A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARREMANGATE MARIA ARREMANGATE

Ala por finais do 70 sae un disco de Petapouco, un grupo pachangueiro e divertido que facia música de bailongo en galego, no disco tiñan unha cancionciña de ritmo tropical que empezaba cantando: “Eu veño de Uruguay falando inglés ninguén me entende……..arremángate Maria, arremángate…..”. Este motivo ven que nin posto para empezar o sermón de hoxe, que xira entorno a unha noticia saida nos papeis esta semana na que Melchor Roel, alcalde de Viveiro volta ás andadas co Interventor municipal o que volta a acusar de poñer a zancadilla que mantén bloqueados os cartos comprometidos con a Xunta de Cofradías de Semana Santa, tratase de 32.458 euros que ten pendientes do ano pasado e que estaban adicados a sufragar a edición do “libro-Pregon de Seman Santa do 2010
As pegas do Interventor veñen dadas por que o Concello non pode desembolsar ese diñeiro dado que se incumplen un dos apartados do convenio subscrito entre as partes. En concreto, o que establece que a Xunta de Confrarías debe empregar a lingua galega na publicacón.
O alcalde que veu de Uruguay falando un chapurreado, e en tantos anos como leva aquí non foi capaz de falar o idima de Rosalia, di que eso son caralladas e que o libriño de marras, donde colabora a flor e a nata dos literatos, historiadores e outras herbas de Viveiro, “fora editado en lingua castelá porque se distribúe en todo o territorio español e o seu principal obxectivo é difundir a Semana Santa de Viveiro”. Intervención tamén pon reparos porque a Xunta de Cofradías non entregaron toda a documentación requerida.
Un na sua infinita inocencia, cria que os convenios son para cumplirse, e si dice en lengua galega, ten que ser en lingua galega e si non leelo antes e poñer en lengua castelá, romani ou flamenca ou balona, por outra parte o libriño-pregón en questión non pasaria nada si fose en galego, e un idioma facil de comprender por quen queira facelo e, diga o que diga o rexidor a maioría dos que o folleamos e coleccionamos somos indíxenas e falamos a lingua indixena por naturaleza, o galego.
E aproveitando que o Landro pasa por debaixo de Xunqueira, quixera pedir ao alcalde constitucional de Viveiro, que entre cervexa e cervexa vaia a algunha crase nocturna para expresarse ben na nosa fala, xa vai séndolle hora de facelo, e ademais ese asunto vai incluido no soldo e no cargo, ademais quen humildemente llo pide e un votante, crarificando que e xerundio, que co seu voto ustede ten o poder e o cargo que ten.
E, para acabar deixille un anaco de un romance de Dario Xoan Cabana:
Xa se fala nos lugares onde lle era antes vedado, inda que hai quen a discute porque hai moito desleigado. Inda hai pais que son contrarios a que a aprendan os seus fillos sexa porque non o pensan ou que os movan catro pillos. Este noso antigo idioma é unha lingua de cultura e é vergoña pra un galego non falala con soltura. "O galego que non fala na lingua da súa terra, nin sabe o que ten de seu, nin é merecente dela".
Otero Regal

Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2011 07:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 A min éme igual que Roel fale galego, castelán ou uruguaio. A min o que me importa é que este inútil de Alcalde faiga algo proveitoso para este pobo, que non fai nada de nada, só montar líos.

O tipo en oito anos afundiu Viveiro. O outro día o seu número dous no PSOE de Viveiro (Salvador Serantes), fíxolle unha entrevista maxaxe onde este home foi incapaz de presumir dunha soa obra importante pra este pobo. Adicouse a falar en xenérico e a queixarse do malos que son tódolos demáis... adicouse a ver se dando pena dicindo que todo o mundo vai contra il, acada a misericordia deste pobo.

O problema do alcalde non é a lingua na que fala.... o problema é que coa que está caendo por riba de nós, adícase a enfrontarse con todo o mundo alí por onde vai. Agora vainos meter nu#blgtk08#n lío de moito carallo coa obra de Verxeles.... vai montar unha que vai dar que falar... a Semana SAnta está ahí e o verao tamén, os dou momentos económicos máis importantes pra este pobo, cando ven xente de fora... pois o irresponsable iste, vai facer unha obra cortando a arteria principal de entrada a Viveiro que vai provocar un caos, e cando o caos se coñeza, a xente vai vir a Viveiro por Cuba la Vieja..... que ben viña a variante co enlace en Magazos, e ninguén se enteiraría desa obra baixo a ponte... pero non, Roel a estragar todo o que pode. Este home só estraga, non fai... e agora vai montar unha que vai pasar á historia.

Ogallá nas eleizóns municipais os viveirenses botemos da alcaldía a este inútil, e que veña outro, quen sexa, pero que poña un pouco de sentidiño común.
Comentario por Xurxo Pena (02-03-2011 12:48)
2 Mira que es inocente, Sito. Queres dúas cousas incompatibles con Roel, que acate a lei e que respecte a cultura galega. Lémbrote que a concelleira de "kultura" non sabe falar galego porque ela é de Ferrol(alí falase so castelá, como todo o mundo sabe)faltoulle engadir "del Caudillo". É un desprezo á nosa cultura ter a Cachi de responsable, así nos vai.

#blgtk08#/> E se Roel dí que non fai falla que vaia en galego, pois non vai, que "o alcalde é el" como di sempre. E se a lei dice outra cousa, a Roel dalle igual, pois "o alcalde son eu" como non se cansa de repetir, e xa se sabe que o que di o Papa de Roma e o que dí Melchor Roel son verdades de fé; que o Papa está inspirado polo Espirito Santo e Melchor Roel pola 1906.
Comentario por Chachi Piruli (02-03-2011 15:03)
3 Ya está Roel acusando y acosando al Interventor para tapar su incompetencia. Lo que importa es si el pago es legal o no es legal. Si se incumplen las condiciones del convenio y el libro tenía que ir en gallego, no se puede pagar o se incurriria en prevaricación. E#blgtk08#n este caso, el Interventor tiene toda la razón y por mucho que Roel le insulte, presione y amenace, no puede informar favorablemente lo que quiere este tipo, que tenemos la desgracia que ocupe la alcaldía y que no ejerce como alcalde, sino como matón de taberna.
Comentario por Menudo tipo (02-03-2011 15:42)
4 Xa sabe señor Regal, "... la culpa es del este del otro y del otro. #blgtk08#Nunca mía." E si non teño a quen darlla "la culpa fue del chachacha"
Comentario por A cruz da Campá (02-03-2011 23:37)
5 «O galego é um idioma extenso e útil, porque -com pequenas variantes- fala-se no B#blgtk08#rasil, em Portugal e nas colónias portuguesas.»

(Sempre em Galiza)
Comentario por Reis (03-03-2011 07:50)
6 «Galiza é um povo encolhido, tímido, humilde? Nom, por certo, pois fala o seu idioma ainda que sempre lhe dixérom que o castelhano era melhor#blgtk08#. Encolhidos, tímidos, humildes, som os galegos que falam em castelhano e que literariamente endejamais recorrem ao galego.»
Castelao
Comentario por Reis (03-03-2011 07:51)
7 «Galiza é um povo encolhido, tímido, humilde? Nom, por certo, pois fala o seu idioma ainda que sempre lhe dixérom que o castelhano era melhor#blgtk08#. Encolhidos, tímidos, humildes, som os galegos que falam em castelhano e que literariamente endejamais recorrem ao galego.»
Castelao
Comentario por Reis (03-03-2011 07:51)
8 O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe o que ten de seu
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu
perdidiño pola vida rexeita a sua lingua
sabendo que ven de atrás
sabendo que ven de atrás
da nosa xente #blgtk08#querida
ainda hoxe falámo-la!f
alámola naturalemente
falamos como a nosa xente
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe oque ten de seu
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela,
galego da tua TERRA
Comentario por Neira (03-03-2011 07:53)
9 É unha mágoa, pero é así. Hai moita xente que renega da nosa lingua, aínda que algúns digan o contrario. Simplemente hai que darse unhas voltas polas vilas e escoitar a xente falando. Polo menos na miña zona, o castel#blgtk08#án debe ser o que máis se usa, e dame moita rabia. E na xuventude é peor, por desgraza é como se estivera mal visto.
Non estaremos dando un paso atrás?

Esperemos que non, e isto sexa pasaxeiro.
Comentario por Carlos Sousa (03-03-2011 07:53)
10 Resulta ben difícil de entender que haxa alcaldes que din ser de esquerda que reneg#blgtk08#an da súa propia cultura; pero todos coñecemos casos por doloroso que nos resulte.
Comentario por Basanta (03-03-2011 07:55)
11 La Voz de Galicia, 03/03/2011

"Coacción cobarde"
Agazapados tras seudónimos, pero con inconfundibles estilos que los delatan, aspirantes a figurantes se prodigan pontificando y propagando infundios en internet. Lacayos y mensajeros de quienes les cobijan mientras les resultan út#blgtk08#iles, emplean el único recurso al que pueden aferrarse quienes carecen de argumentos. Abonados al difama que algo queda, sus soflamas les dejan tanto en evidencia que acaban volviéndose en su contra, y en la de quienes les protegen. Yerran quienes confían a coacciones tan cobardes éxitos o fracasos.
Comentario por (03-03-2011 11:03)
12 Hoxe fixen novo post:

http://consuladogaramantaenviveiro.blogspot.com/2011/03/llegada-buen-puerto-y-el-des-interes.html

Xa falei tamén do asunto da obra da ponte, que llo recomendo a Xurxo Pena: de cómo unha obra pagada por outros serven para atraer votos.

Con respecto ó que Alfonso nos di, habería moito do que falar. Eu achaco a falta de ordenamento económico e financeiro en Viveiro á falta de coñ#blgtk08#ecementos técnicos do alcalde e do grupo de goberno —que son extensivos non só ó económico, senón que ó resto de materias, e se non véxase o do porto de Viveiro—. Supoño que non serán tan parvos como para obrar, neste campo, con mala fe.

Doulle as gracias a Sito, tamén, por lembrarse da miña prima, María a Arremangada; Infanta Garamanta; que lle manda saúdos.

Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garamantas
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (03-03-2011 11:04)
13 "Agazapados tras seudónimos, pero con inconfundibles estilos que los delatan, aspirantes a figurantes se prodigan pontificando y propagando infundios en internet. Lacayos y mensajeros de quienes les cobijan mientras les resultan útiles, emplean el único recurso al que pueden aferrarse quienes carecen de argumentos. Abonados al difama que algo queda, sus soflamas les dejan tanto en evidencia que acaban volviéndose en su contra, y en la de quienes les protegen. Yerran quienes confían a coacciones tan cobardes éxitos o fracasos."
La Voz de Galicia

Esto merece unha analise, porque van falar precisamente os que tiñan que estaren máis caladiños.

A quen escrebe isto no periódico, habería que lle recor#blgtk08#dar que na Voz de Galicia tiveron que rendire contas por publicare na web e no periódico un anónimo dises que agora tanto critican, onde se difamaba a un integrante dunha asociación de Celeiro no asunto do Celeiriño. Non recordo aos que agora se amosan tan ofendidos, que pediran as desculpas que merecía o dano inxusto que provocaron.

Todos sabemos o que é internet....é o que hai, ata que non se regule coma Deus manda. De tódolos xeitos o problema que ten A Voz de Galicia en Viveiro é que non aceta críticas. Eles poden publicar o que lles veña en gana, apoiando con todo descaro a quen queiran, servíndose do periódico para axustare contas... pero ninguén lles pode criticar, porque os críticas que se lles faigan serán tildadas de
Comentario por (03-03-2011 11:30)
14 "Agazapados tras seudónimos, pero con inconfundibles estilos que los delatan, aspirantes a figurantes se prodigan pontificando y propagando infundios en internet. Lacayos y mensajeros de quienes les cobijan mientras les resultan útiles, emplean el único recurso al que pueden aferrarse quienes carecen de argumentos. Abonados al difama que algo queda, sus soflamas les dejan tanto en evidencia que acaban volviéndose en su contra, y en la de quienes les protegen. Yerran quienes confían a coacciones tan cobardes éxitos o fracasos."
La Voz de Galicia

Penso que tan sesuda reflexión merece unha opinión... polo menos eu vouna dar.

Hai que recordarlle a Voz de Galicia que precisamente foron eles os que tiveron que rendire contas por publicare na web e no periódico un anónimo onde se difamaba ao integrante dunha asociación de Celeiro. Lembro que o feito aconteceu cando buscaron a opinión dos viveirenses sobre o derrumbamento do Celeiriño. Con estes antecedentes, lecións deste periódico aos máis, as xustas.

"Lacayos y mensajeros de quienes les cobijan mientras les resultan útiles, emplean el único recurso al que pueden aferrarse quienes carecen de argumentos".

Vemos co insulto xenérico é a grande aportación do periódico ao problema de que internet seña un campo de anónimos. Ninguén firma este axuste de contas non se sabe con quen, #blgtk08#a ver quen se da por aludido. É o periódico quen tamén insulta, pero o periódico pode facelo, ten patente de corso.

Ao periódico o que lle molestan son as críticas.... non quere críticas, nin anónimas nin firmadas. Eu teño escrito cousas criticando ao periódico, firmándoas coma vou firmar isto, e non mas publicaron porque eran críticas ao periódico. Ao periódico non se lle pode criticar, eles sí poden criticar a quen lles veña en gana. É o bon que ten ser periodista... pontificas, pero ninguén pode ousar dicir nada, ou que se prepare.

Hoxendía a xente non chupámolo dedo. Sabemos de que vai o roio iste dos medios de comunicación. Sabemos porque a Voz de Galicia en Viveiro apoia a quen apoia cun descaro insultante. Non pasa nada, están no seu dereito... son unha empresa privada e poden apoiar a quen queiran... pero polo menos que non se queixen se a xente os critica por isto.

A voz de Galicia en Viveiro ten vocación de Pravda... é o que precisa o pior gobernante que tivo esta cidade na súa historia. Agora só lles falta unha policía política que se adique a investigar e deter, a quen escrebe críticas ao periódico... as grandes probas son o estilo ("cos delata"), que son "aspirantes a figurantes" e non sei cantas lerias máis. Iso é Estado de Dereito. A iso se lle chama liberdade de expresión.

Sorte coas pesquisas... a min podenme vir a buscar a casa.
Comentario por Xurxo Pena (03-03-2011 12:00)
15 Sorprendeume o articulo ese da Voz de Galicia, supoño que terei que afectame a cousa, ainda que señe por pasivo "Abonados al difama que algo queda, sus soflamas les dejan tanto en evidencia que acaban volviéndose en su contra, y en la de quienes les protegen."
Este anaquiño, supoño que e por este blog, que vai para 6 anos, donde normalmente non se censura a naide teña de acordo conmigo ou non, excepto cando se me chama fillo de puta ou similares lindezas, ainda asi poño algunha desas misivas.
Moitas veces teño pedido a os comentarista que moderen o seu lenguaxe, que non insulten, e incluso defendin aqui a os profesionais periodistas dese medio, alguhos deles amigos e ex compañeiros, eu en otras epocas (13 anos) fixen informacion encol de Viveiro e bisbarra, sego a publicar casi todos estes post previamente no PROGRESO ainda, cada domingo.
De todasa formas #blgtk08#esta historia de internet e moi novedosa e danos moita mas livertade de expresion e de contar cousas que a prensa diaria obvia, ben por interes, lease publicidade, ou porque non as cree interesante.
A min non me gustan os anonomos, nin os que aqui se utlizan, nin os que non firman oas suas opinions nos periodicos, uns e outros e facil deducir quen son, e sn exemplo delo, eu firmo sempre o que digo ou garabateo, pero eso ten os seus costes, contobolo eu que teño moita experiencia na lavor, a un servidor votarono da COPE, da RADIO GALEGA, do Progreso, como corresponsal, da SER, en algunhas ocasions por incompativilidade de caracteres e en outras como a SER de Viveiro por presions explicitas de CESAR AJA MARIÑO alcalde da epoca a quen non lle gustaban nada os meus programas A PICOTA e a TERTULIA SEMANAL, mira por donde hoxe a debandita emisora e un cadeliño ben amaestrado.
Comentario por Otero Regal (03-03-2011 13:18)
16 Ta claro que La Voz de Galicia quere selo órgano de propaganda do PSOE de Viveiro, e que por riba lles aplaudamos coas orellas. Pois nada, eles son libres pra facer o que estimen oportuno, e nós pra mercar outros periódicos menos reacionarios.

Alfonso, moi interesante iso que se conta por ahí enriba de que tiveron algún problemilla cunha asociación de Celeiro por publicar anónimos.

Non vos esquecer de botarlle de cando en ve#blgtk08#z un vistazo a VIVEIREANDO e tamén a César Aja 2.0 (o último post non ten desperdicio).

Internet é o que máis anima este pobliño, abandoado a la mano de Dios, onde algunha prensa oficial pretende crear unha rrealidade virtual en plan "Os viveirenses non deixan de comentar o ben que fai todo Roel e o malos malísimos que son todos os que critican o que fai"... Cuspidiño cuspidiño a Corea do Norte, Cuba e Venezuela...¡qué grandes referentes!
Comentario por Aspirante a figurante e lacaio mensaxeiro. (03-03-2011 16:40)
17 Áa dictaduras non lle gosta a liberdade de expresión, moléstalles que a xente coñeza a realidade por outros medios que os controlados por eles. As cousas que dí hoxe Melchor Roel na "Voz de su amo", por boca de Salvador Serantes, asinaríaas Gadafi ou Mubarak. O primeiro que fixeron esas dictaduras, en canto empezaron as revoltas, foi pechar a Internet.

Melchor Roel dictoulle a Salvador Serantes#blgtk08# un vergoñento artículo, típico do proceder despótico deste individuo, con insinuacións, insultos, ameazas veladas. De Serantes xa non se pode esperar un mínimo de ética, está totalmente fanatizado con Roel e fala pola sua boca, pero un xornal como "La Voz de Galicia" debería ter un pouco máis de dignidade e ética periodística. Ese escrito é mais propio dun comentario "anónimo" nun blog que dun xornal serio.
Comentario por Kike (03-03-2011 18:20)
18 Sorprendente lo de La Voz de Galicia. Nunca creí que en Viveiro tocaran fondo así. Pensé que eran más serios. Parece el comentario anónimo de un bloguero. ¡Que falta de profesionalidad!

Tim Radford escribió un interesante artículo en The Guardian sobre los “25 mandamientos del periodista“, que según el autor se resumen en uno: “Consigue que te lean“. Cuenta Radford que empezó a escribir espontáneamente una lista de preceptos, llegó a los 25 y nunca se molestó en condensarlos en 10. Yo le voy a “dar una manito” con el decálogo. Me he tomado algunas libertades al resumirlos.

1. Cuando escribes, la persona más importante del mundo es tu lector. Aunque tú tengas la obligación de escribir, los demás no tienen obligación de leerte.

2. Evita la pomposidad, la jerga, lo extravagante: palabras simples, ideas claras, frases cortas.

3. En caso de duda, parte de la base de que el lector no sabe nada, pero sin insultar su inteligencia.

4. Evitar decir demasiadas cosas: una historia, una idea principal. Y no empieces a escribir hasta que decidas cuál es e#blgtk08#sa gran idea. Resúmela en una frase y pregúntate: “si la escuchara mi madre, ¿le engancharía? Muy posiblemente termine siendo la primera frase de tu escrito. Si atinas en esa primera frase, el resto del artículo se desarrollará con fluidez.

5. Cada palabra tiene un significado preciso. Respétalo. Consulta el diccionario a la mínima duda.

6. A veces, los clichés son útiles. Pero úsalos con moderación. Lo mismo se aplica a las metáforas.

7. Lo que más interesa al lector es lo que le toca más de cerca, aunque en el mundo estén pasando cosas más importantes.

8. Lee. Lee mucho. Lee de todo: desde cómics, a clásicos de la literatura universal, pasando por la Biblia.

9. Evita las afirmaciones y los superlativos absolutos. Es abrir una puerta al error.

10. Busca siempre la verdad, y si no la alcanzas, al menos trata de ser justo y equilibrado.

¿Añadirías algún otro mandamiento? ¿Cuál es para ti el principal mandamiento del periodista?

Para mi el principal es: "Sé crítico con el poder establecido".
Comentario por Carl Bernstein y Bob Woodward (04-03-2011 09:07)
19 El programa de "Lugo emprega" es un enchufismo tan vergonzoso que en Viveiro aprobó gente#blgtk08# que no se presentó a las pruebas y sacó de las mejores notas¿Nos lo explica sr. alcalde?
Comentario por Lugo Enchufa (04-03-2011 19:50)
20
"Boa parte de internet non está rexido (aínda) polas leis do mercado. A maior parte dos blogueros non rende contas a un consello de administración nin a un editor. Parece o medio adecuado, xa que logo, para cultivar e fomentar o pensamento disidente e o debate que os medios négannos. E, con todo, cando alguén o intenta (e vimos varios casos recentemente), é condenado, malinterpretado e insultado por parte #blgtk08#dos seus lectores."
Non podes esixir a liberdade de expresión para o sacrosanto autor dun blog e logo quitarlla (esixir que non condenen, interpreten ben ou "mal" ou se absteñan de insultar) aos comentaristas dese mesmo blog. Como din no meu pobo cun refrán moi pouco politicamente correcto, aquí follamos todos ou a puta ao río. Ti verás se a liberdade é algo que só se lle permite ao académico ou ao artista.
Comentario por Rebeca (05-03-2011 08:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal