A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A POLITICA DA XENTE PREPARADA
Teño amigos e coñecidos de ben que entraron en profunda depresión logo de escoitar unhas palabrexas a Durán i Lleida, lider dos demócrata cristians catalans. Uns son funcionarios, e outros teñen apreturas económicas. Uns e outros estaban ilusionados por iniciar carreira política. Pensaban que tiñan ideas, ganas de traballar polos demais, crían que podían axudar a construír unha sociedade mellor. Pero niso chegou o secretario xeral de CIU e afundiunos na miseria. Cando un inxenuo xornalista preguntou a súa opinión sobre a posibilidade de facer públicos os bens dos deputados, Durán i Lleida, encabuxado como un mandril, respondeu: “Se vostedes queren que esta sexa unha cámara de funcionarios e xente pobre imos polo mellor dos camiños”. Toma castaña, Ardelle o eixo e ardelle o carro…e hai que mollalo.

¡Funcionarios e xente pobre! ¡Que espanto! Nada peor podería pasarlle á sociedade española, actualmente dirixida con sabedoría e transparencia por homes e mulleres sen ataduras co estado e co ril ben cuberto, que caer nesas mans. Durán i Lleida defende que a política está reservada para “xente preparada”, as elites intelectuais e económicas, esas “que se poden gañar a vida na actividade privada”. Funcionarios e pobres son, xa que logo, indignos de practicar o tan nobre arte da politica. “chegou un momento en que hai que defender a dignidade política”, sentencia o deputado en Cortes Xerais.

Se seguimos dubidando desta boa xente, esixindo o fin dos seus privilexios, preguntando polas súas incompatibilidades, pedíndolles transparencia e o recorte dunhas pensións pensadas para exiliados, é moi posible que un día destes enfádense e déixennos na estacada. Imaxinan unha folga de políticos? O pobo ingobernable, movéndose como polo sen cabeza, levaría ao país a unha situación de caos: cidadáns zombies arrastrándose polas rúas, sen oficio nin beneficio, ao carecer da iluminación ética, intelectual e moral que nos proporcionan as súas señorías.
Otero Regal

Comentarios (22) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2011 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
22 Comentario(s)
1 Habría que explicarlle ao señor Duran i Lleida (ou Lérida que diría o cafre de Cesar Vidal)que o problema dos políticos españois non é que sexan pobres ou ricos, senon que non están preparados. Onte (7/02/2011)estiben nun seminario no que un dos pone#blgtk08#ntes era un señor Secretario dunha Eurorexión cercana (falaba galego) e o homiño non sabía como abrir un archivo nun ordeador, ¡qué lástima! Para complementar isto: ¡¡¡EN GALICIA O 40% DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS ESTAN NO PARO!!! Meu deus ¡que pais!
Comentario por A cruz da Campa (08-02-2011 22:19)
2 Señor Regal
Eu non lle entendo. ¿Os políticos teñen que estar ben pagados ou non? ¿Os políticos teñen que ser xente preparada ou non?

Eu defendo cos meus representantes estean ben pagados. Eu creo que un político ten que estar ben preparado, e ter acreditado un traballo fora da política.

En Viveiro temos unha representación política que clama ao ceo. Por un lado o alcalde, nunca traballou en nada, toda a vida no sindicalismo... non se sabe se estudou algo, só sabemos que vai pola vida de entendido en todo, pero sen ningunha titulación co acredite como o grande fenómeno do que presume. `Polo tanto para min é indignante que me represente un tipo así, aínda que cobre coma Conserje da Segurida#blgtk08#de Social.

Os títulos tampouco o fan todo...velaí temos a Pardo Gato; presúmese co director dun instituto, aínda que seña profesor do módulo de chapa e pintura, ten que saber algo. Pero na prática temos a unha personaxe que non ten nin idea de política que apresenta mocións nos plenos que dan vergoña allea. Este home ofendeu a outro inteletual como Orlando Expósito, outro a quen non se lle nega o seu interese e adicación, pero polo xeral, nos plenos só amosa a súa ignorancia estratosférica nos temas dos que se fala. Orlando non pode ser concelleiro en ningures, porque para ser concelleiro hai que ter un mínimo de preparación, e Orlando por non saber non sabe nin as funcións do interventor, nin do secretario.
Comentario por Pedro (09-02-2011 13:09)
3 Pedro volta aleer o post.....non falo de xente poreparada...falo de xente rica, xente de poderes e ben colocada na vida publica e digo eu que os funcionarios e xente corrente que, queren entrar en politica e #blgtk08#este Duran Lleida solta ese disparate....de todas formas coñezo a mais de un con tres titulos de licenciatura que son analfabetos funcionais....e coñecin algun barbeiro....moi, pero que moi culto....
Comentario por Otero Regal (09-02-2011 15:31)
4
Son alcaldes e concelleiros de pobos e cidades galegas os que presuntamente poden enriquecerse nunha lexislatura, dobrar o seu patrimonio en dúas lexislaturas, e corromperse completamente se converteron o #blgtk08#cargo público nun a xeito de vivir. Pero os partidos politicos permiten esta conduta delituosa dificil de compulsar, cando a algunhos os levan en lista para o Parlamento, Deputacións, e Concellos, mais de 20 anos.
Comentario por Pepiño do Cristo (09-02-2011 15:34)
5
Os politicos son un gran problema para o pobo e unh#blgtk08#a ameaza constante.todos eles ,igual que os seus palmeiros.
Comentario por Pirixel (09-02-2011 15:36)
6 Regal, te felicito por tu escrito...y te digo que los politicos, son los sucios, ya que la politica es muy bonita. los pobres solo quieren ganar ese hermo#blgtk08#so sueldo de muchos euros al mes y a ver como se quedan de por vida con ese sueldo, y los ricos les interesa el poder que se imparte desde esa posicion.
Comentario por Madrid (09-02-2011 15:39)
7
Seguramente o sempre correcto líder de CIU en Madrid Duran i Lleida non mediría ben as súas palabras, e estará algo arrepentido do que dixo. Pero a realidade é que o catalán pasouse uns cantos pobos -politicamente falando- cando asegurou nas Cortes, ante as preguntas da prensa, que non estaba de acordo coa corrente crítica á defensa dos privilexios dos parlamentarios, tanto en salarios como pensións polo seu réxime especial -distinto ao do resto de traballadores e cidadáns-.

Isto dixo Duran i Lleida: "Hai que defender a dignidade; se vostedes queren que aquí veña, simplemente, x#blgtk08#ente que non teña nin un... nada de propiedade e vostedes, non vostede como xornalista, senón como sociedade en xeral, pretenden que esta cámara sexa ao final unha cámara de funcionarios e de xente pobre, imos polo peor dos camiños". A polémica xa está orixinada: unha cousa é que quixese dicir que para ser representante cidadán nas Cortes haxa que estar preparado e outra ben distinta, insinuar que persisten as ideas dunha sociedade decimonónica polas cales os burgueses e nobres eran os mellor preparados para defender un réxime claramente oligárquico, por moito que se vestise de plenamente democrático.
Comentario por Un amigo (09-02-2011 15:44)
8 Que miserable este tipo e pensar que #blgtk08#me caia ben.. descubreuse el soliño.
Comentario por Riosmar (09-02-2011 15:45)
9
Este sr., pertencente "a casta", e que cre mexar colonia, estou convenci#blgtk08#do que é un dos que ignora o prezo dun café ou unha cervexa a nivel de rúa.Saúdos.
Comentario por Xose (09-02-2011 15:46)
10 Y este es el político mejor valorado de#blgtk08# España.

Ahí queda eso.
Comentario por Ron (09-02-2011 15:47)
11
O politico mellor valorado? na sociedade en que estamos é normal.
Agora só falta que lle devolvan a medalla de Sant Jordi ao ladron#blgtk08# Millet, i que o fillo de Pujol funde outra Banca Catalá,(esta a o caer) ......temos unha clase politica de impresentables, pero nós sen movernos.
Comentario por Picato (10-02-2011 15:08)
12 UN POLITICO MAS. O SEA UN IMPRESENTABLE (EN ESTE ELEMENT#blgtk08#O ES EN QUIEN SE ESTA APOYANDO EL PSOE PARA IR TIRANDO)
Comentario por CIUDADANO, POBRE PERO CON EDUCACION (10-02-2011 15:09)
13 Mira que son ignorante e candido,pensava que C.i.U,era una dreita civilizada e moderna,,pero con declaracions com esta.
Quea vergoña,#blgtk08#que fastio.
Xa non falta mais que o Abat de Montserrat secunde o discurso do Rouco i xa estaremos en unha grande e libre.
Comentario por Candido (10-02-2011 15:14)
14
Se a clase política, se os políticos teñen tan pouco prestixio, se xeran tantas dúbidas sobre a súa capacidade profesional e honestidade persoal, quizá todos temos algo de culpa #blgtk08#e sobre todo os propios políticos que se afastaron como unha especie de caste difusa e allea á realidade dos humanos do montón. E dígoo eu que durante algúns anos dediqueime á política.
Comentario por Xesus (10-02-2011 15:17)
15
Durán y Lléida,o aragonés reconvertido en catalán(cada cal reconvértese no que pode,non sempre no que quere)é alguén que a debe coller con papel de fumar e logo perfumarse as mans con chanel 5 polo menos a tenor das súas declaracións.<#blgtk08#br /> O gran problema desta terra e dos que a habitamos é unha certa dose de papanatismo.¡Oh,un político,que ben fala,dá igual o que diga,que ben viste e a cantas reunións vai!. Como dicía onte no meu Bar,teatro,puro teatro...
Un saúdo.
Comentario por Camiñante (10-02-2011 15:22)
16
Ao meu xuízo os cargos públicos deben estar ben retribuidos e deben dedicarse en exclusiva á actividade pola que se lles paga. E creo que os privilexios sobran sobre todo cando nunha situación de graves crises piden sacrificios aos cidadáns, é dicir, aos que lles pagamos o soldo. Dáme igual que o #blgtk08#político sexa rico ou pobre contal de que sexa honesto e teña principios, pero as palabras do Sr. Durán son un desprezo cara a millóns de cidadáns e contribuíntes.Non é de recibo que teñan un sistema de pensións privilexiado e exclusivo ou que paguen moitos menos impostos que o común dos mortais. Un saúdo.
Comentario por Santiago (10-02-2011 15:23)
17
E o peor de todo é que, a pesar da súa incompetencia e escapismo, arrasarán nos seus feudos dentro duns meses, e probablemente dentro dun añito. Somos a estupidez con volante, sabemos que mata, pero como é ao veciño, impórtanos u#blgtk08#nha merda, como todo o que non nos afecta, e defendemos a posición do campión do esperpento que nos ?garanta? o nivel de vida, sen expornos se iso matará aos nosos fillos. En fin, definitivamente, vimos do símio e superámolo en estupidez.
Comentario por Basanta (11-02-2011 10:45)
18
Rodéannos máis i#blgtk08#diotas dos que pensamos
Comentario por Eduardo (11-02-2011 15:44)
19
Hai políticos que están contaminados de si mesmos.
É fatal a contaminación a#blgtk08#tmosférica pero me parece moi grave a falta de nivel intelectual e moral destes personaxes.
Comentario por Candela (11-02-2011 15:47)
20 O DA TONTERIA#blgtk08# E DA VERZA.
Comentario por Carlitos (11-02-2011 20:41)
21 O que non é nin nunca foi "politico" é raro que pense coma Durán LLeida, eu penso que si temos moito funcionario (vendido por un posto indefinido) é pobre (proletario que ten que manter unha familia)nas institucións politicas, os verdadeiros ricos (banqueros e propietarios) nin fan oposicios nin o necesitan nin perden o tempo #blgtk08#na politica ca cantidade de patrimonio, recursos que de nacemento teñen que gestionar, cando necesitan algo o a alguien compra-no e salelles mellor o asunto sen meterse a perder o tempo en lerias politicas, e para eso fai falta que o politico sea pobre necesitado e que estea demostrado con anterioridade que supo venderse ben.
Comentario por Xanciño Primeiro (13-02-2011 01:39)
22 O outro día lín unha frase que me gustou moito e me parece moi axeitada para citar aquí:
#blgtk08#/> Un sabio fala cando ten algo que dicir. Un tonto fala cando ten que dicir algo.
Comentario por sofía (16-02-2011 14:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal