BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA |
|
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIVEIRO UN CONCELLO ARRUINADO |
|
A situación de boa parte dos concellos mariñans en xeral e do de Viveiro en particular é crítica. Unha parte do seu orzamento depende da asignación que reciben, que é proporcional ao seu número de habitantes. Ademais, recadan varios impostos. Un deses impostos son as licenzas de obra, que estiveron proporcinando uns ingresos notablemente altos en Viveiro e que foron mal gastados en festas, festorros e outras caralladas propias dos politicos que ainda exercen a politica de ?PAN E CIRCO?.
Debido ás moitas construcións realizadas perante o boom inmobiliario. Rafael Amor, presunto concellal de facenda e o alcalde Melchor Roel, vendo entrar semellante chorro de diñeiro nas súas arcas municipais, non se pararon a pensar que eses ingresos eran conxunturais e, cando o boom inmobiliario detivésese, desaparecerían. Así que se dedicaron a facer todo tipo de obras (algunhas útiles e outras absurdas), e a incrementar o persoal do concello, para ofrecer aos cidadáns novos servizos (algúns útiles e outros absurdos, igual que as obras). Roel e Amor ata foron máis aló e, non só non se deron conta de que eses ingresos terminarían calquera ano, senón que pensaron que se incrementarían co tempo, e, por iso, non dubidaron en endebedarse o que fixo falta para facer aínda máis caralladas e incrementar aínda máis o persoal municipal.
Agora, con boa parte dos concello completamente endebedado, un goberno central e unhas comunidades autónomas que non poden gastar diñeiro en axudas (bastante teñen co seu), Que será do noso concello?
Eu creo que, como era previsible, tras o estalido da burbulla inmobiliaria, virá o estalido da burbulla municipal. Todo parece indicar que será este ano, o que non vexo claro é se sacarán os escándalos antes ou logo das eleccións de maio. Imaxino que será despois, porque farán o posible e o imposible para manter ocultas as súas vergoñas ata que pasen os comicios. Se non saen reelixidos, lle deixán o marrón ao novo, que tamen deixou fai 8 anos o concello feitro unhas bragas usadas a nivel economico. Se gañan, outros catro anos de vivir a costa do contribuínte e xa veremos o que se inventan. Pero está claro que as contas non cadran, así que moitos empregados de concellos iranse á rúa e moitas empresas que viven sobre todo de facturar a concellos terán que reducir persoal ou pechar e gastar bos cartiños en abogados para reclamar a deuda contraida por o concello.
Así que me atrevo a predicir o que veremos nos concellos durante este ano e o que vén:
1.- Reducións de persoal.
2.- Redución de servizos á poboación.
3.- Os concellos inventaranse novos impostos locais.
4.- Venda de propiedades municipais.
5.- Saída á luz de moitos escandalos relacionados con alcaldes e concelleiros, xa que, cando non poidan esconderse máis os buracos das súas contas, buscarase aos responsables, e algún que outro sairá nos xornais (só unha parte, claro, pero os casos abundan).
Otero Regal
|
|
|
|
16 Comentario(s) |
|
1 |
Claro que Viveiro está arruinado por culpa de Roel e Amor, pero Leal tamén foi cómplice ¿Como pode estar a oposición calada se non hai presupostos? ¿Por qué calou Leal estes 4 anos? sería interesante que o explicase. #blgtk08#
Viveiro ten un problema moito mais grave cos demais concellos, pois aquí non se sabe a situación real das contas. E inda quedan moitos xuizos pendentes contra o concello que poden acabar de afundir a economía de Viveiro. |
|
|
Comentario por As contas cantan (26-02-2011 00:48) |
|
|
2 |
Si e certo o que di Regal, e eu creo que o e, ¿Como se entende que Ces#blgtk08#ar Aja volvase tolo por voltar a ser alcalde en un concello arruinado? |
|
|
Comentario por Covas (26-02-2011 08:31) |
|
|
3 |
Pareceme a túa exposición algo catastrofista. Non dubido que o concello teña problemas, pero de ahi a reducións de persoal, véxoo dificil (salvo os que se xubilen e non sexan repostos por novo funcionariado).
O que teño claro é que o sangue non chegará xamais ao rio Land#blgtk08#ro e que cando o concello teña algún problema, xa chegará papá estado ou papá comunidade autónoma e inxectaralles diñeiro.
Eu avogaría por reducirlles o soldo, total, poucos son os que traballan e a mayoria son improductivos.
Un saúdo cordial
Javier |
|
|
Comentario por Javier (26-02-2011 08:33) |
|
|
4 |
CARTOS NON TERAN PERO HOXE SABADO AS !" DE MEDIODIA DUAS EMPREGADAS DO CONCELLO DAS QUE FAN LIMPEZA; CON O UNIFORME E TODO REPARTINDO EXEMPLARES GRATIS DE LA VOZ DE GALICIA P#blgtk08#OR A RUA DE ABAIXO E PRAZA DE LUGO, PREGUNTEILLES O POR QUE O FACIAN E CONTSTAROME " E PORQUE VEN UNHA ENTREVISTA CO ALCALDE".
CERTO; E TEÑO TESIGOS, POR SI FAN FALLA. |
|
|
Comentario por VECIÑA DE VIVEIRO (26-02-2011 14:13) |
|
|
5 |
Sempre houbo un papá que socorría a cada alcalde derrochador. Por iso estamos como estamos.
Talvez pásome de catastrofista, pero, o que non pasou nunca, non pasa, ata que pasa.
Non creo que despidan a funcionarios, pero hai moito persoal laboral e eventuais ao servizo no Concello de Viveiro, que serían os que caesen.
Agora#blgtk08# a presión desde Alemaña e a UE para pór as contas claras é moi forte, e sen capital estranxeiro afogámonos en meses, así que xa veremos canto conseguen manter a merda oculta debaixo da alfombra.
Eu creo que Zapatero está procurando facer a caída progresiva, a ver se o sector privado toma a substitución e non saen noticias demasiado . |
|
|
Comentario por Foz (27-02-2011 09:41) |
|
|
6 |
Tamen temos empresas que viven do Concello, en exclusiva non se se hai algunha. As construtoras facturan unha parte, sobre todo en servizos (abastecemento de auga, recollida de lixo,...), pero xa sufriron un castigo tremendo cando comezou a crise, e todas elas están moi diversificadas cara a outros sectores, polo que tampouco me convence demasiado. Sobre todo porque haberá que buscar solucións para reactivar a economía e todas estas empresas teñen moita man coa clase políti#blgtk08#ca e moita experiencia en aproveitar oportunidades e eu creo que poderían beneficiarse bastante de plans de reactivación (investimento privado en infraestruturas, enerxía, privatizacións, etc.). É difícil saber por onde virán os tiros, pero, unha cousa por outra.
Desde o meu punto de vista, As que sufrirán máis serán as pequenas empresas locais ou rexionais, que progresaron á calor de bos contactos políticos e que facturan moitos dos seus ingresos a concellos e comunidades. |
|
|
Comentario por Picato (27-02-2011 09:45) |
|
|
7 |
A vergoña de "La Voz de Galicia" xan non ten medida. Serantes non lle fai unha entrevista a Roel, faille un#blgtk08# publi-reportaxe. Eu xa fai tempo que non merco este panfleto e espero que cada vez vendan menos ¡da noxo! |
|
|
Comentario por Vergoña de xornal (27-02-2011 11:21) |
|
|
8 |
Afabilísimo Sito:
Vas a perdonar que me haga publicidad:
http://consuladogaramantaenv#blgtk08#iveiro.blogspot.com/2011/02/precampana-electoral.html
Desde luego, eres más que bienvenido. |
|
|
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (27-02-2011 15:25) |
|
|
9 |
Eu catalogo de borrachos e derrochadores aos alcaldes que enfrontaron ou enfrontan problemas financeiros, pois aseguro que Viveiro recibe suficientes participacións do estado e cobra suficientes impostos que lles permite aos concelleiros levar un ritmo desafogado nas súas administracións, si o fixeran con sentido comun e cabeciña.
?
#blgtk08#
Dinnos Regal quealgúns municipios non teñen diñeiro, o cal é proba de que estamos fronte a uns "cuates" que tocandolles a loteria do poder , se emborracharon, gastáronse todo o recurso e agora para manter o seu ritmo de vida teñen que pedir prestado?, . Se os alcaldes din que non hai recurso pois pregúntelle ao seu antecesor que fixo con ese recurso. |
|
|
Comentario por Emilio R, (27-02-2011 18:45) |
|
|
10 |
27-02-11
Nota de prensa
COMUNICADO DE PRENSA DO BNG DE RIBADEO
Non fagamos da política unha lameira
?Para andar de troula todo o mundo se apunta. Para traballar día a día, mellor que o fagan outros?. Ese foi o espírito da oposición nas últimas semanas. Todo o mundo se apuntou ao ?difama, que algo queda?, como se todo isto fora un antroido permanente. Polo que se ve, máis alá dunha valla publicitaria (con reberetes de axencia inmobiliaria), un pequeno díptico no que se gaban as ?bondades do goberno de España? e un par de comunicados, o único que queda é difamar. Non teñen alternativa. Ou polo menos, non a dan presentado ante o electorado ribandese.
Hai nove meses deron o mesmo espectáculo. Tiveron nas súas mans a oportunidade de artellar unha alternativa pero non foron quen. Só os unía o afán de derrubar o goberno municipal. Por momentos, a xenreira persoal cara á figura de Fernando Suárez Barcia, e por extensión cara aos demais membros do equipo de goberno, chegaba a límites insoportábeis que denotaban ben pouca madurez política. Que patético e insulso pode resultar un proxecto que só se move pola carraxe cara ao éxito das xentes novas que nos deron o relevo.
Cando falta discurso político cáese no ?todo vale?. E aí, os conservadores galegos dannos mil voltas. Demostrárono na campaña das anteriores autonómicas e vólveno poñer en práctica de cara ás municipais. Canto cren vostedes que pode tardar algún dirixente local, comarcal ou autonómico en buscar parentescos máis ou menos directos dalgunhas persoas seleccionadas para un posto calquera (cursos de formación, de reciclaxe, contratos temporais, etc.) con representantes políticos (ou aspirantes a selo)? #blgtk08# />
Ademais, é que o teñen moi fácil. Acostumados a ter todo o poder, cando gobernaban todas as institucións, dicían sen complexos que era normal que ?a súa xente? acaparara os postos, porque era o reflexo da sociedade galega (lémbrese a Xosé Luis Baltar na Deputación de Ourense ou a Cacharro Pardo na de Lugo). E como perderon unha parte considerábel dese poder, resulta que xa cambiaron a vara de medir: agora non pode aprobar ninguén que se poida relacionar (aínda que só sexa polo voto) cos demais partidos. Pero os do PP si, porque como están na oposición, non poden ser relacionados co goberno. Que haxa candidatos doutras opcións políticas, que se din de esquerdas, que lle entren ao xogo á dereita galega nesta lameira política, é unha vergonza. Se non, que llo pregunten ao seu secretario xeral.
Con procesos de selección transparentes, nos que rexan os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade é como se pode conseguir unha administración eficaz. E así se fixo no Concello de Ribadeo. Pero non contentos, aínda teñen que difamar agora sobre a composición dos tribunais. De novo poñen en marcha o ventilador e, esquecendo as capacidades profesionais dos membros de tribunais seleccionados (de perfil heteroxéneo), resulta que, se aproba alguén que lles cae mal, entón hai trampa. Que pouca seriedade para alguén que di aspirar a gobernar pensando en todas e todos os ribadenses.
Mentres tanto, os representantes do BNG no concello de Ribadeo, han seguir traballando arreo para sacar adiante as nosas propostas e as que nos cheguen da man da veciñanza e poidan ser enriquecedoras para todos e todas. Co traballo de todos os días hemos de dignificar a vida das nosas institucións de goberno.
|
|
|
Comentario por bng de ribadeo (28-02-2011 15:38) |
|
|
|
|
12 |
Me incorporo también a esta página donde veo que podemos decir nuestras opiniones en un auténtico aire de libertad de expresión y la agrego amis favoritos.
Yo también escribí un par de Cartas al Director en ese periódico y jamás las publicaron#blgtk08#.
Es evidente que hay que tragar ruedas de molino o si no , pues no existes; pero me alegro que durante los últimos meses se haya producido un movimiento de denuncia de actitudes , formas y comportamientos de nuestras "personalidades" locales. |
|
|
Comentario por Fresa (28-02-2011 19:14) |
|
|
13 |
Os alcaldes e concelleiros poderían r#blgtk08#esponder cos seus bens ás débedas do concello |
|
|
Comentario por Covas (28-02-2011 19:16) |
|
|
14 |
Xa é hora que se intente frear o desenfreo desta sinistra, inquisidora e inepta institucuion, pesadelo e ruína dos cidadáns.
Debemos entrar nas súas finanzas e miralo todo con lupa.
Fai falta urxente unha lei para fa#blgtk08#cela totalmente transparente ata o ultimo centimo.
Os soldos dos alcaldes e outros cargos debemos definilos os cidadáns cando votamos asi como outras moitas cousas.
Hoxe non pedemos dicir que sexan a solucion senón o problema |
|
|
Comentario por Basanta (28-02-2011 19:19) |
|
|
15 |
A pésima xestión do "alcalde da débeda", Nelchor Roel Rivas, demostra que este vive, cos s#blgtk08#eus "aires de grandeza", nunha "realidade virtual" e "non se decata do que está pasando". |
|
|
Comentario por Rosa (28-02-2011 19:22) |
|
|
16 |
parvos, xa nos enganou ducias de veces e pensa que as súas mentiras seguen "colando". Hoxe, o portavoz oficioso do PSOE, Salvador Serantes, dalle cancha á nova milonga de Roel. Nada menos que o Consello de Ministros vai intervir para amañar o que Roel non pudo amañar cos 4 anos de goberno "amigo" do PSOE en Galiza, vai ser millor que interveña Obama ou a ONU para que se abra piscina. E que veña Angela Merkel a facerlle os presupostos a Rafaelito Amor.
E logo porque non cho#blgtk08# amañou Touriño, meu? Era moi doado, so lle tiña que ordear ó Presidente de Portos de Galiza (era do PSOE) que desafectase o porto. E Costas tamén era do PSOE, mais doado imposibel.
E agora saes con esa nova mentira, tarde piaches! Xa ninguén cre as tuas historias e histerias, agás Salvador Serantes, o teu propagandista de cabeceira. Inda estamos estamos esperando polos museos que prometiche, e polo novo albergue e polo edificio do CAISS, e polas pistas de Celeiro... MENTIROSOOOOO |
|
|
Comentario por Campéon das mentiras (01-03-2011 13:31) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|