A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTRO MUNDO E POSIBLE
Mentres as cadeas de televisión retransmiten a instalación do novo presidente dos Estados Unidos, entre o entusiasmo dos entusiastas e a indolencia dos indolentes, remisos a calibrar o impacto histórico (social, psicolóxico, moral) do que durante moitas décadas foi un suceso imprevisible (un negro na Casa Branca), poñome a escribir unhas notas apresuradas dado que cando esto este no papel eu estarei en Paris tratando de venderlle a os franceses un anaco de a nosa terra transformado por as miñas mans con axuda do vento, a auga e o lume.
Hoxe conclúe unha época nefasta pero do catastrófico dobre mandato de Bush aínda non se sacaron as conclusións aleccionadoras: impútaselle a guerra aberta en Afganistán, a guerra aberta en Iraq, o secuestro, tortura e desaparición dun incalculable número de individuos, a destrución do consenso internacional, o boicot aos protocolos preventivos do cambio climático, a quebra do sistema financeiro internacional e un etcétera que irá en aumento a medida que a sombra de Bush e Cheney que saeu da casa branca en silla de rodas, non represente xa ningún perigo para as xentes de ben.
Pero...¿Poderá Obama despexar as dúbidas que enturban o prestixio do seu país? Saramago decia onte “Cando pregunto de onde saíu Barack Obama estou a manifestar a miña perplexidade porque este tempo en que vivemos, cínico, desesperanzado, sombrío, terrible en mil dos seus aspectos, xerara unha persoa que levanta a voz para falar de valores, de responsabilidade persoal e colectiva, de respecto polo traballo, tamén pola memoria daqueles que nos antecederon na vida. Estes conceptos que algunha vez foron a argamasa da mellor convivencia humana sufriron durante moito tempo o desprezo dos poderosos.”
Eu dende o norte de Galicia volto a repetir aquelo de que outro mundo é posible, quizabes a ocasión sexa boa para que intentemos poñernos de acordo sobre o modo e o xeito. Para comezar.
Otero Regal
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2009 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
MERCAR POR IÑORANCIA
A xulgar polo voluminoso e rico patrimonio que acumula a cidade e que soa a oco, Viveiro antóxase a terra prometida das pantasmas. Ata nunha ducia de edificios, na súa maioría protexidos polo seu interese histórico ou arquitectónico, poderían instalarse e vivir aos seus anchas. E é que, a excepción do concello e unha parte de San Francisco, que se convertei na sede dos Servicios Sociais , o resto está clausurado a cal e canto, en completo desuso e sen visos inmediatos de resucitar.

A saber,case tosda a planta baixa do Comvento de San Francisco éun pedazo da primeira planta, O Pazo urbán dos Calvo Sotelo; o antigo concello, o Pazo da Misericordia, un edificio na Avda de Lourdes que cambiaron por baixos de San Lazaro, a Casa dos Mestres, un solar en Diaz Freixo, un baixo en Antonio Bas que foi cambalancheado polos antigos almacéns de sal na Pescaderia, Antiguos colexios e locais culturaes en Celeiro, San Andres, Valcarria, San Pedro, Landrove, Faro,Xunqueira, Magazos, As escolas e vivendas de Covas, o recentemente inagurado centro social de Covas, os baixos de San Roque, a FundacionSanta Rita de Galdo da que e presidente o alcalde e o vello colexio de o lado, as escolas e vivendas que non se usan en Vieiro, os baixos da casa das Valencianas na Praza Maior, o novo concello na mesma praza, a anrtiga fábrica e almacéns de “Barro Chavin”.e por ultimo O Teatro Pastpor Diaz e edificio anexo.
Alguns destes edificios teñen nomes rimbonbantes, e sedes de asociacións e similares , pero nula actividade continuada, salvo algúns, pero aquí como en outras cousas a excepcion none é a regra. Son, na sua maior parte edificios mercados co herario publico, ameazados polo paso do tempo e a falta de actividade, resulta inevitable preguntarse que facer con eles, e se este legado supón un lastre ou unha ocasión por aproveitar.

Pero, en novo exemplo de “decision disparatada e falta de sentidiño comun, A Corporacion de Viveiro, a o completo aprobou , o outro dia, mercar o Pazo de Grallal en Covas, eramos poucos e pareu a aboa, non temos un peso, pero mercamos outro morto mais,...¿Será que agora que fecharon varias,ó noso Concello ocórreselle montar unha Inmobiliaria?¿Para que?. O que ten que facer o concello e esixir a os propietarios que cumplan a lei na sua rehabilitacion e adecuacion do imueble, pero para conservar patrimonio non e necesari nin xusto hipotecar a nosa economia local mercando mais patrimonio, a non ser que algun iluminado economist do noso goberno local, intúa que é bo momento para invertir en edificios ruinosos -con escudo e sen él-.

Se isto se levara a cabo, probablemente o pobo teremos que empezar a pedir contas , sobre o uso do
destino coa nosa carteira común-que non me parece pouca responsabilidade-, Somentes se me ocorre que isto sería factible despois de consultar co povo, e ver se todos estamos dispostos a invertir en ben inmoveis para colección.
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2009 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
O DIÑEIRO NON É DOS ALCALDES
Este pasado ano equivoqueime moito, defraudei a moita xente, ofendín a outros tantos, sufrín e pasei noites en branco, falei cando non había que falar e calei cando debín falar. Tamén houbo algúns escasos acertos, fixen felices algunhas persoas, tiven os meus bos momentos e ata recuperei o humor. A capacidade de rirme de min (e dos demais, claro). Ata creo que me volvín máis guapo.

Pido o dereito de rectificar e facer as cousas mellor este ano que entra. Se vostedes mo permiten. E se non, tamén. Esto non e unha confesion, xa saben vostedes do meu ateismo confeso, pero os anos de colexios de curas e seminarios sempre lle deixan unha herencia moral a un, por eso o desta especie de confesion previa o empezo de dar a cada un o seu nas escasas loubanzas e moitas criticas que poderan ler cada seman nestes articuliños.

Como di a sempiterna cancion “tres cousas temos na vida, diñeiro saude e amor”, comencemos pois por o diñeiro.
O diñeiro público podería parecer que non é de ninguén; ou peor, que é de quen o administra -o ministro, o alcalde, o concelleiro,... -. Pero o diñeiro público é seu, meu e de todos os que pagamos impostos. Por iso, é básico que haxa un control transparente de como gasta o noso diñeiro e a quen beneficia. Os concellos van recibir unha inxección de 8.000 millóns de euros para gastalos con rapidez en obra pública. A ecuación presas-alcaldes-sector da construción demostrou no pasado que require de moito ollo posto enriba das contas.

Primouse a rapidez en poñer en marcha os proxectos para intentar amortecer a caída do emprego. Pero, ademais de maiores controis, bótase en falta que o Goberno non puxera límites á adxudicación a empresas de diñeiro público -como si fixo cos fondos para a banca- e, sobre todo, que repartira o diñeiro tendo en conta só a poboación. A cidades grandes, máis diñeiro. Pero se o obxectivo é crear emprego ¿non sería relevante distribuír o diñeiro en función tamén da taxa de paro?
O diñeiro de todos os nosos veciños debe ser administrado eficazmente e sen dilapidacións, alguns dos nosos mandatarios da Mariña levan, xa tantos anos no goberno que crer que o Concello e o pobo, cidade ou |vila que os votou para “ben gobernar” son seus, e esto non e o peor, tamén pensan que os cartos de todos son deles.
Otero Regal


.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA A OS REIS MAGOS
CARTA A OS REIS MAGOS
Queridos Reis Magos. Son un neno do talle 43 con máis dunha renovación do DNI. Escríbovos dende O NORTE DE LUGO un lugar que alguns lles deu por chamarlle A Mariña. Si, ese lugar ao que custa chegar mesmo nun camelo máxico. Non volo tomedes a mal, pero este ano deixarvos de trens de FEVE e TRANCANTABRICOS e traerme un que vaia máis rápido.

Non estaría de máis unha boa variedade de picos, pas, proxectos de impacto ambiental e grúas para que as obras nas estradas de verdade -non as do coche teledirixido- rematen antes de que aos vosos paxes lles chegue a idade da xubilación. Os disfraces de superhéroe e princesas de conto están moi ben, pero, nesta ocasión, din por aí que vos pida traxes de enfermeira, de mecánico, de obreiro da construción, de pintor, de camareiro... Ultimamente hai moitos quetiveron que deixar de selo. O carbón, para os analistas, banqueiros, ministros, especuladores e para aqueles que xogaron ao monopoly con euros de curso legal. Pero, en vez de carbón, ocórreseme que caerán mellor uns barrís de petróleo dese que agora din que está moi barato e baixando...

Dime a miña nai algo da pensión, que non sei moi ben que é. Será cousa dos maiores... O dicionario de economía, para os politicos de aquí e de aló, sentidiño comun, que adeprendemos a querer e defender o noso, a conservar o medio ambiente e si cabe o ambiente enteiro.....Xa remato, que me din que os construtores vos pediron moito e non sei se quedará algo para os demais. Como é gratis, non esquezades meter no calcetín unhas pastillas de optimismo e unhas vacinas de ilusión.
Respecto a min, soio tres desexos. Non esquecer todo o que aprendín este ano nos malos momentos, a saúde ,que agora teño e iso que vós -que o adiviñades todo- sabedes que máis quero.
Recordo que cando era pequerrecho nunca pedía nada aos Reis... deixaba que eles me trouxesen o que quixesen... dicíame a miña nai que "Os Reis ten que comprar moitos xoguetes para os demais nenos e non lles alcanza o diñeiro para traerlles a todos o que queren"... eran apenas unha ou duas cousas, recordo un camion de madeira, pastillas de xabon “Heno de Pravia” unhos calcetins, ¿Para que pedirlles algo, si eles ían traer o que lles dera a gana? pero eu aferrábaas a min con tanto agarimo... foron un Nadal preciosos e entrañables que sempre estarán no meu corazón. Agora aos nenos os Reis e tamen ese gordo vestido de roxo e con barba postiza e panzón tráenlles de todo, tanto que moitos pais gardan parte do botín para ir racionando, e non dan a basto con tanta consola, tanto boneco e tanto xogo.
Estáse a perder o espírito dos Reis. Estánse a afastar moito. E dáme moita pena que é a xente que debería conservar este espírito, a que está a deixar que se vaia.
Por iso este ano pedín os Reis que sexamos todos un pouco máis xenerosos, e non cos de casa. Refírome aos millóns de persoas que necesitan un pouco dos que aínda podemos "algo", aínda que esteamos en crise.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
NON A MASACRE DE GAZA
Ante as masacres sucedidas na Franxa de Gaza nos últimos días, que trouxeron como consecuencia a morte de máis de 300 civís e un millar de feridos,

O Anel Solidario de Blogs queremos denunciar mediante este comunicado as atrocidades que o goberno de Israel está a cometer contra a poboación de Gaza nestes días. Gaza atopa asediada e a aviación e a artillaría israelí segue masacrando a poboación.

Un millón e medio de civís son prisioneiros do exército israelí e están sendo privados de alimentos básicos, combustible e electricidade.

Todos os hospitais están saturados de feridos, atópanse sen medicinas nin capacidade para tratalos. Asistimos a crimes contra a humanidade e a unha violación sistemática dos Dereitos Humanos.

Non hai ningunha xustificación ante este masacre desproporcionado, cruel e infame por parte de Israel, que viola deliberadamente todas as Leis Internacionais, as resolucións da Convención de Xenebra de 1949, que defende os dereitos dos cidadáns civís en tempos de guerra.

Reclamamos á Comunidade Internacional que esixa a Israel o fin de toda violencia e sexa sancionado por violar sistematicamente os Dereitos Humanos e o Dereito Humanitario Internacional ante o Tribunal Internacional de Xustiza de A Haia, principal órgano xudicial da Organización de Nacións Unidas.

Por todos estes motivos e ante o silencio vergonzoso de La Comunidad internacional e demais organismos competentes pedimos a mobilización da blogosfera para que actúe sumándovos a este comunicado nas vosas bitácoras.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2009 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal