A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE FOLLON COA CONSTRUCIÓN
Esta franxa costeira do norte galego, a que algunhos deulles por chamar A MARIÑA está nestes últimos tempos un pouco revolta…estábamos aquí neste norte nordesion tranquilitos, descarallando a paisaxe, eso si, con casiñas aquí e acola, no medio das veigas, sin recebar, cabanos para apeiros de labranza e “Picnics” por todalas partes, eucaliptos por doquier….pero a cousa era propia da mentalidad minifundista desta terra……..da falta dunha cultura estética do persoal e da dificultade que temos de entender que a propiedade privada ten limites no que concerne ó entorno e o medio urbano e rural……ainda asi eramos felices e comiamos perdices…….
Pero en eso que chegou a “CONSTRUCION”, seique alguen descubreu este pretendido paraíso e decideu explotalo e de paso acabar con el, recubrindoi todo de ladrillo e cemento, os madrileños e doutras “nacionalidades” querian unha segunda vivenda, e ademais si comparaban cos precios de “alen” de Pedrafita eran moi baratos…..Chegaron os especuladores de sempre, medraron os que tiñamos por aquí, e empezou a campaña de “MATAR A GALIÑA DOS OVOS DE OURO” ou, tamen chamada da “PESCADA QUE SE MORDE A COLA”….e todos a aunha, como en FUENTEOVEJUNA, puxeronse a mercar leiras, solicitar licencias e mercar, si digo mercar, pois si non non se entende o que cada día sae nos papeis, a vontade dos políticos da bisbarra….e resulta que se deron nos últimos anos maís licencias nesta bisbarra que no resto de Galicia…..¡Manda carallo co progreso! …o fin e o cavo seguimos tendo os peores políticos do mundo, e somos nosoutros os culpables, pois seguindo a tradición mais enxebre, PUXEMOS A COIDAR DAS GALIÑAS ÓS GOLPES e asi nos vai, é peor que nos vai a ir, contruese nos montes, nos prados, en calquera sitio, sin saneamento, sin vias de aceso, sin suministro de auga …..e calquer tipo de boa arquitectura brila pola sua ausencia.
E agora a tan so unhos poucos meses de que teñamos a oportunidade de remediar esta situación dandolles unha patada no cu ós corruptos e carallans, estes están enganando ós paisano coa consabida frase de “CON ESTES XA VEREDES…. NON VADES PODER VENDER AS LEIRAS”, o que é unha trampa, unha chamada ó compartamento menos social e comunitario da historia moderna desta Europa dos nosos pecados.
Sigo a ser un pesimista e estou convencido de que outra vez vamonos equivocar e voltaran a seguir nas poltronas os peores do lugar, salvo algunhas excepcións que confirman a regla, claro esta.
Neste novo ano eu, ateo militante, pediría ós Reises Magos que a este norte galego, que tan pouco se quere a si mesmo, que tan pouco aprecio ten ó seu, lle trouxera un vento mareiro deses ben fortes que lebanta para o carallo os ladróns, chourizos, corruptos, caciques e demais xente de mal vivir que rixe os nosos destinos desde os concellos da bisbarra…….e como decia na miña nenez de monaguillo,,,!QUE ASI SEXA¡
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2007 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
OS PAPEIS FALAN DE NOS
UN VIVEIRO EN BRANCO E MOUROÚltimamente este blog está a sair nos papeis, primeiro foi nunha das acostumadas rodas de prensa do PP de Viveiro, dende fai tres anos e medio e a única clase de oposición que fan estes “Chicos de la derecha fina y reaccionaria” utilizan as rodas de prensa como de sermós de igrexa se tratara…..Pois ben, nunha das moitas que ofician o concelleiro señor Galloso fixo referencia A MALIÑA DE LUGO e ó que aquí se escribe, contestounos encol do reloxio de ouro desaparecido en combate, que logo apareceu, non sabemos se era o mesmo ou outro parecido pero o que queda claro é o como se levaban as contas no concello polo PP, mercabanse reloxios de ouro para facer regalos e nin siquera se pedía factura, mercabase marisco para os lideres do PP, dabaselle gratificacións os do cordel a destaxo etc etc …..O que dixo o concelleiro do PP, que non repite, seique no no queren na lista renovada…”palabrita del niño Jesús” foi que era mentira o das imputacións pendentes do “leader” e que faciamos mais fincape nas mesmas que nas que saleu de rositas….
Pola outra banda da ria no HERALDO DE VIVEIRO adicanos un párrafo longo o prestixioso escritor Ramón Pernas, falando da “CRISPACIÓN” e comparandonos cun libelo anónimo que anda pola rede co enganoso nome de “Viveiro debate” donde eminentemente se poñen as rodas de prensa e campañas da dereita da cidade do Landro, con insultos a esgallo e onde se percibe unha obsesión enfermiza encol de un servidor, onde menos guapo chamame de todo, eso demostra que nesta esquina do Cantábrico cambian pouco as cousas , son os fillos e os netos, xenros e familias dos fascistas de sempre, os que a traición e dende o anonimato apalearon a moita xente e incluso mataron, si pudieran voltarian a facer o mesmo, a bon seguro, recordar a lista dos 22 o día do golpe de estado de Tejero onde xa se me incluia, o curioso é que un nunca se presentou a unhas elecións nin nada parecidio, a esta xentiña doelles que alguen diga o que pensa, que non se arrastre coma eles mendigando un puestiño.
O que íamos Ramón Pernas manten no seu escrito que a vida política e social de Viveiro esta crispada, e pon o exemplo da rede, di que lee habitualmente este bloc e o anónimo do PP e extrema dereita, do outro di que “da cabida en sus comentarios a manifestaciones injuriosas que elevan el insulto a categoría rayana en el codigo penal”. Deste bloc dice “El blog antagónico es unipersonal, y se sabe quien lo escribe. Es un batiburrillo, una miscelania de cuestiones varias con un acento especial en la politica local y su supuesto desenmascaramiento desde posiciones cercanas a una lectura progresista de la realidad”.
Añade que “La crispación al menos en la red resulta evidente, tan evidente como peligrosa, y es momento de serenar el discurso, de ejercer la oposición mas en los plenos que en los medios”.
Bueno …decía Dalí que o importante é que falen de un ainda que seña mal, respeto as opinións ….e a outra cousa…… por certo o pobre Ramón Pernas seique o poñen a caldo os da dereita reacionaria e clandestina…Quizais esa é a diferencia entre a reacción fascista de sempre e a miña postura, por certo con luz e taquigrafos…soio queda decir aquelo tan manido e tan cheo de sentidiño comun "Cada un ten o que merece"
Ou sexa que en Viveiro, tamen temos a dereita que nos merecemos....digo eu.
Volver
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2007 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
¿ANO NOVO?
Toda a sabiduría human sintetizase en duas palabrabriñas: agarda e confía.
Confeso que a pesares de o meu loqueiro de papel, son un pesimista irreconciliabel....como disculpa, soio engadir aquelo de que "son pesimista porque o fin e o cabo o que son e un obtimista ben informado....unha disculpa como outra calquera.
Pero este pesimismo agravase en datas como estas, felicitacions a esgallo, sorrisos, parolas e mais parolas.
¿Ano novo?....pois non se nota nadiña, cando oxe collin o meu "cochito" para baixar a Viveiro, facia o mesmo frio, estaba xeado, a xente iba feita un raio para os seus traballos.....con caras de enfadado....tamen as cousas boas eran as mesmas...O Landro baixaba en Portochao cadencioso e mainiño, un arroá pescaba algun munxe aprobeitando o remanso, duas garzas reais voaban encol do humedal.....lucin brilantes os meus murais de ceramica de Xunqueira co xeada....o cafe do Santi estaba caralludo...Elias segue loitando pola vida como o ano pasado....Viveiro esta mais limpo e "guapo"...pero como decia aquel persoeiro da television.....O MESMO; O MESMO QUE O ANO PASADO........por eso, como disculpa cada ano repito o mesmo....TODOLOS DIAS DO ANO SON ANO NOVO..........de todalas formas si ustedes o cren oportuno reciban de este xuntaletras unha felicitacion desexandolles o que mellor queiran nestas datas.........para un e os seus soio pide que polo menos quedemos como estamos...non vaia a ser o demo...ou san Roque....
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2007 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal