A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MEDO EN TEMPO DE CRISI

O medo é unha emoción caracterizada por un intenso sentimento desagradable, provocado pola percepción dun perigo, real ou suposto, presente, futuro ou ata pasado. É unha emoción primaria que se deriva da aversión natural ao risco ou a ameaza, e maniféstase tanto nos animais como no ser humano. A máxima expresión do medo é o terror. Esto e o que dicen os papeis.

A crise? Fálase moito dela, non? Non se pode pasar nin un día sen que alguén faga un comentario, en serio ou de broma sobre que a crise económica é a culpa de todo polo momento. É sen dúbida, o tema de conversación número un nos últimos meses e paréceme que non imos parar falar sobre iso axiña.
O que me din conta é que quizais a negatividade da situación (lóxica) empézanos afectar dándonos un medo de carallo.

Un dos factores fundamentais en todo sistema económico-financeiro é a propia sinerxía dos mesmos, é inevitable pensar e por suposto darse conta que esa sinerxía sempre é xerada polos axentes económicos ou os financeiros; no caso de que se atopen desconfiados, por moitas políticas económicas que leve a cabo as autoridades monetarias, no noso caso o Banco Central Europeo, é moi complicado que se restableza a calma.

O medo entra neste punto da partida a xogar desde o punto de vista dos aforradores. Eles si poden agora mesmo usar ese diñeiro para que a economía seguise de forma normal adiante, pero en vista da mala situación son os primeiros que decidiron seguir gardándoo alí onde o tivesen e ata gardar máis cada mes en previsión dun futuro moito máis negro.

É moi complicado que o factor medo non vaia cada vez trabando máis os malos agoiros económicos e que xa que logo crese unha pixota que se morde a cola e mentras tanto a poñetera realidade e teimuda e os que traballan teñen medo de perder o traballo. Os que non traballan teñen medo de non atopar nunca traballo e quen non ten medo ao fame, ten medo á comida.
Os automobilistas teñen medo de camiñar e os peóns teñen medo de ser atropelados e a democracia ten medo de recordar e a linguaxe ten medo de dicir.
Os civís teñen medo aos militares, os militares teñen medo á falta de armas, as armas teñen medo á falta de guerras.
É o tempo do medo. Medo da muller á violencia do home e medo do home á muller sen medo, Medo aos ladróns, medo á policía. Medo á porta sen fechadura, ao tempo sen reloxos, ao neno sen televisión, medo á noite sen pastillas para durmir e medo ao día sen pastillas para espertar.
Medo á multitude, medo á soidade, medo ao que foi e ao que pode ser, medo de morrer, medo de VIVIR.
Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2011 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Coincido plenamente, e moi interesante ver como os seres humanos temos comportamentos moi deferentes cando hay certos estimulos externos, talmente como nun prado cheo de vacas, en canto perciben algo extraño e se produce unha desbandada, pode pasar calquer cousa, creo que os inversores é as vacas aquí teñen comportamentos moi semellantes, non pastan tranquilamente, comen pe#blgtk08#quenos anacos de herba mentres corren sen saber para onde, o malo e que son eles os que manexan as contas das entidades financieras e das grandes corporacións que o final son as que marcan as sendas que os paises han de seguir, e no prado España hay moito medo, moita vaca correndo, y eche moi dificil tirarlle do teto a unha vaca que corre...
Coelleira Paraiso fiscal
Comentario por Fran Garcia (27-04-2011 16:43)
2
Nunca estiven mais de #blgtk08#acordo contigo. Segue así .....
Comentario por Un amigo (27-04-2011 18:04)
3 Si xenial articulo, a sociedade ademas de puta..... pagar a cama, todos os adejetiv#blgtk08#os son poucos: covardía, compracencia, complicidade, conformismo,... ¡¡¡reacciona!!
Comentario por Covas (27-04-2011 18:07)
4 Medo?, canguelo, se eu monto unha empresa e vaime mal me quedo sen empresa e cun monton de débedas, se a un banco#blgtk08# vaille mal por conceder mais hipotecas das que debia e non calcular os riscos rescátaselle con diñeiro publico.
Comentario por Rias Baixas (27-04-2011 18:09)
5
Aqui sabemos tragar lixo durante lustros sen rechistar. A pe#blgtk08#núltima fonte de merda manoú durante 40 anos. A ver o que dura esta.
Comentario por Rias baixas (28-04-2011 15:00)
6 ¿Para qué llevamos 7 añazos de gobierno socialista???? los banqueros no#blgtk08# dejan de ganar dinero a espuertas, y el pueblo cada vez más pobre!!1
Comentario por Koldo (28-04-2011 15:01)
7 Elena Salgado: "La crisis la están pagan#blgtk08#do quienes no son responsables de ella"
Comentario por Maria R. (28-04-2011 15:05)
8 Que non te enteras Regal A crisis xa pasou "Rato dice en Valladolid que España ha salido de la crisis"
Rato e o min#blgtk08#istro que veraneou en Area o que decian era un poderoso caballero no da economia do PP, asi que si el o dice sera certo.
Comentario por Picato (28-04-2011 15:08)
9
O que hai aqui, en xeral, é moi pouc#blgtk08#o respecto pola xente que non pensa como ti.
Comentario por Pirixel (28-04-2011 18:39)
10
Pois si, a min dame moito medo debater calquera cou#blgtk08#sa por se tes que acabar chamando parva-o a alguén á cara.
Comentario por Karma (28-04-2011 18:41)
11
Eles o guisan, eles o #blgtk08#cómen. E nós que o permitimos.
Comentario por Rosa (28-04-2011 18:42)
12
Non son creente, pero rezaría a quen fixese falta para #blgtk08#que este sistema irracional no que vivimos acabase canto antes.
Comentario por Foz (28-04-2011 18:43)
13 Miedo? cuando lleguen os del PP lo primero que harán será abaratar el despido, reducir ayudas sociales, elevar la edad de jubilación, subir el IVA,#blgtk08# reducir presupuesto para I+D, menos gasto en educación y sanidad, congelaran las pensiones, reduciran el sueldo de los funcionarios ... oh wait.
Comentario por Madrid (01-05-2011 11:20)
14
Calquera que en lugar de defender os intereses dos que están beneficiandose da crise (multinacionais, banca, grandes capitais...), defenda os intereses dos que se están vendo prexudicados pola mesma (clase media, clase traballadora).

Para defender os intereses da clase media temos á socialdemocracia (que creo que en España non hai)
Medidas que tomaría a socialdemocracia:
1- Aumentar a protección social: minimiza o sufrimento dos máis desprotejidos e aumenta o consumo interno.
2- Aumentar os impostos e facelos máis redistributivos: Reduce o deficit e permite dispor de máis orzamento para facer máis investimentos.
3- Subvencionar a creación de novas empresas e o autoemprego: Reduce o paro
4- Aumentar o orzamento en educación e en I D: Abona o terreo para o futuro

Para defender os intereses da clase traballadora temos ao socialismo ( comunismo)
Medidas que#blgtk08# tomaría o socialismo:
1- Nacionalizar sectores estratéxicos: Cambia o paradigma da rendibilidade polo da eficiencia, por exemplo podería ser conveniente que as telecos perdesen diñeiro para que aumente a cantidade e a calidade de empresas que operan en internet, un sector aínda en expansión, onde emprender está ao alcance de calquera, que achega moito valor engadido, e onde exportar ten custo 0.
2- Aumentar o sector público: reduce o paro, e se se fai correctamente non ten porque ser nin ineficiente nin un niño de vagos. Noutros países os funcionarios non teñen o emprego asegurado para sempre.
3- Expropiar as fábricas e empresas que presenten ES para deslocalizar. Ou propiciar que os propios traballadores fáganse co seu control.
4- Aumentar a colaboración baseada na solidariedade e a reciprocidad con outras nacións. Gáñase máis cando nos axudamos que cando pretendemos sacar beneficio á conta dos outros.
Comentario por Domingo (01-05-2011 11:22)
15
E o que lle queda Sito, porque nos últimos 10 anos, España non desenvolveu a súa economía, senón que, grazas á especulación consentida e alentada polos sucesivos gobernos de Aznar e Zapatero, arruinou#blgtk08# á metade da súa clase media, afundiu na miseria á clase pobre, e expulsou do mercado a millóns de familias, expulsión que fará que a economía non recupere dinamismo durante, polo menos, os próximos 10 anos.
Comentario por Burela (01-05-2011 11:25)
16
Con recortes hai menos renda dispoñible, menos consumo, dáse unha mensaxe de catastrofe nacional, non hai confianza interna, o aforro dispárase, hai menos diñeiro circulando, #blgtk08#menos investimentos, calquera se arrisca etc etc... é sentido común, se queren cadrar as contas que paguen a crise os que a provocaron e que son os que teñen diñeiro, non os curritos.
Comentario por Acibro (01-05-2011 11:29)
17
Os motivos da crise en España son dúas: Os financeiros a nivel internacional e a burbulla a nivel nacional. A medidas levadas a cabo polo Goberno foron dirixidas a outra cousa.

Como se xustifica que para evitar que suceda outra crise financeira ou inmobiliaria haxa que elevar a pensións ata os 67 e reducir as prestacións que perciben os xubilad#blgtk08#os?

A pregunta anterior é unha de entre as miles que se poden facer respecto deste tema Medidas contra a crise financeira para evitar que se repita? Ningunha, só aumentar os depósitos para cando veña outra máis gorda Medidas contra a especulación inmobiliaria? Ningunha. Só empeorar e alargar a situación dotando de liquidez aos bancos con diñeiro público
Comentario por J,R (01-05-2011 11:30)
18 A inseguridade xera medo e a verdade, estes tempos moi seguros non son, sobre todo se miramos arredor #blgtk08#de nós e nos paramos a pensar precisamente no que aquí se apunta.
Moi artigo.
Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (02-05-2011 06:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal