A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESCOLA DE LEO E ALÉN
Creo que hai unha cousa peor que non cambiar aquilo que funciona mal: Cambiar o que funciona ben. E ás veces en tempos convulsos, de diagnósticos rápidos e receitas milagrosas, corremos o risco de querer cambialo todo, ata o que non teriamos que cambiar. É como aquelas operacións estéticas en que o resultado é a eliminación de calquera indicio de estética, xa me entenden vostedes.

A escola de Leo e Alen: Eu non sei se a educación en Galicia funciona ou non. Parece ser que non. Isto din os que dicen que entenden, ou como mínimo quen máis falan de entre os que entenden. E, polo tanto, non opino sobre a Educación, así en maiúsculas e con voz grave, case acabada con do sostido. Falareilles do que si coñezo: A escola dos meus netos Leo e Alén, que esta en Vite, un barrio con mala fama pero moita zoa verde.

Leo ten oito anos. Ás veces fálame das montañas da comarca de Santiago e dos cumes que ve no horizonte. Ou distingue as nubes que cortan a liña do mar, cando ven a Viveiro: Sabe escribir con algunhas faltas e e un neno vivaracho e con moita imaxinación, un dia confesoume que el seria presidente da España para axudar a xente, pero a vez seria astronauta que e o que lle gusta. Fala mis castelán que galego pois os seus compañeiros de Vites son todos castelán-falantes e e o único da sua crase que non da relixion. Non fai falta que lles explique que domina todo tipo de artiluxios mecánicos coma se fose un parente afastado de de Bill Gates.

Alén é mais pequerrecho, casi 5 anos e vai contento á escola. Goza dos intres do patio. E si tu lle dis unha palabra el diche rápidamente cantas as ten, cantas b, cantas ces, e o seu truco de maxia e e un gran comediante.
Creo que non esaxero se lles digo que a metade dos compañeiros de Leo e Alen son estranxeiros, e o resto de etnia xitana. E non hai nin o máis leve indicio de problema. Todo iso funciona cunha disciplina ordenada, que non se impón a berros, pero que se fai respectar. As horas pasan dentro dos corredores do vello colexio de Vite, coa serenidade do conto “Teo vai á escola” que eu e sua avoa lles regalamos no seu momento.

Non entendo de educación infantil, pero creo que a escola de Leo e Alen ensina ben, educa, entretén, socializa, prepara, integra e cantos verbos transitivos máis. Debe de ter moito que ver as súas mestras, que coñecen o seu oficio como os ourives venecianos fan soprar o vidro ou como eu facendo cerámica. E que fixeron da súa profesión unha vocación. Ou a dirección. Ou a APA. Ou o edificio. Non lle lo sabería explicar con detalle.

Só permito dicirlles, sen querer facer da anécdota categoría, que me gusta a escola dos meus netos. Que se cambie todo aquilo que se considere que se ten que cambiar. Pero que non entremos na escola como elefante en unha cacharreria. Eu xa asinaría que a escola de Leo e Alen funcionase no futuro como funciona agora.

Otero Regal
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2011 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 a#blgtk08#
Comentario por yu (29-03-2011 21:06)
2 Eu penso que un gran, se cadra o único, problema da escola son os políticos; non sei porque pero ultimamente teño a sensación, que anda a comberterse en certeza, de que cousa que tocan os políticos, sobre todo os políticos que nos tocou en desgraza neste pais, cousa que se cargan. Vexos andar a golpe de talonario todo o devir#blgtk08# das súas máxicas lexislaturas facendo e desfacendo a diestra e sinestra, sin xeito nin dreito, nunha ampliación de campaña eleitoral que agora xa duran catros anos. Señores da política "DEJADNOS VIVIR" e sobre todo "DEJADNOS EN PAZ". Saudos señor Regal e haber se con un pouco de sorte non lle "joden" a escola aos seus netos.
Comentario por A cruz da Campá (30-03-2011 11:40)
3 "Los buenos alumnos los construyen lo#blgtk08#s buenos profesores... y viceversa".
Comentario por Alcoa (30-03-2011 19:27)
4 Que é o que un neno necesita para ser feliz? : domar monstruos, navegar sobre as nubes, v#blgtk08#ivir nas árbores, facer maxia, recoñecer pegadas de fadas, consolar ás persoas tristes...
Comentario por Rosa (30-03-2011 19:33)
5
Alí tamen aprendese que a lúa empeza con l,
estrela escríbese #blgtk08#con ll,
e que lobo ten unha b,pero non a falar a linguaxe dos animais.
Comentario por Santiago (30-03-2011 19:35)
6 A ESCOLA DOS NENOS FELICES , Gudrun Pausewang.

Vouche a confiar un segredo:

Hai unha escola onde non se aprende a deletrear, senón a cabalgar sobre cervos.

Tampouco se aprende a mirar fixamente á lousa so solo con ollos soñolientos, senón a navegar sobre nubes.

Non a medir as carreiras con cronómetro nin os saltos con cinta métrica, senón a bailar sobre o alambre.

Non se aprende a baixar a cabeza nin a mirar de esguello ao mestre, senón a domar monstruos.

Tampouco a balbucear textos senón a recoñecer pegadas de fadas.

E nada de que dous e dous son catro e a hora ten sesenta minutos, senón a facer maxia e a soñar.

Non a estar sentado, nas belas mañás de primavera, nun aula q#blgtk08#ue cheira a trapo de lousa e a roupa suada, senón a cheirar como as flores.

Non a pedir boas notas e tremer cando van ser entregadas, senón a camiñar sobre a auga.´

Alí tampouco se aprende que a lúa empeza por L, estrela escríbese con LL, e que lobo ten unha B, senón a falar a linguaxe dos animais.

Non a estar sentado inmóbil e coa boca pechada, senón a vivir nas árbores.

E moito menos a empuxar aos demais: "¡Largo! Eu primeiro", senón a consolar ás persoas tristes.

Que onde está esa escola? No Val do Merlo, tres quilómetros máis aló de Pentecostés. Chámase "A Escola dos Nenos Felices". A súa porta está aberta de pao a pao. E se unha día regresas, cóntalles aos teus mestres onde estiveches. Quizá comecen a escoitarte.
Comentario por Unha mestra de aldea (30-03-2011 20:03)
7
A gran realidade é que na nosa Comunidade xa hai nenos felices, que constrúen o seu pensamento, que tiveron a oportunidade de aprender diferente e engancháronse a seguir descub#blgtk08#rindo, a freada seguramente llo darán ese 80% que se resiste a recoñecer que os alumnos son do século XXI e a metodoloxía tense que adaptar aos novos tempos, que en España se chama LOE.
Comentario por Rebeca (31-03-2011 10:44)
8 Son un pai, dime en que colexio van os teus netos por que onde están os meus non e asi, hai nenos compli#blgtk08#cados pero non toda a culpa é dos mozos hai profesores cun prepotente que non deverian estar dando clase.
Comentario por J.M (31-03-2011 10:46)
9 Eu mesma tropeceime con profesores de mente ancorada no sistema de fai 40 anos.
Os profesores teñen que facer que os nenos vaian ao cole con alegría e que aprendan aínda que non sexa co sistema tradicional.
Creo que é obrigación do profesor facer que os nenos aprendan xa #blgtk08#que diso depende o desenvolvemento destes
Eles son o futuro e sen unha boa educación de base non quero pensar o que lles deparará a vida.
Ademais, aínda que vaia desempeñar un posto de camareiro(con todos os meus respectos ao gremio) creo que deben ter unha boa formación.
Comentario por Lourdes Sánchez (31-03-2011 10:49)
10
"O que non se consola é porque non quere".Imos ver se nos entendemos. Veña xa!.Así que máis vale ser bobo pero máis feliz.E morto de fame,ademais.Porque en Finlandia teñen un sistema eco#blgtk08#nómico que ofrece traballo ata a emigrantes,mentres que aquí temos cinco millóns coas mans atadas.Iso si.Somos máis felices,o sol,a praia,o fútbol,...Onde se vai a comparar Finlandia con Galicia
Comentario por Picato (31-03-2011 10:52)
11
O sistema educativo só exercita, potencia e valora un conxunto limitado de competencias e habilidades das múltiples que poderiamos asociar aos compoñentes analíticos e creativos da nosa personalidade. Quizais o problema sexa aínda máis grave nas competencias máis relacionadas coa creatividade que son sistematicamente ignoradas, no mellor dos casos, ou destruídas, no peor, pola escola.

O problema é que convivimos un sistema educativo uniformizador, q#blgtk08#ue selecciona negativamente aos estudantes para que ao final todos desenvolvan unas mesmas competencias dunha forma estandarizada. Na contorna española ademais, e para agravar o problema, todo o que teña algunha relación coa creatividade ou a innovación é relegado. Pero, fronte a esa triste realidade institucional, as persoas son diversas, as sociedades son diversas, as formas de entender o mundo son diversas e a educación, xa que logo, debería cultivar esa diversidade. »
Comentario por Rodriguez (31-03-2011 15:07)
12 Lo que la escuela no #blgtk08#da, la tele no presta
Comentario por Educadora (31-03-2011 15:08)
13 O cole de Vite para min non é tan malo como din algúns. Paréceme un cole estupendo e apréndese moitísimo.
Os meus pais elexiron Vite po#blgtk08#rque é o millor siio para que os nenos aprendan , ten un ximnsasio grande e podes facer moitos amigos.




Comentario por Leo (31-03-2011 16:40)
14 #blgtk08#
Comentario por (31-03-2011 16:41)
15 El escritor y divulgador científico Eduard Punset ha considerado hoy que "la tontería de jerarquizar la educación, las asignaturas", dando prioridad a unas materias sobre otras, constituye "un error monumental".

Punset ha participado en Bilbao en una charla-coloquio sobre la mejora del acceso de los jóvenes al mundo laboral, organizada por la Fundación Novia Salcedo, en la que también ha participado, entre otros, el alcalde de Bilbao, Iñaki Azkuna.

El escritor ha puesto de manifiesto que su generación y las siguientes "están creciendo con una jerarquización de las competencias, de las asignaturas, que hace que las matemáticas estén en primer lugar, las lenguas en segundo lugar, las humanidades en tercer lugar y el arte en cuarto lugar".

En su opinión, se trata de "un sistema erróneo, que nos ha hecho despreciar todo lo que podíamos sacar del poder creativo del sector" no relacionado con las competencias v#blgtk08#inculadas a "la revolución industrial".

A su juicio, el sistema educativo "no da" trabajo a los jóvenes porque "no trabaja con ellos las nuevas competencias que son necesarias en la sociedad de hoy".

Por su parte, el alcalde Azkuna ha insistido en la necesidad de tener una actitud "positiva" ante el trabajo -"con fuerza se sale adelante", ha dicho- y ha apostado por "reinventar el país" en los actuales momentos de crisis.

En el mismo acto, el viceconsejero de Empleo, Javier Ruiz, ha señalado que el sistema actual es "protector" y parece que la gente "sólo tiene derechos", cuando, a su juicio, lo que realmente "hace aprender cosas son las obligaciones".

La charla se ha organizado en el marco del "IV Premio Internacional a la Integración Profesional de los Jóvenes" de la Fundación Novia Salcedo, cuyo jurado, presidido por Punset, se reunirá mañana en Bilbao para emitir su fallo. EFE
Comentario por Marga (01-04-2011 07:37)
16 Bon artículo, Regal. Sabes ben que me gustan moito os nenos —así tuven fillos— e que co primeiro neto que teño ¡estouno pasando bomba!

Déixoche o meu último comentario: a t#blgtk08#úa opinión conta tanto para min que non poido deixar de poñerche sempre un enlace. ¡Es un fenómeno!

http://consuladogaramantaenviveiro.blogspot.com/2011/03/la-lista-pp.html
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (01-04-2011 14:06)
17 Moitísimas grazas!!! Se queres e podes, ven a visitarnos.#blgtk08#r /> A "profe" de Leo
Mercedes
Comentario por Mercedes (03-04-2011 18:21)
18 #blgtk08#
Comentario por (03-04-2011 18:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal