A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XAN DA CARBALLEIRA
Xan da Carballeira nunca sairia da súa remota aldea incomunicada se os estragos da idade non no houbesen impedido. Era feliz, non porque tivese moito, senón porque necesitaba moi poucas cousas, unha petaca con picadura de tabaco, leña para o lume , catro tomates, fariña, algúns chourizos da matanza, legumes, augardente da casa e unhas hogazas de pan que gardaba na artesa leadas nunha manta para que non secaran. Non era un monxe budista nin un trapense.
A Xan da Carballeira aos oitenta e tantos comezaron a fraquearlle as forzas. Marchou a vila buscando a atención dos sobriños, que o querían pero non ata o punto de cargar con el. Xan da Carballeira estaba afeito deixar o que lle sobraba nos ribazos e comaros. Non sabía de cuartos de baño. En canto chegou ao piso sentiu ganas. A súa sobriña, atenta, díxolle que pasase ao aseo. Xan, turbado, así o fixo, pechou a porta e soltou o ventre sobre o bidet. Era o choque de civilizacións.
Un día de verán, estaba a familia vendo o telexornal. Xan, entre asombrado e aburrido ante aquel aparello novo na súa vida, dixo que claro, iso sería moi divertido para os da vila, pero que el non coñecía a ninguén e non entendía nada. Vía a tele como unha fiestra que dá á rúa. Ao acabar o telexornal, puxeron unha de vaqueiros, Xan tirouse ao chan ao oír os primeiros disparos: -Veña botarvos, que a garda civil está perseguindo aos xitanos, non vaia ser que vos peguen un tiro.
Intentaron levalo ao fogar do pensionista e durante uns meses estivo xogando a brisca con algúns da súa idade, pero aquilo non era o seu.
Xan nunca soubo do valor do diñeiro, pero si que non se podía confundir valor e prezo, que as persoas e a natureza estaban antes que o diñeiro, que a cobiza era o peor dos pecados mortais. Asediado polos familiares que o querían herdar antes de morto, saíu unha noite, cando todos durmían, rumbo a aldea. Tardou tres días en chegar e xa ninguén puido sacalo de alí. Arrendou uns prados a cambio de que lle proporcionasen o que necesitaba para vivir. Arrastrando unha perna e a cabeza, Xan regresou á súa rutina, volveu ser feliz co seu lume, os seus cigarros de picadura, o seu vaso de viño. Un dia un dos sobriños foino a ver e regaloulle un teléfono móbil: -Vostede non pode estar aquí só, así que con este teléfono poderemos estar en contacto. En canto ficou, Xan botou o aparello ao lume.
Morreu aos noventa e seis anos de idade, porque lle deu a gana. Antes de que a terra caese sobre os seus ósos, tres dos seus sobriños acudiron a recoñecer as propiedades inmobles que legaba.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2011 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Hoxe vou ter a sorte de ser o primeiro que ecriba , despois de ler este gran artigo de Sito ( parabens Regal) e fareino con unshas preguntas para que todos poidamos mover o meolo, . ¿Somos os desta parte do mundo , os que temos a razón de como se ten que vivir . ¿ Somos a nosa esp#blgtk08#ecie a que ten dereitos sobre as demais . ¿ Porque para nos valen mais uns que outros segun en que parte do mundo vivan. ¿ Porque a vida dun ser human vale mais que a dun paxaro , un peixe , ou outro mamifero. E por ultimo ¿ A CULTURA CONTRIBULLE OU NON A PERDA DE FELICIDADE . Saude
Comentario por xose manuel (13-04-2011 09:05)
2 Casi choro, mui bon o escrito e a foto e preciosa, donde encontras estas fotos e dibuxos que coinciden tan ben co escrito?
#blgtk08#dende logo articulos como esta terianse que entregar a os parentes a hora de ir a ver a os seus familiares a os asilos da Mariña.
Comentario por Rosa (13-04-2011 10:49)
3 A min tamen me gustou e dende logo fai pensar na vellez, nosa e na de nosos pais, ti#blgtk08#os e demais familia "A arte de envellecer consiste en conservar algunha esperanza".
Comentario por Covas (13-04-2011 11:09)
4
Amamos e admiramos as catedrais antigas, os mobles antigos, as moedas antigas e os vellos libros, pe#blgtk08#ro nos esquecemos por completo do enorme e incalculable valor moral e espiritual dos nosos maiores.........
Comentario por Maria (13-04-2011 11:10)
5 O final todos seremos vellos, se temos a sorte de chegar aló, de momento parecenos que #blgtk08#queda lonxe e sin darte conta un dia xubilante i o seguinte tas na caixa
AMEN
Comentario por GADAFI (13-04-2011 18:03)
6
Nos ultimos anos nas sociedades modernas estase producindo un fenómeno de exclusión social dos nosos maiores, este fenómeno aínda que se manifesta no ámbito rural, vese incrementado se cabe con maior frecuencia #blgtk08#no ámbito urbano.A soidade, a falta de integración social converteuse en moitos casos nun grave problema de saúde polo que de inmobilidade, illamento, depresión e agravamento dos problemas específicos de saúde significa.
Comentario por Asistente social (13-04-2011 18:56)
7 Xan da Carballeira mirándoo ben, non era tan vello,#blgtk08# o que pasa é que tiña moitas mocidades acumuladas.
Comentario por Un amigo (13-04-2011 18:59)
8 Ahora que estan os partidos politicos da bisbarra anunciando as suas candidaturas as que engaden o san Bieito repititivo de que "E unha candidatura de de xente xoven, e nas que non aparece naide de mais de 60 anos, p#blgtk08#arece que a experiencia e a sapiencia estorballes a esta tropa, non estaria de mais que recordaran que Para o tontolava e profano, a terceira idade é inverno; para o sabio, é a estación da colleita e da sapiencia.
Comentario por Otero Regal (13-04-2011 19:04)
9 ESTA E MOI BOA REGAL: Os portugueses ao xamón chamanl#blgtk08#le presunto. En España chamamoslle asi a os chorizos.
Comentario por Picato (13-04-2011 22:09)
10 Esta redacion recordame un feito sucedido fai poucas semans en Vive#blgtk08#iro, son certos os feitos?, pois o protagonista tamen ten sobriños.
Comentario por un de As Pontes (14-04-2011 10:47)
11 En Aragon teñen un "consejo aragonés de personas mayores" que e un organo consultivo ante o goberno de aragon, elexido democratic#blgtk08#amente e con capacidade de aconsellar e propoñer a poltica da autonomia adicado a os maiores.
¿Que fai Feijoo o respecto?
Comentario por Arcadio (14-04-2011 10:50)
12 Dende logo o comentario de Gadafi levantoume a moral, jajaja, amén. Meu pai sempre dicía que os novos non soportan os vellos porque ven en eles reflexado o que virá, todas as miserias xuntas, e cruel, per#blgtk08#o posiblemente e desgraciadamente tivese razón. Eu non o comparto, traballo nun xeriátrico e o que aprendín con eles e todo o cariño que me devolven e o mais gratificante que vos podedes imaxinar.
Comentario por tostada (15-04-2011 23:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal