A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON SOMOS IGUAIS ANTE A LEI
Xa sabemos que, de feito, non somos todos iguais ante a lei, que hai privilexios, prevendas e tratos de favor segundo o nivel económico, a posición social, a profesión, o parentesco e outras circunstancias, que establecen diferenzas, preferencias, clases e, en suma, unha vexatoria e inxustificable desigualdade entre uns seres humanos e outros.

Sin embargo o artigo 14 da Constitución establece que todos os españois de a pé, son iguais ante a lei e non pode haber discriminación por razón de nacemento, raza, relixión, sexo ou opinión. Pois ben, non é esa a impresión que teñen os cidadáns. O 68,8% cre que ese precepto constitucional non se cumpre; é máis, o 82,6% di que os xuíces favorecen máis a unhas persoas que a outras. Entre os mellor tratados están os ricos, segundo o 48,6%, e os políticos, de acordo ao 26%. Son datos da sondaxe do Centro de Investigacións Sociolóxicas de febreiro.
Dende logo si eu fora xuiz ou xuiza caeriame a faciana de vergoña, por como opinan de min e da miña profesion os paganos que cos seus impostor pagan o meu salario.
O retrato que debuxa o último estudo do CIS é demoledor. Os tribunais non son a institución peor valorada, reciben unha nota de 4,6, moi por baixo dos 6,3 e 6,1 que reciben a Garda Civil e a Policía, e por encima do 3,3 do Goberno e o 3,9 do Parlamento, pero cando se consulta aos cidadáns sobre as súas actuacións saen bastante mal parados. Apenas o 14,3% afirma que os xuíces tratan por igual a todos os que acoden a eles.

De cando en vez, teño a rara costume de follear na rede o Boletín Oficial do Estado, ao final do mesmo e sen ningunha publicidade, (non vaia ser que a xente decátese), aparecen publicados os indultos que as autoridades pertinentes teñen a gracia de conceder. Pois velaquí que na relación deses indultos. (Polo si ou polo non, aínda que son datos públicos porque están no BOE, omito os nomes pero poden velos ustedes, como fixen eu, aparecen os cargos polos que estaban condenados e as penas que tiñan).

Algúns casos, chaman a atención poderosamente, que non vedes a ninguén que estea inculpado por atracar nunha tenda ou por cousas desas que adoitan facer o común dos mortais que están en prisión agora mesmo?.
Está claro que todas as persoas non somos iguais, hai xente que sae na tele todos os días inculpada de defraudar, de roubar, de suborno, de prevaricacións, de mentir, de enganar a miles de persoas ou miles de millóns, de atentar conta a saúde dos demais ou contra o dereito dos “currantes”, e seguen saíndo na tele mentres gastan a súa fortuna, van ás súas douradas festas nos seus luxosos coches ou cos seus choferes oficiais?
AH, ESTES INDULTOS ESTÁN ASINADOS POR JUAN CARLOS DE BORBÓN, REI DE ESPAÑA E O MINISTRO DE XUSTIZA FRANCISCO CAAMAÑO DOMÍNGUEZ e en todos eles, a condición para ser indultados é durísima da morte: "a condición de que non volva cometer delito doloso no prazo de cinco anos desde a publicación do real decreto" .
Otero Regal
Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 ¿ Como é posible que sabendo estas cousas que ti analizas..... que xa sabe moita xente , ( ainda que non o miudo ) que non o di , #blgtk08#ou ben no sabe expresalo pero comprende que é asi , Que a moitos se lles encha a boca decindo que estamos nunha DEMOCRACIA . Saude
Comentario por xose manuel (14-03-2011 13:32)
2
Iso esta claro o d#blgtk08#iñeiro e a posicion mandan.
Comentario por Covas (14-03-2011 14:49)
3
Claro que non. Pero tampouco o é a medicina. os ricos poden pagarse custosos tratamentos para seguir neste mundo, mentres o pobres son tratados como sacos inservibles. Para que gastar diñeiro en tratar de manter con vida a alguén que é unha carga social se ao final todos temos que morrer? Que pasa coa educación? é a mesma a q#blgtk08#ue se dá aos que pagan nun colexio privado qe os que acoden a un público?
Imos, se ata as mulleres ven máis atractivo a un home de avultada conta corrente que a un pobreciño. Nada é igual porque todos somos difertens e as teorías da igualdade que se perseguen con forza estan condenadas a chocar contra a propia condicion humana
Comentario por Basanta (14-03-2011 14:51)
4 La justicia es muy cuestionada en los paises desarrollados, igualmente lo es tambien en España. Pero que el Sr. Garzón es un magistrado que ha aportado dignidad a la justicia española, no hay duda. Es reconocido en todo el mundo. Deben de meditar los sectores rancios de la derecha que estan tratando de apartarlo de la#blgtk08# carrera judicia ( audiencia nacional), por dos temas de justicia: 1º. Gurtell. y 2º.- memoria historica. Se equivocan será mejor para ellos que en estos casos entre la justicia, a la larga es lo mejor para ellos, pero la condena de inocentes son lozas que perduran para siempre los martires no son buenos para nadie.
Comentario por Lazaro (14-03-2011 14:53)
5
Se che presentan a un politico corrupto, e non fai falla ie a Valencia ou a Sevilla, temolos a o ladiño da casa , dáslle a man e lle sonries. O ser humano xa ten mecanismos sociais para que os demas díganlle á persoa abusona que non é aceptado socialmente. Pero non vale con escribilo na prensa,SEÑOR REGAL ten que ser algo fisico, porque asi é a natureza humana. Sei que custa, pero se cho presentan e opinas asi, debes de facerllo notar coa mirada e o tacto, que che dá noxo como persoa. Non hai nada mais forte que o rexeitamento social ou a aceptación social. Pero, xa digo que ten que ser algo relativo ao trato directo. Facer unha campaña: se me toca,ao meu, cando mo presenten demostrareille o meu noxo...
Fixástesvos a onda de "zapatazos" dos disidente#blgtk08#s aos líderes empezando co primeiro que lle lanzaron a Bush?... a min non me parece ben a violencia, pero si paréceme ben que se che vai a dar a man, dígaslle que non, que o que fai coa xustiza é inmoral e que non poderías nin tomarche un café co....
cantos dos seus opoñentes políticos tómanse cafes e viños dándolle a falsa impresión de que ten un sitio na sociedade, de que aceptan o que fai que é moi grave..?
Á fin e ao cabo, fai 50 anos non che retiraban o saúdo... pegábanche un tiro: Kennedy, Luther King, Reagan, o Papa...
Non pode ser que encima pensen que a sociedade acéptalles e admíralles, cando hai moitas persoas que senten nauseas de pensar neles e no que fan. E xa digo, a violencia non ten sentido. E non é eficaz, e non é intelixente.
Comentario por Breogan (14-03-2011 19:41)
6 Lo dejo dicho SARAMAGO:Hay jueces buenos y justos a quienes se agradece que existan, hay otros que, proclamándose a sí mismos justos, de buenos tienen poco, y, final#blgtk08#mente, además de injustos, no son, dicho con otras palabras, a la luz de los más simples criterios éticos, buena gente. Nunca hubo una edad de oro para la justicia.
Comentario por De Saramago (14-03-2011 19:44)
7 A xusticia deste pais comete erros cada dous x tres, xuíces corruptos, pois se que creo hainos, ademais non deberían ser os partidos os q formasen o poder xudicial, porq non hai imparcialidade, non o se, pero hai + inxustiza q xustiza, non só en españa, creo q na maioría do mundo, vemos inx#blgtk08#ustizas en case todos os países, comezando pola que se comete violando os dereitos humanos de millóns de persoas no mundo, non ter vivenda, non ter comida, nin educación, non hai un tribunal internacional q xulga? pois q xulguen aos responsables deses delitos, españa non queda fóra do mundo
Comentario por Isabel (14-03-2011 19:48)
8 A xustiza en Galicia non é pésima senón malísima e#blgtk08# ademais como afirmas moitos xuíces son corruptos
Comentario por Xose (14-03-2011 19:49)
9 Rafaelito non é igual que nós ante a lei; por iso il está xubilado de alúmina, non se sabe moi ben porqu#blgtk08#é, e para celebralo, traballa arreo na libraría da súa dona. Iso é socialismo en estado puro, ¿non sí?.
Comentario por sociovergüenza (14-03-2011 22:03)
10 jajaja me troncho Garzon es igua#blgtk08#l a corrupcion esa es la verdad
Comentario por risitas (14-03-2011 22:23)
11 ¿ Donde está a xustiza , a democracia , a igualdade , a libertade , e non digamos a fraternidadeeeeeee. ¿ que solucion ten unha persoa que quedou no paro e agora sin cobrar do paro ¿ de que vive , si non ten ningun tipo de ingreso e#blgtk08#conómico. ¿ Donde están os principios socialistas , pareceme amin que a moitos que se chaman socialistas terian que revisar o que significa os principios socialistas. ¿ SI PABLO IGLESIAS lebantase a cabezaaa , morreria de asco. Saude
Comentario por xose manuel (15-03-2011 10:44)
12
UNHA XUSTIZA LENTA NON É XUSTIZA
Existen moitos casos no noso país nos que a lentitude da xustiza prexudica dunha forma espectacular á vítima, sobre todo se se trata dun menor.

Poñámonos en situación: unha parella ten un fillo; cando o bebé aínda non conta cun ano de vida, ela,a sua nai e dependente totalmente doutra persoa, decide abandonar á súa parella levando ao pequeno á súa cidade natal e vivir coa súa nai. O pai, con tal de non prexudicar ao seu fillo separándoo da súa nai accede e permite que o seu neno voe a centos de quilómetros. A nai da moza que ata a data estívose encargando do coidado desta e do bebé, enferma de súpeto e aos poucos meses, falece. Nese momento atópanse a nai dependente, e o seu fillo sos. Son acollidos por uns familares que acaban de ter outro fillo, polo tanto os coidados que ían a necestar nai#blgtk08# e fillo non van ser suficientes.

Ante a falta de coidados do seu fillo, e unha vez que o pequeno cumpriu 3 anos, o comprensivo pai entra en acción e solicita a patria potestade do seu fillo para que poida recibir os coidados necesarios e o agarimo que a familia coa que vive o seu fillo non lle dá.

Entre papelorio e avogados de oficio transcorreron xa uns cinco anos. O neno vai crecendo e non entende por que non pode estar co seu pai que é o que lle dá o que necesita e é onde sentese querido; pero este tenlle que quitar esa idea ao neno porque aínda non sabe nada da xustiza.

Nesta historia que é verídica Quen é o que está sufrindo? Sen dúbida o gran prexudicado é o neno que, por culpa da lentitude da xustiza, non está recibindo os coidados que necesita, e o que é peor, non ten o amor e o agarimo que debese ter.
Comentario por Luis (15-03-2011 19:21)
13 En España no existe nada que se par#blgtk08#ezca ni remotamente a la Justicia.
Comentario por Zote (15-03-2011 19:22)
14 Aos pobres (de cartos que non de mentalidade) sempre nos queda a satisfacción de que os ricos (de cartos que non sempre de mentalidade) hai unha xust#blgtk08#iza a que non escapan: A morte, que esa si é democratica e lebanos a todos por igual, sen distinción de sexo, raza, idioloxia, cartos, posición, etc.
Comentario por A cruz da Campá (15-03-2011 23:28)
15 El gobierno socialista de Msdrid sigue desmontando las fantasías y mentiras de Melchor Roel ¿También miente el gobierno de ZP, Melchor?:

http://www.cope.es/16-03-11--el-gobierno-desmiente-a-roel-y-no-es-capaz-de-confirmar-la-cuantia-economica-que-dedicara-al-area-etnografica-de-area-234797-1

El Gobierno desmiente a Roel y no es capaz de confirmar la cuantía económica que dedicará al Área Etnográfica de Area

En mayo el regidor municipal anunció una inversión millonaria y ahora el Ejecutivo socialista responde a una pregunta de la #blgtk08#senadora popular Carmen Gueimunde tan solo que “se está tramitando económicamente una intervención con el fin de proceder a la continuación de las excavaciones”. El Ejecutivo también ha confirmado, en otra respuesta a Gueimunde, que otro de los proyectos competencia de Costas, la acera por la orilla del mar en los 800 m anteriores al área etnográfica de A Insua (Viveiro), sigue, después de cuatro años, en fase de expropiación. La senadora popular Mariña Gueimunde, considera una vez más que “los anuncios de Roel son mentira” y los anuncios del acalde son “un brindis al sol”
Comentario por Fantasías animadas de Roel (16-03-2011 16:34)
16


Evidentemente unha xustiza lenta crea inxustizas.
Unicamente móstroche o meu desacordo coa túa expresión "entre papelorios e avogados de oficio". Pola parte que me corresponde, a lentitude da xustiza de ningún xeito pode corresponder ao "avogado de oficio" (por outra banda un profesional ninguneado non xa só polas adminis#blgtk08#tracións públcias senón polo seu propio Colexio profesional).
Creo que habería que desterrar esa afirmación que non por moito repetir é verdade de que se é o avogado é de oficio é "malo" ou "non se preocupa", a cuestión se é bo profesional ou non, se é honrado ou non, e isto é predicable de calquera avogado sexa ou non de oficio.
Un abrazo
Comentario por agustin dixo... (16-03-2011 19:21)
17 Pregunta o poeta madrileño Francisco de Quevedo (1580-1645) nas nove musas castelás : "Quen os xuíces con paixón / sen ser ungüento fai humans / pois untándolles as maos / abrándalles o corazón?/ Quen gasta o seu opilación/ con ouro e non con aceiro?:/ o diñeiro".

O mesmo escritor noutra obra O al#blgtk08#guacil alguacilado conta que nunha ocasión baixaron desde o ceo a Verdade e a Xusticia. A primeira non atopou quen a adoptase e cansa encarnouse nun mudo. Pero á Xustiza foille moito peor: cando observou que se invocaba falsamente o seu nome para honrar tiranías regresou ao ceo e non deixou rastros nesta Terra.
Comentario por HOME DE LETRAS (16-03-2011 19:27)
18 De una simple busqueda en google, lo primero que sale SON LOS INDULTOS DE Q#blgtk08#UE HABLA REGAL
www.boe.es/boe/dias/2006/08/08/pdfs/A29792-29793.pdf
Comentario por Rosa (16-03-2011 19:39)
19 Difama que algo queda. Próximo discurso de Rajoy: "Zapatero fue también el causante de que Roma invadiera l#blgtk08#a Península Ibérica". ¿Alguna vez nos daremos cuenta del discurso vacio e incosistente de estos señores?.
Comentario por Z (16-03-2011 19:39)
20 Algúns tedes a capacidade de falar de Roel en calquera tema. Vaia fixación meus amigos. Deus queira que non saía elixid#blgtk08#o outra vez (tanto por vós como sobre todo polos viveirenses), porque intuio que algúns teríades que acabar emigrando.
Comentario por Fantasías animadas de Aja (17-03-2011 01:10)
21 Nota de prensa:
Roel salienta que “o PP recoñece que a Deputación vese na obriga de asumir as competencias da Xunta en Lugo”

- A negativa a un plan de emprego para Lugo, ó bloqueo á construción do centro de recría ou a negativa a rebaixar o prezo do solo industrial, exemplos da “incompetencia” da Xunta

- Roel subliña que “mentres a Deputación asume as súas competencias, a Xunta agóchase día a día na confrontación co Goberno de España”

- O Deputado asegura que “o Executivo galego non só elude as súas responsabilidades, senón que ademais premia ós veciños que fan o seu traballo con sancións” poñendo como exemplo o acontecido na parroquia de Santa María de Lóuzara

O Deputado de Persoal do organismo provincial e Alcalde Viveiro, Melchor Roel, manifestou este mércores a opinión do equipo de Goberno provincial diante dunha pregunta que mañá será respostada no Parlamento pola Xunta, e que presentou o Deputado do PP, José Manuel Balseiro. No escrito, o popular manifesta o seu malestar porque a Deputación está a construír 10 residencias con centros de día, así como a contratar a 711 desempregados co Lugo Emprega malia, segundo Balseiro, “non ter competencias directas na materia” xa que estas lles corresponden á Xunta. Roel salientou que “as preguntas do señor Balseiro poñen en apuro a Feijóo xa que veñen recoñecer que, ante a incompetencia da Xunta en Lugo, a Deputación vese na obriga de asumir as súas competencias na provincia lucense”.

Para o Goberno provincial a Xunta amosa unha enorme incompetencia nos asuntos que lles corresponde, obrigando a actuar a outras administracións como a Deputación de Lugo. Son exemplos: a negativa a crear un plan de emprego para Lugo, a falta de apoio do Goberno autonómico ós Concellos ante os asolagamentos do mes de xaneiro, o bloqueo á construción do centro de recría na granxa Gayoso Castro que beneficiará a centos de gandeiros, ou a negativa a rebaixar o prezo do solo industrial o que favorecería.

Neste senso, o Deputado salientou que “á Xunta non lle#blgtk08# preocupan os danos que provocaron as choivas nos municipios, nin o emprego, nin os servizos os cidadáns. A súa única preocupación é que a Deputación asuma as súas competencias atendendo ós veciños desta provincia. Mentres, o Goberno galego elude as súas responsabilidades e agóchase día a día na confrontación co Goberno de España”. A maiores, engadiu que “o Goberno galego está tan preocupado do que fai esta Deputación, que Feijóo nombrou durante o debate do Estado da Autonomía ata en 3 ocasións ó organismo provincial, sendo a única administración galega a que fixo referencia”.

“Premia ós veciños con sancións”

O Deputado de Persoal manifestou ademais que “o Executivo galego non só elude as súas responsabilidades, senón que ademais premia os veciños que teñen que facer o seu traballo con sancións”. Como exemplo destacou o acontecido na parroquia de Santa María de Lóuzara onde “os cidadáns arranxaron unha vía de titularidade autonómica porque a Xunta non o facía, e cal foi a súa resposta?: premiar ós veciños cunha sanción de 300 euros”.

Roel destacou que “é unha sorte que Balseiro sexa Deputado do PP porque, aínda que só se adica a intentar entorpecer o labor deste Goberno provincial, o único que consegue é denunciar os fracasos e incompetencias dos compañeiros do seu propio partido”. Deste xeito, engadiu que “o señor Balseiro pregunta se a Deputación consensou coa Xunta a construción de 10 residencias con centros de día na provincia. Eu respóstolle que nós tivemos que actuar e crear estes servizos para os cidadáns de Lugo porque a Xunta ten abandonada a nosa provincia. O Deputado do PP tamén se pregunta se a Xunta ten coñecemento do Lugo Emprega recoñecendo ademais, que a Deputación seguiu criterios obxectivos como o número de parados e o de habitantes para crear en todos os Concellos un total de 711 novos postos de emprego. Xa quixéramos os Alcaldes que o Goberno galego empregase estes criterios no seu Plan Concertado e non a liña caciquil a que nos teñen acostumados, confundindo as institucións cun clube de amigos”, sentenciou.
Comentario por Nota de prensa: (17-03-2011 10:42)
22 Roel xa ten quen lle escriba... isto promete.

a ver, ¿cómo vai a candedatura d#blgtk08#o Pata? ¿Farán caso os de IVI ás recomendacións que lle están facendo Cabarcos e máis Roel?
Comentario por Rodrigo (17-03-2011 11:59)
23 Te dejo, amigo, mis últimos escritos

http://consulado#blgtk08#garamantaenviveiro.blogspot.com/2011/03/la-impotencia-electoral.html
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (18-03-2011 07:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal