A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRISTE CAMPAÑA ELECTORAL

Imos ter unha triste campaña electoral. Ao parecer, aínda que eu non mo creo, nisto vai ter a culpa a crise económica.
A crise e a inoperancia, folgazaneria e mediocridade do goberno do PSOE en Viveiro afastou a este das masas ata o punto de que nestas eleccións os propios socialistas aparecen como seres apátridas. E algunhos borran ata onde poden a súa orixe e pertenza. Ocultos, a maioría deles, na súa singular humanidade, carentes de calquera outro engadido que nos diga que son e de onde veñen, craro que Roel sempre foi moi amigo de meter na lista e incluso de secretario de organizacion do partido a trasfugas, arribistas e outras razas similares.
Avergóñanse estes líderes locais, de pertencer ao PSOE? Pretenderán ocultar ao pobo que son o que son? Pois si e asi que volten os seus orixens farianos un gran regalo os demais. Todo isto paréceme que cabalga entre o infantil e o patético.
Nas próximas eleccións-procesións deixaremos ao santo e os símbolos en casa.
Tanto na lista de AJA, que xa saeu, como na de Roel que esta a sair, atoparemos, en bastantes ocasións, a seres descoñecidos para os votantes. Xentiña á que ninguén coñece excepto no seu barrio e na carniceria donde merca, ou no bar da esquina, pois algun ten fama de borrachuza,. Así se elixe para as listas.
Alguns destes candidatos a concelleiro
teñen menos de corenta anos e teñen un certo aire de empollón. A min recórdanme á xenial creación de Tony Leblanc que foi Cristobalito Gazmoño. Unha pléyade de nenos grandes e mulleres con aires de executivas paletas poboan as listas que presentan en este Viveiro difuminado.

Os compañeiros de lista de por aqui, xa que a pesares de que faltan duas de sair, xa sabemos quen son teñen un arquetipo, A saber, novo, neutro/a, tirando a melifluos/as, licenciado/a ou aparencia diso, e sobre todo, que non tivesen nin maldita idea de política. A palabra crave empregada era renovar, aínda que a cuestión non consiste en renovar en sentido estrito senón a de rexuvenecer. Aínda que tampouco, porque aquí, elección tras elección, rexuvenécese uns partidos no que os candidatos levan casi trinta anos chupando do bote, como concelleiros, alcaldes ou chupatintas.
Candidatos/as blanditos, fofos, cara ao exterior pero duros como o pedernal con todos aqueles que non lles acompañan e fanlles a corte dentro do partido.

Alguns destes saben que non van gañar, que iso é máis difícil que ver nevar no verán na praia de Covas, pero non se trata diso. Como dixemos noutras ocasións, o importante é estar. Na oposición e aínda que as caixas de aforros desaparezan, non todo é malo. Córrense poucos riscos, gózase, se non do todo, se de parte e ao mesmo tempo, obtéñense cómodas rendas que haberán de servir para seguir negociando co poder, eses puestitos de traballo por aquí e por alá que ofrecer aos fieis. Vale para seguir contentado aos teus, con migallas, si, pero á fin e ao cabo eses menudillos serven para seguir sendo alguén e crear a túa propia milicia no partido,ir de autoridade nas procesions e sentarte en primeira fila na mostra folclorica ou no festival do Ladro .

Asistimos polo tanto á escenificación da ambición dos mediocres. Satisfacer esa ambición precisa dun novo manto que cubra a orixe, non sacar o santo a paseo e precisa tamén da firme convicción de que esta primavera non é tempo para mostrar a flor. Pódese dicir de todo, son formas que se parecen a hábitos que recordan a outra cousa que mellor é non amentar, quedareime con outro tipo de sentenza, creo que sobra mercadotecnia e falta política.
Otero Regal
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2011 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
25 Comentario(s)
1 Penso que Melchor Roel é o peor alcalde que tivo Viveiro, pero a opción de Aja e a tropa que o acompaña non é moito mellor. Pensaba votar polo PP, pero vendo a candidatura que leva Aja#blgtk08# xa se ve o que pretende,xente que levante a man é que non teña ideas propias.Penso votar en blanco ou a Leal. Non me gusta IVI, pero a lista que fixo Aja é unha vergoña e unha burla.
Comentario por Voto en blanco (03-04-2011 11:22)
2 Aja ha perpetrado una tomadura de pelo a sus votantes. Prescinde de cualquiera que pueda aportar algo al pueblo y se ha rodeado de desconocidos y d#blgtk08#e gente que no aporta nada. Lo de llevar de segundo a uno de fuera es un desprecio a la gete de Viveiro, como si aquí no hubiese nadie capacitado.
Comentario por Tomadura de pelo (03-04-2011 13:18)
3 Caña, caña e caña que decias nos teus tempos da COPE, non te fas grande nunca señor Sito, pero esta ben,nestes tempos en q#blgtk08#ue A Mariña esta chea de chente que comulga con rodas de muiño, tu sigues de azote dos mesmos.
Saudos desde Burela.
Comentario por Losada (03-04-2011 17:44)
4 E o da tua casa da Porta da Vila como foto do post?
Por certo teño que recoñecer que a tes impecable.
Casas en Nois, casas #blgtk08#en Viveiro e o emporio de Xunqueira, menos mal que xa non tes o Pazo da Trave.
O articulo pode exportarse a moitos outros sitios.
Comentario por Rosa (03-04-2011 17:47)
5 Mais vergoña é ter que padecer durante 8 anos o tupamaro de alcalde, xa que non fixo nada polo seu pobo e o mais preocupante é que pretend#blgtk08#e reenganchar outros catro anos mais coa complicidade da extrema esquerda independentista e os tránsfugas amantes dos praceres caribeños.
Comentario por Tupamaro (03-04-2011 17:47)
6 A numero 4 da candidatura de Aja: Cándida Méndez Salgado (maestra en Xove) E prima carnal de Lara Mendez a vicepresidenta da Diputacion de L#blgtk08#ugo, candidata a alcaldesa de Cervo do PSOE de toda a vida..... Algunhas familias aseguran asi manterse no machito do poder gañe quen gañe.
Comentario por Picato (03-04-2011 18:00)
7 Se Viveiro o cambias pola Mariña e quitas os nomes concretos poñendo xeneralidades o post ser#blgtk08#ía igual de valido. Temos uns políticos mediocres, tan mediocres que rozan o insulto. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (04-04-2011 11:22)
8
Eu, no fondo son un radical. Aínda que fago esfuezos por moderarme, porque creo que se pode conseguir máis desde dentro que desde fóra, hai #blgtk08#veces en que non podo, como cando miro os candidatos de Aja.....a muller de balseiro o dos tractores de candidata. miña mamaiña o que temos que ver.
Comentario por Magazos (04-04-2011 21:16)
9 Pero entendin mal ou ese ca#blgtk08#stelo da foto e teu Regal?
Comentario por Rias baixas (04-04-2011 21:17)
10 E cando falas do follon dos portadores da Seman Santa?, O drector de Caixa Galicia en contra do da Cixa...vaia lio.#blgtk08#..sera por que a galega esta arruinada e a outra xa e un banco? Lio de banqueiros ou lio de capillitas mariposones?
Comentario por O cego de Galdo (04-04-2011 21:20)
11 Nas listas electorales hai ambiciosos que son capaces de pisar a calquera con tal de prosperar dentro do partido. Hainos pelotas que sempre dan a razón ao que está ao mando. Hainos liantes que coas súas mentiras e tejemanexes tr#blgtk08#aizoan aos seus compañeiros. Hainos sen escrúpulos cuxo único obxectivo é o beneficio persoal.

E seguro que me deixo algunha categoría, pero o feito é que en toda organización humana hai mellores e peores persoas.
Comentario por Praza Maior (05-04-2011 10:49)
12 La lista de Aja es muy buena, Espero y deseo que tengan la mayo#blgtk08#r suerte del mundo. Un equipo con ideas y con ganas de trabajar
Comentario por Penjamo (05-04-2011 10:50)
13 A Aja Le deseo la mayor de las suertes, porque la van a necesitar.
Mejor dicho, la necesitará el pueblo de Viveiro.
La herencia es un ayuntamiento en quiebra y se precisarán grandes reestructuraciones, ahorro, despidos, etc.etc.
La fiesta desgraciadamente se ha acabado y se presenta pués otra forma en el futuro de gestionar, donde los equilibrios y la racionalidad deben de pre#blgtk08#dominar.
Potenciar la austeridad en la gestión de la administración y potenciar la creación de riqueza en el municipio debén de ser los principales objetivos. Otras políticas, como se ha demostrado, llevarán irremediablemente a la ruina a nuestro querido pueblo.
Deseo de todo corazón que nuestros políticos cambién y de una vez para siempre impere el sentido común y la buena gestión.
Comentario por Imma (05-04-2011 10:52)
14 Aínda non decidín se vou votar nin, se acabo facéndoo, a quen. O ladrillo e o meu v#blgtk08#oto son absolutamente incompatibles. Queixome que non lles ocorra o mesmo a vdes.
Comentario por Jubel (05-04-2011 10:55)
15 Muy buen análisi#blgtk08#s. Lo comparto.
Comentario por Javier (05-04-2011 10:57)
16
Para min desgraciadamente, non hai persoas de gran nivel na candidatura de o PP de Viveiro. Aínda que recoñezo que non é fácil lanzarse a este mundo de mentira e manipulacións que hoxe en día é a política.
Danme igual uns que outros, ao final poranse de acordo para subirnos os imp#blgtk08#ostos,tasas e demais .
O peor de todo isto, é que se podería evitar. Alguién dixo que como unha familia. Pero aquí por desgraza o público, o de todos, nunca se entendeu na súa verdadeira dimensión, aquí por desgraza, algúns entenderon que o público era patrimonio duns poucos e así nos vai.
Comentario por Area (05-04-2011 14:03)
17 No veo aires de renovación, mas bien lo contrario, tengo que ver las otras listas para decidirme, pero la verdad ésta del PP no me #blgtk08#da confianza los conozco a casi todos y puedo adivinar para que se presentan.Viveiro se merece otra cosa…. más seria por supuesto.
Comentario por Moreno (05-04-2011 14:04)
18 Pois vos toca á dereita de Viveiro outros catro anos na oposición,por non facer #blgtk08#nada cando gobernastedes e por mentir tanto e foron mais de vinte anos con Aja
Comentario por Alex (05-04-2011 14:06)
19 Escoitei hoxe as novas fichaxes de Roel, miña mamaiña, que Deus nos colla confesados, floreiros e trepas, Regal, s#blgtk08#i tu dis do PP, e tes razón, que e a candidatura de "Que hay de lo mio" esta do PSOE e a dos "Floreiros e trepas".
Comentario por Un amigo (05-04-2011 19:41)
20
O psoe está gobernando en Viveiro 8 anos, non adiantes acontecementos.. aínda que non o creas, estamos nun país demócrata e os gobernantes elíxense nas urnas, ás que acode a votar a xente, o voto é s#blgtk08#ecreto e as próximas eleccións celebraranse o domingo 22 de maio de 2011.Ata ese mesmo dia pola noite NINGUÉN sabe que partido gobernará os próximos catro anos en Viveiro. Controla un pouco a túa prepotencia.
Comentario por Un veciño (05-04-2011 19:45)
21
O Psoe sempre anda criticado que a dereita sempre buscou privatizar todo o público. E o certo é que os mandatos socialistas de Viveiro caracterizáronse por un privatización férrea de todo o de todos. Por exemplo a auga, a asistencia a domicilio,a guarderia, o l#blgtk08#ixo etc etc En Viveiro entrou moito diñeiro estes últimos anos, pero rendibilizáronse os ingresos? Xerouse emprego? Conseguíronse logros de peso que solucionen os verdadeiros problemas dos viveirenses? A miña resposta é un rotundo NON a todos os interrogantes expostos?
Comentario por Penedo do Galo (05-04-2011 19:48)
22 XA TEMOS CANDIDATURA DO PSOE, bueno de MELCHOR ROEL, que ese ten tanto de socialista como eu de cura.
MELCHOR ..Melchor Roel Rivas
MARIA...María Loureiro García
CAL..Jesús Antonio Fernández Cal
A TRASFUGA María Isabel Rodríguez López
CARLOS GUEIMUNDE o fillo de chamari e primo da senadora do PP
COBADONGA AGUIAR A xefa de Comisio#blgtk08#ns Obreiras da Bisbarra e da Mariña
HERMIDA...Vicente Hermida Rodríguez
..E SIGUEN OUTRAS E OUTROS QUE COMO NON PINCHAN NIN CORTAN NIN VAN SAIR POIS "MERDA CURRAS"
A gran sorpresa e que a Rafaelito Amor chiscarono, seique por non saber facer a o con un canuto nin un presuposto, soio fixo 3 en 8 anos.......o demais xa lle dedicaremos un post.......
Comentario por Otero Regal (05-04-2011 20:12)
23 El mismo perro con distinto collar?. ¿Seguirán primando las mismas políticas?. ¿Tendrán nuestros nuevos concejales otros objetivos que colocar a sus hijos, familiares y amigos en el Ayuntamiento, etc.etc.?
Y ahora se asustan porque estamos en la ruina. Estamos en la ruina porque #blgtk08#se ha gastado lo que no se ha podido, porque nunca han creído en lo que hacían, porque no ha habido rumbo ni planteamiento serio alguno por quienes nos han gobernado y sobre todo por la permisibilidad y desidia de sus habitantes.
Los pueblos tienen los gobernantes que se merecen.
Comentario por Aguiar (06-04-2011 09:17)
24 Tes toda a razón Sito, é unha triste campaña electoral, gañe quen gañe, Viveiro perde. o próximo alcalde será Aja ou Roel,que mais da,son igoal#blgtk08#iños, dous vellos caciques que se rodean de incompetentes e descoñecidos para que levanten a man cando llo manden. Que magoa de pobo.
Comentario por Desmoralizados (06-04-2011 10:23)
25 Por qué non facedes unha candidatura os que estades eiquí criticando a dereitas e esquerdas, veña botadelle collóns e deixadebos de lariquear que parecedes peixeiras, ist#blgtk08#e e tonto, aquel e parbo , o outro non ten estudos, joder co facil que volo poñen
presentaivos é así saides alcaldes vos e haber que tal o facedes.

Comentario por gadafi (06-04-2011 17:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal