A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CONCELLEIRA QUE ERA DE FERROL...
Conta a quen queira oilo por Galicia adiante un titiritero adicado os xogos de maxia, moi popular, que na sua estancia en un concello de esta bisbarra, para marcarse unha actuación de maxia, a concelleira de cultura dirixeuse a el neste senso: "PERDONA POR NO HABLARTE EN GALLEGO PERO ES QUE YO SOY DE FERROL" As argalladas dos que oien o mago escoitanse ata sete leguas.....¿Quen seria a concelleira? ¿De que concello se trata?...¿Quen nombrou a tal señora para tal fin?.....
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2008 07:35
# Ligazón permanente a este artigo
ESTADISTICAS E ENQUISAS A ESGALLO
Alá en tempos da miña nenez, xúrobolo ,ós mais novos que é ben certo non existían enquisas nin cousa parecida, ben mirado, tampouco facian falta, tiñamos a Franco que de cando en cando convocaba un referendDON , no que , según as malas linguas, só se podía votar si ou non, e SE VOTABAS Si era que estabas de acordo con que gobernara Franco, e si votabas NON era que non querias que deixara de gobernar Franco.
Daquela tiñamos que espriguizar os miolos para saber como eramos os españolitos de a pe, e digo españolitos porque non existian nin vascos nin catalans nin galegos nin nada de eso, que soio pertenecia a COROS Y DANZAS DE LA SECCIÓN FEMININA, dos que por certo quedan ainda por aquí restos a esgallo,eso SI, MAIS EVOLUCIONADOS, xa NON SON SO PATRIMONIO DAS FEMINAS, tamén hai HOMES.,algo é algo, despois de 38 anos…….
Per, os tempos foron cambiando, tamen pòr aquí, xa temos inquisas, estudios de mercado e outras lerias, xa o sabemos, como somos , que queremos, cantos coches pasan por cada estrada , por certo dato pos alcaldes que organizan a romeria en Vicedo, por cada dez coches que pasan pola estrada de San Cibrao a Viveiro soio dous pasan por san Roman camiño de Ferrol, datos de tempos de goberno do PP.
Pero temos enquisas a esgallo desas que dependen da apreciación subxectiva da xente, esas sondaxes encol da vida sexual do veciño donde cada quen minte mais, tamen nas temos serias e aquí queria entrar eu. As estadísticas aseguran que a esperanza de vida dos galegos subiu , eso si mais ben as galegas que os galegos dos 75,23 anos en 1981 ós 80,44 no 2005,por eso, quizabes as Consellerias do Bloque andan estos dias a encher as veiraruas de cartelóns co de SOMOS POTENCIA, Pois craro somos unha potencia durando, como os mercedes alemans ou mais ainda. Tamen teria que votarlle unha ollada á enquisa Raxoi e Zapatero e darse conta que de baixar impostos nanai da China , que as autoridades boten contas dos cartos que nos teñen que sacar a maiores porque nos terán que asistir máis tempo e a máisPara enquisas pintan cores , un que e dos poucos paisans que non utiliza movil a diario, soio cando teño que ir mais ala da Gañidoira, sorprendeume o dato de que si a xente non falara polo móvil habería un 7% menos de mortos en accidentes. Digo eu que se calculou contando os que chocaron por ir falando polo aparato, por certo ¿Recordan cando se lles chamaba “Mancontros” os primeiros que sairon?, Tempos aqueles.
Outra inquisa sorprendente é a de que o 78% por cento dos españois acrediten na autoría islamita dos atentados do 11M, pero ¿a quen lle pode botar a culpa o 22% restante? Ainda estan co de ETA, ou seria Zapatero vestido de Lagarterana, si a cousa non fora tan seria daria risa a esgallo.
Outro exemplo que anda pola rede e a que di que soio o77,3 % dos galegos se dentifican moito ou bastante con España, ou sexa que o nacionalismo anda por o 22,8 % .
Pero deixo para o final o mais duro das enquisas esas que son demoledoras , son do Instituto Galego de Estatística, que di que os galegos media hora menos ó día de televexo que o resto do pais , que o 58% dos habitantes da Nazon de Breogan non lee nin un libro ó ano o 36% non vai ó cine aínda que o teña perto, entre os que me inclúo, e o 47% tampouco ve teatro.Pero o deporte e o deporte e un 44% considérase deportista habitual, e de supoñer que poñerse o chándal ou o calzon corto.
Un perfil que non é para tirar foguetes pero é o previsible.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-01-2008 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
VOLTA A FALAR DAS ESTRADAS
Os chamados temas de interese local, e a información que xeran, teñen por estas terras do norte unha característica curiosa que ten bastante que ver co fenómeno tan de moda das lendas urbanas. O ramal dende A Espiñeira a San Cibrao da autovia do Cantábrico que un dia cansada de ver mar virou á esquerda na Espiñeira e foise a Villalba, a chamada vía rápida San Cibrao- Ferrol , o porto comercial e a autoridade portuaria, unha estrada axeitada na Gañidoira, a circunvalación de Viveiro e a seguinte que a pago eu.
Sinto ser tan duro e tan sarcástico con administracións que non son precisamente malos exemplos de administrar, pero as cousas son como son, e unha cousa é ir administrando máis ou menos e outra facer política, no seu sentido orixinal (tentar os solucionar problemas da xente), non no que se fai por estos lares (resolver os problemas da clase política).
Un problema que afecta unhas 80.000 persoas, os viciños desta contorna en concreto, é o do tráfico dende Ribadeo ata viñedo e mais alá, si cabe. Que un veciño dunha aldea de Ourol tarde en levar o neno ó hospital de Burela tanto como tardaba el no coche de liña en chegar a Lugo cando estudiaba, ou que a unha residente en Covas tanto lle teña ir traballar a Alcoa como As Pontes, poño por caso.
Para resolver o problema, algúns alcaldes ,non todos, porque algúns están moi ocupados noutros asuntos e para outros eses problemas prodúcense alen de ultramar, reclaman unha serie de actuacións, sen dúbida necesarias, que se resumen en facer máis estradas. Non vou ser eu quen discuta a necesidade de máis estradas, porque simbolizan en Galicia o progreso desde finais do século XIX e por riba non son alcalde, nin falla que me fai. Pero non hai nin dez anos que algúns, non todos, precisamente faltaban os que agora se manifestan polo mesmo, manifestémonos pidindo esas mesmas estradas. Ou sexa que temos “A maldición do xitano”, e digoe sin animo de insultar a nadie nin caer en racismos ou similares, que consiste en que “si gobernan os meus non pido, estou caladito, como os da procesion, e si gobernan os outros pido, dia si e dia tamen o que por certo non foron capaces de facer os meus. Pois ven aló van 10 anos, e xa estamos como estabamos.
Por min, veñan vías, pontes, rondas e pistas de lanzamento, pero se a xestión municipal sigue consistindo en proporcionar lugares onde construír ós promotores inmobiliarios e facer centros veciñais que estan casi todo o ano a velas vir, ó tempo que se reclaman máis carreteras ás administracións superiores, estaremos todos –gobernantes, cidadáns e medios de comunicación- nas mesmas cada catro anos.
Por decilo claramente: Nun lugar da Unión Europea onde viven apiñotados 80.000 persoas que teñen unha calidade de vida polo menos media e pagan impostos, ter as corredoiras que teñen e o sistema de transporte público que aquí temos é como para inhabilitar para cargo público a todo aquel que tivo algún nos últimos vinte anos. Que un usuario de coche de liña teña tantas paradas entre Viveiro e Ribadeo que dende Lugo A Barcelona, que a unica vía ferroviaria que hai sirva para pasear turistas ou como posibles solares, desto teremos que falar un dia destes, é , cando menos de Xulgado de garda ou polo menos de PURO CACHONDEO.
Teñamos cuidadiño porque se un dia destes a UE se lle ocurra pedir que lles devolvamos as millonadas que nos deron para transporte e gastamos en rotondas e xardinciños, paseiños maritimos e bailes de salón.,ímosche amañados.
Sinceramente, moita modernidade, moito futuro e moito servicio ós cidadáns, pero, no fondo a política local non deixa de ser un “remaike” do clásico caciquismo rural que se repite constantemente dende o seculo XIX “a ver se desta vez nos poñen o lavadeiro”.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2008 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
ANO NOVO VIDA NOVA
Ano novo din que vida nova, o conto é se a vida que din nova é mellor cá que se quedou atrais, non sempre o novo é mellor có vello, tamén é certo que de cando en cando e bo cambiar anque non sexa mais que pola novidade, por eso cada trescentos e pico de dias coas súas correspondentes noites mudamos de ano, a pesar de que un dos refráns máis socorridos di aquello tan noxento de que “máis vale malo coñecido ca bo por coñecer”, pois non e asi, eu cambiaria a cousa e diria que e millorr coñecer o novo, ó que se lle pode aplicar o de que “todo mundo é inocente mentras non se demostre o contrario” ca aguantar o malo coñecido, craro que o devandito refrán ten tradición retranqueira na politica local da nosa bisbarra.
Tampouco esta vez nos tocou o gordo de Nadal, o asunto económico desta bisbarra, que salvo algunhas pequenas cousas, xira entorno á construcción esta temblando e pendente dunha corda de equilibrista, e como as desgracias nunca veñen soias ala pola esquerda do mapa, en terras de Ferrol Terra e Arteixo , empezan a sair nos papeis certas tramas urbanisticas montadas entre politicos e técnicos de moitos concellos deste pais. Mugardos e agora Arteixo, pero máis de ducia e media de concellos parecen estar tras da orella da fiscalia especializada en delitos urbanísticos e o seu fiscal xefe Antonio Roma .Ó parecer algúns deste norde de Lugo o que lles deu por chamar A Mariña , cazicadas e trampas, como as bruxas por aquí "habelas hainas".
O certo é que os rumores no noso eran de fai bastentes anos e moi soadas as extranas maniobras urbanísticas. É evidente que cando existe un certo grupo de cidadáns fartos, e que continuamente están denunciando ilegalidades manifestas, no fondo é que algo deso hai de certo, Obras paralizadas decretos a punto de ser firmados por dependencias da Xunta anunciando o derribo de varias alturas en edificios, denuncias de urbanismo da Xunta na Audiencia, e outras lindezas.
Dice un bo amigo meu que cando nos paramos a analizar o urbanismo do norte de Galicia existen varios tipos de alcaldes responsables do desaguisado:Alcalde- pillaban, Alcalde- promotor, e Alcalde- cego, de todos eles temos e tivemos exemplos na nosa bisbarra, calquer tipo deses son igual de responsables das desfeitas urbanisticas que sofrimos. Uns deixan facer e firman coa deita e recollen co esquerda o mesmo tempo, outros adicanse ou adicaronse directamente ó negocio e votando a favor das suas obras sin que lles caese a cara de vergoña, e os ultimos están cegos, non recollen nada pero deixan facer, a estes últimos un tenlles, quizais maior inquina.
Outro tema tan importante como o dos politicos é a mezcla entre tecnicos municipais e empresas, despachos e estudos profesionais, tecnicos municipaisl que se adica a levar as obras de constructores locais ou comarcais , entramados familiares, sociedades e estudios de arquitectura vinculadas a funcionarios do concello que acaban recibindo a dedo encargos de proxectos recomendados polo Concello.

A verdade é que toda este tipo de entramados son habituais o que pasa é que ate agora se fixo a vista gorda pero a presión social vai demandando que esto remate, son entramados na liña do que se destapou en Mugardos, a dedución de que esto constitue un patrón noutros concellos creo que xa non vai sorprender a ninguen. Agardemos que estas actuacions da fiscalia non se queden en meros golpes de efecto, e sirvan para deter dunha vez esta espiral de delincuencia organizada entre politicos e ladrillo.

Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal