A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS REISES DO MAMBO
Neste país calquera ao que lle deas un uniforme, un nomeamento ou un cargo sexa este de barrendeiro ou de policia municipal, xa se cre o rei do Mambo, non hai nada como darlle un uniforme a un mediocre e aos poucos minutos crese que o resto dos cidadáns témonos que cadrar ante el. Os traballadores públicos non acaban de asumir que son eles os que están ao noso servizo e non ao revés.

Evidentemente non imos meter a todo o mundo nun mesmo saco. Haberá profesionais que desempeñen o seu labor con rigor e respecto, seguro. O que é intolerable é que o que ata antonte era o teu compañeiro de traballo, cando nomean algo, director do chiringuito, concelleiro, coordinador de non sei que, garda xurado, os miolos cambiano e a primeira de cambio soltache o de “Oie rapas que eu son o que mando” e de paso mirate de esguello ou por encima do hombro.

A esas persoas aos que se lles sobe o "poder" e trais o nomeamento, sexa este politico ou administrativo, pénsan que che poden faltar ao respecto cando a eles lles parece, só porque nun papel asinado por outro como eles póñavos en diferentes categorias, esquecendo que os dous sodes persoas por moito que sexa o teu “superior"ocasional.

Un funcionario ben formado e que non se deba ao político é necesario. Son prescindibles moitos funcionarios que alcanzan o posto sen outro mérito que o do favor político. E aínda máis prescindibles son os políticos que se fan a si mesmo funcionarios, que de todo temos na vide do señor.

Tamén sobran algunhas empresas públicas. E sobran algunhas administracións.
Pero o que teño craro e que o funcionario que incumpra os seus deberes debe ser despedido, hay funcionarios que entre cafelito, compra, charla, cigarrillo. …pero os criterios non poden ser políticos senón profesionais. É dicir, para que ese tipo de medidas sexan eficaces, os políticos non deben meter os narices nin o dedo.

Nun cómic recentemente adaptado á gran pantalla, Watchmen, aparecían unha serie de mensaxes ocultas durante toda a saga que rezaban: "Who watches the watchmen?" que chega a dicir "quen vixía aos vixiantes?". Esta frase é moi especial, é dicir, hai uns gardiáns que protexen aos "non gardiáns", persoas que vixían que todo estea en orde e siga un curso equitativo e legal. Pero realmente, quen se asegura de que esas persoas realmente fan ben o seu traballo? Difícil resposta, pois sempre haberá un que non terá que render contas ante ninguén, e esa persoa é a mesma que pode tergiversar o sistema ao seu antollo.
Otero Regal


Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2011 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 A quen máis se lle sobiu o poder á testa foi ao teu amigo Melchor Roel... desque é Alcalde na vida vin a tipo máis déspota e chulapón. Impuxo un réxime bananeiro neste ben querido Viveiro noso, onde todo alquel que ouse levala contraria ao amado líder, qu#blgtk08#e se prepare a recibir por rival del toda clase de acusacións en infamias. Roel, ao seu nivel, segue ben polo miudo as tenicas stalinistas... Demos gracias a Deus que todavía estamos nunha democracia, que se deixan a este home solto, non queda oposición.
Comentario por Stalinismo puro e duro en Viveiro (21-02-2011 10:03)
2
Cando todo son subvencións, trapicheos con pol#blgtk08#ìticos , e crense os reis do mambo, isto adoita pasar.
Comentario por Rosa (21-02-2011 15:09)
3 A min non me gusta absterme, sempre votei, aínda que o desprestixio da clase politica en Viveiro é evidente, seguireino facendo.
O estilo de vida, é o que nos marcou a sociedade capital#blgtk08#ista e creimonoso os reis do mambo e gastamos e consumido sen límite. A especulación inmobiliaria, a corrupción, non só e culpa dos politicos, tamén dos Bancos, Construtores e xente en xeral.
Comentario por (21-02-2011 15:13)
4 Para reises do mambo:

Leal: A xente tén frío —¡que traballe, carallo!—

Corporación: Regulamento de Urbanidade pública. Queda prohibido insultar. Por regulamento. ¡Para iso non me fan falta polític#blgtk08#os!

Eu estou canso de parvos: Pactos por Viveiro, Estratexias Vinte-Vinte —claro que te vin—, corrección nos plenos, urbanidade nas rúas.

Moito meco, moita floritura: e desgobernados coma sempre.
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (22-02-2011 12:56)
5 Pois mirade ó radiCAL, este fanático enfermizo non quere que se denuncien as súas miserias e as do seu goberniño. CAL e culpable de que moita xente do Celeiriño non teña casa, CAL é cómplice de Roel na desfeita do Celeiriño, pero coma os bos dictadores queren silenciar á oposición. Que mágoa para Cal e Roel que o seu amigo Leal deixase a portavocía do PP; entre amiguiños, calábanse as cousas e que os veciños do Celeiriño se joderan.

Como agora se denuncian as falcatruadas que fixeron; o radiCAL se enfada, de dar solucións ós veciños nada de nada, él a insultar e a mandar calar, que ninguén se entere da vagancia e incompetencia do goberno municipal. Non sei coma poden durmir tranquilos, cando deixaron a moita xente sen casa por favorecer a unha empresa.

CAL tamén é culpable de que a piscina esté pechada, #blgtk08#igoal que Roel e Leal ¿Por qué non amañaron as deficiencias no seu momento? ¿Por qué non elaboraron as bases para sacar a xestión da piscina a concurso con tempo? Estaría ben que o radiCAL explicase porque non amañaron a piscina fai anos e porque non se amaña o do Celeiriño. Mira que artigo tan bonitiño quedaría no Heraldo, e non esas ridiculeces que escribes,que cada bache que tapas anuncialo coma se fixeran unha grande obra.

O radiCAL non soporta a democracia, non soporta a liberdade de expresión, non quere que a xente vexa o que ocorre. O radiCAL quere que se cale a oposición, o do Celeiriño foi para o radiCAL un "accidente", faltoulle botarlle a culpa á "Divina providencia". Roel é radiCAL non tiveron nada que ver co "accidente" según este personaxe o edificio dbeu aparecer só, entón ¿QUEN CARALLO AUTORIZOU A OBRA?
Comentario por CALadiños todos (22-02-2011 17:29)
6
Tópicos forever. Se Viveiro é un ppovo de reises do mambo, EE#blgtk08#UU Que cona é? Por certo Viveiro é unha terra de verdades absolutas.
Comentario por Castro (22-02-2011 19:32)
7 Que mala hostia ten o dibuxiñ#blgtk08#o, casi, casi como ti Regal.
Comentario por Covas (22-02-2011 22:02)
8 Tamen chamarlle RADICAL a Cal, fai falla ter moita imaxinación o#blgtk08#u moita mala leite, ou mala fel que decia meu abolito de Covas.
Comentario por Rego (22-02-2011 22:04)
9 O que firma CALadillos todos, seguro que cando mozo, suspendeuno #blgtk08#Cal en matematicas, e de ahí lle sae tanta enquina por o melenas.
Comentario por Celeiro (23-02-2011 10:53)
10 Albricias, Guillermo Leal crea y lidera Independientes de Viveiro.
Desde ayer por la tarde ya aparece en el Registro de Partidos Políticos del Ministerio del Interior. Independientes de Viveiro, con siglas iVi, se llama la formación que crea y lidera Guillermo Leal Arias, ex popular que, con otros cuatro ediles, abandonó el PP hace unas semanas.
Aunque la constitución de ese partido no tiene por qué conllevar la presentación de una candidatura electoral, todo indica que ese será el siguiente paso de Leal y su grupo. Aunque resulta obvio, anoche Leal declinó despejar una incertidumbre que para algunos viveirenses ya n#blgtk08#o lo es, porque han sido invitados a sumarse a una lista que modifica sustancialmente el escenario político en Viveiro.
Dando por hecho que Leal encabezará iVi, la alcaldía viveirense ya tiene cuatro aspirantes. El socialista Melchor Roel concurre por tercera vez. El popular César Aja vuelve a ponerse al frente de una candidatura, con intención de recuperar el poder del que fue apeado por PSOE, BNG e EU-IU en el 2003. Y el Bloque opta por el joven Bernardo Fraga. El veterano Orlando Expósito ya ha reiterado que no será otra vez número uno de EU-IU, que sin él podría desaparecer de los comicios y de la corporación municipal.
Comentario por La Voz de Galicia (23-02-2011 10:56)
11 Rego:
Ás probas me remito,Cal so sabe insultar ós que discrepan. Onte descalificou ós concelleiros da oposición só por lembrar que O Celeiriño, do que Cal é dos principais culpables, segue sen amañar. Este individuo non é capaz de soportar as críticas sen insultar ou descalificar, para Cal todo é unha cospiración de intereses ocultos, cando a culpa é só de Roel e o seu desgoberno.

Celeiro:
É unha mágoa que as cousas non sexan tan sinxelas coma te gostaría.Por razóns de idade(son un pouco maior ca él), é imposible que Suso Cal poidera darme clase, así que non é un tema personal. O que eu critico de Cal e a súa actuación coma concelleiro e "canciño de Roel", non vexo que rebatas nada do que dixen.
#blgtk08#
Dinos tí porque está pechada a piscina; porque non sacaron o concurso da piscina a tempo; porque non amañaron as deficiencias nas instalacións fai anos(a normativa saiu sendo xa Melchor alcalde); porque Cal (coma concelleiro de obras) non revisou as instalacións; porque se autorizou a obra do Celeiriño; que solución van ter os veciños deste barrio; dinos tamén quen vai devolver ó concello de Viveiro os cartos adiantado; explícanos porque se favoreceu así a unha empresa e se abonaron uns gastos que lles correspondía pagar a ela; porque non se presentou denuncia contra a empresa xa fai tempo... E no me contes milongas do interes dos veciños e da urxencia que en todo este tempo xa tiñan que estar todos os cartos devoltos.
Comentario por CALadiños todos (23-02-2011 13:03)
12 Melchor Roel celebra hoy la presentación del pseudopartido de su cómplice Guillermo Leal.Los traidores a su ex-partido y a sus votantes #blgtk08#consuman su traición y presentan una plataforma de apoyo a las aspiraciones de Roel de seguir mangoneando.Votar a Leal es votar a Roel.
Comentario por Partido de transfugas vivarienses (23-02-2011 15:46)
13 EA EA EA EA O DO PP SE CABREA......
NIN AJA NIN ROEL VIVEIR#blgtk08#O E O UNICO IMPORTANTE
IVI
INDEPENDESTES DE VIVEIRO
Comentario por IVI (23-02-2011 20:09)
14 "Who watches the watchmen?"
La serie "Watchmen"?
"Sed quis custodiet ipsos custodes? (Juvenal.- Poeta romano de finales del siglo I, principios del siglo II d.c., en su Sátira VI "Sátiras de Juvenal")
"Pero quien vigila a los vigilantes" (traducción común -y más acertada-)
Después de tu cita, querido Sito, sólo me queda a mi vez, citar a Martínez Villergas (hum#blgtk08#orista y satírico del siglo XIX)
"Eso prueba en mi opinión,
que, si hay Sénecas y Helvecios
también hay solemnes necios,
que ni aun acreedores son
a los públicos desprecios.
Pues dióles Dios en verdad,
tan solemne necedad,
que logró de esta manera
que, cual hay pobres, hubiera
NECIOS DE SOLEMNIDAD."
Un saludo
Comentario por neutro (23-02-2011 22:36)
15 O Pata anda eufórico... xa teñen xuguetiño. Xa temos IVI con "V" de Carlos "uve". Leal sabe moito de IBI con "B" (Imposto de Be#blgtk08#ns Inmobeis). Esperemos que non se líe. Tamén sabe de IVE (Imposto Valor Engadido). IVI, IBI e IVE... ¡¡¡Menudo lío van ter!!!
Comentario por Menudo lío, ni madriña (24-02-2011 11:58)
16 Lio teno o PP si a chave das nces a ten o Leal ve#blgtk08#r como amaña dixera o outro foi unha carallada...
Comentario por pallaregas (24-02-2011 16:27)
17 Pois eu alegrome moito de que formara partido Leal.
Como dí pallaregas,ten a chave das noces,así que o que queira#blgtk08# gobernar xa sabe......
Os plenos poderes nunca foron bos pra nada,bueno.....son bos pra eles mismos e nada mais.
Comentario por un de viveiro (25-02-2011 15:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal