mercado ía a instalarse unha empresa estatal que daria brilo e esplendor a cidade, pois o tal señor sei que e inocente cando dicen as leis que exercer o delito de “Prevaricacion” é un delito que consiste en que unha autoridade ou outro funcionario público dite unha resolución arbitraria nun asunto administrativo ou xudicial, a sabendas que a devandita resolución é inxusta.
A devandita actuación é unha manifestación dun abuso de autoridade. Está sancionada polo Dereito penal, que busca a protección tanto do cidadán coma da propia Administración.
Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2010 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
UN ANO MAIS OU MENOS
Se estabades esperando o típico articulo recopilatorio de fin de ano, con balances e promesas que seguramente non cumpramos no 2010, iso non e a miña intención explicita.
O meu é claro: que non nola métan dobrada con paquetes sorpresa nin leis de economía sostible (tamen con sorpresiña dentro).
Nos últimos días do 2009 levoume a pensar que o feito de que o ano non fora bo para moitas persoas, , o que me afecta como ser humán, provocou que algunhas cousas, valores ou xentes, apareceron na miña vida como necesarias, mentres que outras reveláronse como accesorias ou prescindibles.

Neste recuncho da miña vida, neste lugar de encontro coa xente que cada semana me segue lendo quero dar unha lista duns e outras, aberta paraa que completédela ou ignorédela ou o que sexa.

Paréceme que, este ano, demostrouse que son necesarias, a amizade nos seus distintos graos (aqui inclúo o amor), a defensa dos dereitos humanos, , a defensa da conservación do territorio, os meus paseos, os comedores sociais, Joaquin Sabina, Governos municipais, provincias, autonómicos e do estado que olviden de unha vez aquelo de “Con o povo pero sin o povo”, as flores, as redes sociais e Internet, os teléfonos, regular o aborto, a ética republicana, o turismo nas nosas terras do norte, As Ideas, a loita pola igualdade de xénero, o mar, a tolerancia, Gandhi, politicos honrados, traballadores e sin complexo de inferioridade e ansias continuas de venganza contra os que non pensan como eles….

Pero creo que tamén comprobamos que non necesitamos as relixións e os “Roucos” de quenda, as bandeiras, os intolerantes, os gurús de nada, os patriotas, Teles- merdas, os nacionalismos exacerbados de un ou outro xeito, os que esquilman o mar, as corrupcións de determinados políticos señan de donde señan e do partido que señán , , o terrorismo, o vento forte, o cambio climático, O Mundo, a homofobia, ….

Que o 2010 acabe por ratificar o accesorio da segunda lista é o meu desexo para o ano que chega.
Otero Regal


Comentarios (19) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2010 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
OS PISOS AQUI ESTAN, hasta un 55% sobrevalorados
O prezo da vivenda en España continúa sobrevalorado nun 55%, segundo o semanario británico The Economist, nada sospeitos de ter nada que ver con xente coma min, non vaia ser que despois me poña algun "promotor" de por aqui a parir, o periodico ingles creou un índice de medición do valor razoable que deberían presentar os piso, baseado na relación entre o importe de venda dos inmobles e o prezo dos alugueres.

O método baséase nun criterio similar ao da relación prezo beneficio das accións (PER). Cando o prezo da vivenda dividida entre os ingresos do aluguer sitúanse por riba da súa media histórica, estariamos ante un síntoma de que a vivenda está sobrevalorada. E viceversa: cando esta ratio se sitúa por debaixo desta media histórica, a vivenda estaría infravalorada.

Respecto ao caso español, o semanal británico aplicou o seu método de análise ás cifras publicadas desde 1975, que dan unha sobrevaloración do 55%. En cambio, apunta que, se a media da taxa de aluguer calculase desde 1990 en adiante, o mercado español estaría sobrevalorado nun 24%.

The Economist tamén aclara que este método de valoración non é perfecto, xa que o prezo do aluguer non ten en conta as modificacións que experimentan os tipos de interese reais. Así, lembra que en España gozaron durante un longo período de tempo dun maior prezo 'xusto', que motivou así mesmo unha prolongada tendencia á alza.

En cambio, a corrección dos prezos da vivenda non se xeneralizou. Por iso, afirma que o sector inmobiliario, á marxe de nalgúns mercados concretos-como EUA - parece estar lonxe aínda de tocar fondo no noso estado e por certo tamen na Mariña e en Viveiro.
Asi que non señedes parvos e esperade un pouco a que vaixen o xusto.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal