A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SE EU FOSE DIPUTADO DIRIA NON

Se eu fose deputado,cousa que nunca serei, sen dúbida votaría en contra da intervención en LIBIA. Pero non porque non estea de acordo con que se free a Gadafi pola forza.
Apoio as revolucións que se están producindo nos países árabes, e espero que occidente non consiga o que busca desesperadamente desde que empezaron: manter o control do que sexa que resulte delas, desexo que explica a súa actitude pacata, cambiante, ambivalente e rastreira. Ademais, desexo que das revolucións árabes xurdan verdadeiras democracias, e fago notar que coa expresión «verdadeiras democracias» non quero dicir «democracias occidentais», senón democracias nas que a participación sexa algo real, nas que os partidos políticos e as institucións non representen ás elites, e nas que a relixión quede relegada ao ámbito que lle corresponde, que é o privado. , senón porque non me fío dos que están intervindo, e de cales son as súas verdadeiras intencións. E dunha hipocrisía espectacular que Gadafi sexa ata fai semanas «o noso amigo», ao mesmo tempo que de Francia, Italia.......

Pero ollo, non discrepo da idea da intervención militar: non quixésemos en España, durante a guerra contra o fascismo, apoio armado das democracias occidentais? Non fixemos cidadáns españois ao sbrigaistas internacionais que o desexaron, en agradecemento ao seu heoica inxerencia nos nosos asuntos internos? Pois iso.
Pero o mais fodido e que para darme a razón "Díxoo o Congresista Norte Americano Ed Markey á cadea MSNBC: "Estamos en Libia a causa do petróleo. E creo que tanto Xapón e a tecnoloxía nuclear como Libia e esta dependencia que temos sobre a importación de petróleo, pon unha vez máis de manifesto a necesidade dos Estados Unidos de ter un programa de enerxía renovable no futuro".
Pois so queda decir "amen" ou como lle decia a un amigo fai unhos dias que caeu do burro ideoloxico "Direiche como o garda de Betanzos: EU XA O SABIA.
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Lástima ca túa comprensión coa intervención en Libia, non valera tamén pra Irak. Pero xa se sabe, por algo dise "progresía" cando se refiren ao falso progresismo cheo de hipocresía, contradicións e prexuizos do que fai gala a retroesquerda española. A esquerda europea non é que sea moito millor, pero está a anos luz do progresismo falaz da esquerda española.

As guerras contra sátrapas inhumanos pra defender o suministro de petróleo,son tan lexítimas coma pra defender o suministro de auga ou a indefensos cidadáns. Lémbroche que en xugoslavia non había petróleo, e se non é polos americanos, aínda estaríanse matando coma alimañas. A xugoslavia España envíou tropas sen unha resolución de nacións unidas, ou seña, foi a unha guer#blgtk08#ra ilegal. Gobernaban os socialistas, cecais por iso tanto tiña que fora legal ou ilegal... a progresía ponse espléndida cando goberna a dereita... cando gobernan eles, hai que sere comprensivo coas guerras contra ditadores.

Os americanos libraron a europa do xugo de Hitler... en europa non había petróleo. Hitler ten moitos discípulos por todo o mundo... haxa petróleo, gas ou patacas, ¿por qué non vamos ter nós a obriga de facer o mesmo contra eses aprendices de sátrapas que oprimen a cidadáns inofensivos? ¿onde estaba España, e a esquerda espléndida da cella, mentras o sátrapa marroquí masacraba saharauis?
Anda que no vos chega nin nada aos que ides de superiores morais coas vosas pontificacións... pero non cola.
Comentario por Xurxo Pena (22-03-2011 22:12)
2 100% dacordo. Nada#blgtk08# máis que engadir.
Comentario por A cruz da Campá (22-03-2011 23:27)
3
Estou de acordo en gran parte contigo. Non son xente de fiar os que están intervindo nunha ditadura que d#blgtk08#urante décadas mantiveron e á que lles riron a graza, pero entón que se debería facer? cal é a actitude correcta?
Comentario por Covas (23-03-2011 07:33)
4
Sarkozy púxose como tolo a mostrar os seus xoguetes para ver se impulsa a súa industria militar.
Berlusco puxo a cama sen discutir para ver se se esquece a súa vida guarra e de paso dálle unha boa sirla ao seu socio a#blgtk08#ta onte, Muamar
E os gringos como sempre.
E os ingleses detrás dos gringos. (como Mariano detrás de camps).
Todo atufa.
E nós contamos menos que os daneses. (á hora de rapertir logo será Repsol quen fale)
Comentario por Rosa (23-03-2011 07:35)
5 Pois eu me cago nos tíos que non teñen palabra...... por moitas pedras que levanten. Me cago tamén nos f#blgtk08#illos de puta que promoven as guerras e en todos os cabróns que as apoian. Foder, que a gusto me quedei.
Comentario por Pirixel (23-03-2011 07:37)
6 Hai que ser xustos Xurxo, a Europa do xugo de Hitler #blgtk08#liberarona os Rusos bastante mais que os americanos.
Comentario por A cruz da Campá (23-03-2011 09:05)
7
A hipocrisía da comunidade internacional é patética señor Xurxo Pena. É indecente. Se están tan preocupados polos dereitos humanos como é que non resolven o drama de que haxa 44 millóns de famentos. Ou que en Bahrein haxa unha #blgtk08#matanza de máis de 50 civís DESARMADOS o fin de semana pasado. Será porque alí hai unha base naval americana, esencial para os EEUU e non se opón a ese tamén réxime ditatorial.
En fin, férveme o sangue vendo tanto e tanto cinismo
Comentario por Foz (23-03-2011 09:46)
8
Igual a culpa de todo téñena os mercados. Xa sabes, eses novos deuses que mandan en todo. ¡Ah! e o libre mercado globalizado. Hai que abrir novos mercados de consumo, ao mesmo tempo que xestionar os recursos dos demais; dos que non saben. Non hai ninguén m#blgtk08#ellor no mundo para xestionar os recursos do mundo como as multinacionais?
Teño a sensación, ou case a certeza, de que o caciquismo segue estando de moda, a única diferenza que atopo é a súa expansión universal e que os caciques visten bos traxes e gravatas.
Comentario por Picato (23-03-2011 09:48)
9 Regal, ti como sempre en contra de todos, bueno soio os do BNG e IU opinan coma ti, e non che teñen moi#blgtk08#tas simpatias ambolos duas formacions.
Pero sigue igual, si non fora asi non serias Otero Regal.
Comentario por Bouso (23-03-2011 09:50)
10 En pocas palabras: el ejercito español se conv#blgtk08#ierte en el brazo armado de Repsol y compañia.
Comentario por Carlos (23-03-2011 09:53)
11 Cruz da Campá

Repasa un pouco a historia da II Guerra Mundial.
O desembarco de Normandía (o maior desembarco de tropas da historia) foi decisivo nesta guerra. Sen ese outro frente liderado por EEUU contra Hitler, que Stalin reclamaba con urxencia, os rusos non chegarían nin a Polonia. Aínda así, os americanos xa habían desembarcado moito antes tamén en Sicilia. EEUU tamén loitaba contra Xapón a mesmo tempo, e lémbroche, cos rusos declararon a guerra a Xapón cando os americanos xa botaran a segunda bomba atómica, e os nipóns estaban a punto de rendirse. Gracias a iso, os rusos teñen soberanía en territorio xaponés nas illas Kuriles.

Por outra banda, e xa que introduces o fator ruso, hai que lembrar co segundo xenocida máis besta tras Hitler, en dura competencia, foi Stalin. "Papá" Stalin masacrou ao seu propio pobo nos tristemente famosos gulags, os campos de esterminio comunistas na Siberia Rusa. Stalin non liberou europa, someteu aos paises que reconquistou a Hitler, a un xugo igual ou pior. Polonia, Chequia, Eslovaquia, Romanía, Ucrania, Alemaña e a propia Rusia teñen un terrible recordo da "liberación" de Stalin. Non houbo democracias por onde el pasou... en Polonia, incluso, torturou e asesinou aos membros da propia resistencia contra Hitler. Stalin f#blgtk08#oi un asasino de masas, e hasta na propia rusia avergóñanse dil.

Dicer que os rusos liberaron máis europa cos americanos é un sarcasmo mal intencionado que só amosa ata que punto algúns gostan de manipular a historia e defenden a sátrapas inhumanos só porque pertencen a unha ideoloxía afín.

Por outra banda aproveito pra recordarlle a REgal que non fai falla que se cague en ninguén... se os paises teñen exércitos, por algo será... os exércitos están pra nos defender dos malos, e cando os malos se propasas, hai que botar mao dos exércitos e ir á guerra. Gadafi, Sadam Huseim, Milosevic, Siad Barre, Ahmadineyad, os talibáns e moitos sátrpas máis que hai polo mundo, teñen que seren liquidados á mínima oportunidade. Para iso haberá que ir á guerra e non quedará máis remedio. Son guerras xustas. Antes que acaben eles con nós, teremos que defendernos. Non ver isto, e porse esplendido chamando cabróns aos que apoian estas guerras contra os malos, é ser un hipócrita inconsciente.

De seguro Regal que si ti viviras e traballaras en Libia, non dirías estas cousas, que soan tan ben coma están fora da realidade. As democracias costa traballo mantelas, e xente indefensa que é masacrada por crueis ditadores, ten dereito a seren defendidos por os que poden facelo.
Comentario por Xurxo Pena (23-03-2011 11:56)
12 Que "papa" Stalin era un cabron, señor Xurxo non fai falla que o diga vostede, que xa todos o sabemos, pero as cousiñas como son:
1.- O 2 de febreiro de 1943 o exercito ruso lanza 8 ofensivas consecutivas, que o levan ata Jarkov.
2.- En outubro do mismo ano as tropas rusas xa teñen tomada voa parte de Bulgaria e Bielorusia.
3.- En abril de 1944, é decir dous meses antes do desembarco de Normandia os rusos xa entraran en Polonia, tiñan toda Bulgaria e tamen entraran en Rumani#blgtk08#a ademais de controlar boa parte do Mar Negro.
4.- De feito o éxito do desembarco de Normandia foi saber aprobeitar o momento donde os rusos estaban combatindo forte e gran parte do exercito aleman se encontraba no frente do leste.
Con esto non quero quitarlle meritos aos Americanos que os teñen, pero penso que tamen hai que ser xustos cos rusos, anque o seu gobernante fose un desgraciado. Por certo non teño ningún interes en manipular nada pois nin son antiamericano nin comunista.
Comentario por A cruz da Campá (23-03-2011 15:43)
13 Nada que engadir ao que dis. É unha reflex#blgtk08#ión moi completa.

Un saúdo.
Comentario por A nena do paraugas (23-03-2011 17:38)
14
E que que pensa disto?

pois o deixou claro Ot#blgtk08#ero Regal.

hai que cargarse a Gadafi con confetti!!!!
Comentario por Lola (23-03-2011 19:46)
15 Para Xurxo :

En Europa e America o dos arabes saíndo á rúa pillou a contrape, sobre todo a Francia, que fixo un papelon que non vexas, e agora esta a ver se se redime e tal... E todos eramos amigos de Gadaffi, ese fillo prodigo que volveu á comunidade internacional, cargado de gas, petroleo e ... freando a onda de refuxiados que viñan do Sur. Frenandoos dun xeito pouco ortodoxo iso si (que se se perden no deserto que se se afogan no mar)... en fin...
E agora resulta que non, que Gadaffi é un colgao, que un fillo de puta e o fillo copiou a tese na London School of Economics, que o outro daba malleiras aos servos en Suíza, que de xovenes lideres en Davos xa non, que era só unha 'nova promesa' (como o furgol).

E todo o mundo a apuntarse ao carro da democracia e o que veña... e Gadaffi ao pilón.

Gadaffi foi sempre un zumbao e un criminal. Non desde fai 2 semanas.


Ahora din todoia unha 'A intervención militar en Libia está xustificada':

pregunta:
1 - por que está xustificada hoxe e non o estaba fai cinco anos?.
2 - por que está xustificada en Libia e non o está noutro sitio?.
3 - é que hai liberdades de primeira e de segunda e poboacións con ansias democráticas de clase A e de clase B?.

Xa o dixenmoitas veces: as cousas suceden cando a evolución desas cousas fai necesarios eses sucesos, e desde fai anos o petróleo deixou de ser unha commodity máis #blgtk08#e converteuse nun elemento estratéxico, como outras: o gran de cereais; sempre o foron, xa, pero hoxe sono máis.

Os ditadores que eran necesarios para preservar a orde en países produtores cada vez sono menos porque hoxe é posible preservar a orde sen intermediarios, o exemplo máis exemplar?: Iraq e a súa zona petroleira de Mosul ? Kirkuk: un modelo a seguir).

Pos iso, e iso que segue ser conclusión da miña colleita. son de fiar? Si, para procurarnos a todos os que o solicitamos (e discutanme que non é certo se ten collóns), petroleo para os nosos automóbiles, para as nosas calefaccións, para os nosos aires acondicionados, para os nosos medicamentos, para as nosas vacacións, para as nosas neveiras, para os nosos computadores, para as nosas televisións, para as nosas PS3, para as nosas Harley, para as nosas «escapadas de fin de semana», para ir tomar o sol, para ir ao ximnasio, para cociñar, para lavar a nosa roupa, para tomarnos un café, para ir de festa.........

Iso fano de collóns...!! American (european) way of life e fano democraticamente e cos votos da mayoria de nós, demócratas europeos e tamén dos demócratas americanos do norte.

son de fiar? Non, para o pobo Libio, porqué o que realmente lles importa aos dirixentes «aliados», é a estabilidade da subministración de petroleo e gas, non o pobo libio.
E se non llo cren vostedes, remítolles ás preguntas 1, 2 e 3 de mais arriba..

Saúdos
Comentario por Otero Regal (23-03-2011 19:59)
16
E todas as resolucións da ONU son iguais, aínda que unhas máis que outras.
Unhas levan a atacar con carácter de urxencia a un país como Libia, mentres que outras serven pa#blgtk08#ra que Israel límpese o sangue palestino que lles salpica aos seus soldados. Co mal que saen as manchas de sangue dos uniformes e o fácil que saen das conciencias israelís?, hai que ver!
Comentario por Basanta (24-03-2011 09:51)
17 Cruz da Campá
Vexo que esqueces que na conferencia de Casablanca no ano 1943,#blgtk08# acordase que o primeiro desembarco de tropas aliadas en europa faríase en Sicilia.
Comentario por (24-03-2011 11:17)
18 Cruz da Campá.
Tiven un faio tenico. Sego co que estaba...Dicía que na conferencia de Casablanca en xaneiro de 1943, acórdase co primeiro desembarco aliado sería en sicilia (os aliados, obiamente liderábaos EEUU). Stalín insistía en que isto no era suficiente pra abrire outro frente en europa, que il precisaba outro frente occidental máis potente para poder seguir cos seus plans de conquistar todo o que poidera de europa.

EEUU desembarcou en Sicilia en Xulio de 1943 baixo o mandato de Paton. Tódolos historiadores coinciden en sinalar que este desembarco tivo unha influencia directa no sangriento frente oriental, onde os alemáns estaban executando a operación Ciudadela. Temeroso de que os aliados ocuparan Italia e saltaran aos Balcans, Hitler ordenu a suspensión de "Ciudadela", e Alemaña pasou a defensiva desde entón na Unión Soviética.

Tes algún erro coas datas... o exército roxo non chegou a ter controladas as súas propias fronteiras ata a primaveira de 1944... no outono inverno de 1944 entraron en Finlandia, Romanía, Bulgaria, Hungría... o desembarco de Normandía foi en xuño de 1944. Os rusos non chegaron fronte as fronteiras polacas ata xaneiro de 1944, e cando chegaron aínda non tiñan recuperado o seu propio territ#blgtk08#orio, pois tamén avanzaban cara Minsk.
Cando desembarcan os aliados en Normandía, Rusia ainda non ten reconquistada nen unha cuarta parte de Polonia e aínda non entrara noutros paises europeos.

Os rusos levaron moitos paos na II Guerra Munidal, pero os grandes libertadores foron os americanos, que mentras desembarcaban en europa, sostiñan unha guerra bestial contra Xapón. EEUU estaba en dous frentes colosais; Rusia só en un. Eu insisto, sen o moi demandado por Stalin, fronte occidental, O exército roxo ao millor nin reconquistaba as súas propias fronteiras. Os americanos forn os grandes protagonistas na liberación de europa


Regal,

non entras no fondo da cuestión... se viviras en Libia, ¿Quererías ou non quererías que te axudara España a liberarte de Gadafi? é igual cando ou porqué... ¿quererías ou non? Seguramente non, supoño.

Cando Franco nos oprimía, ¿Quererías ou non quererías que outros paixes axudaran a librarnos del? Polo que se ve estás dacordo en que ninguén nos axudara e que o ditador morrera na cama tan tranquilo. Pois iso, como os españois nos tivemos que foder, que se fodan todolos demáis ¿non sí? Esa é a xustiza socialista. A min non me gusta... pero a respeto.
Comentario por Xurxo Pena (24-03-2011 12:00)
19 Por qué non facemos os deberes?, por qué non desenrolamos un modelo enerxético autarquico para evitar beber de fontes alleas?, por qué non establecemos os canles financieiros para que Galiza-España-Europa non tenhan interdependencia estratéxica?, seguimos igual dende fai séculos, so que agora non temos colonias que nos alimenten. Mentres non fagamos os deberes, teremos que comulgar con decisions alléas, incluso fodidas como meternos en guerras e tratar de xustificalas con argumentos tipo Heidi...en fin mais leña, cando estoupe todo vamos ter que enchufar o noso modo de vida "la sociedad del Bienestar" ós collós, somos moi dependendes de paises e rexímenes inestables, e tratamos de convencernos a nos mesmos d#blgtk08#e que o noso modo de vida e o correcto, somos arrogantes, e seguimos pensando igual que nas cruzadas, o malo e que cada vez vamos ter menos capacidade de inxerencia, China e india estan a crecer moito mais ca nos, o mundo árabe é un polvorín (non creo que eles lean a Nietzsche)e seguen coas suas movidas relixioso-ideolóxicas, y Europa facendo negocios con eles cada vez mais forzada a acordos imposibles porque cada vez dependemos mais deles. Que siga la fiesta, Nunca unha guerra tuvo motivacions altruístas, sempre (dende Mesopotamia) foron debidas a temas estratexicos e sobre todo financieros ou de captura de recursos. En fin, xa veremos que pasa, pero vexome no monte collendo molime para facer combustible...
Comentario por Fran García (24-03-2011 13:17)
20 Por qué non facemos os deberes?, por qué non desenrolamos un modelo enerxético autarquico para evitar beber de fontes alleas?, por qué non establecemos os canles financieiros para que Galiza-España-Europa non tenhan interdependencia estratéxica?, seguimos igual dende fai séculos, so que agora non temos colonias que nos alimenten. Mentres non fagamos os deberes, teremos que comulgar con decisions alléas, incluso fodidas como meternos en guerras e tratar de xustificalas con argumentos tipo Heidi...en fin mais leña, cando estoupe todo vamos ter que enchufar o noso modo de vida "la sociedad del Bienestar" ós collós, somos moi dependendes de paises e rexímenes inestables, e tratamos de convencernos a nos mesmos d#blgtk08#e que o noso modo de vida e o correcto, somos arrogantes, e seguimos pensando igual que nas cruzadas, o malo e que cada vez vamos ter menos capacidade de inxerencia, China e india estan a crecer moito mais ca nos, o mundo árabe é un polvorín (non creo que eles lean a Nietzsche)e seguen coas suas movidas relixioso-ideolóxicas, y Europa facendo negocios con eles cada vez mais forzada a acordos imposibles porque cada vez dependemos mais deles. Que siga la fiesta, Nunca unha guerra tuvo motivacions altruístas, sempre (dende Mesopotamia) foron debidas a temas estratexicos e sobre todo financieros ou de captura de recursos. En fin, xa veremos que pasa, pero vexome no monte collendo molime para facer combustible...
Comentario por Fran García (24-03-2011 13:20)
21 Espero que os teus historiadores no#blgtk08#n sexan Pio Moa e mais Cesar Vidal.
Comentario por A cruz da Campá (24-03-2011 23:14)
22 É un negocio redondo, un ditador amigo (será un fillo de puta pero era o noso fillo de puta) pónse un pelín bobo, así que vas e esnaquízaslle os avións franceses e italianos e os seus avións HERCULES americanos, e aproveitas tamén para rebentar a competencia rusa machucando avións MIG e tanques T dos anos 80. NON hai mellor forma de abrir mercado que rebentar tecnoloxía obsoleta.

Logo ao goberno monicreque que poñas no poder (por moi lexitimas que sexan as protestas dos rebeldes non lles quedará ou#blgtk08#tra que ser monicreques xa que as forzas armadas estarán feitas polvo, se é que queda algo delas) presiónaslle para que che poña o petroleo máis barato e de paso ensínaslles o chulos que son os nosos eurofighters e os F/A-18 Super Hornet, moito mellores que os O seu-35 que tiña encargados Gadafi, onde vai parar (A alguén lle sorprende que Rusia se opuxese a esta guerra?).

Poida que evitemos unha traxedia, pero non se fixo polas vidas civís e quen sabe que novas traxedias desatamos.

Comentario por Rias Baixas (25-03-2011 19:04)
23 Se o coronel decide fuxir de Trípoli e refugiar-se em algum outro lugar, poderia provar em Madrid. Xá tem a chave de ouro da cidade. Entregoulla Gallardón, em 2007, durante um emotivo ato em que o alcaide elogiou “os laços históricos e culturais” que unem a ambos estados. #blgtk08#Nessa mesma viagem, a sua primeira visita oficial ao Reino de Espanha, tambén foi recibido por Zapatero e polo rei. Joám Carlos de Bourbom inclusso lhe permitiu passar revista a umha companhia da Guarda Real ao tempo que a banda de música interpretava umha marcha militar"
Comentario por Zeca (25-03-2011 19:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal