A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PAROLAS PAROLAS..........
A palabra responsable da politica
Unha dos costumes máis perigosas que adoita desenvolver o ser human é pensar que ten razón sempre, contra vento e marea. Entender que as súas ideas son as certeiras, as auténticas, as exclusivas, e que todos os demais quivócanse, e só actúan como uns cordeiriños cegos que non son capaces de ver máis aló dos seus fuciños.
Para ter certeza desto , no caso dos que exercen de politicos neste norte de Lugo, non teñen ustedes mais que seguir os centos de comunicados de prensa de Tiros e Troians que se publican ou radian nos medios locais, comarcais ou provinciais .

Ás veces a verdade é tan relativa como o tempo, tan fráxil como o cristal, tan diferente como diversos son os ollos que a miran. E a pesar diso un entende que a verdade é unha, unha exclusivamente, pero non podemos chegar a ela con ideas rápidas, con opinións arriscadas, con comentarios máis propios de profetas que de simples mortais. Debemos apoiar esa verdade en feitos, en realidades, en experiencias e motivos que acheguen obxectividade e rigor.

Pero somos pouco dados a iso. O máis fácil é opinar primeiro , falar do que sexa aínda que non se teña nin idea diso, oír con atención o que se coce en casa do veciño e criticalo ata que as palabras traspasen os muros, e as conciencias, e tingan de verde a faciana dos demais. Porque os nosos segredos... eses... eses que non os toquen, que ninguén os cite, que non os coñeza nin opine deles nin a nosa sombra... pero os segredos do resto do mundo, a privacidade lexítima e persoal débenos pertencer, ten que ser nosa, só nosa, para comentala coa razón que nos concede non ser ninguén. Só un puñado de cotorras criticonas.

O que son as cousas, a xente pensa que falar, expresarse, é un dereito persoal e lexítimo, pero ninguén se expón que tamén é unha responsabilidade de peso. E xa é hora de que aprendamos a ser responsables.

E dende logo unha sinatura pendente, sobre todo nos politicos da Mariña, que nos teñen ata certo sitio corporal, de recaditos contradictorios propios de nenos de parvulos e non de xentes con “sentidito comun”, claro que xa decia meu abó que era o mais escaso dos sentidos.
Otero Regal
Comentarios (26) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2011 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
26 Comentario(s)
1 Querido Regal:

Vendo hoxe a Voz de Galicia sección A Mariña, apartado Salvador Serantes, é pra votarse a chorar. Ao parecer no pleno desta semana no concello de Viveiro falouse de todo menos dos problemas de Viveiro. Houbo tempo ata pra debater sobre a altura intelectual dos representantes do pobo. A cousa parece propia do esperpento valleinclanesco. Metidos en fariña, os nosos representantes municipais ate se atreven cos soldos dos expresidentes do goberno, que como todo o mundo pode entender perfetamente, non contaban con que en Viveiro se poideran cuestionar, e por iso xa están reconsiderando se renunciar a eles, tralas intervencións críticas destes prohomes.
Querido Regal... velaí tes a Roel, Leal, Orlando, debatindo sobre os problemas do universo, filosofando sobre cuestións humanas e diviñas, mentras os problemas do día a día deste pobo, carente de tantas cousas, non teñen un oco nos plenos municipais. ¿Onde imos con este persoal?

Supoño que Salvador Serante pretendía exaltar o nivelazo destes homes, que se atreven con todo, pero eu, lendo hoxe o periódico, abríanseme os ollos tres cuartos, alucinando cos asuntos tan propios das tarefas de concelleiros municipais das que falan estes prodixios. Ao parecer, os atrevidos que asisten a este espetáculo, segundo o cronista, empezan a cansarse destes roios macabeos... e no me extraña#blgtk08#. ¿Pode un intelectual coma Orlando ter algún criterio válido, fora polo tanto da demagoxia analfabeta, sobre os soldos de Aznar e Felipe González? ¿Sabe este xenio e figura cales son as tarefas as que se van a adicar nas eletricas? ¿Sabe tan se quera o estatus que deben ter coma expresidentes?
E que podemos dicir do que parece moi locuaz agora que se vai presentar encabezando a candidatura de independentes non adscritos....¿Qué sabe Leal de organización sanitaria? ¿Quen se cree que é pra dicir que a Xunta non se entera e añadir de seguido que que "nós estamos aquí para solventar a carencia dun pediatra en Viveiro, nada máis?. Nada máis e nada menos, añadiría eu.... vai solventar el soliño este problema, sen dicir cómo, claro, que pra iso hai que pensar, chega só con esixir co poña a Xunta e xa está. ¿É posíbel queste portento seña só concelleiro e deputado? ¿Non está desaproveitao un fenómeno da natureza coma il? ¿Cómo non está nun ministerio de asesor, xa que il ten solucións de nivel ate pra poñer en marcha a enerxía de fisión nuclear, xa postos, porqué non?

Miña madriña, Regal.... Viveiro afúndese e a tropa de non adscritos, na compaña do sociolistismo e coa axuda entusiasta de esquerda hundida, traballan arreo pra que non fracase a cousa.

Seguiría encantado coa miña analise do periódico de hoxe, pero téñome que ir. Boas tardes.
Comentario por Xurxo Pena (26-01-2011 17:57)
2 Los ciudadanos del siglo XXI tenemos la percepción no solo de que Internet es nuestro, sino de que nuestr#blgtk08#as opiniones cuentan más allí que en el espacio físico donde desarrollamos nuestras insatisfechas vidas.
Comentario por Angeles (27-01-2011 10:51)
3 Por que collóns a xente fala de cu#blgtk08#estións que non ten nin puta idea?
Comentario por Foz (27-01-2011 10:53)
4 Regal: "donde todos piensan i#blgtk08#gual, ninguno piensa mucho".
Comentario por Lola (27-01-2011 11:00)
5
Por unha banda o PP sempre está en contra do PSOE, tanto que ao final a súa postura parece algo como: Se somos da oposición, pois a opoñernos toca. E é así opoñe#blgtk08#nse ao bo e ao malo. E doutra banda, a este señor sempre lle falla a memoria, de exemplos están cheos os seus escritos e as súas aparicións ante os medios de comunicación
Comentario por Benchosei (27-01-2011 11:12)
6
Mentiras do PP? Que va, sempre nos din a verdade estes salvapatrias.
Iraq ten armas de destrución masiva.
11-M- foi ETA.
Desas#blgtk08#tre do Prestige. Dous hilitos de plastelina.
Accidente do Iac 42. Todos os cadáveres están identificados.
Seguimos falando das verdades do PP?
Comentario por Guillermo (27-01-2011 11:14)
7 Roel ten que estar encantado.... un alcalde que non fai nada, cunha oposición que "parola parola" de temas estratosféricos para non molestar ao grande timonel do Landro con temas máis propios do desgoberno local. Creo que para o próximo pleno queren debater unha moción sobre o conflito entre as dúas coreas, que leva estancado desde 1953 (aínda non houbo unha declaración de alto o fogo), e de seguro que Leal, O Pata, Orlando, Roel, Rafelito.... saben por onde entrarlle pra que se s#blgtk08#oluciones dunha vez. Logo virá o conflito de palestina e o de o Tibet... estes nosos representantes teñen tempo da bondo pra resolver estas cousas, xa que logo, Viveiro resplandece, eiquí todo marcha as mil maravillas e hai que ser solidarios e botar unha man aos problemas do mundo. Ver pra crer.
Eu lin o da Voz de Galicia e non o cría, e collín o Progreso a ver se fora certo todo aquilo, e cando lin o que lin, flipei. ¡¡¡qué carallo fixemos en Viveiro pra merecer isto!!!
Comentario por Calvo Castro (27-01-2011 11:46)
8 ¿Pero aun sobrevive el dinosaurio?
¿No se acabó, extinguido, el diplodocus,
que sigue vivo y hasta hace sudokus?
¿No firmó por siempre su obituario?

Pues parece que esta vetusta fiera
continúa paciendo ale#blgtk08#gremente
en rancia placidez de una ecosfera
que lo nutre y lo cuida tiernamente.

Es tosco, obsceno y lleno de jactancia
y aun farda de tener buenas maneras
y ser el paladín de la elegancia.

Comentario por Domine (27-01-2011 20:48)
9
Por favor, deixemos de discutir de tonterias e poñamos o acento no descarado atraco que estamos sufrindo todos os cidadáns, sen importar a súa localización xeográfica, por parte dos poderes do capitalismo, é dicir, banca, medios de comunicación, grandes corporaci#blgtk08#óns, etc?
Quérennos dividir, como noutras tantas ocasións, amplificando nosas pequenas diverxencias, mentres eles se lucran continuamente, saqueando as arcas públicas e obrigándonos a custear co noso traballo diario tanta e tanta especulación salvaxe.
Saúde!
Comentario por Salvador (27-01-2011 20:49)
10 Mentir en medios de información debería ser muy caro, pero si se hicier#blgtk08#a algo al respecto se hablaría de ataque a la libertad de información.
Comentario por David (27-01-2011 20:51)
11 As vindeiras mocións dos "iluminados" de Leal e O Pata no concello de Viveiro, logo de amañar os TACs europeos de pesca, a Sanidade mundial, planificar o futuro de Viveiro nas próximas décadas e mellorar a "altura intelectual" dos concelleiros, van ser:

-O Concello de Viveiro ten que acadar a paz no mundo. Instase a Roel a reunirse ca OTAN, a OEA, a UEA e a Liga Árabe para que empecen todos a traballar xuntos. Se non lle fan caso a Roel, a culpa será do Interventor.

-Roganlle ó alcalde que acabe ca fame no terceiro mundo. Rafael Amor mandará unha carta á FAO para que se distribuan mellor os alimentos e Cal faralles cunetas para evitar riadas a aqueles paises onde se necesite(publicarase unha a unha no Heraldo, segundo vaian facendo)

-Leal e Pata pedirán a Roel que obrigue á ONU a traballar para acabar co cambio climático. Logo dos cumios de Rio de Xaneiro e de Kyoto, proponse que o seguinte cumio sexa "Naseiro 2011".

-Leal opina que xa que no equipo de goberno hai unha médica, rógalle que acabe #blgtk08#cos problemas do SIDA, o cancro, a caspa e a disfunción erectil.

-Do tema da crise xa se encargan Leal e Rafaelito. Roel convocará nunha carta ó presidente da Reserva Federal, a Jean Claude Trichet do BCE e ó presidente do Banco Mundial a unha reunión o martes que ven as 12 no concello de Viveiro. "Así verase dunha vez quen quere acabar ca crise e quen non" declaroulle Roel a Salvador Serantes(e que logo de convocar a Portos e Costas, xa colleu carrerilla).

O de esixir que se presenten os presupostos municipais, que se dean explicacións porque a piscina segue pechada, preguntar que ocorreu cas bandeiras azuis, que pasa co porto deportivo, porque non se solicitou o canon eólico, porque se perderon as subvencións por no presentar os proxectos a tempo, que pasará cos proveedores que non cobran,... De todo iso vaise ocupar o Parlamento Europeo na súa próxima sesión. Pois se Leal e o Pata queren facer o traballo da Unión Europea, os euparlamentarios terán que facer o traballo que non fan Leal, Pata, Pardo Gato, Vanesa e Raquel.
Comentario por Os iluminados (27-01-2011 22:52)
12 Agora César Aja tamén ten un blog... anunciano na web dos gaivoteiros. Non está mal. Quen a todas luces parece que vai selo futuro alcalde de Viveiro, e ogallá sexa así, aposta polas novas tecnoloxías. Xa está metid#blgtk08#o en fariña eleitoral.... ¿Para cando Melchor ou Leal van presentar o seu blog para que se vexa que eles tamen son uns tipos modernos que van cos tempos que corren?
Sito, estas eleicións municipais prometen.
Comentario por Bill Gates (27-01-2011 23:17)
13 Triste #blgtk08#realidad
Comentario por X (28-01-2011 11:02)
14
Quen fué o que dixo que se só falásemo#blgtk08#s do que sabemos formaríase un gran silencio?
Comentario por Covas (28-01-2011 18:32)
15 El famoso principio periodístico del "#blgtk08#de todo entiendo y de nada sé" vamos.
Comentario por Toñin (28-01-2011 18:33)
16 Regal fala do das pensions, home, eu teño a solucion, non sei que fai o Zapatero que non me nombra ministro.
Tanto insisten nos problemas que xerará o envellecemento da poboación, tanto repiten iso de que o aumento na esperanza de vida fai insostible o actual sistema de pens#blgtk08#ións, que eu xa me temo que calquera día quénteselle a boca a algún experto, portavoz de organismo internacional ou simple tertuliano neoliberal, e digan o que talvez pensan pero calan por vergoña: que o mellor aforro sería que nos morrésemos antes, que non vivísemos tantos anos...
Comentario por Un amigo (28-01-2011 18:37)
17 ¿Periodistas?. Estoy de los "me han dicho de que...", "me se ha hecho saber...", "he tenido asceso", y burr#blgtk08#adas de este tipo hasta las napias. Esta gente que hacía durante sus años universitarios... ¿jugar al mus?
Comentario por Maricona (28-01-2011 18:39)
18 Entereime aqui de que Cesar Aja tiña un blog, bueno sospeito quen fai o blog, el non sei si non quere ou non entende.
E ala fun, alguen facia un comentario no que decia que nas restauracions dos edificios do casco historico de Viveiro faltaba asesoramento encol dos materiais que utilizanse a miudo.
E eu contestei o comentario decind#blgtk08#o que de esos menesteres tiña que encargarse o arquitecto Santiiago Meitin que fora contratado a dedo por Cesar Aja e ratificado por Melchor Roel, pero que o susodicho estaba moi ocupado cos seus negocios ou xogando o padel.
Pois o comentario durou menos de unha hora. ¡CENSURAROME A ENTRADA¡ Por eso a mando aqui a o igual que as que faga.
Comentario por CENSURA NO BLOG DE CESAR AJA (29-01-2011 11:03)
19 Para o comentarista/non periodista iluminado nº 11.
Que diga este fenomeno a ver que tipo de mocions se deben de presentar nun concello, se non son para defender os intereses dos convecin@s. Polo que se ve, os concellais que abandonaron o barco de PP sempre fixeron propostas para atender as necesidades do pobo, e creo que o recortes, tanto na pesca como no sanidade son problemas que dun xeito ou outro repercuten en toda a poboación.Por iso que rebatan e digan que mentiras hai nas mocions presentadas no ultimo pleno.
(cronica3)
CONTRA A REDUCCIÓN DE TAC`s E CUOTAS POR PARTE DA UE PARA O SECTOR PESQUEIRO NO ANO 2011 .-
A Comisión Europea acaba de publicar os TAC’s (Total Admisible de Capturas) e cotas para o exercicio 2011 para as distintas especies que se poderán pescar en augas europeas.
A frota de litoral que faena no Cantábrico e Noroeste de España, considera un erro o mantemento de dita política de TAC’s e cotas, non só rexeitada polo sector pesqueiro, senón que mesmo a propia Comisión Europea recoñece nas súas conclusións no último informe do PPC (Política Pesqueira Común), que dita operativa foi un fracaso como modelo de xestión, tanto na recuperación dos caladoiros (ao favorecer os descartes (selección dos mellores exemplares) e non mellorar a situación dos stocks), como na viabilidade socioeconómica do sector pesqueiro, ao non conseguir unha mellora nos prezos en primeira venda nin a conformación dos prezos no mercado, nin tampouco garantindo o mantemento dos postos de traballo dos miles de traballadores que viven directamente deste sector.
A pesar de todo eso, e ante a incredulidade dos afectados, a administración segue insistindo neste modelo de demostrada ineficacia. Na consulta realizada pola Comisión ao sector, estes pediron un cambio no modelo de xestión, máis acorde coa realidade socioeconómica e de sustentabilidade da pesca que redundaría nunha mellor xestión dos stocks, reducindo considerablemente os descartes e á vez que favorecería a rendibilidade e a fixación de emprego en zonas altamente dependentes da pesca garantindo o abastecemento dos mercados que non suporía, como agora ocorre, unha constante perda de mercado para a nosa frota á conta dun incremento de importacións de terceiros países (exemplo o peixe panga), co consecuente dumping social (que consiste na consecución de baixos precios por parte dalguns productores, gracias a que se favorecen dunha lexislación pouco exigente), que isto leva para as nosas frotas ó traballar en desigualdade de condicións e de requirimentos.
A asignación dos TÁC 2011 supón ir en contra da defensa do sector pesqueiro, do emprego e da súa sustentabilidade, facéndonos pensar que se está buscando o desmantelamento desta frota, en contraposición co discurso oficial. Boa proba diso é a brutal redución do TAC de bacaladilla (Lirio), especie esencial para a frota española de fresco que garantízaba o abastecemento dos nosos mercados en canto a consumo humano, sendo unha das de maior consumo en España, como se reflexa no último informe de primeira venda de produtos pesqueiros da Secretaría Xeral do Mar, á vez que o seu prezo alcanzable favorece o consumo de peixe naqueles sectores poboacionais de menor poder adquisitivo nestes difíciles momentos.
A nosa frota non é responsable da maior parte das capturas, realizadas maioritariamente polas conformadas por buques-factoría do norte de Europa, frotas industriais adicadas principalmente á fabricación de fariñas de peixe para alimentación animal e moitas delas non pertencentes á Unión Europea, permitindo a UE esta pesca que vai en contra dos principios de sustentabilidade, que se aplica á frota comunitaria, perxudicando a frotas como a española que se dedica á venda en fresco para consumo humano.
Non se entende que a UE argumenta que importa o 75% do peixe que consome a poboación europea para garantir o abastecemento, debido a que o que pesca a súa frota non é suficiente, e ainda así segue “castigando” ás frotas tradicionais que operan “ao día” abastecendo os nosos mercados de produtos frescos que favorecen unha alimentación sana ás nosas xentes, e como dixo recentente un patrón “e o mar cheo de peixes e nós sen poder pescar”; así mesmo ás empresas xeradoras de emprego nas nosas zonas costeiras en poboacións altamente dependentes do mar, poñendo en serio risco o desaparecer unha actividade que na nosa zona e o noso país é máis que un traballo: é unha forma de vida, cunha cultura propia, moi enraizada na sociedade.
En todo lo litoral cantabrico son 106 os barcos adicados ó arrastre de litoral. En Galicia compoñen a frota de arrastre 93 barcos, dos que 26 son parellas, estas adicándose á pesquería de bacaladilla, que manteñen máis de 1.000 empregos directos no mar, cun volumen de 9.355 tonelas que supuxeron un total de 10.444.929,37 euros de facturación nesta especie. Na mariña lucense hay 18 unidades de arrastre, o redor de 200 mariñeiros, ao que hai que engadir 7 postos indirectos en terra por cada emprego no mar. Xa máis preto, un porto como o de Celeiro onde a descarga de bacaladilla supón aproximadamente un 18 % do volume total de negocio da lonxa achegado polo cinco parellas dedicadas a esta pesqueira, pasaríase a unha redución drástica da facturación coa incidencia sobre os postos indirectos de compradores, manipuladores e transportistas.
O TAC asignado para a bacaladilla no ano 2010, foi de 540.000 toneladas. Desta cantidade España só dispuxo do 3,64%, o que equivaleu a 19.656 toneladas. Por tanto, non se pode aceptar que se lle considere responsable da situación do stock, dado que a maior parte das capturas son realizadas polas frotas do Norte de Europa (97,40%). Para este ano 2011 as toneladas autorizadas son o redor de 825 o que toca ó redor de 10.000 Kg. por embarcación ou o equivalente a 500 caixas, cun periodo de tempo de menos dun mes para esta pesquería. Asi mesmo tamén afecta a reducción no numero de días de traballo, que para este son só 140.
Asi mesmo outra especie tamen moi afectada por eses recortes e a Cabala (xarda), que este ano reduce o seu tac nun 8,98 % con respecto a ano 2010, o que vai equivale a tamén un mes de trabal#blgtk08#lo, que comenzará o próximo 14 de Febreiro, cando en anos anteriores duraba hasta tres meses. Esta especie non só lle afecta o arrastre de litoral, senón tamen ao cerco e a embarcacións de artes menores que acudían ano tras ano a dita campaña, co cal os afectados multiplícanse. Si ben os científicos constataron que en Galicia o stock de cabala creceu un 41 % dende 2002 ata 2008.

As asociación e empresas representantes das xentes do mar son os máis interesados en que esta actividade se poida seguir desenvolvendo tal e como foi até agora. A súa responsabilidade é coidar os recursos que están á disposición, dunha forma responsable para que se poida garantir o abastecemento dos nosos productos pesqueiros á nosa poboación e que poidan seguir vivindo do mar as seguintes xeracións.

Proba diso, son as medidas adoptadas polo sector para mellorar a situación dos stocks nos últimos anos que traen como consecuencia unha mellora destes, foi á redución de esforzo pesqueiro nun 50% da frota española, pero que por contra ten unhas consecuencias socioeconómicas negativas tanto na perda de empresas como na de postos de traballo.

É por iso entendemos que non se pode admitir ningunha redución nin en capturas nin en esforzo, pois iso significaría a desaparición total do sector, xa que os niveis de rendibilidade están ao límite, nunha situación económica como a que vivimos na que hai que apostar pola creación de postos de traballo e mantemento dos xa existentes, e por elo tanto as administración nacionais como autonómica teñen que facer a suficiente presión ante as autoridades de bruxelas, facendo unha defensa sen concesións do sector pesqueiro nacional, e en particular do sector pesqueiro de Galicia e en especial da nosa bisbarra, que pode verse tan seriamente afectado co amarre da frota, poñendo en perigo os postos de traballo directos e indirectos coa repercusión sobre a economía do noso municipio.

Por todo o anteriormente exposto, SOLICITASE, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:
1. Mostrar apoio incondicional á flota de arrastre de Celeiro, que desenvolve unha actividade económica xeradora de moitos empregos directos e indirectos, ante a decisión da Comisión Europea dunha reducción drástica nas cota de capturas da bacaladilla, asi como tamén á de cerco e artes menores para a pesquería da Cabala.
2. Solicitar ante o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño renegociar á alza os TAC´s de bacaladilla e Cabala neste ano 2011, para adaptala á capacidade extractiva da flota galega e á situación real dos stocks existentes no Cantábrico, e propoñer unha separación na xestión da bacaladilla en dous stocks claramente diferenciados (Norte e Sur), o que levaría unha mellor xestión dos nosos caladoiros, debido a que a zona norte é a que se atopa en peores condicións debido á mala xestión das súas frotas, diferenciando desta forma unhas pesqueiras doutras e dotando dun trato máis favorable ás que destinan as súas capturas a consumo humano en detrimento das que se dedican unicamente a procesar fariñas de peixe de forma insustentable.
3. Instar ao Goberno de España a que impulse un estudo actualizado sobre a situación dos recursos pesqueiros no Cantábrico e no Noroeste para coñecer a situación real das diferentes especies, e deste xeito, tomar as decisións sobre a distribución das cotas pesqueiras en base a argumentos científicos.
4. Solicitar tamén o pleno apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia en toda esta negociación, para que se adopten medidas concretas que garantan a viabilidade da frota, e por conseguinte, o mantemento da actividade produtiva, os mercados e os postos de traballo.

PETICION DE PERSOAL FACULTATIVO PARA O PAC DE VIVEIRO.-

Dun tempo a esta parte o PAC de Viveiro e mais os usuarios dos concellos de Viveiro, Ourol e máis de O Vicedo estamos a sufrir a falta de facultativos, no centro dependente do Servicio Galego de Saude. Sin ir mais lonxe as pasadas festas navideñas o servicio de peditaria, que tan so conta con dous pediatras, para atender a unha poboación infantil de 1958 nenos e nenas en idades compredidas entre os cero anos e os catorce anos, o que equivale a 979 nenos e nenas para cada un, 1772 pertenecen a Viveiro, 49 a Ourol e 137 O Vicedo, estivo atendido por un de ditos médicos dado que a outra persoa estivo de baixa por enfermidade, co que o colapso nestas datas invernais, con doencias de gripes, gastroenterites, etc… obrigaron a que varias familias tiveran que ser desprazadas a pediatra de San Cibrao no Concello de Cervo.
Moitos foron os padres que puxeron reclamacions ante o organismo provincial do Sergas. Loxicamente os medicos teñen o seu dereito como non podía ser de outro xeito de ter os seus días de descanso, vacacións,… pero o que non pode estar de vacacións e a administración, que ten que tratar de arranxar os problemas que surxen a cidadanía, un dos mais importante como e a saúde, sobre todo dos máis pequenos. Asi memo, xa hai tempo prometérase incoporar un medico de medicina xeral para reforzar o servizo. Asi cando un dos medicos denominados de familia ou cabeceira, collen as sua vacacións, ou baixas, o resto que quedan teñen que reforzar os seus turnos e doblalos, aumentando considerablemente os cupos de pacientes que estan xa bastante saturados.

Por todo o anteriormente exposto, SOLICITASE, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:

1.- Solicitar o Servicio Galego de Saude a dotación de dous pediatras a tempo completo, para o PAC de Viveiro, e dado o estado avanzado de xestación dunha das facultativas, que xa se tomen as medidas necesarias para a súa sustitución.

2.- Asi mesmo a incorporación dun medico/a de medicina xeral con praza fixa, asi como persoal de enfermería, para suplir as posibles baixas, vacacions, permisos, etc, e reforzar o servicio.

3.- Ampliación de especialidades tal como a de oftalmoloxía e dermatoloxía, e logopedia.

4.- Dar traslado deste acordo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Comentario por (29-01-2011 12:08)
20
Que personaxe tan memo sáeche,Xurxo Pena . É difícil pensa#blgtk08#r que detráis de un personaxe tan memo non haxa un memo de verdade.
Comentario por Tiolindo (29-01-2011 17:32)
21 Pois a mir pareceme moi boas as propostas do director de Maestria ou como queira que se chame ahora.
E tamen pareceme moi acertado que se plantexara un pacto por Viveiro que incluira a todos ops partidos politicos con representacion.
si algun de estes presuntos lideres como Aja e roel tiveran algun cm de frente darianse conta que#blgtk08# a sua forma de exercer o mando do concello foi nefasta, precisamente por falta de programa a medio prazo e abundancia de improvisacion. viveiro necesita un plan consensuado para 10 anos e siguilo dia a dia, mes a mes e ano a ano.
Asi que moi ben por este concellal e os seus compañeiros, si vos voltades a presentar aqui tedes un voto.
Comentario por Basanta (29-01-2011 20:55)
22 A ver Patiña, Gato Parvo y demás "iluminados"(más bien transfugas) vuestras propuestas son una payasada porque no valen para nada. En vez de aparecer por aquí a soltar vuestras patrañas, exigid que se arregle la piscina, que se presenten las cuentas, etc y dejad de hacer el ridículo. Para eso pedidle a Roel que arregle los problemas de Egipto y Túnez, tiene la misma competencia que para resolver las cuotas europeas de pesca.

El comentario Nº 11 demuestra#blgtk08# lo patético de vuestras actuaciones,no hicisteis oposición en 4 años y ahora pretendeis aparecer como gente de consenso y que presentais inciativas. Cuando lo cierto es que fuisteis la oposición más vaga y complaciente con las cacicadas del alcalde que se haya visto en Viveiro. Vuestras propuestas solo persiguen salir en prensa sin que se enfade Roel, por eso jamais hablais de los problemas de los vecinos y os dedicais a iniciativas de filosofía de puerta de retrete.
Comentario por Patiña e Leal, vaia dous (30-01-2011 00:10)
23 El Pata que tanto se preocupa por temas pesqueros ¿Por que no exige explicaciones por el estado de "A Pomba"? ¿Por que se dejó estropear el "museo flotante"?

Gato Parvo pretende planificar el futuro en los próximos 10 años, pero no quiere saber como está Viveiro hoy mismo ¿Por que no pide la presentación de los presupuestos y las cuentas? ¿Como pretende planificar el futuro si no conoce el punto de partida?

¿Por que Leal no pregunta por los impagos a los profesores de la UNED?

Porque esas son cosas que SÍ que afectan a los vecinos y SÍ son competencia del pleno. Pero como son temas que afectan a su lider Roel se callan y prefieren "filosofar" sobre temas europeos, que NO sirven de nada a los vecinos y NO son competencia del pleno.

-----------------


Denuncia o PP que o concello de Viveiro non lle paga aos profesores da UNED
29-01-11 Nota de prensa:
No cobran desde el mes de octubre
GUEIMUNDE DENUNCIA DE NUEVO EL IMPAGO DEL CONCELLO A LOS PROFESORES DE LA UNED.

* La senadora popular Carmen Gueimunde lamenta que la mala gestión del alcalde ponga en peligro el aula educativa en Viveiro.
* La popular confirma el abandonado de algun profesor del centro educativo cansado de los incumplimientos del alcalde.

Madrid, 29 de Enero de 2011.- La senadora popular Carmen Gueimunde denuncia el incumplimiento continuo del alcalde para con los profesores de la UNED en el aula vivariense, dependiente del centro asociado de Lugo. El aula de la UNED , con sede en los claustros de San Francisco, imparte clases desde el año 2004 sujeto al convenio suscrito entre las partes.

Gueimunde recuerda que en dicho convenio, presentado y aprobado en pleno por unanimidad de los presentes, el 30 de octubre del 2003, el Ayuntamiento se comprometía a hacerse cargo de los salarios/o del personal de la administración, servicios y compensación de profesores-tutores, uso y mantenimiento de las instalaciones (Art 7º).

El Ayuntamiento se obliga además a incluir anualmente en sus presupuestos la partida necesaria para hacer frente a los gastos del Aula acordados (Art 10º), detallando que la aportación económica del Concello al presupuesto del Centro Asociado se hará efectiva por semestres anticipados. El Art 1#blgtk08#1º dice que el incumplimiento de esta cláusula será motivo de resolución del presente convenio sin necesidad de previa denuncia.

El PP ha sabido que el Ayuntamiento sigue incumpliendo dicho acuerdo al dejar de transferir puntualmente las cantidades convenidas en el convenio. En Marzo serán dos los trimestres adeudados a estos profesionales, lo que supone un grave perjuicio para el profesorado que imparte docencia en el centro, y para la propia UNED, que después de haber apostado por el Aula de Viveiro es testigo de los incumplimientos del Alcalde.

Desconocemos, puesto que seguimos funcionando con unos presupuestos prorrogados, si las partidas obligadas para cubrir estos gastos figuran en los mismos. Y si figuraban, ignoramos si dichas cuantías las ha derivado el alcalde a otros menesteres seguro que superfluos e innecesarios. Lo cierto es que una vez más el PP ha de recordarle al munícipe sus compromisos y obligaciones, o de lo contrario pondrá también en peligro la oportunidad de los mayores de 25 años a completar su formación con estudios universitarios en la única Aula asociada, junto a la de Foz, de toda la Mariña.

“Este es el proceder de un alcalde que pasa por alto las asignaciones de los trabajadores retrasando sus pagos, al tiempo que piensa en consolidar a buena parte del personal eventual del concello, ¡y luego presume de velar por ellos!. Y es que deberíamos estar acostumbrados porque ésta no es la primera ni la última actuación calamitosa de su nula gestión. Esperemos, dice la popular, que la UNED no acabe como lo hizo el puerto deportivo, la piscina municipal, la casa de Calvo Sotelo, la Pomba, el teatro………..etc,etc,etc “

El PP confirma que los reiterados impagos del alcalde han provocado desasosiego entre los profesores que imparten docencia en el centro y que en algunos de los casos ha decidido abandonar mientras otros se lo plantean si las asignaciones económicas se hacen esperar y la situación no mejora.

“Esto no pasaría si respetase el convenio, si hubiera presentado los presupuestos, si hubiese priorizado en los gastos apostando por la Educación y la cultura. Esto no hubiese pasado si en lugar de emplearse a fondo en refriegas personales hubiese canalizado sus esfuerzos en mejorar lo que verdaderamente nos importa a todos: Viveiro.
Comentario por Transfugas Iluminados (30-01-2011 00:22)
24 Querido Tiolindo:

A min os teus insultos non me van afetar. Serei unha personaxe, serei un memo, serei o que ti queiras... pero cada vez somos máis en Viveiro, e sobre todo por Covas, os que nos estamos a decatar de que os teus (é igoal que señas do sociolistismo, dos #blgtk08#non adheridos ou de esquerda afundida), os que defendedes o indefendíbel insultando á xente, só certificades que non tendes ningún argumento. Eu leo o que todo o mundo lee na Voz de Galicia, e flipo co nivelón dos nosos estadistas. Lendo este blog, tamén se ve o nivelón dos seus fans.
Comentario por Xurxo Pena (30-01-2011 10:14)
25 Todo o pobo está rir cas tonterias da tropa de Leal, fan o ridículo. E eles mesmos aparecen neste blog e no da Voz#blgtk08# de Galicia a dicir que ben o fan e que votarán por eles. Pero se son Pata e Pardo Gato os que escreben ¡Patético!
Comentario por Que patético (30-01-2011 11:10)
26 Luis Ventoso en "La Voz de Galicia" habla de gente como Cesar Aja y Melchor Roel, vividores de la política que no dejan paso a gente joven y van de "salvapatrias".


http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/01/30/0003_201101E30P80993.htm

Pueden irse
Fecha de publicación: Domingo 30 de enero de 2011 )

No se preocupen. Pueden irse tranquilos. Aunque les parezca imposible, tal vez consigamos salir adelante sin sus servicios. Incluso existe la posibilidad de que aparezcan nuevas personas, más formadas y menos fatigadas, que lo hagan mejor. Su noble entrega a la cosa pública ha durado lustros y lustros. Así que ya pueden dejar de sacrificarse y volver a sus profesiones. Se lo merecen. Claro que para eso hay que tener alguna profesión al margen de la política...
En las democracias de solera, dos mandatos y luego pasa el siguiente. ¿Por qué aquí no? El político aprovecharía su tiempo al máximo, sabedor de que es limitado. Se evitarían relajamientos que a veces conducen a la te#blgtk08#ntación de lo inmoral.
Llegan las municipales. Difícil no ruborizarse viendo una vez más los mismos nombres. Por ejemplo, Chema Figueroa (PP) y Carmen Marón (PSOE) llevan 24 años consecutivos como concejales en Vigo y A Coruña; Baltar, 20 años en la Diputación de Ourense; Julio Sacristán, el alcalde de Culleredo, 27... ¡Y todos se aprestan a intentar repetir! Son solo cuatro casos entre docenas. Esos apoltronamientos ciegan la entrada a la política a las siguientes generaciones. Apartan a los jóvenes del servicio público, pues lo ven como el coto cerrado de profesionales de los partidos.
El culebrón sobre si Zapatero repite o no sobra en una democracia madura. Urge instaurar la limitación de mandatos, porque es el mejor detergente para limpiar el sistema y evitar endiosamientos. Cuando Julio Salinas era el delantero del Barça, Rubalcaba ya era ministro. Hoy, en la era Messi, lo sigue siendo. Algo falla cuando hemos pasado del teléfono de cordón a Internet, del casete al mp3, y seguimos con los mismos salvapatrias.
Comentario por Dedicado a Roel y Aja (30-01-2011 14:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal