A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN VIVEIRO DE CANDIDATOS
Quedan tres meses e algo mais para que se celebren as eleccións municipais e xa comezaron os bailes de nomes que aparecerán nas listas dos partidos máis votados nos últimos comicios. A pesar de que o calendario electoral marca o 24 de abril como o día da proclamación definitiva de candidaturas, vanse coñecendo algúns datos. Mentres o PP de Cesar Aja aposta por realizar unha renobacion total nas listas só repitiria a senadora e Celestino, con Illan de home forte.
No PSOE salvo algúns cambios puntuais entre os que se espera a fichaxe de Isidro o que foi responsable durante anos de Barras Electricas. e de algun outra novedade, continuara Rafaelito, a pesar da sua "popularidade" Maria Loureiro e Cal
O candidato Roel non quixo desvelar quen lle acompañará nas súas terceiras eleccións dentro do PSOE antes concurreu en outras tres dentro do PC e IU, como candidato á Alcaldía. Con todo, dentro do partido apóstase por unha forte renovación.
Parte dos concelleiros que sentan nos bancos do grupo municipal socialista quérense marchar voluntariamente. O Bloque madrugou a presentar toda a candidatura trais un autentico "Parto dos montes" para ratificar a Bernardo como numero un, a pesar de que non e da UPG, o rapaz, Tras Fraga, arquitecto técnico, presidente da asociación Penalba e secretario del colectivo Chilindrín, figuran Olaia Casas Chaves, Manuel Galdo Dopico, Gloria Rouco Llanderrozas, Ramón Vizoso Hermida, Monserrat Ramil González, Alfredo Navarro Palmeiro (Fidiño), Xulia Canoura Díaz, Xosé Luis Ramallal Rego, Dores Caperán García, María Chaves Álvarez, Alfonso Novo Teijeiro, Belén González Martínez, Alexandre Casal Rivas, Sara Fernández Murados, Antonio Oca Fernández e Xosé Antonio Goás Basanta. A candidatura, segun a miña humilde opinion e desigual e en alguns casos mediocre, si sacan 3 e teñen que gobernar con Roel non imaxino que cargo desempeñara algún dos membros. Fraga explicou por que o actual edil Mitas figura no último posto: «Anunciou a súa intención de abandoar a primeira liña dá política municipal, por motivos persoais, e como homenaxe vai pechando a lista». Manda carallo con o homexeado, persoa inutil donde as axa, perdeu 1000 votos e fixo unha lavoura penosa na oposición a pesares das “chuletas e escritos” de Paco Luis.
Esquerda Unida: Tamén se descoñece aínda quen formarán a candidatura á fronte de EU. Orlando quere irse, por presions familiares e naide quere perder o concelleiro que hoxe teñen, o único na provincia de Lugo.
Cando garabateo este texto ainda persiste la incógnita da lista independiente de Guillermo Leal, que poderia ser quen corte o bacallao da próxima lexislatura.
Otero Regal
Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
24 Comentario(s)
1 Benquerido Regal:

O que vou dicir —atento— o que vou dicir, digo, é algo que debería causar estupor: o meu candidato favorito é Aja. Amén.

¿Por qué? Porque, dende logo, para o goberno, fai falta máis mán esquerda e máis saber facer. Con isto non alabo o salto á legalidade, pasar de facer as obrigatorias cousas da rexencia municipal, e ser caudillo da vila.

Pero creo que, en 4 anos que levamos de goberno socialista, en solitario, as cousas foron moito a peor. Vexamos o porqué.

En primeiro lugar, existe unha clara persecución dos traballadores do Concello. E iso non pode ser en quen militou en filas comunistas e foi responsable sindical. Para iso prefiro un do PP, que sei de qué vai; pois: se o sindicalista vai en contra do traballador —cousa habitual nestes novos e revoltos tempos— ¿qué nos queda?

O segundo motivo é o desgoberno económico. Un dos éxitos —quizais o único— do goberno de Freixó foi o recorte no gasto. No gasto social, que dirán moitos. Pero cando o gasto social consiste en paparotas de aldea, vellos viaxando a custa das arcas públicas e demáis cousas superfluas, amigos todos, o gasto social é de risa. Con isto digo: botémoslle unha ollada ás axudas da dependencia e ás partidas orzamentarias: nin aumentaron nin descenderon, simplemente, están estancadas. ¿Por qué? Pois porque a verdadeira política social é a mesmiña que a de antes: ningunha. E que se queden anchos os gobernantes. Supoño que Aja poñerá fin a tanta festa, que tanto dano causou no municipio.

O terceiro dos puntos é a responsabilidade. Melchor Roel empeñouse, ano tras ano, en facer «partícipes» ós veciños do seu goberno. É dicir, fomentou a "corresponsabilidade" pero mal entendida, e peor feita: chama ás asociacións de montes e de veciños e comete, baixo o amparo destas, as maiores atrocidades. Non hai moito que un patrucio me comentaba que, co asunto de poñer luces públicas, lle chantaron un pao na súa finca, sen permiso —"agora é todo deles", dicía—. Non, non e non: o Concello e a súa política é responsabilidade directa do alcalde: con Aja foi así, Aja errou, botouselle a culpa a Aja, Aja perde as eleccións e Aja vaise. É así de simple. ¿Cómo imos botarlle a culpa a Roel —home sen proxecto de goberno— cando cogoberna? ¡Se é tamén culpa nosa! O trazado da "variable" —que non variante— ou do mal redactado plan de ordenamento urbanístico —pois non respeta as normas básicas autonómicas, e, o máis sorprendente, ¡non respeta moitas propiedades, clasificándoas directamente como camiños públicos!— son outras perlas da cogobernancia de Roel. E ó final todos apencamos con enfrontamentos e desputas entre veciños: porque Roel non asume as súas obrigas e impónolas#blgtk08# ós veciños a través dunha fórmula moi atractiva.

Pero donde realmente podía existir un cogoberno —cultura, acción social pública, festas…— non existe tal corresponsabilidade. En primeiro lugar coa autosuficiente concelleira de "Coltura" —que acepta tres toneladas de libros como se aceptase tres quilos de bosta, ou de ouro fino—. O casposísimo Festival da Chanson au Landrè, que antes facía unha comisión de veciños, agora corre por conta e risco de Chachi —que me digan que non lle vai o mote— como concelleira. Outra concelleira de "Torismo" que a dúo coa anterior fai unha feira "molticoltoral" e quédanse tan anchas, ou a de artesanía, que tanta batalla deu, pois moitos dos expositores non eran, realmente, artesáns. Aí, de vello, participaban moitas asociacións e persoas particulares da vila, axudando, con ideas, e con iniciativa: cousa que se perdeu, a non ser en tres ou catro cousas —Semana Santa, Mostra e pouco máis—.

Bernardo Penabade é un rapaz. Non é malo ser novo, todo o contrario: eu quixera voltar ós anos de Bernardo. Pero é moi novo. Hai que ter experiencia de vida, de familia, de goberno da casa e de moitas outras cousas para gobernar. Ante isto moita xente pódeme argumentar que Aja, cando comezou, era tamén moi novo. Pero a iso respondo eu que eran outros tempos, e remítome ó anterior comentario sobre a educación. A xuventude de hai trinta anos era moito máis preparada en aspectos democráticos e de goberno. E Bernardo Penabade é do bloque e progresista, pero burgués, acomodado, atado, sen rebeldía e expoñente claro da xuventude que existe hoxe.

Guillermo Leal: o home sen programa. Está moi ben ter moi boa vontade e ser boa persoa, e dicir palabras moi bonitas. Pero os sitios non se gobernan con aires, senón con iniciativa e acción. Apoiar a Melchor en todo, e o modelo de "las responsabilidades, a otro" non axuda nada a Guillermiño. Moito terá que brear para conseguir un programa coherente, con xente coherente —que tamén é outra—.

Por iso digo que o meu candidato favorito é Aja. Se o fai mal, polo menos, poderémoslle botar a culpa a él directamente, e non ós gitanos ou ó vento.

Un xove amigo, fillo dun bo amigo meu, titulado dobremente pola Universidade, sen traballo, e que estivo en campañas electorais máis importantes falou un día deste nadal comigo das eleccións municipais. Eu pregunteille, tendo as ideas tan claras, por qué non se presentaba nalgún partido, presumiblemente no PP, pois él asume que é «conservador», para as eleccións municipais. A súa resposta foi clara e fíxome moita gracia: «¡Non che nacín para can!». Conservador si; pero tamén me decatei que era rebelde e libre. Moito máis que todos nós. ¡Ogallá atope bo futuro!
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (15-02-2011 12:06)
2 O PP e O PSOE van presentar dous vellos caciques, vividores da política,levan mais dun cuarto de siglo na poltrona e inda así non están fartos,queren seguir ca mamandurria.
Non estou de acordo co que dis do BNG. Polo menos,fíxose unha lista renovada, mellor ou peor,pero xente con ilusión e gañas de traballar ¿lista mediocre? ¿E logo coma é a do PSOE? Roel un bedel que non traballou nunca e segue sen facelo;Amor un "xubilado"(agás na sua tenda) que non pode ver ninguén e que destroza o que toca( TURVIVEIRO e a piscina, por exemplo) e non falemos do que fixo en Alúmina que case a afunde con Melchor;Cal é un fanático que é incapaz de razonar e que cre que gobernar é tapar baches e sacalo na prensa;Loureiro non se ten novas de que fixera nada nunca de ahí o de "florero";Cachi en "kultura#blgtk08#" que non sabe falar galego porque "é de Ferrol", sen comentarios;do resto de concelleiros socialistas non se sabe se estan vivos ou mortos porque non fan nada.

No PP vai Aja (de novo) e levará coma sempre un grupiño de aplaudidores que non farán mais que levantar a man cando o mande o caudillo.Coñecendo o pano xa podemos temblar.O único que vai mirar Aja nos candidatos e que ninguén lle poida facer sombra nen poda discutir as ordes, on se lle ocorrerá pensar en xente que poida aportar algo,senon nos mais sumisos.Menuda ilusión que vai xerar nos votantes populares voltar a ver as mesmas caras dos últimos 30 anos(agás os cuatro anos lealianos)Xa veremos se o que leva Aja non é inda mais mediocre ca do BNG.
Nas vindeiras eleccións o lóxico vai ser,votar BNG ou non votar.
Comentario por Abstención ou BNG (15-02-2011 13:28)
3 No PP hai xente moi válida,preparada e con gañas de facer cousas... Por iso A#blgtk08#ja nunca os vai levar na lista, nen eles aceptarían ir de comparsas.
Comentario por Folgueiro (15-02-2011 14:23)
4 E logo a medica non repite?
Non o creo, co trepas que#blgtk08# e ela e a sua parella, non deixan o carguiño nin que arda.
Comentario por Picato (15-02-2011 14:44)
5 Yo ya he tenido bastante con 8 años de Roel y sus mariachis en la Plaza Mair de Viveiro y con 24 años de Aja#blgtk08# en la poltrona municipal. Le dare una oportunidad a Bernardo porque me parece el mas coherente de los tres.
Comentario por Juan (15-02-2011 14:55)
6
Non nos#blgtk08# podemos abster?
Comentario por Ivan (15-02-2011 14:56)
7 Votaréi a o Bloque porqu#blgtk08#e creo que e o menos malo
Comentario por Basanta (15-02-2011 14:57)
8 viva el pp viva e#blgtk08#spaña y viva Aja.
Comentario por Penjamo (15-02-2011 14:58)
9
Regal, preciso e contundente, cada dia cráva#blgtk08#la mellor.
Non deixas de sorprenderme. Grazas.
Comentario por Mar (15-02-2011 15:09)
10 Moita xente tómase de broma a candidatura de Bernardo,pero a xente fala na rúa que xa está ben de Aja e Roel e que dean paso a xente nova. Vai haber sorpresas! Aja, Roel e Leal son igualiños,levarán xente que non sexa válida e que lle digan a todo que sí e eles querran coller un garguiño(alcalde, diputado provincia#blgtk08#l ou o que seña. E Mentres Viveiro vai ó carallo.
Polo menos Bernardo xera certa ilusión, porque de Leal, Aja e Leal xa sabemos o que podemos esperar.
Aja vai ter que recuperar a Mialma e a Xusto Vázquez que é o perfil que lle gosta e é certo que a xente que ten certo peso no pobo non quere ir con él.
Comentario por Pola renovación (15-02-2011 19:10)
11 Non vos esquecer que Bernardo non é unha cara nova... xa iba nas eleizóns pasadas de número dous tras Mitas, o que pasa que non saliu elexido. A min faime moita gracia esto da renovación no BNG...nunca renovan nada, son sempre os mesmos #blgtk08#cambiados de posto. Un pouco de seriedade, por favor. Na lista de Bernardo vai a muller de César Naval e a Muller de Paco Luis, por poñer só un exemplo... parece de coña que se fale de renovación. Moito cheira tanta propaganda barata.
Comentario por Joseph Goebbels (15-02-2011 22:44)
12 Eu só lle quería dicir ao do primeiro comentario que Bernardo Penabade, aínda que ao mellor lle doera ler isto, xa non é tan novo. Ademais creo qu#blgtk08#e sigue vivindo en Burela. E, por último, non sei se terá moito interese en presentarse ás eleccións en Viveiro ou en calquera outra lugar, hehe.
Comentario por Grallal (16-02-2011 02:25)
13
Por min así podrezan os tres par#blgtk08#tidos que non penso votarlles. Un saúdo
Comentario por Rego (16-02-2011 07:38)
14 Se comenta que Salvador Serantes integrará la lista de Melchor Roel. Ya hace ti#blgtk08#empo que es el portavoz oficial del PSOE de Viveiro, y de Melcor en particular.
Comentario por La Voz de Roel (16-02-2011 09:56)
15 Salvador Serantes ocupará o sitio de Rafael amor, polo menos iso é o que din. E tal e coma se levan Roel e Serantes,paré#blgtk08#cereme moi posibel,toman os viños xuntos todos os días e Melchor ten que pagarlle os favores que lle fai no seu xornal.
Comentario por Ruxe Ruxe (16-02-2011 12:55)
16 Non sei por qué me ha de doer que Bernardo sexa máis ou m#blgtk08#enos novo. Eu digo que é demasiado novo. Eme igual canto.
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (16-02-2011 13:14)
17 ¡Que grandes cómicos perdeuse a televisión! Se Melchor e Aja non se dedicaran á política, de#blgtk08#ixaría á altura do betún a todos os Wyomings e Florentinos de España e parte do estranxeiro.
Comentario por Carlitos (16-02-2011 14:06)
18 Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam, só me refería a que lle ía doer a Bernardo Penabade, se lera esto que eu lle dixera que xa non é tan novo. O candidato de Viveiro é Fraga, non#blgtk08# Penabade. Bernardo Penabade é o profesor de Burela, que estivo moitos anos no Vilar Ponte. Simplemente foi que errache no apelido. Era unha pequena coña para advertirche dese lapsus, nada máis.
Comentario por Grallal (16-02-2011 14:23)
19 Aja defende no seu blog o Resurrection Fest... este home vai a todo trapo a recuperala Alcaldía. ¡Ver pra crer! Velaí o tedes desputándolle o voto xoven ao mesmísimo Roel... só falta que este verao vexamos a Aja coa camiseta neghra pegando botes en Lavandeiras ao ritmo dos Sick of it all.... se veñen este ano claro, que non o sei. <#blgtk08#br /> Unha pena cas eleizóns sexan antes das festas, porque se non... mitin do PP na explanada da piscina para os acampados e logo a continuación festa rachada de hardcore coa presencia do leader entre os milleiros de asistentes ao Resurrection Fest. Aja cambia o Landro polo Resurrection, e Serantes sen enteirarse.
Se cadra
Comentario por ¡¡¡¡Máis madeira!!!!! (16-02-2011 17:31)
20 Da vergoña que tipos coma Cal vaian nas listas. Non sei se o fanatismo e odio que ten hacia os que non pensan coma él, lle impide ver a realidade. Fai falla ter moita cara para ser o máximo responsable,xunto con Rafaelito e Roel de que a piscina esté pechada, e sair nos xornais fardando de que se taparon uns putos baches.
¡AMAÑADE A PISCINA! ¿Por que non se adaptou a normativa cando tocaba? Xa gobernaba Roel cando saiu a normativa sobre Legionella, el era o responsable de que se fixeran as adaptacións das instalacións ¿porque non as fixo no seu momento? n vez de tapar baches tiñas que facer as obras na piscina, que daquela había cartos, pero gastáchelos en festas ¿Por que non se r#blgtk08#edactaron os pliegos para a nova concesión ca antelación suficiente? POR VAGANCIA E DESIDIA DE CAL,ROEL E A SÚA TROPA.Todo Viveiro está amolado pola vosa vagancia. So vos preocupa ir de bares.

Se esta panda de vagos segue na poltrona a piscina non volverá abrir(case un ano pechada E INDA NON FIXERON NADA); San Francisco seguirá sen restaurarse(perderon as subvencións por NON PRESENTAR O proxecto), perderemos o Conservatorio (xa lanzaron algún "globo sonda" sobre isto), a UNED, da que tanto presumían, pechará por falta de pago; seguiremos sendo o único concello da zona sen bandeiras azuis; a Guardia Civil do Mar non se instalará en viveiro, seguiremos sen variante etc, etc
Comentario por Panda de vagos (17-02-2011 12:34)
21 A NORA DE MARIO DAS VARIEDADES TAMEN SERA CANDIDATA CON AJA.
ESTA RAPAZA E A RESPONSABLE DO #blgtk08#CLUB DA TERCEIRA EDADE DA CAIXA DE GALICIA.
OU SEXA QUE AJA VAI A POR O VOTO DOS SOCIOS. XU
Comentario por XU (17-02-2011 14:49)
22 Pero, como se lle ocurre a Isidro ir c#blgtk08#on semellante xente?, parece mentira¡
Comentario por Xesus de B. (18-02-2011 10:03)
23 Dice mais i dibuxo que o articulo, A DEDO, xusto asi e como deciden ca#blgtk08#tro mangantes os candidatos a concelleiros por os partidos en Viveiro.
Comentario por Kolas (18-02-2011 10:05)
24 !!!hay !!!miña nai miña naiciña ,como miña nai nin ua.etc......
Cristina a nora de marucho,taba mellor caladiña,intelixencia pouca!!iso siii !!falar dos demais e criticalos iso e o que se lle da ven,e beber e que yo pagen tamen,igualiña a seu SOGRO,estos dous queren seguir bebendo gratis,istos n#blgtk08#on se enteran !!!que hay crisissss!!.
como cantaba a VARIEDADES,/dame viño ,dame viño que agua non a quero beber/bis/.
nacin nesa condicion e co ela quero morrere/bis/.
Si queredes viño pagadeo.
A traballar ,menos conto e a producir ,e non chupar do concello.
A roda.
Comentario por a Roda (19-02-2011 16:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal