A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A HISTORIA REPITESE?

O 25 de decembro de cada ano. Celébrase o nacemento de Xesús como ser humano. O fillo de Deus tomou a nosa carne para salvarnos. Lc 2, 1-14
O 6 de xaneiro. É a festa que a xente chama “Os Reis Meigos”. Cristo maniféstase tamén aos que non son de raza xudía, aos gentis. Os Reis Meigos non son de raza xudía, pero recoñecen a Xesús como Deus. Mt 2, 1-12
A Semana Santa é movible cada ano. En Semana Santa os católicos celebran os misterios de salvación que Xesús realizou nos últimos días da súa vida terrea. A Semana Santa empeza coa entrada triunfal de Jesús na cidade de Xerusalén e fica coa Resurrección de Xesús.

Domingo de Ramos, celébrase a entrada triunfal de Jesús na cidade de Xerusalén: Jn 12,12-16 e Mc 11,1-10
Xoves Santo, neste día celébranse tres acontecementos fundamentais da fe católica: a creación por Xesús da Eucaristía, a creación da Orde Sacerdotal e o mandamento do amor entre todos os seres humanos. Jn 13, 1-15
Venres Santo, celébrase a morte de Xesús na cruz. Celébrase tamén a súa Paixón, o que Xesús tivo que sufrir antes da súa morte. Jn 18,1-19,42
Domingo de Pascua, neste día celébrase a Resurrección do Señor. Jn 20, 1-9.

A historia repítese? Ou repítese só como penitencia de quen son incapaces de escoitala? Non hai historia muda. Por moito que a queimen, por moito que a rompan, por moito que a amentan, a memoria humana négase a calar a boca. O tempo que foi sigue latexando, vivo, dentro do tempo que é, aínda que o tempo que é non o queira ou non o saiba. O dereito de recordar non figura entre os dereitos consagrados polas Nacións Unidas, pero hoxe é máis que nunca necesario reivindicalo e polo en práctica: non para repetir o pasado, senón para evitar que se repita; non para que os vivos sexamos ventrílocuos dos mortos, senón para que sexamos capaces de falar con voces non condenadas ao eco perpetuo da estupidez e a desgraza. Cando está de verdade viva, a memoria non contempla a historia, senón que invita a facela. Máis ca nos museos, onde a pobre se aburre, a memoria está no aire que respiramos; e ela, desde o aire, respíranos.
Asi que en tempos de celebracions católicas, apostólicas e romanas eu quero recordar outras mortes, outros feitos, outros asesinatos ocurridos fai menos anos, pero non menos crueis que os de Xesus, e coma os corpos anónimos e esquecidos de xentes que loitaron pola libertade.
Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 A historia repítese. Sempre. Somos nós que non queremos ver nesa repetición un aviso, quen non queremos aprender dela, a pesares #blgtk08#de coñecela.

Sobre o escrito, sen comentarios. Ten vostede demasiada razón no que apunta.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (23-04-2011 20:47)
2 ¿Y por qué tienen que tener especial protección las ideas y sentimiento#blgtk08#s religiosos y no las ideas y sentimientos políticos o de otra índole?
Comentario por Madrid (24-04-2011 09:41)
3 Que fenomenal cura perdemos can#blgtk08#do saliches do seminario Regal.
Comentario por Un amigo (24-04-2011 11:51)
4 Hoxe temos que recordar GRANDOLA VILA MORENA " O pobo e o que mais ordena. #blgtk08#VIVA A REVOLUCION DOS CRAVOS. Xose Afonso eres un entre os grandes . Saude
Comentario por xose manuel (25-04-2011 13:04)
5 ESTA E A LETRA
Grândola, Vila Morena
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terr#blgtk08#a da fraternidade.
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.
Comentario por Otero Regal (25-04-2011 19:07)
6 Quero deixar claro que, ao meu entender, é imposible facer unha historia obxectiva. Para escribir historia forzosamente téñense que seleccionar unha serie #blgtk08#de feitos, e selecciónanse uns, déixanse fose outros, que sen dúbida tamén influíron no trascurrir dos acontecementos. A linguaxe humana non dá para máis.
Comentario por Foz (25-04-2011 19:10)
7
A batalla da memoria gañouna Franco, pero ben gañada, anos de escudriñamiento sobre a Guerra Civil sobre a represión e sobre a identidade de miles de persoas que aínda vagan por cunetas e sen nome, sen recordo.

A historia de moitos daqueles que morreron reprimidos desde o alzamento d#blgtk08#e 1936, e as súas historias, como lendas negras narradas en noites de tormenta, asaltan a súa memoria, como a daquel que cortou unhas orellas a un fusilado para gardalas como trofeo e foi considerado un "ardente defensor do glorioso movemento nacional". Historias de esta e as que tiñamos que recordar.
Comentario por Legaspi (25-04-2011 19:43)
8 "Quien no recuerda el pasado#blgtk08# está condenado a repetirlo"
Comentario por Arzua (25-04-2011 19:47)
9
A batalla da memoria gañouna Franco, pero ben gañada, anos de escudriñamiento sobre a Guerra Civil sobre a represión e sobre a identidade de miles de persoas que aínda vagan por cunetas e sen nome, sen recordo.

A historia de moitos daqueles que morreron reprimidos desde o alzamento d#blgtk08#e 1936, e as súas historias, como lendas negras narradas en noites de tormenta, asaltan a súa memoria, como a daquel que cortou unhas orellas a un fusilado para gardalas como trofeo e foi considerado un "ardente defensor do glorioso movemento nacional". Historias de esta e as que tiñamos que recordar.
Comentario por Legaspi (25-04-2011 19:47)
10
O malo é ese franquismo sociolóxico residual que aínda queda por aí co seu guerracivilismo atávico e reivindicando a clase de relixión, ese que quere seguir impondo ata o imposible e co que algúns xerarcas da igrexa parecen avenirse moi ben. Será que certa dereita cre que o poder perténcelles por natureza? O mesmo é unha secuela daquilo do atado e ben atado, efecto #blgtk08#secundario perverso dunha historia, a nosa, que ás veces daría ata risa, se non dese medo.
Os mozos do 20-N estarán sacándose brillo ás súas cabezas rapadas, e repasando as vellas consignas, esas que non están mudas na pedra que é onde deberían estar.
Mágoa que o único que brille sexa externo e superficial. Aínda que pareza cegar, é só entroido fóra de datas.
Comentario por Daniel C. (25-04-2011 19:54)
11 Desde a dereita española insístese en que se debe esquecer a guerra, pechar as feridas para sempre, e máis cousas, cando son eles os que reviven día tras día o clima de confrontación e de odio que estamos vendo.
non se pode esquecer o franquismo, porque un pobo, para poder esquecer, primeiro ten que recordar...
É indignante, como sinalo no meu blog, que se de homenaxes a ditadores, que se permita a pervivencia da iconografía franquista en rúas e prazas de toda España, cando en toda a Cordilleira Cantábrica aínda quedan fosas comúns con centos de "paseados#blgtk08#". Como é posible que se recorde a un genocida mentres as súas vítimas seguen no monte, lonxe dos seus?
Hai momentos nos que me averguenzo de que en España se permita ésto, coa conivencia de toda a clase política.
Pero sobre todo impresióname ver que aínda hai xente que segue insistindo nas bondades da ditadura e ven con bos ollos os froitos daqueles anos...a maioria das procesions de Viveiro foi fruto daqueles franquistas, falanxista Quizá algún día todo cambie para mellor...
un saúdo desde Lugo
Comentario por Soto (25-04-2011 19:56)
12
Que tera a igrexa que sempre estan apoiando ditadores e genocidas, llamese Franco, Mussolini, Pinochet, seran que son tal para #blgtk08#cal, ou sera mais ben que sempre foron estes ditadores os seus peleles e a mente criminal atras deses ditadores é a igrexa catolica....
Comentario por Couto (25-04-2011 22:23)
13
Perdon, quixese puntualizar, segundo a Biblia, a igrexa non son os Roucos-sifredis, os Monseñores MOnsanto etc... senón os crentes, aínda que se tende a confundir a esa gentuza, que quere facerse rica custe o que custe, e escolleu o camiño de dirixir unha empresa que xera inmensos beneficios chamada Catolicismo. Pero que Rouco-sifredi podería escoll#blgtk08#er tamén o ser un político corrupto como Zaplana, Rubalcaba, etc.. etc... etc.. para facerse rico.
É un insulto aos crentes, nin seguise comparar ao falso profeta de Rouco co asasinado co beneplácito do Vaticano, Ignacio Eyacuría, este se que era un verdadeiro cristián que loitaba polos pobres, iso si, é países onde a ultraderecha católica gobernaba.
Comentario por Cristian (25-04-2011 22:25)
14
Os datos son: o 81% dos alumnos de primaria estudan relixión, 59.8% en ESO. Segundo o CIS o 20% da poboación considéranse ateos ou non crentes, mentr#blgtk08#es que o 75% son católicos.

En base a estes resultados créome calquera cousa, o rabaño mantense estable e farase todo o posible para siga así.
Comentario por Nacho (26-04-2011 10:56)
15 Procesión Atea prohibida, dios prohibe las católicas y no le hacen caso
Hace más por el ateismo esta prohibición que los 4 gatos que hubiesen ido, de lo que me felicito por la estulticia de los ‘creyentes’ que a buen seguro no superarían un test básico de sus creencias.

Por ejemplo, según el libro del Éxodo ¿cual es la primera ley de dios?

Resuesta: de los esclavos

¿Y el segundo mandamiento?

Respuesta: No te harás imagen, ni ninguna semejanza de lo que esté arriba en el cielo, ni abajo en la tierra, ni en las aguas debajo de la tierra.

Pues según este segundo mandamiento lo que deberían estar prohibidas, POR ELLOS MISMOS, son las procesiones monoteistas.

Por último ¿Es la poligamia aceptada por dios?

respuesta: Éxodo 21:10 Si tomare para él otra mujer, no disminuirá su ali#blgtk08#mento, ni su vestido, ni el deber conyugal.
21:11 Y si ninguna de estas tres cosas hiciere, ella saldrá de gracia, sin dinero.

Por supuesto está claro en su primera ley, de los esclavos, en la que considera las desposadas un tipo de esclavas de sus esposos.”

Por último, pero no menos importante
El primer mandamiento:

Éxodo, Los diez mandamientos:

20:1 Y habló Dios todas estas palabras, diciendo:
20:2 Yo soy Jehová tu Dios, que te saqué de la tierra de Egipto, de casa de servidumbre.
20:3 No tendrás dioses ajenos delante de mí.

Y obviamente Jesús, las vírgenes y sus representaciones no son representaciones de Jehová

Creyentes y no creyentes lean el Éxodo

http://www.iglesia.net/biblia/libros/exodo.html#cap20

El conocimiento nos hará libres
Comentario por Cristian (26-04-2011 10:59)
16 Comprobei in situ o aconfesional que é Españaza en xeral e Viveiro en particular, rúas cortadas, okupadas, , tambores e cornetas atronando a todas as putas horas? O "arcardeque decia que era de esquerdas" encabezando todas as procesións que lle permite o seu corpo serrano, rodeado#blgtk08# de señores gordos vestidos con vestidos negros e medallas colgadas cruces, cruceiros e cruzados.
Hai que mirar o calendario para darse conta de que isto é o século XXI

Efectivamente, cúmprese a Constitución ejemplarmente, non esperaba menos.

Comentario por Rosa (26-04-2011 11:07)
17 A Cristian:

Cristo dijo que él renovaba la ley, sin deroga#blgtk08#r la ley vieja. Léete el nuevo testamento, que estás anclado en el viejo.
Comentario por Cristian-o (26-04-2011 18:57)
18 Eu teño a mesma convicción: A HISTORIA REPITESE e é is#blgtk08#o mesmo o que me dá tanto medo. Un saúdo señor Regal.
Comentario por A cruz da Campá (26-04-2011 23:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal